Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla
Transcript of Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla
![Page 1: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022042517/5a64ecba7f8b9a127f8b462f/html5/thumbnails/1.jpg)
EXPERIMENTO:
“EXTRAER A CLOROFILA DUNHA FOLLA”
5º de E.P.
CEIP de Maciñeira
Curso 2017/18
![Page 2: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022042517/5a64ecba7f8b9a127f8b462f/html5/thumbnails/2.jpg)
MATERIAIS
• Papel de filtro de cafeteira
• Vaso pequeno
• Pauciño longo
• Tesoiras
• Acetona
• Follas de cor verde
![Page 3: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022042517/5a64ecba7f8b9a127f8b462f/html5/thumbnails/3.jpg)
PASOS 1º. Cortamos coas tesoiras as follas en anaquiños moi pequenos e poñémolos nun vaso.
![Page 4: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022042517/5a64ecba7f8b9a127f8b462f/html5/thumbnails/4.jpg)
2º. Engadimos acetona ata cubrir os anaquiños da folla e mesturamos todo ben co pauciño.
Deixamos repousar unhas horas ou ata o día seguinte. Podemos tapar o vaso con plástico para evitar o cheiro da acetona.
![Page 5: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022042517/5a64ecba7f8b9a127f8b462f/html5/thumbnails/5.jpg)
3º. Cortamos unha tira longa de papel de filtro e recortamos o extremo en punta.
![Page 6: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022042517/5a64ecba7f8b9a127f8b462f/html5/thumbnails/6.jpg)
4º. Enrolamos a tira de papel de filtro no pauciño e a colocamos en posición vertical (apoiando o pau no vaso) de forma que só quede o extremo en punta en contacto coa mestura. Deixámolo nesa posición, sen tocalo, polo menos media hora.
![Page 7: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022042517/5a64ecba7f8b9a127f8b462f/html5/thumbnails/7.jpg)
5º. Ao cabo de media hora, levantamos o papel e observámolo.
![Page 8: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022042517/5a64ecba7f8b9a127f8b462f/html5/thumbnails/8.jpg)
5º. No papel de filtro, puidemos ver manchas de cor verde e tamén manchas de cor laranxa ou marrón, nuns papeis máis definidas que noutros.
Que pasou? A acetona, disolveu as substancias que lle dan cor ás follas. Estas substancias, foron arrastradas cara arriba do papel a medida que a acetouna as empapaba.
![Page 9: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022042517/5a64ecba7f8b9a127f8b462f/html5/thumbnails/9.jpg)
Este experimento permitiunos ver por unha banda que en realidade hai dous tipos de clorofila, a A de cor verde escura, e a B, máis brillante e pola outra, que ademais as follas tamén adoutan ter outras substancias que dan cores alaranxadas, chamadas carótenos.
CLOROFILA B
CARÓTENOS
CLOROFILA A
![Page 10: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022042517/5a64ecba7f8b9a127f8b462f/html5/thumbnails/10.jpg)
A técnica que utilizamos neste experimento para separar as
substancias que dar cor ou pigmentos, denóminase CROMATOGRAFÍA. Moitos científicos, utilízana para
separar os compoñentes que forman unha mestura e poder despois
identificalos.
![Page 11: Experimento: Extraemos a clorofila dunha folla](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022042517/5a64ecba7f8b9a127f8b462f/html5/thumbnails/11.jpg)
Podedes ver este e máis experimentos no noso blogue de clase:
terceirociclomacineira.blogspot.com
Toda a información e a guía que utilizamos para facer o experimento foi extraída do libro Obradoiro de Ciencias da Editorial Santillana proxecto Saber Facer 5º de E.P.