GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os...

17
1 Grao en Mestra/Mestre de Educación Infantil Ano académico 2016-17 PRÁCTICUM III. Procesos de mellora de aula e centro Código: G3131421 Módulo de Prácticum e Traballo Fin de Grao - 4º curso, 1º semestre - 12 créditos ECTS GUÍA DOCENTE Profesorado supervisor Virginia Aznar Cuadrado Beatriz Crujeiras Pérez Isabel Fernández López María Ángeles López de la Calle Javier López Quintáns Montse Pena Presas

Transcript of GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os...

Page 1: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

1

Grao en Mestra/Mestre de Educación Infantil Ano académico 2016-17

PRÁCTICUM III. Procesos de mellora de aula e centro Código: G3131421

Módulo de Prácticum e Traballo Fin de Grao - 4º curso, 1º semestre - 12 créditos ECTS

GUÍA DOCENTE

Profesorado supervisor Virginia Aznar Cuadrado

Beatriz Crujeiras Pérez Isabel Fernández López

María Ángeles López de la Calle Javier López Quintáns

Montse Pena Presas

Page 2: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

2

Page 3: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

3

1.DATOS DESCRITIVOS DA MATERIA Módulo ao que pertence: Prácticas Escolares e Traballo Fin de Grao. Créditos ECTS: 12 (20 horas na Facultade, 175 nos centros de prácticas e 105 de traballo autónomo). Prerrequisitos: para cursar esta materia é preciso ter superados cando menos 48 créditos do terceiro curso do Grao en Mestra/Mestre en Educación Infantil, entre os que se inclúe necesariamente os do Prácticum II. Profesorado: Virginia Aznar Cuadrado, [email protected], 982 821 027

Beatriz Crujeiras Pérez, [email protected], 982 821 068 Isabel Fernández López, [email protected], 982 821 036 María Ángeles López de la Calle, [email protected], 982 821 018 Javier López Quintáns, [email protected], 982 821 028 Montse Pena Presas, [email protected], 982 821 035

2. SENTIDO DA MATERIA NO PLAN DE ESTUDOS

Segundo o plan de estudos do Grao en Mestra ou Mestre en Educación Infantil a materia de Prácticum III sitúase no 1º semestre do 4º curso. Está orientada cara ao labor docente na etapa de Educación Infantil, concretamente nos proxectos e prácticas que se levan a cabo no centro escolar e no coñecemento das características do seu contexto. Con este último prácticum trátase de enfatizar o perfil de mestre innovador, reflexivo e investigador, engadindo ao traballo nos períodos anteriores elementos de mellora de proxectos de centro e aula en procesos de investigación-acción. Esta materia pretende, ademais, ser un nexo vertebrador entre a formación xa acadada polo alumnado do Grao, a través de materias cursadas ao longo dos tres primeiros cursos da titulación, coa realidade docente nas aulas de educación infantil. Malia que o nexo cos contidos traballados durante eses cursos da carreira (habilidades e coñecementos adquiridos) iranse poñendo en valor no transcurso do Prácticum III –tanto no devagar das xornadas de formación como nas de permanencia nos centros escolares– ofrecemos a continuación unha visión parcelada por módulos. Véxamos:

- Algunhas materias pertencen ao módulo de formación básica e orientáronse cara á análise das características da sociedade actual, o seu impacto na educación e o sentido desta; a necesaria asunción do especial papel da mestra e o mestre de educación infantil nesa sociedade que cada vez esixe máis e mellores educadoras/es; a promoción de competencias relacionadas coa identificación das características e necesidades do alumnado de educación infantil, e a comprensión das características e dinámicas do contexto escolar: “Psicoloxía do desenvolvemento (0-3 anos)”, “Psicoloxía do desenvolvemento (3-6 anos)”, “Psicoloxía da educación”, “Proxectos e innovación na aula”, “Dificultades na aprendizaxe e trastornos do desenvolvemento”, “Escola inclusiva e necesidades educativas especiais”, “Socioloxía da Educación”, “Infancia, familia e escola”, “Infancia, saúde e alimentación”, “Didáctica e profesión

Page 4: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

4

docente”, “Deseño e desenvolvemento curricular”, “Organización e xestión de aula”, “Observación e análise: suxeitos e procesos educativos”, “Observación e análise: escola e contexto”, “Teorías e institución contemporáneas en educación infantil”, “Organización e xestión do centro escolar”, “Procesos de mellora e uso das TIC”.

- Os estudantes tamén cursaron materias do módulo didáctico-disciplinar, que centran a súa atención en aspectos especificamente curriculares e están orientadas cara ao coñecemento do curriculum da educación infantil e o desenvolvemento de estratexias de traballo: “Aprendizaxe da matemática”, “Aprendizaxe da lingua oral”, “Iniciación á lectura e á escritura”, “Aprendizaxe de linguas en contextos multilingües”, “Literatura infantil e dramatización”, “Educación visual e plástica: procesos e contextos artísticos”, “Música na educación infantil”, “Motricidade infantil”.

3. COMPETENCIAS Con independencia de que esta materia debe contribuír, en maior ou menor medida, ao desenvolvemento de todas as competencias asociadas á titulación, algunhas posúen unha especial relevancia para este Prácticum III, estas son as que se citan a continuación: 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto

familiar, social e escolar. G2. Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, dende unha perspectiva

globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.

G3. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.

G4. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.

G5. Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.

G6. Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.

G7. Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.

G8. Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.

G9. Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.

Page 5: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

5

G10. Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.

G11. Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos estudantes.

G12. Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.

3.2. Competencias específicas (especialmente E62, E63 e E64): E59. Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión desta . E60. Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como

dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.

E61. Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro. E62. Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión desta. E63. Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando

dende a práctica. E64. Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan

establecer nun centro. E65. Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 0-3

anos e de 3-6 anos. E66. Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e do

ámbito social. 3.3. Competencias básicas: B1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de

estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.

B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.

B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.

B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.

B5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

3.4. Competencias transversais: T1. Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.

Page 6: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

6

T2. Coñecemento instrumental da lingua galega. T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación. T4. Competencia informacional.

4. OBXECTIVOS Neste último practicum trátase de resaltar o perfil de mestre innovador, reflexivo e investigador, engadindo ao traballo nos períodos anteriores elementos de mellora de proxectos de centro e aula en procesos de investigación-acción. O sentido xeral deste practicum é, polo tanto, centrarse nos procesos de mellora de aula e centro. 4.1. Obxectivos conceptuais (“saber”): - Coñecer o marco normativo do centro escolar e a interacción co seu contexto. - Coñecer o currículo de Educación Infantil, en particular daquelas áreas sobre as que se

traballe especificamente durante o período de prácticas. - Coñecer as características do alumnado, as súas singularidades, os seus intereses e as súas

necesidades educativas. - Coñecer as posibilidades e limitacións dos materiais e recursos susceptibles dun emprego

innovador nas aulas de educación infantil. - Coñecer pautas para a o deseño, o desenvolvemento e avaliación de proxectos novidosos

de centro e de aula. 4.2. Obxectivos procedimentais (“saber facer”): - Analizar os documentos que emprega o centro para a súa organización e xestión, a

participación das familias, e outros aspectos do seu funcionamento. - Analizar os documentos impresos que emprega a docente para a planificación e o

desenvolvemento das súas tarefas na aula: libros de texto, unidades didácticas, proxectos, adaptacións curriculares, fichas, etc.

- Analizar o uso das TIC e recursos electrónicos na aula de Educación Infantil. - Analizar a utilización doutros recursos e actividades no centro e fóra del: conmemoracións,

visitas, excursións, etc. - Deseñar, desenvolver e avaliar proxectos novidosos de centro e de aula. - Adquirir e empregar estratexias para a resolución de conflitos nas aulas. 4.3. Obxectivos actitudinais (“saber ser”): - Cooperar co titor/a naquelas propostas novidosas que sexan de interese para o alumnado

da aula. - Crear un clima de confianza co titor/a correspondente que permita un bo traballo en

equipo e contribúa á construción dun adecuado clima de aula. - Valorar e asumir a responsabilidade que, como docentes en prácticas, van adquirindo na

súa relación co alumnado, o profesorado, as familias e aqueles outros axentes que interveñan no centro educativo.

- Esforzarse por adquirir e potenciar algunhas das características que son necesarias para desenvolver adecuadamente a función docente: autocontrol, paciencia, interese, actitude reflexiva e crítica, curiosidade intelectual e desexos de innovación e mellora.

Page 7: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

7

- Amosar valores e actitudes de compromiso coa defensa da democracia e os dereitos humanos, de forma que se traduzan en comportamentos apropiados cara ao alumnado, o profesorado do centro e os restantes membros da comunidade educativa.

5. CONTIDOS En consideración da orientación específica deste Prácticum III, os contidos de traballo intentarán cubrir dúas dimensións relacionadas entre si, dentro dun proceso de aprendizaxe da ensinanza: por unha banda, o centro escolar e o seu contexto (marcos normativos cando sexa o caso); por outra, a aula, cos proxectos e a acción docente que se desenvolven nela (tempos, espazos, actividades e recursos, xestión das relacións). En virtude deste propósito, e a partir dos obxectivos sinalados, os contidos que se pretenden tratar son os seguintes: Procesos de innovación e mellora na aula - Práctica cotidiana e innovación e mellora dos procesos de ensinanza-aprendizaxe nas aulas

de Educación Infantil. - Investigación-acción, diarios e outras estratexias de investigación do profesorado. - Dificultades de ensinanza-aprendizaxe de contidos procedimentais, actitudinais e

conceptuais de diferentes áreas de Educación Infantil, desenvolvemento de competencias básicas e proxectos de mellora.

- A mellora da convivencia nas aulas de Educación Infantil. Procesos de innovación e mellora no centro - Proxectos de mellora do centro e colaboración co profesorado. - Participación e guía en procesos de mellora no centro. - Mellora do centro, clima, cultura, compromiso da comunidade educativa, colaboración co

territorio e proxectos comunitarios. - Condicionantes, problemas e resistencias en procesos de innovación no centro. - Calidade e escolas de Educación Infantil. Proceso de ‘aprendizaxe da ensinanza’ - Socialización profesional de futuros profesores e procesos de mellora de aula e centro. - As relacións aprendiz-titor, aprendiz-profesorado do centro, aprendiz-alumnado e outros

membros da comunidade e do contexto do centro en procesos de innovación e mellora. - A influencia da biografía, do coñecemento académico e das experiencias prácticas, nas

teorías persoais, as expectativas sociais e afectivas, na interpretación da realidade observada e nas accións de mellora emprendidas a nivel de aula e centro.

- Condicionantes, evolución e valoración da experiencia vivida nas escolas de Educación Infantil.

- Proxecto de mellora da competencia docente.

6. ACTIVIDADES PRESENCIAIS 6.1. Fase organizativa

Page 8: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

8

Previamente a outras fases desenvolverase a fase organizativa. Será responsabilidade da coordinación xeral do Prácticum e nela o alumnado recibirá información sobre:

· O calendario do Prácticum. · Os centros educativos ofertados dende a Facultade. · A posibilidade de escoller para a estadía un centro fóra de Lugo. · Os pasos a seguir no caso citado anteriormente: ficha de solicitude de centro e datas

de devolución da mesma –debidamente cumprimentada–. · Posteriormente, previa comunicación vía correo electrónico, terá lugar unha reunión

para a elección de centro entre o alumnado que ten intención de desenvolver a fase de estadía nalgúns dos centros ofertados pola Facultade.

· A continuación, dende a coordinación xeral do Prácticum comunicarase, mediante información no taboleiro do curso, o centro e a supervisión correspondente a cada alumna e alumno.

· Paralelamente será enviada unha carta a cada centro educativo na que se informará dos datos do alumnado que desenvolverá a fase de estadía nel. Isto facilitará a organización do propio centro e legalizará o desenvolvemento da fase de estadía do alumnado notificado.

· Finalmente terá unha reunión na que se comunicará ao alumnado as normas básicas de actuación durante a fase de estadía nos centros educativos.

Baixo ningunha circunstancia o alumnado poderá iniciar a fase de estadía nun centro sen que este teña recibido a notificación pertinente por parte da coordinación xeral do Prácticum. Incumprir esta norma suporá o cese inmediato do desenvolvemento desta fase e a non superación da mesma por parte da alumna ou alumno implicado. 6.2. Fase de preparación Tanto esta fase como a de seguimento e a de reflexión levaranse a cabo baixo a responsabilidade do profesorado supervisor do centro universitario. Desenvolverase a través do traballo presencial e autónomo do alumnado. Estará destinada a ofrecer as pautas pertinentes para que o alumnado afronte a estadía no centro educativo correspondente. Proporcionaranse instrumentos, orientacións e información detallada para continuar desenvolvendo as competencias adquiridas no Prácticum I e II, así como para achegarse a procesos de innovación e mellora de aula e centro. Desenvolverase os xoves 15 e 22 de setembro. 6.3. Fase de permanencia nos centros de prácticas A estadía no centro de prácticas en horario escolar –cada quen en función do propio do seu colexio ou escola infantil– realizarase dende o luns 26 de setembro ao venres 11 de novembro. ACTIVIDADES QUE O ALUMNADO TEN QUE LEVAR A CABO DURANTE ESTA FASE As actividades durante esta fase permitirán afondar nos aspectos xa abordados en Prácticum I e II. O alumnado universitario iniciará a súa estadía cunhas xornadas de observación e adaptación para o coñecemento do centro e da aula e das características que a fan única. Deberá implicarse progresivamente nas diversas responsabilidades que esixe a titoría da aula, intervindo con disposición, traballo previo, reflexión, comunicación e seguridade,

Page 9: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

9

naquelas accións e actividades que o titor/a lle vaia confiando de tal xeito que nas últimas semanas sexa capaz de asumir con total autonomía e responsabilidade a dirección das actividades que se desenvolvan na aula ou no centro. Ten a obriga de participar e intervir activamente nas dinámincas da aula. Durante a súa estancia debe deseñar algún proxecto, unidade didáctica, obradoiro ou calquera outra actividade, tendo que contar coa aprobación do titor/a para poder levala a cabo na aula. Dado que con este prácticum se pretende enfatizar o perfil de mestre innovador, reflexivo e investigador é imprescindible que o alumnado leve a cabo as seguintes tarefas:

(a) Interesarse por calquera proceso de innovación, mellora ou investigación que se desenvolva no centro ou na aula.

(b) Reflexionar sobre a realidade atopada e sobre posibles propostas de mellora. (c) Analizar e reflexionar sobre todas as actividades levadas a cabo como docente en

prácticas. A este respecto, é imprescindible que o alumnado inclúa no informe final unha presentación dos pasos seguidos neste proceso de autoavaliación, así como unha proposta de cambio, mellora ou innovación.

6.4. Fase de seguimento O profesorado supervisor do centro universitario realizará o seguimento e apoio en relación co proceso de aprendizaxe do ensino. Estas funcións levaranse a cabo a través de actividades de grupo mediano ou de titorías individualizadas, segundo o que aquel/a determine, pero adecuándose ás necesidades do estudantado durante esta fase. Os produtos deste proceso deberán quedar reflectidos no documento final do alumnado, xa que a través do proceso de reflexión-acción que esixen, constrúese unha importante parte da estratexia de ensino-aprendizaxe desta materia. Cada profesorado supervisor poderá determinar co seu alumnado un día para desenvolver este seguimento. 6.5. Fase de reflexión a) Sesións co supervisor/a correspondente. Terán lugar na aula asignada á supervisor/a correspondente. As aulas manteranse ao longo de todas as sesións presenciais na facultade. Estas sesións empregaranse para facer unha posta en común das experiencias desenvolvidas e unha análise do que se aprendeu, cuestionou ou cambiou durante as fases anteriores. Tamén pode ter lugar un tempo para a autoavaliación, se o supervisor/a o considera oportuno. Como orientación para levar a cabo esa análise, suxírese analizar e expoñer todo aquilo que se adquiriu durante o Prácticum III: - O que aprendín (que sei agora que non sabía ao comezar as prácticas). - O que aprendín a facer (que habilidades e destrezas novas adquirín). - As crenzas, actitudes e/ou valores que me cuestionei, reafirmei, cambiei ou adquirín. As aulas asignadas a cada supervisor son as seguintes: Virginia Aznar Cuadrado, aula 22 Beatriz Crujeiras Pérez, aula 27 Isabel Fernández López, aula 21 María Ángeles López de la Calle, aula de música Javier López Quintáns, aula 21 Montse Pena Presas, aula 21

Page 10: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

10

b) Sesións con actividades complementarias/conxuntas. Ao longo do semestre, a coordinación xeral do Prácticum e/ou o profesorado da materia organizarán diversas actividades de formación relacionadas coa práctica profesional na Educación Infantil/Primaria; serán actividades complementarias, desenvolvidas en gran grupo, que se anunciarán no seu momento. O alumnado deberá asistir obrigatoriamente a estas actividades, e da mesma maneira deberá elaborar unha reflexión por escrito de cada unha delas, que figurará no informe final. É imprescindible que a alumna ou alumno que pretenda concorrer á cualificación de matrícula de honra teña realizada esta reflexión sobre as actividades conxuntas. Calendario das distintas fases - FASE DE ORGANIZACIÓN. Dende a coordinación xeral do Prácticum convocarase ao alumnado ao longo da primeira quincena de setembro. - FASE DE PREPARACIÓN. Sesión co profesorado supervisor fixada para os xoves 15 e 22 de setembro de 15:30 a 17:30 horas. - FASE DE SEGUIMENTO. O profesorado supervisor ofrecerá as indicacións oportunas para o desenvolvemento desta fase. - FASE DE ESTADÍA NO CENTRO. A estadía desenvolverase dende o luns 26 de setembro ao venres 11 de novembro debendo o alumando respectar o horario do centro no que realiza as prácticas. - FASE DE REFLEXIÓN. Sesións co profesorado supervisor fixadas para os xoves 17 e 24 de novembro e os xoves 1 e 15 de decembro de 15.30 a 17.30 h. NOTA: As datas fixadas para as sesións en calquera das fases citadas poderán modificarse debido a posibles incompatibilidades horarias do profesorado supervisor.

7. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS Todo o alumnado deberá elaborar e presentar un informe final do Prácticum III que adoptará o formato de portafolio. Nel o alumnado recollerá as aprendizaxes que vaia acadando e todos os documentos sobre os traballos que vaia elaborando para a materia. Este informe escribirase cunha tipografía Times New Roman ou similar, tamaño 12 e interlineado sinxelo. Así mesmo, a presentación do traballo manterá uns indicadores de calidade lingüística mínimos, baseados nas aprendizaxes sobre a competencia comunicativa escrita que o alumnado acadou no curso de formación recibido. O informe final da materia en ningún caso excederá as 50 páxinas de corpo de texto. Nesta cifra non se inclúen as actividades opcionais nin os anexos que sexan necesarios. Cada supervisor e supervisora concretará co seu alumnado o lugar e a hora de entrega. Actividade opcional para o alumnado: lectura e comentario reflexivo do libro de José I. Alonso, Andrés Escarbajal e Rosa Nortes (eds.), Experiencias de innovación en Educación Infantil y Educación Primaria (Murcia, Universidad de Murcia, 2012). O alumnado que realice

Page 11: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

11

esta lectura e queira que lle sexa valorada, presentará un traballo seguindo os criterios da ficha que presenta no Anexo 1 desta guía. É imprescindible que a alumna ou alumno que pretenda concorrer á cualificación de matrícula de honra teña realizada a actividade opcional. No tempo de titorías farase un seguimento pormenorizado do portafolios ou informe final de Prácticum, aclararanse dúbidas e guiarase ao alumnado en todas aquelas cuestións, referidas á materia, que precise. O horario de titorías constará xunto á porta do propio despacho de cada profesor e na páxina web da USC. 8. REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS 8.1. Bibliografía xeral ARENAS, Gloria (coord.) (1999): El crisol de la participación. Investigación sobre la

participación en consejos escolares de centro. Málaga: Aljibe. ARNAIZ, Pere & Sofía ISÚS (1997): La tutoría, organización y tareas. Barcelona: Graó. CELA, Jaume & Juli PALOU (2005): Carta a los nuevos maestros. Barcelona: Paidós. DÍEZ, Carmen (1999): Un diario de clase no del todo pedagógico. Madrid: Eds. de la Torre. FERRY, Gilles (1991). El trayecto de la formación. La enseñanza entre la teoría y la práctica.

Barcelona: Paidós. GIMENO, José (coord.) (2001): Los retos de la enseñanza pública. Madrid: Akal. IMBERMÓN, Francisco (coord.) (2005): Vivencias de maestras y maestros. Compartir desde

la práctica educativa. Barcelona: Graó. MARCHESI, Álvaro (2004): Qué será de nosotros, los malos alumnos. Madrid: Alianza. MARTÍN, Xus et al. (2008): Tutoría: técnicas, recursos y actividades. Madrid: Alianza. PENNAC, Daniel (2008): Mal de escola. Vigo: Xerais. PERONA, Carmen (2010): Preguntas y respuestas del profesorado de la enseñanza pública no

universitaria. Madrid: Wolters Kluwer. PORLÁN, Rafael & José MARTÍN (1998): El diario del profesor. Un recurso para la

investigación en el aula. Sevilla: Díada. TORREGO, Juan (coord.) (2006): Modelo integrado de mejora de la convivencia. Estrategias

de mediación y tratamiento de conflictos. Barcelona: Graó. VAELLO, Juan (2007): Como dar clase a los que no quieren. Madrid: Santillana. ZAVALLONI, Gianfranco (2011): La pedagogía del caracol. Por una escuela lenta y no

violenta. Barcelona: Graó. 8.2. Bibliografía específica sobre innovación docente AGUSTIN, Rebecca (2009): Deja que el mundo exterior entre en el aula: nuevas formas de

enseñar y aprender más allá del aula de Educación Infantil. Madrid: Morata. ALONSO, José I., Andrés ESCARBAJAL e Rosa NORTES (eds.)(2012): Experiencias de

innovación en Educación Infantil y Educación Primaria. Murcia: Universidad de Murcia. BARRIO MAESTRE, José María (2013): La innovación educativa pendiente: formar personas,

Barcelona: Erasmus. DÍEZ NAVARRO, M. Carmen (2013): La Educación Infantil: 10 ideas clave. Barcelona: Graó.

Page 12: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

12

FERNÁNDEZ DÍAZ, Elia (2010): Hacia una utilización innovadora de las TIC en Educación Infantil: una propuesta para reconstruir el currículum investigando sobre la propia práctica. Leioa: UPV.

GARCÍA CORREA, Antonio et al. (coords.) (2012): Investigación e Innovación en Educación Infantil y Educación Primaria. Monográfico da Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación do Profesorado. n. 40, vol. 15, abril de 2012.

JAKKU-SHIVONEN, RITVA e Hannele NIEMI (eds.) (2011): Aprender de Finlandia: la apuesta por un profesorado investigador. Madrid: Kaleida Forma.

PAREDES LABRA, Joaquín & Agustín de la HERRÁN GASCÓN (coords.): La práctica de la innovación educativa. Madrid: Sintesis .

PEDRERO LORENTE, Agustín (2012): Metodología de rincones: tradición e innovación en educación infantil (3-6 años): propuestas didácticas, estrategias y recursos para la competencia matemática y el proceso lectoescritor. Valladolid: Editorial de la Infancia.

RIVAS NAVARRO, Manuel (2010): Innovación educativa: teoría, procesos y estrategias. Madrid: Síntesis.

SAURA PÉREZ, Ángeles (2011): Innovación educativa con TIC en educación artística, plástica y visual: líneas de investigación y estudios de casos. Alcalá de Guadaira: MAD.

8.3. Webgrafía https://www.edu.xunta.es/webcentros Consulta de centros. Aplicación buscador da web da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria. www.ceapa.es Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos. www.edu.xunta.es Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria, Xunta de Galicia. www.educacion.gob.es Ministerio de Educación, Gobierno de España. www.edugaliza.org O ensino galego na rede. www.escuelarural.net Un espacio colectivo desde y para la escuela rural. www.nova-escola-galega.org Movemento galego de renovación pedagóxica. www.pontenasondas.org Proxecto educativo e de comunicación entre escolas galegas e portuguesas, con base na recuperación do patrimonio cultural. www.sgep.org Seminario Galego de Educación para a Paz. www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion Cine y educación.

9. INDICACIÓNS METODOLOXICAS E CARGA ECTS 9.1. Liñas xerais de metodoloxía da materia No desenvolvemento desta materia podemos distinguir entre actividades presenciais na Facultade de Formación do Profesorado, que serán dirixidas polo docente universitario asignado, e actividades presenciais no centro escolar correspondente que, malia estar orientadas polos supervisores/as, estarán dirixidas in situ polos titores/as de aula.

Page 13: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

13

9.2. Atribución da carga ECTS

Horas

presenciais

Horas de traballo

autónomo Horas totais

Actividades na Facultade, tanto en gran grupo, como en grupo medio e en titorías

20 35 55

Actividades nos centros escolares 175 70 245

Horas totais 195 105

10. INDICACIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN 10.1. Consideracións xerais Para superar a materia o alumnado deberá: - Asistir e participar durante as sesións presenciais organizadas na Facultade durante as fases de organización, preparación, seguimento e reflexión. - Obter unha valoración positiva por parte do profesorado supervisor da Facultade, sobre as actividades realizadas na fase de preparación, na de seguimento e na de reflexión. - Obter unha valoración positiva por parte do titor/a do centro escolar onde realice a estadía. Entre outras cuestións a avaliar, o titor/a de aula terá en conta a asistencia, a puntualidade e a participación activa nas actividades propostas. - Entregar o día fixado para o exame oficial o portafolios ou informe final de Prácticum, e obter unha valoración non inferior a 2,5 puntos. Os traballos poderán ser recollidos con anterioridade e no despacho da ou do supervisor/a, sempre que este/a así o comunique. 10.2. Porcentaxes ou avaliación cuantitativa da materia A avaliación cuantitativa da materia detállase a seguir: - Participación nas actividades de preparación, seguimento e reflexión (10%, 1 punto). Obterase mediante as valoracións realizadas polas ou polos supervisores/as sobre cada alumna ou alumno en canto a: actitude nas sesións, puntualidade, comportamento académico, implicación, realización puntual de tarefas encargadas e das xestións burocráticas das prácticas, participación activa e esforzo demostrados, intervencións orais, capacidade de escoita e respecto nas intervencións, etc. -Realización adecuada das actividades e tarefas na aula do centro de prácticas (40%, 4

puntos). O titor/a do centro educativo cumprimentará un informe de avaliación sobre a alumna ou alumno en prácticas, que será posteriormente remitido ao supervisor/a da Facultade. Así mesmo, para a avaliación deste apartado tamén serán tidas en conta todas aquelas actuacións do alumnado que mostren irresponsabilidade pola súa parte durante a estadía no centro educativo. Estas situacións serán presentadas, analizadas e resoltas na Comisión de Prácticum e Traballo de Fin de Grao sexa por petición da supervisión, da coordinación xeral de Prácticum –no caso de ter que dar voz aos centros educativos–, ou do alumnado.

Page 14: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

14

- Documentos escritos (50%, 5 puntos). Inclúense todos os traballos, tanto o informe final de prácticas ou portafolios, como outros documentos que se vaian realizando ao longo do período de prácticas. Valorarase a calidade deste traballo conforme as indicacións de calidade lingüística, tanto a nivel de contido como de presentación (gramaticalidade, cohesión, coherencia, adecuación e formato), que xa foron explicados na sesión de formación na competencia de comunicación escrita de 1º curso.

Concesión das Matrículas de Honra Poderá optar á cualificación “Matrícula de honra” o alumnado que obteña a máxima puntuación global e sexa proposto polo seu supervisor/a. De existir máis candidatos/as que matrículas de honra dispoñibles, a concesión desta distinción recaerá naquel alumnado que obteña unha maior puntuación na avaliación das presentacións audiovisuais que figuran como unha actividade voluntaria. As indicacións para realizar esta tarefa son as seguintes: - O alumnado gravará unha presentación na que sintetice a experiencia vivida no prácticum. - Nesta gravación debe conceder unha especial atención aos seguintes aspectos:

1. A secuencia de actividades deseñada para levar a cabo durante a fase de estadía no centro.

2. Os aspectos innovadores que se introduciron ou que, tras a posta en práctica, se poderían introducir na proposta deseñada.

3. Unha breve reflexión sobre o aprendido neste prácticum. Neste punto deberán abordarse cuestións vencelladas tanto co aproveitamento das sesións obrigatorias en gran grupo (conferencias, mesas redondas, coloquios…) e das actividades voluntarias, como cos coñecementos adquiridos e as expectativas cumpridas ou non cumpridas.

-A duración da gravación será de 8 minutos como máximo. - O vídeo editado terá que visualizarse no windows media player. Isto non exclúe que o alumnado poida editar con Linux ou Mac; mais será preciso verificar que a gravación pode ser reproducida no media player. - A entrega realizarase subindo o arquivo creado ao campus virtual, concretamente na tarefa que leve o nome de “Presentación audiovisual”. - A data límite da entrega desta actividade coincidirá co día fixado para o exame oficial da materia. - Non será necesario manexar un programa de edición de vídeos, pois o principal obxectivo desta actividade non é o de amosar o dominio das novas tecnoloxías. - Na avaliación teranse en conta os seguintes criterios: 1. A capacidade comunicativa da alumna ou alumno. 2. A claridade expositiva. 3. A capacidade de síntese amosada. 4. A solidez e coherencia da información exposta. 5. A carga de traballo que implican as tarefas presentadas. 6. O carácter persoal, orixinal e novidoso dos datos expostos. 7. A capacidade de reflexión e de aproveitamento da experiencia vivida. - No proceso de puntuación participarán todos os docentes que presenten candidatos/as á

Page 15: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

15

obter unha matrícula e aqueles outros docentes da materia que o desexen. - Cada membro do tribunal, unha vez visionadas e valoradas as exposicións audiovisuais, elaborará unha listaxe con tres candidatos/as merecedores dunha mellor cualificación, outorgándolles unha puntuación de tres, dous e un punto respectivamente. Non será posible repetir a mesma puntuación en diferentes candidatos/as. - A continuación as persoas avaliadoras enviarán, no prazo estipulado, as súas cualificacións á coordinadora ou coordinador da materia, quen levará a cabo o reconto de valoracións e comunicará por correo electrónico o resultado final a todo o profesorado implicado. - Outorgarase, pois, a cualificación de “Matricula de honra” a aquel alumnado que obteña unha maior puntuación total a partir das puntuacións parciais dos membros do tribunal. - En caso dun empate que entorpeza o proceso de concesión procederase a unha nova votación. Nela puntuaranse tan só os alumnos/as que sexa necesario diferenciar. As pautas para a puntuación nesta segunda fase serán fixadas polos membros do tribunal. (Lémbrase, como se indica na epígrafe correspondente, que para obter a MH tamén é necesario que se realice o comentario crítico da lectura optativa segundo a ficha que se anexa ao final desta guía. Igualmente, resulta imprescindible que se recollan no informe final de Prácticum as reflexións pertinentes sobre as charlas impartidas por especialistas externos). 10.3. Recomendacións de cara á recuperación O alumnado que non aprobe a materia na edición de maio por non ter superado o apartado do informe final ou portafolios, poderá entregar este documento na oportunidade de xullo. O alumnado que suspenda a materia por avaliación negativa do titor/a do centro, non poderá presentarse á oportunidade de xullo, posto que non será posible a repetición da estadía ata o curso seguinte. Recoméndase ao alumnado que non supere a materia que vaia á revisión para coñecer as cuestións a mellorar na seguinte oportunidade. 10.4. Observacións con respecto á avaliación - Os traballos individuais ou grupais que se soliciten durante as distintas fases do Prácticum III deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso automático na materia. - O informe de prácticas debe seguir expresamente os criterios establecidos para a súa elaboración tanto no contido como na forma. - As datas de entrega deben respectarse ou informar con antelación ao supervisor/a de calquera dificultade que impida a entrega puntual dos traballos. - O informe final entregarase na data e aula que figuran no calendario oficial de exames (naqueles casos nos que o profesorado recolla os traballos no seu despacho, indicarao previamente ao alumnado). En todos os casos o citado documento poderá ser entregado con antelación a esa data no despacho da profesora ou profesor correspondente.

Page 16: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

16

11. OBSERVACIÓNS - A asistencia a un mínimo do 80% das sesións presenciais na Facultade, segundo indica a normativa da USC, será a condición necesario para superar a materia. - O alumnado deberá darse de alta na plataforma virtual da materia a partir do momento en que o profesorado supervisor llo indique. - O alumnado que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu).

Page 17: GUÍA DOCENTE - USC · 3.1. Competencias xerais (especialmente G9, G11 e G12): G1. Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social

17

ANEXO I Fase previa á lectura: 1- Lede o resumo da contracuberta, pois contribúe a enfrontar a lectura cunha mellor

predisposición.

2- Antes de comezar a lectura, anotade as vosas expectativas sobre a obra. ¿Que vos

gustaría atopar nela?

Fase de lectura: 3- Anotade ou sinalade en lapis os conceptos e parágrafos que vos semellen

significativos ou relevantes (antes de devolver o libro á biblioteca borrade as marcas

feitas).

4- Buscade o significado daquelas palabras cuxo significado sexa descoñecido para

vós. En caso de non atopalo, falar co ou coa docente ao respecto. Elaboración do traballo sobre a obra: 1-Presentación da obra Nome da autora Título Ano e lugar de edición Editorial 2- Contidos da obra

- Indica o tema - Resume o argumento - Explica as ideas centrais da obre e analiza os conceptos máis significativos

3- Achegas propias. -¿Que aprendizaxes tiraches da lectura do libro? ¿Que partes che resultaron máis interesantes? ¿Por que? -De todas as anécdotas, reflexións e pensamentos que aparecen na obra, ¿con cales non concordas ou non te sentiches identificada/o? ¿Por que?

-Redacta unha reflexión persoal na que valores o interese da obra como futuro docente e achegues a túa opinión xeral sobre a mesma.

-Reflexiona: ¿que outros libros, películas ou cancións coñeces que aborden a profesión docente? Indica, cando menos, dous. Explica as semellanzas e diferenzas que hai entre como se aborda aquí a docencia e como se fai na creación elixida. 4- Referencias bibliográficas ou documentais empregadas (se fose o caso)