Certame literario Carmela Loureiro 2014
-
Upload
tecnoloxia-atios -
Category
Documents
-
view
227 -
download
4
description
Transcript of Certame literario Carmela Loureiro 2014
O ALUMNADO DE SECUNDARIA DO NOSO CENTRO APUNTÓUSE A
PARTICIPAR NO
CERTAME LITERARIO CARMELA LOUREIRO DE MICRORRELATOS E MICROPOESÍA.
DENDE O E.D.L.G. DESEXÁMOSLLE MOITA SORTE NA SEGUIN TE FASE
INTERCENTROS DE FERROLTERRA.
GRAZAS A TODAS E TODOS POR COIDAR A NOSA LINGUA!!!
Ciúmes, sentimentos que aborrezo,Ciúmes, sentimentos que aborrezo,Ciúmes, sentimentos que aborrezo,Ciúmes, sentimentos que aborrezo,
que se inflitran nas entrañas,que se inflitran nas entrañas,que se inflitran nas entrañas,que se inflitran nas entrañas,
e fan ver o mundo doutro xeito.e fan ver o mundo doutro xeito.e fan ver o mundo doutro xeito.e fan ver o mundo doutro xeito.
Que te van consumindo por dentro,Que te van consumindo por dentro,Que te van consumindo por dentro,Que te van consumindo por dentro,
que te enganan,que te enganan,que te enganan,que te enganan,
e case é imposible vencelos.e case é imposible vencelos.e case é imposible vencelos.e case é imposible vencelos.
Andrés Vilaboy Naveiras.
3º ESO-B.
(Seleccionada)
Aquel frase lapidaria:Xa cho advertira!!! resoaba nos seus
oídos...Non podía crer que todo rematase. Era algo no que
nunca pensara, xusto o que escapaba ao dominio da súa
mente, xusto o que na realidade tiña que pasar. Os seus
ollos non aturaban máis, estaban cansos de deixar libres
tantas bágoas. E é que a pena da rapaza era maior que o
cansazo daquelas esferas de azulado iris que tanto amor
contemplaran, que tantas veces o atraparan a el ou que
tanto admiraran ó preso da súa ollada. Aceptou a amargo
fin, pero xa nese momento era consciente de que o seu
máis profundo non estaba de acordo; sabía que máis tarde
ou máis cedo aqueles ollos volveríanse atopar nas agora
tan alonxadas olladas, si, naqueles intres que facían parar
o universo con unicamente dous protagonistas: quen na
vez dunha palabra ollaban cara ó outro como boas metades
dun mesmo ser.
Iria Ramos Mesía.
3º ESO B.
(Seleccionada)
“Iso que teño 14”“Iso que teño 14”“Iso que teño 14”“Iso que teño 14”
-Xa cho advertira… Non che dixen que eras moi pequena? Agora
que facemos? Sempre estás nas mesmas … Ao final teremos que
resolvelo teu pai e mais eu… Esta será a última vez, promételo?
-E prometereino.. Non teño outra opción… Ademais, só a tomei
unha vez, non é para tanto … Podo marchar xa ou vas seguir a
falar ti soa?
-Xa está, estás castigada! Ao teu cuarto agora mesmo!
-Non entendo porque vos enfadades tanto, tódolos rapaces actuais
o fan. E non tan actuais , hai 128 anos xa o facían! E estou segura
que ti e o meu pai á miña idade tamén.
- Segues aí? Non che dixen que foras ao teu cuarto? Se queres
aumentamos o castigo...
-Non, xa marchaba.
“E móntase todo este lío por beber unha Coca-Cola… E iso que
teño 14 anos! Non quero imaxinar que pasará cando lle pida un
móbil!”
Lucía Medín Doce.
1º ESO-B.
(Seleccionada)
Se confiaras en ti…
Xa cho advertira que non todo era deixarse ir, como folla ao vento,
a vida trátase de loitar por ela e seguir sempre cun sorriso cara
adiante, saian as cousas ben ou saian mal, Xoán, pensaches que
todo na vida cho ían resolver e que con facer catro cousiñas de
nada, todo estaría máis que listo, deixácheste convencer e
manipular por calquera, deixaches o teu futuro nas mans dun
descoñecido, sen atender aos consellos dos teus e como non ía ser
doutra maneira, acabou todo polo chan, agora terás que seguir
adiante ti só, sen ninguén ao teu lado para aconsellarte e
axudarche e a disfrutar do bó. Xa nada e un conto de fadas.
Agora mesmo verás todo oscuro e pensarás que e mellor acabar de
tirar todo pola borda, pero non é así, agora máis que nunca loita
por levantarte e sair dunha vez por todas de este terrible pesadelo.
Blanca Díaz Leirachá.
1ºESO-B
(Seleccionada)
Agora
Agora,mírote,e pouco me importa a túa presenza
Agora,cando te difuminas,vou na túa procura
Agora,cando te atopo,non entendo no que procuraba
Agora,cando voltamos,non sento nada ao meu arredor
Agora,volve comezar a historia
Agora
Mateo Vizoso
2ºESO-A
O Duende Máxico.
Nun bosque remoto e cheo de animais un duende máxico aburríase e decidiu facer un libro cheo de conxuros.
Foi á súa cova e comozou a escribir:
1º Para poder ser invisible se necesita:
Unha escama de dragón,tres plumas de grifo e unha cuncha de caracol.
Mesturalo todo e bebelo a media noite dun sorbo.
O duende para inspirarse foise a dar unha volta. Encontrou unha pedra e pensou...
2ª Para poder voar polo espacio e sen afogarse necesítase:
Un anaco de unha estrela, un meteoro reducido, e un trozo de la de ovella albina.
Cocelo todo nuha roca debaixo dun salgueiro chorón e inxerilo o primer martes do mes.
3º Para poder converterse en calquera animal precísase:
Un músculo da trompa dunha bolboreta, o pico dun colibrí e o aguillón dunha abella.
Trocealo cunha rama dun carballo de 70 anos.
Cansado foi á súa casa a descansar.
Mateo Vizoso 2ºESO-A
THABO e o VELLO
Xa nolo advertira Castelao co
seu negriño Panchito...
Dende que Thabo chegara a
Galiza, sempre se esforzou por
falar a Nosa Lingua.
Ao principio castrapeaba cunha
curiosa mestura de senegalés,
castelán e galego que facía rir,
pero resultaba moi rendible á
hora de vender discos no
mercado.
Esto provocaba a curiosidade
dos máis vellos, sobre todo a do
Brais, un profesor xubilado
profundamente galeguista a quen
xa ninguén escoitaba nin
entendía pois o tiñan por tolo.
O vello Brais en tan só tres meses aprendeu a Thabo a
falar un galego que soaba mellor que o da televisión.
Certo día Thabo díxolle ao vello:
- “Grazas mestre, agora sei falar e escribir en galego...
mais o negro Thabo nunca será galego coma vostede”.
O vello respostou:
- “É galego quen lle quere ben á Nosa Lingua; xa quixeran
moitos galegos ser coma ti...
Á tardiña ven a casa que imos preparar a proba de acceso
á universidade”.
Contan as lendas que en Meirás houbo un barco perdido hai moito tempo ,cheo de ouro e xoias.
Un mariñeiro da zona atopou o barco mentres recollía as redes. Subíuse a el, revisou o interior por se había alguén pero non encontrou nada. Cando estaba a piques de marchar descubriu unha porta que estaba ao final dun corredor escuro, tiña un cartel que dicía “non pasar”. Entrou sen decatarse do cartel por culpa da escuridade e de que el estaba un pouco chosco. Dentro había esqueletes dos mariñeiros do barco,ouro e xoias. Estaba moi contento porque dende ese momento ía ser rico pero, de súpet, escoitáronse uns berros e o mariñeiro desapareceu. Dende ese momento non se soubo máis del ata que un rapaz atopou a súa barca de madeira cunha bolsa coas súas pertenzas . De vez en cando escóitanse os berros do mariñeiro cando te achegas a ribeira.
Adrián García
2ºESO-B
A lombriga Maramela e o galo Marameloso son amigos
desde fai a dez anos pero hoxe e a primeira vez que van
pasear xuntos.
O caso é que Maramela ten medo de que Marameloso
intente comela.
Una tarde de inverno,
Maramela, recorda que no
xornal Lombricano do dia
12-10-2013, saíu una
peculiar historia dun galo
máis dunha lombriga , di
así:
``Onte pola tarde, xurdiu
un asasinato no prado
verde da señora Romelia,
un galo matou a una
lombriga porque o penso de maínzo que lle daba a señora
Romelia non lle gustaba e tiña fame.´´
Iso e o que recorda Marmela pero o que ela non sabe é
que o galo que comeu a lombriga o dia 12-10-2013 o seu
amigo Marmeloso e o que tampouco sabe é que o galo esta
a levala ao prado.
Marmela non chegou viva ao prado e o 12-10-2014
volveu saír esa historia.
Alba González
2ºESO-B
Un lugar cuxo nome non quero acordarme , viña xente de
alí para aquí , esa comunidade autónoma facíase chamar
Galicia , parecía un lugar tranquilo pero no máis profundo
había persoas que non tiñan sentimentos , e víanse
obrigados a roubar , e roubaron a lingua galega , fixeron
falar castelá , entre tantas manifestacións , folgas e outras
cousas foise recuperando pero no foi por completo , o
dato máis estraño é como se perdeu esta lingua e agora
celebrase o día das “ Letras Galegas” que é unha
homenaxe a lingua galega, tócanos defender a lingua
propia da nosa comunidade para que no futuro os nosos
descendentes a protexan , para que a falen a leven dun
lugar a outro como faremos nós ata a nosa morte ,
levarémola no corazón , que se fale en toda Galicia , e
despois disto , que perdure.
Christian Rodríguez
2ºESO-B
A SOMBRA MALDITA
Un 24 de febreiro na rúa de Valdoviño aconteceron feitos
indescritibles. Eu estaba observando atentamente pola
ventá da miña casa cando de súpeto ao outro lado da rúa
víase unha sombra moi rara, pensei que só era un sono,
refreguei os ollos pero non foi así .Quedeime abraiado do
que andaba a ver ,era unha sombra maldita. Rapidamente
busquei cousas sobre ela en google, non encontraba nada
interesante pero de repente abriúseme unha páxina onde
aparecía o que era aquela sombra maldita. O que poñía era
o seguinte:
Ese espectro só aparece cada 24 de febreiro, faise pasar
pola sombra da súa vítima e ponlle medo con sons como
aullidos de lobos ,gritos… ata que a súa vítima sae
correndo e ponse nun sitio escuro e alonxado da
civilización. Nalgúns casos a vítima sálvase ,pero só se
deron dous, a última persoa que moreu foches ti.
SÁLVATE
Adrián Collado
3ºESO-A
A HORA MALDITA
Espertei sobresaltado por un ruído que proviña do piso de abaixo. Ollei o reloxo que tiña ao lado; eran as tres da mañá. Baixei as escaleiras procurando non facer ruído. Ao chegar abaixo mirei a ambos lados pero non vín nada. Cando regresaba ao meu cuarto volvino escoitar: Era como a alarma dun reloxo dixital. Xireime aterrorizado, fun á cociña que era o único sitio onde había un reloxo dixital e botei un suspiro de alivio ao comprobar que non había nada nin ninguén. Metinme na cama e volvín escoitalo. Baixei as escaleiras e dirixinme á cociña e entón dubidei se entrar ou non. Ao final entrei, e alí estaba ela. A boneca de trapo que me regalara miña avoa estaba colgada do teito. O reloxo marcaba as 3:33 Virei a testa e a boneca xa non estaba. Dei a volta e a boneca atopábase detrás miña. Non puiden reaccionar.
Marcos Dopico Couce
3ºESO-A
Quén fora vento!Quén fora vento!Quén fora vento!Quén fora vento!
Quén fora vento!
Para entrar no teu pensamento
Non quero ser outro elemento
Quero ser vento
e ser o teu complemento.
Non quero sentir afastamento.
Natalia Díaz Doce
3ºESO-A
O reloxo deO reloxo deO reloxo deO reloxo de Carmen Carmen Carmen Carmen
Carmen era a miña avoa antes de falecer.
Sempre xogabamos as dúas no parque, cando os meus
pais tiñan que traballar. Acórdome que polas tardes de
verán soíame levar ao parque e despois a tomar un xeado
e polas tardes de inverno contábame contos preto da
cheminea. Un día, púxose moi enferma. Acórdome que
sempre que viña da escola, preguntáballe se estaba mellor.
Ela sempre me dicía que si pero creo que me respondía
iso para non preocuparme.
Despois de dous días, Carmen, chamoume para que lle
fixera compaña. Recordo que estabamos falando e de
repente díxome que tiña algo para min. Sorprendeume e
entusiasmoume á vez. Era un reloxo moi antigo e precioso
e só me dixo estas palabras: Mariña, garda este tesouro.
Foi da miña avoa, miña nena e agora será teu.
Deille as grazas e marchei. Ao día seguinte os meus pais
informáronme de que a avoa morrera
Sara Lamigueiro
3ºESO-A
Esta é a historia dun colexio moi afastado dos demais. Alí
o tempo era extremo, pero nunha ocasión, estar alí foi un
verdadeiro suplicio.
Un día normal os nenos foron á escola, mais cando chegou
a hora do recreo non puideron saír, pois o tempo era
terrible. Había enormes inundacións, unha gran tormenta,
e outro tipo de fenómenos meteorolóxicos realmente
horribles.
Os alumnos soportaron un día sen recreo. Mais ó dia
seguinte pasou o mesmo, e así un mes... e outro... e
outro...
A maioría dos nenos chegaron a quedar sen fala debido ó
trauma que lles
causou non poder
disfrutar plenamente
dun rato para eles.
Un día unha nena
descubríu un ritual
para que o bo tempo
perdurase durante
milenios .Os alumnos decidiron intentalo. Ao final
conseguiron o seu obxectivo e foron os profesores os que
remataron toleando ao ter que aturar a uns nenos con
tanta enerxía almacenada.
Elena Fernández
3ºESO-B
Chega un día no que deixas de odiar durmir e queda
convertido nunha misión imposible e un agasallo cando o
consegues. Deixas de querer ser astronauta, bombeiro ou
estrela do rock para conformarte con ser un calquera,un
deses nos que tanto medo che daba convertérte. Deixas
de contar estrelas e de darlle forma ás nubes, comezas a
ser outro cursi deses que aseguran adorar a chuvia pero
véselles con paraugas pola rúa cando chove. O amor
convértese nunha discusión constante e hai un ‘bótote de
menos’ en vez de lanzar unhas pedriñas á súa ventá para
poder vela. Decátaste de que non todos os ‘quérote’ son
reais, que non todas as persoas que entran na túa vida
quedan e que hai despedidas que non son tristes. Non
medres nunca, é unha trampa da que case ninguén sae,e
quen o fai.. soen chamalo tolo, sen saber que os tolos son
eles.
Gabriela Ramos Siaba
3ºESO-B
Era un día tebroso coma moitos outros cando de súpeto
tiráronme a porta abaixo.Quen era?, Filipe, que fuxía dos
morcegos coma sempre.
A xente de por aquí non teme á múltiple variedade de
animales, seres antropomorfos e mortos viventes que
habitan neste desolado lugar, pero Filipe é todo o
contrario. Dánlle pánico incluso os ratos.
Ese día farteime de ter que amañar a porta cada semana e
decidín axudar a Filipe a loitar contra o seu medo. Para
iso, leveino á carballeira que se encontraba ao norte do
pobo.
Cando cegamos propúxenlle a súa primeira proba; a cal
consistía en facer frente ós esqueletes que vivían
agochados baixo terra.
El sabía que non o deixaría tranquilo mentres tivese medo
a todo…
Pola conta que lle tiña, fixo de tripas corazón e
enfrentouse a eles.
Cando terminou, comprendeu que o seu pánico era unha
tontería que tiña na cabeza dende cativo.
Helena Gesto Castro
3ºB ESO
Estaba a luz acesa cando pasei por alí, aínda así a
escuridade invadiume.
Tiña medo, moito medo.
Debía cruzar a rúa para chegar o meu destino, pero o
temor paralizábame.
De súpeto un gato negro saíu da pensión.
Tiña que entrar pero tiña medo , moito medo.
Decidín cruzar a rúa, así o fixen.
Xa me encontraba na outra beirarrúa disposta a entrar na
pensión cando o medo e o miaño do gato impediron a miña
entrada.
Estaba soa e tiña medo, moito medo.
Finalmente recordei porque estaba alí chantada e cales
eran as razóns polas que tiña medo e decidín entrar.
Abrín a porta despacio, case sen me decatar, o gato
seguírame e estaba xa dentro comigo. Eu seguía tendo
medo, moito medo .
Avancei uns pasos e a vella tarima cruxiu.
Sentín pasos, como se algo ou alguén me perseguise.
Xireime e vin o que ,sen darme conta viña buscando.
Naquel momento comprendín que a miña vida xa non
volvería ser a de antes.
Iria Domínguez
3ºESO-B
Chámome Ximena López García, teño 13 anos, vivo no
interior de Lugo nunha aldeíña, chamada O Cebreiro,
nunca saín do meu pobo agás una vez que fun a casa da
miña tía avoa María Florencia , e aínda así aínda fun parar
a un pobo aínda mais afastado… Que mala sorte a miña!
O meu soño sería ir á praia… só quero ver por uns
momentos o mar, o seu ruxido, oir o son das ondas
rompendo nas pedras… Daría o que fose por iso… Pero
sei que ata que sea maior de idade nunca poderei facelo
xa que son orfa dende os cinco anos, os meus pais levaron
un accidente que lles levou a vida, dende cativa coidoume
a miña avoa Luisa, pero xa é bastante maior…
Mañá é o meu cumpreanos e o meu mellor agasallo sería
ese, pero dubido moito que o poida facer realidade…
Espertei e veu o meu tío Ramón correndo a xunta min,
Ximena queres vir comigo a Valdoviño? Teño que ir
entregar un paquete e como hoxe é o teu cumpreanos
quería agasallarche con isto, esperei uns segundo e berrei,
: Por favor tío vamos xa!!
Lorena Castro
3ºESO-B