DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do...
Transcript of DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do...
![Page 1: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/1.jpg)
DEP L A N X E R A Ldis
ponobl
e en v
ersión
caste
llana
solici
tud en
el te
léfono
: 981
546 43
5
CONSELLERÍA DE SANIDADEE SERVICIOS SOCIAISDE GALICIA
PREVENCIÓNDE RISCOSLABORAISDO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE
XUNTA DE GALICIA
![Page 2: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/2.jpg)
DEP L A N X E R A L
PREVENCIÓNDE RISCOSLABORAISDO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE
![Page 3: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/3.jpg)
EDITA: XUNTA DE GALICIAConsellería de Sanidade e Sevicios Sociais.Servicio Galego de Saúde.
TÍTULO: “PLAN XERAL DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAISDO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE”
ELABORACIÓN:Subdirección Xeral de Coordinación e AvaliaciónAsistencial.Servicio Central de Prevención de Riscos Laborais.
DESEÑO: R ÁF IC O
conchita viñas DESEÑO
![Page 4: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/4.jpg)
A Constitución Española encomenda ós poderes públicos velar pola seguridade e hixiene no traba-llo. Este mandato constitucional conleva a necesidade de desenvolver unha política de proteccióndos traballadores mediante a prevención dos riscos derivados do seu traballo, establecéndose na Lei31/1995 de Prevención de Riscos Laborais o marco no que se desenvolverán as medidas e activida-des necesarias.
O SERGAS asume a esixencia de crear condicións positivas que tendan á prevención e control dosfactores de risco laboral. Neste sentido incorporamos á nosa política o espírito de integración da acti-vidade preventiva, o dereito dos traballadores á protección fronte ós riscos laborais e ós principiosda acción preventiva, así como o Pacto do 29 de maio de 1998 subscrito pola Administración Sanitariacoas Centrais Sindicais, para acada-lo nivel máis elevado de saúde dos nosos traballadores.
Así mesmo manifestamos o interese pola protección da saúde dos traballadores, tema ó que se lleconcede a máxima importancia, polo que se recollerán, nos plans anuais, obxectivos, medios e pro-cedementos precisos para acada-la meta proposta.
Tanto os directivos do SERGAS coma os traballadores son conscientes de que é preciso fomentarunha mellora da educación nestes temas para acadar unha actitude positiva e unha auténtica culturapreventiva de toda a Organización.
O noso primeiro obxectivo é o cumprimento da lexislación vixente, dos compromisos subscritos asícomo da normativa preventiva específica que nos poida afectar.
Por último, manifesta-lo compromiso e a vontade da dirección do SERGAS de que nos nosos centrosde traballo non só se cumpran as disposicións legais en materia de Prevencion de Riscos Laboraissenón tamén que se promova a mellora continua das condicións de saúde, para o cal vimos de ela-bora-lo Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais do SERGAS recentemente aprobado poloConsello da Xunta.
José Ma. Hernández Cochón
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
3
PRESENTACIÓN
![Page 5: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/5.jpg)
INTRODUCCIÓN E ÁMBITO DE APLICACIÓN
PRINCIPIOS BÁSICOS
OBXECTIVOS
ESTRUCTURA DO SISTEMA DE PRL: ÁREAS PREVENTIVAS
PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E PROGRAMACIÓN
RESPONSABILIDADES
AVALIACIÓN DO SISTEMA DE PRL
5
INDICE
páx 7
páx 8
páx 9
páx 11
páx 19
páx 25
páx 31
![Page 6: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/6.jpg)
Dentro das liñas estratéxicas de actuación doSERGAS ocupa un lugar importante o compro-miso de procurar ós seus traballadores unaxeitado nivel de protección fronte ós riscoslaborais.
O fin último desta actuación é de garantir unsniveis adecuados de saúde e seguridade, pro-curando unha mellor calidade de vida no traba-llo que beneficie así mesmo á organización entermos de eficacia e calidade asistencial, quedebe se-lo obxectivo común do Sergas tantodesde o punto de vista da organización comados propios traballadores. Neste sentido, apolítica de prevención será ó mesmo tempointegrada e integradora a tódolos niveis produc-tivos e implicando a tódolos traballadores.
O Plan Xeral de Prevención de Riscos Laboraisconstitúe o documento guía de base que regu-lará tódalas actividades e accións en materiade Prevención de Riscos Laborais (PRL), de talxeito que ditas actividades respectarán sem-pre os principios establecidos neste Plan.
Para a elaboración deste Plan tivéronse enconta as directrices das normas UNE 81900 EXe UNE 81905 EX sobre política de prevención eimplantación dun sistema de xestión de riscoslaborais, o que dalgún xeito garante unha xes-tión da prevención con criterios de calidade ótempo que responde á filosofía e obrigas da Lei31/1995 de Prevención de Riscos Laborais e doRD 39/1997 dos servicios de prevención. Tal ecomo se indica en ditas normas, a implantacióndun sistema de prevención de riscos laboraisnon supón por si mesma a reducción inmedia-ta do número de accidentes ou enfermidades,senón que constitúe o instrumento organizativoe de xestión para ir avanzando cara ós resulta-dos preventivos propostos.
O ámbito de aplicación deste Plan Xeral dePrevención de Riscos Laborais son tódolos centros de traballo e tódolos traballadores doServicio Galego de Saúde.
7
INTRODUCCIÓN [ ]E ÁMBITO DE APLICACIÓN
![Page 7: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/7.jpg)
[ O Sistema de Prevención de RiscosLaborais será axeitado á actividade doSERGAS e estará integrado dentro do sis-tema xeral de xestión da organización, dexeito que sexa compatible cos obxectivosde producción e de calidade do sistema.
[ O SERGAS comprométese a consegui-lomáis alto nivel de seguridade e saúde notraballo cumprindo a lexislación vixente ebaseándose no principio de mellora conti-nua na acción preventiva, considerándoseas actividades preventivas como unhanecesidade para mellora-los obxectivosproductivos e de calidade da empresa.
[ Son responsables da prevención de ris-cos laborais tódolos traballadores daorganización sendo cada un deles obxec-to e suxeito da prevención de riscos.
[ O Sistema de Prevención de RiscosLaborais debe ser coñecido, comprendido,desenvolvido e actualizado por tódolosniveis da organización, garantindo a partici-pación, formación e información de tódolostraballadores para que fagan o seu traballocon seguridade e preservando a súa sáude.
[ Dotarase ó sistema de prevención de ris-cos dos recursos humanos e técnicosnecesarios para o correcto desenvolve-mento da actividade preventiva.
[ Perseguirase a implantación dunha cul-tura preventiva positiva liderada poladirección e os mandos, de tal maneira quese potencie e facilite a participación e ocompromiso a tódolos niveis productivos.
8
PRINCIPIOS B
ÁSICOS
![Page 8: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/8.jpg)
OBXECTIVOS
DIMINUÍ-LOS DANOS Á SAÚDE DERIVADOS DA ACTIVIDADE LABORAL
MELLORA-LA CALIDADE DE VIDA NO TRABALLO
MELLORA-LA PRODUCTIVIDADE
PROTEXE-LOS BENS DA EMPRESA
MELLORA-LA CALIDADE E A COMPETITIVIDADE DA EMPRESA
PRESERVA-LO MEDIOAMBIENTE
ESTABLECER UN SISTEMA DE XESTIÓN DE PREVEN-CIÓN DE RISCOS LABORAIS QUE PERMITA:
- Identifica-los perigos e avalia-las consecuen-cias dos riscos actuais ou futuros sobre as per-soas, os bens e os procesos.
- Elaborar un plan de actuación para eliminar ouminimiza-los riscos identificados e as súas con-secuencias.
PLANIFICA-LA PREVENCIÓN: Elaborar, implementar e avaliar un plan xeral de pre-vención de riscos laborais que respecte os principiosestablecidos no presente documento e que ó mesmotempo cumpra os requisitos establecidos pola norma-tiva vixente en materia de prevención.
HARMONIZAR CRITERIOS E ACTUACIÓNS en materia de prevención de riscos dos distintos cen-tros e departamentos.
9
[ ]XERAIS
[ ]ESPECÍFICOS
11.1
1.2
1.3
1.4
1.5
1.6
2.1
2.2
2.3
2
![Page 9: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/9.jpg)
11
ESTRUCTURA DO SISTEMA DE PRL
[ ]ÁREAS PREVENTIVAS
- ÁREA DE SEGURIDADE NO TRABALLO.
- ÁREA DE HIXIENE DO TRABALLO.
- ÁREA DE MEDICINA DO TRABALLO.
- ÁREA DE ERGONOMÍA E PSICOLOXÍA APLICADA.
- ÁREA DE FORMACIÓN E INFORMACIÓN.
![Page 10: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/10.jpg)
Tódolos elementos da organización (actividades, productos, traballadores, máquinas, instru-mentos de traballo, organización dos recursos humanos e técnicos, organización do tempo detraballo, etc.) inflúen e actúan sobre a saúde dos traballadores. Estes elementos como vemos,dependen de varias áreas de xestión, polo que é importante por un lado a integración e coordi-nación efectiva dos elementos do sistema de prevención, co fin de que as decisións que setomen en prevención de riscos non sexan incompatibles con decisións tomadas a outros niveisda organización. Por outro lado, é importante o enfoque multidisciplinar das situacións de tra-ballo tanto desde o punto de vista da súa análise e avaliación coma da posta en marcha de pro-gramas de acción.
Dadas as especiais características do SERGAS en canto a número de traballadores e a com-plexidade da actividade desenvolvida, contarase cun Servicio de Prevención Propio estructura-do da seguinte maneira:
[ Unha Unidade Central de Prevención de Riscos Laborais, ubicada nos Servicios Centrais doServicio Galego de Saúde, que contará coas catro especialidades descritas no Regulamentodos Servicios de Prevención: Seguridade do Traballo, Hixiene Industrial, Medicina do Traballo eErgonomía e Psicosocioloxía Aplicada. As súas funcións serán fundamentalmente de planifica-ción e coordinación.
[ Unha Unidade Periférica de Prevención de Riscos Laborais ubicada en cada área sanitaria eque contará, como mínimo, con dous técnicos superiores e con persoal técnico especialmenteformado para a avaliación de riscos e para a execución de plans e programas de acción.
Nos casos nos que se trate de avaliacións especialmente complexas contarase, se así sedetermina, con expertos externos ó sistema. No caso específico da avaliación e control de ris-cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación e colaboración necesarios para integra-la xestión deste importante risco laboral dentro da xestión e planificación xeral de riscos doServicio de Prevención.
O contido das distintas áreas preventivas é:
12
ESTRUCTURA DO SISTEMA DE PRL[ ]ÁREAS PREVENTIVAS
![Page 11: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/11.jpg)
[ OBXECTIVOS:
1. Identificación, avaliación e establecemento dasconsecuencias dos riscos de seguridade das ins-talacións e dos equipos de traballo, actuais e futu-ros, sobre as persoas, os bens e os procesos.
2. Elaboración dun Plan de Actuación para a pre-vención, eliminación ou diminución dos riscos deseguridade identificados e as súas consecuencias.
[ CONTIDO TEMÁTICO:
Requisitos de seguridade:
- dos subministros- das empresas contratadas e dos servicios externalizados - dos procesos- dos productos ou servicios elaborados- dos bens patrimoniais
[ ACCIÓNS:Elaboración do Manual de Procedemento no que se recollan:
- Os requisitos esixibles ós equipos e instrumentos utilizados no proceso productivo
- Os requisitos esixibles nos traballos a desenvolver polas empresas contratadas e servi-cios externalizados, incluíndo o sistema para a súa vixilancia ou control
- A análise dos riscos de seguridade e o desenvolvemento da boa práctica de traballo
- A investigación de accidentes e incidentes
- A sinalización dos lugares de traballo
- A adquisición e utilización de equipos e dispositivos de protección
- Os requisitos esixibles ós productos ou bens elaborados
- Os requisitos esixibles ós procesos para evitar riscos medioambientais
- A verificación da idoneidade e operatividade dos dispositivos de protección de benspatrimoniais
- A elaboración e actualización da documentación legalmente requerida
- A redacción, posta en marcha e mantemento da operatividade dos Plans de Emerxenciae Evacuación
13
[ ]ÁREA DE SEGURIDADE NO TRABALLO1
![Page 12: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/12.jpg)
[ OBXECTIVOS:
1. Identificación, avaliación e establecemento dasconsecuencias dos riscos producidos por axentesquímicos, físicos e biolóxicos, actuais e futuros,sobre as persoas, os bens e os procesos.
2. Elaboración dun Plan de Actuación para a pre-vención, eliminación ou diminución dos riscos dehixiene identificados e as súas consecuencias.
[ CONTIDO TEMÁTICO:
Requisitos de prevención da saúde e de hixiene:
- dos subministros - das empresas contratadas e dos servicios externalizados- dos procesos- dos productos ou servicios elaborados- dos residuos xerados- dos bens patrimoniais
[ ACCIÓNS:
Elaboración do Manual de Procedemento no que se recollan:
- Os requisitos esixibles na recepción dos productos
- A adquisición e utilización de equipos e dispositivos de protección
- Os requisitos esixibles no traballo a desenvolver polas empresas contratadas e dos ser-vicios externalizados, incluíndo o sistema para a súa vixilancia e control
- A análise e avaliación dos riscos asociados ó medioambiente laboral
- Os requisitos esixibles ós productos ou bens elaborados
- Os requisitos esixibles ós residuos xerados para evitar riscos medioambientais
- Os requisitos esixibles no seu caso ós bens patrimoniais
- A elaboración e actualización da documentación legalmente requerida
- Das pautas a seguir ante situacións de emerxencia
14
[ ]ÁREA DE HIXIENE DO TRABALLO2
![Page 13: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/13.jpg)
[ OBXECTIVOS:
1. Identificación, avaliación e establecemento dasconsecuencias dos riscos hixiénicos e de seguri-dade actuais e futuros sobre a saúde das persoas.
2. Elaboración dun Plan de Actuación para a pre-vención, eliminación ou diminución das conse-cuencias dos riscos hixiénicos e de seguridadeidentificados sobre as persoas.
[ CONTIDO TEMÁTICO:
Requisitos en materia de:
- Medicina Preventiva Laboral- Prestación de Asistencia Sanitaria por patoloxía de orixe laboral
[ ACCIÓNS:
Elaboración do Manual de Procedemento no que se recollan:
- O deseño de protocolos médicos específicos de vixilancia de saúde en función dos riscoslaborais
- O deseño de protocolos para a identificación de traballadores/as especialmente suscep-tibles a determinados axentes ou situacións de traballo específicas e elaborar programasde actuación para evitar ou diminuí-lo seu risco
- O deseño de programas de control biolóxico da exposición ocupacional
- O tratamento da documentación médica
- A elaboración e actualización da documentación legalmente requerida
- A avaliación funcional e a adaptación laboral
- A adquisición e utilización de equipos e dispositivos de protección
- A actuación en materia de asistencia sanitaria en caso de lesión ou dano derivado dotraballo
15
[ ]ÁREA DE MEDICINA DO TRABALLO3
![Page 14: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/14.jpg)
[ OBXECTIVOS:
1. Identificación, avaliación e establecemento dasconsecuencias das situacións de traballo e dosfactores técnicos, organizacionais e psicosociaissobre a seguridade e saúde das persoas e sobrea eficacia do sistema.
2. Elaboración dun Plan de Actuación para con-tribuír á concepción ou á transformación dassituacións de traballo nos seus aspectos técni-cos e socioorganizacionais, co fin de que o tra-ballo se realice sen compromete-la saúde e aseguridade dos traballadores e cun máximo deconfort e eficacia.
[ CONTIDO TEMÁTICO:
Requisitos en materia de:
- subministros para que o traballo se faga con seguridade e eficacia
- seguridade e compatibilidade coa actividade de traballo dos procedementos e normas de traballo
- seguridade e eficacia da organización do tempo de traballo
- seguridade e compatibilidade coa actividade de traballo dos equipos de traballo
- seguridade e eficacia dos equipos de protección individual
[ ACCIÓNS:
Elaboración do Manual de Procedemento para:
- A análise e avaliación dos riscos asociados ós factores psicosociais
- A análise e avaliación dos riscos asociados ós factores organizacionais
- A elección e utilización dos equipos de traballo
- A elección e utilización dos equipos de protección individual
- O deseño de métodos e procedementos de traballo
- A elaboración e actualización da documentación legalmente requerida
- Que o deseño e corrección das situacións e postos de traballo se realice cun enfoquepluridisciplinar, global e participativo
16
[ ]ÁREA DE ERGONOMÍA E PSICOLOXÍA APLICADA4
![Page 15: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/15.jpg)
[ OBXECTIVOS:
1. Identificación, avaliación e establecemento dasnecesidades formativas dos traballadores, dacadea directiva e dos técnicos do Servicio dePrevención do Sergas.
2. Elaboración dun Plan de Actuación para levar acabo a formación especializada, sensibilización ecapacitación do persoal técnico que ocupa os dis-tintos niveis de mando dentro da organización edos delegados de prevención, co fin de establecerun marco de referencia e un clima adecuado quepermita a operatividade do Plan Xeral dePrevención de Riscos Laborais.
[ CONTIDO TEMÁTICO:
Requisitos en materia de:
- divulgación da política de prevención do Sergas- información sobre o Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais - formación básica- formación específica- formación especial
[ ACCIÓNS:
Elaboración do Manual de Procedemento para:
- O deseño da formación básica
- O deseño da formación específica
- O deseño da formación especial
- A elaboración dos procedementos
- A elaboración das instruccións operativas
17
[ ]ÁREA DE FORMACIÓN E INFORMACIÓN5
![Page 16: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/16.jpg)
19
PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E PROGRAMACIÓN
FASE PREVIA:A REVISIÓN INICIAL
FASE I:DETERMINACIÓN DA METODOLOXÍA DE ANÁLISE E AVALIACIÓN
FASE II:ESTABLECEMENTO DE PRIORIDADES
FASE III:PLANS E PROGRAMAS DE ACCIÓN
FASE IV:AVALIACIÓN DE RESULTADOS
![Page 17: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/17.jpg)
O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo define a avaliación de riscos como “oproceso mediante o cal se obtén a información necesaria para que a organización estea en con-dicións de tomar unha decisión sobre a oportunidade de adoptar accións preventivas, e no seucaso, sobre o tipo de accións que deben adoptarse”. O obxectivo sería o control de riscosentendido este como o proceso de toma de decisións para tratar e/ou reduci-los riscos, implan-ta-las medidas correctoras, esixi-lo seu cumprimento e avaliación periódica da súa eficacia.
O Plan Xeral de prevención de riscos terá unha vixencia de 5 anos, e os instrumentos opera-tivos que o desenvolvan concretaranse en Plans Anuais, perseguindo obxectivos alcanzables.Os plans anuais desenvolveranse en base a Programas Específicos que poderán referirse aun risco concreto, a unha zona, un servicio ou departamento ou a un posto de traballo. Para arealización dos programas nomearanse comisións técnicas compostas por técnicos doServicio de Prevención, mandos, delegados de prevención e traballadores implicados, poden-do incluír expertos externos con funcións de asesoría en temas moi específicos.
De acordo co RD 39/1997 dos Servicios de Prevención, a avaliación de riscos ten porobxecto estima-la magnitude daqueles riscos que non se poidan evitar.
[ As fases cronolóxicas do proceso de avaliación e xestión de riscos serán as seguintes:
20
PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E PROGRAMACIÓN
[
NON
ANÁLISE DO RISCO
RISCO CONTROLADO
AVALIACIÓN DO RISCO
RISCO TOLERABLE
CONTROL DO RISCO
VALORACIÓN DO RISCO
IDENTIFICACIÓNDO PERIGO
ESTIMACIÓN DO RISCO
XESTIÓN DO RISCO
1. Fase previa ou inicial: análise da situación de partida
2. Fase I: avaliación de riscos
Identificación de perigosAvaliación do risco
3. Fase II: Establecemento de prioridades
4. Fase III: Plans e Programas de acción
5. Fase IV: Avaliación de resultados
Figura 1: Proceso de xestión do risco ( Norma UNE 81905 EX )
![Page 18: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/18.jpg)
1. Os requisitos lexislativos e regulamentarios que lle son de aplica-ción ó Sergas e grao de cumprimento
2. Análise do grao de validez das avaliacións e rexistros feitos sobreriscos laborais
3. Análise das prácticas e procedementos existentes de prevenciónde riscos laborais
4. Análise dos recursos humanos e técnicos propios dispoñibles naactualidade para as actividades de control de riscos
5. Avaliación do aproveitamento da investigación dos incidentes,accidentes e enfermidades laborais que tiveron lugar.
1. Identificación de perigos
2. Avaliación de riscos
A metodoloxía de avaliación estará recollida no manualcorrespondente. Como norma xeral empregaranse métodosque estean validados e que permitan a comparación dosresultados con outras empresas (en función de ámbito xeo-gráfico, sector de actividade, etc).
Por este motivo, parece razoable utiliza-la guía de avaliación deriscos laborais publicada pola Xunta de Galicia, e que respecta osprincipios establecidos na norma UNE 81905 EX, así como ametodoloxía de autoavaliación de condicións de traballo nos cen-tros sanitarios publicada polo INSHT. No caso de riscos nos queexista unha regulamentación ou guías específicas (pantallas devisualización, manipulación de cargas, radiacións ionizantes...), esempre que sexan aplicables a cada situación específica a ava-liar, utilizarase a metodoloxía indicada en cada caso.
Os riscos clasificaranse en función da gravidade do dano e daprobabilidade de que ocorra. Tamén pode ser de interese cla-sificalos por zonas xeográficas, estamentos, áreas, etc. Encanto ós criterios de referencia, sempre que exista normalegal que estableza límites de exposición, este será o valor dereferencia a ter en conta. De non existir dita norma, recorrira-se a normas de organismos acreditados e recomendaciónscientíficas recollidas na bibliografía.
21
FASE PREVIA[ ]A REVISIÓN INICIAL DEBE CUBRI-LAS SEGUINTES ÁREAS CLAVES:
FASE I[ ]DETERMINACIÓN DA METODOLOXÍA DE ANÁLISE E AVALIA-CIÓN PARA LEVAR A CABO A:
![Page 19: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/19.jpg)
As prioridades de acción estableceranse en base a criteriostécnicos (resultados da fase de avaliación de riscos) e crite-rios económicos (presupostos dispoñibles).
Os métodos de control dos riscos detectados escolleranse deacordo cos principios establecidos na lei 31/1995 e na normaUNE 81900 EX:
- Combate-los riscos en orixe
- Adapta-lo traballo á persoa actuando sobre o deseño dospostos de traballo, sobre a elección de equipos, e sobre osmétodos e procedementos de traballo
- Escoller medidas de protección colectivas de preferencia ásindividuais
- Ter en conta o progreso técnico
- Substituí-lo perigoso polo menos ou nada perigoso
- Da-las instruccións necesarias e adecuadas ós traballadores
En función dos resultados da avaliación e das prioridadesestablecidas estableceranse programas de control e segui-mento dos riscos detectados.
A planificación dos programas incluirá unha descrición ouanálise da situación inicial, así como da metodoloxía de aná-lise, de avaliación, de seguimento e de control de resultadose dos prazos de execución de cada unha das fases. Paracada programa nomearase unha Comisión Técnica responsa-ble da súa execución.
Así mesmo establecerase un mecanismo de avaliación de ris-cos ante calquera cambio nas condicións de traballo: intro-ducción de equipos novos, cambios nas instalacións, etc.
22
FASE II[ ]ESTABLECEMENTO DE PRIORIDADES
FASE III[ ]PLANS E PROGRAMAS DE ACCIÓN
![Page 20: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/20.jpg)
23
Na memoria anual quedarán reflectidas tódalas actividadesrealizadas en materia de prevención de riscos, comparandoresultados obtidos cos obxectivos previstos.
No manual de procedemento de avaliación de cada risco esta-blecerase o tipo de indicadores que se utilizarán para avalia-la eficacia das medidas preventivas. Nas situacións nas queo risco non se poida eliminar, establecerase un mecanismode control e avaliación periódica, tanto do risco coma dassúas consecuencias para a saúde dos traballadores e a segu-ridade e eficacia da organización.
FASE IV[ ]AVALIACIÓN DE RESULTADOS
![Page 21: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/21.jpg)
27
RESPONSABILIDADES
- DA DIRECCIÓN DO SERGAS
- DO SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
- DAS COMISIÓNS TÉCNICAS DE TRABALLO
- DOS MANDOS INTERMEDIOS
- DOS TRABALLADORES
- DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGURIDADE E SAÚDE
- DOS COMITÉS DE SEGURIDADE E SAÚDE DE ÁREA
- DOS DELEGADOS DE PREVENCIÓN
![Page 22: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/22.jpg)
[1. Liderar e difundi-la política de preven-ción do Sergas
[2. Promover e favorece-la implantacióndunha cultura preventiva positiva encami-ñada a solventa-los problemas que poidanxurdir
[3. Planifica-la acción preventiva, propor-ciona-los instrumentos necesarios paralevala a cabo e avalia-los resultados
[4. Favorecer e establece-los mecanis-mos necesarios para unha axeitada coor-dinación do Servicio de Prevención deRiscos Laborais con outros departamen-tos ou estructuras da organización, co finde que a integración da prevención a tódo-los niveis productivos e de xestión sexaunha realidade
[5. Establece-los mecanismos necesariospara elaborar e manter actualizada adocumentación esixida na normativa enmateria de prevención de riscos
[6. Ter actualizada a documentaciónrequerida pola normativa vixente
[7. Establecer un sistema de auditoríacomo instrumento de control da xestión deprevención de riscos
[1. Difundi-la política de prevención doSergas
[2. Participar na implantación dunha cultu-ra preventiva positiva
[3. Planificar, coordinar, executar, actuali-zar e avalia-lo Plan Xeral de Prevención deRiscos Laborais
[4. Planificar, coordinar, executar e avalia-los plans anuais de cada área
26
RESPONSABILIDADES
DA DIRECCIÓN DO SERGAS
DO SERVICIO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
![Page 23: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/23.jpg)
[5. Planificar, coordinar, executar e avalia-los programas específicos de acción
[6. Formar en técnicas preventivas ó restode responsables da prevención dentro daorganización: delegados de prevención,mandos e traballadores
[7. Programar actividades informativassobre a política de prevención de riscos, osistema de xestión implantado e os resul-tados que se van obtendo
[8. Asesorar e subministrar apoio técnicoá dirección e traballadores en materia deprevención de riscos laborais
[9. Coordina-los programas, accións edecisións das distintas áreas preventivasdándolle deste xeito un carácter multidis-ciplinario á prevención de riscos laborais
[10. Coordinarse con outras estructuras daorganización co fin de integra-la preven-ción en cada proceso productivo
[11. Coordinarse con outras áreas queteñan funcións de control de riscos dentroda organización: Servicio deRadioprotección, Servicios de Prevencióndas empresas contratadas ou externaliza-das, etc.
[12. Coordinar e controla-las actuaciónsdos expertos externos que actúen en ava-liación ou control de riscos laborais
[13. Propoñer á dirección e ós Comités deSeguridade e Saúde as persoas quedeben formar parte das ComisiónsTécnicas de Traballo
[14. Elaborar e manter actualizada a docu-mentación esixida na normativa en mate-ria de prevención de riscos
[15. Elabora-la memoria anual de actividades
27
![Page 24: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/24.jpg)
[1. Colaborar na implantación dunha cultu-ra preventiva positiva
[2. Executa-los programas de acción quese establezan nos plans anuais
[1. Difundi-la política de prevención doSergas
[2. Lidera-la implantación dunha culturapreventiva positiva encamiñada a solven-ta-los problemas que poidan xurdir
[3. Integra-la prevención de riscos labo-rais dentro da actividade de traballo
[4. Participar na avaliación de riscos epropoñe-las medidas preventivas máis efi-caces
[5. Informar ós traballadores sobre os ris-cos específicos do seu posto de traballo
[6. Formar ós traballadores en procede-mentos de traballo seguros
[1. Participar na avaliación de riscos doseu posto de traballo
[2. Comunica-los riscos detectados e pro-poñer medidas de prevención
[3. Ser suxeitos activos na prevención deriscos cumprindo coas instruccións que seestablezan nos procedementos de traballo
28
RESPONSABILIDADES
DAS COMISIÓNS TÉCNICAS DE TRABALLO
DOS MANDOS INTERMEDIOS
DOS TRABALLADORES
![Page 25: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/25.jpg)
[1. Coñecer e difundi-la política de preven-ción e o plan xeral de prevención de riscosdo Sergas
[2. Promove-la implantación dunha culturapreventiva positiva
[3. Coñece-la estructura do Sistema dePrevención e do Servicio de Prevención deRiscos Laborais do Sergas
[4. Coñece-los plans e programas de pre-vención de riscos do Sergas e favorece-loseu desenvolvemento
[5. Coñece-la documentación relativa áavaliación e control de riscos laborais doSergas
[6. Coñece-la normativa vixente aplicableó Sergas en materia de prevención de ris-cos laborais
[7. Arbitrar e resolve-las discrepanciasxurdidas na aplicación da normativa
[8. Coñece-la memoria anual de activida-des en materia de prevención de riscos
[1. Coñecer e difundi-la política de preven-ción do Sergas e favorece-la execución doPlan Xeral de Prevención de RiscosLaborais
[2. Promove-la implantación dunha culturapreventiva positiva
[3. Coñece-los plans e programas de pre-vención de riscos no/s centro/s da súaárea de actuación e favorece-lo seudesenvolvemento
[4. Coñece-la documentación relativa áavaliación e control de riscos laborais doscentros e traballadores da súa área deactuación
29
DA COMISIÓN CENTRAL DE SEGURIDADE E SAÚDE
DOS COMITÉS DE SEGURIDADE E SAÚDE DE ÁREA
![Page 26: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/26.jpg)
[5. Coñece-la normativa vixente aplicableó Sergas en materia de prevención de ris-cos laborais
[6. Coñece-los resultados da avaliaciónde riscos e as medidas preventivas pro-postas dos centros e traballadores da súaárea de actuación
[7. Coñece-la memoria anual de activida-des en materia de prevención de riscosnos centros da súa área de actuación
[1. Colaborar na acción preventiva respec-tando os principios establecidos no PlanXeral de Prevención de Riscos Laborais eas prioridades establecidas logo das ava-liacións realizadas
[2. Fomentar entre os traballadores unhacultura preventiva positiva, dirixida semprecara á resolución de problemas, como ins-trumento de mellora das relacións labo-rais no seu conxunto
[3. Participar eles mesmos e estimula-laparticipación dos traballadores na avalia-ción de riscos e na proposta de medidaspreventivas
[4. Comunica-los riscos detectados polostraballadores nos seus postos de traballoe propoñer medidas preventivas
30
RESPONSABILIDADES
DOS DELEGADOS DE PREVENCIÓN
![Page 27: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/27.jpg)
33
AVALIACIÓN D
O SISTEMA
DE P
RL
![Page 28: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/28.jpg)
Establecerase un Manual de Procedemento de avaliación da eficacia e eficiencia do siste-ma de xestión da prevención onde se indicará:
1. O sistema de auditoría escollido
2. O sistema analítico de avaliación de custos derivados de erros e fallos no sis-tema
3. O sistema analítico de avaliación de custos en medidas preventivas
32
AVALIACIÓN DO SISTEMA DE PRL
![Page 29: DE RISCOS PREVENCIÓN - SERGAS€¦ · cos de radiacións ionizantes, dado que é competencia do Servicio de Radioprotección, esta-bleceranse os circuítos de comunicación, participación](https://reader034.fdocument.pub/reader034/viewer/2022052423/5f076f727e708231d41cf811/html5/thumbnails/29.jpg)
DEP L A N X E R A Ldis
ponobl
e en v
ersión
caste
llana
solici
tud en
el te
léfono
: 981
546 43
5
CONSELLERÍA DE SANIDADEE SERVICIOS SOCIAISDE GALICIA
PREVENCIÓNDE RISCOSLABORAISDO SERVICIO GALEGO DE SAÚDE
XUNTA DE GALICIA