Guia de Petroglifos de Galicia - Cultura...
Transcript of Guia de Petroglifos de Galicia - Cultura...
Primeira edición, outubro 2011
Imaxe de portada petróglifo dos Rochos (Santa María de Gargamala, Mondariz, Pontevedra) de Xulio Gil.
© dos textos: Buenaventura Aparicio Casado Antonio de la Peña Santos
© das fotografías: Xulio Gil Buenaventura Aparicio Casado Antonio de la Peña Santos
© dos calcos: Antonio de la Peña Santos F. J. Costas Goberna
Coordinación: Cándido Meixide Figueiras
Maquetación: Rosa Escalante Castro
© da ediciónEdicións do Cumio, S. A.Pol. ind. A Reigosa, parcela 1936827 Ponte Caldelas, PontevedraTel.: 986 761 045 | Fax: 986 761 [email protected] | www.cumio.com
© Reservados todos os dereitos.Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos titulares, salvo excepción prevista pola lei.
Diríxanse a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos, www.cedro.org) se precisan fotocopiar, escanear ou facer copias dixitais dalgún fragmento desta obra.
ISBN: 978-84-8289-375-4Impresión: Gráficas Varona, S. A.Depósito legal: VG 656-2011Impreso en España
Edición a cargo de Francisco Villegas Belmonte
GUÍA de PeTRÓGLiFOS de GALiciA
Índice
Presentación .........................................................................................9Introdución ......................................................................................... 11Os petróglifos .................................................................................... 25
Pedra Ancha (San Pedro de Buxantes, Dumbría, A Coruña) .............................27
Laxe das Rodas (Santiago de Louro, Muros, A Coruña) ...................................31
Cova da Bruxa (San Xoán de Serres, Muros, A Coruña) .................................. 35
Monte da Gurita (San Pedro de Baroña, Porto do Son, A Coruña) ................... 39
A Foxa Vella (Santa María de Leiro, Rianxo, A Coruña) ................................ 43
Os Mouchos (Santa María de Leiro, Rianxo, A Coruña) .................................47
Peneda Negra (Santo Estevo de Covas, Ames, A Coruña) ....................................51
Coto do Corno (Santa María de Luou, Teo, A Coruña) ....................................... 55
O Castriño (Santa María de Conxo, Compostela, A Coruña) ..................... 59
Coto da Aspra (San Xulián de Ventosa, Agolada, Pontevedra) ......................... 63
Monte dos Vilares (San Miguel de Valga, Valga, Pontevedra)................................67
Laxe dos Bolos (Santo Estevo de Saiar, Caldas de Reis, Pontevedra) ............71
Os Ballotes (San Xens de Bamio, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) ......................75
Chan da Carballeira (Santiago de Morillas, Campo Lameiro, Pontevedra) ........ 79
Laxe do Outeiro dos Cogoludos (Santa María de Moimenta, Campo Lameiro, Pontevedra) ........ 83
Laxe dos Carballos (Santa María de Moimenta, Campo Lameiro, Pontevedra) ........ 87
Pedra da Boullosa (Santa Mariña das Fragas, Campo Lameiro, Pontevedra) .........91
Laxe da Rotea de Mendo (San Miguel de Campo, Campo Lameiro, Pontevedra) ........ 95
Chan da Lagoa (San Isidro de Montes, Campo Lameiro, Pontevedra) ........ 99
Outeiro do Cribo (Santa María de Armenteira, Meis, Pontevedra) ...............................103
Pedra das Ferraduras (Fentáns, San Xurxo de Sacos, Cotobade, Pontevedra) ....................107
Laxe dos Cebros (Fentáns, San Xurxo de Sacos, Cotobade, Pontevedra) ....................111
6 Edicións do Cumio
E o pobo falou .................................................................................209Bibliografía........................................................................................237
Laxe das Rodas-Lombo da Costa (San Xurxo de Sacos, Cotobade, Pontevedra) ...........................................115
Laxe do Cuco (San Xurxo de Sacos, Cotobade, Pontevedra) ....................119
Portela da Laxe (Santiago de Viascón, Cotobade, Pontevedra) ....................123
Coto do Outeiro (San Pedro de Tenorio, Cotobade, Pontevedra) ....................127
Pedra Redonda (San Miguel de Carballedo, Cotobade, Pontevedra) ....................131
Porteliña da Corte (Santa María de Aguasantas, Cotobade, Pontevedra) ....................135
Laxe das Lebres (San Salvador de Poio, Poio, Pontevedra) ...............................139
Pedra Grande de Montecelo (San Salvador de Poio, Poio, Pontevedra) ...............................143
Val do Gato (San Martiño de Verducido, A Lama, Pontevedra) ........................147
Campo de Cuñas (Santa Baia de Ponte Caldelas, Ponte Caldelas, Pontevedra) .........151
Nabal de Martiño (Santa María de Tourón, Ponte Caldelas, Pontevedra) .........155
Laxe das Sombriñas (Santa María de Tourón, Ponte Caldelas, Pontevedra) .........159
Laxe da Irena (Santa Baia de Ponte Caldelas, Ponte Caldelas, Pontevedra) .........163
Pedra do Barón (San Fiz de Forzáns, Ponte Caldelas, Pontevedra) .........167
Pedra do Labirinto (San Xurxo de Mogor, Marín, Pontevedra) ............................173
Pedra dos Mouros (San Xurxo de Mogor, Marín, Pontevedra) ............................177
Pedra do Pinal do Rei (Santiago de Cangas, Cangas do Morrazo, Pontevedra) ................181
Os Rochos (Santa María de Gargamala, Mondariz, Pontevedra) .....................185
Pedra das Procesións (Santa Mariña de Vincios, Gondomar, Pontevedra) ..................189
Monte Tetón (Santa María de Tebra, Tomiño, Pontevedra) .........................193
Outeiro dos Lameiros (Santa María de Baíña, Baiona, Pontevedra) ..........................197
Laxe dos Chetos (San Mamede de Pedornes, Oia, Pontevedra) .................................201
Auga dos Cebros (San Mamede de Pedornes, Oia, Pontevedra) .................................205
Laxe das Rodas (Santiago de Louro, Muros, A Coruña)
90 Edicións do Cumio
91 Guía de petróglifos de Galicia
Coordenadas UTM X: 535874; Y: 4706120
Coordenadas xeográfi cas N: 42° 30' 24"; W: 8° 33' 48"
PedRA dA BOULLOSA(Santa Mariña das Fragas, Campo Lameiro, Pontevedra)
AcceSOS. Na estrada PO-223 Pontevedra-Campo Lameiro, antes de chegar á capital do concello, no punto quilométri-co 12,300 tómase á esquerda o desvío á parroquia de Fra-gas. Pouco antes de chegar, tomamos á esquerda a pista asfaltada ao lugar de Costa de Arriba, que se interna no monte ata chegar ao comezo do antigo camiño empedrado que sobe pasando diante do complexo rupestre, uns 800 m máis adiante. Cómpre seguir as indicacións instaladas nos cruces.
Visitas recomendables no contorno dos petróglifos• Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre Campo Lameiro en Praderrei, O Campo.
• Igrexa románica de Santa Mariña de Fragas.
92 Edicións do Cumio
93 Guía de petróglifos de Galicia
cOMenTARiO. Situado a media ladeira sobre o val do Lé-rez e cunhas destacadas condicións de visibilidade, a Pedra da Boullosa é un dos máis espectaculares conxuntos de gra-vados rupestres do territorio galaico.
Ocupa a práctica totalidade dun afl oramento rochoso de considerables dimensións e acusada orientación cara ao sur. Os gravados aparecen repartidos por toda a superfi cie, e, coma en tantos outros casos, tamén aquí dan a impresión de agruparse en función da compartimentación espacial que marcan as abundantes gretas e diáclases do penedo.
O repertorio fi gurativo é do máis habitual na arte rupes-tre galaica: deseños xeométricos —círculos concéntricos, puntos…— e fi gurativos —cérvidos— repártense por toda a superfi cie do batolito. Pero de entre eles sobrancean sen-llos conxuntos. O primeiro, enmarcado por varias diáclases, ofrece unha agrupación de cuadrúpedes enfi lados cara á de-reita e seguidos por unha fi gura humana esquemática que exhibe na man dereita un instrumento alongado; un círculo simple con punto central aparece entre os animais e unha combinación de tres círculos concéntricos adósase ao zoo-morfo representado no primeiro plano, baixo o que outro animal semella internarse no interior doutra combinación de círculos concéntricos. Esta famosa composición é interpre-tada polos autores de dúas formas: ben como escena de caza —que é o máis probábel—, ben de pastoreo. A caza maior é unha das actividades humanas de prestixio social plasmadas na arte rupestre galaica. O segundo aspecto de interese que se pode ver neste petróglifo é esa grande e infrecuente fi gura de serpe, con escamas ben defi nidas, que foi gravada en actitude de ascender, reptando, pola parede oriental do penedo.
En tempos relativamente recentes, toda a rocha foi obxec-to dun sistemático labor de gravado de deseños xeométri-cos, maiormente cruciformes, que fosilizan os primitivos e que contrastan con eles non só pola súa tipoloxía, senón pola súa factura técnica e menor erosión.