Circular familias Rastro Solidario 2017
-
Upload
yolanda-castro -
Category
Education
-
view
374 -
download
1
Transcript of Circular familias Rastro Solidario 2017
CENTRO PÚBLICO INTEGRADO Plurilingüe “VIRXE DA CELA” O XESTAL – MONFERO – 15315 A CORUÑA
TFNO: 981 – 777606 FAX.: 981 – 793044Correo E.: [email protected]
Enderezo web: www.centros.edu.xunta.es/cpivirxedacela
IX RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2017
Queridas familias:
Un ano máis Monferosolidario solicita a vosa colaboración para levar a cabo o IX Rastro Solidario. Esta actividade centrada na educación en valores e educación para o desenvolvemento ten como obxectivo fundamental sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa. Este ano, igual que en anos anteriores, en lugar de utilizar “cartos” para realizar as compras, o faremos mediante un troco con alimentos non perecedeiros, e deste xeito efectuaremos tamén a xa tradicional “Operación Quilo”, en colaboración coa “Cociña Económica de Ferrol”.
O alumnado, profesorado e familias poderán aportar os obxectos para o Rastro.Tipo de materiais: libros, complementos, cds, dvds, xoguetes, bisutería, obxectos decorativos, etc… que estean en boas condicións, sen deterioro.
O prazo para entregar os obxectos é o luns 27 de marzo de 2017. Os obxectos estarán expostos á venda no IX Rastro Solidario que terá
lugar o venres 31 de marzo de 2017, en horario lectivo, nos corredores do edificio de secundaria.
Cada grupo visitará o Rastro co seu titor/a, seguindo un horario previamente establecido, podendo efectuar compras (non esquecer levar alimentos se queredes facer o troco).
As familias poderán participar na actividade, axudando no rastro e realizando compras.
Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación.
Monferosolidario: construíndo un mundo mellor