Hábitos alimenticios
-
Upload
paulo-nogueira-porto -
Category
Documents
-
view
219 -
download
1
description
Transcript of Hábitos alimenticios
1
ENQUISA SOBRE
HÁBITOS ALIMENTICIOS
DO ALUMNADO
CURSO 2010-2011
2
ÍNDICE.
1. Introdución e contextualización ........................................................................ 3
2. Obxectivos .............................................................................................................. 4
3. Método ..................................................................................................................... 4
3.1. Mostra ............................................................................................................. 4
3.2. Instrumentos ................................................................................................ 4
4. Enquisa ..................................................................................................................... 5
5. Resultados ............................................................................................................... 9
6. Conclusións .............................................................................................................27
3
1. INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN.
O Concello de Meaño está situado no centro da comarca do Salnés,
nas Rías Baixas, ao suroeste de Galicia. Posúe unha extensión de 28km2 e
conta cunha poboación de 5.474 habitantes concentrada nas sete parroquias
deste municipio (Covas, Dena, Lores, Meaño, Padrenda, Simes e Xil). A súa
poboación é eminentemente agrícola, baseando a súa economía no cultivo de
hortalizas e da vide. No campo da construción e do transporte hai tamén un
número importante de traballadores/as. Existe tamén unha certa a
actividade mariñeira (en especial a pesca de baixura), debido á proximidade
da costa, pero non é a máis destacada. Todo isto condiciona que a poboación
teña un nivel sociocultural medio/baixo.
O C.E.I.P. As Covas é un dos Centros educativos situados neste
Concello. O número de unidades ascende a dez (catro en E.I. e outras seis
en E.P.). o equipo docente constitúeno 20 mestres/as, entre titores/as e
especialistas. Ademais, o Centro conta cunha coidadora e unha D.U.E..
respecto ao alumnado matriculado, as dúas etapas suman un total de 140
alumnos/as: 60 en E.I. e 80 E.P.. o Centro conta tamén con Biblioteca, aula
de informática con acceso a Internet e rede de Intranet en todas as aulas e
despachos, aula de Lingua Inglesa, aula de Música, aula de Plástica, cociña,
ascensor, pavillón deportivo e transporte escolar.
Desde a Biblioteca do Centro proponse traballar ao longo do curso un
tema concreto e todas as actividades propostas xiran torno a ase tema.
Este curso 2010-2011 o tema é a alimentación, centrándonos no primeiro
trimestre na alimentación saudable. Pareceunos interesante investigar
sobre os hábitos alimenticios do noso alumnado para coñecer se a súa
alimentación é sa e equilibrada ou non, e decidimos elaborar unha enquisa.
4
2. OBXECTIVOS.
Coñecer os hábitos alimenticios do alumnado do Centro.
Analizar os resultados obtidos e actuar en consecuencia.
3. MÉTODO.
3.1. Mostra.
A investigación tense realizado cun total de 124 alumnos/as de idades
comprendidas entre os 3 e 12 anos.
Os alumnos/as de E.P. foron informados do propósito do estudo (así como as
súas familias) e do seu dereito a participaren ou non na investigación.
Os alumnos de E.I. levan a enquisa as súas casas e son os pais e nais os que a
cumprimentan. Son tamén informados da voluntariedade de participar, así
como do propósito do estudo.
A enquisa levouse a cabo no mes de novembro 2010.
3.2. Instrumentos.
O Equipo da Biblioteca elaborou unha enquisa na que se analizan
diferentes variables: idade, sexo, hábitos alimenticios do noso alumnado,
nivel e frecuencia de práctica deportiva ou actividade física fóra do
horario escolar.
5
4. ENQUISA.
ENQUISA SOBRE HÁBITOS ALIMENTICIOS DO ALUMNADO
Idade ..................................... Sexo. M F
Por favor, subliña a resposta ou respostas que elixas.
1. Os teus pais ou irmáns padecen algún problema de sobrepeso
(obesidade)?
a) SI b) NON c) NON O SEI.
2. Que bebida consumides na casa nas horas da comida?
Maiores: a)AUGA b)VIÑO c)CERVEXA d)REFRESCOS e) outra .............
Nenos/as: a)AUGA b)REFRESCOS c) outra ......................................................
3. Gústache a froita? SI NON
Con que frecuencia consumes froita?
a) 1 vez á semana b) de 2 a 4 veces por semana c) todos os días
d) nunca e) aprox. 1 vez ao mes.
4. Gústanche as verduras? SI NON
Con que frecuencia consumes verduras?
a) 1 vez á semana b) de 2 a 4 veces por semana c) todos os días
d) nunca e) aprox. 1 vez ao mes.
5. Gústache o polo? SI NON
Con que frecuencia consumes polo?
a) 1 vez á semana b) de 2 a 4 veces por semana c) todos os días
d) nunca e) aprox. 1 vez ao mes.
6
6. Gústache a carne de porco ou vaca? SI NON
Con que frecuencia consumes carne de porco ou vaca?
a) 1 vez á semana b) de 2 a 4 veces por semana c) todos os días
d) nunca e) aprox. 1 vez ao mes
7. Gústache o peixe? SI NON
Con que frecuencia comes peixe?
a) 1 vez á semana b) de 2 a 4 veces por semana c) todos os días
d) nunca e) aprox. 1 vez ao mes.
8. Gústanche as legumes: lentellas, fabas, garabanzos....? SI NON
Con que frecuencia consumes legumes?
a) 1 vez á semana b) de 2 a 4 veces por semana c) todos os días
d) nunca e) aprox. 1 vez ao mes.
9. Gústache a pasta: espagueti, sopa, arroz..? SI NON
Con que frecuencia consumes pasta?
a) 1 vez á semana b) de 2 a 4 veces por semana c) todos os días
d) nunca e) aprox. 1 vez ao mes.
10. Gústache a “comida rápida”: pizza, hamburguesa...? SI NON
Con que frecuencia consumes “comida rápida”?
a) 1 vez á semana b) de 2 a 4 veces á semana c) todos os días
d) nunca e) aprox. 1 vez ao mes.
11. Gústanche os doces ou pasteis? SI NON
Cantos doces ou pasteis consumes ao día?
a) ningún b) un c) dous d) tres e) máis de cinco .
7
12. Cantas comidas fas ao día (contando as merendas)?
a) dúas b) tres c) catro d) cinco e) máis de cinco.
13. Tomas o almorzo? SI NON
Que almorzas?
a) leite b) pan c) galletas d) cereais e) outros ....................................................
14. Tomas a cea? SI NON
Que ceas?
a) leite b) pan c) galletas d) cereais e) ovos f) tortilla g) outros
..............................................................................................................................................
15. Tomas a merenda da tarde? SI NON
Que merendas?
a) bocadillo b) iogur c) galletas d) outros .............................................................
16. Fas exercicio fóra do horario escolar? SI NON CAL ..................
a) 1 vez á semana b) de 2 a 4 veces á semana c) todos os días
d) nunca e) aprox. 1 vez ao mes
17. Practicas algún deporte? SI NON CAL ...........................................
a) 1 vez á semana b) 2 veces á semana c) todos os días d) nunca.
18 . Consumes habitualmente chuches, patatillas, chetos, gusanitos...?
a) 1 vez á semana b) 2 veces á semana c) todos os días d) nunca.
19. Con quen comes na casa? ........................................................................................
Con quen ceas na casa?. ...........................................................................................
8
20. Nenos /as : Que opinión tes da alimentación que fas?
..............................................................................................................................................
..............................................................................................................................................
..............................................................................................................................................
Pais/nais: Que opinión ten sobre a alimentación que se fai na súa casa?
..............................................................................................................................................
..............................................................................................................................................
..............................................................................................................................................
9
5. RESULTADOS.
O alumnado do Centro suma un total de 140 nenos e nenas, dos cales
participaron na enquisa 124.
Agrupáronse os alumnos/as por ciclos, e á hora de valorar os resultados hai
que ter en conta que o ciclo máis numeroso é o de E.I.
Anallizárose as respostas da enquisa pregunta por pregunta, e
representáronse os resultados con diferentes tipos de gráficos para
facilitar a súa comprensión.
Figura 1.
Figura 2.
10
1. Os teus pais ou irmáns padecen algún problema de sobrepeso
(obesidade)?
Figura 3.
A gráfica revela que o alumnado valora que non existen problemas de
sobrepeso na maioría das familias.
2. Que bebida consumides na casa nas horas da comida?
Figura 4.
Aínda que a bebida maioritaria é a auga, é significativo o consumo de
refrescos tanto nos maiores como nos nenos. Apréciase tamén un alto
consumo de bebidas alcohólicas entre os adultos.
11
3.Gústache a froita?
Figura 5.
Con que frcuencia consumes froita?
Figura 6.
Na Figura 5 revela que a froita gústalle á maioría do alumnado, aínda que hai
un nº importante de alumnos aos que non lle gusta.
Na Figura 6 destaca que en E.I., 1º e 2º ciclo hai alumnos/as que nunca
comen froita. Entre o alumnado que sí consume froita apréciase que un gran
nº de alumnos/as a consumen a diario e moitos tamén entre 2 e 4 veces por
semana.
12
4. Gústanche as verduras?
Figura 7.
Con que frecuencia consumes verduras?
Figura 8.
Na Figura 7 apréciase que hai unha gran parte do alumndo á que non lle
gustan as verdura, excepto no primeiro ciclo.
Na Figura 8 mostra que moi pocos alumnos/as consumen verduras todos os
días. Chama a atención que un nº importante de alumnos/as nunca comen
verduras. A maioría as consumen habitualmente.
13
5. Gústache o polo?
Figura 9.
Con que frecuencia consumes polo?
Figura 10.
Na Figura 9 pode observarse que é moi pequeno o nº de alumnos/as aos que
non lles gusta o polo.
Na Figura 10 apréciase un consumo frecuente de polo ao longo da semana.
14
6. Gústache a carne de porco ou vaca?
Figura 11.
Con que frecuencia consumes carne de porco ou vaca?
Figura 12.
Na Figura 11 que á maioría do alumnado gústalle a carne de vaca ou porco.
O consumo de carne ao longo da semana é moi significativo en todos os
ciclos, como mostra a Figura 12.
15
7. Gústache o peixe?
Figura 13.
Con que frecuencia comes peixe?
Figura 14.
A Figura 13 revela que o peixe gústalle á maioría do alumnado.
Na Figura 14 pode observarse que o consumo de peixe ao longo da semana é
moi importante, e que moi poucos alumnos/as o consumen soamente unha vez
ao mes.
16
8. Gústanche as legumes: lentellas, fabas, garabanzos…?
Figura 15.
Con que frecuencia consumes legumes?
Figura 16.
Hai un nº importante de alumnos/as aos que non lles gustan as legumes,
como pode apreciarse na Figura 15.
En E.I., no 2º e 3º ciclo hai alumnos/as que nunca consumen legumes. En
todos os ciclos a frcuencia maioritaria coa que se consumen é unha vez
semanal, como mostra a Figura 16.
17
9. Gústache a pasta: espagueti, sopa, arroz…?
Figura 17.
Con que frecuencia consumes pasta?
Figura 18.
Na Figura 17 que soamente no 2º ciclo hai alumnos/asaos que non lles gusta
a pasta.
Segundo se pode apreciar na figura 18 o consumo semanal de pasta é moi
importante en todos os ciclos.
18
10. Gústache a “comida rápida”: pizza, hamburguesa…?
Figura 19.
Con que frecuencia consumes “comida rápida”?
Figura 20.
É en E.I. onde se aprecia un maior nº de alumnos/as aos que non lles gusta a
“comida rápida”, como mostra a Figura 19.
Na Figura 20 apréciase como en todos os ciclos hai un importante nº de
alumnos/as que consumen “comida rápida” unha vez semanal.
19
11. Gústanche os doces ou pasteis?
Figura 21.
Cantos doces ou pasteis consumes ao día?
Figura 22.
A Figura 21 mostra que en todos os ciclos hai alumnos/as aos que non lles
gustan os doces.
Na Figura 22 apréciase tamén que en todos os ciclos hai un gran nº de
alumnos/as que non consumen doces ao longo do día. Apréciase tamén que
moitos alumnos/as consumen un doce ou pastel ao día.
20
12. Cantas comidas fas ao día (contando as merendas)?
Figura 23.
Como pode apreciarse nas gráficas, en todos os ciclos a maioría do alumnado
fai 5 comidas diarias, ainda que no 1º e 3º ciclos hai un importante nº de
alumnos/as que fan 4 comidas ao día.
Soamente en E.I. hai alumnos/as que fan máis de 5 comidas diarias, e un
alumno/a que fai 3 comidas ao día.
21
13. Tomas o almorzo?
Figura 24.
Que almorzas?
Figura 25.
Todo o alumnado da mostra almorza, como indica a Figura 24.
A Figura 25 revela que a maioría do alumnado de E.I. almorza leite, aínda
que non é así nos ciclos de E.Primaria. Case todo o alumnado consume sólidos
no almorzo.
22
14. Tomas a cea?
Figura 26.
Que ceas?
Figura 27.
Todo o alumnado da mostra cea, como indica a figura 26.
Un importante nº de alumnos/as de E.I. consume leite na cea. Apréciase
tamén en todos os ciclos un variado consumo de alimentos, como mostra a
Figura 27.
23
15. Tomas a merenda da tarde?
Figura 28.
Que merendas?
Figura 29.
Tanto en E.I. como no 3º ciclo hai alumnos/as que non toman a merendan da
tarde, como mostra a Figura 28.
A Figura 29 revela que gran nº de alumnos/as merendan bocadillo e iogur,
ademais de outros alimentos.
24
16. Fas exercicio fóra do horario escolar?
Figura 30.
Frecuencia.
Figura 31.
Segundo a Figura 30 o alumnado de E.Primaria que fai exercicio (bici,
correr, patinaxe) fóra do horario escolar supera ao que non o fai de maneira
significativa, aínda que en E.I. observase o contrario.
Na Figura 31 apréciase un notable nº de alumnos/as que nunca fan exercicio
fóra do horario escolar en todos os ciclos, sobre todo en E.I.
25
17. Practicas algún deporte?
Figura 32.
Frecuencia.
Figura 33.
A Figura 32 mostra que en E.I. e 1º ciclo o nº de alumnos/as que practican
deporte é inferior que os que practican deporte. No 2º e 3º ciclo a metade
do alumnado practica algún deporte (fútbol, natación).
A Figura 33 revela que gran nº de alumnos/as practica deporte 1 ou 2 veces
semanais. En E.I. e 1º ciclo a maioría do alumnado nunca practica deporte.
26
18. Consumes habitualmente chuches, patatillas, chetos, gusanitos…?
Figura 34.
Segundo mostra a gráfica a frecuencia de consumo de chuches, patatillas… 1
vez semanal é superior en todos os ciclos.
Tamén en todos os ciclos hai alumnos/as que nunca consumen chucches,
patatillas…
19. Con quen comes na casa?
Todo o alumnado da mostra responde á pregunta que come con adultos, xa
sexan os avós ou os pais/nais.
Con quen ceas na casa?
Igualmente, na cea están acompañados polos seus familiares.
20. Nenos/as: Que opinión tes da alimentación que fas?
Todo o alumnado da mostra que considera que a alimentación na súa casa e
boa, aínda que algúns/as ( do 3º ciclo) engaden que podería mellorarse.
27
Pais/nais: Que opinión ten sobre a alimentación que se fai na súa casa?
Os adultos consideran que a alimentación nas súas casas é boa ou moi boa.
Consideran tamén que é variada e bastante equilibrada, aínda que poderían
mellorarse algúns aspectos.
6. CONCLUSIÓNS.
Hai que ter en conta que en E.I. son as familias as que respostan a
enquisa. Chama a atención que as familias consideran importante o cosumo
de alimentos variados, aínda que estes non lles gusten aos seus fillos/as.
En xeral todos os alimentos se consumen con frecuencia na maioría
das familias: peixe, polo, verduras, carne de porco ou vaca, legumes, pasta,
leite.
Os resultados da enquisa non mostran consumo habitual de “comida
rápida”, en E.I e no 1º ciclo, aínda que este aumenta lixeiramente no 2º e 3º
ciclo.
Os doces tamén forman parte da alimentación habitual do alumnado,
polo menos 1 ao día. Ocorre case o mesmo co consumo de chuches.
En xeral, case todo o alumnado realiza 5 comidas diarias, aínda que
estas aumentan en E.I.
Todos os alumnos e alumnas almorzan e cean, e un pequeno número de
alumnos de E.I. non fan a merenda da tarde.
En todos os ciclos gran parte do alumnado fai exercicio fóra do
horario escolar, aínda que en E.I. redúcese notablemente.
As familias consideran que a alimentación que proporcionan aos seus
fillos e fillas é equilibrada e variada, e opinan tamén que nalgúns aspectos
podería mellorarse.