COUSAS DE NENOS 2009-2010
-
Upload
cprcervantes-lugo -
Category
Documents
-
view
252 -
download
4
description
Transcript of COUSAS DE NENOS 2009-2010
Revista realizada polos alumnos e alumnas de inform ática do C.P.R. Cervantes.
Organizada e editada pola ANPA e o Centro
Curso 2009-2010
INCLÚE PÓSTER CENTRAL DAS ACTIVIDADES DE VOZ NATURA
EDITORIAL
Iago Fernández Varela
Jessica Rodríguez Paz
Noa Lama Varela
Marcos Cela Fernández
or segundo ano
consecutivo, sae á
luz a revista
“Cousas de Nenos”, unha
revista realizada polos
nenos e nenas que
participaron na actividade
de Informática. Unha
actividade proposta pola
ANPA do colexio Cervantes
para o curso 2009-2010.
Julián Fente Fernández
Estefanía López Luciano
Manuel Fernández Iglesias
P
1
Yanira Martínez Rodríguez
Icía Fernández Varela
David Montecelo Santos
María Mon Santos
Santiago Vázquez Rodríguez
Xoán Cabado Otero
Asier Durán Rodríguez
Con un grupo de
“xornalistas” case que
completamente renovado con
relación á primeira edición,
pero coas mesmas ganas de
que todo esto saira adiante,
cada un dos nenos/as que
fixeron esto posible,
traballaron arreo xornada a
xornada e o resultado telo
agora mesmo nas túas mans.
Estos pícaros fixérona
poñendo todo o mellor de
cada un e con unha intención
moi clara: aprender
informática dun xeito lúdico e
entretido.
Salma Faraj
Andrea Felpeto Novo
Fernando Gayoso Piñeiro
Cintia González Rodríguez
María Jartín Navarro
Juan Ignacio Lauro
David Pereira Labrada
Estefanía da Cruz Rodríguez
Como profesor de
informática de todos/as
eles/elas, non podo facer
outra cousa máis que
felicitalos polo seu traballo
realizado e o seu esforzo por
conseguir que esto puidera
sair adiante.
¡NORABOA A TODOS/AS!
2
BENVIDOS AO COLE CURSO 2009/2010.
a queda tan
lexos o día
10 de
setembro do 2009 que xa logo
non nos lembramos do día
que comezamos o curso.
Si que lembramos o
momento do reencontro cos
nosos amigos e amigas aos
que non vimos durante o
periodo de vacacións de
verán. E tamén lembramos a
ilusión coa que comezamos
un novo curso e todas as boas
intencións de facer as cousas
sempre un pouquiño mellor.
Ao fin e o cabo, todos e todas
avanzamos un curso e xa
somos máis maiores que no
curso pasado.
Nos momento previos
á entrada ás aulas, os nervios
facían acto de presencia en
cada un de nós e os sonrisos
que se debuxaban nos nosos
rostros, facían ver que xa
tiñamos ganas de comezar.
Agardábannos moitas
sorpresas nas nosas aulas,
entre elas… as pizarras
dixitais ás que lle soupemos
sacar un bo proveito.
X
3
VISITA AO CLUBE DE GOLF
“Sociedade
clube de Golf
Lugo, S.A.”,
fundada no mes de xuño de
1992 como sociedade por
accións, tivo o seu punto de
partida na iniciativa dun grupo
de aficionados que se
propuxeron dotar dun campo
de golf á nosa cidade – o
primeiro da provincia- no que
poder practicar este deporte.
Tras unha cuidadosa
búsqueda dos terreos
seleccionouse para situar o
campo unha zona dunhas 40
hectáreas en Santa Marta de
Fixós, do municipio de Lugo.
Situado a 7 km. do
centro da cidade, ubícase
nunha paraxe abrigada, no val
dos ríos Dorna e Vilamoure,
con grandes carballos
centenarios e ao abrigo de
importantes masas forestais
de arbolado autóctono que
conforman o seu entorno e
acrecentan a súa beleza.
O campo foi
homologado pola Federación
Española de Golf en
decembro de 1997 e o seu
recorrido foi inaugurado en
maio de 1998.
No ano 1999 o Clube
de Golf Lugo foi recoñecido
pola Secretaría Xeral para o
Deporte da Xunta de Galicia
como o mellor clube de golf
galego do ano.
O Clube de Golf de
Lugo conta con unha escola
de iniciación e
perfeccionamento á que se
pode asistir aínda sen ser
socio.
O Golf é un
divertidísimo deporte para
practicar do que poidemos
desfrutar durante o presente
curso e comprobar de primeira
man a dificultade que ten a
súa práctica.
A
4
S e m a n a D a M a X I A
urante a celebración
da “VI Semana
Internacional da
Maxia. Lugo Máxico 2009”
puidemos desfrutar na nosa
cidade de magos tan
impresionantes como Vituco,
Jandro, Kaito, Román García,
Teto, Mirko, Silvester de
Jester, Gaetan Bloom,
Gavilán, Yunke,… Todos eles
recoñecidos magos de
prestixio internacional que
durante unha semana viñeron
á nosa cidade a mostrarnos
todas as súas habilidades
realizando efectos máxicos
acompañados con grandes
dosis de humor.
Durante esta semana,
hai unhas actuacións
reservadas unicamente para
os colexios, e como non podía
ser de outro xeito, acudimos á
nosa cita coa maxia para
desfrutar vendo cousas que
deberían ser imposibles.
Xa estamos
desexando que chegue a
próxima edición.
D
5
OS COGUMELOS
ta fai pouco
tempo críase
que os
cogumelos eran unhas
verduras e pertencían ao reino
dos vexetais, pero
recentemente e tendo en
conta que os cogumelos non
poseen clorofila e si quitina,
creouse un reino
exclusivamente para eles, o
Reino Fungi. Fungi ven do
latín e significa fungo.
Tense constancia de
que as consumían os Celtas,
os Gregos, os Romanos e que
coñecían perfectamente as
súas propiedades culinarias,
medicinais e tóxicas.
No século XVII e
debido ao grande aprecio e
consumo que se facía deles,
foron os franceses os que
comezaron a cultivalos e
dende entón son moi
apreciadas e a súa técnica de
cultivo mellorou moitísimo en
tódolos países.
En
anos chuviosos e con xeadas,
as colleitas de cogumelos son
moi boas e existe unha gran
variedade, pero hai que
coñecelas e sabelas distinguir,
do contrario poden intoxicar
ao consumidor.
Para aprender a
coñecelas, a ANPA do colexio
organizou unha xornada
micolóxica na que contamos
coa colaboración dun experto
micólogo que nos ensinou
como recoñecelas, como
collelas e incluso como
transportalas (sempre en
cestas, nunca en bolsas);
disfrutando así dunha fermosa
xornada educativa ao aire
libre.
A
6
AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO
Avaliación
de
Diagnóstico é
unha avaliación de carácter
censual que versa sobre as
competencias básicas do
alumnado e que se
desenvolve en todos os
centros que imparten
ensinanza básica.
Debe dar lugar a
compromisos de revisión e
mellora a partir dos resultados
que dela se obtenían
Ten como finalidade
contribuír á mellora da
calidade e a equidade da
educación, a través do
coñecemento da situación do
sistema educativo respecto
das aprendizaxes dos
estudantes nas competencias
básicas.
No seu
desenvolvemento oriéntase ao
cumprimento do establecido
na LOE, polo que se declara
como unha avaliación sen
efectos académicos e
eminentemente formativa para
os centros, que aporta
información para o seu mellor
coñecemento e que impulsa,
consecuentemente, a súa
transformación e mellora.
A proba
correspondente ao curso
2008- 2009, realizouse no
mes de outubro de 2009.
Como consecuencia, o
alumnado que realizou dita
proba foi o escolarizado, nos
curso de quinto de educación
primaria. Avaliáronse só dúas
competencias: a competencia
en comunicación lingüística e
a competencia matemática.
A
7
BELÉN DO COLEXIO
omo tódolos anos,
cando chega o Nadal,
colócase no patio
interior do colexio un Belén
feito polos nosos mestres/as.
Unha das características
fundamentais deste Belén é
que nunca é o mesmo, ano
tras ano faise un novo,
completamente diferente ao
anterior. Outra característica
deste Belén é que cada unha
das casas e ornamentos que
podemos ver está elaborada
de xeito artesanal polos nosos
profesores/as que durante un
mes e medio, traballan arreo
para que cada unha das
pezas teña o maior realismo e
resulte un Belén
absolutamente espectacular.
Este ano, co gallo da
celebración do Xacobeo 2010,
representouse o Camiño de
Santiago, comezando no
Cebreiro e pasando por
Portomarín, Palas de Rei,
Arzúa, Melide e remantando
diante mesmo da Catedral de
Compostela.
Este ano, ademáis, as
tradicionais figuras foron
substituidas por bonecos de
Plaimobil que aportamos nós.
Despois do
espectacular éxito dos
Belenes de anos anteriores,
este ano tamén poidemos
saborear o éxito no concurso
de Belenes organizado pola
asociación de Belenistas de
Lugo.
C
8
BELÉN VIVINTE
ero dentro do
concurso de Belenes
organizado pola
Asociación de Belenistas, o
maior éxito para o colexio
Cervantes veu dado polos
nenos e nenas de Educación
Infantil que acadaron o
terceiro premio dentro da
categoría de Belenes Vivintes.
Coa Biblia ao fondo poidendo
ler claramente como foi o
nacemento de Xesús, con
algunhas “adaptacións” e con
unha decoración composta
por un Portal feito na Muralla
de Lugo, concretamente na
Porta de Santiago, coas torres
da Catedral ao fondo, está o
noso Belén Vivinte. Cada un
dos nenos e nenas de
Educación Infanti representa
un personaxe, (con Anxo
incluido), e mentras os Reis
Magos adoran ao Neno
Xesús, os pastores cantan
Panxoliñas de Nadal.
Foi unha actuación fabulosa
que ben puido ser merecedora
dun premio maior.
P
9
ACTIVIDADE DE LOITA LIBRE OLÍMPICA
loita é unha
das formas
máis
elementais de combate entre
individuos, e remóntase á
prehistoria, alcanzando xa un
grande auxe na antiga Grecia.
É un dos deportes máis
completos, posto que por
unha parte, permite o
desenvolvemento de todos os
músculos do Corpo e
ademáis, require traballo
cerebral para executar presas,
contrapesas, paradas, etc.
sendo un deporte que nos
obriga a despregar unha
grande forza muscular, pero
coa particularidade de non
descompensar a morfología
do deportista, xa que ningún
músculo predomina sobre o
outro.
A Loita Libre Olímpica
caracterízase porque os dous
loitdors que compiten fano en
diversas posicións e o
obxectivo é colocar ao
contrario de costas ao tapiz
cunha serie de presas e
durante uns segundos.
Unha característica
especial desta modalidade é
que o deportista, a fin de
derrubar ao contrario, debe
servirse dos brazos e das
mans abertas, NON
PODENDO GOLPEAR ao
contrairo nin empregar
movementos ou presas que
causen dor.
Este é un deporte
Olímpico dende o ano 1908.
Contando coa presencia
do 9 veces Campión de
España de Loita Libre
Olímpica, José Cuba,
aprendemos durante unha
semana, mediante xogos, en
que consiste este deporte de
loita.
A
10
CHARLA DE ATENCIÓN TEMPERÁ
atención
temperá
defínese
como un grupo de técnicas
para o desenrolo das
capacidades dos nenos/as
na primeira infancia.
Técnicas educativas
especiais empregadas en
nenos/as entre o nacemento
e os 6 anos de vida para
correxir transtornos reais ou
potenciais no seu
desenrolo, ou para estimular
capacidades
compensadoras.
O día catro de
febreiro, tivo lugar no
colexio unha charla sobre
este tema promovida pola
ANPA, que forma parte do
programa de “Aprender para
educar”.
Esta charla tivo unha
gran acollida por parte dos
pais/nais e a afluencia foi
numerosa.
A
11
MONICREQUES
s monicreques
son figuriñas de
trapo, Madeira
ou calquer outro material,
usado para representar
obras de teatro.
Durante o desenrolo
deste obradoiro, os
participantes puidemos
confeccionar diferentes
tipos de monicreques de
guante, é decir, aqueles que
se moven a través da man.
Dentro deles, temos:
O monicreque de
guante clásico : que se move
empregando o dedo índice
para á cabeza, corazón e
pulgar para os brazos.
O monicreque de
guante Xaponés : a cabeza
leva na súa base unha bola
que se mantén entre os
dedos índice e corazón e as
mans van enganchadas
directamente entre os dedos
pulgar e meñique. O traxe
vai colocado posteriormente
sobre a man.
O
12
TAPICES
tapiz é un
tipo de
texido
decorado cunhas escenas
polícromas no que se integra
un debuxo, de xeito que se vai
formando ao mesmo tempo
que o propio texido.
A base do tear
constitúea a “urdimbre”, que é
o conxunto de fios paralelos
dispostos en sentido
longitudinal. Sobre esta
efectúanse as “pasadas” cos
fios de cores que van
reproducindo a decoración
elegida. A cada pasada
decorativa, séguelle outra no
fío de algodón que constitúe a
trama propiamente dita do
tecido.
Inmediatamente
despois, dáse unha nova
pasada de fíos de cor seguida
de outra de trama de algodón
e así sucesivamente. O fondo
adoita estar constituído por
unha tea de tafetán.
O
13
MAGOSTO
xoves día
12 de
novembro,
no colexio celebramos unha
das festas máis populares do
outono en Galicia: O
MAGOSTO.
O magosto é, coma ben
sabemos, unha festa de
exaltación da castaña,
producto que durante séculos
foi compañeira inseparable na
mesa de tódolos galegos ata
que no século XVIII perdeu o
seu posto por culpa da pataca
chegada das Indias...
O mes de novembro é o mes
do Magosto, e son dúas as
datas máis correntes para a
súa celebración: o día 1 de
novembro, festa de Tódolos
Santos, ou o día 11, festa de
San Martiño. Este mes de
novembro tamén leva o nome
deste santo.
Os membros da
Asociación de Nais e Pais
(ANPA) trouxeron as castañas
xa asadas que, despois,
puidemos degustar nunha
pequena festa.
Para celebrar dita
festa tamén fixemos varios
traballos plásticos con
castañas
O
14
SAMAÍN
a sexa como
adorno ou
como
ingrediente básico de moitas
receitas, a cabaza é a
protagonista indiscutible do
Samaín.
A máis coñecida ten
forma redonda e aparece
decorando moitos fogares
durante a festa do Samaín (en
EEUU teñen unha tradición
similar, o Halloween, aínda
que alí só ten século e medio
de antigüidade).
Como en anos
anteriores, co gallo do
SAMAÍN, fíxose unha
exposición coas cabazas que
trouxemos.
Tallar a cabaza é unha
actividade divertida para toda
a familia. Para obter un bo
resultado, seguimos os
seguintes pasos:
1) Eliximos unha boa cabaza
2) Cun lápis debuxámoslle a
cara que queremos.
3) Pedimos axuda a un adulto
para cortar a tapa, para iso
antes debuxamos un círculo ó
redor do tallo.
4) Cunha culler grande,
quitamos todas as sementes
de dentro da cabaza.
5) Raspamos as paredes da
cabaza dende dentro,
quitando o que se poida da
carne.
6) Agora a cabaza está lista
para tallar, recortamos con
moito coidado as formas
debuxadas.
Este duro traballo, tivo
a súa recompensa pois
levamos uns diplomas
agradecendo a nosa
participación ademáis dunha
incríble sorpresa.
X
15
VISITA A SOTAVENTO
otavento atópase
ubicado na comarca
da “Serra da Loba”, a
10 Km ao sur de “As Pontes
de García Rodríguez”, entre
os termos municipales de
Xermade (Lugo) e Monfero (A
Coruña), e a unha altitude
entre 600 – 700 m.
O Parque Eólico de Sotavento
conta cunhas enormes
instalacións destinadas a
promover e divulgar o uso das
enerxías renovables. A través
de distintas maquetas e
paneis ilustran o
funcionamento destas,
puidendo ademáis ser
comparadas coas enerxías
convencionais.
Así mesmo, dende o mirador,
puidemos contemplar o
funcionamento de placas
fotovoltaicas de distintas
tecnoloxías e incluso a
exemplificación dunha
pequena instalación
doméstica.
Comprobamos os distintos
compoñentes e o
funcionamento das modernas
turbinas a través dun
“pequeño” aeroxenerador real.
Ademáis, na sala de eficiencia
enerxética puidemos
experimentar, coa axuda
dunha bicicleta estática, o
esforzo que supón xenerar
enerxía.
S
16
ALMORZOS SAUDABLES
nha porcentaxe
altísima de
escolares, que
alcanza nalgunhas zonas o
70%, non lle dedica o tempo
suficiente a realizar un
almorzo saudable. Esta
primeira inxesta de alimento é
fundamental para comezar o
día e representa, segundo a
unánime opinión de científicos
e estudos de saúde, un
costume saudable en relación
directa coa prevención de
riscos cardiosaludables.
No mes de Xaneiro como ben
sendo habitual nos últimos
anos, celebramos a actividade
de “Almorzos Saudables”
promovida polo Concello.
Os nenos e nenas do primeiro
ciclo de educación primaria,
desfrutamos dun bon almorzo
todos xuntos e aprendemos os
tipos de alimentos que
debemos tomar cada mañá
para vir con forzas ao colexio.
Degustamos alimentos dos
tres grupos: froita,e zume, pan
e cereais, e leite, queixo e
iogures. E ademáis levamos
uns agasallos de rerdo.
Quedounos ben claro a
importancia dunha boa
alimentación para obter as
enerxías necesarias para
facer fronte a un longo día de
xogos, estudios,…
U
17
O ENTROIDO
ndios, monstros
arrepientes, sevillanas, o
mismísimo Michael
Jackson ou Hanna Montana,
dragóns, e un longo etc de
disfraces recorreron
novamente este curso o patio
do colexio nunha animadísima
festa de entroido.
Esta festa tivo de
todo, para empezar,
recibíronnos uns cociñeiros
que ao longo da tarde se
dedicaron a traballar entre os
fogóns para prepararnos unha
deliciosa merenda, composta
por un chocolote quentiño e
recén feito e uns biscoitos
para mollar nel.
Os cociñeiros tiveron
que sudar para facer
chocolate para todos/as, e
para aqueles que ademáis
quixemos recuncar.
No desfile de
comparsas realizada ao día
seguinte puidose ver un gran
despliegue de orixinalidade e
creatividade que esconde
detrás de si un duro traballo
con cada un dos disfraces
realizados con material de
I
18
refugallo (bolsas de lixo,
papeis de xornal, luvas,…).
Así, puidemos observar como
desfilaban os nenos e nenas
de Infantil cun disfraz de
vacas.
Os compañeiros/as do
primeiro ciclo cun disfraz de
“Picapedra”, con “Dino” e todo.
Máis lonxe chegaron os
alumnos e alumnas do
segundo ciclo, que co seu
disfraz de “Astronautas”
cruzaron a galaxia para
mostrarnos a tres “Marcianos”.
Os rapaces e rapazas de
quinto curso de primaria, coa
“Gran Xefa” ao fronte luciron
as súas “pinturas de guerra”
nun colorido disfraz de Indios.
Os pícaros/as de sexto curso,
fixeron unha original crítica á
chamada “comida basura” cun
completísimo disfraz, con bote
de “Ketchup” e servilletero
incluído, que abriu o apetito a
máis de un dos asistentes ó
desfile.
Ademáis, por estas datas,
puidemos desfrutar das
deliciosas receitas de cociña
do Entroido.
Sen dúbida, este entroido veu
marcado por unha enorme
creatividade, orixinalidade e
colorido en tódolos disfraces
que puidemos ver.
19
VOZ NATURA
Fundación
Santiago Rey
Fernández-
Latorre, vinculada a “La
Voz de Galicia”, promove
a educación ambiental
nos centros escolares
mediante un concurso
chamado Voz Natura.
O noso centro
decidiu presentarse
neste curso 09-10 co
proxecto “DO ALUMINIO
AO BOSQUE”
encamiñado a reciclar o
papel de aluminio que
traemos nos bocadillos
para convertilo en
árbores autóctonas que
máis tarde prantaremos.
A idea de
participar en VOZ
NATURA surxiu ó ver o
que está ocorrendo ó
noso redor: cambio
climático, contaminación
de ríos e mares, pérdida
do suelo fértil,
desaparición de
especies,...
Con este proxecto,
valoraremos máis o noso
entorno natural, as
consecuencias dos
nosos comportamentos
no medio, comprendendo
así a importancia da
nosa capacidade para
melloralo; en definitiva,
garantizar o noso futuro
nun mundo máis
habitable.
A
20
DÍA DA PAZ
Día Escolar da
Non violencia e da
Paz, foi declarado
por vez primeira en
1964. Xurde dunha iniciativa
voluntaria de Educación Non-
violenta e pacificadora do
profesor español Lorenzo
Vidal. O seu obxectivo é a
educación para a tolerancia, a
solidariedade, a concordia, o
respecto aos Dereitos
Humano e a Paz.
Neste día, os colexios
e centros convírtense en
instrumentos de paz e
entendemento entre tódalas
persoas.
De tódolos xeitos, non
debemos olvidar que a Paz
non é algo que se deba ter en
conta un único día ao ano,
senon que debe estar
presente cada día.
Por iso, neste día,
facemos unha profunda
reflexión sobre a paz e
lembramos que no mesmo
planeta no que nós vivimos
existen moitos nenos e nenas
que non poden durmir polas
noites co ruido das bombas ou
que non poden xogar no
parque por medo aos
tanques,…en definitiva, que
non poden vivir en Paz.
Tódolos nenos e
nenas do colexio queremos a
Paz no mundo e neste día, as
actividades que fixemos, foron
encamiñadas a non esquecer
que existen persoas que non
saben o que é a Paz e a
aportar o noso gran de area
para conseguila.
Ogallá moi pronto a
PAZ reine no noso planeta.
O
23
EXPOSICIÓN DO SISTEMA SOLAR
Sistema Solar é
un sistema
planetario da Vía
Láctea.
Está formado por
unha única estrela
chamada Sol que dá o
nome a este Sistema, máis
oito planetas que orbitan ao
redor da estrela: Mercurio,
Venus, a Terra, Marte,
Xúpiter, Saturno, Urano e
Neptuno; máis un conxunto
de planetas ananos entre o
que destaca Plutón,
asteroides, satélites
naturais, cometas,…
Unha extraordinaria
maneira de aprender como
está constituido o noso
Sistema Solar é realizando
unha maqueta sobre o
mesmo coas nosas propias
mans.
Para iso, tivemos
que aprender as
características de cada un
dos planetas: a forma, o
tamaño, a cor, a distancia
ao Sol,…
E así, dun xeito
entretido, fumos capaces
de aprender un montón de
cousas sobre o Sistema
Solar no que vivimos.
O
24
EDUCACIÓN VIAL
n dos
grandes
inventos do
home foi a invención dos
vehículos, os medios de
transporte. Estes conseguiron
cambiar a forma de
comunicarse entre os homes e
mulleres xa que nos permiten
recorrer grandes distancias,
sen cansarnos, en pouco
tempo.
Ese grande invento,
trouxo consigo tamén un dos
grandes problemas que
existen na nosa sociedade: os
accidentes.
Choques, frenazos,
atropelos, bocinazos,… cada
día pasan nas nosas estradas
moreas destas cousas, e só
existe unha forma de deter
esta situación: a través dunha
boa Educación Vial, que debe
comenzar dende as idades
máis temperás.
Por iso, como tódolos
anos, en colaboración co
Concello de Lugo, os alumnos
e alumnas do terceiro ciclo,
reciben unhas clases teóricas
para aprender a comportarse,
tando como peóns, como
usuarios dos vehículos
(pasaxeiros de bus ou de
turismos, conductores de
bicis,…); e unhas clases
prácticas no PIT (Parque
Infantil de Tráfico López Mella)
como peóns, conductores de
bicis e de karts, e coñecer así,
de xeito práctico, as normas
que deben rexir a circulación.
O obxectivo principal é
coñecer ben as normas para
reducir ao máximo os
accidentes nas nosas
estradas.
U
25
OBRADOIRO DE ENCUADERNACIÓN
encuadernación
xurde como a
forma de protexer
os documentos escritos.
Antes da invención da
imprenta, existiron moitas
formas de escribir: en
taboleiros de cera, en
papiros,…e en todo
momento se fixo necesaria
unha forma de poder
protexer todo aquilo que se
escribía; por exemplo, a
capsa ou scrinium, é a
caixa onde tanto gregos e
romanas gardaban os seus
documentos.
Ao longo dos séculos
fóronse empregando
diferentes materais para
encuadernar os libros
dende a madeira ata a
encuadernación de
orfebrería que empregaba
marfil, plata, esmaltes e
incluso pedras preciosas.
Na actualidade, estos
materiais fóronse
sustituindo por cartón,
telas,…
Neste curso, a través dun
obradoiro, aprendemos a
encuadernar e
confeccionamos un album
de fotos e un bloc de notas.
A
26
OBRADOIRO DE PAPEL
papel componse
de fibras
vexetais, é decir,
de materia orgánica, ou o
que é o mesmo, de
elementos que estiveron
vivos. Por este motivo
debemos aprender a
valorar a importancia do
papel como expoñente e
resultado dun proceso de
fabricación, que tivo como
consecuencia a morte dun
ser vivo: A ÁRBORE. Por
tal razón, debemos
concienciarnos de que ao
empregar papel
aproveitamos parte da
riqueza viva do Planeta, e
se non a coidamos,
corremos o risco de
perdela.
Isto non quere dicir
que non debamos
empregar o papel, ao
contrario, xa que hoxe en
día podemos conseguir que
o papel teña varias vidas xa
que unha vez que non
empreguemos un papel en
lugar de tiralo ao lixo,
podémolo reciclar e deste
xeito crearemos un novo
papel sen necesidade de
ter que cortar ningunha
árbore.
Eso foi o que
aprendemos neste
obradoiro, como facer para
crear o noso propio papel
reciclado.
O
27
OBRADOIRO DE CESTARÍA.
cestería é unha
das artes máis
antigas da
humanidade. Practícase a
partir de tiras ou fibras de
orixen vexetal (de follas,
ramas, codias, raíces,
troncos,…).
A pesares da
antigüidade da cestería,
xamais deixou de interesar
ao público e en todo o
mundo se comercia con
canastros á beira das
estradas, en lugares
turísticos e incluso nos
mercados. A popularidade
da cestería contrasta tamén
co seu carácter manual, xa
que é unha das poucas
actividades que ainda non
foi mecanizada.
Os canastros e as
cestas tiveron como
principal obxectivo cargar
ou almacenar obxectos; e
ainda que todavía hoxe en
día se siga empregando
con este fin, é maior o seu
propósito decorativo.
De tódolos xeitos,
facer unha cesta non é
unha cousa doada porque
resulta moi laborioso, e iso
sabémolo ben todos os que
participamos no obradoiro
de cestería. Pero ainda que
levou tempo, todos levamos
a nosa cesta para casa.
A
28
OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS
urante este
obradoiro,
confeccionamos
unha carraca. Pero… ¿Que
é unha carraca?
As carracas son moi
populares e están cargadas
dun importante significado
na cultura tradicional.
Consisten basicamente
nunha ou varias láminas de
Madeira dura que golpean
consecutivamente sobre os
dentes dunha roda
producindo un estrepitoso
ruido.
As carracas
empregáronse non só como
xoguete infantil, senon
tamén como sustituto das
campás en Semana Santa
nas que non se poden
tocar. Tamén para
cencerradas, nos campos
de fútbol ou en calquer
outra ocasión na que haxa
que “armar escándalo”.
Hai moitos tipos de
carracas, de tódolos
tamaños e número de
láminas, dende 2 metros de
alta e 8 ou 10 láminas.
Nós fixemos unha
moi simple, pero que sin
dúbida é das que máis
barullo fai.
D
29
PLANTANDO O NOSO FUTURO
entro do
programa “Do
aluminio ao
bosque” organizada pola
ANPA do colexio,
realizouse unha actividade
conxunta a tódolos ciclos
no “Monte Segade”. Nesta
actividade, solicitouse a
colaboración da Consellería
de Medio Ambiente que
aportou diversos materiais
como pas, escadas,
árbores,…
Durante boa parte
da mañá, desplazámonos
ata o Monte Segade e nel
realizamos diferentes
tarefas. Para empezar
comezamos plantando
unhas árbores (bídalos,
carballos,…) nun amplo
terreo.
E despois
continuamos colocando uns
niños con comida para os
paxaros, nas árbores que
había ao redor.
D
30
O obxectivo da
actividade é ser
conscientes da importancia
que teñen as árbores para
o desenvolvemento da
nosa vida sobre a Terra e
aportar o nos pequeno gran
de area
na
reforestación dos nosos
montes, cada vez máis
explotados; tendo en conta
que o que está en xogo non
é, senon, que o noso propio
futuro.
Esta actividade
contou ademáis coa
presencia de numerosas
personalidades, entre elas
doña Raquel Arias,
delegada territorial da
Xunta de Galicia, que nos
axudou na nosa
dura tarefa.
Asi
mesmo,
resultou ter
unha enorme
repercusión mediática xa
que, ademáis dos
representantes desta
resvista escolar, tamén
había moitísimos
xornalistas, fotógrafos,
cámaras de televisión,…
Así, a actividade
converteuse en noticia,
saindo publicada tanto no
diario “El Progreso” como
na “Voz de Galicia”,
chegando a ser portada
nun deles. Demostrando a
enorme importancia que
teñen accións como as que
nós levamos a cabo,
accións encamiñadas ao
coidado do medio
ambiente.
31
EXCURSIÓN POLA RIBEIRA SACRA
excursión pola
Ribeira Sacra,
comeza cunha
breve parada na
Deputación Provincial de
Lugo na que se nos
explicou un pouco o seu
funcionamento.
Unha vez finalizada
esta primeira parada,
arrincamos a coñecer o
Centro de Interpretación
“Terras do Miño” situado á
beira do Río Rato. Nel,
recibimos unha completa
información sobre o río
Miño, os ecosistemas
fluviais e a fauna, flora e
riqueza paisaxística e
medioambiental da Reserva
da Biosfera “Terras do
Miño”.
Continuamos a nosa
viaxe ata a Ribeira Sacra
donde paramos para comer
nun restaurante da zona.
E a partir de aquí,
comezamos a desfrutar
plenamente da beleza sen
igual dos Canóns do Sil.
Montamos nun Catamarán
que nos levou surcando o
río, o que nos permitiu
marabillarnos coa incrible
fermosura desta paisaxe.
A
32
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
ada 17 de maio,
Galicia honra as
súas Letras e a
súa Lingua.
Este ano, o homenaxeado
foi Uxío Novoneyra:
Uxío Novoneyra,
naceu na montaña lucense,
en Parada do Courel, o 19
de xaneiro de 1930, e
adicou a súa obra a
inmortalizar a fermosa
paisaxe da serra. Sendo
estudante en Lugo coñeceu
a Manuel María con quen
frecuentou o trato de
intelectuais da anterior
xeración como Luis
Pimentel, Anxel Fole,
Celestino Fernández de la
Vega ou Ramón Piñeiro.
En 1955 publica o
seu primeiro libro de
poemas, Os Eidos, con
prólogo de Ramón Piñeiro.
Seguíronlle Elegías del
Caurel y otros poemas
(1966), en edición bilingüe,
e Poemas caligráficos. En
Muller para lonxe reúne
poemas de amor xa
publicados e outros inéditos
ilustrados con debuxos de
Carlos Pardo Teixeiro e un
epílogo de Claudio
Rodríguez Fer.
O poeta foi elixido
presidente da Asociación
de Escritores en Lingua
Galega, un cargo de ocupa
ata o seu falecemento en
outono de 1999.
C
33
TEATRO NO COLE
ste ano, durante
unhas horas, o
patio do colexio
converteuse no escenario
dun teatro para poder
presenciar a obra “Lume”
representada por Babaluva.
Primeiro as dúas
actrices nos contaron un
conto, no que os animais
dun bosque tiñan que
facerlle fronte ao "lume"
que quería queimalo todo.
O conto dicía así:
"Había unha vez un
carballo ao que lle caeron
as landras e formouse un
bosque. Había moitos
animais: un porco espiño,
unha vaca, unha ra, unha
vacaloura, unha araña,
unha eiruga, un esquío e
outros. Vivían todos moi
felices. Unha señora tirou
un cigarro ao chan e
formouse un incendio. Os
animais non puideron
apagar o lume. Chamaron á
nube e a nube apagou o
lume".
Despois as actrices
representaron o conto sen
falar.
Os animais estaban
feitos de toallas, medias,
banquetas, iogures, vasos
de plástico…
A obra lembrounos
que debemos coidar e
respetar o noso entorno.
E
34
VISITA DUN CONTACONTOS
nenos/as de
Infantil e primeiro
ciclo de Primaria,
recibiron a visita de Iago,
un contador de contos que
nos contou a historia do
león Leocadio.
“O león Leocadio
vivía alá, onde a terra e o
ceo debuxan o máis recto
dos abrazos. Nacera nunha
notable familia de leóns,
todos eles hábiles
cazadores. Mais as súas
carreiras tiñan pouco que
ver coa caza. A Leocadio o
que lle gustaba era choutar
coas cebras, os antílopes e
as gacelas. Esta era a
razón pola que os tigres se
burlaban del. Como non
aprendía as artes do
cazador, os seus pais
decidiron abandonalo
nunhas montañas. Alí
coñeceu un elefante, que
perdeu a memoria, e aos
señores Mayer que o levará
a América, un lugar onde
Leocadio descubrirá a súa
verdadeira vocación, que o
convertirá no león máis
famoso de cantos existen
na Terra”.
Leocadio, o león,
conto, aborda temas como
a amizade, o respecto da
diferenza e o valor dos
soños e a fantasía como
motores da convivencia no
mundo.
O contacontos
fíxonos participar tanto no
conto que non houbo
tempo nin de distracción nin
de aburrimento.
O
35
VIAXE A MARÍN
o mes de maio,
realizamos unha
viaxe a Marín.
Nesta viaxe, aproveitamos
para visitar a escola naval
de Marín.
Fixemos un percorrido
polas instalacións da
mesma, quedando
abraiados con todo o que
alí hai. Visitamos a
biblioteca, as instalacións
deportivas (o pavillón, o
ximnasio e incluso un
impresionante campo de
fútbol), o planetario,…
Ademáis ao longo da visita
puidemos ver atracado no
porto o inmenso remolcador
María Pita.
Antes de finalizar a visita
intercambiamos unha serie
de agasallos con un
representante da escola
naval, que nos fixo entrega
dun libro da escola.
E unha vez finalizada a
visita á escola
aproveitamos para xantar
nunha praia do entorno.
N
36
CONCURSO RADIO VOZ
covoz é un
espacio
radiofónico emitido
pola cadea Radiovoz para
toda Galicia a través da cal
inténtase educar á
poboación nos valores de
respeto e compromiso coa
protección do medio
ambiente coa intención de
mellorar a nosa calidade de
vida e camiñar cara un
desenrolo sostible.
Ainda que dirixido a
todo tipo de público, dende
amas de casa ata
empresarios/as, docentes,
universitarios, profesionais
de calquer sector e
consumidores/as en xeral,
incide especialmente nos
escolares empregando para
iso un concurso escolar no
que os colexios de primaria
de distintos puntos de
Galica compiten en
coñecementos sobre o
medio ambiente.
Marabillosamente
ben representados por 5
alumnos/as de sexto curso:
Iris, Iván, Laura, Lucía e
Maider, o colexio Cervantes
fixo un extraordinario papel
no concurso.
E
37
BÁDMINTON NA ESCOLA.
actual
xogo do
bádminton
surxiu na India, onde
algúns oficiais do exército
británico viron o xogo e
levárono a Inglaterra ao
redor do 1873. Alí, o duque
de Beaufort interesouse no
xogo e xa que se
practicaba con regularidade
na súa finca de
Gloucestershire (coñecida
como Bádminton), adquiriu
ese nome.
En España,
comézase a xogar nos
anos 60 na Coruña e Vigo.
Na actualidade, o
badminton galego é o
autentico dominador das
competicións no noso pais,
ainda que fóra das nosas
fronteiras estamos moi
lonxe de paises como a
India e a China que adoitan
a gañalo todo.
O bádminton é o
deporte máis rápido do
mundo, xa que está
demostrado que o volante
pode chegar a superar os
350 km/h.
Durante este curso,
un entrenador nacional da
Federación Galega de
Bádminton achegouse ata o
colexio para ensinarnos un
pouco máis deste divertido
deporte.
O
38
PASATEMPOS
Tomando como referencia os recadros, intenta copiar o debuxo da esquerda no cadrado da
dereita.
Nas imaxes que se presentan a continuación hai un debuxo agachado. Descúbreo pintando cada
sección da cor que se indica debaixo.
C Laranxa
A Rosa
T Azul
1. Amarelo 2. Verde
3. Gris 4. Verde Oscuro
5. Azul 6. Marrón 7. Rosa
39
PASATEMPOS
SUDOKUS
Tes que encher tódolos casilleiros con números do 1 ao 9 sen que se repita o mesmo
número nin na mesma fila, nin na mesma columna, nin na mesma celda de tres por tres casilleiros
(as que veñen marcadas con unha liña máis ancha). Doado, verdade?
6 3 5 9 2 1 8 7
9 8 7 6 1 4 3
1 7 5 6 9
5 4 6 2 8 7 3
2 1 9 3 4 6 8
8 9 1 4 2 5
8 6 7 9 3 1 4
4 9 3 1 2 8 7
7 6 1 3 8 5 9
2 7 6 5 3 8
6 9 4 3 5 1 2
1 5 8 7 4 6
7 8 9 1 4 2 3
4 2 6 3 1 8
5 1 8 7 6 4 9
6 2 4 1 7 5
4 3 7 6 8 2
9 1 7 5 8 6
SOPA DE LETRAS
No cadro que tes aquí abaixo hai un montón de letras sen sentido, pero se te fixas ben
poderás atopar as palabras que aparecen na marxe dereita. Poden aparecer de esquerda a
dereita, de arriba abaixo ou en diagonal ¿Conseguirás atopalas todas?
S T N A L U M I N I O B J A
Z I R S M A G O S T O T G Q
M X S Ñ P G B S X B L A W Ñ
O E B T Ñ T V Z A M K P Q F
N D H P E H F A C P J I E A
I C O G U M E L O S H C R N
C R N L O N A R B O R E S T
R F U O L U R S E E G S T R
E V G O L F E Q O H T E U O
Q T J K I J D X R L B S I I
U C A T A M A R A N A V O D
E G M I K M C S I R C R P O
S R E C I C L A X E D E A X
1. Sistema Solar
2. Cogumelos
3. Xacobeo
4. Antroido
5. Reciclaxe
6. Catamarán
7. Monicreques
8. Magosto
9. Tapices
10. Golf
11. Aluminio
12. Árbores
40
PASATEMPOS
AS SETE DIFERENCIAS
Os dous debuxos de abaixo, semellan iguais pero non o son. Entre eles hai 7 diferencias. Serás
capaz de atopalas?
HUMOR
CHISTE 1:
No éxercito dícelle un recluta a un cabo:
“Meu cabo, non cabo na cama.
E dícelle o cabo: Ignorante, será COLLO.
Ah, vale! Di o recluta: “Meu collo, non cabo
na cama”.
CHISTE 2:
Que fai un albanel no baño? Un PISIÑO.
CHISTE 3
En que se parece unha camisa vella a un
hotel pobre?
En que ningún ten botóns.
CHISTE 4:
¿Cal é o colmo dun xordo?
Que ao morrer lle dediquen un minuto de
silencio.
CHISTE 5:
Na clase, a mestra pregúntalle a un alumno:
A ver Manoliño, a frase “eu busco noivo”
¿Que tempo é?
Tempo perdido profe.
CHISTE 6:
Dille o mestre a Pepiño:
A ver Pepiño, ¿Que che pasa se che corto
unha orella?
E contesta Pepiño: que quedo medio xordo.
E ¿Que pasa se che corto a outra orella?
Que quedo cego.
E o mestre asustado dille a Pepiño ¿Por
que?
E contesta Pepiño: Porque caeríanseme os
lentes.
41
SOLUCIÓNS AOS PASATEMPOS
SUDOKUS
6 3 5 4 9 2 1 8 7
9 2 8 7 6 1 5 4 3
1 7 4 8 5 3 6 9 2
5 4 6 2 8 7 9 3 1
2 1 9 5 3 4 7 6 8
3 8 7 9 1 6 4 2 5
8 5 2 6 7 9 3 1 4
4 9 3 1 2 5 8 7 6
7 6 1 3 4 8 2 5 9
2 7 4 1 9 6 5 3 8
8 6 9 4 3 5 7 1 2
1 3 5 8 7 2 4 9 6
7 8 6 9 1 4 2 5 3
4 9 2 6 5 3 1 8 7
3 5 1 2 8 7 6 4 9
6 2 8 3 4 1 9 7 5
5 4 3 7 6 9 8 2 1
9 1 7 5 2 8 3 6 4
S T N A L U M I N I O B J A
Z I R S M A G O S T O T G Q
M X S Ñ P G B S X B L A W Ñ
O E B T Ñ T V Z A M K P Q F
N D H P E H F A C P J I E A
I C O G U M E L O S H C R N
C R N L O N A R B O R E S T
R F U O L U R S E E G S T R
E V G O L F E Q O H T E U O
Q T J K I J D X R L B S I I
U C A T A M A R A N A V O D
E G M I K M C S I R C R P O
S R E C I C L A X E D E A X
X X
X
X
X
X X
42
Esta é unha parte de todo o traballo realizado ao longo do curso polos
alumnos/as de Informática. Agardamos que vos gustara porque
está feito con todo o esforzo e ilusión de cada
un/unha de nós.
COLEXIO CERVANTES.
Camiño de Pipín Nº 25. LUGO
Teléfono e fax: 982 218 711
e-mail: [email protected]
ORGANIZADA E EDITADA POLA ANPA DO COLEXIO CERVANTES