Conto reciclado

21
Conto con materiais reciclados Ana Bóo Pérez A viaxe de Petroliño

Transcript of Conto reciclado

Page 1: Conto reciclado

Conto con materiais reciclados

Ana Bóo PérezA viaxe de Petroliño

Page 2: Conto reciclado

Materiais:

•Folleto de tenda (Punto Roma).•Revistas e folletos vellos.•Caixas de cartón.•Papel de regalo usado.•Cartóns de leite.•Papeis en sucio (usados solo por un lado ou nas esquinas para aproveitar a parte sen usar).•Tesoiras, regra, pegañento e lapis.

Page 3: Conto reciclado

En primeiro lugar escolleremos o conto que imos facer ou escribirémolo, como é o meu caso.Logo recortaremos dous anacos de cartón de cereais algo máis grandes co folleto que usaremos como base para o conto, para facer as tapas, e unha tira de papel de revista groso para facer o lombo do conto.

Page 4: Conto reciclado

Dobraremos a tira de revista en tres partes, a do medio máis delgada, pouco máis co groso do folleto, e pegaremos as tapas a esta tira polas dobreces. Deixamos secar.

Page 5: Conto reciclado

Cando xa teñamos escollido o conto e saibamos cantas follas van facer falta comezamos a pegalas de dúas en dúas (para facelas máis grosas) ata que teñamos as necesarias, e cortaremos as restantes. Iremos pegando a ambos lados os folios usados, deixando a parte limpa cara arriba, como se ve na foto, e recortaremos o sobrante.

Page 6: Conto reciclado

Ademais poremos celo nas xuntas as follas para que non se despeguen os folios ó pasar as follas.

Page 7: Conto reciclado

En canto ás tapas, cando estean secas, pintarémolas cunha pintura que teñamos en casa se queremos, senón deixarémola así e decorarémola sen máis como queiramos e co que teñamos, dependendo do conto.

Page 8: Conto reciclado

Logo, cando a pintura seque, pegamos as tapas á base. Xa temos o soporte listo para comezar o conto! Agora xa depende de cada un. Algunhas propostas para facelo máis divertido mostranse a continuación.

Page 9: Conto reciclado

Para o título podemos usar letras de revista recortadas, con diferentes formas, e decorala con recortes de fotos reais. Tamén é aconsellable porlle unha fina capa de cola branca por encima no caso da portada, para que as letras queden ben pegadas, no caso de que sexan moi finas como as da foto.

Page 10: Conto reciclado

En lugar de debuxar as decoracións das páxinas podemos recortar anacos de revista de cores que precisemos e facerlle uns pequenos detalles con rotulador para que os recortes se parezan ás cousas que queremos representar.

Page 11: Conto reciclado

Podemos facer unha figura que se despregue, pegandoa a unha tira de papel que sobrara dos papeis en sucio e doblandoa a metade, pegandoa entre dúas cariñas, de maneira que ó abrir o libro sobresaia un pouco.

Page 12: Conto reciclado

Tamén podemos facer algunha figura en relevo, pondo cartón coa mesma forma por debaixo.

Page 13: Conto reciclado

Intercalaremos recortes de revistas con detalles debuxados a man.

Page 14: Conto reciclado

No caso do meu conto, para facer unha refinería ou unha fábrica, podemos recortar a silueta dun cartón de leite, empregando a parte prateada de dentro, e logo facendo detalles con cartón.

Page 15: Conto reciclado

Outra idea moi divertida é facer un debuxo con movemento, de maneira que o fumo da central, por exemplo, saia de debaixo do folio, facendo unha ranura no papel e deixando que solo sobresaia un trozo. Debemos forrar con forro de pegar para libros o anaco de fumo para que non se rompa.

Page 16: Conto reciclado

Outra idea divertida e facer unha figura con movemento, facendo a figura e forrándoa e pegandoa á páxina cunha especie de resorte feito con papel dobrado.

Page 17: Conto reciclado

Empregar diferentes recortes de moitas revistas pode ser unha solución para reciclar e non pintar tanto.

Page 18: Conto reciclado

Cando a decoración das follas estea feita podemos comezar a escribir o conto nas páxinas. Para iso coa regra faremos liñas con lapis moi frouxo para que o borrar non se note, e para que non saia as letras torcidas.

Page 19: Conto reciclado

Logo de escribir con lapis as letras e comprobar que está todo ben, repasaremos con un boligrafo ou rotulador negro. Cando estea seco borramos as marcas de lapis.

Page 20: Conto reciclado

Forramos todas as páxinas e a portada con forro de pegar para libros.

Page 21: Conto reciclado

E xa está listo o noso conto reclidado !!