CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

44
1 A finais de novembro de 2014 a SAGA des- prazouse até a zona norte de Segovia, terra chamada da Campiña Segoviana, onde tiñamos fixado como un dos nosos obxectivos a visita ó xacemento de grava- dos rupestres da aldea de Domingo García, no concello de Santa María la Real de Nieva. Coñeciamos a referencias do lugar grazas á investigación do amigo e colaborador o arqueó- logo Manuel Santos Estevez, o cal estudou a estación propoñendo a existencia de tres intres na adscrición crono-cultural destas representa- cións. Segundo o especialista, trataríase dun conxunto de gravados producidos durante o paleolítico superior, durante o período neolítico e durante a idade do ferro. Ademais, segundo o artigo publicado ó respecto, Santos Estevez apuntaba a posibilidade de que a ideoloxía medieval tivese tamén a súa presenza en forma de cruces e outros símbolos. Xa con anterioridade outros autores tiñan reali- zado as súas propostas sobre este excepcional conxunto de imaxes e símbolos que forma parte dun área, o denominado Corredor do río Eresma, duns 12 km de longo por 1,5 km de ancho na que se locali- zan ducias des empra- zamentos con estas manifestacións cultu- rais. Aparecen nun peque- no teso no medio da gran chaira da Meseta Norte. Ocupan rochas de xisto orientadas cara ó sur ou surleste e carecen dun contexto cultural ou arqueolóxico inmedia- to claramente definido. Mediante o estudo com- parativo con outras manifestacións culturais xa coñecidas os diferentes autores que teñen trata- do este tema teñen realizado propostas tanto interpretativas como cronolóxicas. C a d e r n o C a d e r n o d e d e C a m p o C a m p o Boletín Informativo da Sociedade Antropolóxica Galega S A G A Sociedade Antropolóxica Galega Galician Anthropological Society www. antropoloxiagalega.org http://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com [email protected] Sociedade Antropolóxica Galega Nº 10 Decembro 2014 ISSN: 2254-3406 NA CAMPIÑA SEGOVIANA, TRALAS PEGADAS DAS CULTURAS PALEOLÍTICAS O famoso cabalo do Xacemento de Domingo García. Emblema da bisbarra da "Campiña". Norte de Segovia Miguel Losada. Secretario da SAGA Xacemento de Domingo García, Segovia. Foto SAGA 2014

description

Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Revista con ISSN:2254-3406

Transcript of CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Page 1: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

1

A finais de novembrode 2014 a SAGA des-prazouse até a zonanorte de Segovia,terra chamada daCampiña Segoviana,onde tiñamos fixadocomo un dos nososobxectivos a visita óxacemento de grava-dos rupestres da aldeade Domingo García,no concello de SantaMaría la Real de Nieva.

Coñeciamos a referencias do lugar grazas áinvestigación do amigo e colaborador o arqueó-logo Manuel Santos Estevez, o cal estudou aestación propoñendo a existencia de tres intresna adscrición crono-cultural destas representa-cións. Segundo o especialista, trataríase dunconxunto de gravados producidos durante opaleolítico superior, durante o período neolíticoe durante a idade do ferro. Ademais, segundo oartigo publicado ó respecto, Santos Estevezapuntaba a posibilidade de que a ideoloxíamedieval tivese tamén a súa presenza en formade cruces e outros símbolos.

Xa con anterioridade outros autores tiñan reali-zado as súas propostas sobre este excepcionalconxunto de imaxes e símbolos que forma partedun área, o denominado Corredor do río

Eresma, duns 12 kmde longo por 1,5 km deancho na que se locali-zan ducias des empra-zamentos con estasmanifestacións cultu-rais.

Aparecen nun peque-no teso no medio dagran chaira daMeseta Norte.Ocupan rochas de

xisto orientadas cara ó sur ou surleste e carecendun contexto cultural ou arqueolóxico inmedia-to claramente definido. Mediante o estudo com-parativo con outras manifestacións culturais xacoñecidas os diferentes autores que teñen trata-do este tema teñen realizado propostas tantointerpretativas como cronolóxicas.

C a d e r n oC a d e r n o d ed e C a m p oC a m p o

Nº 1 Decembro 2011

Boletín Informativo da Sociedade Antropolóxica Galega

SAGASociedade Antropolóxica GalegaGalician Anthropological Society

[email protected]

S A G ASociedade Antropolóxica GalegaGalician Anthropological Society

www. antropoloxiagalega.orghttp://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com

[email protected]

Sociedade Antropolóxica Galega

Nº 10 Decembro 2014

I S S N : 2 2 5 4 - 3 4 0 6

NNAA CCAAMMPPIIÑÑAA SSEEGGOOVVIIAANNAA,,TTRRAALLAASS PPEEGGAADDAASS DDAASS CCUULLTTUURRAASS PPAALLEEOOLLÍÍTTIICCAASS

O famoso cabalo do Xacemento de Domingo García.Emblema da bisbarra da "Campiña". Norte de Segovia

Miguel Losada. Secretario da SAGA

Xacemento de Domingo García, Segovia.Foto SAGA 2014

Page 2: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Os gravados máis antigo foron feitos no períodofinal do denominado Solutrense, o cal significaque son dunha etapa cultural situada en plenopaleolítico superior e que foron feitos dende oano 22000 e o 17000 antes de hoxe. Sería nesteintre cando se realizou o magnífico cabalo repi-cado que actualmente constitúe un emblema daCampiña de Segovia. Despois e aínda no paleo-lítico, no mesmo período no que se producenpinturas rupestres no norte da península, a cul-tura Magdaleniense deixa a súa pegada sobreás mesmas rochas de xisto do lugar. Nesta fase,entre o 17000 e o 13000 antes de hoxe, introdú-cense máis animais en estilo naturalista queaparentan estar xustapostos ós preexistentes.

Toda a cunca do río Douro conta conxacementos semellantes. O primeiroo descuberto —1981— foi o deMazouco, en Freixo de espada aCinta, en Portugal. O xacemento deDomingo García xa foi comentadono ano 1970 por Gonzalo Quitanilla,inda que non foi até 1981 candoSantamaría e Moure destacan a súaimportancia no contexto paleolítico.No ano 1988 apareceu o de SiegaVerde na beira do ría Águeda enSalamanca e no 1989 foron desvela-dos os achados do Río Côa en FozCôa, Portugal.

Recentemente, na parte alta do valdo río Támega, tamén afluente doDouro, na provincia de Ourense, téñense postode manifesto un considerable número de esta-cións con gravados rupestres entre as que des-tacan, por teren sido recentemente obxecto deestudo no marco do proxecto Alto Támega, asde Santa Baia de Vences, Monterrei, e as de oMonte Lastredo en Laza. Malia que cronocultu-ralmente semellan no estar directamente rela-cionadas coas do resto da bacía do Douro xaque, para empezar, non se teñen detectadoaínda gravados naturalistas paleolíticos, cóm-pre seguir investigando para comprender cal

puido ter sido o significado cultural dos abun-dantes gravados tamaganos dentro do contextoxeral do occidente peninsular.

Os lugares escollidos como soporte dos gravadosson marxes fluviais ou perifluviais, con orienta-cións cara ó sol do mediodía e sobre xistos.Predomina respecto deles a interpretacióndunha intencionalidade simbólica xa que nonestá constatada outra "funcionalidade" quepoida dar conta dos motivos retratados.Ademais tamén se constata unha continuidadecultural dende o período máis frío do paleolíticosuperior, hai uns 22000 anos, até o presente.Outras das variables a ter en conta como ele-

mento común son a intencionalidade monumen-talizante e de proxección no espazo e no tempo.Neste sentido cómpre salientar a grande exten-sión de terreo no que se desenvolveron estasmanifestacións culturais —algunha das cultu-ras paleolíticas son as primeiras netamentepaneuropeas da historia, como a denominadaGravetiense— e a enorme cantidade de séculosinvolucrados nos comezos do fenómeno rupes-tre, un dato este moi a ter en conta de cara acomprender a continuidade da cerna ideolóxicade moitas sociedades posteriores.

2 Nº 10 Decembro 2014

Xacemento de Domingo García, estudado polo colaborador daSAGA e arqueólogo do CSIC Manuel Santos Estévez.

Foto SAGA 2014

Page 3: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Esta fin de semana (29-30 de novembro)estivemos no excelente establecementoEl Descanso de los Lares, ó norte deSegovia onde Juan Antonio Martín deEspinosa, da empresa Silex Arqueologíay Gestión del Patrimonio S.L., desenvol-veu maxistralmente o seu curso sobre otraballo do silex no solutrense. A excep-cional calidade deste profesional andivo ápar ca dos responsables desta casa deturismo rural sita nun interesantísimoentorno da bisbarra da Campiña segovia-na. Petróglifos sobre xistos, fortalezas doseculo V e outras elementos da culturalocal foron o trasfondo desta actividadeque axuda, mediante a práctica, a com-prender mellor, moito mellor, a realidadecultural das sociedades europeas pretéritas ocal resulta fundamental á hora de coñecermellor a nosa realidade antropolóxica.Compañeiros de Aragón, Euskadi e Andalucíacovertiron a nosa estancia nunha oportunidadeexcepcional. Moitas grazas a todos!

Nos primeiros milenios do denominado paleolí-tico superior as sociedades humanas que inte-

graban ós nososdevanceiros ocupa-ron o continenteeuropeo. As caracte-rísticas das súas cul-turas son pouco coñe-cidas, apenas intuí-das. Entre os escasosdatos dispoñiblesque permitan unhaaproximación á súarealidade culturalestán aqueles quepoden tirarse dosobxectos daquelaépoca recuperadosactualmente e den-

tro do seu contexto. Neste sentido resultan fun-damentais os utensilios líticos —e doutracaste— que puideron ser estudados sobre unhabase antropolóxica e co auxilio das técnicasarqueolóxicas.

Hai uns corenta mil anos os grupos humanosdos que descendemos contribúen ca súa presen-za á diversidade cultural do vello continente.

Nº 10 Decembro 2014 3

Juan Antonio Marín traballando. Foto SAGA 2104

CCoonn JJuuáánn AAnnttoonniioo MMaarríínn,, nnoo DDeessccaannssoo ddee llooss LLaarreess,,eexxppeerriimmeennttaannddoo ppaarraa ccoommpprreennddeerrmmooss oouu oo hhoommee ee oo ssíílleexx..

Preparación das pre-formas líticas.Foto SAGA 2014

Page 4: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Colonizan o medio mediante o despregue dunhagran capacidade de adaptación. Neste período

de tempo, duns trinta mil anos, o solar europeoé a escena dunha rexionalización cultural naque non deberon fallar os fenómenos de acultu-ración que tanto interesan á antropoloxía e queimplicaron tanto á nosa liñaxe como á da outraespecie humana que habitaba este continentedo cal era autóctona: os neandertais.

Xurdiu así o concepto de culturas transicionais,circunscritas a territorios concretos; integradasen biocenoses relativamente restrinxidas ; sola-padas entre si no tempo e no espazo bio-xeográ-fico da xélida Europa; con xeitos de manifesta-ción diferentes segundo se trate dos grandesespazos abertos da Europa central e oriental ouda Europa Atlántica; con xeitos de manifesta-ción diferenciados, tamén, nos alicerces desasculturas e no cabo das mesmas.

Diversidade cultural na que eses outros huma-nos que non eran coma nos, os neandertais,deberon xogar un rol decisivo precisamente noxurdimento de todo este panorama cabo do cal,e logo duns cen mil anos como pouco, as socie-dades de cazadores e recolledores foron deixan-do paso ós derradeiros nómades e despois á pro-dución de alimentos.

O paleolítico superior foi un período de grandediversificación cultural, o mundo comezaba atransformarse no mundo da xente. No mundodo antropolóxico por excelencia.

Isto pode verse tanto pola pegada quedeixou o incremento da poboación,cunha intensa habitación de covas epalas como por aquela diferenciacióndaquelas culturas entre si.

O seu universo simbólico ficou enparte dispoñible para nos mediante osgravados e pinturas ou tamén nosnovos estilos funerarios, colectivos erodeados dun rico contexto fúnebreque da conta da existencia dunhaintensa reflexión sobre a transcen-dencia.

Unha destas culturas ou sociedades mais cons-picuas de todo o paleolítico superior foi precisa-mente aquela relacionada ca fase denominadaSolutrense, na honra da poboación francesa deSoloutré. Uns milleiros de anos antes e despois

4 Nº 10 Decembro 2014

Sala de traballo solutrense. Foto SAGA 2014

Iñaki e Juán traballando na extración de láminas porpresion sobre nucleo. Foto SAGA 2014

Obras de Juan A. Marín. Foto SAGA 2014

Page 5: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Nº 10 Decembro 2014 5

do ano 20 mil antes do hoxe e solapada ca pri-meira gran globalización cultural europea, —odenominado Gravetiense— xurde dalgún xeitoo que debeu ser unha nova maneira de relacio-narse e percibir o mundo. A brillantez destanovidade cultural pode tirarse do virtuosismo esofisticación do instrumental feito en pedra porestas comunidades que ocuparon o norte e lesteda península ibérica, nas zonas próximas ácosta, e o sur da actual Francia. O dominio dastécnicas do traballo da pedra para facer utensi-lios para á caza e demais actividades é abraian-te, tanto que na nosa opinión esas persoas esti-veron en disposición de facer do traballo líticoun arte cunha grande carga simbólica.

Para testar esa hipótese acudimos a aprenderos rudimentos desta sofisticada técnica dasmans dun dos grandes especialistas nestashabilidades: Juán Antonio Marín, un verdadei-ro coñecedor do mundo paleolítico e especial-mente no tocante ó traballo do sílex e a tecnolo-xía relacionada con el. Marín é un reputadoexperto deste tema e un referente de primeiraorde para o coñecemento daquelas sociedades.

Cando soubemos do curso que este profesionalía impartir no excelente establecemento, sego-viano El Descanso de los Lares, moi próximo aun importantísimo xacemento de gravadosrupestres que inclúen obras solutrenses, aló nosfomos.

Quixemos pois, e tal como di Marín "experimen-tar para comprender". Comprender algo domundo simbólico daquela xente; a súa sofistica-ción ideolóxica manifestada no requintado dasproducións que chegaron até hoxe. O seuesplendor no medio dun dos intervalos maisduros do clima europeo. Fronte os desafíosextremos a cultura foi a solución.En Galicia o xacemento de Valverde, preto deMonforte de Lemos está considerado unha mos-tra que, unha vez mais, relaciona a Galicia, edende tempos moi remotos como vemos, co restodos grandes contextos ideolóxicos do continen-te. Un lugar dende o cal sobrevivir fronte ádesolación glacial e contribuír a crear novosproxectos culturais.

WWeebb ddee EEll DDeessccaannssoo ddee llooss LLaarreess

http://segoviacasarural.es/?page_id=19

WWeebb ddee JJuuaann AAnnttóónniioo MMaarríínn ddee EEssppiinnoossaa

http://tallarsilex.com/didactica/

OO xxaacceemmeennttoo ddee VVaallvveerrddee,, pprreettoo ddee MMoonnffoorrttee ddee LLeemmooss

http://e-spacio.uned.es/revistasuned/index.php/ETFI/article/view/5379

http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2880269&orden=239786&info=link

Page 6: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Crónica

6 Nº 10 Decembro 2014

XXOORRNNAADDAASS SSOOBBRREE OO CCAASSTTRROO DDAASS CCRROOAASS

Finalizada a campaña de escavación do castro do monte das Croas, o concello de Pontevedra puxoen marcha estas xornadas para divulgar os diferentes aspectos deste xacemento arqueolóxico. Omércores 25 de setembro tocuoulle o turno á antropoloxía, neste caso da man do compañeiro RafaelQuintía e do antropólogo Buenaventura Aparicio Casado que falaron dos aspectos máis etnográfi-cos e antropolóxicos do castro das Croas, así como da mitoloxía asociada a este xacemento.

Máis información na web:http://salcedonotempo.eu/2014/09/23/resumo-dos-traballos-no-castro-das-croas-na-mesa-redonda-sobre-arqueoloxia/

MOMENTOS DA CONFERENCIA

Fotos da web http://salcedonotempo.eu/

Page 7: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Crónica

Nº 10 Decembro 2014 7

PPRREESSEENNTTAAMMOOSS AA OOBBRRAA ""ÁÁSS VVOOLLTTAASS CCOOAA DDIIVVEERRSSIIDDAADDEE CCUULLTTUURRAALL""..AASS CCOONNFFEERREENNCCIIAASS DDEE CCLLAAUUDDEE LLÉÉVVII--SSTTRRAAUUSSSS PPAARRAA AA UUNNEESSCCOO

O pasado venres 10 de outubro ás 19.30h na GaleríaSargadelos de Pontevedra a Sociedade AntropolóxicaGalega (SAGA) presentou obra "ÁS VOLTAS COADIVERSIDADE CULTURAL". AS CONFERENCIASDE CLAUDE LÉVI-STRAUSS PARA A UNESCO.Unha edición do xenetista e profesor da USC José M.Álvarez-Castro.

Coidamos que a importancia deste libro ben merecetoda a difusión posible. Unha importancia dobre, pri-meiro porque recolle por primeira vez nun só volumenas tres conferencias da ONU do ilustre e fundamentalantropólogo francés Lévi-Strauss e, segundo, porque oidioma elixido para facer este primeiro compendioxamais editado foi o galego, a nosa lingua.

Como xustificarmos aquilo que nos parece obvio?Onde atoparmos argumentos sólidos e ecuánimes fron-te a quen nega a evidencia?

Este volume axúdanos a deliñar e valorizar os alicerces do edificio que ampara a diversidade cul-tural.

A continuación un breve texto sobre o libro tirado do blog de Edicións da Curuxa:

A defensa do noso idioma é unha batalla fundamental dun obxectivo máisamplo, a supervivencia da nosa cultura, o cal á súa vez se enmarca no con-texto da interacción entre as diversas identidades culturais do noso plane-ta. Tanto a tentativa de preservarmos en xeral a diversidade cultural comoa de mantermos viva en concreto a nosa lingua veñen sendoobxecto nos últimos tempos de agresións máis ou menosexplícitas, máis ou menos bastas, mais nunca inocuas. É poriso que recollemos neste volume as conferencias que o egrexioantropólogo Claude Lévi-Strauss elaborou por encomenda daUNESCO contra o racismo, sentando as bases dunha civiliza-ción mundial na que as diversas culturas poidan perpetuar asúa orixinalidade de xeito harmónico. Estamos daquela abotar man de décadas de esforzo internacional na procuradun consenso sobre diversidade cultural, e a empregalascomo compás co que navegarmos en galego no mar da civili-zación mundial.

Page 8: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Crónica

8 Nº 10 Decembro 2014

CCOONNFFEERREENNCCIIAA:: ""OO MMUUNNDDOO DDAA MMOORRTTEE,,AASS ÁÁNNIIMMAASS EE OOSS DDEEFFUUNNTTOOSS NNAA CCUULLTTUURRAA GGAALLEEGGAA""

O 30 de outubro ás 20.30h na Biblioteca de Marín oantropólogo Rafael quintía impartiu a conferencia sobre"O mundo da morte, as ánimas e os defuntos na cultu-ra galega". Organizaba o acto a asociación QueremosGalego Marín.

Rafael Quintía e José M. Álvarez-Castro José M. Álvarez-Castro

Page 9: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Crónica

Nº 10 Decembro 2014 9

IINNSSTTAANNTTÁÁNNEEAASS DDAA CCOONNFFEERREENNCCIIAA

Fotos cortesía de Fran

Faro de Vigo.31 de outubro de 2014

CCOONNFFEERREENNCCIIAASS DDAA SSAAGGAA SSOOBBRREE AA MMOORRTTEENNAA CCUULLTTUURRAA GGAALLEEGGAA

O compañeiro Miguel Losada impartiu enOurense outra conferencia sobre os aspectosantropolóxicos e as orixes históricas da festivida-de dos mortos en Galicia. O acto tivo lugar ás19h do pasado 30 de outubro no local daAsociación Cultural A Galleira, sita na praza deSan Cosme.

Page 10: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Crónica

10 Nº 10 Decembro 2014

EENNTTRREEVVIISSTTAA AAOO IINNVVEESSTTIIGGAADDOORREE CCOOLLAABBOORRAADDOORR DDAA SSAAGGAA AALLBBEERRTTEE AALLOONNSSOO

Co gallo da publicación do 1º número da colecciónMonografías da Sociedade Antropolóxica Galega arevista Sustansia faille unha extensa entrevista aocopañeiro Alberte Alonso, autor de ""OO uussoo ddaass ppeeddrraaffii--ttaass nnoo nneeoollííttiiccoo ggaalleeggoo.. EEssttuuddoo ddaass ppeeddrraaffiittaass ddee uussooaassttrroonnóómmiiccoo ee ddaass ppeeddrraaffiittaass ffáálliiccaass"", obra publicadapola SAGA.

Page 11: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Crónica

Nº 10 Decembro 2014 11

Page 12: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Crónica

12 Nº 10 Decembro 2014

Unha vez máis fomos acollidos na bibliotecaPública do Concello de Verín. Esta vez tivemosa oportunidade de presentar a nosa xa ampliaoferta editorial. Tamén avanzamos en primiciaalgún dos temas que levamos ó prelo co novonúmero de FFooll ddee VVeelleennoo, o Anuario da SAGA nº5, que sairá ás rúas a primeiros do ano 2015cunhas 250 páxinas de artigos sobre a culturagalega. Queremos pois agradecer tanto á multi-premiada biblioteca pública de Verín —Varios

premios María Moliner de animación á lectura,entre outros— no só por acollernos dentro dasúa variada programación senón por facelo senapenas tempo de reacción pola súa parte.Coidamos que a súa eficacia organizativa debe-ría ser premiada tamén. Sen dúbida un granexemplo do bo traballo que fan moitas dasbibliotecas públicas galegas.

Esta é unha pequena mostra das imaxes destaactividade. Agradecemos especialmente os veci-ños das terras de Monterrei e tamén áConcelleira do Concello de Verín CoronaMeixeira a súa presenza no acto.

PPRREESSEENNTTAACCIIÓÓNN DDAA OOFFEERRTTAA EEDDIITTOORRIIAALLDDAA SSAAGGAA NNAA BBIIBBLLIIOOTTEECCAA PPÚÚBBLLIICCAA DDEE

VVEERRÍÍNN.. 2277 DDEE NNOOVVEEMMBBRROO DDEE 22001144..

RREESSEENNTTAACCIIÓÓNN EENN VVIIGGOO DDOO LLIIBBRROO""AALLIICCOORRNNIIOO.. OO PPOODDEERR DDOO CCOORRNNOO DDEE UUNNIICCOORRNNIIOO

NNAA MMEEDDIICCIINNAA TTRRAADDIICCIIOONNAALL GGAALLEEGGAA""

O pasado xoves 4 de decembroás 20h presentamos na libre-ría Andel de Vigo o libro""AAlliiccoorrnniioo"" de Rafael Quintía.No acto acompañou ao autor ocompañeiro e etnógrafo XoséAnxo Rosales, da SociedadeAntropolóxica Galega (SAGA).

Page 13: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Crónica

Nº 10 Decembro 2014 13

PPRREESSEENNTTAACCIIÓÓNN DDAA DDOO NNºº22 DDAA CCOOLLEECCCCIIÓÓNN MMOONNOOGGRRAAFFÍÍAASS DDAA SSAAGGAA::""PPEETTRRÓÓGGLLIIFFOOSS IINNÉÉDDIITTOOSS DDAASS CCOOMMAARRCCAASS DDEE OOUURREENNSSEE EE AALLLLAARRIIZZ--MMAACCEEDDAA""

Queremos agradecer aos veciños do Concello deEsgos e aos seus representantes a extraordina-ria acollida que dispensaroná Sociedade AntropolóxicaGalega SAGA, na tarde dopasado día 5 de decembro.

Unhas setenta persoasencheron a magnífica salado Centro Cultural ParadaJustel para asistir á presen-tación do gran traballo docompañeiro José AntonioGavilanes, a monografía nº2da SAGA: "PPeettrróógglliiffoossIInnééddiittooss ddaass CCoommaarrccaass ddeeOOuurreennssee ee AAllllaarriizz--MMaacceeddaa"",Editado pola propia SAGA.

Efectivamente, xornadas coma esta fan quetodas as horas de traballo de campo, de análise

da información de escriturae de edición, estean plena-mente xustificadas.Verdadeiramente os compa-ñeiros da SAGA recibimosunha cariñosa dose de ilu-sión, a maiores da que leva-mos de serie, para seguir-mos a traballar a prol dacultura de Galicia.

Moitas grazas, pois, e aquílles deixamos unhas imaxesdo acto a xeito de recordato-rio.

Xosé Anxo Rosales e Rafael Quintía

Page 14: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Crónica

14 Nº 10 Decembro 2014

Co alcalde de Esgos Mario Rodríguez

A monografía nº2 da SAGA

José Antonio Gavilanes nun intre da súa ponencia

PPRREESSEENNTTAACCIIÓÓNN DDOO LLIIBBRROO""PPAATTRRIIMMOONNIIOO IINNMMAATTEERRIIAALL DDEE SSAANN

MMAARRTTIIÑÑOO DDEE SSAALLCCEEDDOO""

O evidente interés dos veciños de Esgos poloseu patrimonio cultural. Grazas en nome daSAGA.

O pasado xoves 11 de decembro ás 20.30h pre-sentamos na Casa das Campás, Pontevedra, oúltimo traballo do antropólogo da SAGA RafaelQuintía e que leva por título ""PPaattrriimmoonniioo iinnmmaa--tteerriiaall ddee SSaann MMaarrttiiññoo ddee SSaallcceeddoo"". Esta mono-grafía editada pola SAGA recolle nun volumende 570 páxinas unha cumprida mostra do patri-monio inmaterial desta parroquia pontevedre-sa.

No acto, organizado polo concello de Pontevedrae a Sociedade Antropolóxica Galega, o autorestivo acompañado polo concelleiro dePatrimonio Luis Bará e polo antropólogoBuenaventura Aparicio Casado.

Page 15: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Crónica

Nº 10 Decembro 2014 15

O numeroso público asistente encheu a salada Casa das campás

Diario de Pontevedra

Xunto a LuisBará e

BuenaventuraAparicio

O concelleiro de Patrimonio Histórico doconcello de Pontevedra. Luis Bará,

abrindo o acto

Intervención do antropólogoBuenaventura Aparicio Casado

Falando do patrimoniode Salcedo

Un momento da presentación

Page 16: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

O pasado día 15 de maio e pormor dun traballo de cataloga-ción do patrimonio etnográficoda parroquia de San Martiño deSalcedo no que estamos traba-llando, os membros daSociedade Antropolóxica GalegaRafael Quintía e AntonioVázquez descubriron no lugarcoñecido como Monte dosPenedos un petróglifo inédito e,xa que logo, non catalogado adía de hoxe.

Este petróglifo, de peculiar fas-quía, está conformado por unhapía de orixe antrópica duns 30cm de diámetro por uns 20 cmde fondo, diferentes agrupaciónsde coviñas moi erosionadas eoutras marcas dispersas, de aparencia máisrecente, que semellan realizadas con punzón deferro

Os gravados atópanse sobreunha laxe de granito de granfino de dúas micas localizadaa ras de chan e semicubertapolo manto vexetal e a terra.A dita laxe está situada nafaldra noroeste do monte,nunha zona boscosa de euca-liptos, xestas e fento e dentrodo enclave arqueolóxico cata-logado como castro deMatalobos ou do monte dosPenedos.

O achádego foi debidamenteposto en coñecemento daDirección Xeral dePatrimonio Cultural paraque proceda ao seu inventa-riado e catalogación e se

tomen as medidas pertinentes para a súa con-servación e protección.

Achádego

16 Nº 10 Decembro 2014

DDEESSCCUUBBRRIIMMOOSS UUNN PPEETTRRÓÓGGLLIIFFOO IINNÉÉDDIITTOONNAA PPAARRRROOQQUUIIAA PPOONNTTEEVVEEDDRREESSAA DDEE SSAANN MMAARRTTIIÑÑOO DDEE SSAALLCCEEDDOO

Petróglifo do Monte dos Penedos.Motivos: pía antrópica, coviñas e

posibles marcas de punzón

Localización da laxecos gravados

Primeiro plano de combinación decoviñas

Primeiro plano da pía de orixeantrópica

Vista xeral da laxe cos gravados

Page 17: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

No pasado mes de maiopuxemos en coñece-mento —vía rexistro—

do Xefe do Servizo deVixiancia e Inspeccióndo Patrimonio Culturalda Xunta de Galicia enPontevedra o atentadoque sufriu un dos petró-glifos documentados naparroquia pontevedre-sa de San Martiño de Salcedo.En concreto denunciamos adestrución parcial do petróglifodo Monte do Castro (lugar deCabanas), descuberto en maiodo ano 2011 con motivo dos tra-ballos de deslinde dos montesen man común e conveniente-mente posto en coñecemento doServizo de Patrimonio Culturalno seu día, quen procedeu aoseu inventariado.

O feito foi detectado o pasado día 15de maio polos membros da SociedadeAntropolóxica Galega Rafael Quintíae Antonio Vázquez, nunha visita ruti-naria a esta estación rupestre. Odevandito petróglifo atópase no tra-zado dunha liña de media tensiónpropiedade da empresa FENOSA. Nolugar puidemosobservar que aempresa viña derealizar os obriga-dos traballos de rozae limpeza da vexeta-ción existente baixoo trazado da liña. Ouso da correspon-dente maquinariaagrícola de limpeza

—posiblemente unha desbrozado-ra de disco ou unha máquina decadeas— entendemos que foi aque ocasionou o desfeita, esnaqui-zando unha parte perimetral dalaxe onde se atopaba distintosmotivos de coviñas e unha combi-nación de círculos concéntricos queaproveitaba unha protuberanciada rocha para destacar a súa feitu-

ra.

Solicitouse á DirecciónXeral de Patrimonio que investiguaseeste atentado contra o noso patrimonioarqueolóxico e que levase a cabo asmedidas pertinentes. En semanas pos-teriores púxose en contacto con nós, conmoito interese e dilixencia, o comisarioda Policía Autonómica en Pontevedrapara proceder á localización exacta dopetróglifo e á súa inspección e investiga-ción e denuncia do atentado perpretadocontra esta estación de arte rupestre.

Achádego

Nº 10 Decembro 2014 17

DDEENNUUNNCCIIAAMMOOSS UUNN AATTEENNTTAADDOOCCOONNTTRRAA OO PPAATTRRIIMMOONNIIOO AARRQQUUEEOOLLÓÓXXIICCOO

Petróglifo do Monte do Castro antes desufrir o atentado

Petróglifo do Monte do Castro despoisde sufrir o atentado

Petróglifo do Monte do Castro nomomento en que se catalogou coTécnico de Patrimonio. Ano 2011

Petróglifo do Monte do Castro naactualidade, con parte dos gravado

destruídos

Petróglifo baixo o trazadoda liña eléctrica

Page 18: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Un dos ritos, verdadeira institu-ción de feito, da cultura galega sonos cabodanos. A morte, os antes-pasados, os defuntos en definitiva,fan a meirande das nosas parro-quias e como tal ocupan un sen-lleiro lugar dentro do noso pensa-mento colectivo. Este xeito de ve-lo mundo maniféstase nun impul-so que procede da forza da tradi-ción e é quen de suplir os baleirose lasitudes cos que moita xentevive instalada no vixente e maisestendido modelo relixioso.

Así, en Galicia, podemos atoparpersoas que non practican certosritos oficiais, como pode ser amisa dominical, mais que si seguen as rutinasque consideran propias e axeitadas como podeser a asistencia ós enterros, os velorios ou oscabodanos.

Así pois hoxe, 24 de Setembro de 2014, podemoslembrar que é o día no que se cúmpre o 784cabodano do pasamento de quen chegou a serrei dos galegos, Afonso IX.

A natureza política e simbólica dun rei daqueltempo é ben diferente do rol que puidera desen-volver un monarca actual. O rei Afonso IX aca-bou en Sarria e foi sepultado na catedral deCompostela. Era neto do emperador Afonso VIIque nacera en Caldas de Reis, fillo de FernandoII e foi pai do nomeado Fernando III, o santo, eavó do inda mais sonado Afonso X, o sabio.

Todos eles constitúen unha verdadeira sagachea de peripecias militares, amorosas e políti-cas. Varios matrimonios, incontables amantes educias de fillos. Polo medio arcebispos comoXelmirez ambicioso, movendo as súas fichas

polo taboleiro da Historia. Ataquesvikingos, revoltas populares, poten-tados coma o Conde de Traba, cons-trutores de catedrais e guerreiros defronteira como Xerardo sen pavor.

Retrato de Diego Xelmirez visto porFrancis de Blas, nesta páxina.http://www.francisdeblas.com/retra-tos/diego-gelmirez-obispo-de-santia-go/

Mais sobre todo houbo moita paisaxe, humanae cultural, galega. Así, se hai pouco houbo un“raposo de Arteixo” tamén pode ser que ó rei dasCantigas de Santa María se lle puidera chamaro “sabio de Allariz” ou algo así. De neno – a vilaourensá foi a parroquia do fillo de Afonso IX. Ésabido que a infancia é a patria certa da xente,como dixo o Rilke. Por algo sería cando o paimandou o cativo a Galicia para ser educado engalego e “troquelado” coma persoa e futuromagnate.

Artigo

18 Nº 10 Decembro 2014

SSOOEESSTTOO CCAAPPIITTAALL DDEE GGAALLIICCIIAA.. CCAABBOODDAANNOO DDOO RREEII AAFFOONNSSOO IIXX..

Miguel Losada. Secretario da SAGA

Fonte:http://commons.wiki-media.org/wiki/File:Alfonso_IX_de_Le%C3%B3n_(Ayuntamiento_de_Le%C3%B3n)

.jpg

Xeraldo Sen medo Seguidor das antigas tradicións.Fonte http://upload.wikimedia.org/wikipedia/com-

mons/thumb/1/18/GeraldoGeraldesSemPavor.jpg/330px-GeraldoGeraldesSemPavor.jpg

Page 19: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Este detalle do Afonso pai, xunto con variosoutros que denotan a súa personalidade, fan delunha personaxe galega a medio camiño das cre-acións de Valle-Inclán e Cunqueiro. En efecto,Afonso IX convocou no ano 1188 as primeirascortes representativas, ou modernas se sequere, de Europa e tamén do mundo xa que aelas foron chamados por vez primeira os repre-sentantes das cidades.

Foi tamén un gran viaxeiro xa que, en realida-de, toda a corte de conselleiros, nobres, diplo-máticos, e toda caste de xentes, transhumabandun castelo a outro; dun pazo a outro, dunhaCasa Grande a outra. E aló onde estaba o rei,aló estaba a capital do reino. Tamén lle intere-sou a agricultura.

Un deses lugares que poden chamarse pordereito propio “Antigas Capitais Galegas” éSoesto, no actual concello de Laxe, onde foi veci-ño (en varias ocasións) do casal do Arrueiro,pode que no mesmo solar onde hoxe fica inda unimportante pazo galego: O Pazo de Leis.

Así pois toda a corte estivo instalada mesmo acarón do castro de Castrelo, onde no ano 2009apareceu un achado tan monumental comoenigmático, que xa fora analizado no seu día porManuel Gago en:http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/08/18/importante-achado-arqueoloxico-na-ampliacion-da-estrada-a-laxe/

Por todo o que se pode entrever na biografíadeste personaxe, non podemos por menos que

preguntármonos que tiña Soesto para ser esco-llido polo rei? Por que decidiu instalarse tanpreto dun castro monumental ou o que é omesmo, canto de monumental e prestixioso tiñao castro e o seu solar como para que o rei o esco-llera coma tela de fondo da súa actividaderexia? Toda esta zona, en realidade, chegou aser o epicentro da lexitimidade política de granescala galega, xa que nela asentaba as súas rai-gañas morais e ideolóxicas aquel que firmabacomo “Principis Gallaecie” Pedro Froilaz,Conde de Traba que tanto axudara ó avó deAfonso IX.

É doado imaxinar o rei dando un paseo até oinmediato Castro de Castrelo, acompañado dosseus logo de ter despachado cos nobres, arran-xado asuntos e comido unha empanada demaragota con viño de Ribadavia. Leva indafaragullas na barba. Á volta, xa no pazo, unhavella pasaralle un alicornio por mor dunhapezoña que ten nunha perna dende que sendoneno tocara unha toupa.

Soesto Capital de Galicia

Nº 10 Decembro 2014 19

O pazo de Leis en soesto, Laxe

Areal de Soesto

O poder do Alicornio. Foto X. A. Gavilanes 2013

MMaaiiss iinnffoorrmmaacciióónn ssoobbrree aa ccoorrttee iittiinneerraannttee ddooRReeii nneessttaass ppááxxiinnaass

http://e-spania.revues.org/18626http://www.concellodelaxe.com/turismo/info.php?id_seccionweb=121&id_info=3

Page 20: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

A mediados do ano 2013 na SAGA tivemos coñe-cemento da existencia dunha interesante zonacun importante corpus de tradicións locaisinda vixente. Ademais parte deste sistema míti-co estaba, segundo os nosos informantes locais,asociada con varios petróglifos inéditos.Tratábase dos montes inmediatos a Sandín,parroquia de Flariz no concello de Monterrei,Ourense.

Un dos nosos primeiros obxectivos sería a loca-lización e fotografado dun panel granítico quecontiña, segundo nos informaran, o denominadopetróglifo do Sugarrido no emprazamento domesmo nome, ás aforas da localidade.

Agardabamos poder ir, nas seguintes semanas,acompañados por algunha xente de Sandínpara que nos levasen á fonte da Moura e aoutros prometedores lugares nos que poderescoitar de primeira man os relatos asociados.Pouco despois aconteceu o monstruoso incendiodo mes de agosto daquel ano, polo que tantaangustia e carraxe experimentarían as xentesdesta parte do planalto do Larouco, entre elesos de Sandín.

Fotos do incendiohttp://pedroarmestre.photoshelter.com/gallery/2013-08-24-SPAIN-FOREST-FIRE-CUALE-DROSANDIN/G0000FIvdhCNRVcE/C00009phPFW6A2rU

Nova do incendiohttp://www.europapress.es/sociedad/noticia-incendio-cualedro-ourense-afecta-alrededor-1 1 0 0 - h e c t a r e a s - l l e g a - p o r t u g a l -20130825101802.htmlhttp://www.calamar2.com/2013/08/24/el-incen-dio-de-cualedro-el-mas-grande-de-galicia-este-ano/

Por elo, non foi até un mes despois cando puide-mos achegármonos por aquelas alturas cuber-tas de cinsa máis propias de Mordor que damagnífica paisaxe galega. A escena era depri-mente, e a preocupación aumentou cando come-zamos a ver un dos máis lamentables efectos dolume no monte.

Percorremos a zona, devida daquela nunhaantesala do inferno, xunto cun natural deSandín, Manuel Atanes Góméz —ó que lle agra-decemos os seus coñecementos, informacións ecompaña— que nos levou até a Fonte da Mourae tamén ó lugar do Sugarrido onde xa nondemos atopado o petróglifo que iamos procurar,pode que xa desaparecido polos sucesivos lumesque teñen afectado nas derradeiras décadas doXX ó monte galego, abandonado e, o que é peor,infravalorado.

Algo abatidos e sa de volta cara Sandín,Manolo, o noso guía propuxo achegarse até olugar de O Penedo do Mouro, polo que atravesaun importante camiño Norte-Sur.

Da importancia do sitio daba conta o feito deque nel era onde situaba a tradición local amanifestación discontinua dun “vella” que pode

Artigo

20 Nº 10 Decembro 2014

OOSS PPEETTRRÓÓGGLLIIFFOOSS DDEE SSAANNDDÍÍNN EE OO CCAAMMIIÑÑOO DDOO SSOOLLOOUU OO PPOORRQQUUÉÉ DDOOSS CCAADDEELLOOSS QQUUEE CCOORRRREENN AATTRRÁÁSS DDOOSS CCAARRRROOSS

Miguel Losada. Secretario da SAGA

Pedras estonadas pola acción do lume de alta inten-sidade. Foto SAGA 2013

Page 21: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

ser vista no alto dos penedos.Vestida con algo semellante aunha capa de burel marca coasúa presenza a existencia duninveterado contido simbólico e,xa que logo, encriptado.

O chegar a un outeiro, nun valode pedra vimos as primeiras efamiliares marcas dunha antigavinculación co territorio.

Os petróglifos de Sandín

Nº 10 Decembro 2014 21

Valos de pedra nos montes de Sandín. Foto SAGA 2013

Panel pétreo do Sugarrido, Sandín,Monterrei, Ourense. diversas zonas dana-das de diferentes xeitos. Foto SAGA 2013

"Ferraduras" nas rochas do camiño.Posible reutilización ou nova sintaxe a par-

tires dun vello motivo?

As novas figuras fotografadas pouco despois do incendio en 2013. Fotos SAGA 2013

Page 22: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

O que non contabamos foi atopármonos diantedo que, inmediatamente, percibimos como algonovo para nós.

Esta mesma idea, a novidade implícita, foi refe-rendada tralas investigacións recentementedesenvolvidas pola Universidade de Vigo,Campus de Ourense, no Proxecto Alto Támega.

Link á nova do proxecto e programa no blog daSAGA.http://sociedadeantropoloxicagalega.word-press.com/2013/08/21/proxecto-alto-tamega-comezou-o-traballo-de-campo/

Facebook do proxecto.https://www.facebook.com/ProxectoAltoTamega?hc_location=timeline

O novo estilo na Universidade de Vigo.http://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_con-tent&task=view&id=8882&Itemid=2

A seguir empregámonos ó intento de establecerreferentes que permitiran encadrar dentro dal-gún contexto cultural estes magníficos petrógli-fos. para elo cumpría preguntarse cal poderíaser o alcance semántico e simbólico dos motivos.Foi entón cando traballamos coa idea de que asfiguras aparelladas eran inversas e, xa quelogo, expresaban reciprocidade. Poderían repre-sentar a idea de xemelgos, parellas dinámicasque efectúan unha acción, e por elo cumprenunha función ou desenvolven un traballo.

Perante a ausencia de referentes bibliográficosachegados que puideran contextualizar directa-mente este achado, recorremos ó escenario con-tinental na procura de achados semellantes.

Compre lembrar que mesmo dentro do ámbitogalego coexisten manifestacións moi diferentesque denotan a posible existencia de contextosideolóxicos pretéritos tamén diferenciados. Osdistintos estilos estarían a expresar ideoloxíasou visións do mundo diferentes inda que, comoen todas as sociedades antigas, compartíaninquietudes “estruturais” propias das socieda-des humanas. Sobrevivir ó paso inexorable dasestacións é un asunto fundamental nas zonasmornas do planeta. Tamén os movementos daspresas de caza, a sazón dos cultivos, o balanceentre a enfermidade e saúde, a fame e a fartu-ra, a vida e a morte en definitiva. Mesmo hoxeen día somos vasalos do sol.

En moitas mitoloxías1 os heroes teñen unharelación dinámica co astro solar. Tal é o coñeci-do caso de Dédalo e de Ícaro, por exemplo.Noutras relativamente abundantes ocasións, atradición predica propiedades cósmicas dunhaparella divina, celeste, santa ou sacra. Esespares adoitan seren xemelgos místicos ouxemelgos cun rol fundamental para o equilibrio,inestable, da orde cósmica.

Artigo

22 Nº 10 Decembro 2014

1 Cfr. Por exemplo: A Dictionary of World Mythology. Cotterell

,Arthur . Oxford University Press. 1986 e Clark, Ella Elizabeth.

Indian Legends of the Pacific Northwest. University of California

Press. 2003

Page 23: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Cástor e Pólux ( Polideuces) heroes xemelgos damitoloxía da hélade representan en palabras deI.Gómez de Liaño ( Gómez de Liaño, 1998) “…El alternante tránsito del sol por la mitad supe-rior y la mitad inferior de la esfera celeste, estoes, por el mundo subterraneo y el celeste” 2

Amphion e Zethus, xemelgos de Zeus, crean acidade de Tebas igual que Rómulo e Remo,irmaus enfrontados crean a cidade de roma natradición latina.

Apolo é tamén un deus deus solar e a súaxemelga, Artemis, deusa da noite, a caza e estádirectamente relacionada ca lúa. Ámbolos dousrepresentan tamén ós principais astros do ceo.Caín e Abel son os primeiros homes “naturais”xa que a súa creación non dependeu directa-mente de Deus.

Xa noutras tradicións, como a mesoamericana,podemos atopar ós heroes xemelgos Hunahpú eIxbalamqué (Ou Xbalanqué ) recollidos dende atradición popular no libro denominado (dende1861) Popol Vuh. Cada un deles encarna ósdous astros.No Oriente Medio os deuses matutinos e ves-pertinos Arsu e Azizos son tamén xemelgoscelestes.

Na tradición persa Arhiman e Ahura Mazda sonxemelgos, opostos e enfrontados, que represen-tan a dualidade cósmica.

Na Australia central a tradición explica queunha parella solar de lagartos xemelgos crean omundo e rescatan ás mulleres das gadoupasdun espírito lunar que as retén.

Na cosmogonía nórdica atopamos os deuses,tamén xemelgos, Frej (Freyr) e Freja (Freyja)como solar e lunar respectivamente. Posúencadanseu carro co que percorren o ceo.

Moitas culturas das dúas Américas manexan omito dos xemelgos, como os Iroqueses, onde ato-pamos unha parella “ positiva/negativa “ deno-minados “estou disposto” e “o espullento” cunrol semellante ó de Abel e Caín. Dous xemelgos,fillos dun oso e unha muller primordial iniciana saga humana en varias culturas da costaoeste de Alaska. Tamén, entre os Inuit, o sol ealúa teñen a súa orixe na transformación dunirmán e unha irmá nos dous astros. Na costado Pacífico son Enumclaw e Kapoonis os gober-nantes sobre a luz e o trono. Entre os Navajo unpar de heroes guerreiros, xemelgos, resultan serfillos do sol dentro da súa saga cosmogónica.Resultan ser o “Fende_monstros” e o“Rapaz_de_Auga”. O seu pai transporta ó solpola bóveda celeste e eles rematan sendo dousheroes que percorren o mundo polo ceo. OsHurón do nordeste americano teñen a Ioskeha eTawiskara, e outras tribos falan de Gluskap eMalsum. Masewi e Oyoyevi son a parella heroi-ca entre os indios Acoma do suroeste deNorteamérica e cumpren unha función míticaequivalente á do par de “iguais recíprocos”Ariconte e Tamendonare da cultura do PoboTupinamba do brasil. Entre os Xingú, tamén doBrasil, os irmáns xemelgos Kuat e Iae fansecargo do control do sol e da lúa.

Na Melanesia atopamos a Kavinana e Karvuvu,o “sabio” e o “estúpido” respectivamente e querepresentan a dicotomía entre a vida e a morte,os aspectos positivos e negativos da existencia.Nas culturas africanas a importancia destaidea está tamén moi estendida. No antigoExipto o deus Geb e a deusa Nut son xemelgosque fican separados pola intervención do grandeus Ra que sitúa o aire entre eles. O seu rol éde complementariedade. Osiris e Set son fillosxemelgos e enfrontados, ou sexa, opostos, deGeb e Nut.

Entre os Yoruba existe a tradición da parella deirmáns, os Ibejis, que proceden dunha mullerprimordial preñada de xeito máxico, e entre osDogon de Mali a deidade Nummo é en realida-

Os petróglifos de Sandín

Nº 10 Decembro 2014 23

2 Ignacio Gómez de Liaño. ed Siruela, 1998. P.113-115

Page 24: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Artigo

24 Nº 10 Decembro 2014

de, unha parella de xemelgosmasculino e feminino. Para osFon de Benim a parella dexemelgos está formada porMawu, a lúa, e por Lisa, o sol.

Por último podemos citar o casoda tradición relixiosa dos Nuer—Val do Río Nilo, Sudán do surÁfrica— na que os xemelgosaparecen relacionados co Ceo easimilados á condición das cou-sas sacras ou superiores. Para osNuer, os xemelgos, calqueraparella deles, son paxaros que voan mal e baixo,mais en calquera caso e como todos paxaros, sonmanifestacións superiores da sacralidade.Recollido por Evans Pritchard3 a mediados doS.XX, este traballo é xa un clásico.

Mais foi o artigo4 de K. Kristiansen5 o que nosfixo pensar na relación entre a iconografía des-tes petróglifos e a ampla tradición cosmogónicacontinental na que podían ter un encaixe efecti-vo.

En efecto, dentro do corpus de narracións míti-cas celestes son moi prevalentes algúns elemen-tos como o carro, o lobo a serpe e a existencia deespazos invertidos, “arriba e abaixo” que signi-fican o amplo abano da reciprocidade posibleentre os planos ou mundos do cosmos. Unhaclara versión ou actualización deste tema é oescenificado polo ciclo invernal do antroidogalego, por exemplo, onde as figuras “superio-res” encarnadas polos Cigarróns, Peliqueiros eoutras denominacións “tocan terra” cos seustraxes ambíguos cando corresponde6.

O lobo Sköll e o seu xemelgo Hati corre traloscabalos da parella de irmáns composta poladeusa “Sól” ( no noruegués antigo) e do deusMani (a Lúa).

O cabalo é un animal sacro na tradición hindú,por exemplo, na cal representa ó sol e ó lume.Encarna o principal elemento dentro do proto-colo de sacrificio nos rituais védicos. Nos Vedas,

3 http://seminariodemetodologiadelainvestigacion.files.wordpress.com/2013/04/los-nuer-de-sudc3a1n-evans-pritchard.pdf

4 https://www.academia.edu/247786/Rock_art_and_religion

5 http://www.cirs.info/chercheurs-fiche,langue.spa-id.1101.html

6 http://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2014/02/26/publicamos-as-actas-das-i-xornadas-sobre-o-entroido-de-galiza/

Unha gran serpe de 380 m de longo semella devorar ó sol no SerpentMound Memorial en Ohio, EE.UU. Fonte: http://www.ancient-

wisdom.co.uk/americaserpentmound.htm

Parella de xemelgos, ou o porque dos cans que perse-guen ós coches. Sól e Mani perseguidos polos lobos.

Fonte:http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/51/The_Wolves_Pursuing_Sol_and_Mani.jpg/330pxThe_Wolves_Pursuing_Sol_and_Mani.jpg

Page 25: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Os petróglifos de Sandín

Nº 10 Decembro 2014 25

o percorrido, ceibe, dun cabalo e durante un anosobre un territorio pode aproveitar a un rei quepor medio da besta adquire a propiedade desarexión. Nese sentido un cabalo é unha caste de“sol _sobre_a _terra”. Os cabalos e tamén os cer-vos, tan abundantes nos petróglifos galegos,poden matar serpes as cales son inimigas do sol.O cervo, pois, e tamén é un ser relacionado cosol. Mircea Eliade7 resume a gran importanciadeste animal dentro da tradición europea.Un carro é o vehículo no que os deuses de moi-tas tradicións percorren os ceos. Posiblementeunha das mellores sínteses dispoñibles para aaproximación a esta ideoloxía e as cosmogoníasrelacionadas, sexa a que exemplifica o famosoCarro solar de Trundholm.8 Onde a besta expli-cita o seu rol de helióforo e xa que logo a súamisión fundamental.

Efectivamente, o ascenso do sol logo da inverníaé un fito anual de primeira orde polas súas con-secuencias vitais e xa que logo, simbólicas. Nocontexto atlántico9 europeo a deusa Brighid,Brigantia ou a Santa Bríxida, marca ca súafesta o comezo da fin da loita invernal aló poloprimeiro de febreiro. Trátase do coñecido Imbolccelta, unha festividade a prol da luz solar que é“axudada” no seu ascenso polas cacharelasdeste período no que tamén se enmarca aCandeloria10, do día seguinte do mes.

K.Kristiansen11 recolle antes que nos, esta ideada relación entre algunhas manifestacións

O cabalo divino transporta ó Sol. Museo nacional deDinamarka. Fonte:

http://www.museumsbutikken.dk/default.aspx?load=main&data=ProductInfo&key=180029

7 Eliade, Mircea De Zalmoxis a Gengis-Khan: religiones y folklore de Dacia y de la Europa orientalCap.IV El Príncipe Dragosh y la

caza ritual: La función religiosa del ciervo p. 150-157 Ediciones Cristiandad, 1985

8 Video e comentario sobre a peza. Museos Nacionais de Dinamarcahttp://natmus.dk/en/historical-knowledge/denmark/prehistoric-

period-until-1050-ad/the-bronze-age/the-sun-chariot/

9 Posible inscripción adicada á deusa Brighid no Báltico.http://www.rockartscandinavia.com/images/articles/per-nilsson-a07.pdf p.26

10 A Candeloria representa, dende o ano 492, o día da purificación da Virxe, logo dos 40 días posteriores ó parto. Santa Bríxida tería

axudado á Virxe e por elo a súa festa vai diante. Pola candeloria medio inverno fora, di o refraneiro popular galego. (múltiples variantes)

11 A Candeloria representa, dende o ano 492, o día da purificación da Virxe, logo dos 40 días posteriores ó parto. Santa Bríxida tería

axudado á Virxe e por elo a súa festa vai diante. Pola candeloria medio inverno fora, di o refraneiro popular galego. (múltiples varian-

tes))

Gravado rúnico escandinavo, older futhark, ondesegundo os expertos ficaria o nome de "Braido ouBrajdo" e cuxo significado sería "a mais grande" ou "aexcelsa" ou "digna". Epítetos semellantes ós escolli-dos para a deusa Brighid. Per Nilsson (ex ArthurNorden 1925)http://www.rockartscandinavia.com/images/articles/per-nilsson-a07.pdf p.26

Page 26: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Artigo

26 Nº 10 Decembro 2014

europeas da arte rupestre e o mito dos xemelgosdivinos, celestes ou heroicos que, como vemosteñen unha grande prevalencia dentro das tra-dicións humanas, das que poderiamos dicir queesta idea ven “ de serie” dende algúntempo moi remoto.

O autor indica que o mito dos xemelgosdivinos simbolizado polos barcos xemel-gos é un motivo común nas expresiónssobre rocha ou metal e que pode adscri-birse á idade do bronce.

By establishing a correlation betweentext and material culture the DivineTwins could be safely dated to theBronze Age in Europe. It could bedemonstrated that twin ships is a com-mon motive on metalwork and rock art.(Kristiansen 2010 .p99)

E tamén que, dada a súa localización enmoitas áreas de todo o continente,debeu ser una idea ou motivo comúnnas sociedades do vello continentedurante a idade do bronce.

It suggests that the symbolism linked to theDivine Twins was already widespread from theearly Bronze Age (Pasztor 2008, Vianello 2008).(Kristiansen 2010 .p100)

As tradicións sobre este tema transmiten a ideade reciprocidade, equivalencia e dualismo ago-nístico. Os espazos invertidos, antitéticos, aco-modados no programa ideolóxico de moitas cul-turas, constitúen tamén unha ferramenta sim-bólica manexada tanto sincrónica como diacro-nicamente. Porque, lembremos, a culturaentendida como manexo dunha interface simbó-lica é un proceso crónico para a humanidade.Na seguinte figura podemos ver a representa-ción mitificada do ciclo solar gravado sobre dife-

rentes coitelas da idade do bronce12. As formassinuosas e as parellas de inversos forman partedo xogo semiótico ou de contidos no que semellaser un deseño estandarizado.

Comparen, se lles parece, a imaxe dun cabaloque aparece no sitio do museo danés coa docabaliño da beira do Támega do que falamosmáis adiante.

12 Dirección do sitio en internet na foto.

http://natmus.dk/en/historical-knowledge/denmark/prehistoric-period-until-1050-ad/the-bronze-age/the-sun-chariot/the-journey-of-the-

sun-across-the-sky/

Fonte: Museos Nacionais Daneses

http://natmus.dk/en/historical-knowledge/denmark/prehistoric-period-until-1050-ad/the-bronze-age/the-sun-chariot/the-journey-of-the-sun-across-the-sky/

fonte:http://natmus.dk/typo3temp/pics/50a27bb07a.jpg

Page 27: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Así pois é posible que os petróglifos de Sandín13,Monterrei, Ourense, estén dando conta da exis-tencia dunha versión destes mitos sobre xemel-gos celestiais, ou heroes fundadores. Pode serque a súa vontade evidente de expresar recipro-cidade ou a percepción da existencia de “planos”fluídos, inversos e reflectidos un do outro, esteaindicando dende tempos remotos que o solargalego acolleu sociedades relacionadas cultural-mente co resto do continente e co resto domundo. O verdadeiramente anómalo sería quenon fose así.

Por exemplo pode verse como na figura 6.5 dasque recolle Kristiansen os autores plasmaron exestionaron graficamente a idea da “inversión”dos planos da existencia dentro dun contextomitolóxico ou dun “espazo mitolóxico”. Formassinuosas, serpentiformes; cabalos e barcos;parellas de figuras. Barcos solares exipcios refe-rendando o contido do mito e a súa omnipresen-za.

A moi pouca distancia, tamén no Támega temosesta outra figura “xurdida” durante os traballosde investigación do proxecto Alto Támega. Moiprobablemente é un cabalo e tal como vemos,pode ser que sobre o seu lombo viaxe o sol ou alúa.

Estilisticamente pode verificarse unha notablesimilitude entre algunhas das formas escollidasnos petróglifos de Sandín e arredores como ocabalo do penedo das pisadiñas e outros amosa-dos polos autores escandinavos e que están,segundo eles, exercendo como vehículo do con-cepto fundamental de “similares opostos”.Tampouco podemos obviar a existencia dalgun-ha caste de relación entre outros motivos, comoxa puxemos de manifesto na entrada referida ópetróglifo das Cuncas ou as Ferradas en Vences,Santabaia, tamén do Concello de Monterrei etamén obxecto de estudo dentro do ProxectoAlto Támega:

http://sociedadeantropoloxicagalega.word-press.com/2013/12/09/o-petroglifo-das-cuncas-ou-as-ferradas-the-yorkshire-conection/

É por elo que propoñemos a plausibilidade deque estes, emprazados no interior ourensán,estean a dar conta da existencia dunha cosmo-gonía tributaria do gran ciclo cosmogónico euro-peo durante a idade do bronce e confluente, ásúa vez, cunha tradición estendida por todos oscontinentes habitados.

Os petróglifos de Sandín

Nº 10 Decembro 2014 27

13 Fotos rexistro do petroglifo o penedo do mouro sandin-flariz, monterrei, en facebook. Proxecto Alto Támega

https://www.facebook.com/media/set/?set=a.834807006537615.1073741859.508904632461189&type=1

Figura 6.5 do artigo de K. Kristiansen. Rock art andreligión. The sun journey in Indo-European mythologyand Bronze Age rock art.Fonte:https://www.academia.edu/247786/Rock_art_and_reli-gion

https://www.facebook.com/AsociacionCulturalAltoTamega/photos/pcb.835719586446357/835718529779796/?type=1

Page 28: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Artigo

28 Nº 10 Decembro 2014

Xigantes antropófagos, antigas deusas que per-viven na memoria dos homes, trasnos rebuldei-ros… Estes, e algún máis, son algúns dos perso-naxes cos que vos poderedes atopar se andadesestes días pola Universidade de Deusto. E é quea Cátedra de Estudos Galegos, en colaboracióncon Deusto Campus Cultura e EuskalIrakaslegoa, vén de botar a andar a exposiciónLekuan-lekuko Mitoloxías, unha aproximaciónás mitoloxías vasca e galega a través de variosdos personaxes partillados por ambas as dúasculturas. A exposición componse de varios des-eños realizados expresamente para a ocasiónpolo debuxante José Ángel Ares, e que se com-pletan con outros tantos textos comparativoselaborados polo estudantado de EuskalIrakaslegoa e coas observacións achegadas pordous especialistas na materia como ManuelEtxeberria e Rafael Quintía.

A exposición estará dispoñíbel no claustro daUniversidade de Deusto do 7 ao 21 de maio, deluns a venres e en horario continuo. O acceso,como decote, é libre e gratuíto, e todos os textos

contan con versión en galego, éuscaro e caste-lán.

AASS MMOOUURRAASS EE AA MMAARRII

As Mouras son fermosas e elegantes mulleresmitolóxicas de Galiza, que habitan principal-mente nas montañas e que son nomeadas de

""LLEEKKUUAANN--LLEEKKUUKKOO.. MMIITTOOLLOOXXÍÍAASS""..MMIITTOOLLOOXXÍÍAA CCOOMMPPAARRAADDAA DDEE EEUUSSKKAADDII EE GGAALLIICCIIAA

O antropólogo da SAGARafel Quintía colaborou coaCátedra de EstudosGalegos da Universidade deDeusto asesorando na expo-sición "Lekuan-lekuko.Mitoloxías", unha mostraen clave comparativa dealgúns dos seres míticosmáis salientables das mito-loxías galegas e vasca.Unha vez concluído o cursoacedémico achegamos nonoso boletín os textos e ilus-

tracións da exposición asícomo a presentación quedesta mostra fixo o responsa-ble da Cátedra de EstudosGalegos Paulo O´Lema noblog http://galegoeneuskalhe-rria.wordpress.com. A exposi-ción contou coas ilustraciónsdo debuxante José Ángel Aresque reproducimos neste arti-go. O meu agradecemento aPaulo O´Lema polo envío domaterial para este artigo.

AASS MMIITTOOLLOOXXÍÍAASS VVAASSCCAA EE GGAALLEEGGAA,, PPRROOTTAAGGOONNIISSTTAASS NNAAUUNNIIVVEERRSSIIDDAADDEE DDEE DDEEUUSSTTOO

Page 29: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

moitas e diversas maneiras. Teñen os cabelosloiros e a pel branca, e son moi sedutoras. Amiúdo levan sobre a cabeza grandes pedras conque construíren as súas moradas. As Mourasgardan fermosos tesouros, e desposúen das súasriquezas a todos aqueles que ousen romper assúas bruxarías e sortilexios.

Tamén en Euskal Herria existe un ser seme-llante: Mari. Este é o seu nome máis coñecido,sen dúbida, malia ter moitos outros. Ela é oxenio máis importante da mitoloxía vasca.Elegante e fermosa, ao igual cás Mouras gale-gas, é considerada a personificación femininada Terra. Tamén Mari ten o pelo loiro e pasa osdías ao sol, a se peitear. Nisto tamén se seme-llan as Mouras e Mari.

Disque Mari habita as covas e simas das mon-tañas vascas (Anboto, Gorbeia…), e que a xenteacode a ela na procura de axuda.

ANEXOMari é unha deusa precristiá, númen de consul-ta para os habitantes de Euskal Herria. É aexpresión da Nai Terra e da natureza. Apareceno interior das covas, e viaxa dunhas a outrasvoando entre linguas de lume. Nas proximida-des do monte Gorbeia cóntase que, ao chegar aprimavera, Mari parte da cova Supelegor, enItxiña, para se dirixir ás covas do Anboto, ondepermanecerá até o tempo da colleita, e regresardespois a Supelegor para pasar o inverno, men-tres a terra está en letargo. É así como se expli-ca etioloxicamente o ciclo anual da natureza.Así mesmo, Mari é xuíza do ben e do mal.Amósase condescendente con quen acode a elade boas maneiras, mais é moi severa con quenleve malas intencións.

A Era Cristiá foi desprazando os anteriores per-sonaxes míticos, mais o pobo conservounos, emesmo creou outros novos. En Mari temos omeirande expoñente do matriarcalismo vasco.No tocante ás Mouras, teñen, entre outras, acapacidade de se converteren en serpe (aspecto

que mesmo perviviu na toponimia galega).Adoitan sentar á beira dun río para peitear assúas douradas melenas cun peite de ouro (ele-mento que ten aparecido nos enxovais das tum-bas megalíticas), e tamén é frecuente velaspondo os seus tesouros nunha rocha, ao sol. Asmouras, en efecto, gardan riquezas nas covas elugares montesíos que habitan. Iso atrae aambición de moitas persoas que, de traizoaren asúa confianza, poden pagalo coa vida.

Nas Mouras encontramos a pervivencia dunhaantiga gran deusa feminina, que recibe nomescomo A Moura, A Vella, A Orcavella… De feito,a idea de a Moura transportar pedras sobre acabeza convértea, no imaxinario tradicionalgalego, na construtora de numerosos megálitosexistentes en Galiza. Este dato demostra aenorme antigüidade deste personaxe.

MMOOUURRAASS EETTAA MMAARRII"Mouras" edo Mourak Galiziako emakumemitologiko eder eta dotoreak dira. Mendietanbizi dira, batez ere. Izen asko eta ezberdinakdituzte.

Ile horia eta azal zuria daukate. Gainera,limurtzaileak dira. Errekaren ertzean esertzendira eta egun osoa ilea garbitzen eta orraztenematen dute.

Bere buru gainean harri handiak eramatendituzte bere etxeak egiteko.

"Mourek" altxorrak gordetzen dituzte,eta aabbee--rraassttaassuunnaakk ebasten dizkiete bere sorginkeriaapurtu dutenei.

Euskal Herrian ere badaukagu bere antzekoa,Mari. Izen ugari hartu ditu honek ere, bainaezagunena Mari da. Bera da euskal mitologia-ko "jeinu" garrantzitsuena . Oso dotorea etaederra da, Galiziako "Mourak" bezala; gainera,lurraren andrezko pertsonifikazioa da.

Marik ere Ile horia dauka, eta egun osoa eguz-

LEKUAN-LEKUKO. MITOLOXÍAS

Nº 10 Decembro 2014 29

Page 30: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

kiaren azpian bere ilea orrazten pasatzen du.Horretan ere, berdin aritzen dira Mourak etaMari.

Mendietako haitzuloetan -Anboton,Gorbeian,…- bizi omen da Mari, eta jendea berarenganajoaten da laguntza eskatzera."

GEHIGARRIAMari, kristau aurreko jainkosa dugu. Kontsultanumena herritarrentzat. Lur barru eta natura-ren ezaugarria da. Kobazuloetan egiten ditubere agerraldiak eta kobazulorik kobazulo dabilbatetik bestera hegaz garra dariola.Gorbeialdean, udeberrian Itzinako Supelegorkobazulotik Anbotokora joaten da eta han ego-ten da harik eta uztak lortu arte eta gero joatenda berriro Supegorrera negua ematen naturalozorroan dagoen bitartean. Horrela azaltzenda etiologikoki, naturaren urteroko zikloa.

Mari, ongia eta gaizkiaren apaile ere bada.Onezean doanarekin laguntzaile agertuko da,baina txarrezean doanarekin zorrotza izangoda.

Kristauaroak, aurreko pertsonai mitikoak baz-tertu egin ditu baina herriak, mito bezala bainoez bada ere, aipatu egiten ditu, eta bizitzarenjoanean berriak sortu ere bai. Mari, euskalmatriarkalismoaren ezaugarririk handienadugu.

En cuanto a las Mouras, tienen, entre otras, lacapacidad de convertirse en serpiente (esteaspecto incluso ha pervivido en la toponimia).Acostumbra a sentarse a orillas de un río parapeinar sus doradas melenas con un peine de oro(este elemento ha aparecido en los ajuares delas tumbas neolíticas). También es frecuenteverla poniendo sus tesoros en una roca, al sol.Las mouras, en efecto, guardan riquezas en lascuevas y lugares montesíos que habitan. Esoatrae la ambición de muchas personas. Si trai-cionan su confianza, pueden pagarlo con lavida.

En las mouras encontramos la pervivencia deuna antigua gran diosa feminina, que recibenombres como A Moura, A Vella, A Orcavella…

De hecho, la idea de que A Moura transportapiedras sobre su cabeza la convierte, en el ima-ginario tradicional gallego, en la constructorade los numerosos megalitos existentes enGalicia. Este dato da prueba de su enorme anti-güedad.

OOLLLLÁÁPPAARRAA EE TTÁÁRRAATTAALLOOO Olláparo e mais o Tártalo son xigantes cíclo-pes. O Olláparo vive nos montes de Galiza,mentres que o Tártalo habita nos de EuskalHerria. O acubillo de ambos os dous son ascovas e mais as cavernas. Ás veces, os libros demitoloxía aseguran que o Olláparo mesmo tenun segundo ollo na caluga, un ollo terríbel, coque é quen de invocar terríbeis maldicións.

Tanto o Tártalo vasco como o Olláparo galegoson antropófagos, ou sexa, ambos os dous comenpersoas, aínda que tamén animais. A mitoloxíadescríbeos como selvaxes e voraces. Canda osOlláparos adoitan vivir as femias da súa espe-cie, as Olláparas, aínda máis mesquiñas e des-piadadas.

Artigo

30 Nº 10 Decembro 2014

Page 31: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Estos dous personaxes mitolóxicos poderíanprovir da Grecia clásica, e son nomeados confrecuencia nas lendas máis antigas.

AAccoottaacciióónnss ""eessppeecciiaalliizzaaddaass""Segundo José Miguel Barandiaran, aínda que omito dos tartalos poida provir de Grecia, os vas-cos desenvolveron a súa propia versión. O per-sonaxe aparece na Odisea de Homero, mais osvascos mudáronlle o nome por Tartalo, que pro-cede á súa vez do grego tartaro. Para os gregos,o Tártaro era un lugar que se encontraba aunha profundidade aínda maior có mesmísimoInferno, e era alí onde vivían os cíclopes, inclu-ído o Polifemo de Ulises. Os vascos adoptaronese mito a través de certos complementos. Porexemplo, o par que forman na Odisea Polifemoe Ulises transfórmase no de Perutxu e oTártalo. Cando Perutxu cega o Tártalo cuntizón, o xigante poralle ao heroe un anel querepita "Aquí estou! Aquí estou!", e así, aíndaque non o vexa, escoitará cara a onde é que foxe.Perutxu, porén, conseguirá guindar o anel aomar, e Tártalo morrerá afogado.

Cómpre sinalar que a figura do xigante cíclopeexiste en máis mitoloxías para alén das clási-cas. Na mitoloxía céltica salientan personaxessimilares ao Tártalo e ao Olláparo (ou Ollapín),como Balar, deus xigante da antiga Irlandaposuidor dun único ollo na fronte e outro nacaluga de mortal mirada, ou YspadaddenPenkawr, de características similares e queaparece nun dos máis arcaicos textos artúricos,"Kulhwch e Olwen". Hai, xa que logo, un fondoindoeuropeo para este tipo de figuras mitolóxi-cas.

OOLLLLÁÁPPAARROO EETTAA TTAARRTTAALLOO"Olláparo" eta "Tartalo" "ziklope" erraldoiakdira. Olláparo Galiziako mendietan bizi da etaTartalo,berriz, Euskal Herrikoetan. Berenaterpeak kobazuloak dira. Biek begibakarradute bekokiaren erdian, hain zuzen ere.

Batzuetan, mitologiako liburuetan, Olláparo

kokotean beste begi bat duela agertzen da; etabegi hori beldurgarria da, "begikoa" eman deza-ke-eta.

Bai Euskal Herriko Tartalo, eta bai GaliziakoOlláparo, antropofagoak dira biak; hau da, biekpertsonak eta animaliak jaten dituzte, eta osobasatiak eta jatunak omen dira.

Ollaparoekin batera, Ollaparak ere bizi omendira, emeak, eta arrak baino basati eta okerra-koak omen dira.

Pertsonaia mitologiko hauek Grezia klasikotikdatoz, eta elezaharretan agertzen dira.""

GEHIGARRIAOn Jose Miguel Barandiaranen esanetatik,Tartaloren mitoa Greziatik etorri arren, geureegin dugu Euskal Mitologian. HomerorenOdisea liburuan agertzen da pertsonaia hau,baina euskaldunok izena aldatu diogu. Taltalo," Tartaro" hitzetik dator. Tartaroa, grekoentzatHades inpernua baino barruragoan zegoen tokiizen bat da eta han bizi ziren ziklopeak, Ulises-en Polifemo euren artean.

Gainera, euskaldunok moldatu egin dugu mitohori eransketak eginez. Esaterako, PolifemoriUlises-ek, gurean Tartalori Perutxuk, ilintibatekin begi bakarra usten dionean, gureTartalok, " hemen nago-hemen nago" hitz egi-ten duen eraztun bat jarriko dio Perutxuri,ikusi ez arren entzuteko norantz alde egitenduen jakiteko. Baina, Perutxuk itsasora botakodu ha eraztuna eta Tartalo ito.

En la mitología céltica destacan figuras simila-res al Tártalo y al Olláparo (u Ollapín), comoBalar, dios gigante de la antigua Irlanda posee-dor de un únido ojo en la frente y otro en la nucade mortal mirada, o Yspadadden Penkawr, desimilares características y que aparece en unode los más arcaicos textos artúricos, "Kulhwchy Olwen". Hay, por tanto, un fondo indoeuropeopara este tipo de figuras.

LEKUAN-LEKUKO. MITOLOXÍAS

Nº 10 Decembro 2014 31

Page 32: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

RROOLLDDÁÁNN EE EERRRROOLLÁÁNNRoldán foi sobriño de Carlomagno, e salientounas loitas contra os mouros.

En Euskal Herria, as tropas de Carlomagnoincendiaron Pamplona na súa retirada aFrancia desde a península. Os vascóns déronllemorte a Roldán na batalla de Ibañeta, e foi apartir de aí que xurdiu o mito ao redor destepersonaxe, tanto nas mitoloxías vasca e galegacomo nas do conxunto de Europa.

Na mitoloxía vasca, Errolan preséntasenoscoma un personaxe daniño e malvado, pois é unxigante que arrebola rochas enormes contracampesiños e viaxeiros, dunha montaña a outraou dun val a outro. En moitos lugares de EuskalHerria atopamos diversos penedos denomina-dos "Rochas de Errolan", moitas delas en formade dolmen.

Porén, en Galiza, Roldán é considerado unheroe. Segundo parece, chegou canda os solda-dos do emperador francés, xunto cos que loitoupara expulsar os mouros. A súa fama foi tal queos paisanos o nomearon santo. É por iso quenalgúns lugares se lle outorgan poderes máxi-cos, ou ben a graza de obrar milagres. Cóntase,por exemplo, que en certa ocasión se namoroude tres Mouras, ás que seica converteu en pedradespois de tentar alcanzalas sen éxito.

ANEXODisque a lingua é o espello da vida, e velaquíunha mostra: a orixe da palabra vascaerraldoi('xigante'). Aínda que o Roldán de Carlomagnofose un homazo varudo, a súa grandeza conver-teuse en mito en toda Europa a raíz da súamorte en Roncesvales. Na zona de Navarra,pasou de Erroldane ao actual erraldoi (vocábu-lo vasco que se corresponde co castelán "xigan-te"), un termo que, a través do éuscarobatua,acabou empregándose no conxunto de EuskalHerria. Malia non estar ben clara a orixe destapalabra (que conta con diversas variantes porEuropa adiante), semella provir do antigo xer-mánico, nomeadamente da formaHruodalhandus. Talvez.

Na tradición galega, Roldán é un heroe cristián(por contraposición aos mouroscontra os queloita, trasunto da antiga raza mítica poboadorade Galiza). Aínda así, ten aparencia de xigantee é quen de deixar a marca das súas pegadassobre a dura pedra. Atribúeselle, ademais, aorixe de determinadas rochas peculiares, aschamadas "Penas de Roldán". Na lenda en quepersegue as tres mouras detectamos en Roldánunhas connotacións negativas: as mouras, defeito, prefiren converterse en cuarzo que serenraptadas polo xigante.

RROOLLDDÁÁNN EETTAA EERRRROOLLAANNKarlomagnoren iloba izan zen Roldan, eta mai-ruen aurka borrokatu zen.

Euskal Herrian, Karlomagnoren tropak Iruñaerre zuten, penintsulatik Frantziarako bidean.Euskaldunek Roldan hil zuten Ibañetako borro-kan, eta geroztik, mitoa sortu zen pertsonaiahonen inguruan,Europako mitologian bezala,Euskal Herriko eta Galiziako mitologian erebai.

Euskal Mitologian, "Errolan" pertsonaia kalte-garri edo gaizto modura azaltzen zaigu; hau da,erraldoi bat da eta mendi batetik bestera edoaran batetik bestera harritzarrak botatzen diz-

Artigo

32 Nº 10 Decembro 2014

Page 33: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

kie nekazari eta ibiltariei. Euskal Herriko lekuaskotan topatzen ditugu "Errolanen harriak",asko eta asko , trikuharri itxurakoak.

Galizian, ordea," Roldán" heroia da.Dirudienez, enperadore frantziarraren solda-duekin iritsi zen eta mairuak botatzeko borro-ka egin zuten. Hain ospetusua izan zen, herri-tarrek Santu bihurtu baitzuten. Horregatik,leku batzuetan ahalmen magikoak dauzka,edo mirariak egiten ditu. Adibidez, behin"moura batzuei "-euskaldunon "Mari"renpareko jeinu galiziarrak-aurre egin zien, etaharrapatu ezin zituenez, harri bihurtu omenzituen.

GEHIGARRIAHizkuntza bizitzaren ispilua dela esaten daeta hona hemen " erraldoi(gazt. gigante)" hitzanondik datorkigun. Karlomagnoren"Erroldane", gizontzar idartsua izan arren,Orreagan erori zen eta handik gerora mitifika-tu egin zen bera handitasuna Europan eta"Erroldane" izatetik gaurko "erraldoi" izaterabilakatu da Nafarroa aldean lehenengo etagaur egun, euskera batuari esker, Euskal Herriosoan. Hitz honen jatorria ez dagoargi.Bariante asko ditu Europan zehar.Germaniko zaharretik datorrela dirudi,"Hruodalhandus"-etik haiz zuzen. Baliteke.

En la tradición gallega, Roldán es un héroe cris-tiano (por contraposición a los mouroscontra losque lucha, trasunto de la antigua raza míticapobladora de Galicia). Aun así, tiene aparienciade gigante y es capaz de dejar la marca de suspisadas sobre la dura piedra. Se le atribuye,además, el origen de determinadas rocas pecu-liares, las llamadas "Penas de Roldán". En laleyenda en la que persigue a las tres mouras, sedetecta en Roldán unas connotaciones negati-vas: las mouras, de hecho, prefieren convertirseen cuarzo (piedra mágica en Galicia) antes queser raptadas por el gigante.

TTAARRDDOO EE IIRRAATTXXOO

O Tardo é unser pequenoque habita nosbosques deGaliza, enlugares som-brizos. Éverde e pelu-do, e ás noitessae da súagorida, aché-gase ás casas esenta enriba

das persoas que están a durmir. Mais non émalo; en realidade, só é un fedello. O Tardopode adquirir forma de humano ou de animal, eé invisíbel, agás para os cans e os gatos. Existeun xeito eficaz de se librar destas criaturas:abonda con encher unha cunca con grans e dei-xalo na cociña. O Tardo botará a noite enteiratentando contalos, mais, como só sabe contaraté tres, nunca poderá acabar e deixará os dacasa tranquilos.

O Iratxo de Euskal Herria, ao igual có Tardogalego, sae de noite e tamén vive en lugaressombrizos. O Iratxo tampouco é malo, aínda quesi traste. Axuda as persoas honradas, mais róu-balles a aqueles que conseguen diñeiro de xeitofraudulento. O Iratxo tamén ten costume de setransformar en animal ou en humano.

AAccoottaacciióónnss ""eessppeecciiaalliizzaaddaass""::O personaxe do Iratxo representa varias dasensinanzas do antigo mundo vasco. Para come-zar, o feito de que saia pola noite non é un deta-lle trivial. Na antigüidade vasca sempre se llegardou un certo temor á noite, que é candoemerxen os seres míticos e tamén os enigmas emais as desgrazas das que xorden os mitos etio-lóxicos. Por outra banda, nas historias que pro-

LEKUAN-LEKUKO. MITOLOXÍAS

Nº 10 Decembro 2014 33

Page 34: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

tagoniza, o Iratxo convértese en xuíz do ben edo mal, un intérprete do coñecemento humano.Ademais, cómpre lembrar que, se un deixa enpaz o Iratxo, este non adoita ser malvado, maisquen o provoque… que ande con tino! "A quenanda en paz, mellor déixao estar"!

No tocante ao Tardo (chamado tamén manga-mazas, abutardo ou caxancán), confúndese ásveces con outras figuras do imaxinario galegocomo o trasno ou o diaño burleiro, pois as súasfalcatruadas son similares e teñen como víti-mas, sobre todo, ás persoas que camiñan denoite. No ámbito doméstico, un bo xeito de nosprotexermos das súas trasnadas é durmir cuncan ou cun gato, ou ben deixarlle un nobelo ávista para que se entreteña con el. A súa espe-cial afección por sentar no peito das persoa quedormen (premendo nel e provocándolles así ospesadelos) podería unha explicación popular atrastornos como a parálise do sono. Segundounha etimoloxía popular recollida por XaquínLorenzo, cando Deus rematou de crear o mundoentrou no Ceo e chamou polos anxos para queentrasen. Foron entrando todos, e ao final Deusexclamou "Sursum corda!" e as portas do Ceopecháronse. Mais ficou fóra un anxo que, portardón, endexamais puido entrar: de aí o seunome, tardo.

TTAARRDDOO EETTAA IIRRAATTXXOO"Tardo Galiziako basoetan dabilen izaki txikiada; berdea da eta ile asko ditu. Itzailzuloetanbizi da. Gauez ateratzen da, etxeetara sartzenda, eta lotan daudenen gainean jesartzen da;baina ez da txarra, bihurria baizik. Gizaki zeinanimaliaren itxura hartu ahal du. Ikustezinada eta txakurrek eta katuek baino ezin duteikusi.Modu bat omen dago izaki hauen "erasoe-tatik" libratzeko: sukaldean katilu bete bihiutziz gero, Tardok, jakin minez, gau osoaemango du ale horiek zenbatu nahian, baina 3baino ez dakienez zenbatzen, ezin izango duzenbaketa amaitu, eta lasai utziko omen dituetxekoak.

Euskal Herriko Iratxo ere, Tardo galiziarrabezala, gauez ateratzen da, eta hau ere itzalzu-loetan bizi da. Bere kide galiziarraren tanke-ran, Iratxo ere ez da txarra, baina bihurriabai; jende onari laguntzen dio, eta modu des-egokian dirua lortzen dutenei, berriz, lapurtzendie. Eta honek ere itxuraz aldatzeko ohituraomen du, gizakiren eta animaliaren antza har-tuaz."

GEHIGARRIAIratxo pertsonaiaren irakasbidean, besteakbeste, hiru gauza aipa ditzakegu euskal mundozaharraren herri-hezkuntzan. Batetik, gauezirtetzearena: Euskal Herri zaharrak beti izandio errespetua gauari, gauez agertzen omenzirelako pertsonai mitikoak eta edozein ezbe-har edo eta enigma interpretatzeko sortzenziren mito etiologiko guztiak. Bestetik: Iratxo,gizarte-jokaeraren ongia eta gaizkiaren epailebezala ere agertzen izan zaigu. Eta azkenik,Iratxo bakean utziz gero ez omen da gaizkilebaina bere atzean joanez gero kontuz! Bakeandabilenari bakean utzi!

En cuanto al Tardo (también llamado manga-mazas, abutardo o caxancán) , a veces se con-funde con otras figuras del imaginario gallegocomo el trasno o el diaño burleiro, pues sus tra-vesuras son similares, y afectan sobre todo a loscaminantes nocturnos. En el ámbito doméstico,una buena forma de protegerse de sus fechoríases dormir con un perro o un gato al lado, o biendejarle un ovillo a la vista para que se entreten-ga con él. Su especial afición por sentarse en elpecho de las personas que duermen (oprimién-dolo y provocándoles así las pesadillas) podríaser una explicación popular a trastornos comola parálisis del sueño. Según etimología popularrecogida por Xaquín Lorenzo, cuando Dios ter-minó de crear el mundo entró en el Cielo yllamó a los ángeles para que entrasen. Fueronentrando todos, y al final Dios exclamó "Sursumcorda!" y las puertas del Cielo se cerraron. Perose quedó fuera un ángel. Por tardón, ese ángeljamás pudo entrar: de ahí su nombre, tardo.

Artigo

34 Nº 10 Decembro 2014

Page 35: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Vén de constituirse o Fuso da Moura, un grupo de estudo promovido polo investigador AlberteAlonso e que nace ao abeiro da SAGA co fin de estudar, catalogar e dar a coñecer o descoñecidomundo das pedrafitas galegas, a grandes esquecidas do megalitismo na nosa terra. O grupo estáconstituído polos seguintes investigadores:

• Alberte Alonso: investigador de pedrafitas, colaborador da SAGA e autor da monografía "Ouso das pedrafitas no neolítico galego. Estudo das pedrafitas de uso astronómico e das pedra-fitas fálicas"

• Moncho Boga: experto en megalitismo e director do museo de Cambre. Recomendamos o seuexcelemte blog:

• Angel Gilberto: fotógrafo, colaborador da SAGA e investigador do folclore galego• José Antonio Gavilanes: estudoso da arte rupestre de Ourense, grande catalogador de patri-

monio, colaborador da SAGA e autor da monografía "Petróglifos inéditos das comarcas deOurense e Allariz-Maceda"

• Rafael Castro, inxeñeiro forestal e gran coñecedor da comarca do Alto Támega

O grupo conta ademais coa colaboración dos membros da SAGA o antropólogo Rafael Quintía e oTécnico Medioambiental e etnógrafo Miguel Losada.

A continuación reproducimos a crónica feita por Alberte Alonso do nacemento deste grupo de inves-tigación e das súas orixes:

Nos meses de verán do 2014, o colega e compañeiro Ángel Gilberto comentoume a idea,unha proposta sinxela mais moi directa, na cal concordaban arelas de pasados tempos,esto é, crear un foro virtual de persoas sensibilizadas coas pedrafitas que podan inter-cambiar información, propostas e liñas investigativas aproveitando as novas posibilida-des de comunicación de que nos ofrecen os dispositivos de telefonía móbiles.

Cando aínda o waspap non aparecera e as redes sociais aínda non tiñan o peso actual,lembrome do chat de internet "Fuso da Moura" onde, aló polos primeiros anos desteséculo, compañeiros e amigos varios —como Dannan, Xoel, Manolo Camba e o prodixio-so Moncho Boga, mais este servidor— tíñamos conversas na rede relacionadas coasnosas pedrafitas galegas. Daquela deseñamos listaxes de pedrafitas, publicamos asexperiencias dalgunha saída de campo e mesmo tamén falouse do posíbel nacementodunha asociación galega para a defensa, investigación e posta en valor das Pedrafitas,cuestión na que moitas veces veño cismando. Deuse daquela a orixe do noso berro deloita: A ERGUELAS!!!, querendo, deste xeito combater o esquecemento e desleixamen-to destes ancestrais monólitos.

Nesta nova época o FUSO DA MOURA, grupo de investigación comunicado a través doforo de wassap, está composta por: Moncho Boga, Ángel Gilbero, Antonio Gavilanes,Miguel Losada, Rafa Castro, Rafa Quintía e Alberte Alonso.

Podo testemuñar a marabillosa aprendizaxe recollida de todos os membros do Fuso daMoura. Os datos valiosos que aportan os seus integrantes, son para o xeral coñecemen-

Novas

Nº 10 Decembro 2014 35

NNAACCEE OO FFUUSSOO DDAA MMOOUURRAA

Page 36: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

to do mundo das Pedrafitas e o ámbito cultural en xeral de Galicia dunha grande valía,aportacións de moito mérito que en conxunto todos os membros, aproveitamos pararecompoñer e deseñar mellor futuros traballos que poidan ver a luz por diferentes vías.Unha desas vías de publicación é a SAGA, grazas á formidable vinculación que aSociedade Antropolóxica Galega mantén co Fuso da Moura, pois dous dos seus cargosde máxima responsabilidade —os antropólogos Rafa Quintía e Miguel Losada— ficanintegrados e aportan ideas, coñecementos e experiencias froito das súas viaxes e inves-tigacións. Pola nosa banda, os membros do Fuso da Moura, tamén cumprimos funciónsde colaboración coa SAGA, Antonio Gavilanes, Ángel Gilberto Papigil, Rafa Castro,Moncho Boga e este servidor somos quen de poder afirmar e sentir o arroupamentoaxeitado dentro do ámbito cultural galego, representado nesta prestixiosa Asociaciónpensante e prácticante do Galego e para Galicia e a súa antropoloxía, orixe e prehisto-ria.

Alberte Alonso

Para afondar máis no coñecemento e valorización deste tipo de megalitos, no Caderno deCampo inauguramos a sección "O Fuso da Moura", onde iremos dando a coñecer algúnas des-tas pedrafitas que podemos atopar no territorio galego: Velaí a primeira entrega coa informa-ción e fotografías achegadas polo investigador Ángel Gilberto.

Novas

36 Nº 10 Decembro 2014

O "Marco do Monte Medela", localizado a 388 m. de altitude, establece o límite

entre as freiguesías de Paderne e Loureda (concello coruñés de Oza-Cesuras).

Fco. Vales Villamarín escribíu sobre el nun artigo de 1.970 publicado no Anuario

Brigantino onde indica da súa posible orixe dolménica como esteo dunha anta.

Ao seu carón ubícase a capela de San Xoán de Coto onde no dintel do seu aceso

podemos ler grabada a data de 1.793. No lugar celébrase unha romería na honra

de San Xoán Bautista.

A este marco-pedrafita atribúenselle propiedades milagreiras e curativas.

MMaarrccoo ddoo MMoonnttee MMeeddeellaa

MMaarrccoo ddee SSaann LLoouurreennzzoo

O "Marco de San Lourenzo" establece límite entre os concellos de

Fene/Cabanas (A Coruña) así como entre catro feligresías: San

Mamede de Laraxe, San Salvador de Maniños, Sta. Olaia de

Limodre e San Martiño do Porto. Acubillábase antigamente no inte-

rior da pequena capela de San Lourenzo construída no enclave,

actualmente desaparecida, e da que dan constancia tanto a memo-

ria popular como o Catastro de Ensenada.

A función liminal desta pedrafita vese enriquecida polo folclore que

se desenvolve ao seu redor, rituais de carácter curativo e protector

que se veñen practicando desde antigo e que se desenvolven

aínda na actualidade. Esto fai que o "Marco de San Lourenzo" se

constitúa nun dos nosos tesouros antropolóxicos e etnográficos

que se manteñen vivos.

*Coordenadas de ubicación:

-Xeográficas 43º9´57.2´´N 8º15´50.1´´O

-UTM 559834 4779501

*Coordenadas de ubicación:

-Xeográficas 43º26´25.6´´N 8º10´22.8´´O

-UTM 566921 4810061

Page 37: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Nunha colaboración do compañeiro da SAGA caAsociación Mar de Noia "Museo do Mar" estaseultimando a composición do libro de fotografíasque reflicte o traballo desenvolvido a prol dacultura da beiramar en Galicia. Nesta ocasión omundo do berberecho e o marisqueo, unhaactividade ca muller como protagonista.

A SAGA, como entidade, colabora activamenteneste proxecto aportando un texto introdutorioe colaborando na presentación pública que sexanecesaria unha vez impreso o volume. Partimosda premisa de que sendo a xente a portadoranatural da cultura, esta non pode subsistir sen

a complicidade dos seus axentes: as persoas.Por elo resulta fundamental alimentar conimaxes ós axentes culturais, as persoas, fomen-tando o coñecemento do alcance e contorno dapropia imaxe colectiva para que os cidadánspoidan sentírense identificados dentro do seusistema e cultural e poidan colaborar no mante-mento e evolución da propia cultura en tantoque base elemental de calquera desenvolvemen-to económico e social derivado.

A interrupción do diálogo entre as persoas e ácultura na cal se desenvolven significa a mortepor inanición desta, ó tempo que implica tamén

Novas

Nº 10 Decembro 2014 37

RREEMMAATTAA AA FFIILLMMAACCIIÓÓNN DDOO DDOOCCUUMMEENNTTAALL:: ""MMUUÍÍÑÑOOSS,, AA MMEEMMOORRIIAA DDAA AAUUGGAA""

"Muíños, a memoria da auga" é o último documen-tario realizado poloa SAGA. Un audiovisual promo-vido polo concello de Pontevedra con dirección eguión de rafael Quintía e realización de João Bieitese fai un percorrido polos usos dos muíños de río e oseu papel económico, social e simbólico na culturagalega.

Rematados os traballos de filmación, que se realizaronna parroquia de Salcedo, atopámonos nestes momen-tos montando o documental que esperamos vexa a luzneste vindeiro febreiro.

NNOOVVOO PPRROOXXEECCTTOO DDOO FFOOTTÓÓGGRRAAFFOO DDAA SSAAGGAA PPEEDDRROO GG.. LLOOSSAADDAA

A muller e o mar

Froitos do mar

Page 38: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

a intensificación do proceso de erosión da propiaimaxe do individuo como elemento indispensa-ble da transmisión cultural.

Imaxes emblemáticas e descritivas da acción demarisqueo, receitas e todo o relacionado comundo deste recurso da costa galega estaránrepresentadas neste libro que inda non ten datacerta de distribución.

Novas

38 Nº 10 Decembro 2014

Ao berberecho en Noia

Mar e xente

CCOOLLAABBOORRAACCIIÓÓNN DDAA SSAAGGAACCOO BBIINNCCHHEE MMUUSSEEEE IINNTTEERRNNAATTIIOONNAALL DDUU CCAARRNNAAVVAALL EETT DDUU MMAASSQQUUEE DDEE BBÉÉLLXXIICCAA

Dende Xaneiro de 2015 a SAGA, continuando co traballo realiza-do a prol da difusión da cultura galega en Europa, participarácomo colaborador provedor de contidos co MUM, (museoInternacional do carnaval e da mascara da cidade de Binche,Belxica).

Se no ano 2014 participamos na exitosa exposición Le Monde àL´envers do MuCEM de Marsella, nesta ocasión e como conse-cuencia daquela colaboración, o traballo da SAGA e especiale-mente o do seu fotógrafo Pedro G. Losada, ten chamado a aten-ción da institución belga de xeito que unha vez máis aló estare-mos coas fotografías e videos que contextualizan e poñen demanifesto a autenticidade e vigor da cultura galega, tamén nomundo do Entroido.

Traxe de Cigarrón adquiridopolo Museo de Binche e pro-cendente de Verín Ourense.

A fachada principal do J4, principal edificio doMuCEM ca foto porporcionada polo fotógrafoda SAGA.

http://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2014/01/

09/a-saga-aporta-parte-dos-seus-fondos-documentais-para-

unha-exposicion-do-mucem-o-museo-das-civilizacions-de-

europa/

http://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2014/03/

18/a-saga-e-o-museo-das-civilizacions-de-europa-e-o-medite-

rraneo-dende-o-26-de-marzo-ate-o-4-de-agosto-de-2014/

VViiddeeoo ssoobbrree aa eexxppoossiicciióónn ddoo mmuusseeoo bbeellggaa..https://www.youtube.com/watch?v=97XCJDpS9Jw

Page 39: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Novas

Nº 10 Decembro 2014 39

AA SSAAGGAA CCOOLLAABBOORRAA CCOONN MMOONNSS,, CCIIDDAADDEE EEUURROOPPEEAA DDAA CCUULLTTUURRAA

Ademais a cidade de Mons, tamén en Bélxica, será este ano 2015 Cidade Europea da Cultura. Cogallo deste acontecemento tamén colaboremos con este evento de máximo interese continental.Daremos cumprida conta das actividades e demais feitos relacionados con estes actividades quereferendan á SAGA como un dos referentes sinalados da proxección do cerne da cultura galega noexterior, demostrando unha vez máis como os proxectos culturais nacidos dende a cidadanía e otecido social poden ser referente pioneiro da proxección no exterior da nosa propia cultura e iden-tidade, deixando incluso en evidencia ás administracións públicas que, en moitos casos, desaten-den as súas obrigas neste eido.

Mons cidade Europea da Cultura 2015 http://www.mons2015.eu/fr

Novas editoriais

Acaba de sair do prelo, "Patrimonio Inmaterial de SanMartiño de Salcedo": o meu novo libro froito dos anos derecollida nesta parroquia pontevedresa. Ducias de xene-rosos informantes, horas e horas de conversas enriquece-doras, anos de recollida plasmados en 570 páxinas de len-das, historias, crenzas, tradicións, remedios, contos, xeo-

grafías míticas e outros tesourosorais da parroquia de SanMartiño de Salcedo. Unha peque-na mostra do noso patrimonioinmaterial, auténtica cultura dunpobo. Portada do amigo JoãoBieites, ilustracións de FranciscoSutil Barbosa e Miryam Quintía ese faltaba algo o ramo púxollo oquerido antropólogoBuenaventura Aparicio Casado coseu estupendo prólogo.

Neste mes xa está dispoñible naslibrerías de Pontevedra e pouco apouco noutras vilas galegas paraquen teña interese neste campoda antropoloxía. Tamén podedesadquirilo a través da web ou doblog da Sociedade AntropolóxicaGalega.

AA SSAAGGAA PPUUBBLLIICCAA ""PPAATTRRIIMMOONNIIOO IINNMMAATTEERRIIAALL DDEE SSAANN MMAARRTTIIÑÑOO DDEE SSAALLCCEEDDOO"",,ddoo aannttrrooppóóllooggoo RRaaffaaeell QQuuiinnttííaa

DDAATTOOSS TTÉÉCCNNIICCOOSS::

Autor: Rafael Quintía

Pereira

Editorial: Sociedade

Antropolóxica Galega

Impresión: Branco e

negro

Tamaño: 20.5×15

570 páxinas

Ano: 2014

I.S.B.N.:

978-84-16121-16-8

PVP: 18 €

Faro de Vigo. 10/12/2014

Page 40: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Novas editoriais

40 Nº 10 Decembro 2014

Na portada do Diario dePontevedra. 10/12/2014

Reportaxe no Diario de Pontevedra. 10/12/2014

Page 41: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Imaxes da SAGA

Nº 10 Decembro 2014 41

A pura devoción popular santificou a

Frai Pedro Manzanas, quen naceu en

Castillón, freguesía de Sta. María de

Ois (Coirós. Terra das Mariñas. A

Coruña) o 28 de abril de 1642 e finou en Sevilla o 6 de xunio de 1690. Este relixoso destacou tanto pola súa

adicación á vida relixosa como ao estudo e aos labores misioneiros (África e

Sudamérica) pero foi a súa capacidade milagreira, rexistrada tanto nas terras

do estado español como en diversos lugares de hispanoamérica, o que lle

valeu que o pobo fixérao Santo sen contar, aínda na actualidade, coa canon-

ización por parte do Vaticano.

Na románica igrexa de Sta. María de Ois

consérvanse o seu sartego (antropomór-

fico, tallado en granito) así como a pía

bautismal que foi utilizada no seu propio

bautizo. Colgado nun dos laterais do inte-

rior da igrexa podemos observar o retra-

to de Frai Pedro Manzanas, asinado por

Vidal Lombán, onde se indica que a obra

foi realizada por encargo de D. Germán

Castelos, párroco- en xunio de 1.947.

Por Ángel Gilberto

AA ppaaiissaaxxee hhuummaannaa ee aa ppaaiissaaxxee nnaattuurraall ddee GGaalliicciiaa ddaa mmaann ddooss nnoossooss ffoottóóggrraaffooss

Crónicas fotográficas de Ángel Gilberto

A Fraga de Cecebre (Cambre-A Coruña)

conta con nome propio dentro das nosas

fragas grazas particularmente á universal-

ización que lle otorgou a publicación en

1943 da obra literaria de raigame costum-

brista "El Bosque Animado", autoría de

Wenceslao Fernández Flórez. Escritor e

periodista que durante as súas estadías e

permanencias en Cecebre acadou, obser-

vando e paseando, a inspiración que deu

froito nesta obra literaria levada ao Cine

en diversas ocasións e formatos.

Page 42: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Imaxes da SAGA

42 Nº 10 Decembro 2014

NeomegalitismoPaseo dos menhires. Paso marítimo da Coruña

A carón dun dos acesos ao lugar de Piñeiro, fica un fermoso e destacado inmoble onde, no seu tempo,

Wenceslao disfrutou das súas derradeiras estancias en Cecebre, reconvertido hoxe na sede da Fundación

que leva o seu nome.

Cos tempos desgobernantes que estamos a sufrir cada vez sorpréndome menos do auxe que vou achando

nos ofrecementos que a xente realiza nos Santuarios. Tal e como están as cousas, estas ubicacións espal-

ladas en grande número ao ancho e longo da nosa xeografía constitúense na "Seguridade Social" dunha cre-

cente clase empobrecida que está a vivir o incesante Desmantelamento dun suposto Estado de Benestar.

Estamos a vivir un revival dos rituais naquelas

ubicacións onde tradicionalmente damos coa

hierofanía, onde se produce un contacto directo

co Sacro".

Por Ángel Gilberto

Page 43: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Imaxes da SAGA

Nº 10 Decembro 2014 43

San Ourente - Outes - A Coruña29 Setembro

Fotos de Pedro G. Losada

Santa MiniaBrión

A Coruña27 Setembro 2014

Ramo cativoSan Ourente - Outes - A Coruña

29 Setembro

Page 44: CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Imaxes da SAGA

44 Nº 10 Decembro 2014

Ria De Muros - Noia Camarón14 Decembro 2014

Espigueiros

Pendellos