MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra....
Transcript of MANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACAMANUAL DA ENFERMIDADE CELÍACA. Autor: ACEGA coa colaboración de Dra....
MANUAL DAENFERMIDADE
CELÍACA
Autor: ACEGA coa colaboración de
Dra. Pilar Pavón BelinchónPediatra
Mª Teresa García FernándezEnfermeira
Edita: Dirección Xeral de Saúde PúblicaConsellería de SanidadeXUNTA DE GALICIA
Ilustracións: B. SAAVEDRA PITA
Imprime: Tórculo Artes Gráficas, S.A.
DL: C-766-04
Este/a neno/a é coma os/as demais: xoga, corre, salta,nada, vai ó colexio, etc. A única diferenza é que haialgúns alimentos que non pode comer. Os que conteñenGLUTE.
Todos os alimentos que precisamos chegan a nós polotubo dixestivo. Unha vez dentro, e despois da dixestión,pasan ó sangue atravesando as paredes do intestino;isto coñécese como ABSORCIÓN INTESTINAL.
Para poder realizar esta absorción, as paredes dointestino teñen unha estrutura especial: están formadaspor unhas prolongacións en forma de dedos que sechaman VILOSIDADES INTESTINAIS e, a través delas, osalimentos pasan ó sangue. Se estas vilosidades nonexistisen non se podería realizar a absorción intestinal.
¿Que é o GLUTE?
O glute é unha proteína que existe nas fariñas de trigo,centeo, cebada e tritical.
A avea, aínda que non contén glute, pode ter por estarcontaminada na súa orixe ou durante o procesado.
O glute, en determinadas persoas, “ataca” a estruturanormal do intestino, destruíndo as vilosidades eimpedindo que os alimentos pasen ó sangue e seaproveiten correctamente. Estas alteracións coñécenseco nome de MALABSORCIÓN INTESTINAL. Esta“intolerancia” ó glute coñécese como ENFERMIDADECELÍACA. Ímosvos explicar como é esta enfermidade.
As persoas celíacas cando non toman glute non teñenproblemas. Isto ocorre cos lactantes que só se alimentande leite, froita e papas de millo e arroz, que, comosabedes, non conteñen glute. Nestas circunstancias, odesenvolvemento do/a neno/a é normal.
Cando o/a neno/a ten a idade adecuada, introdúcese oglute na súa alimentación (pan, galletas, fariñas decereais, etc.). Despois dun intervalo variable, que podeser de tres a nove meses, comezan a aparecer osseguintes síntomas: perda de apetito, diarrea, cambiode carácter, aumento da barriga, deixa de medrar, etc.
Cando os pais/nais ven estes síntomas acoden ó centrode saúde, donde despois de explorar ó/á neno/a,realízanlle análises e outras probas que levan a sospeitarunha intolerancia ó glute.
Para confirmar o diagnóstico farase unha biopsiaintestinal. Esta realízase pasando, pola boca ata ointestino, unha sonda fina cunha cápsula ou aparellochamado endoscopio. Cando chega ó intestino, ó lugaradecuado, tómase unha pequena mostra da mucosaintestinal. Obsérvase ó microscopio e vense asvilosidades, aquelas que vos diciamos ó principio. Seestán en mal estado, trátase da enfermidade celíaca.
Despois de feito o diagnóstico, o tratamento consisteen levar de forma rigorosa unha DIETA SEN GLUTE.
Non sempre é doado saber que alimentos dos queexisten no mercado teñen glute, polo que é necesarioconsultar as listas editadas periodicamente polaASOCIACIÓN DE CELÍACOS.
Tedes que saber que hai moitos alimentos que nonconteñen glute e que abondan para unha alimentacióncorrecta.
Ademais, existen alimentos especiais preparados confariñas sen glute.
A Asociación de Celíacos indicaravos onde podedesconseguilos.
As persoas celíacas, como xa dixemos antes, poderánfacer unha vida totalmente normal na casa, no colexio,cos/as amigos/as... A única precaución que debedes teré NON TOMAR ALIMENTOS QUE CONTEÑAN GLUTE.
Se comedes no comedor do colexio, os/as vosos/aspais/nais deben comunicarlle o voso réxime á direccióndo centro, que, con toda seguridade, colaborará enfacer a vosa dieta.
Se ides de viaxe, vacacións, a restaurantes... lembradeque hai moitos menús que non conteñen glute.
O/a neno/a vai precisar máis dunha biopsia para chegara un diagnóstico definitivo de enfermidade celíaca e, deconfirmarse, levará UN RÉXIME SEN GLUTE DURANTETODA A VIDA.
Se a dieta se leva ben, cousa relativamente doada defacer, o crecemento e desenvolvemento do neno seránormal.