Demografia 1
-
Upload
markos-mendiguren -
Category
Documents
-
view
246 -
download
4
description
Transcript of Demografia 1
DEMOGRAFÍA
A POBOACIÓN E A SÚA DISTRIBUCIÓN
Densidade de poboación: Habitantes / Km2.
A distribución é desigual, existindo fortes contrastes:
- Focos de concentración: Sueste asiático, costa leste de Estados Unidos,
Europa occidental, etc. Exemplo: Bangl Desh 1136 habitantes por km2.
- Focos de despoboamento: Coinciden cos polos e coas zonas frías, alta
montaña, desertos e selvas ecuatoriais. Exemplo: Islandoa 2,9 hab/km2.
Busca os teus propios exemplos!!
FACTORES DE DISTRIBUCIÓN DA POBOACIÓN
Factores físicos:
Relevo / Clima / Solos.
Preferencia por lugares próximos ao mar, con auga doce, fértiles e con recursos
enerxéticos.
Factores humanos:
Antigüidade do poboamento explica as altas densidades de Asia, norte de
África e Europa.
Economía: Nos países indsutrializados a poboación localízase en áreas
industriais e de servizos, nos atrasados nas zonas agrarias.
OS MOVEMENTOS DA POBOACIÓN
Os movementos da poboación son o natural e os migratorios.
O movemento natural e o crecemento ou decrecemento da poboación por
causas naturais.
Crecemento natural o vexetativo = natalidade – mortalidade.
Os movementos migratorios son os desprazamentos da poboación no espacio.
A inmigración suma poboación e a emigración, a saída, os resta (ver vídeos).
Saldo migratorio= Inmigración – emigración.
Crecemento real= Crecemento natural + saldo migratorio.
Estes movementos estúdanse por taxas que adoitan expresarse en tantos por mil (‰).
MOVEMENTOS NATURAIS: NATALIDADE E MORTALIDADE.
NATALIDADE
Número de nacementos que se producen nunha poboación durante un ano.
Mídese mediante a taxa de natalidade (Nacementos x 1000 / Poboación). Máis
de 30 ‰ alta, menos de 20 ‰ baixa.
Taxa de fecundidade: Media de fillos por muller (más de 3,5 alta, menos de 2
baixa. A taxa de substitución é de 2,1 fillos).
Estas taxas varían moito no mundo.
Anota exemplos de países.
Factores da natalidade:
Biolóxicos (idade da nai) / demográficos (cantidade de mozos e anciáns)/
socioeconómicos (relixión, acceso anticonceptivos, traballo da muller, custo da vida,
etc).
A MORTALIDADE
Número de defuncións nun ano nunha poboación.
Mídese mediante a taxa de mortalidade (idéntica fórmula que a de
natalidade). Máis de 15 ‰ alta – menos de 10 ‰ baixa.
Un dato importante é a taxa de mortalidade infantil (Falecidos menores dun
ano x 1000/ Número de nacementos). Máis de 50 ‰ alta e menos de 25 ‰ baixa.
A esperanza de vida e a duración da vida media dun habitante dunha
poboación (+ 70 anos alta, baixa – 60 anos).
Busca exemplos mediante as gráficas.
Factores da mortalidade:
Biolóxicos (herdanza, sexo) / demográficos (cantidade de mozos e anciáns)/
socioeconómicos (nivel de ingresos, cultural, profesión, recursos sanitarios, dieta,
etc).
A ESTRUTURA DEMOGRÁFICA E OS SEUS
DESEQUILIBRIOS
ESTRUTURA POR SEXO
Relación entre o número de homes e mulleres dunha poboación.
Taxa de masculinidade e feminidade
Taxa de feminidade= número de mulleres x 100 / número de homes.
Taxa de masculinidade = número de homes x 100 / número de mulleres.
As taxas altas de feminidade corresponden a poboacións avellentadas, as taxas
altas de masculinidade a poboacións novas, debido ás diferentes esperanzas de vida.
ESTRUTURA POR IDADE
Porcentaxe de poboación nova (0 - 14), adulta (15 - 64) e anciá (+ 65).
Reparto heteroxéneo.
Poboación nova en países con réxime demográfico antigo o que están na
primeira fase da transición (por dous exemplos de distintos continentes de países
onde menos do 5% da poboación e anciá). Problemas asociados: desnutrición, altas
taxas de analfabetismo, altas taxas de paro, desconteto social, emigración.
A poboación envellecida e propia de países que remataron a transición
demográfica (réxime demográfico moderno, busca exemplo de dous países de dos
continentes diferentes). Problemas: baixos crecementos demográficos, escaseza de
traballadores, gasto en pensións, sanidade e atencións sociais.
A ESTRUTURA ECONÒMICA
Sector primario: poboación alta nos países subdesenvolvidos (+ 50% da
poboación activa).
Sector secundario: Variable. Nos países desenvolvidos ocupa entre o 25 e o
35% da poboación. Os países subdesenvolvidos adoitan estar sen industrializar.
Sector terciario: Supera o 60% nos países desenvovlvidos.