CASTRO DE BOTOS / CASTRO DE SESTELOlalin.gal/files/Botos-Sestelo.pdf · chamara a atención. O que...
Transcript of CASTRO DE BOTOS / CASTRO DE SESTELOlalin.gal/files/Botos-Sestelo.pdf · chamara a atención. O que...
1
FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)
Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.
1. CLAVE DE IDENTIFICACIÓN: GA 36 024 033
Adscrición tipolóxica: Castro Adscrición Cultural: Idade de Ferro
2. LOCALIZACIÓN
Nome: CASTRO DE BOTOS / CASTRO DE SESTELO
Topónimo: O Castro; A Aurela do Castro
Provincia: Pontevedra
Concello: Lalín
Parroquia: Botos (San Xoan)
Lugar: Sestelo
CARTOGRAFÍA
Coordenadas (Datum ETRS89)
UTM: Fuso 29 Coord. x: 569.098 Latitude: 42° 38' 16,782" N
Coord. y: 4.720.960 Lonxitude: 8° 9' 25,888" O
Nº MAPA Esc. 1/10.000: 154 - 11 Esc. 1/5.000: 0154A-0102 (malla anterior: 0154 2-1)
ACCESOS
Desde Lalín pola PO-534, despois de pasar Donramiro, desviámonos á dereita (oeste), pola rúa da Romea. Continuamos por ela (deixando á dereita o cemiterio, e pasando pola ponte sobre a AP-53) ata que esta rúa convértese na estrada C-6001. Continuamos uns 1500 m. sen desviarnos en dirección oeste. Neste punto bifúrcase a estrada, e collemos o cruce á esquerda (sur), para seguir en dirección a Sestelo. Continuamos durante uns 650 m. onde collemos unha pista á esquerda (surleste); a poucos metros está o lugar de A Ribeira, para chegar despois a Sestelo onde collemos unha pista que parte á dereita (suroeste), e seguimos uns 250 m. Cóllese a dereita cara abaixo (S) e a uns 200 m. a pista empeza a atravesar os parapetos setentrionais do castro; uns 100 m. despois poderemos ver á esquerda (leste) a croa do castro.
3. CARACTERÍSTICAS DO EMPRAZAMENTO
Altitude: 471 m.s.n.m.
Emprazamento topográfico: Esporón sobre o río Asneiro.
Utilización do entorno:
Carballeira e monte.
2
FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)
Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.
4. ESTADO ACTUAL E PROTECCIÓN
Vexetación
Na croa, xesta, silva, toxo e algún carballo. Polo resto árbores (carballos, piñeiros e eucaliptos) e monte baixo.
Descrición das alteracións:
Pista que atravesa o sistema defensivo na zona norte. O trazado desta mesma pista pasa pegado ao talude noroeste do recinto principal.
Grao de conservación Moi bo: Bo: X Regular: Malo: Moi malo: Desaparecido:
Causas de alteración:
Estrada
Protección Legal BIC: Planeamento urbanístico: X Outros:
Protección física:
Intervención arqueolóxica:
Réxime de propiedade: Pública: Privada: X
5. MATERIAIS
Descrición:
Procedencia Achado casual: Intervención arqueolóxica: Outra:
Lugar actual do depósito:
-‐ Museo ou colección pública:
-‐ Museo ou colección privada:
-‐ Particular, Nome(s) e dirección(s):
3
FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)
Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.
7. DESCRICIÓN DO XACEMENTO: Castro composto por un recinto circular con un amplo sistema de defensas exteriores no sector
setentrional. A croa ten unha lonxitude de 75 m. no interior e 110 m. no exterior, no eixo norte-sur. Se
temos en conta tamén as defensas externas, a lonxitude total do castro neste eixo é de 250 m. No eixo
leste-oeste, a lonxitude no interior da croa é de 55 m., sendo de 90 no exterior.
O recinto principal esta rodeado por un terraplén cunha altura de 6-7 m. no sector oeste da croa. Cara ao
leste e sur, o terraplén ten continuidade coa caída natural do terreo. Presenta parapeto nos sectores
suroeste, oeste e norte que acada unha altura máxima de 3 m. no sector noroeste.
No interior da croa hai unha zona máis elevada no sector meridional con caída, duns 5 m., cara ó norleste.
Nesta zona remata o parapeto e está o acceso a través dunha rampla en curva.
Uns 150 m. cara o norte deste recinto desenvólvense un complexo sistema de defensas exteriores, que
potexe o xacemento na zona mais vulnerable do esporón sobre o río no que se emplaza. Describindo de
sur a norte, atopamos en primeiro lugar un parapeto con forma de arco, máis ancheado cara ao oeste.
Seguidamente, hai un parapeto engrosado tipo bastión. A continuación, hai un foxo, seguido en paralelo
dun parapeto alongado en sentido leste-oeste. Ambos elementos conectan nos seus extremos coa pendente
natural do terreo. Ao norte do parapeto hai un segundo foxo que o percorre en paralelo na súa totalidade.
Finalmente, no extremo leste, e enlazando con este foxo, hai un pequeno parapeto engrosado formando un
bastión de terra. Unha pista de terra, recentemente ensanchada, atravesa este complexo sistema defensivo
de norte a sur. Polos cortes vemos que a súa composición é aparentememte de terra. Non descartamos a
posibilidade de que, o trazado deste camiño, puidese coincidir coa vía de acceso orixinal ao interior do
castro.
Orotofografía do voo Americano de 1956 - 1957 (esquerda) e detalle do plano 1:5000 (dereita)
4
FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)
Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.
8. CROQUIS DO XACEMENTO:
5

9. FOLKLORE
-“Baixando ao río hai unha pena coñecida como Pena dos Mouros e alí está a saída do túnel que comunica o castro co río”. “Hai un túnel desde o castro ao río por onde levaban as mulas a beber; dentro hai encantadores que te converten en animal se entras”. -“Hay tres columnas desde el castro de Botos al de Soutolongo: una de cobre, una de hierro y otra de oro; si se toca la de cobre, estalla todo” (Buxán 1989: 17). -“Antes, os mouros vivían no castro, pero despois desapareceron e deixarónnos todo eso que se pode ver na aurela”. -“Achegando a orella a unha pena, que está cerca da croa, pode escoitarse o ‘run-run’ dun muíño que moe. Hai quen afirma que se trata dun muíño oculto dos mouros, que moe baixo a terra e parece ser que no inverno escoitase mellor. Cerca desta pena nace unha fonte, cando hai abundancia de auga” . - “Desde o castro de Sestelo había un túnel, que atravesaba por debaixo do río, e polo que pasaban os mouros para ir ao castro de Vilar. Decían que era moi perigoso meterse nese túnel, aínda que ninguén era capaz de dar explicacións acerca dos perigos que poidera haber”. -“Por debaixo do castro pasa unha doble viga de ouro por un lado e de alquitrán polo outro. Se alguén tenta sacar a de ouro, tanto se pode atopar con esta como coa de alquitrán, pero se toca esta última producirase unha grande estampida e desaparecerán o castro e todo o que haxa ao seu arredor”. - Un veciño nacido en 1901, en Vilar de Botos e residente en Vilar de Soutolongo, relataba o seguinte suceso, acaecido durante a súa xuventude nos anos vinte: «"Nunha ocasión, cando era mozo, invitounos un veciño da parroquia de Botos a ir con el pola media noite ao castro de Sestelo para desfacer un conxuro. Supoñíase que había un tesouro enterrado nos arredores do castro e a única maneira de atopalo era seguir as instruccións dun libro raro, que tiña o veciño en cuestión e que non llo prestaba a ninguén. Cando nos invitou para acompañalo, díxonos que se todo saía ben poderíamos desprazarnos a Madrid para xantar no mellor restaurante da capital de España. Acompañámolo ao Castro, pola noite, tres ou catro persoas e dirixímonos ao lugar indicado no manuscrito, seguindo as instruccións alí propostas. O que nos guiaba colocou sobre unha pena unha tesoira e encima do seu eixe dúas pesetas de prata. Avanzamos uns pasos cara adiante e de seguida parámonos para levar a cabo o desconxuro. Máis ou menos todos estabamos un pouco atemorizados do que puidera suceder, porque con cousas do demo non se debe xogar. Comezou pronunciando unhas palabras estrañas que ninguén dos que estabamos alí podiamos comprender, segundo o escrito naquel libro, e ao cabo de pouco tempo pareceunos que ao noso carón pasaba "algo" como se fora unha sombra negra de gran tamaño, pero non sabiamos de que se trataba. A min recorreume o corpo unha especie de calafrío. Despois disto non sucedeu ninguha outra cousa que nos chamara a atención. O que dirixía o desconxuro enfadouse bastante, porque ao dar a volta, douse conta da desaparición das dúas pesetas de prata, colocadas encima do eixe da tesoira e, unha vez rotas as condicións, o desconxuro non tiña efecto. Voltamos cara as nosas casas e de camiño íamos falando do asunto. Todos coincidimos en que nos parecera ver a sombra dunha figura no momento do desconxuro, pero descartamos a posibilidade de que fora algún outro veciño que nos seguira, porque a saída realizárase pola media noite e nono sabían máis ca os invitados. A desaparición das pesetas de prata non tiña explicación a non ser que as collera algún dos presentes, aproveitándose na oscuridade da noite de calquera descuido»: O informante declarou que non sabía se voltaran noutra ocasi6n a desfacer o conxuro, aínda que lle parecía que non, porque a xente tiña medo destas causas. En canto ao libro, afirmou que debía estar na
6
FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)
Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.
casa dalgunha familia de Botas (parroquia) emparentada con quen os levara aquela noite ao castro, pero que non sabía na de cal, porque xa tiña pasado moito tempo e houbera unha guerra por medio, que aínda complicou máis estas cousas, porque chegaron a estar prohibidas” . - “Algunhas persoas que andaban coas vacas polo monte do castro de Sestelo teñen visto unha galiña con pitos, pero sempre desaparecía de forma misteriosa, sen que ninguén soubera dar explicacións”. (Recollido por A. Presas en 1975, Presas 2008: 349- 51 ) -“Un túnel por debaixo do río que comunica este castro co de Vilar”. - “Tres trabes: ouro, ferro e cobre. Se se toca esta última, estala todo”. - “Dúas trabes: unha de ouro e outra de alcatrán - Un forno dos mouros xunto ó río”. - “Os mouros viviron no castro”. - “Por un túnel que vai desde o castro ata o río os mouros levaban as mulas a beber”. -“Ó pé dunha pena que hai na croa pode escoitarse debaixo dela o ‘run-run’ dun muíño que moe”. - “Galiña con pitiños arredor do castro”. - “Dentro do castro hai encantadores que converten a un en animal se se entra dentro”. - “Pena dos Mouros: ó pé do río; nela está a saída do túnel que comunica o castro co río” (García Porral 2010: 32-34.
10. POTENCIAL DE REVALORACIÓN DO XACEMENTO Excelente: Axeitado: X Non axeitado:
Estado de conservación actual:
Ben, a excepción da pista que rompe as defensas e deprecia a percepción xeral na visita ao xacemento.
Vulnerabilidade ás visitas:
Actualmente si, xa que a entrada está con abundante vexetación, e hai que subir por un terraplén para chegar á croa. O acceso continuado por este punto afectaría a súa integridade.
Orixinalidade (deste castro respecto doutros):
Emprazamento, nun meandro dun río en enfrontado a outro castro. Complexo sistemas defensivo. Paisaxe que se divisa dende a croa e intervisibilidade co castro de Vilar.
Perceptibilidade das estructuras:
Boa. O castro se percibe moi ben dende a beira contrario do río.
Accesibilidade e capacidade de recepción de público:
En coche e en autobús chégase ata o interior do xacemento (neste último caso con algo de dificultade, xa que é unha pista de terra), xa que a pista o atravesa. Circulase con dificultade polo interior da croa pola abundante vexetación
7
FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)
Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.
Potencial de ilustración (xacemento e contorna):
Sistemas defensivos complexos. Tipoloxía singular do sistema defensivo. Intervisibilidade con xacementos coetáneos. Emprazamento. Paisaxes, tanto o actual como o pretérito que se pode reconstruir.
Necesidades mínimas para a revalorización:
Limpeza de vexetación. Intervencións directas sobre os parapetos e defensas afectados pola pista de cara a acondicionalos para a visita.
Outros elementos de Patrimonio Cultural próximos:
Castro de Vilar. Muíño de grandes dimensións á outra beira do río. Ponte tradicional destruída que comunica as dúas beiras, que podería dar acceso ao castro de Vilar.
10. BIBLIOGRAFÍA E DOCUMENTACIÓN ÁLVAREZ LIMESES G. (1936): Geografía general del reino de Galicia. Provincia de Pontevedra. Barcelona: A. Martín. Páx. 584. BUXÁN, C. (1989) Guía dos Castros de Lalín. Lalín: O trillón. Asociación Cultural “O Naranxo”. Páx. 18-19. CARBALLO ARCEO, L.X. (1989): A Cultura castrexa na bacia media do río Ulla. Tesis Doctoral lida na Facultade de Xeografía e Historia,Universidade de Santiago de Compostela. (2001) A cultura castrexa na comarca do Deza. Col. Deza Básicos nº 4. Lalín: Patronato cultural de Lalín, Seminario de Estudios do Deza, Concello de Lalín. CRESPO NAZARA, J (1951): Cartilla de geografía de la comarca de Lalín. Santiago de Compostela. EPYPSA: “Ficha de Inventario 1-5 do PGOU de Lalín”. FILGUEIRA VALVERDE J.; GARCÍA ALEN A. (1954-56) “Materiales para la Carta Arqueológica de la Provincia de Pontevedra”. El Museo de Pontevedra, TVIII. Páx. 124. GARCÍA PORRAL, X. C. 2010: Lendas castrexas: Antropoloxía da tradición oral no concello de Lalín. A Coruña: Lóstrego. Páx. 48-49. LÓPEZ CUEVILLAS, F. (1973) : “Prehistoria”. En R. Otero Pedraio (dir): Historia de Galiza. Vol. III. Buenos Aires. MEIJIDE CAMESELLE, G. e REY SEARA. E. (1989) “Ficha de inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia”. Inédito. Depositada na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Xunta De Galicia. PRESAS GARCÍA, A. (2008) Os castros de Lalín. Col. Deza Básicos. Lalín: Concello de Lalín. VÁZQUEZ CRESPO, A. (1991): Lalín. La tierra de Deza. Guía Everest. Madrid: Everest. VÁZQUEZ CRESPO, A. E GONZÁLEZ ALÉN (1997): A comarca do Deza. Pontevedra: Deputación Provincial de Pontevedra, 2ª ed. (ed. Orixinal 1989).
Informante(s):
Redactor(es): Javier Luaces Anca e Eduardo Rodríguez Saiz
Lugar e data:
Lalín, 23 de novembro de 2012
FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)
Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.
GA36024033. CASTRO DE BOTOS / CASTRO DE SESTELO (Sestelo, San Xoan de
Botos).
IMG_6116. Vista xeral do castro dende o E.
IMG_6133. Vista da croa polo exterior, dende o O.
FICHA ARQUEOLÓXICA DOS CASTROS DA COMARCA DE DEZA (PONTEVEDRA)
Prospección Arqueolóxica para a Recollida de Información do Patrimonio Cultural Castrexo da Comarca de Deza, enmarcado no Proxecto Depodeza (Comarca do Deza, Pontevedra). Promotor: Deputación de Pontevedra. Empresa adxudicataria: Applus Norcontrol S. L. U. Arqueólogo director: Javier Luaces Anca.
IMG_6142. Parapeto do sistema defensivo externo (na zona norte).
IMG_6143. Parapeto cortado polo camiño.