DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO
description
Transcript of DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO
![Page 1: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052223/5681557b550346895dc342df/html5/thumbnails/1.jpg)
DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL
E IMPERSOAL DE INFINITIVO
![Page 2: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052223/5681557b550346895dc342df/html5/thumbnails/2.jpg)
DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO
Imos estudar a construción persoal e impersoal de infinitivo a través de seis fases:
Fase 1ª: Ubicación
Fase 2ª: Recoñecemento
Fase 3ª: Verbos determinantes
Fase 4ª: Tradución
Fase 5ª: Mutación
Fase 6ª: Orixe, evolución e razón do nombre
![Page 3: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052223/5681557b550346895dc342df/html5/thumbnails/3.jpg)
Fase 1ª: Ubicación: Como saber que estamos diante
deste tipo de construción?
Cando nos atopemos cunha oración de infinitivo da que o verbo determinante estea en voz pasiva e non se trate dun verbo deponente. Exemplo:
SI: Dicitur Homerum caecum fuisse.
NON: Piso pollicetur Caesarem iturum.Verbo pasivo
Verbo deponente
![Page 4: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052223/5681557b550346895dc342df/html5/thumbnails/4.jpg)
Fase 2ª: Recoñecemento: E como distinguir se é impersoal ou persoal?
• IMPERSOAL
Se se dan conxuntamente dúas circunstancias:
- Que o verbo pasivo en forma persoal estea en terceira persoa do singular.
- Que na frase haxa un acusativo suxeito do infinitivo.
• PERSOAL
Sempre que o verbo determinante non estea en terceira persoa do singular.
Tamén cando, ao estar o verbo determinante en terceira persoa do singular, non haxa na frase un acusativo suxeito do infinitivo.
Solem e mundo tollere videntur qui amicitiam e vita tollunt.
Dicitur Homerum caecum fuisse.
Druidum disciplina in Britannia reperta atque inde in Galliam translata esse existimatur.
![Page 5: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052223/5681557b550346895dc342df/html5/thumbnails/5.jpg)
Fase 3ª: Verbos determinantes: Que verbos determinantes adoitan
usarse?
Videtur: parece, semella
Fertur/dicitur: dise, disque
Existimatur/putatur: pénsase
Traditur: sábese por tradición
Auditur/audiebatur: óese/ouvíase
Iubetur/iussum est: ordénase/ordenouse
w:w:
Se o verbo determinante pasivo aparece en tempo composto na construción impersoal, o participio iempre estará en forma neutra; na persoal, concertará en xénero, número e caso co nominativo que fai de suxeito.
![Page 6: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052223/5681557b550346895dc342df/html5/thumbnails/6.jpg)
Ambas as dúas construcións tradúcense da mesma maneira, como se fose impersoal, é dicir, como se se tratase dunha oración de infinitivo con suxeito en acusativo.
Vexamos un exemplo
Fase 4ª: Tradución: Como traducir?
![Page 7: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052223/5681557b550346895dc342df/html5/thumbnails/7.jpg)
Dicitur Homerum caecum fuisse / Dicitur Homerus caecus fuisse
Comézase por traducir o verbo determinante seguido de ‘que’:
Dicitur: dise que
Homerum caecum fuisse/Homerus caecus fuisse: Homero foi cego.
Tradúcese logo o suxeito do infinitivo e, por fin, o infinitivo na forma persoal que lle corresponda máis os seus complementos:
Preme o teu rato para avantar na presentación
![Page 8: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052223/5681557b550346895dc342df/html5/thumbnails/8.jpg)
• TRANSFORMACIÓN DE IMPERSOAL A PERSOAL
Comézase por pasar a nominativo –do seu mesmo xénero e número- a palabra que aparece na construción impersoal en acusativo suxeito do infinitivo; se na impersoal houbese algún adxectivo concertando co dito suxeito –incluído i participio se se trata dun infinitivo composto-, este adxectivo ou participio tamén se pasará a nominativo:
Impersoal: Dicitur Homerum caecum fuisse
Fase 5ª: De perfeccionamiento: Como se transforma unha construción impersoal a persoal e
viceversa?
Acusativo, suxeito do infinitivo
Adxectivo que concerta co suxeito.
Ambos pasan a nominativo: Homerus caecus
Preme no teu rato para avantar na presentación
![Page 9: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052223/5681557b550346895dc342df/html5/thumbnails/9.jpg)
Polo demais, se a persoa e número resultante do novo suxeito non coincidise coa 3ª persoa do singular do verbo determinante, modificarase este para facelo concertar:
Impersoal: Dicitur Homerum caecum fuisse
Preme no teu rato para avantar na presentaciónO verbo determinante non precisa cambiar
neste exemplo, pois o seu novo suxeito –Homerus- é un nominativo singular.
Persoal: Dicitur Homerus caecus fuisse
Nun exemplo como o seguinte, si tenríamos que cambiar o verbo determinante:
Impersoal: Hostes adesse nuntiatur / Persoal: Hostes adesse nuntiantur
Acusativo, suxeito de adesse Nominativo, suxeito de nuntiantur e de adesse.
![Page 10: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052223/5681557b550346895dc342df/html5/thumbnails/10.jpg)
• TRANSFORMACIÓN DE PERSOAL A IMPERSOAL
O procedemento é o inverso. Comézase por poñer o verbo determinante en 3ª persoa do singular do mesmo tempo, se non o estivese; logo, a palabra en nominativo –expresa ou elíptica- que facía de suxeito do dito verbo pasa a acusativo do seu mesmo número para que sexa agora suxeito do infinitivo; finalmente faise o mesmo (pásase a acusativo do seu mesmo xénero e número) os adxectivos ou participios que acompañasen a ese suxeito:
Fase 5ª: De perfeccionamiento: Como se transforma unha construción impersoal a personal
e viceversa?
Preme no teu rato para avantar na presentación
Persoal: Aristeus olei inventor fuisse dicitur
Impersoal: Aristeum olei inventorem fuisse dicitur
Nominativo, suxeito de
dicitur
3ª persoa do singular, con Aristeus como suxeito
Nominativo, a concertar con Aristeus
Acusativo, suxeito de fuisse
Acusativo, a concertar con Aristeum
3ª persoa do singular, coa oración de infinitivo como
suxeito
![Page 11: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052223/5681557b550346895dc342df/html5/thumbnails/11.jpg)
Pártese, na súa orixde, de verbos declarativos (decir, contar, saber...) que en activa -máis que nada na 3ª persona do singular ou plural as máis das veces (di/din, conta/contan...) poden eventualmente adoptar a construcción impersoal, no senso de non contaren cun suxeito definido:
Dicunt Suevos centum pagos habere
Din que os Suevos teñen cen aldeas
Fase 6ª: Orixe, evolución e razón do nome: Como surxe a construción persoal e por que se chama
así?
Preme no teu rato para avantar na presentación
Pois ben, se transformamos a oración en pasiva, a oración de infinitivo, lóxica e gramaticalmente, pasa a ser suxeito do dito verbo declarativo:
Dicitur Suevos centum pagos habere
![Page 12: DIDÁCTICA DA CONSTRUCIÓN PERSOAL E IMPERSOAL DE INFINITIVO](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052223/5681557b550346895dc342df/html5/thumbnails/12.jpg)
Agora ben, a tendencia do latín a suprimir o impersoal provocou que o acusativo –suxeito do infinitivo- pasase a nominativo –suxeito, gramaticalmente só, non lóxicamente, do verbo declarativo-, que queda así convertido artificialmente en persoal. Esta construción persoal é, con moito, a máis frecuente en latín clásico. Quedaría, pois, finalmente así a nosa construción orixinal:
Dicuntur Suevi centum pagos habere.
Esta construción chámase tamén ‘construción de infinitivo con nominativo’.