Faro de Vigo 2011 09-27

1
FARO DE VIGO Sábado, 5 de marzo de 2011 Prospecto: “Os trobadores de Occitania” Chega ao fondo dos es- pellos o libro cuxo título serve de título a esta nota. O seu autor é Darío Xohán Cabana. Durante 632 páxi- nas, el diserta e dá doutri- na verbo da poesía occita- na da Idade Media, que é o acordar das sombras á luz do laicismo e da bele- za só humana e natural. E ofrécenos o texto orixinal, críticamente establecido, dos versos de todos os tro- badores de Occitania. Co- meza co señor xenio que abre o mundo da poesía europea ao seu propio ser: o duque Guilhem de Pei- teus ou Guillerme de Aqui- tania. Darío Xohán Caba- na exerce de filólogo e fai lecturas propias dos troba- dores occitanos. Á esquer- da do texto orixinal, pon unha traducción literal ao galego. Á dereita, a redac- ción do poeta Darío Xohán Cabana en verso ri- mado e medido en lingua nosa. Realmente, o libro re- sulta un portento.Por cima e polas beiras da nosa poesía trovadoresca, e da dos franceses propiamen- te ditos, e da dos sicilianos e alemáns, está o corpus básico da poesía de Occi- tania.Por primeira vez a poesía occitana, que tanto se dixo ter que ver coa de nosoutros, aparece aí, ao alcance da man, facilitada e explicada aos galegos nun prólogo e nuns esco- lios innovadores e dota- dos de graza, de sal políti- co, de fondura, de sabedo- ría filolóxica e de talento creador. De xeito que: Darío Xohán Cabana, Os troba- dores de Occitania, Edi- cións da Coruxa (a nosa voz entenden), número un, Lugo 2011. Isto só é un aviso ou un prospecto.En semanas que virán iremos tratando da obra pois con- sideramos que constitúe un acontecemento ex- traordinario da nosa cultu- ra. Todos aqueles que quixeren colaborar coa súa opinión en NO FONDO DOS ESPELLOS poden escribir por correo or- dinario a: X. L. Méndez Ferrín FARO DE VIGO Rúa Uruguay, 10-A Aptdo. Correos, 91. VIGO CAIXA POSTAL

Transcript of Faro de Vigo 2011 09-27

Page 1: Faro de Vigo 2011 09-27

ratábase de Teresa ouTeresiano ou FlorencioPla Meseguer, membro

primeiro da Agrupación Guerri-llera de Levante y Aragón(AGLA) e logo disidente arma-do nas serras do Maestrat ouMaestrazgo da provincia de Cas-tellón.Coñecín a Pla en 1970,es-tando os dous presos no Penalde El Dueso (Santoña, Santan-der). Levabámonos moi ben. Unepisodio da súa vida de guerri-lleiro inspiroume o conto cita-do, e dediqueillo.Teño entendi-do que o último premio Nadallle foi concedido a Alicia Gimé-nez Barlett por unha novela so-bre a vida de Pla Meseguer. Ou-tros libros e artigos ocupáranse,de por parte,da súa figura.En es-pecial resulta interesante a obrahistórico-biográfica La Pastora,del monte al mito de José CalvoSegarra (Antinea,Vinarós, 2009).A leitura desta última trouxo ámiña memoria moitas conversasque mantiven con Pla en El Due-so e aclaroume algunhas zonasescuras para min da vida do mi-litante comunista.

A persoa que evocamos na-ceu varón en 1917, en Vallibona(Castelló), de familia de labre-gos pobres, cunha malforma-ción dos xenitais que ocasionouque a considerasen nena e a re-xistrasen como Teresa. Criouse evestiuse como nena e logo co-mo moza e muller, aínda que oseu aspecto era nidiamentemasculino.

Actuou Teresa como enlace einformador das guerrillas daAGLI, controladas polo PCE es-trictamente. Os seus coñece-mentos do país do Maestrat edos seus esconderixos serallesmoi valioso os maquis. En 1949únese como combatente aoXXIII Sector da AGLI, que man-daba o comandante Jesús Case-lles Aimerich.Recibiu Teresa ins-trucción política do xefe de ba-tallón e cadro ideolóxico Fran-cisco Serrano Iranzo, a quensempre seguirá e repectará Tere-sa. A Guardia Civil puxéralle aPla o alcume de La Pastora, encanto que os seus compañeirosdicíanlle humorísticamente, Du-rruti.Axiña o mito da muller ma-routallo e montesa fomentarasenaquelas terras bravías.

A partir da evidencia de queo PCE ía disolver a guerrilla,Te-resa e o seu instructor ideolóxi-co Francisco desertan da AGLAe crean un comando autónomopara continuar a Resistencia. EnGalicia faría o propio, Piloto. Dexeito que, continuando a loitaarmada, en 1952 Pla e Franciscoconvértense nos derradeirosmaquis do Leste da Península.

Dado o alto nivel intelectualde Francisco Serrano, é de supo-ñer que a súa disidencia e a dePla respecto do PCE e da liña deliquidación da loita armada tive-se un carácter ideolóxico e polí-tico moi marcado.

En 1954 morre Francisco Se-

rrano Iranzo no curso dun asal-to. Pla permanecerá durantedous anos só e inactivo no seurefuxio de La Espadella, sobrevi-vindo con froita e vexetais rou-bados nas hortas. En 1956 Placruza a depresión do Ebro etrasládase a Andorra.Non procu-ra ao PCE pois temía represaliasdebido a súa posición rebelde econtinuista a respecto da loitaarmada. En 1960 é achado sos-peitoso polos Episcopais de An-dorra e entregado á Guardia Ci-vil. Deseguida o identifican co-mo Teresa Pla Meseguer e o so-meten a interrogatorios brutais.

Tras diversos recoñecemen-tos, os médicos clasifican o seusexo como masculino. Daselle onome de Teresiano, que despoismudará polo de Florencio.Ingre-sa na prisión de homes deValen-cia e é sometido a consellos de

guerra (coido que dous). Foicondeado a unha ou varias pe-nas de morte, que lle resultaronconmutadas por cadea perpe-tua. Na prisión de Valencia fixoamizade co funcionario MarinoVinuesa Hoyos,quen se converti-rá no seu protector.

Coido que en 1968 Pla vaidestinado ao penal de El Dueso.Alí coincide comigo e facémo-nos bos amigos. Nun casteláncorrecto e impregnado de foné-tica catalá oriental, Pla contamecousas da súa vida e falamos depolítica.

No ano 1977 Teresiano, ou xaFlorencio, Pla Meseguer é postoen libertade.Ten algúns aforrosdos salarios gañados nos talleres

penitenciarios de El Dueso. Sín-tese perdido na cidade, el quenunca se perderá nas serras.Ma-rianoVinuesa Hoyos,o funciona-rio de prisións de Valencia,ofrécelle teito e ocupación. EnOlocau,Valencia, recibe unhabonita barraca no xardín dochalet do seu benefactor.El ocu-parase,e con moito gusto,de coi-dar a vexetación e en cultivar unguicho de horta.A familia de Vi-nuesa Hoyos tratao moi ben.Alímorre Pla o 1 de Xaneiro do ano2004. Hoxe os seus restos xacen,cos de outros resistentes antifas-cistas, na pirámide do Xardín daMemoria dun cemiterio valen-ciano.

Houbo un relato novelado davida de Pla (Manuel Villar Raso,El maquis hermafrodita, Bilbao,1978) moi sensacionalista.Ver-dadeiras mentiras aparecen na

obra de Aguado Sánchez titula-da El maquis en España, 1975.Olibro,citado ao principio,de JoséCalvo Segarra é honesto, docu-mentado e veraz no que se refe-re a Pla, ao AGLI e á crise deste.En canto á novela, premio Na-dal, de A. Giménez Bartlett xalles contarei cando a lea.

Un especialista en paratextos (dedicatorias, lemas, notasque acompañan as obras literarias) preguntoume quen eraun ou unha enigmática T. Pla Massaguer á que lle dediqueio meu conto “Explosión” (Elipsis, Vigo, 1974)

Teresa Pla Meseguer

// ARQUIVO GUARDIA CIVIL

NO FONDO DOS

ESPELLOSX.L. MÉNDEZ FERRÍN

T

Historia de Pla

FARO DE VIGOSábado, 5 de marzo de 20114

Prospecto:“Ostrobadoresde Occitania”

Chega ao fondo dos es-pellos o libro cuxo títuloserve de título a esta nota.O seu autor é Darío XohánCabana. Durante 632 páxi-nas, el diserta e dá doutri-na verbo da poesía occita-na da Idade Media, que éo acordar das sombras áluz do laicismo e da bele-za só humana e natural. Eofrécenos o texto orixinal,críticamente establecido,dos versos de todos os tro-badores de Occitania. Co-meza co señor xenio queabre o mundo da poesíaeuropea ao seu propio ser:o duque Guilhem de Pei-teus ou Guillerme de Aqui-tania. Darío Xohán Caba-na exerce de filólogo e failecturas propias dos troba-dores occitanos. Á esquer-da do texto orixinal, ponunha traducción literal aogalego. Á dereita, a redac-ción do poeta DaríoXohán Cabana en verso ri-mado e medido en linguanosa.

Realmente, o libro re-sulta un portento.Por cimae polas beiras da nosapoesía trovadoresca, e dados franceses propiamen-te ditos,e da dos sicilianose alemáns, está o corpusbásico da poesía de Occi-tania. Por primeira vez apoesía occitana, que tantose dixo ter que ver coa denosoutros, aparece aí, aoalcance da man, facilitadae explicada aos galegosnun prólogo e nuns esco-lios innovadores e dota-dos de graza, de sal políti-co, de fondura, de sabedo-ría filolóxica e de talentocreador.

De xeito que: DaríoXohán Cabana, Os troba-dores de Occitania, Edi-cións da Coruxa (a nosavoz entenden), númeroun, Lugo 2011. Isto só é unaviso ou un prospecto. Ensemanas que virán iremostratando da obra pois con-sideramos que constitúeun acontecemento ex-traordinario da nosa cultu-ra.

Todos aqueles que quixeren colaborarcoa súa opinión en NO FONDO DOSESPELLOS poden escribir por correo or-dinario a:

X. L. Méndez Ferrín

FARO DE VIGORúa Uruguay, 10-A

Aptdo. Correos, 91. VIGO

CAIXA POSTAL