Contos con palabras
-
Upload
saco-e-arce-toen -
Category
Documents
-
view
246 -
download
2
description
Transcript of Contos con palabras
]
Alumn@s do Ceip Saco e Arce – Toén
DIA DA
BIBLIOTECA
2011
CONTOS CON PALABRAS
Escribimos estes contos para conmemorar o Día da Biblioteca, porque
¿hai mellor regalo para unha Biblioteca que un libro?
@s profes seleccionaron unha serie de palabras que colocaron polos
pasillos do cole. Cada un de nós tiña que coller unha. Despois
xuntámonos en grupos e tivemos que construír unha historia onde
aparecesen as palabras de cada membro do grupo.
Estas son as historias que creamos.
EI – 4 anos
HABÍA UNHA VEZ UNHA
ARPA PLATEADA QUE
VOABA PARA ATRÁS
PORQUE ERA MÁXICA.
UN DÍA MENTRES ÍA VOANDO
POLO BOSQUE, CHOCOU CON
UN QUEIXO MOI GRANDE QUE
ESTABA NO CHAN.
AQUEL QUEIXO CAÉRASELLE DA MAN A UN NENO CANDO PASEABA COA SÚA NAI.
AO CHOCAR ATOPOUSE CUN
ELEFANTE QUE ESTABA
PERDIDO PORQUE SE
ESCAPARA DA SELVA EN
BUSCA DE COMIDA.
A ARPA COLLEUNO CON
FORZA E LEVOUNO VOANDO
DE NOVO A SELVA.
DENDE AQUEL DÍA
FIXÉRONSE GRANDES
AMIGOS E A ARPA
TOCOULLE MOITAS
CANCIÓNS COAS SÚAS
CORDAS INVISIBLES.
Clase das Tartarugas
EI 3 anos
As palabras que tiñan que aparecer na nosa historia eran:
GALIÑA, BIBLIOTECA
ÉRASE UNHA VEZ UNHA GALIÑA
CHAMADA VIOLETA
QUE ESTABA ACATARRADA,
PORQUE TIÑA FRÍO.
ENTóN, LEVÁRONA Ó DOUTOR E
O DOUTOR CUROUNA.
OS DOUTORES TEÑEN MOITAS
LIBRETAS E DÁMOSLLE A TARXETA.
DEUNOS UN XARABE PARA VIOLETA.
DóELLE A GORXA E O XARABE PONA
BOA.
TAMÉN LLE MIROU A FEBRE.
AgORA VIOLETA XA ESTÁ CONTENTA,
TOMOU O XARABE E SANOU.
Á NOSA GALIÑA GÚSTANLLE MOITO OS CONTOS DA NOSA
BIBLIOTECA.
ELA CóNTANOS CONTOS E A NóS GúSTANNOS MOITO.
E COLORÍN COLORADO… ESTE CONTO ESTÁ REMATADO.
Clase Das
Tartarugas
O experimento de
PENI Clase dos Superheroes: E.I. 5 anos
Para construir a nosa historia, tiñamos que empregar as palabras DRAGÓN – EXPERIMENTO – PARVO -
Outubro - 2011
As palabras que tiñamos que empregar na nosa historia eran:
PATÍNS – TARTARUGA – RITMO -
Alumn@s de 1º Ciclo de EP
Efrén e un esquío que vive no bosque de Toén.
Un día decidiu mandarlle unha carta ao seu amigo Koala para
convídalo a pasar uns días con el e amosarlle o fermoso
bosque no que vivía.
Efrén esperaba ansioso a súa chegada. Para
recibilo, tivo una gran idea: Reuniu a todos os
animais do bosque para que lle axudaran a facer
un panfleto para recibir ao seu amigo Koala.
Para cando chegou Koala, tiñan preparada una gran festa cun
bonito panfleto que puña:
As nosas palabras eran: esquío, koala, panfleto, maxia
Tras pasar un día inolvidable, Koala
preguntoulle a Efrén:
- Onde podo durmir, Efrén? - Non te preocupes por iso. Téñoche
reservado un loureiro ao lado do meu castiñeiro para que durmas sen ningunha preocupación.
Un día antes de marchar, Koala, Efrén e outros amigos asistiron a
un gran espectáculo de maxia con todos os animais. O coello,
que era o mago, fixo moitos trucos e ata fixo aparecer dúas
pombas.
De volta a casa, Koala díxolle a Efrén:
- Foi o mellor espectáculo de maxia que vin nunca! Moitas grazas por convidarme a pasar estes días contigo, pero mañá teño que volver a Australia.
Ao día seguinte, Koala ergueuse cedo e despediuse de Efrén:
- Espero verte pronto no meu país e devolverche a hospitalidade que me deches.
- Adeus, amigo Koala! - Adeus Efrén. Ata sempre!
Yesica, Yago, Lorena –
3º e 4º EP
Fai moitos anos, nun pobo moi lonxano rodeado de
montañas, discorría un río onde nadaban moitos peixes.
Ao lado do río había un bosque con moitas árbores no que
vivían moitos animais: esquíos, xabarís, cervos, raposos…
aguias, corvos, pegas…
Unha das árbores que estaba preto
do río era un sauce chorón. Nel
había un niño feito de paus de
diferentes tamaños onde se
agochaban cinco crías de andoriñas.
Unha tarde de verán desatouse una gran treboada con
moitos raios e tronos. Sopraba un vento furacanado que
facía tambalexar todas as árbores do val.
As polas do sauce mesmo parecían
voar. Tanto soprou o vento que a
árbore partiu.
Todos os paxaros que estaban no
niño caeron a auga e ían rematar
afogados nas turbulentas augas do río. Foron pousándose
As nosas palabras eran : niño, forasteiro, barbaridade, invisible, kiosko
sobre algunhas pólas que flotaban, pero a corrente era
tan forte que era difícil manterse nelas.
De súpeto, apareceu un forasteiro que, percatándose do
perigo que acechaba as pequenas andoriñas, decidiu
rescatalas antes de que sucedera unha barbaridade.
Lanzou a súa rede invisible que levaba no seu peto e foi
salvando das augas, de una en una, a todas as crías.
Levounas a un kiosko que había no
lugar, secounas e deulles de comer.
Despois, preparoulles un gran niño.
Pasados uns días, todas as andoriñas revoloteaban
arredor do forasteiro, agradecidas pola súa
xenerosidade.
O home, ao ver que os paxariños estaban cheos de ledicia
e sabían voar, abriu a porta do kiosko para que saíran e
foran libres.
O forasteiro seguiu o seu camiño en busca de alguén que
noutro lugar estivera en perigo para poder axudalo.
Adrian, Antía, Rafa, Cristian.
3º de EP
cor do que er a xul l o.
or r ía o ano .
i viamos nunha época de
desast r es nat ur ai s: os
mar es secar an, os vol cáns
er upci onaban e os bosques
est aban a pi ques de
desapar ecer .
ar a at opar auga t i ñamos
que r ecor r er l ongas
di st anci as ou i ncl uso
f acer pozos mooooi pr of undos
. oi t os de nós er amos nómadas. i ñamos que
const r uír ci dades subt er r áneas.
vi da er a moi dur a
Tiñamos que emregar as seguintes palabras: xullo, mares, pancho, cíclopes
quel a noi t e, escoi t ábanse f or t es t er r emot os que
sacudían a t er r a, vol cáns que er upci onaban…
ancho, o meu can, est aba moi al t er ado.
aín f or a a ver que
l l e pasaba. i n que
uns xi gant es cun so
ol l o se achegaban a
nós . i ñan un
aspect o f er oz
, par ecíanse aos
cícl opes.
on t i ven val or par a
at acar de f r ont e, así que me
escondín e ancho comi go.
st i vemos agochados
dur ant e uns días per o a f ame
e, sobr e t odo a sede,
f i xonos sai r .
ecat ámonos de que os
xi gant es non er an os nosos
i ni mi gos. r aían una mi si ón;
cambi ar os nosos cost umes.
nsi nár onnos a vi vi r sen apar el l os cont ami nant es e
t amén apr endemos a comer al i ment os dos que nunca
oír amos f al ar , como r aíces, i nsect os ou ver mes … e a
cazar so par a al i ment ar nos.
í nda podiamos sal var o pl anet a
Fermín, Miguel, Martín, Diego,
3º e 6º de EP
Rad era o estudante máis sobresaínte do colexio. Destacaba nos
estudos e tiña un carácter moi sociable.
Unha tarde, ao volver do colexio, escoitou una preciosa
serenata que saía dunha fábrica abandoada. Sentiu curiosidade e
entrou a botar una ollada. Destro estaba escuro, pero seguiu a
melodía ata que tropezou con algo. Agachouse, empezou a
palpar ao seu redor e deu cun obxecto. Parecía un caderno.
Nese mesmo intre, o son cesou.
Rad volveu sobre os seus pasos e, coa luz das farolas, puido ver
o que atopara: Era o diario dun científico. Alí había moitas
fórmulas e planos de cousas que aínda non estaban inventadas:
a Barra teletransportadora, que sería moi útil para moverse
dun sitio a outro sen gastar enerxía e sen atascos nin
accidentes; a Máquina do tempo, coa que poderías viaxar ao
pasado ou ao futuro; o Memocasco, que sería moi útil para
facer os exames, pois so con ler algo, memorizaríalo ao
instante; os Escribiguantes, para escribir rapidamente e sen
faltas de ortografía…
O futuro sería un paraíso.!!!
Rad foi onde seu pai e ensinoulle o diario.
Ests foron as nosas palabras : serenata, paraíso, salvaxe
Decidiron que, entre os dous, construirían as máquinas
seguindo as instrucións. Tras días e días de moito traballo,
viron que todo o seu esforzo era inútil: era imposible
construílas porque_ segundo averiguou Rad_ faltaban pezas que
aínda non estaban sequera inventadas. Habería que esperar! Rad
decidiu enterrar o diario para que ninguén o atopase.
Pasaron moitos anos . Rad era maior e tiña dous fillos de 10 e
12 anos: Darren e Adrián.
Un día contoulles o seu segredo: tiña un diario soterrado
debaixo da fábrica abandoada. Foron alí os tres xuntos e
desenterraron o caderno.
Comezaron a buscar as pezas que faltaban para rematar o
traballo que comezaran o seu pai e o seu avó. Foi un traballo
salvaxe!!!
Cando o conseguiron e as máquinas comezaron a funcionar, o
mundo comezou a cambiar.
Todas as persoas lles deron as grazas por mellorar o mundo,
pero eles sabían que o diario fora a chave de todo aquel
progreso.
Nunca se esquecerían daquel diario que atopara o seu pai
cando era neno.
Raúl, Alex, Daniel
6º EP
Era una nena que non tiña amigos.
Un día, picáballe tanto a cabeza que non podía parar de rascarse. Así que cando chegou a casa foi ao baño a mirar se tiña algún piollo.
Mirouse ao espello e decatouse de que non vía o seu reflexo.
Deulle un arrepío e correu o seu cuarto a mirarse no espello do tocador. Pero… Tampouco puido ver a súa imaxe.
- Meu Deus! Que cousa tan estrana! Isto so lles pasa aos vampiros! – pensou a nena.
Sentouse na cama e púxose a meditar.
- Que foi o que me pasou? … Xa sei! Estou segura de que o causante desta transformación foi o piollo que me andaba rondando pola cabeza. Seguro que era un vampiollo!
Aquela noite, cando a súa nai lle foi dar o bico de boas noites, o vampiollo saltou da súa cabeza e picou á nai. A nai levouno na súa cabeza ata que se meteu na cama e o vampiollo saltou á cabeza do pai e picouno tamén.
Desta maneira, todos os da familia se converteron en vampiros.
Estela, Agueda- 5º EP
O UNICORNIO Sabichón
Érase unha vez un unicornio
chamado Raio que tiña unha mancha
no lombo. El era moi sabichón e
pensaba que a mancha era de
touciño.
Andaba sempre por aí queixándose
de que tiña unha mancha
horrorosa, ata que chegou a onde
a cebra Cecilia, que era científica.
Consultoulle o problema e a cebra observouno con cara
de misterio e inxenio a vez. Sacou o seu libro de
receitas mentres Raio a miraba moi estrañado.
- Espera e verás_díxolle a cebra Cecilia ao unicornio, mentres se escoitaba unha música de misterio, que a cebra fixera soar para concentrarse mellor.
- A Raio deulle un escalofrío de
medo.
- Non te preocupes_ dixo Cecilia_ Vai ser doado.
Abriu o libro de receitas pola páxina do Touciño e
comparouno coa mancha de Raio.
- Isto que tés non é unha mancha de touciño! É unha mancha de nacemento!
O unicornio Raio foise para a casa feliz e contento.
María Domínguez, María Rodríguez , Lucia Pérez
As nosas palabras: unicornio, mancha, touciño