FINISTERRE

11

Transcript of FINISTERRE

PRESENTACIÓN• O seu nome procedente do latín finis terrae, fin da terra; e

punto final tamén do Camiño de Santiago. A singularidade xeográfica de Fisterra cautivou dende antigo a multitude de persoas que anhelaban asomarse á fin do mundo, onde a terra acaba e o mar comeza ou polo menos así o creron as lexións romanas ao contemplar o afundimento do sol nas súas augas.

Antigos xeógrafos grecorromanos ubican aquí o Promontorium Nerium e o Ara Solis, o altar de culto ao sol, construído polos fenicios e que o mesmo Apóstolo Santiago fixo destruír ao pouco tempo.

A singularidade de Fisterra xorde das moitas lendas que envolven a estas terras, nas que se entrelazan temas relixiosos, marítimos e elementos pétreos. Entre elas destacan a do Ara Solis, Ermida de San Guillermo, Orca Vella, Pedras Santas, Santo Cristo de Fisterra e a Cidade de Dugium entre outras. Grazas á memoria da xente deste lugar, estas lendas seguen vivas, cautivando, xunto ás marabillosas vistas que Fisterra posúe, a todo aquel que se asoma a visit_gaar a Fin do Mundo.

PRESENTACIÓN

• O pobo de Fisterra disfruta dunha situación privilexiada, rodeado de praias e paisaxes de incomparable beleza. A pesca e o marisqueo son importantes fontes de ingresos.

POBOACIÓN

No ano 2007 rexistraronse no padroado 5024 habitantes

LUGARES DE INTERÉS

• MIRADOR DE TALÓN• MIRADOR DE CORBEIRO• MIRADOR DE MAR DE FÓRA

LUGARES DE INTERES

• Megalitismo• A zona da Costa da Morte, dentro da área atlántica,

constitúe un dos centros megalíticos máis importantes de toda Galicia, tanto polo elevado número coma pola importancia destos monumentos.

O Concello de Fisterra ten catalogadas tres mámoas en Sardiñeiro de Abaixo. É case segura a existencia doutra no lugar do Castro, no Val de Duio, a xulgar pola toponímia do lugar e outra no Monte Seoane. No mesmo val, no lugar de Castromiñán, atópanse os restos dun castro, perfectamente deliñado nos contornos da paisaxe.

Non deixaremos de citar, aínda que parte da lenda, o dolmen de Orca Vella que sería a máis occidental da península e sita no cumio do Monte Facho, lugar dun intenso simbolismo, relacionado cos ritos de fecundidade e da morte, personificada na figura da mítica Orca Vella.

MONUMENTOSO FARO DE FISTERRA: é un dos máis emblemáticos de Galicia, innumerables foron os buques que aquí naufragaron

MONUMENTOS

• A costa como toda a "Costa da Morte" é abrupta e escarpada, de gran beleza.Un gran número de lendas de náufragos circulan por esta costa facendo de ela un lugar mítico misterioso.

PARROQUIAS

San Martiño de Duio· San Vicente de Duio· Nosa Señora das Areas Fisterra· San Xoán de Sardiñeiro