En galego, máis e mellor!
-
Upload
coordinadora-galega-endl -
Category
Education
-
view
1.982 -
download
5
Transcript of En galego, máis e mellor!
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 17 febreiro de 2010
Non me sinto menos galego por non falar galego. Falando cas-telán son tan galego como calquera que fale galego.
Un galego non deixa de ser galego por falar inglés ou francés ou moitas máis linguas. Non, é un galego políglota. Pero un galego que falase en Galicia todo o día e con todo o mundo en francés sería estraño. Se un grupo de galegos fa-lase todo o día entre eles e con todo o mundo en francés en Galicia serán un grupo de snobs ou friquis ou modernos ou curiosos ou o que sexa, pero non deixarían de ser galegos. Agora ben, se un galego non fala galego (polo motivo que sexa: inercia noutra lingua, preguiza, prexuízos etc.), pero tampouco respecta a quen o fala, nin defende o uso público do galego, nin defende o xusto equilibrio e normali-zación de usos entre as linguas oficiais, nin quere que os seus fillos falen ben tamén o galego, menospreza a quen usa o galego e non toma partido pola lingua do país desfa-vorecida e asoballada (xustiza, sanidade etc.) segue sendo un galego, pero un galego renegado que padece a síndrome de Michael Jackson, o negro que non quería ser negro, que renegaba dos seus, que quería ser branco e derivou nun triste androide.
Do libro 55 MENTIRAS SOBRE A LINGUA GALEGA. Dirixido por Xosé -Henrique Costas, Edicións Laiovento
Do nº 24 (febreiro-marzo de 2010) da revista de humor RETRANCA
A igrexa de San Domingos é unha gran construción do gótico das ordes mendicantes en Galiza. E os espazos do convento son unha grande oportunidade para facer un museo en Tui.
GRANDE ou GRAN? SANTO ou SAN?
O día de SAN Telmo será unha GRANDE ocasión para pasalo ben. A romaría de SANTO André é unha GRAN festa do verán.
É moi doado saber cando temos que usar unha ou outra opción: Sempre que a palabra que veña a continua-ción comece por vogal hase poñer a forma rematada en vogal, se a palabra seguinte comeza por consoante tense que poñer a forma rematada en consoante.
POST ou POS?
A miña avoa foi á escola canda a POSGUERRA. Matías levou moi ben o POSTOPERATORIO.
Tampouco é difícil saber cando empregar un ou outro; só hai que seguir a seguinte regra:
VOGAL + VOGAL CONSOANTE + CONSOANTE
POS + CONSOANTE POST + VOGAL