Equipos de Protección Individual. Definición Calquera equipo destinado a ser levado o suxeitado...
-
Upload
william-adair -
Category
Documents
-
view
219 -
download
3
Transcript of Equipos de Protección Individual. Definición Calquera equipo destinado a ser levado o suxeitado...
Equipos de Protección Individual
Definición
Calquera equipo destinado a ser levado o suxeitado polo traballador para que le protexa dun o varios riscos que poidan ameazar a súa seguridade o a súa saúde, así como calquera complemento o accesorio destinado a tal fin” (R.D. 773/1.997, de 30 de Maio).
Criterios de empleo
• Só deben ser utilizados cando os riscos non se poidan eliminar ou controlar suficientemente por medios de protección colectiva ou con métodos ou procedementos de traballo adecuados e ben organizados.
Condicións
• Proporcionarán unha protección eficaz
• Non supondrán ni ocasionarán riscos adicionais nin molestias innecesarias
• Ser compatibles entre si, no suposto de utilización simultánea de varios equipos
Utilización e mantemento
• O uso, almacenamento, mantemento, a limpeza, a desinfección cando proceda e a reparación dos EPIS deberán efectuarse de acordo coas instruccións do fabricante
• Utilizaranse para os usos previstos• Son de uso persoal
Obrigas dos traballadores
• Utilizar e coidar correctamente os EPI• Coloca-lo EPI despois da súa utilización
no lugar indicado para elo• Informar de inmediato o seu superior
xerárquico de calquera defecto, anomalía o dano apreciado no EPI utilizado que, o seu xuizo, poida entrañar unha perda da súa eficacia protectora
Marcado CEE
• Segúndo o marcado na normativa de aplicación, cando se requira a un provedor o abastecemento dos equipos de protección individual se deberá esixir o marcado CE que permanecerá colocado en cada un dos EPIs fabricados de maneira visible, lexible e indeleble, durante o período de duración previsible o de vida útil do EPI; no obstante si elo fora imposible debido as características do producto, o marcado CE poderá colocarse no embalaxe
Folleto informativo
• Xunto o marcado CE,o fabricante ademais subministrará un folleto informativo no que ademais do nome e a dirección do fabricante incluirá información útil sobre:– Instruccións de almacenamento, uso, limpeza,
mantemento, revisión e desinfección– Rendementos alcanzados nos exames técnicos– Accesorios que se poidan utilizar e características das
pezas de reposto adecuadas– Clase de protección adecuadas ós diferentes niveis de
risco– Data do prazo de caducidade– Tipo de embalaxe adecuado par transporta-los– Referencias das disposicións aplicadas– Nome ,enderezo e número de identificación dos
organismos de control
Tipos de EPIs
• Protectores da cabeza• Protectores do oído• Protectores dos ollos e da cara• Protección das vías respiratorias• Protectores de mans e brazos• Protectores de pes e pernas• Protectores da pel• Protectores de tronco e abdome• Protectores totais do corpo• Protectores contra as caídas
Protectores da cabeza
• O CASCO DE SEGURIDADE utilizarase sempre que as condicións de traballo obriguen a elo pola existencia de risco de caída do operario o de materiais sobre él. O seu uso é persoal e obrigatorio e cambiarase ó sufrir algún impacto violento. En xeral o traballador se protexe de:
Caídas de obxectos. Golpes na cabeza. Proxección violenta de obxectos. Contactos eléctricos. Contactos térmicos
Protectores auditivos
• Céntranse nas ORELLEIRAS E OS TAPÓNS• As orelleiras son protectores que envolven o
pavillón auditivo externo no seu conxunto• Os tapóns son protectores que se enxiren no
conducto auditivo externo• En xeral os cascos auriculares son mais
efectivos cando trátase de altas frecuencias e os tapóns cando úsanse ante baixas
• É obrigatorio úsalos a partir de 85 dB( R.D.1316/1989
Protección das vías respiratorias
• A MASCAREILLA OU MÁSCARA RESPIRATORIA usarase onde faia risco de emanacións nocivas tales como gases, po e fumes, adaptando o filtro adecuado ó contaminante existente
• No uso da mascareilla e os filtros deberanse seguir as recomendacións do fabricante
• Para emanacións de po usaranse os filtros físicos
• Para emanacións de contaminantes químicos (gases,vapores orgánicos,atmósferas deficitarias en osíxeno) utilizaranse filtros de tipo químico
Protección ocular
• A protección ocular (GAFAS O PANTALLAS DE SEGURIDADE) é obrigatoria cando protexe dos seguintes riscos:• Proxección de partículas sólidas
• Proxección de líquido, xa sexan cáusticos o corrosivos
• Exposición a radiacións nocivas (ultravioleta, infravermellos)
• Exposición a atmosferas contaminadas (especialmente irritantes ou tóxicas)
Protección de mans e brazos
• As LUVAS DE SEGURIDADE utilizaranse para protexer o traballador dos seguintes riscos :
• Riscos mecánicos (cortes, pinchadas, choques, desgarras, abrasión )
• Riscos térmicos (altas e baixas temperaturas)• Riscos eléctricos( como illante da electricidade)• Riscos de contactos dérmicos con sustancias
químicas (sustancias irritantes, sensibilizantes, corrosivas)
• Risco de contacto dérmico con productos radioactivos• Riscos físicos de vibracións
Protección dos pes
• Os ZAPATOS E BOTAS DE SEGURIDADE usarase para protexerse dos seguintes riscos:
• Protección contra golpes mecánicos• Protección contra a compresión estática do pé• Protección contra agresións
físicas( rozamentos, pinchadas, cortes)• Protección contra descargas eléctricas• Protección contra o frío, calor e o fogo
• A ROUPA DE PROTECCIÓN usarase para protexerse dos seguintes riscos:
• Riscos mecánicos (cortes, pinchadas, choques, desgarras, abrasión )
• Riscos térmicos (altas e baixas temperaturas, humidade por penetración da auga)
• Riscos eléctricos (como íllante da electricidade)
• Riscos de contactos dérmicos con sustancias químicas (sustancias irritantes, sensibilizantes, corrosivas)
• Risco de contacto con productos radioactivos• Riscos por falta de visibilidade (roupa
reflíctante)
Protectores do corpo
Protectores contra as caídas
• Os ARNESES DE SEGURIDADE protexen contra os riscos de impacto por caída en altura
• Levan un dispositivo de agarre e sostén do corpo e un sistema de conexión que poida unirse a un punto de ancoraxe seguro