Día contra violencia de xénero
-
Upload
infantil-volando-vengo -
Category
Education
-
view
221 -
download
0
Transcript of Día contra violencia de xénero
Día Contra a Violencia de Xénero
en infantil
As nenas e nenos de infantil levamos unha
grande sorpresa cando chegamos as nosas clases…
tiñamos a aula decorada con globos laranxas .
E por que? Algúns pensabamos que era o cumple da profe,
outros deciamos que era porque o nadal está ben cerquiña…non
dabamos atinado co motivo, ata que as profes explicáronnos que
era un día especial:
O día no que celebramos que todos os nenos e
nenas nos levamos ben, compartimos, colaboramos e
que nos gusta estar xuntiños.
Beltrán tomouse o día moi en serio! Ben pronto
abrazou a Irati e mostroulle todo o seu cariño.
Quixemos decorar o noso corcho
para que todo o mundo soubese
que os nenos e nenas de infantil
levámonos moi ben, e deixamos a
nosa huella en globos de cor
laranxa.
Xogamos a intercambiar os globos
empregado 3 claves máxicas: “nos miramos
aos ollos, sorrimos e pedimos por favor”.
Tamén escoitamos o conto “Maruxa” (Oqo
editora) no que a través dun divertido
matrimonio, –Pepiño e Maruxa- coñecemos
como as veces o traballo da casa está moi mal
repartido: mentres Maruxa pranchaba,
labraba e barría, Pepiño folgaba e durmía…
ata que un día…
Despois da lectura do libro
fixemos as nosas representacións
creativas de “Maruxa”
E por suposto, como no conto
Pepiño afanábase por facer pan, nós
tamén quixemos poñernos mans a
obra! E fixemos os nosos propios
pans!... pero con chourizo que é
un dos bocatas preferidos de
infantil.
Medimos, pesamos,
amasamos,
forneamos…
E finalmente comemos o bocata elaborado por nos mesmos…
Algúns estaban moi quentes pero que bos estaban!!
A 25 novembro de 2014
Fontes-Baíña