Folleto familias acoso escolar

4
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. CEIP VILAVERDE 2013-2014 NOTA : Sería conveniente comentar este folleto coas nenas e cos nenos na casa e mesmo lelo conxuntamente.

Transcript of Folleto familias acoso escolar

Page 1: Folleto familias acoso escolar

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. CEIP VILAVERDE

2013-2014

NOTA: Sería conveniente comentar este folleto coas nenas e cos nenos na casa e mesmo lelo conxuntamente.

Page 2: Folleto familias acoso escolar

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. CEIP VILAVERDE

SUXESTIÓNS PARA AS FAMILIAS SOBRE O ACOSO ESCOLAR:

O papel das familias, do profesorado e da sociedade é fundamental para combater calquera tipo de violencia. O acoso escolar é un xeito extremo de violencia e é aprendido durante o proceso de socialización no que se aprende a relacionarse e a convivir. Se intervimos adecuadamente poderemos conseguir que non chegue producirse.

O acoso escolar son accións negativas físicas, psicolóxicas ou/e verbais duns compañeiros ou dunhas compañeiras contra outros compañeiros ou outras compañeiras de xeito repetido e continuado. Non é acoso escolar un acto esporádico entre o alumnado ou un conflito puntual de índole agresiva inda que sexan situacións lamentables que se deban evitar. O acoso escolar é, como dixemos, un acto extremo de violencia que non debe ter cabida nas nosas relacións.Nos últimos anos ademais do acoso xa comentado, está a xurdir o cyberacoso, alumnado que acosa a outro alumnado empregando ordenadores e móbiles, mandando mensaxes ou mails e capturando imaxes non permitidas e subíndoas á rede.Somos as persoas adultas (mamás, papás, profesorado,…) as que temos que poñer os pasos para que non suceda dende a casa e dende a escola. Non serven escusas como “era un xogo”, “era unha broma”, “son cousas de nenas ou de nenos”, “algo lle farían a el/ela”,… Hai que actuar ou o feito medrará.

♦ Como evitar condutas agresivo-violentas nas nenas e

2013-2014

Page 3: Folleto familias acoso escolar

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. CEIP VILAVERDE

nos nenos:- Educar ás criaturas na tolerancia e na crítica á violencia. Indicar fórmulas de

resolución de conflitos de xeito pacífico. Non relaxar a educación para a convivencia.

- Respectar a diversidade e as diferenzas no ámbito familiar, traballar para conseguir a superación de estereotipos de xénero, raza, ...

- Fomentar un clima de comunicación familiar que facilite que as nosas fillas e os nosos fillos conten o que lles pase.

- Ensinar dende pequenas e pequenos que non se toleran actitudes violentas, deixarlles ver que non pode agredir, insultar, nin ferir sentimentos doutros nenos e doutras nenas. Educar no respecto ás outras persoas.

- Ter presente que o silencio da persoa acosada, das persoas que acosan e das persoas que ven o acoso é o maior cómplice deste tipo de violencia. Hai que ensinar á nenas e aos nenos a denunciar o acoso, a non encubrilo.

- Indicarlles que hai canles para expresar como se senten sen recorrer á violencia, ensinarlles a poñerse no lugar das demais persoas. É importante que os fillos e as fillas saiban que as nais e os pais non toleran as condutas irrespectuosas e insultantes nas súas relacións con outras nenas e outros nenos.

- Recompensar a amabilidade e as boas accións. Ensinarlles a rexeitar condutas de acoso.

- Controlar o uso de móbiles e internet. Non todo o que circula pola rede é adecuado para as nenas e nenos. Hai que educar ás fillas e aos fillos para que fagan uso seguro destes medios e saiban actuar ante irregularidades. Ensinarlles a non solicitar produtos, dar datos, contestar a mensaxes estrañas ou ir a páxinas pouco adecuadas.

- Potenciar a autoestima, a autonomía.

- Permitir as relacións para que aprendan a relacionarse. Coñecer as súas amizades e potenciar as actuacións en grupos para diferentes actividades (estudo, investigación, xogo,...).

- Actuar de inmediato e con coherencia cando algo lles preocupa.

- Colaborar co profesorado para facer un centro máis seguro, axudar a que as nenas e os nenos cumpran as normas do centro.

- Educar ós fillos e ás fillas poñendo límites racionais, e normas consistentes e homoxéneas.

♦ Como actuar cando se produce acoso escolar:O acoso escolar é unha situación na que o alumnado está exposto de xeito repetido e durante

2013-2014

Page 4: Folleto familias acoso escolar

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. CEIP VILAVERDE

2013-2014