GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · 2020-06-08 · SERVIZO DE PREVENCIÓN DE...
Transcript of GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 … · 2020-06-08 · SERVIZO DE PREVENCIÓN DE...
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 1 de 31
ÍNDICE
1. Introdución
2. Propagación e síntomas da COVID-19
3. Medidas preventivas antes de acudir ao traballo
4. Medidas preventivas no desprazamento ao traballo
5. Risco por exposición á COVID-19 no traballo
6. Medidas xenéricas de protección
7. Condicións dos centros
a. Lugares de traballo e zonas comúns
b. Lugares de aseo
c. Vestiarios
d. Máquinas expendedoras
8. Garantir a distancia de seguridade entre persoas
a. Lugares de traballo
b. Zonas comúns
c. Vías de circulación
d. Utilización de barreiras físicas
e. Acceso ao centro
9. Medidas específicas adicionais para determinadas actividades
a. Postos de administración
b. Atención ao público
c. Servizo Universitario de Residencias
d. Reunións
e. Condución de vehículos
f. Bibliotecas
g. Servizo de correo
h. Conserxerías
i. Actividades de mantemento (Infraestruturas)
j. Laboratorios
k. Actividades culturais
l. Actividades deportivas
10. Coordinación de actividades empresariais
11. Equipos de protección individual
12. Persoal especialmente sensible
13. Actuación en caso de que un traballador/a presente síntomas
14. Ao saír do traballo
15. Máis información sobre a COVID-19
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 2 de 31
1. INTRODUCIÓN
A presente Guía ten como obxectivo determinar as condicións dos lugares de traballo e as medidas
preventivas e de protección persoal necesarias fronte á propagación da COVID-19 para o
desenvolvemento das actividades presenciais que se realizan na USC, de acordo co disposto na
Orden SND/458/2020, de 30 de mayo para la flexibilización de determinadas restricciones de
ámbito nacional establecidas tras la declaración del estado de alarma en aplicación de la fase 3
del Plan para la transición hacia una nueva normalidad e na Orden SND/507/2020, de 6 de junio,
por la que se modifican diversas órdenes con el fin de flexibilizar determinadas restricciones de
ámbito nacional y establecer las unidades territoriales que progresan a las fases 2 y 3 del Plan
para la transición hacia una nueva normalidad.
Asemade, a determinación das medidas de prevención e protección fronte á propagación da
COVID-19 teñen como documentación legal e técnica de referencia o establecido no
Procedimiento de actuación para los servicios de prevención de riesgos laborales frente a la
exposición al sars-cov-2 do Ministerio de Sanidade de 22/05/2020, o documento Buenas prácticas
en los centros de trabajo do Ministerio de Sanidade de 11/04/2020, a Guía de recomendacións
preventivas de saúde laboral ante o coronavirus da Xunta de Galicia de 12/04/2020 e o documento
Medidas preventivas generales para garantizar la separación entre trabajadores frente a covid-
19 do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (INSST) de 09/04/2020.
As medidas de prevención e protección relacionadas nesta Guía están orientadas á protección
fronte á propagación da COVID-19 e en ningún caso substitúen as medidas a adoptar en cada posto
de traballo para prevención dos riscos laborais, recollidas nas avaliacións de riscos dos distintos
centros da USC. Igualmente seguen sendo de cumprimento obrigado as distintas normas de
seguridade elaboradas para control dos riscos de determinadas actividades, como as realizadas nos
laboratorios de investigación, entre outras.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 3 de 31
Esta Guía está suxeita ás revisións que sexan precisas en función da evolución da situación de
pandemia pola COVID-19 e de posibles actualizacións das referencias de carácter legal e técnico
que poidan levar a cabo as autoridades competentes na materia.
2. PROPAGACIÓN E SÍNTOMAS DA COVID-19
Propágase principalmente de persoa a persoa por medio das microgotas de saliva e das secrecións
nasais dunha persoa infectada que infectarían a outra persoa se entran en contacto co seu nariz, os
seus ollos ou a súa boca. Parece pouco probable a transmisión polo aire a distancias maiores de
dous metros, aínda que se conta con opinións técnicas que sosteñen a posibilidade da súa
transmisión por aerosoles que permitirían que o virus permanecese por un tempo no aire.
Os síntomas máis comúns inclúen febre, tose e sensación de falta de aire. Nalgúns casos tamén
pode haber síntomas dixestivos como diarrea e dor abdominal. A maioría dos casos presentan
síntomas leves. En casos máis graves, a infección pode causar pneumonía, dificultade importante
para respirar, fallo renal e mesmo a morte. Os casos máis graves xeralmente ocorren en persoas de
idade avanzada ou que padecen algunha enfermidade crónica, como enfermidades do corazón, do
pulmón ou problemas de inmunidade.
3. MEDIDAS PREVENTIVAS ANTES DE ACUDIR AO TRABALLO
Non acudir ao traballo, chamar ao teléfono de atención á COVID-19 ou ao centro de atención
primaria e seguir as instrucións recibidas en caso de:
- Presentar sintomatoloxía relacionada co COVID-19.
- Ter estado en contacto estreito con algunha persoa con síntomas o diagnosticada de COVID-
19.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 4 de 31
En caso de ser vulnerable (persoas con enfermidade cardiovascular, incluída hipertensión,
enfermidade pulmonar crónica, diabetes, insuficiencia renal crónica, inmunodepresión, cancro en
fase de tratamento activo, enfermidade hepática crónica severa, obesidade mórbida IMC>40,
embarazo e maiores de 60 anos), contactar co Servizo de Vixilancia da Saúde por correo
electrónico (Lugo: [email protected] , Santiago: [email protected] ) ou de xeito
telefónico nos seguintes números: Santiago: 881 814520 (Extensións 14520 e 33331) Lugo: 982
822 444 (Extensións 22444 e 22446), por se procedese permanecer nunha situación de illamento
a efectos laborais.
En calquera destas situacións, o traballador/a deberá poñer en coñecemento do superior xerárquico
esta circunstancia coa maior brevidade posible, quen o comunicará a Xerencia ([email protected]
).
4. MEDIDAS PREVENTIVAS NO DESPRAZAMENTO AO TRABALLO
- Procurar utilizar as opcións de mobilidade que mellor garantan a distancia de 2 metros.
- Gardar a distancia de 2 metros andando pola rúa.
- Nos desprazamentos en coches poden viaxar tantas persoas como prazas teña o vehículo se
todas residen no mesmo domicilio e dúas persoas por cada fila de asentos cando non todas
convivan no mesmo domicilio. Sempre deberán gardar a máxima distancia posible entre
ocupantes e utilizar máscara.
- Nos desprazamentos en transporte público (autobús ou tren) gardar a máxima distancia posible
entre ocupantes e utilizar máscara.
- O uso de máscara é obrigatorio na vía pública sempre que non sexa posible manter unha
distancia de seguridade entre persoas de dous metros.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 5 de 31
5. RISCO POR EXPOSICIÓN Á COVID-19 NO TRABALLO
As medidas de prevención e protección que se recollen na presente Guía deben entenderse
referidas ao persoal que ten unha baixa probabilidade de exposición en tanto que non ten que
prestar atención directa ao público ou, se a ten, se produce a máis de dous metros de distancia, ou
dispón de medidas de protección colectiva que evitan o contacto, como anteparos de cristal ou
outras.
Deberá informarse ao Servizo de Prevención de Riscos, para realización de avaliación específica
para valoración e proposta de medidas de control, no caso de darse unha das seguintes condicións
de traballo:
- Exposición de risco: aquelas situacións laborais nas que se pode producir un contacto estreito
cun caso sospeitoso ou confirmado de infección polo SARS-CoV-2.
- Exposición de baixo risco: aquelas situacións laborais nas que teña lugar unha relación cun
caso sospeitoso, sen que teña lugar un contacto estreito.
Enténdese por “contacto estreito” cando se proporcionase coidados (persoal sanitario, por
exemplo) mentres o caso presentaba síntomas sen utilizar as medidas de protección adecuadas, ou
cando se convivise cun caso mentres presentaba síntomas a unha distancia menor de dous metros
durante un tempo de polo menos 15 minutos.
6. MEDIDAS XENÉRICAS DE PROTECCIÓN
- Sempre que sexa posible, fomentarase o traballo a distancia para aqueles traballadores/as que
poidan realizar a súa actividade desta forma.
- A regulación da volta ao traballo terá en consideración a conciliación da vida laboral e familiar,
sempre que sexa posible.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 6 de 31
- Manter a distancia de seguridade de dous metros. Cando non haxa total convencemento de
poder manter a distancia de seguridade disporase de máscara cirúrxica ou hixiénica para todas
as persoas que compartan espazo.
- Evitar o saúdo con contacto físico. Non dar a man.
- Lavado das mans con auga e xabón durante un mínimo de 40 segundos antes de entrar nos
lugares de traballo e ao saír.
- Lavado reiterado das mans despois de contacto con obxectos e superficies.
- Poderá utilizarse xel hidroalcohólico ou desinfectantes con actividade virucida autorizados e
rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
- Taparse a boca e o nariz cun pano dun só uso ou, no seu defecto, coa parte interior do cóbado,
ao tusir ou esbirrar. Os panos e resto de material dun só uso depositaranse na bolsa de lixo en
recipiente de apertura de pedal que se habilite a tal efecto.
- Minimizar o contacto das mans coa boca, ollos e nariz a menos que se lavaran previamente.
- Evitar compartir obxectos, materiais ou utensilios de traballo.
- Os utensilios e material a utilizar deben desinfectarse previamente.
- Evitar os desprazamentos entre edificios e centros de traballo e permanecer no lugar de
traballo.
- Reforzar as medidas de hixiene persoal en ambientes de traballo e en calquera escenario de
exposición.
7. CONDICIÓNS DOS CENTROS
a) Lugares de traballo e zonas comúns
- Ventilar diariamente as dependencias dos lugares de traballo. Ventilaranse centros e
dependencias a diario e por un tempo mínimo de 5 minutos. Evitar a recirculación do aire e
reforzar a limpeza dos filtros de aire.
- Limpeza e desinfección de lugares, instalacións e equipos de traballo.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 7 de 31
- Limpar con máis frecuencia e con especial atención as superficies de contacto frecuente.
Deberase quitar o po depositado nas mesas ou obxectos con auga e xabón e non con trapos
secos.
- Limpar a área de traballo utilizada por un traballador/a en cada cambio de quenda ou xornada.
- Empregaranse desinfectantes como dilucións de lixivia (1:50) ou calquera dos desinfectantes
con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade.
- Asegurarse de contar con reservas de material para a limpeza das instalacións: Xabón ou
deterxente normal, luvas de limpeza, lixivia e produtos habituais de limpeza.
- Asegurarse de que todos os traballadores/as dispoñan permanentemente de auga e xabón e xel
hidroalcohólico para a limpeza das mans.
- Contar con caixas de panos dun só uso nos lugares de traballo, en especial nos que exista atención
ao público.
- Para tirar o material dun só uso, colocar bolsas de lixo en recipientes protexidos con tapa e
accionados por pedal, que deberán limparse diariamente. No caso de que un traballador/a
presente síntomas no posto de traballo illarase o contedor onde depositara panos e outros
produtos dun só uso.
- O persoal que realice a recollida do lixo deberá utilizar luvas e pechar as bolsas de plástico
para depositalas no colector correspondente.
- Clausurar as fontes de auga. Cada traballador/a debe levar a súa propia botella de auga.
- Utilizar os ascensores de forma individual, optando preferentemente pola utilización das
escaleiras. Colocar carteis indicativos ao respecto en cada ascensor. As persoas que precisen
de asistencia poderán levar acompañante.
- Manter as portas abertas para diminuír a manipulación dos tiradores para apertura e peche,
sempre e cando non xere risco de roubos ou correntes de aire.
- Colocar os carteis sobre a COVID-19 en espazos comúns.
- Colocar dispensadores de xel hidroalcohólico á entrada de edificios.
b) Lugares de aseo
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 8 de 31
- Limpeza dos espazos, o máis meticulosa posible nos baños. Deberá reforzarse a limpeza e
desinfección se se trata de aseos públicos. A limpeza recomendase facela en húmido e sempre
que sexa posible non se deberá varrer senón aspirar.
- Asegurarse de contar con reservas de material para a limpeza das instalacións: Xabón ou
deterxente normal, luvas de limpeza, lixivia e produtos habituais de limpeza.
- Asegurarse de ter dispoñibilidade de material de hixiene persoal nos aseos: Dispensadores de
xabón para lavar as mans, panos dun só uso, papel hixiénico e cubos con tapa, apertura de
pedal e bolsas do lixo de plástico.
- Colocar carteis informativos sobre o lavado de mans en todos os baños.
- Os aseos serán de uso individual para espazos de ata catro metros cadrados, ademais do/a
acompañante no caso de persoas que precisen asistencia.
- En espazos de máis de catro metros cadrados, que conten con máis de unha cabina ou urinario,
a ocupación máxima será do cincuenta por cento do número de cabinas ou urinarios, debendo
manterse sempre a distancia de seguridade de dous metros.
- Adecuar a utilización dos aseos e organizar a circulación de persoas de forma que se garanta
sempre a distancia de seguridade de dous metros.
c) Vestiarios
- En caso de ser compatible coa actividade a realizar, estudiar a posibilidade de que,
provisionalmente, se pechen os vestiarios e o traballador/a acuda coa roupa de traballo desde
a casa.
- Adoptar medidas para garantir a distancia de seguridade de dous metros. De ser preciso, limitar
o aforo e establecer entradas e saídas graduais.
- No caso de que fora imprescindible utilizar duchas colectivas, deixar espazos libres de forma que
se garante a distancia de seguridade. En espazos superiores a catro metros cadrados e máis de unha
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 9 de 31
ducha, non habilitar en ningún caso máis do cincuenta por cento das duchas para a súa utilización.
Tamén se pode optar por entradas graduais en grupos reducidos para minimizar os contactos.
- Reforzar as medidas de limpeza.
- Non xuntar a roupa de traballo coa roupa persoal. Utilizar armarios diferenciados.
d) Máquinas expendedoras
- Colocar sinalización no chan, mediante cinta adhesiva ou similar, para asegurar respectar a
distancia de seguridade de dous metros cando sexa previsible que poida haber colas.
- Colocar dispensadores de xel hidroalcohólica e panos dun só uso.
- Colocar carteis que informen aos usuarios/as do uso correcto e do lavado/desinfección de mans
antes e despois de pulsar os botóns.
- Manter as condicións hixiénica das máquinas e asegurar a limpeza pormenorizada das
superficies de contacto habitual.
8. GARANTIR A DISTANCIA DE SEGURIDADE ENTRE PERSOAS
Reducirase ao máximo o número de traballadores/as presentes para garantir en todo momento a
distancia de seguridade de dous metros entre persoas.
Unha das medidas que pode contribuír a este obxectivo, e mesmo a resolver necesidades de
conciliación, sería a creación e modificación de quendas de traballo que eviten a posibilidade de
aglomeracións. Co mesmo obxectivo poderíanse axustar os horarios para evitar a coincidencia
masiva de persoas durante os momentos de máxima afluencia ou concentración.
En todo caso, cando o número de traballadores/as poida dificultar manter en todo momento a
distancia de seguridade (en lugares de traballo, zonas de paso, vías de circulación, zonas comúns,
etc.), adoptaranse as medidas organizativas que de seguido se relacionan.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 10 de 31
Das medidas concretas que se implanten en cada centro para garantir a distancia de seguridade de
dous metros, deberase informar aos traballadores/as e a outras persoas alleas ao centro que teñan
que acceder a el (usuarios/as, mantemento, empresas externas, etc.).
a) Lugares de traballo
- Calcular o aforo máximo para cada lugar de traballo, tendo en conta a súa superficie,
mobiliario, equipos de traballo, etc. Aparte do número de traballadores/as terase en conta a
posible afluencia de persoas alleas aos postos de traballo.
- No caso de postos de traballo estáticos (como oficinas), de ser preciso poderase acoutar e
sinalizar (cinta adhesiva ou similar) o espazo de traballo, garantindo a distancia de dous metros
entre traballadores/as e coas zonas de paso. De ser necesario, distribuír os espazos (mobiliario,
corredores, etc.) de forma que permitan garantir a distancia de seguridade de dous metros.
- Cando a actividade requira continuos desprazamentos (como tarefas de mantemento), cada
traballador/a terá asignadas zonas específicas, responsabilizándose de respectalas. Se a
situación o require, tamén poderán establecerse vías de circulación interiores, dentro da zona
de traballo, sinalizando os itinerarios a seguir de forma que se garante sempre a distancia de
seguridade entre as persoas presentes no lugar de traballo.
- Organizar a circulación por todo o lugar de traballo (zonas de paso) de xeito que se garante
sempre a distancia de seguridade entre persoas.
b) Zonas comúns
- Limitar o aforo das zonas de uso común (zonas de descanso, etc.) de acordo coas súas
dimensións, mobiliario, número de traballadores/as presentes e posible afluencia de persoas
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 11 de 31
alleas, de forma que se garante en todo momento a distancia de seguridade de dous metros
entre persoas.
- Os aseos de superficie de ata catro metros cadrados serán de uso individual. Poderán
empregarse sinais para indicar que esta zona está ocupada e que deberá agardarse quenda a
unha distancia que permita manterse a dous metros da persoa que saia. En aseos de dimensións
superiores, que conten con máis de unha cabina ou urinario, en ningún caso habilitar para a
súa utilización máis do cincuenta por cento das cabinas ou urinarios dispoñibles, garantindo
sempre a distancia de seguridade de dous metros.
- Utilizar os ascensores de forma individual, optando preferentemente pola utilización das
escaleiras. Colocar carteis indicativos ao respecto en cada ascensor. As persoas que precisen
de asistencia poderán levar acompañante.
c) Vías de circulación
- Organizar a circulación por todo o centro (corredores, zonas de paso, saídas, escaleiras, etc.)
de xeito que se garante sempre a distancia de seguridade de dous metros entre persoas.
- Nas vías de circulación, como corredores e escaleiras, sempre que o ancho permita a separación
mínima de dous metros, circular xunto á parede da dereita deixando o lado esquerdo para o
sentido contrario. No mesmo sentido circularase en fila india, non en paralelo, deixando a
distancia mínima de dous metros entre persoas. O sentido dos percorridos poderá sinalizarse
mediante cinta adhesiva ou similar.
- De ser preciso, establecer as vías de circulación sinalizando os itinerarios a seguir para acceso
e saída do centro e lugares de traballo, evitando cruce de persoas e garantindo en todo momento
a distancia de seguridade de dous metros.
- Se o local dispón dun único corredor e non ten ancho suficiente para garantir dúas filas
separadas por dous metros, regular a circulación de xeito que non cheguen a cruzarse dúas
persoas. Dependendo da configuración das vías de circulación, poderanse definir e sinalizar
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 12 de 31
percorridos de sentido único ou sinalizar que sentido de circulación ten preferencia para evitar
cruce de persoas.
- En caso de emerxencia, mantéñense as vías de evacuación establecidas nos plans de
autoprotección.
d) Utilización de barreiras físicas
- Como medida alternativa ás anteriores poderían utilizarse, caso de considerarse como máis
axeitada á situación, barreiras físicas, como anteparos de material transparente, resistente e
fácil de limpar e desinfectar.
- Puidese ser utilizable esta medida para separación de traballadores/as entre si, entre
traballadores/as e persoal alleo ao lugar de traballo ou en zonas de paso para separación de
sentidos de percorrido.
e) Acceso ao centro
- Cando sexa posible, utilizar portas de entrada e saída independentes, sinalizándoas
convenientemente de acordo co sentido dos percorridos.
- En todo caso, organizar a entrada e saída de centro e lugar de traballo de xeito que se impida
o cruce de persoas.
- No caso de que a afluencia de persoas así o requira, para evitar aglomeracións, establecer
horarios graduais de entrada e saída ao centro.
- De ser preciso, sinalizar no exterior as marcas necesarias para que as persoas que accedan ao
centro manteñan entre si a distancia de seguridade.
- A distancia de seguridade de dous metros deberá respectarse tamén no caso de acceso ás
instalacións de persoas alleas, como usuarios/as e subministradores, ou no caso de
concorrencia de actividades con persoal de empresas externas que realicen actividades nas
mesmas instalacións, como limpeza ou mantemento.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 13 de 31
- As saídas de emerxencia deberanse seguir utilizando para situacións de evacuación en caso de
emerxencia e manteranse libres de obstáculos.
Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo. Tendo en
consideración que o uso de máscara é obrigatorio na vía pública, en espazos ao aire libre e en
calquera espazo pechado de uso público, sempre que non sexa posible manter a distancia de
seguridade de dous metros, para acceder aos centros da USC esixirase levar máscara a toda persoa
allea ao centro.
9. MEDIDAS ESPECÍFICAS ADICIONAIS PARA DETERMINADAS ACTIVIDADES
a) Postos de administración
- Seguir dando prioridade ao traballo a distancia e facilitar as reunións por videoconferencia.
- Limitar ao máximo a circulación de documentos en papel.
- Non compartir obxectos nin materiais.
- Lavado/desinfección das mans despois da manipulación de calquera documento, obxecto ou
material recibido.
- Lavado/desinfección das mans antes e despois de utilizar luvas e máscaras.
- Desinfección das superficies e equipos cos que se tivese contacto, ao remate das actividades.
- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente ao inicio e ao fin das
actividades, antes e despois dos descansos e antes e despois do uso de obxectos.
- Dispoñer de dispensadores de xel hidroalcohólica.
- Utilizar caixas ou bandexas para que os usuarios/as depositen nelas os documentos evitando
así o contacto directo.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 14 de 31
- En función das actividades presenciais a realizar en cada centro, determinar: número
imprescindible de persoas que se debe incorporar ao traballo, despachos a utilizar e postos de
traballo a ocupar.
- De ser necesario, para diminuír o número de persoas presentes, establecer quendas e horarios
flexibles de xornada de traballo.
- De ser posible, cada despacho será ocupado por unha única persoa.
- No caso de que o número de traballadores/as presentes poida dificultar manter en todo
momento a distancia de seguridade de dous metros (en despachos, vías de circulación e/ou
espazos comúns), adoptaranse as medidas organizativas enumeradas no apartado 8 desta Guía.
- Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
b) Atención ao público
- A atención ao público realizarase, preferentemente, de forma telefónica ou telemática.
- De ser necesaria a atención presencial, de ser posible programarase establecendo unha atención
individualizada mediante sistema de citas previas. Neste caso adoptaranse as seguintes
medidas:
• Garantirase que a atención se realice gardando sempre a distancia de seguridade de
dous metros ou a separación do usuario/a mediante interposición de barreira física.
Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade
disporase de máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan
espazo.
• Non compartir obxectos ou materiais.
• Lavado e desinfección das mans despois da manipulación de calquera material
recibido.
• Limpeza e desinfección das mans e superficies de traballo despois de atención a cada
persoa citada.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 15 de 31
• Non tocar a cara antes de lavar e desinfectar as mans.
- Para os casos nos que non sexa posible a atención telefónica ou telemática nin a atención
individualizada mediante previa cita, teranse en conta as seguintes medidas:
• A atención ao público realizarase mediante portelo. A persoa ou persoas que atendan
ao público protexeranse, preferentemente, mediante colocación de anteparos de
metacrilato ou similares. No seu defecto, establecerase o sistema necesario para
garantir a distancia de seguridade de dous metros, por medio de sinalización horizontal
ou instalación de barreiras físicas de separación. Cando non haxa total convencemento
de poder manter a distancia de seguridade disporase de máscara cirúrxica ou hixiénica
para todas as persoas que compartan espazo.
• Non compartir obxectos ou materiais.
• Lavado e desinfección das mans despois da manipulación de calquera material recibido.
• Lavado e desinfección das mas e superficies de traballo despois de atención a cada
persoa.
• Non tocar a cara antes de lavar e desinfectar as mans.
• O aforo máximo do local onde se preste atención ao público deberá permitir cumprir
co requisito de distancia de seguridade de dous metros.
• De ser preciso, habilitaranse mecanismos de control de acceso nas entradas do local de
atención ao público, de xeito que se garante en todo momento a distancia de seguridade
de dous metros.
• De ser preciso, aplicaranse medidas para organizar as persoas que agarden no exterior
do local de atención ao público, debendo gardar todas elas a distancia de seguridade de
dous metros.
• Informarase ao público sobre as medidas organizativas e sobre a obriga de cooperar no
seu cumprimento.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 16 de 31
• De ser preciso, para cumprimento destas medidas, ademais da persoa ou persoas que
presten a atención ao público, contarase coa colaboración de persoal para informar e
ordenar a entrada, saída e espera dos usuarios/as.
Tendo en consideración que o uso de máscara é obrigatorio na vía pública, en espazos ao aire libre
e en calquera espazo pechado de uso público, sempre que non sexa posible manter a distancia de
seguridade de dous metros, para acceder aos centros da USC esixirase levar máscara a toda persoa
allea ao centro.
c) Servizo Universitario de Residencias
- Para atención ao público, ter en conta as recomendacións do apartado b) deste punto da
presente Guía.
- Os colexios maiores e as residencias universitarias distribuirán a todos/as os colexiais e
residentes información sobre o COBID-19 e as medidas hixiénicas a ter en conta.
- Os colexios maiores e residencias universitarias pecharán as salas de estudio e outras salas de
uso común que non sexan imprescindibles, como lavandería e algunha cociña.
d) Reunións
- Evitaranse as reunións presenciais, realizándose por videoconferencias.
- Se non fora posible evitar as reunións presenciais, adoptaranse as seguintes medidas:
• Garantir a distancia de seguridade de dous metros.
• Adaptar o aforo para cumprir coa separación de dous metros.
• Cumprir coa distancia de seguridade no acceso e saída á sala de reunións.
• Non compartir obxectos e materiais.
• A sala deberá estar ventilada, limpa e desinfectada con anterioridade á celebración da
reunión.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 17 de 31
• Ao finalizar a reunión procederase á limpeza e desinfección da sala.
• Colocar dispensadores de xel hidroalcohólico á entrada das salas de reunión.
• Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade
disporase de máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan
espazo.
e) Condución de vehículos
- Lavar as mans antes e despois de utilizar o vehículo.
- Os condutores/as que compartan o vehículo con outras persoas deberán levar máscara.
- Tamén levarán máscara o resto dos ocupantes. O vehículo estará provisto dalgunha máscara
por se algún usuario/a non dispuxese dela.
- O vehículo deberá estar provisto de dispensador de xel hidroalcohólico para hixiene das mans,
papel dun só uso e papeleira con bolsa de lixo.
- O vehículo deberá ser utilizado en condicións de limpeza e desinfección.
- Unha vez finalizada a limpeza, e despois de quitar a máscara e as luvas, lavar as mans con auga
e xabón.
- Poderán desprazarse dúas persoas por cada fila de asentos, sempre que utilicen máscara e
respecten a máxima distancia posible entre elas.
- Cando un vehículo sexa compartido por máis dun condutor, unha vez concluído cada servizo,
deberán desinfectarse todos os elementos de condución (volante, cambio de marchas, etc.) e
os picaportes das portas.
f) Bibliotecas
Actividades
- Non se utilizarán ordenadores e catálogos de uso público.
- Cerraranse ao público as coleccións de libre acceso.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 18 de 31
- Poderán realizarse actividades culturais, sempre que non se supere o cincuenta por cento do
aforo e se manteña a distancia de seguridade de dous metros entre os/as asistentes.
- Poderá permitirse a lectura en sala, sempre que non se supere o cincuenta por cento do aforo e
se manteña a distancia de seguridade de dous metros entre persoas.
Tratamento dos fondos
- Someter a corentena os fondos devoltos durante 14 días. Non se desinfectarán libros nin
publicacións en papel.
- Os fondos en corentena manteranse illados dos demais e separados de zonas de tránsito e de
traballo.
- Establecer un protocolo de recollida e manipulación de material devolto para garantir a
seguridade do persoal.
- Utilizar contedores específicos para recollida de fondos devoltos.
- Utilizar luvas de un só uso para a manipulación dos obxectos e proceder ao posterior
lavado/desinfección de mans despois de cada uso.
- Lavado e desinfección diaria da roupa de traballo, o lavado realizarase a temperatura de 60
grados centígrados.
- Se se utilizan carros para traslado de fondos, desinfectaranse unha vez remate o traslado.
Atención a usuarios/as
- Para atención ao público, ter en conta as recomendacións do apartado b) deste punto da
presente Guía.
- Reducir o aforo para garantir a distancia de seguridade, en todo caso non se superará o
cincuenta por cento do aforo ordinario.
- Colocar obstáculos que impidan o acceso de usuarios/as a zonas non habilitadas para a súa
circulación.
- Utilizar a vía telemática de forma preferente, mediante solicitudes que se atenderán por orde
de recepción.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 19 de 31
- O material solicitado estará preparado para recollida polo usuario/a no mostrador de préstamo.
- Os servizos presenciais solicitaranse mediante sistema de cita previa e serán atendidos por orde
de solicitude.
- Os usuarios/as respectarán en todo momento a distancia de seguridade. Poderá colocarse
sinalización no chan para marcar a distancia e dirixir aos usuarios/as aos postos de atención.
- Poñer a disposición dos usuarios/as dispensadores de xel hidroalcohólico, panos dun só uso e
papeleiras de apertura con pedal.
- Os usuarios/as non deben manipular o material exposto, a busca dos fondos realizaraa o propio
persoal da biblioteca.
- En caso de préstamo de portátiles o prazo de devolución será de un día. Procederase á súa
desinfección despois da devolución.
- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente ao inicio e ao fin das
actividades, antes e despois dos descansos e antes e despois do uso de equipos e materiais.
- Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
- Informar aos usuarios/as das medidas de prevención fronte á COVID-19 a respectar dentro das
instalacións e dos protocolos establecidos para prestación de servizos vía telemática.
g) Servizo de correo
- Utilizar luvas dun só uso para a manipulación dos obxectos e proceder ao lavado/desinfección
de mans despois de cada uso.
- Utilizar máscara na clasificación do correo para evitar contaminar os obxectos.
- Lavado/desinfección das mans despois da manipulación do correo.
- Ordenar o correo en recipientes separados para cada centro antes da súa distribución.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 20 de 31
- Dispoñer de xel hidroalcohólico para desinfección das mans.
- Lavado diario da roupa de traballo a unha temperatura de lavado de 60 grados centígrados.
- Igual sistemática de lavado de sacas portadoras de correspondencia. Como alternativa, en vez
de sacas poderán utilizarse caixas de cartón (para sometelas a un proceso de corentena, pode
utilizarse unha caixa para cada día da semana e centro).
- Cando se realice a carga/descarga de obxectos, depositaranse en lugares específicos sen entrar
en contacto con ningunha persoa ou mantendo unha distancia mínima de dous metros.
- Tanto na entrega e recollida de obxectos como noutras tarefas do posto de traballo, cando non
haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de máscara
cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
- En caso de ter que realizar tarefas que precisen da colaboración entre varias persoas, que impidan
manter a distancia de seguridade, deberán todas elas utilizar máscara cirúrxica ou hixiénica.
- Utilización de vehículos para traslado do correo
o Poderán desprazarse dúas persoas no vehículo utilizando máscara e respectando a
máxima distancia posible entre elas.
o Lavar as mans antes e despois da utilización do vehículo.
o O vehículo deberá estar provisto de dispensador de xel hidroalcohólico para hixiene
das mans, papel de un só uso e papeleira con bolsa de lixo.
o O vehículo deberá ser utilizado en condicións de limpeza e desinfección.
o Unha vez finalizada a limpeza, e despois de quitar a máscara e as luvas, lavar as mans
con auga e xabón.
o Cando un vehículo sexa utilizado por máis dun condutor, unha vez concluído cada
servizo, deberán desinfectarse todos os elementos de condución (volante, cambio de
marchas, etc.) e manillas das portas.
h) Conserxerías
- Serán de aplicación as normas de seguridade internas da USC para as tarefas de conserxería.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 21 de 31
- Polo que respecta á atención ao público, será de aplicación o contido no apartado b) deste punto
da Guía.
- Impedir a concentración de persoas nas proximidades e implantar as medidas para
cumprimento da distancia de seguridade de dous metros (punto 8 desta Guía).
- Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
- Para a carga/descarga de obxectos determinar lugares específicos para depositalos, para evitar
entrar en contacto con outras persoas e manter a distancia de seguridade.
- O mesmo se establecerá para o intercambio de documentación, podendo habilitar a tal efecto caixas
ou bandexas.
- En caso de ter que realizar tarefas que precisen da colaboración entre varias persoas, que impidan
manter a distancia de seguridade, deberan utilizar todas elas máscara cirúrxica ou hixiénica.
- Non compartir ferramentas, mobiliario, materiais ou obxectos.
- De existir material de uso común, desinfectalos antes e despois do seu uso.
- Utilizaranse luvas dun só uso para a manipulación dos obxectos e procederase ao
lavado/desinfección de mans despois de cada uso.
- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente ao inicio e ao fin das
actividades, antes e despois dos descansos e antes e despois do uso de equipos e ferramentas.
- Definir unha zona de espera para persoal de empresas externas, usuarios/as e visitas.
i) Actividades de mantemento (Infraestruturas)
- Serán de utilización os equipos de protección individual e as normas de seguridade internas da
USC correspondente a actividade realizada.
- Utilizaranse os aseos e vestiarios de acordo co establecido nos puntos correspondentes desta
Guía.
- Organizarase o traballo de forma que se poida manter a distancia de seguridade de dous metros.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 22 de 31
- Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
- As tarefas que deban realizarse en colaboración entre varias persoas, que impidan manter a
distancia de seguridade, deberán realizarse utilizando todas elas máscara cirúrxica ou hixiénica.
- Evitar compartir ferramentas e outros equipos de traballo.
- No caso do material de uso común, desinfectalo antes e despois do seu uso.
- Ao finalizar a actividade desinfectaranse todas as superficies e dispositivos susceptibles de ser
manipulados.
- Esta desinfección levarase a cabo entre quendas, ou cambio de usuario/a cando o uso de
ferramentas e equipos de traballo sexa compartido.
- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente ao inicio e ao fin das
actividades, antes e despois dos descansos e antes e despois do uso de equipos e ferramentas.
- Levar sempre xel desinfectante e panos dun só uso.
- Lavado diario da roupa de traballo, a temperatura de 60 grados centígrados.
- Cando se utilicen vehículos para traslado de persoas ou material, seguiranse as indicacións do
apartado e) do presente punto desta Guía.
j) Laboratorios
- Serán de utilización os equipos de protección individual correspondente a actividade realizada
e serán de obrigada observación as normas de seguridade para traballos en laboratorios da
USC.
- Non compartir material de laboratorio como pinzas, espátulas, ou outro material calquera.
- No caso de contar con material de uso común, desinfectalo antes e despois do seu uso.
- Desinfectar o material unha vez finalizado o seu uso.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 23 de 31
- En caso de ter que realizar tarefas que precisen da colaboración entre varias persoas, que impidan
manter a distancia de seguridade, deberán realizarse utilizando todas elas máscara cirúrxica ou
hixiénica.
- Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón, especialmente á entrada e saída do
laboratorio, antes e despois de poñer as luvas e as máscaras e antes e despois do uso de equipos
e ferramentas.
- Impedir o acceso ao interior do laboratorio ás persoas alleas ao mesmo.
- As mostras depositaranse en caixas habilitadas a tal efecto evitando contacto con usuarios/as.
- Lavar as mans antes e despois de manipular as mostras.
k) Actividades culturais
Agrúpanse no presente apartado as seguintes actividades: asistencia a actos e espectáculos
culturais, celebración de congresos, seminarios e conferencias e visitas a exposicións, museos,
monumentos e outros equipamentos culturais. En xeral, para calquera destas actividades
cumpriranse as seguintes medidas:
- Para a atención ao público teranse en conta as recomendacións do apartado b) deste punto da
presente Guía.
- Deberase expoñer ao público o aforo máximo permitido e este non superará o cincuenta por
cento do aforo ordinario.
- En todo momento manterase a distancia de seguridade de dous metros entre persoas.
- Evitar aglomeracións na entrada e saída e dentro do recinto.
- Ordenarase a circulación e os itinerarios de forma que se manteña sempre a distancia de
seguridade de dous metros.
- Poderase ordenar a entrada e a circulación das persoas sinalizando o chan con marcas para o
distanciamento.
- A apertura das portas realizarase coa antelación suficiente para permitir un acceso gradual.
Tamén se garantirá que a saída sexa gradual evitando o contacto entre persoas.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 24 de 31
- Non se poñerán a disposición dos usuarios/as guías, folletos, programas nin calquera outro
documento en papel.
- Non se prestarán servizos complementarios como o gardarroupa.
- Poñeranse a disposición dos usuarios/as, á entrada e á saída, dispensadores de xel
hidroalcohólico.
- Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
- Informarase aos usuarios/as sobre as medidas de prevención fronte á COVID-19 que deben
observar, moi especialmente as medidas de hixiene e a obriga de manter a distancia de
seguridade entre persoas. A tal efecto, poderanse colocar carteis ou utilizar a megafonía en
caso de contar con ela.
Para o caso específico de actos e espectáculos culturais:
- En espazos pechados, o número de asistentes non poderá ser superior a oitenta persoas. Todos
os/as asistentes deberán estar sentados e contar con asento previamente asignado.
- Ao aire libre, os/as asistentes non poderán superar o número de oitocentas persoas, que
permanecerán sentadas e gardando a distancia de seguridade.
- De ser o caso, inhabilitaranse as butacas que non cumpran coa distancia de seguridade e
evitarase, na medida do posible, o paso de persoas entre filas para respectar a distancia de
seguridade.
Para o caso específico de congresos, seminarios e conferencias:
- Fomentarase a participación non presencial das persoas que poidan prestar a súa actividade a
distancia.
- En ningún caso se superará a cifra de oitenta asistentes.
Para o caso específico de visitas a museos:
- Poderán acoller visitas e realizar actividades culturais ou didácticas.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 25 de 31
- Promoveranse as actividades que eviten a proximidade física entre os/as participantes e, cando
sexa posible, habilitaranse canles de participación non presencial (retransmisións en directo,
gravacións dixitais).
- Pódense permitir visitas de grupos de ata un máximo de vinte persoas.
- Non se fará uso táctil de ningún elemento presente no recinto.
Para o caso específico de visitas a monumentos e outros equipamentos culturais
- Pódense permitir visitas de grupos de ata un máximo de vinte persoas.
- En ningún caso se poderán realizar outras actividades culturais distintas das visitas.
l) Actividades deportivas
- Para a atención ao público teranse en conta as recomendacións do apartado b) deste punto da
presente Guía.
- As tarefas que deban realizarse en colaboración entre varios traballadores/as, que impidan manter
a distancia de seguridade, deberán realizarse utilizando todos/as eles máscara cirúrxica ou
hixiénica
- Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade disporase de
máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
- As actividades deportivas desenvolveranse cumprindo estritamente as medidas de prevención
establecidas fronte á COVID-19, moi especialmente as relativas á hixiene e á obriga de manter
a distancia de seguridade de dous metros entre persoas.
- Ordenarase o acceso ás instalacións, saídas e circulación interior de forma que se manteña a
distancia de seguridade de dous metros.
- Poderanse utilizar os vestiarios e zonas de duchas, de acordo co establecido no apartado 7c)
desta Guía.
- Poderanse realizar actividades deportivas en grupos de ata vinte persoas, gardando sempre a
distancia de seguridade.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 26 de 31
- Os usuarios/as non poderán compartir ningún material de uso individual.
- Limparase e desinfectarase o material de uso común que fose utilizado.
- Non se realizarán actividades deportivas que impliquen contacto físico.
- Respectarase o límite do cincuenta por cento de capacidade de aforo da instalación, tanto polo
que se refire ao acceso como á práctica deportiva.
- Poñeranse a disposición dos usuarios/as dispensadores de xel hidroalcohólico, panos dun só
uso e papeleiras de apertura con pedal.
- Informarase aos usuarios/as, mediante carteis, sobre as medidas de prevención fronte á
COVID-19 que deben observar.
Medidas adicionais para utilización da piscina:
- Requirirase cita previa para acceso, determinando horarios e tempo máximo de permanencia.
- Antes da posta en funcionamento procederase á limpeza e desinfección das instalacións.
- Unha vez posta en funcionamento, a limpeza e desinfección das instalacións será diaria e tres
veces ao día as superficies de contacto frecuente coas mans dos usuarios/as.
- Tamén se limparán e desinfectarán os equipos e materiais que poidan entrar en contacto cos
usuarios/as: vaso, liñas de separación, etc.
- Asegurarase que as instalacións e a auga do vaso estean libres de microorganismos patóxenos.
- Non se poderán usar as duchas dos vestiarios.
10. COORDINACIÓN DE ACTIVIDADES EMPRESARIAIS
En relación con empresas externas que realicen actividade en centros e instalacións da USC:
- Deberá eliminarse, na medida do posible, a presenza de provedores, visitas e outras persoas non
imprescindibles para o mantemento da actividade.
- Asegurar o intercambio coas empresas externas de información das normas de prevención e
incidencias en relación coa COVID-19.
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 27 de 31
- Asegurar que as empresas externas coñezan as normas da USC para os centros de traballo nos que
realicen a súa actividade.
- Ter en conta a presenza de persoal de empresas externas en centros da USC para a aplicación das
medidas para asegurar a distancia de seguridade de dous metros. Esta mesma consideración se terá
en conta no caso dos usuarios/as.
No caso de que persoal da USC realice actividades laborais en empresas externas:
- Os lugares de traballo aos que se despracen deberán contar coas condición hixiénicas e de
distanciamento entre persoas requiridas para evitar a propagación da COVID-19.
- No caso de que a empresa externa non as proporcionara de antemán, deberán requirírselle as
normas coas que conte para control da propagación da COVID-19.
- De ser preciso, dadas as característica do traballo e do desprazamento, deberase proporcionar aos
traballadores/as que se despracen material desinfectante.
- Igualmente deberase proporcionar aos traballadores/as que se despracen os equipos de protección
(máscaras e luvas de protección) que precisen.
- Os traballadores/as da USC que realicen actividades en empresas externas terán acceso ás
actividades formativas que se impartan en relación coa COVID-19.
- Aos traballadores/as da USC que de despracen proporcionaránselle as normas de protección fronte
á COVID-19.
11. EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL
De forma xeral, sendo de aplicación esta Guía en postos de traballo de baixa probabilidade de
exposición, Cando non haxa total convencemento de poder manter a distancia de seguridade
disporase de máscara cirúrxica ou hixiénica para todas as persoas que compartan espazo.
Procedería o uso de máscara FFP2 ou FFP3 UNE-EN149, sen válvula de exhalación, naquelas
actividades nas que, ademais de existir a posibilidade de non manter en todo momento a distancia
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 28 de 31
de seguridade, puidese darse a circunstancia de concorrer con outras persoas desprovistas de
equipos de protección respiratoria.
No caso de postos de traballo que, en relación coa COVID-19, se consideren de exposición de
risco ou de exposición de baixo risco, as avaliacións de riscos específicas que se realicen
determinarán os equipos de protección individual a utilizar.
Se as actividades realizadas poidan xerar bioaerosoles en concentracións elevadas, utilizaranse
máscara FFP2 ou FFP3 UNE-EN149 sen válvula de exhalación.
Se así o determinara a valoración do Servizo de Vixilancia da Saúde, para protección do persoal
especialmente sensible facilitarase protección respiratoria FFP2 UNE-EN149 sen válvula de
exhalación e luvas de protección UNE-EN ISO374.5.
Para evitar contaxios, os casos posibles, probables ou confirmados de COVID-19 deben levar,
preferentemente, máscara cirúrxica (UNE-EN 14683:2019+AC:2019).
No caso de uso de máscara deben seguirse as seguintes pautas:
- Antes de poñela, lavar as mans con auga e xabón ou desinfectante de base alcohólica.
- Cubrir a boca e a nariz asegurándose de que non haxa espazos entre a cara e a máscara.
- Evitar tocar a máscara mentres se usa.
- Quitala por detrás, sen tocar a parte dianteira.
- Depositala nos contedores habilitados para recollida de material dun só uso.
- Despois de tirala, lavar as mans con auga e xabón ou desinfectante de base alcohólica.
- Se fose de máis de un uso, limpala e desinfectala seguindo as recomendacións do fabricante
No caso de uso de luvas de protección debe terse en consideración:
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 29 de 31
- Despois de cada utilización deben quitarse, evitando tocar a súa parte externa e depositarse no
contedor habilitado para material dun só uso.
- Mentres se estean utilizando hai que ser conscientes de que, aínda que nos protexan a pel das mans,
podemos estar trasladando igualmente a contaminación desde as superficies posiblemente
contaminadas a outras ás que toquemos coas luvas.
- Se se utilizan as luvas durante tempo prolongado, realizando distintas tarefas e tocando distintos
obxectos e superficies, habería que lavar as mans como se non se levaran luvas.
- Hai que lavar/desinfectar as mans despois de desbotar as luvas.
12. PERSOAL ESPECIALMENTE SENSIBLE
Considéranse persoas vulnerables (especialmente sensibles a efectos de prevención de riscos
laborais) aquelas con enfermidade cardiovascular, incluída hipertensión, enfermidade pulmonar
crónica, diabetes, insuficiencia renal crónica, inmunodepresión, cancro en fase de tratamento
activo, enfermidade hepática crónica severa, obesidade mórbida IMC>40, embarazo e maiores de
60 anos. O traballador/a que pertenza a un deses colectivos deberá poñerse en contacto co Servizo
de Vixilancia da Saúde por correo electrónico (Lugo: [email protected] , Santiago:
angeles.tallon@usc ) ou de xeito telefónico nos seguintes números: Santiago: 881 814520
(Extensións 14520 e 33331) Lugo: 982 822 444 (Extensións 22444 e 22446).
Estas persoas poderán estar activas se están controladas as súas condicións clínicas e coas debidas
medidas de protección, correspondendo ao Servizo de Vixilancia da Saúde avaliar a presenza de
persoal da USC especialmente sensible en relación coa infección por SARS-CoV-2, establecer a
natureza de especial sensibilidade e emitir informe sobre as medidas de prevención, adaptación e
protección, tendo en conta a existencia ou inexistencia de condicións que permitan realizar o
traballo sen elevar o risco propio da condición de saúde do traballador/a.
13. ACTUACIÓN EN CASO DE QUE UN TRABALLADOR/A PRESENTE SÍNTOMAS
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 30 de 31
Se alguén do centro presenta síntomas como febre, tose e dificultade respiratoria, chamar ao 061
ou ao 900 400 116, seguir as instrucións das autoridades sanitarias e notificalo á USC a través do
correo electrónico [email protected] . COVID-19 é unha enfermidade que se debe declarar
obrigatoriamente ás autoridades sanitarias. Se se ten algunha dúbida ou sospeita pódese consultar
a información facilitada polo servizo de saúde: https://coronavirus.sergas.es/
Cando un traballador/a empece a presentar síntomas deberá comunicalo de forma inmediata ao seu
superior/a. Á persoa afectada colocaráselle máscara cirúrxica e situarase nunha zona illada. As demais
persoas presentes no lugar de traballo tamén utilizarán protección respiratoria. Unha vez evacuada a
persoa sintomática procederase á limpeza da súa zona de traballo: superficies, máquinas, ferramentas,
obxectos ou dispositivos.
O Servizo de Vixilancia da Saúde será o encargado de establecer os mecanismos para a detección
investigación e seguimento dos casos e contactos estreitos, no ámbito das súas competencias, de
forma coordinada coas autoridades de saúde pública
14. AO SAÍR DO TRABALLO
- Gardar as distancias de seguridade na volta aos domicilios.
- Gardar as distancias e as medidas de prevención de contaxios e hixiene na súa casa, sobre todo
se conviven con persoas vulnerables.
15. MÁIS INFORMACIÓN SOBRE A COVID-19
Pode accederse á información dos ministerios de Educación e de Sanidade, da Consellería de
Sanidade, dos organismos internacionais de relevancia contrastada como a Organización Mundial
SERVIZO DE PREVENCIÓN DE RISCOS
Xerencia
GUIA DE ACTUACIÓN FRONTE AO CORONAVIRUS COVID-19 PARA CENTROS E
PERSOAL DA USC CON TRABALLO PRESENCIAL
Edición: 10
Data: 08/06/20
Páxina 31 de 31
da Saúde, dos centros de control e prevención de enfermidades e outros: Información sobre o
COVID-19 .