M AA DEE EXXPPLLOOTTAACCIIÓÓNN Pllaannttiillaass paarr J v ... › opencms › export › sites...
Transcript of M AA DEE EXXPPLLOOTTAACCIIÓÓNN Pllaannttiillaass paarr J v ... › opencms › export › sites...
M
M
MAAANNNUUUAAALLL DDDEEE EEEXXXPPPLLLOOOTTTAAACCCIIIÓÓÓNNN
PPPlllaaannntttiiillllllaaasss pppaaarrraaa JJJoooooommmlllaaa vvveeerrrsssiiióóónnn 111...000...xxx eee 111...555...xxx
bbbaaassseeeaaadddaaasss nnnaaa nnnooovvvaaa iiimmmaaaxxxeee cccooorrrpppooorrraaatttiiivvvaaa dddaaa
UUUnnniiivvveeerrrsssiiidddaaadddeee dddeee VVViiigggooo
Vigo
08/03/2010
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
Información do documento
Nome do proxecto: Plantillas para Joomla versión 1.0.x e 1.5.x baseadas na nova imaxe corporativa da
Universidade de Vigo
Autor: Universidade de Vigo Versión: 1
Control de versións Versión Data de versión Descrición
1 04.03.10 Descrición da instalación e manexo das plantillas
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 2 de 18
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
ÍNDICE 1. ............................................................................................................................................. 4 Alcance do documento2. ............................................................................................................................... 5 Descrición funcional del Sistema3. ........................................................................................................................................... 6 Instalación da aplicación
3.1. ........................................................................................................................................ 6 Requirimentos previos3.1.1. .................................................................................................................................................... 6 Hardware3.1.2. ...................................................................................................................................................... 6 Software3.1.3. ...................................................................................................................................................... 6 Licencias3.1.4. .......................................................................................................................................... 6 Almacenamento
3.2. ....................................................................................................................................................... 7 Actualización3.3. ..................................................................................................................................................... 16 Actualización
4. ......................................................................................................................................................... 18 Desinstalación
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 3 de 18
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
1. Alcance do documento O obxectivo deste manual é facilitar a implantación da nova imaxe corporativa da Universidade de Vigo e, concretamente, das súa aplicacións no eido do deseño web. Trátase de plantillas que os responsables da instalación de páxinas web dos servizos, áreas, centros ou calquera tipo de estamento universitario, poderán empregar cando estas páxinas estean creadas sobre a plataforma Joomla nas súas versión 1.0.x ou 1.5.x.
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 4 de 18
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
2. Descrición funcional del Sistema Os colectivos implicados no proceso son:
‐ Hacce Soluciones TIC, como encargado do desenvolvemento das plantillas. ‐ Vicexerencia TIC da Universidade, como encargada da distribución das plantillas. ‐ Estamentos da Universidade, como encargados de solicitar á Vicexerencia TIC as plantillas no caso de
precisalas para proxectos web en curso ou sen comezar. ‐ Servizos informáticos da Universidade ou empresas externas, como responsables de implantar as plantillas.
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 5 de 18
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
3. Instalación das plantillas
3.1. Requirimentos previos
Para poder instalar as plantillas é precisa a instalación dun xestor de contidos de código aberto Joomla, nas súas versións 1.0.x ou ben 1.5.x.
Este xestor de contidos require a utilización dunha plataforma LAMP (Linux+ Apache + MYSQL + PHP).
3.1.1. Hardware
Para a instalación do xestor Joomla é preciso contar cun servidor Linux.
3.1.2. Software
As plantillas soamente son válidas para instalar en Joomla 1.0.x ou 1.5.x. Este xestor de contidos require dun servidor linux co seguinte software instalado:
‐ PHP 5.2
‐ MySQL 5
3.1.3. Licencias
Joomla é un software desenvolvido baixo licenza de tipo GPL/GNU, polo que non ten custos a súa utilización e está aberto a toda clase de modificacións no seu código. As plantillas recollidas neste documento tamén son de licenza GPL/GNU, xa que están destinadas a que calquera membro da comunidade universitaria poida utilizalas sen modificacións ou ben como base para novos desenvolvementos web.
3.1.4. Almacenamento O tamaño das plantillas é de 104 KB na versión para Joomla 1.0.x e de 125 KB a versión para Joomla 1.5.x.
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 6 de 18
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
3.2. Instalación Os documentos de instalación da plantilla consisten nun cartafol comprimido que contén os diferentes documentos relacionados coa presentación visual das páxinas do sitio web, como son as imaxes, definición de cores e aspecto, configuración da visualización, etc. O proceso de instalación dependerá da versión de Joomla que empreguemos.
Joomla 1.0.x O arquivo de instalación da plantilla denomínase uvigo_j10.zip. O proceso de instalación é o seguinte:
1. Accedemos ao Panel de administración da páxina a través dun enderezo do tipo www.enderezo.com/administrator. Joomla estrutúrase en niveis de perfil de usuario de forma xerárquica, de tal modo que cada rol ten permisos para realizar unha serie de acción. Para poder instalar e configurar a plantilla é preciso que a conta de usuario teña o nivel de “superadministrador”, isto é, o grao máximo de usuario.
2. Unha vez dentro do panel, debemos ir ao menú superior á opción de Instalar ‐> Plantillas do sitio
3. Pulsamos en Examinar e buscamos a arquivo uvigo_j10.zip no ordenador 4. Prememos en Subir arquivo e instalar.
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 7 de 18
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
Configuración da plantilla 1‐ Na parte de administración, vamos a Sitio ‐> Xestor multimedia e creamos unha carpeta chamada
“plantilla” Nesta carpeta debemos subir dúas imaxes:
a. Nome do estamento. A imaxe debe ter cor branco de fondo e o texto en cor negra, con tipografía ITC New Baskerville e un tamaño de 19 píxeles. O nome da imaxe debe ser “logo.jpg”
Algún exemplos:
A imaxe debe ter un alto de 75 píxeles e un ancho máximo de 492 píxeles. O texto debe estar aliñado á esquerda e separado do parte inferior do bloque branco a unha distancia de 5 píxeles.
b. Cabeceira: a imaxe da cabeceira pode ser unha fotografía ou composición visual situada debaixo do
logotipo da Universidade. As dimensións da imaxe deben ser de 984 x 100 píxeles. A imaxe debe chamarse “cabeceira.jpg” Exemplo:
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 8 de 18
28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
2‐ Unha vez subidas as imaxes prememos en Sitio ‐> Xestor de plantillas ‐> Plantillas do Sitio. Apareceranos o listado de plantillas que hai no Joomla. Seleccionamos a denominada “Universidade de Vigo” e clicamos en “Predeterminado” na parte superior da pantalla para que deste xeito se converta na predefinida do sitio.
Configuración dos módulos As plantillas de Joomla estrutúranse en módulos, é dicir, pequenos bloques con contidos e diversas funcionalidades, que se asignan as posicións. Cada módulo sitúase nunha das posicións marcadas na seguinte imaxe:
En Módulos ‐> Módulos do sitio escóllese a posición de cada módulo. Cada unha de estas posicións está destinada a un contido:
‐ Esquerda: menú lateral esquerdo ‐ Dereita: menú lateral esquerdo, módulos de novidades, etc. ‐ Top_esq: menú superior esquerda ‐ Top_der: menú superior dereita ‐ Footertext: pé de páxina.
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 9 de 18
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
Para configurar un módulo debemos localizalo e asignarlle a posición desexada. Os módulos máis frecuentes son:
‐ Main Menu: é o bloque cos enlaces do menú. No apartado “posición” de configuración do módulo podemos asignalo a “esquerda”, en caso de que sexa un menú principal, ou ben “top_esq” ou “top_der” se é un menú de utilidades ou idioma.
‐ Latest news: é un listado de titulares das últimas noticias publicadas na web, a posición máis axeitada é “dereita”.
‐ JoomFish language selection: trátase do selector de idioma, isto é, o nome dos idiomas ou as bandeiras para cambiar dun a outro. Para poder usar este módulo é ter instalado un compoñente chamado Joomfish.
‐ HTML personalizado: este módulo é un bloque no que se pode introducir libremente calquera texto ou imaxe. Para crealo hai que pulsar en “Novo” dentro do Xestor de móulos. Emprégase, por exemplo, para o pé de páxina. No caso do pé de páxina a súa posición na plantilla é “footertext”
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 10 de 18
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
Joomla 1.5 O arquivo de instalación da plantilla denomínase uvigo_j15.zip. O proceso de instalación é o seguinte:
1. Accedemos ao Panel de administración da páxina a través dun enderezo do tipo www.enderezo.com/administrator. Joomla estrutúrase en niveis de perfil de usuario de forma xerárquica, de tal modo cada rol ten permisos para realizar unha serie de acción. Para poder instalar e configurar a plantilla é preciso que a conta de usuario teña o nivel de “superadministrador”, isto é, o grao máximo de usuario.
2. Unha vez dentro do panel, debemos ir ao menú superior á opción de Extensións ‐> Instalar / desinstalar.
3. Pulsamos en Examinar e buscamos a arquivo uvigo_j15.zip no ordenador 4. Prememos en Subir arquivo e instalar.
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 11 de 18
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
Configuración da plantilla
Para poder configurar a plantilla correctamente é preciso realizar dous cambios a través dun cliente FTP (Filezilla, CuteFTP ou similares). Cos datos do servidor accedemos ao directorio da instalación de Joomla e facemos os seguintes cambios:
Na carpeta templates/universidadedevigo debemos cambiar os permisos de escritura do arquivo “params.ini”. Isto faise, xeralmente, pulsando co botón dereito e escollendo “Permisos do arquivo”. Unha vez dentro aparécenos un número de 3 cifras, que debemos substituír por un “777”
Tras realizar estes cambios, acudimos de novo ao panel de administración de Joomla e aí configuramos os parámetros da plantilla.
1‐ Vamos a Sitio ‐> Xestor multimedia: 2‐ Creamos un directorio chamado “plantilla”, escribindo o nome no recuadro da imaxe e pulsando en “Crear
carpeta”. O cartafol debe chamarse así obrigatoriamente.
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 12 de 18
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
3‐ Neste directorio debemos subir dous arquivos
a. Nome do estamento. A imaxe debe ter cor branco de fondo e o texto en cor negra, con tipografía ITC
New Baskerville e un tamaño de 19 píxeles. Algún exemplos:
A imaxe debe ter un alto de 75 píxeles e o texto debe estar aliñado á esquerda e na parte inferior do bloque branco, a 5 píxeles do borde.
b. Cabeceira: a imaxe da cabeceira pode ser unha fotografía ou composición visual situada debaixo do
logotipo da Universidade. As dimensións da imaxe deben ser de 984 x 100 píxeles. Exemplo:
4‐ Unha vez subidas as imaxes prememos en Extensión ‐> Xestor de plantillas. Apareceranos o listado de
plantillas que hai no Joomla. Seleccionamos a que se chama “Universidade de Vigo” e clicamos en “Predeterminado” na parte superior da pantalla para que deste xeito se converta na predefinida do sitio.
5‐ Personalización da plantilla: pulsamos sobre o nome da plantilla e deste modo accederemos á súa personalización. Os campos que debemos cubrir son: c. Logotipo da web: buscamos a imaxe co nome do estamento que subimos anteriormente d. Banner decoración: buscamos a imaxe coa cabeceira subida anteriormente. e. Cor das ligazóns: no despregable escollemos se usar a cor Xenérica nos enlaces, é dicir, negro, ou
ben a cor do eixe ou no que se sitúe a web.
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 13 de 18
Manual de ExplotaciónID:MUVIGO_XT0503 V1.0
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 <CÓDIGO_PROXECTO>
MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc Páxina 14 de 18
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
Configuración dos módulos
As plantillas de Joomla estrutúranse en módulos, é dicir, pequenos bloques con contidos e diversas funcionalidades, que se asignan as posicións. Cada módulo sitúase nunha das posicións marcadas na seguinte imaxe:
En Extensións ‐> Xestor de módulos escóllese a posición de cada módulo. Cada unha de estas posicións está destinada a un contido:
‐ Esquerda: menú lateral esquerdo ‐ Dereita: menú lateral esquerdo, módulos de novidades, etc. ‐ Top_esquerda: menú superior esquerda ‐ Top_dereita: menú superior dereita ‐ Footertext: pé de páxina. ‐ Breadcrumb: faragulla de pan
Para crear cada un destes módulos, debemos ir ao Xestor de módulos e premer en “Novo”, e apareceranos unha fiestra cos diferentes módulos que teñamos instalado, similar á seguinte:
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 15 de 18
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
Os módulos máis frecuentes son:
‐ Menú: crea un bloque cos enlaces do menú. No apartado “posición” de configuración do módulo podemos asignalo a “esquerda”, en caso de que sexa un menú principal, ou ben “top_esquerda” ou “top_dereita” se é un menú de utilidades ou idioma.
‐ Ruta de acceso: trátase da faragulla de pan, o texto que indica a páxina da web na que nos atopamos. Debemos ubicala na posición “breadcrumb”
‐ Últimas noticias: é un listado de titulares das últimas noticias publicadas na web, a posición máis axeitada é “dereita”.
‐ Joomfish‐Language selection: trátase do selector de idioma, isto é, o nome dos idiomas ou as bandeiras para cambiar dun a outro. Para poder usar este módulo é ter instalado un compoñente chamado Joomfish.
‐ Personalizar HTML: este módulo é un bloque no que se pode introducir libremente calquera texto ou imaxe. Emprégase, por exemplo, para o pé de páxina. No caso do pé de páxina a súa posición na plantilla é “footertext”
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 16 de 18
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
3.3. Actualización de plantillas Cada plantilla conta cun número de versión que a identifica. Cada vez que dende a Universidade se realice unha actualización sobre a plantilla, é preciso alterar o número da versión para que deste xeito sexa posible saber rapidamente se as webs na que foi instalada contan ou non coa derradeira versión.
A actualización de plantillas de Joomla consiste en subir arquivos. Débese sobrescribir a carpeta denominada templates/universidadedevigo por unha nova carpeta que inclúa novas versións dos arquivos.
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc <CÓDIGO_PROXECTO> Páxina 17 de 18
ID:MUVIGO_XT0503 V1.0 Manual de Explotación
ID:MUVIGO_XT0503_V1.1 28/01/2010 MUVIGO_XT0503_Manual explotación.doc Páxina 18 de 18 <CÓDIGO_PROXECTO>
4. Desinstalación O proceso de desinstalación da plantilla é diferente para Joomla 1.0 e Joomla 1.5. En ambos casos debemos seleccionar como predeterminada outra plantilla xa que, por seguridade, o administrador non nos deixa borrar unha plantilla en uso.
En Joomla 1.0.x as plantillas desinstálanse desde Sitio ‐> Xestor de Plantillas. Seleccionamos a plantilla e pulsamos en “Borrar” no menú superior dereito
En Joomla 1.5.x debemos ir a Extensións ‐> Instalar/Desinstalar e prememos en Plantillas. Seleccionamos a plantilla e pulsamos