Letras galegas 2017
-
Upload
espinheira-aldan -
Category
Education
-
view
196 -
download
0
Transcript of Letras galegas 2017
Equipo da biblioteca e EDLG Ceip Plurilingüe da Espiñeira-Aldán
Como xa sabedes pola carta que Espiñeiriña deixou polas aulas do cole alguén escondeunos uns libros moi importantes na biblioteca, e necesitabamos a vosa axuda para atopalos.
O primeiro que fixemos e reunirnos todos no salón de actos para ver a investigación que fixeron os rapaces e rapazas de 3º e 4º sobre o autor Carlos Casares e de paso organizarnos para a busca.
Aprendemos moito estas semanas de Carlos Casares!!Gozamos cos inventos tolos de Toribio e a Galiña Azul ensinounos o valor que ten a aceptación das diferenzas . En homenaxe a ela, decidimos chamar años nosos equipos detectives…Galiñas azuís, vermellas, verdes…E así moitas plumas cheas de cores bulindo polo cole!🐔🐔🐔🐔
Por unha banda os peques de educación infantil axudados polos experimentados detectives de 1º e 2º foron de pista en pista atopando pezas dunha estrana cor azul…🐔 Conseguirían rematar o quebracabezas?
Pola outra banda os rapaces e rapazas de 3º,4º,5º e 6º axudados polos seus titores e titoras emprenderon a busca dos 📚 resolvendo pistas, adiviñas, tellolos rebeldes e xeroglíficos imposible cunha gran mestría!
Parabéns a todos e todas! Traballando en equipos todos e todas a un tempo fomos quen de atopar os libros agochados por algunha mente perversa!😀😀😀
A GALIÑA AZUL
TORIBIO E O CONTADOR DE CONTOS
LOLO ANDA EN BICICLETA
UN POLBO XIGANTE