en primeira persoa guía da · 2021. 8. 4. · 1. PRESENTACIÓN DA PROPOSTA A proposta Antón...
Transcript of en primeira persoa guía da · 2021. 8. 4. · 1. PRESENTACIÓN DA PROPOSTA A proposta Antón...
AntónFraguasen primeira persoa
Imaxe: Wikipedia
LETRASGALEGAS
2019
guía da proposta
Edita:
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Raquel Camacho
Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia
Abril 2019
Documento dispoñible en:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ ceipraquelcamacho/guiaantoniofraguas
1 LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho
ÍNDICE DA GUÍA
1. PRESENTACIÓN DA PROPOSTA................................................................................................................31.1. A VIDA DE ANTÓN FRAGUAS EN PRIMEIRA PERSOA........................................................................3
1.2. A ARTE CON OBXECTOS COTIÁNS.................................................................................................................. 3
2. A MIÑA VIDA EN POUCAS PALABRAS............................................................................................4
3. REFERENCIAS SOBRE MIN............................................................................................................................73.1. A MIÑA BIBLIOGRAFÍA............................................................................................................................................... 7
3.2. RECURSOS WEB QUE FALAN SOBRE MIN................................................................................................. 9
4. ACTIVIDADES SOBRE MIN PARA E. INFANTIL..........................................................................11Actividade EI1_globalizada_lecto...................................................................11Actividade EI2_globalizada_plástica..............................................................12Actividade EI3_globalizada_ed. igualdade_mates.........................................13Actividade EI4_globalizada_discr. visual........................................................14
5. ACTIVIDADES SOBRE MIN PARA 1º E 2º.......................................................................................15Actividade EP1_mates...................................................................................15Actividade EP2_mates...................................................................................15Actividade EP3_lingua....................................................................................15
6. ACTIVIDADES SOBRE MIN PARA 3º E 4º DE E. PRIMARIA.........................................16Actividade EP4_sociais..................................................................................16Actividade EP5_lingua....................................................................................17Actividade EP6_comprensión oral.................................................................17
7. ACTIVIDADES SOBRE MIN PARA 5º E 6º DE E. PRIMARIA..........................................18Actividade EP7_sociais..................................................................................18Actividade EP8_mates...................................................................................18Actividade EP9_lingua_lect. comprensiva_apr. coop....................................19Actividade EP10_lingua_ed. igualdade_apr. cooperativa..............................20Actividade EP11_lingua_mates_apr. coop.....................................................21Actividade EP12_expresión escrita................................................................21
8. ACTIVIDADES SOBRE MIN PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE........................22Actividade AD1_lectura imaxes......................................................................22Actividade AD2_ordenado de imaxes............................................................24
9. SOLUCIÓNS AOS EXERCICIOS.............................................................................................................25Actividade EP10_lingua_mates_apr. Coop....................................................25Actividade EP10_lingua_mates_apr. Coop....................................................25
CEIP Raquel Camacho LETRAS GALEGAS 2019 2
1. PRESENTACIÓN DA PROPOSTA A proposta Antón Fraguas, en primeira persoa supón un achegamento á vida
do persoeiro ao que se lle dedica do Día das Letras Galegas 2018. Nela, poderás ac-
ceder a un traballo integrado por dez carteis explicativos do seu gran legado e por
esta guía didáctica. Queremos que coñezas, sintas e chegues a apreciar o enorme
traballo que Antón Fraguas realizou para descubrir e transmitir a cultura galega. E fa-
cémolo a través de dúas maneiras: o relato en primeira persoa e a arte con obxectos
cotiáns.
1.1. A VIDA DE ANTÓN FRAGUAS EN PRIMEIRA PERSOA
Para que te familiarices coa súa vida, ímosche presentar a obra de Antón Fra-
guas contada por el mesmo. En todos os carteis e na biografía que podes ler embaixo,
o propio autor relata as pasaxes máis importantes que lle aconteceron. Deste xeito,
poderás aprender sendo o seu ou a súa cómplice, falando de ti a ti con el.
1.2. A ARTE CON OBXECTOS COTIÁNS
Antón Fraguas era moitas persoas á vez: profesor, escritor, historiador, etnógra-
fo... e mesmo arqueólogo. Abonda con botarlle unha ollada á bibliografía do final desta
guía para decatarse disto. Investigou moito os costumes e obxectos propios da nosa
cultura. Por iso, eliximos unha técnica plástica que utiliza moitos tipos de materiais e
que se chama arte con obxectos cotiáns. Nos carteis da proposta, verás materiais
como a madeira, o plástico e o papel, pero tamén obxectos de refugallo que calquera
pode atopar na casa, no colexio ou na rúa.
lustración 1: Este do medio son eu, Antón Fraguas. Na foto tiña
16 anos.
Imaxe: Ir Indo Ed.
A presente guía comeza, como xa dixemos, cunha breve, moi curta historia da
vida de Antón Fraguas para facernos unha idea rápida da proposta. Séguenlle as ac-
tividades para as dúas etapas e para a atención á diversidade e a bibliografía e recur-
sos web sobre o autor.
3 LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho
2. A MIÑA VIDA EN POUCAS PALABRAS
A Real Academia Galega (RAG) elixiume para celebración do Día das Letras
Galegas de 2019. Eu, Antón Fraguas Fraguas, nacín en Insuela, en Cerdedo-Coto-
bade, na provincia de Pontevedra. Foi o 28 de decembro de 1905. A miña nai cha-
mábase Teresa e o meu pai Manuel. Era canteiro e, cando nacín, acababa de emigrar
a Brasil. Regresou sete anos máis tarde para casar coa miña nai.
lustración 2: Eu, de pequeno, coa miña nai (a mu-ller que me ten collido da man) eos meus tíos.
Imaxe: Francisco Zagala.
Cando tiña 15 anos, o meu pai e a miña nai querían emigrar a Brasil comigo.
Pero, decidiron non facelo. Eu, daquela, asistía a unha escola no lugar de Famelga e o
seu mestre convenceunos de que o eu podía chegar a ser un bo estudante e mesmo
facerme mestre. Decidiron, entón, quedar en Galicia e darme estudos.
Estudei o bacharelato en Pontevedra e doume clase xente importante como Ra-
món Sobrino Buhigas ou Antón Losada Diéguez. Tamén tiven a sorte de que Castelao
fose o meu profesor. E, como a vida convértese, ás veces, nunha suma de casuali-
dades, uns anos despois ocupei o seu posto na RAG. Iso ocorreu o 8 de maio de
1956, lémbroo ben. Dixen algo así como:
Veño ocupar un lugar que quedou baleiro o día que morreu Alfonso Rodríguez Cas-
telao, o amigo Daniel, o médico que, por non poder varrer a morte do leito dos enfer-
mos, non quixo exercer a medicina.
Se conto todas as organizacións culturais que axudei a poñer en marcha ou
das que formei parte, non abondaría nesta historia. Fundamos a Sociedade da Lingua
e o Museo do Pobo Galego; participei nas Irmandades da Fala, o Seminario de
CEIP Raquel Camacho LETRAS GALEGAS 2019 4
Estudios Galegos (SEG) e do Consello da Cultura Galega; escribín para Nós e A Nosa
Terra; e mesmo me nomearon cronista xeral de Galicia. Todo un honor!
lustración 3: Aquí vedes os membros do Se-minario de Es-tudos Galegos, en 1928. Eu son o segundo de enriba pola de-reita.
Imaxe de domi-nio público.
Ser profesor foi unha das miñas ocupacións favoritas. Dei un tempo clases na
Universidade de Santiago e no instituto da Estrada en Pontevedra, onde aprobara as
oposicións. Pero, ao comezar a Guerra Civil, botáronme de alí e tiven que crear unha
academia propia en Santiago. Logo, compatibilicei as clases nela con outras que me
encargaron de novo na universidade. Finalmente, en 1950 volvín gañar unha praza de
profesor de instituto. Pasei polo Instituto Nacional Masculino de Lugo (actual IES
Lucus Augusti) e rematei a miña carreira no Instituto feminino Rosalía de Castro (IES
Rosalía de hoxe), de novo, en Santiago.
Fun tamén arqueólogo, catalogando castros e realizando escavacións. Quería
saber como eran os galegos e galegas de hai moitos anos. Como etnógrafo, estudei
moito os costumes ao redor dunha festa moi nosa: o Entroido.
Realicei varios traballos como historiador. Estudei, por exemplo, a xeografía
histórica de Galicia, especialmente as rías Baixas e as terras do meu concello, Coto-
bade. Escribín tamén a biografía de varios persoeiros galegos. Contei a vida de, entre
outros, Manuel Murguía, Castelao e Celso Emilio Ferreiro.
Durante toda a miña vida, escribín unha morea de libros. Nomealos aquí sería
imposible. Un que creo que vos pode gustar titúlase Galicia insólita. Nel conto moitas
historias. Por exemplo, supersticións e crenzas sobre a vida e a morte en Galicia. Falo
da Santa Compaña, do meigallo e de trasnos como o nubeiro.
Non son moi amigo de homenaxes. De feito, un día rexeitei unha rúa co meu
nome expresando...
5 LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho
...o meu fondo, pero moi fondo, o máis fondo que pode ser un sentimento de agra-
decido, pero reparen que eu non son merecente de semellante lembranza.
Aínda así, a xente quéreme ben e teño rúas, monumentos, nomes de centros
educativos... esparexidos por toda Galicia.
Por certo, marchei definitivamente de aquí o 5 de novembro de 1999 en San-
tiago de Compostela. Agardo que todo o que fixen na miña vida sirva para coñecer e
amar a nosa cultura. Se algo de min e de Galicia fica dentro de ti para sempre, doume
por satisfeito.
lustración 4: Aquí vedes un busto de Camilo Seira, colocado nunha avenida co meu nome en Santiago de Compostela.
Imaxe: Wiki-pedia.
CEIP Raquel Camacho LETRAS GALEGAS 2019 6
3. REFERENCIAS SOBRE MIN
3.1. A MIÑA BIBLIOGRAFÍA• "Unha serán na catedral", 1929, A Nosa Terra 261, p. 9-10.• "O Entroido nas terras do Sul de Cotobade", 1930, Nós 77. p. 84-94.• "Do folklore de Armeses-Listanco", 1931, Nós 96. pp. 221–227.• "As lêndas da Fonte Pormás", 1932, Nós 108, pp. 218–221.• "O pazo", 1933, Universitarios. Revista de la F.U.E. 2, p. 9.• "Noite", 1933, Cristal 8. p. 11.• "Domingo de ramos na aldea", 1933. Cristal 10. p. 23.• "Nos cantamos?", 1935, Logos. Boletín católico mensual 47, p. 95-96.• "Una página de la vida académica del Doctor Fontán", 1946, en D. Domingo Fontán y su mapa…,
IPS. p. 119-124.• "Máscaras y sermones del carnaval en Cotobad", 1946, RDTP t. II, p. 435-457.• "Notas de azabachería compostelana", 1946, El Museo de Pontevedra t. IV, p. 61-68.• "Escritos no coleccionados de Rosalia de Castro (VII)", 1946, CEG t. II. p. 477-478.• "Contribución al estudio de la Navidad en Galicia", 1947, RDTP t. III. p. 401-446.• "Fiestas populares de Galicia: fiadeiros", 1949, CEG t. IV. p. 397-427.• "El Título del Bachiller Pedro de Vitoria, primer catedrático del Estudio", 1951, CEG t. VI, p. 279-
282.• "Farsas de carnaval en Touro (Coruña)", 1951, CEG t. VI, p. 431-441.• "Apuntes para la historia del Hospital de Ribadiso da Ponte", 1951, Lar (Buenos Aires) 213, p. 61-
62.• "Aportación al estudio de la dote", 1952, Lar (Buenos Aires) 224-225, pp. 63–64.• Geografía de Galicia, 1953, Porto y Cía editores.• "Apuntes sobre mámoas lucenses", 1953, CEG t. VIII, p. 142-146.• "Espera en rumbosa puente", 1953, Lar (Buenos Aires) 236-237, p. 16.• "Músicos y cantores populares", 1954, Lar (Buenos Aires) 248-250, p. 11-12.• "El tizón de Navidad", 1954, Airiños 13, p. 14.• "Grupo dolménico de Monte Orgoso", 1955, III Congreso Nacional de Arqueología (1953), p. 409-
410.• "Petroglifos del monte Pedreira, en Carballedo", 1955, III Congreso Nacional de Arqueología, pp.
411–412.• "El molino de Paula", 1955, Lar (Buenos Aires) 260-262, pp. 35–36.• "La Madamita de Castro Pedro", 1955, Vida Gallega 670/4, p. 43.• "El Colegio de Santiago Alfeo", 1955, Vida Gallega 671/5, p. 24.• "El nacimiento del Miño y sus leyendas", 1955, Vida Gallega 674/8, p. 12.• "Recuerdos de Navidad", 1955, Vida Gallega 676/10, p. 16.• Historia del Colegio de Fonseca, 1956, anexo XI de Cuadernos de Estudios Gallegos.• "Don Gumersindo Laverde y Ruiz, catedrático del Instituto de Lugo", 1956, CEG t. XI, p. 307-312.• "La farsa de Casadenaya", 1956, Boletín de la Real Academia Gallega nº 309-320, p. 162-166.• "Siempre los caminos", 1956, Lar (Buenos Aires) 272-274, p. 25 e 28.• "Motivos del Carballino", 1956, Vida Gallega 716/20, p. 11.• Santiago de Compostela, 1957, Temas españoles n.º 332, Publicaciones españolas.• "El aguinaldo de Reyes", 1957, Vida Gallega 718/22, p. 17.• "El sermón de Duarria", 1957, Vida Gallega 721/25, p. 18.• "La noche de San Juan", 1957, Vida Gallega 723/27, p. 35• "Fiesta Real en Lugo", 1957, Vida Gallega 727/ 31, p. 4-5.• "El paisaje del Ribero", 1957, Vida Gallega 728/32, p. 4-5.• "Costumbres de fin de año", 1957, Vida Gallega 729/33, p. 4.• "Tres hombres de la feria", 1957, Lar (Buenos Aires) 284-286, p. 36 e 38.• Los colegiales de Fonseca, 1958, anexo XII de Cuadernos de Estudios Gallegos.• "Paisaxe e historia nas conversas de D. Ramón Otero Pedrayo", 1958, Homaxe da Galicia Univer-
sal, p. 15-17.• "Posibilidades del paisaje gallego: El paisaje en el cine", 1958, Vida Gallega 730/34, p. 20-21• "El traje tradicional en la artesanía gallega", 1958, Vida Gallega 731/35, p. 12-13.• "La perla de la ría", 1958, Vida Gallega 732/36, p. 16-17.• "Tradición y recuerdo de la Semana Santa campesina", 1958, Vida Gallega 733/37, p. 22-23.• "El libro y la enseñanza", 1958, Vida Gallega 734/38, p. 29• Historia del Colegio de Fonseca, 1956.• "El Miño y Orense", 1958, Vida Gallega 735/39, p. 16-17.• "De Lugo a Vigo por Lalín", 1958, Vida Gallega 736/40, p. 23• "En torno a las rías de Ferrol, Ares y La Coruña", 1958, Vida Gallega 737/41, p. 8-11.• "Caminos de Pontevedra", 1958, Vida Gallega 738/42, p. 9-11.
7 LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho
CARTEL
1
• "La ronda por la muralla", 1958, Vida Gallega 739/43, p. 8-9.• "Algunos dichos del vino", 1958, Vida Gallega 740/44, p. 26-27.• "Cementerios campesinos", 1958, Vida Gallega 741/45, p. 26-27.• "La mutación del paisaje", 1959, Vida Gallega 742-743/46-47, p. 38-39.• "Al comienzo de la Ría", 1959, Vida Gallega 744/48, p. 20-21.• "Paisaje de valle y de ribera", 1959, Vida Gallega 745/49, p. 16-17.• "De Bayona a Tuy por la Guardia", 1959, Vida Gallega 746/50, p. 7-9.• "Hacia el paisaje de las cumbres orensanas", 1959, Vida Gallega 747/51, p. 7-9.• "Viejos estudios compostelanos", 1959, Vida Gallega 748/52, p. 24-25.• "En torno a la Costa de la Muerte", 1959, Vida Gallega 749/53, p. 15-17.• "Fiestas pontevedresas", 1959, Vida Gallega 750/54, p. 16-17.• "Sobre el recuerdo lucense", 1959, Vida Gallega 751/55, p. 19-20.• "Tierras de Portugal", 1959, Vida Gallega 752-753/ 56-57, p. 42-43.• "El conde de Covelo", 1959, Lar (Buenos Aires) 302, p. 17-18.• "La antigua casa de la Carnicería en Santiago", 1960, CEG t. XV, 47, p. 349-352.• "La virgen en el cancionero popular gallego", 1960, El Museo de Pontevedra XIV, p. 67-88.• "Predicción del tiempo y cosechas en el saber popular", 1960, Vida Gallega 754/58. p. 21-22.• "El litoral lucense", 1960, Vida Gallega 757/61. p. 4-5.• "De Orense a Viana por Verín y la Gudiña", 1960, Vida Gallega 758/62. p. 9-11.• "Arte en Compostela: Mª del C. Mariño Taboada", 1960, Vida Gallega 758/62. p. 42.• "En el noroeste galaico", 1960, Vida Gallega 760/64. p. 20-21.• "Arte en Compostela: Exposición de pintura", 1960, Vida Gallega 760/64. p. 61.• "Arte en Compostela: exposición Suárez Ferreiro…", 1960, Vida Gallega 761/65. p. 15.• "Arte en Compostela: Fernández Sánchez…", 1960, Vida Gallega 762-763/66-67. p. 5.• "La pintura en los museos y colecciones particulares", 1960, Vida Gallega 764-765/68-69. p. 11.• "El crucero de Barreiros", 1960, Lar (Buenos Aires) 304, p. 37-38.• "Notas sobre el recibimiento del Arzobispo Don Maximiliano de Austria", 1961, Compostellanum v.
VI, nº 2, p. 333/157-343/167.• "Arte en Compostela: Gonzalo R. de la Cuesta…", 1961, Vida Gallega 766/70, p. 61.• "Arte en Compostela: Roberto González del Blanco…", 1961, Vida Gallega 768/72, p. 13-15.• "Los antiguos gremios del mar", 1961, Vida Gallega 771-772/75-76, p. 23-25 e 28.• "Arte en Compostela: Antonio Moragón…", 1961, Vida Gallega 771-772/75-76, p. 109.• "Castros de la comarca lucense", 1962, Cuadernos de Estudios Gallegos t. XVII, p. 307-328.• "Decir de historiadores", 1963, El Eco Franciscano 1383, p. 327-331.• "Sangüesa y la peregrinación a Compostela", 1964, Compostellanum v. IX, nº 2. p. 329-330/161-
162.• "Algunos dichos y creencias acerca de los animales", 1965, Actas do Congresso Internacional de
Etnografía, 1963. v. III, p. 231-253.• "Influencia de la emigración al Brasil…", 1965, Actas do V Coloquio Internacional de Estudos Luso-
Brasileiros v. I, p. 5-15.• "Origen de la Universidad compostelana", 1965, Dios lo quiere 109, Vitoria, p. 7-9.• "Manuel Murgía en Valladolid", 1966, Abrente (Valladolid), p. 37.• "Emplazamiento de ferias en Galicia a fines del siglo XVIII", 1968, CEG t. XXIII, p. 200-223.• "Notas sobre el paso de los franceses por Lugo", 1968, Cuadernos de Estudios Gallegos t. XXIII, p.
337-346.• "Sebastián González García-Paz: Notas da súa vida e do seu tempo", 1968, Grial 21, p. 334-357.• "Notas de artistas en tierras lucenses", 1969, Cuadernos de Estudios Gallegos t. XXIV, p. 110-125.• "Don Paulino Pedret Casado", 1970, Cuadernos de Estudios Gallegos t. XXV, p. 5-19.• "Derechos de paso por el puente de Rábade", 1970, Cuadernos de Estudios Gallegos t. XXV, p.
245-253.• "Santiago y su tierra en el catastro del Marqués de la Ensenada", 1970, CEG t. XXV, p. 299-310.• "Lembranza de unha xeneración", 1970, Cincuentenario Nós, p. 37-38.• "Aquilino Iglesias Alvariño", 1970, Boletín de la Real Academia Gallega nº 352, p. 454-460.• La Galicia insólita, 1973, Librigal, A Coruña.• Lugo, 1974, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, Santiago de Compostela.• "La sociedad Amigos del Arte de Santiago de Compostela", 1974, Abrente, Santiago de Composte-
la, 6, p. 39-61.• "Castelao en Cotobade", 1975, Boletín de la Real Academia Gallega nº 357, p. 54-59.• "Lembrando a Paulino Pedret Casado", 1977, Boletín de la Real Academia Gallega nº 359, p. 321-
334.• Manuel Murguía, 1979, Colección "Hombres que hicieron Galicia", Banco del Noroeste.• "Literatura oral en Galicia", 1980, Evolución cultural de Galicia: ciclo de conferencias, CAV.• "O M.I. Sr. Dr. Salustiano Portela Pazos", 1980, Boletín de la Real Academia Gallega nº 360, p. 490-
496.• Aportacións ó cancioneiro de Cotobade, 1985, Fundación Otero Pedrayo.• El traje gallego, 1985, Fundación Pedro Barrié de la Maza.
CEIP Raquel Camacho LETRAS GALEGAS 2019 8
• Aquilino Iglesia Alvariño: vida e obra, 1986, Real Academia Galega.• Romarías e santuarios, 1988, Biblioteca Básica da Cultura Galega, Galaxia.• Celso Emilio Ferreiro, 1989, Real Academia Galega.• Galicia máxica, 1991, Biblioteca 114 nº 49, El Correo Gallego, Editorial Compostela.• La Puerta Santa, 1993, Ediciós do Castro, Sada.• O conto de Serafín. O santuario da Franqueira, 1993, Contos do Castromil.• Do Entroido, 1994, Museo do Pobo Galego.• A festa popular en Galicia, 1995, Publicacións do Seminario de Estudos Galegos, Ediciós do Cas-
tro.• As cousas de Antonio de Insuela, 1996, Colección de autores 3, El Correo Gallego / Caja de Ma-
drid.• Cantigueiro de Cotobade, 1998 (reedición), Ediciós do Castro, Sada.• "Festa equinoccial", 1998, 23 letras para un pais, O Correo Galego, p. 29-32.• "Lembrando a Manuel Fabeiro", 1998, Día das letras galegas, Sociedad Liceo, Grupo filatélico, p.
13-14.• "Don Xosé Fernando Filgueira Valverde", 1998, Antropoloxía mariñeira, CCG, p. 13-14.• "Lenda e poesía popular nas nosas rías, no noso mar", 1998, Antropoloxía mariñeira, CCG, p. 335-
348.• "Antropólogos de comenzos de século…", 1998, El Museo de Pontevedra t. LII, p. 135-162.• "Ángel Ilarri un amante de Vigo e do seu mar", 1998, Castrelos 11, p. 13-14.• "Terra de Montes e terras veciñas", 1998, Cotaredo 1, Forcarei. p. 8-10.• "Recuerdo del molino y moler: algo de las “muiñadas” de Antonio de Insuela", 1998, Molinum 1, p.
5-7.• "Laudatio de Castelao", 1999 (reed.), Presenza de Castelao na Academia, RAG, p. 29-31.• "As festas populares", 1999, en Circular polo Saviñao, Círculo Saviañao, p. 171-177.• "As augas misteriosas", 1999, en Las aguas de la Provincia de Ourense, p. 115-126, RAGC.• "O lugar e a casa onde nacín", 1999, Grial 144, p. 621-629.• "Manuel Vázquez Seijas", 2000, Boletín da Real Academia Galega nº 361, p. 288-289.• "Xaquín Lorenzo Fernández", 2000, Boletín da Real Academia Galega nº 361, p. 297-299.
3.2. RECURSOS WEB QUE FALAN SOBRE MINCRTVG (1986): Especiais: Antón Fraguas. Web da Corporación Radio e Televisión de Galicia.
Galipedia (2018): Antón Fraguas [en liña]. Wikipedia: A enciclopedia libre.
Museo do Pobo Galego (2018): Fundación Antonio Fraguas. Web do Museo do Pobo Galego.
9 LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho
Proxecto Meiga (2018): Listaxe de libros de Antón Fraguas. Portal da Rede de Bibliotecas de Galicia.
RAG (2018): O Día das Letras Galegas de 2019 estará dedicado a Antón Fraguas [en liña]. Web da RealAcademia Galega.
Secretaría Xeral de Política Lingüística (2018): Antón Fraguas, do local ao universal. O Portal da LinguaGalega.
CEIP Raquel Camacho LETRAS GALEGAS 2019 10
4. ACTIVIDADES SOBRE MIN PARA E. INFANTIL
ACTIVIDADE EI1_GLOBALIZADA_LECTO
PORTADA DOS TRABALLOS DO TRIMESTRERECORTA OU PICA A FOTO, AS LETRAS DO MEU NOME E APELIDOS (SABÍAS QUE TEÑO
DOUS IGUAIS?) PARA ENGADIR NA PORTADA DOS TRABALLOS DO TRIMESTRE.
PICAR
RECORTAR
PEGAR
LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles
F
A AR
GU
FRAGUAS
AN
TÓ
N
S
PA
PALETA
ACTIVIDADE EI2_GLOBALIZADA_PLÁSTICA
ANTÓN, O ARQUEÓLOGOUNHA DAS PROFESIÓNS QUE REALICEI NA MIÑA VIDA FOI A DE ARQUEÓLOGO. NOMEA E
COLOREA SÓ OS UTENSILIOS PROPIOS DUN BO ARQUEÓLOGO.
PENSAR
FALAR
COLOREAR
Imaxes: Vecteezy.
Letras Galegas 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles
BROCHA
ROLO
CASCOARQUEÓLOGO
ACTIVIDADE EI3_GLOBALIZADA_ED. IGUALDADE_MATES
AUTORES E AUTORAS NAS LL.GG.
ESTES SON TODAS AS AUTORAS E ALGÚNS DOS AUTORES AOS QUE SE DEDICOU O DÍA DAS LETRAS
GALEGAS. CANTOS HOMES SOMOS? E MULLERES?
HAI ____ HOMES. HAI ____ MULLERES.
PENSAR
FALAR
RODEAR
PEGAR
EDI
Imaxes: Wikipedia.
LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles
ACTIVIDADE EI4_GLOBALIZADA_DISCR. VISUAL
AS 5 DIFERENZASESTAS SON DÚAS FOTOS DO CARTEL NÚMERO 5 QUE CONTA A MIÑA VIDA. TRATA DE ATOPAR 5 DIFERENZASQUE HAI ENTRE ELES.
PENSAR
MIRAR
RODEAR
Letras Galegas 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles
5. ACTIVIDADES SOBRE MIN PARA 1º E 2ºAUTORES E AUTORAS NAS LL.GG.
Nestas fotos estamos algúns dos autores aos que se nos dedicou oDía das Letras Galegas. E todas as mulleres homenaxeadas.
ACTIVIDADE EP1_MATES
Mira as fotos de enriba e completa:Hai ____ mulleres.Hai ____ homes. ____ + ____ = ____En total hai ____.
ACTIVIDADE EP2_MATES
Faltan 42 homenaxeados. Cantos levamos en total?Somos ____ homenaxeados e homenaxeadas nas fotos.Faltan ____ homenaxeados e homenaxeadas.Levamos xa ____ homenaxeados e homenaxeadas.
CONTAR
ESCRIBIR
SUMAR
PENSAR
Imaxes: Wikipedia.
ACTIVIDADE EP3_LINGUA
Recorta as sílabas e compón as palabras que aparecen nos carteis.Unha está no cartel 2, outra no cartel 5 e a última no cartel 6.
RECORTAR
PEGAR
PENSAR
LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles
sue In pro la
cia fe sor Ga
li
6. ACTIVIDADES SOBRE MIN PARA 3º E 4º DE E. PRIMARIA
ACTIVIDADE EP4_SOCIAIS
LUGARES DA MIÑA VIDA
Este é un mapa de Galicia, xa o sabes. Le a historia que che conto noapartado 2 e localiza no mapa:• O lugar onde nacín.• Os sitios onde dei clase nun instituto.• A cidade onde morrín.
Usa, se o desexas, Google Maps.Usa, se o desexas, o visualizador de mapas da Xunta.
BUSCAR
ESCRIBIR
EDI
TABLETA
MÓBIL
Imaxe: Turgalicia.
LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles
ACTIVIDADE EP5_LINGUA
SOPA DE LETRAS
Busca na sopa de letras hai 7 ocupacións ás que me dediquei.
BUSCAR
RODEAR
ACTIVIDADE EP6_COMPRENSIÓN ORAL
A NOVA NO TELEXORNAL
No vídeo do código QR, o Telexornal conta unha nova sobre min. Re-prodúceo, préstalle atención e logo responde unhas preguntas.1. Na Real Academia Galega, cal foi o resultado da vota-
ción que me elixiu como homenaxeado?2. Eu tamén estiven na Real Academia Galega. Que sitio
ocupei? Quen sentaba nel antes de entrar eu?3. Dunha destas institucións fun director. Cal?
◦ Irmandades da Fala.◦ Museo do Pobo Galego.◦ Seminario de Estudos Galegos.
4. Hai algo que, para min, se está deteriorando. O que? Dígoo no vídeo.
ESCUOITAR
ESCRIBIR
LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles
7. ACTIVIDADES SOBRE MIN PARA 5º E 6º DE E. PRIMARIA
ACTIVIDADE EP7_SOCIAIS
A LIÑA DO TEMPO
Xa che contei no cartel 8 que dediquei moito tempo a estudar a historia. Agora quero que me de-mostres canto sabes ti disto. Ordena cronoloxicamente estes feitos históricos (do máis antigo ao máis recente).
Revolta Irmandiña Romanización de Galicia
Publicación de Cantares Gallegos Nacemento de Antón Fraguas
Guerra Civil española Cultura castrexa
Constitución Española de 1978 Reino suevo
PENSAR
ESCRIBIR
EDI
TABLETA
MÓBIL
ACTIVIDADE EP8_MATES
DOUS TEXTOS, DÚAS PREGUNTAS
Le estes dous textos sobre min extraídos da Wikipedia e de Cultura de Galicia:
IMAXE: WIKIPEDIA.
IMAXE: CULTURA DE GALICIA.
Agora, resolve estas preguntas que xorden:
1. Cantos anos tiña cando me xubilei?2. Cantos anos había que morrera cando decidiron dedicarme o Día das Letras Galegas?
PENSAR
ESCRIBIR
EDI
TABLETA
MÓBIL
LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles
WIKIPEDIA
CUTLURA DE GALICIA
ACTIVIDADE EP9_LINGUA_LECT. COMPRENSIVA_APR. COOP.LEDE E CONTESTADE!
Por grupos, lede o apartado 2 da guía titulado A miña vida en poucas palabras e contestade as seguintes cuestións:
1. Onde se atopaba o meu pai cando nacín?
2. Por que, ao final, non emigrei cos meus pais?
3. Cantas veces tiven que aprobar o exame para ser profesor de instituto?
4. Que ocorreu para que deixara de ser profesor de instituto no ano 1936?
5. Nomea, polo menos, 3 oficios aos que me dediquei na miña vida?
6. Como se titula o libro no que falo sobre a Santa Compaña?
7. Nomea 3 institucións que eu axudara a crear.
LER
BUSCAR
FALAR
ESCRIBIR
LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles
ACTIVIDADE EP10_LINGUA_ED. IGUALDADE_APR. COOPERATIVA
OS PERSOEIROS MISTERIOSOS
Por grupos, investigade (preguntando a alguén, consultando na Internet, buscando en libros...) e
escribide quen somos os persoeiros das fotos. Unha é moi sinxela. Non vos queixedes :)
Se vos atopades perdidos ou perdidas, aquí tendes dúas pistas:• Pista 1: a todos e todas se nos dedicou o Día das Letras Galegas.• Pista 2: as nosas iniciais son, por orde, EBA, RC, MVM e AFF.
Solucións ao final da guía.
BUSCAR
FALAR
ESCRIBIR
EDI
TABLETA
MÓBIL
Imaxe: Pressbooks e Wikipedia.
LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles
ACTIVIDADE EP11_LINGUA_MATES_APR. COOP.CIFRAS E LETRAS
Buscamos unha palabra de 7 letras relacionada co meu nome.
G F L R A S U T ASeguimos con letras, procuramos agora outra palabra de 7 letras, pero pode haber máis emaiores.
O T B A O E I C DE agora as cifras. Con estes números da miña vida tes que chegar ao resultado de 2.Podes sumar, restar, dividir e multiplicar e non é obrigatorio usar todos os números. Otempo empeza xa!
Século de nacemento
20Día de nacemento
28Membros do SEG
17Mes de nacemento
12Día de pasamento
5
Solucións ao final da guía.
PENSAR
ESCRIBIR
EDI
TABLETA
MÓBIL
ACTIVIDADE EP12_EXPRESIÓN ESCRITA
INVENTANDO HISTORIAS
Viches o cartel número 9? Arrepiante, a que si? Representa a Santa Compaña. Escribínisto sobre ela no meu libro A Galicia insólita:
A Santa Compaña [...] é unha reunión de almas, polo menos cinco, que todas as noites fan determinados percorridos desde a igrexa polos lu -
gares da parroquia. [...] Os cinco indispensables da Santa Compaña son: o que leva a cruz, o do estandarte, o do caldeiro de auga bendita, a
lanterna ou Farol para acompañar o Viático e a campá. [...] únese á Compaña a Visión co seu correspondente enterro.
[...] os que van na Compaña só van en espírito, o seu corpo queda na cama e aínda que o chamen non responde. Todos os compoñentes
teñen que gardar rigoroso segredo.
[...] O visionario que presencia o paso da Compaña co cortexo fúnebre pode coñecer quen é o que vai morrer por figurar detrás do cadaleito
[...]. se alguén ve a Compaña ou Visión e llo conta ao interesado, este vivirá bastantes anos máis.
Agora que xa che expliquei algo máis da Compaña, escribe un conto pequeno, un relato curto que
teña como protagonista esta tradición tan galega. A extensión máxima do conto será de 150 pala-
bras.
PENSAR
ESCRIBIR
LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles
8. ACTIVIDADES SOBRE MIN PARA A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
ACTIVIDADE AD1_LECTURA IMAXES
OS 10 CARTEIS EN PICTOGRAMASLe estas frases sobre os carteis da proposta sobre a miña vida para coñecer-me máis. Logo, podes recortalos e compoñer as frases de novo.
O DÍA
DAS LETRAS
GALEGAS
RECORDAMOS
A ANTÓN FRAGUAS.
ANTÓN FRAGUAS
NACEU
NUNHA ALDEA
DE PONTEVEDRA.
ANTÓN FRAGUAS
ERA
BO ESTUDANTE.
ANTÓN FRAGUAS
COÑECEU
A CASTELAO.
ANTÓN FRAGUAS
MONTOU
O MUSEO DO POBO GALEGO
LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles
OS 10 CARTEIS EN PICTOGRAMAS
Le estas frases sobre os carteis da proposta sobre a miña vida paracoñecerme máis. Logo, podes recortalos e compoñer as frases denovo.
ANTÓN FRAGUAS
FOI
PROFESOR.
ANTÓN FRAGUAS
FOI
ARQUEÓLOGO.
ANTÓN FRAGUAS
ESCRIBIU
LIBROS SOBRE
ESCRITORES.
ANTÓN FRAGUAS
FOI
ESCRITOR.
ANTÓN FRAGUAS
FOI
UN HOME
MOI QUERIDO.
LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles
ACTIVIDADE AD2_ORDENADO DE IMAXES
ORDENANDO FRASESVaia, que desordenado está todo! Serías quen de organizar ben as frases so-bre a miña vida?
ANTÓN FRAGUAS
A CASTELAO.
COÑECEU
ARQUEÓLOGO.
ANTÓN FRAGUAS
FOI
FOI
ANTÓN FRAGUAS
PROFESOR.
PICAR
RECORTAR
PEGAR
LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles
CARTEIS
1-10
9. SOLUCIÓNS AOS EXERCICIOS
ACTIVIDADE EP10_LINGUA_MATES_APR. COOP.• Enriba: Eduardo Blanco Amor e Rosalía de Castro.
• Embaixo: María Victoria Moreno e Antón Fraguas.
ACTIVIDADE EP10_LINGUA_MATES_APR. COOP.
• Primeira palabra a descubrir: FRAGUAS.
• Segunda palabra a descubrir: COTOBADE.
• Operacións necesarias para chegar ao número 2:
◦ Por un lado: 17+5=22.
◦ Por outro: 22-12=10
◦ Seguimos cos dous resultados saíntes: 22-10=12.
◦ Logo, sumamos día do meu nacemento (28) con ese 12 e dá 40.
◦ E, por último, dividimos 40 entre o número que nos falta (20) e obtemos o desexado 2.
LETRAS GALEGAS 2019 CEIP Raquel Camacho actividades imprimibles