Cos pés na terra
-
Upload
ceipsacoearce-ceipsacoearce -
Category
Documents
-
view
240 -
download
1
description
Transcript of Cos pés na terra
CEIP SACO E ARCE DE TOÉN
Aula esquío da Natureza
Pequenos actos, grandes obras
2
AULA ESQUÍO DA NATUREZA
CEIP SACO E ARCE — TOÉN (OURENSE)
MAIO 2011
Publicación impresa en papel reciclado e con tintas ecolóxicas
3
Algunha das consecuencias do Cambio Climático. 1. Aumento das temperaturas.
2. Furacáns máis intensos, choivas torrenciais, secas, olas de calor, nevadas, máis frío no
Norte de Europa, escaseza de auga, super tormentas, etc.
3. Impacto no ecosistema: cambios de animais, extinción de especies, aparición de novas
especies...
4. Aumento dos niveis do mar: algo que xa está afectando a pequenas illas e que pode
ser catastrófico para as cidades costeiras e as situadas xunto aos ríos.
5. Problemas na agricultura e, por conseguinte, máis fame no mundo. Aumento de pragas
e enfermidades.
Nós os ALUMNOS/AS do colexio Saco e Arce de Toén, un ano máis,
comprometémonos a frear un pouquiño o quentamento global.
Como o imos a conseguir?, vos estaredes preguntando.
Cunha serie de actuacións que vos imos a detallar nesta publicación..
Pequenos actos... grandes obras.
4
Xeramos grandes cantidades
de lixo. Derribamos árbores para
usar papel e contribuímos á de-
forestación. Cada vez fai falta
máis terra cultivable porque o
mundo está densamente poboa-
do ...
Todos contribuímos, no noso día a
día, ao cambio climático. Utiliza-
mos un sistema de electricidade,
desprazámonos en vehículos
(autobuses, coches, motos) que utili-
zan combustibles procedentes de
enerxías non renovables e que emi-
ten gases de efecto invernadoiro.
Cando o ser humano decidiu dominar a terra sen
importarlle o prezo que debía pagar. A Nature-
za foise envelenando e contaminando sen límite,
provocando o aumento da temperatura do plane-
ta.
O Protocolo de Kyoto é o ins-
trumento máis importante des-
tinado a loitar contra o cambio
climático. Contén o compromi-
so dos países industrializados
a reducir a emisión dalgúns ga-
ses de efecto invernadoiro.
O cambio climático non é unha película de ciencia ficción...
é unha realidade.
Cales son os gases de efecto inver-
nadoiro?
Son o dióxido de carbono, metano e
óxido nitroso; sen eles non sería posible
a vida no planeta, xa que impiden que
parte do calor solar regrese ao espazo.
Pero cando aumenta o seu volume sen
parar, provocan unhas temperaturas
elevadas e modifican o clima.
5
Preto das cidades hai sempre enormes ver-
tedoiros de lixo que medran e medran se
parar. Gran cantidade dese lixo pode ser
reciclado e aproveitado para producir novos
envases e produtos.
A Terra e a Natureza, teñen
un estómago e necesitan
tempo para dixerir os ali-
mentos que, por suposto,
non son coma os que toma-
mos nós.
Se lle botamos moitos alimen-
tos (residuos), porque consu-
mimos moito, tardará moito
tempo en facer a dixestión e
porase enferma. E, se eses
alimentos son tóxicos... Xa me
diredes!
Cada europeo produce
ao longo da súa vida
arredor de 70 tonela-
das de residuos, lixo e
outros contaminantes?
Usa produtos Biodegradables
para reducir a túa pegada
ecolóxica:
Son materias e produtos, como
as bolsas de papel, que teñen a
facultade de reintegrarse na terra
por acción da natureza (do sol, da
auga, das bacterias.)
Exemplos de tempos de descomposi-
ción:
Monda dun plátano: de 2 a 10 días.
Panos de algodón: de 1 a 5 meses.
Papel: de 2 a 5 meses
A pel da laranxa: 6 meses
Aneis plásticos paquetes de latas: 450 anos.
O vidro e o plástico tardan uns 4.000 anos
en descompoñerse, así que a solución ideal é
reciclalos.
1ª actuación:
NON É MAIS FELIZ O QUE MÁIS TEN, SENÓN O QUE MENOS NECESITA
SABÍAS QUE…?
6
Nas nosas casas fabri-
camos un dos máis
graves prexuízos para o
medio ambiente:
O LIXO!!!!!
Cando mires o lixo pen-
sa nel coma nunha ma-
teria prima, que ten
valor.
Temos que REDUCIR a
cantidade de lixo.
¿Cómo facelo?
MOI FÁCIL:
REciclando,
REutilizando e …
REspectando
REcoiro ... QUE É ISO?
QUE PASA NA TÚA PROPIA CASA?
7
O sistema de reciclaxe creouse polo nº excesivo de envases que se poñían no mer-
cado. Segundo a lei toda persoa que poña un envase no mercado, debe
garantir un sistema de recollida e revalorizar o envase, así que paga a
ECOEMBES OU ECOVIDRO, para que se encarguen de recollelo e
reciclalo.
No contedor de vidro non deposites pratos, copas, cristais de ventás, nin cerámica
É mellor tirar algo, sobre o que se dubida, ao contedor de orgánicos para non
entorpecer o labor da reciclaxe:
Panos de mocos, cueiros, papeis sucios, ao contedor orgánico.
Botes de pintura, de aceite dos coches, aerosois ao punto limpo ou no orgánico.
A reciclaxe poderíase definir como a obtención de materias primas a partir de res-
tos.
Separa o cartón, as pilas, o vidro, o plástico e lévaos a contedores especiais para que
poidan ser reciclados, ou sexa, para darlles un novo uso.
8
- Almacén para os residuos peri-
gosos do fogar : aerosois, fluores-
centes, disolventes, pinturas, etc.
- Zona para os residuos volumi-
nosos: mobles, colchóns, electrodo-
mésticos, restos de podas....
A Dirección dos Puntos Limpos en
Ourense son: Santa Mariña (P.Km-
6) e outro en Vilar das Tres - Eiroás
(rúa dos Chaos).
Unha lámpada: a de filamentos no contador de orgánicos, a de baixo consumo
nun punto limpo.
Os CDs: no orgánico, son moi difíciles de reciclar.
Cubertería: no orgánico.
Os tubos de pomadas: considéranse restos de medicamentos, así que deposítanse
na farmacia ou no punto limpo.
Xoguetes: Si son electrónicos, mellor levalos a un punto limpo. Un peluche, no
contedor orgánico, unha boneca, a pesar de ser de plástico, é mellor tirala no or-
gánico (ao estar formada por diferentes tipos de plásticos dificulta o reciclado).
Vasoiras, pelotas de coiro, auriculares: no orgánico
Esmalte de unllas: se está baleiro, o envase ao de vidro e a tapa ao amarelo.
PUNTOS LIMPOS. Son instalacións de recollida selectiva para os cidadáns. Ten zo-
nas diferentes segundo a perigosidade do residuo:
QUE FAGO CON....?
9
QDAMOS?
Nós os residuos perigosos e voluminosos imos a feira dos Puntos Limpos
MOBLES E APARELLOS
ELECTRODOMÉSTICOS
10
MEDICAMENTOS : AEROSOIS:
Eu son un farrapo... antes fun guapo... agora preciso un des-canso. Eu son un zapato vello e cun burato... pateei moitos cami-ños... agora estou farto.
Eu de motores fun sangue ben querido e apreciado... agora eu xa cumprín o que tiña estipulado.
Insecticidas e desinfectantes Eu matei moitos bichos e eu os mo-bles lucín... eu desinfectei as augas para que poidas vivir.
Baterías e pilas. Eu era a chispa da vida de moitos coches e utensilios agora xa vou cansiña e preciso unha nova vida. Pinturas colas e vernices Pégoo todo, dou cor e brillo…fago do vello novo e do roto un descosido.
Lámpadas e halóxenos Eu fun luz na escuridade Comigo a vida fíxose Moito máis agradable.
11
2ª actuación
RECICLANDO PAPEL
Non malgastes papel. Reutiliza os
papeis que só están escritos por
unha cara cando escribas ou de-
buxes.
Deposita o papel xa usado en con-
tedores específicos para a súa
posterior reciclaxe.
Reduce os papeis de limpeza,
substituíndoos por panos de tea.
1. Nun caldeiro botamos cachiños de pa-
pel en auga (dobre de auga que de pa-
pel), mellor se a auga esta morna.
2. Deixámolo 2 días e logo batémolo
(baixo a mirada atenta da profe) ata con-
seguir unha pasta espesa
3. Collemos pasta sobre o marco/rede e
volteámola sobre unha superficie absor-
bente (follas de periódico)
4. Colocamos una tea por riba para qui-
tarlle o exceso de auga e para que o pa-
pel quede fino.
5. Cando a tea absorba a auga, deixa-
mos que a lámina de papel se seque.
12
Podes usar bolsas de tea para ir a compra.
Compra só o necesario.
Reutiliza as cousas en lugar de
tiralas.
Por exemplo: garda as bolsas
do super e volve a usalas para ir
á compra ou para tirar o lixo.
Elixe produtos que teñan menos envolto-
rios, usa os paquetes familiares.
Tamén podes usalas para meter alimen-
tos no conxelador. Como? Facendo un
peche hermético cunha botella de plás-
tico.
3ª actuación:
IDEAS E CONSELLOS PRÁCTICOS PARA RECICLAR:
13
Existen moitas formas de dar unha segunda oportunidade as cousas que se teñen
e xa non se empregan. Isto son algún exemplos do que fixemos nós:
Entrega roupa, xoguetes,
libros, videoxogos en bo
uso e que xa non utilices
a ONG, a Cáritas, mer-
cadiños solidarios...
14
4ª actuación:
APRENDEMOS MÁIS COUSAS SOBRE AS ENERXÍAS RENOVABLES
Aforra Enerxía apagando luces innecesarias, tamén a tele e o ordenador cando
non os utilices, mantén a calefacción entre os 18º e 20º.
E … Moi importante! Non malgastes auga, pecha a billa ao lavar os dentes, non
tires da cisterna só por un papel, dúchate en vez de bañarte e non a contamines
tirando polo vertedoiro produtos nocivos como o aceite.
Substitúe as lámpadas convencionais por lámpadas de baixo consumo
É de suma importancia o uso progresivo das
enerxías renovables xa que son a mellor solu-
ción para deter o quentamento global e ter un
mundo máis ecolóxico.
Usar enerxías renovables pode aforrar centos,
senón é que miles de euros ao ano no teu recibo
da luz. Hai varios tipos:
15
16
P a r e c e u n h a c a i x a ,
verdade?, pois é moito máis.
É un forno solar. Feito con 2
caixas de cartón, papel de
aluminio, plástico e vidro.
Pode potabilizar auga nunha
hora, cociñar, secar roupa,
quentar alimentos. Os
alimentos nunca se queiman.
O inconvinte é que é un
pouco lenta e que se precisa
luz solar.
Preparamos galletas de canela,
Potabilizamos auga
Fixemos unha infusión de Herba Luísa
Cociña Ecolóxica, consumo cero
Nas nosas mans está decidir como colaborar, como axudar, que proxectos
desenrolar.
Nós decidimos investigar como facer un forno con materiais reciclados,
baratos e accesibles para a xente que non pode permitirse outra cousa.
17
GALLETAS DE COCO
Ingredientes:
120 gr. De azucre
150 gr. De coco
3 claras de ovo.
Procedemento:
1º Bate as claras a punto
de neve.
2º Bota o azucre
removendo de abaixo
arriba.
3º Engade o coco do
mesmo xeito.
Xa está listo para metelo
ao forno.
18
5ª actuación:
O problema dos vertedeiros incontrolados
A Unión Europea prohibe este tipo de vertido, pero algunha xente, en moitos ca-
sos, non está concien-
ciada sobre os problemas
que provoca na natureza.
Xeralmente, prodúcese
fóra das zonas habita-
das, enchendo os nosos
montes de lixo, con subs-
tancias contaminantes
que alteran o ecosiste-
ma....
Os problemas iniciais dos
vertedeiros incontrolados
son os malos cheiros, lumes, animais transmisores de enfermidades...
POR ISO SI VAS AO BOSQUE… QUE DEBES SABER?
As árbores son as nosas depuradoras naturais:
Limpan o aire, producen osíxeno e absorben o dióxido de carbono da atmosfera,
que é un dos causantes do efecto invernadoiro.
Regulan o clima, facili-
tando a choiva.
Son o fogar de nume-
rosos animais: Dende
as raíces ata as follas,
cada árbore esta chea
de vida.
19
Nos nosos montes viven moitos animais. Algúns son moi beneficiosos para nós:
Carnívoros que manteñen a raia pragas de insectos e roedores.
Insectos como as abellas que a parte da súa función melífera tamén interveñen
no proceso de reprodución de plantas e árbores.
Agarran o chan. As raíces sosteñen o solo, evitando a erosión e as pólas frean
os efectos das choivas torrenciais.
Defende a Natureza denunciando os comportamentos antiecolóxicos: vertedei-
ros incontrolados, residuos perigosos ...
Aprende a coñecer e a respectar o monte, comunica danos ou problemas que vexas
nel.
20
ESTE LUME FOI FROVOCADO POR UNHA QUEIMA INCONTROLADA A CARÓN DO NOSO COLEXIO
COMO DEBES COMPORTARTE?
Gústache levar recordos dos teu paseos???, arrincar flores, poliñas, cogordos... POIS
QUE SEXA A ÚLTIMA VEZ! Pensa que podes estar destruíndo o alimento ou a vivenda dal-
gún dos habitantes do bosque.
Que che parecería se alguén se levara a porta da túa casa, ou o que gardas no frigorífico?
Por iso a mellor forma de disfrutar no bosque é camiñando por el
A moto ou QUAD prohibidos!
Non alborotes. Os habitantes do bosque non son amigos para ir de marcha.
Goza da paz e da tranquilidade do bosque.
Non deas chucharías aos animais, aínda que a eles lles gusten, poderían poñerse moi en-
fermos.
IMPORTANTÍSIMO!!!!
Non acendas lume.
Nunca. Por moito coida-
do que teñas podes pro-
vocar un incendio, a pe-
or traxedia do bosque! (E
de todos nós). Se ves un
incendio mo monte,
CHAMA AO 085
O LUME, ameaza persoas, vivendas, destrúe recursos, mata plantas e animais,
elimina o chan fértil, dana a paisaxe, provocando cambios no medio ambiente, co-
mo o temido CAMBIO CLIMÁTICO.
21
¡
SE O MONTE ESTÁ BEN XESTIONADO, REDUCIRANSE OS LUMES:
Como podemos axudar a frear os incendios forestais?
Aproveitando e xestionando o rendemento
que produce o monte: madeira, mel, bio-
masa, contornos saudables.
Abrindo pistas que sirvan para deter o lu-
me e faciliten o acceso das brigadas fores-
tais.
Reducindo o abandono, revalorizando o
noso patrimonio, convencendo a propieta-
rios e comuneiros para que rocen os seus
montes e os manteñan limpos.
Repoboando con especies autóctonas: carballos, sobreiras, castiñeiros... E que ademais
arden peor ca os piñeiros ou eucaliptos.
22
Facemos Compost:
Dende fai varios anos, no colexio,
facemos compost cos residuos orgá-
nicos procedentes da cociña.
O compost producido utilizámolo
para abonar o noso horto escolar..
¿Qué precisamos para
facer compost?
- Un composteiro
- Unha forca ou outra ferra-
menta para voltear
- Auga.
- Residuos de cociña (Restos de
froita, verdura, mondas de pata-
cas, pousos de café, té, po da
aspiradora, cáscaras de ovo,
restos de pan, …)
- Residuos vexetais (restos de
poda, ramiñas, follas secas, her-
ba ...)
6ª Actuación
O Compost
É un abono natural que se pode empregar para o xardín, horta ou plantas de inte-
rior. É moi beneficioso porque as terras tratadas con fertilizantes químicos, acaban
perdendo a súa produtividade.
¿Como se fai o compost?
Botar unha capa de toxos pica-
dos, restos de poda ou outro
tipo de restos vexetais.
Botar unha capa de residuos da
cociña.
Ir intercalando capas de ramas
cortadas, follas secas e herba
da poda para que o aire circule
con maior facilidade polo inte-
rior.
Remexer a parte superior unha
ou dúas veces á semana.
Pódense engadir ortigas para
acelerar o proceso.
23
7ª Actuación
Datos que falan dos hábitos medioambientais da nosa comunidade escolar
FAISE SEPARACIÓN DE
RESIDUOS
NA TÚA CASA?
60%
40%
SI
NON
CALES DESTES
PRODUCTOS SE
RECICLAN NA
TÚA CASA?
FACEDES COMPOST NA CASA?
52,38
47,6
45
46
47
48
49
50
51
52
53
Fan compost Non fan compost
Serie1
1615
10
14
11
13 13
0
2
4
6
8
10
12
14
16
18
plasticos papel vidro envases tetrabricks pilas outros
Serie1
24
O
Que difícil cantarlle a nai terra, que nos aguanta y nos viu medrar, e aos pais dos teus pais e aos teus fillos e aos que virán detrás. se a miras coma a túa nai quizás che cambie a mirada, e actuemos coma os que defenden aos seus. e aos que veñen con el a raíz nos meus eu sentín, levantei a man e vin, que todo vai unido, que todo é un ci-clo, a terra, o ceo e de novo aquí, co-ma a auga do mar e as nubes vai, Chove a auga e volta a empezar, oes, e ieee. Berrei, berrei...non o ves?? vai morrendo lentamente, nai terra... mother earth...(bis) Non se trata de romper ventás, ni farolas nin de caras, mellor romper conciencias.. equivoca-das..oes??.. ninguén nos ensinou nin a ti nin a min, Ninguén nos explicou nin a ti nin a min, mellor aprender, que corra a voz e qui-zás conseguir.. (bbrbor... bombeando teerra nai di.... tr trr bombeando terra nai … basta! trtrt bombeando trtrt bombeando tierra nai escoitei... trtrt bombeando terra nai di… ponte en pé. trttr bombeando ...mírame ihee) Berrei, berrei...non o ves?? (non non non non o ve...) vai morrendo lentamente, nai te-rra...mother earth...
8ª actuación
CANTÁMOSLLE Á TERRA... Para que se nos escoite.
Coñeces a canción de Macaco, “Mamá Tierra”?
25
9ª Actuación
Poesía que mima a terra
Se o planeta Queres coidar, Este é o momento De comezar. Reduce o lixo Na túa casa Consume menos. PENSA E SEPARA. O cambio climático Tráenos de cabeza Medran os desastres No noso planeta. Se camiñar podes Non collas o coche E anda na bici E fai deporte. Montes ben coidados, Con sentidiño É bo para ti E tamén pro veciño. Se tiras o lixo Por todos os lados Faremos da terra Un lugar desolado. Se reducimos O que consumimos Viviremos mellor Chegaremos a velliños. Nas nosas mans Está a clave Para conseguir Que este mundo cambie. Que o mundo cambie.
Conservar o planeta É o noso deber. Estamos a tempo De facelo ben. Separa o lixo, Comeza na casa. Polo vertedoiro Non botes a graxa Papel cartón e vidro No seu contedor Se o reciclamos todo Iranos mellor. Eu son ecoloxista Eu son responsable, Eu so consumo O indispensable.
UN MUNDO DE CORES, IMOS CONSEGUIR. PINTADO A AQUARELA QUE NON SEXA GRIS. NO ARCO DA VELLA SÚBETE AMIGO, NON TE PARES
EU VOU CONTIGO
XUNTOS PODEMOS, TI
BOTA UNHA MAN
ACTOS PEQUENOS,
GRANDES OBRAS FAN
DA UN PASO AO FRONTE,
NON O PENSES MÁIS
A VIDA NO PLANETA
IMOS MELLORAR
26
10ª Actuación
ComECOcos
Atopa no debuxo da esquerda 13 diferenzas con respecto ao da dereita.
100
XEROGLÍFICO
Gas, que emitido en grandes concentracións, provoca o efecto
invernadoiro.
Axuda a cada residuo
a chegar ao seu conte-
dor.
Daniel Cruz
27
11
ª A
ctu
ació
n: M
iran
do
po
la T
erra
28
A t
err
a d
i: X
a b
asta
! P
on
te e
n p
é!
29
30
Ac
ou
ga T
ER
RA
! P
eq
ue
no
s A
cto
s, g
ran
des o
bra
s
12ª Actuación
31
32
Alumnos/as e mestres do CEIP Saco e Arce de Toén. (Ourense)
E a miña
A terra é a miña casa
E a nosa
E a miña
Tamén é a nosa