Bóveda contado á xente nova
-
Upload
adrian-rodriguez -
Category
Documents
-
view
234 -
download
3
description
Transcript of Bóveda contado á xente nova
2
3
Comisión Xalgarete
Presentación
Bóveda
Bóveda
4
Limiar
5
Vicente Bóveda, neto de Alexandre e antigo alumno salesiano
Bóveda
Son Alexandre Bóveda Iglesias. Oiriades sobre min que fun o verda
deiro pai do
Estatuto de Autonomía de 1936, ou que estaba chamado a ser president
e de Galiza.
Velaquí a miña vida e as circunstancias da miña época: nacín en Ourense en 19
03,
sendo o terceiro de sete irmáns. Meu pai, despedido do traballo, emigrou a Bilbao e
á Arxentina, ata que volveu para facerse carpinteiro; miña nai
era costureira. As privacións domésticas e un ambiente
de clases moi definidas foron definindo a
miña personalidade.
6
Estudei peritaxe mercantil no colexio dos irmáns Villar. Examineime mentres
completaba coñecementos de francés. Tiven moitas afeccións: formeime en
música, en debuxo, fixen teatro e xoguei ao fútbol. Tamén participaba no O
ratorio
Festivo dos salesianos. Rematados os estudos, comecei a preparar oposicións a Facenda,
quedando de primeiro nas oposicións a Auxiliares de Contabilidade do
Estado e entrando entón na Delegación de Facenda de O
urense.
.
7
Inicieime na política; coñecín a Risco e as súas teorías sobre o
nacionalismo. Con 24 anos gañei unha praza como Xefe de
contabilidade e entón recibín ofertas do Ministerio de Facenda, dirixido por Calvo Sotelo; mais xa
decidira dedicarme a Galiza e
pedín que se me destinase á Delegación de Facenda de
Pontevedra, onde intensifiquei o meu
compromiso político, compaxinándoo coa vida familiar e profesional. Entre 1927 e 1936 vivín unha época chea de paixón e creación no traballo polo meu país.
8
Casei con Amalia en 1930. Tivemos cinco fillos que educamos formando unha familia
cristiá de practicantes responsábeis. Co meu cuñado Xerardo compartín decisivos
momentos (el recolleríaos en Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, libro
clandestino no franquismo, como Sempre en Galiza). Traballei no
Seminario de Estudos Galegos, co
proxecto de Estatuto Galego (co meu
traballo sobre as relacións fiscais entre Galiza e o Estado demostrei a grande
discriminación fiscal que sufría o noso
paí s ) e proseguín como director
fundador da Caixa de Aforros de
Pontevedra, poñéndoa a funcionar no 1930.
9
Da ditadura de Primo de Rivera
pasaramos á “ditabranda” de Berenguer: o
25 de xullo do 1930, en Vigo, tivo lugar a
xuntanza da Barxa, cuns 300 simpatizantes
do nacionalismo galego. Chegou a República
no 1931: Castelao, Otero Pedrayo, Suárez Picallo
e Antón Villar Ponte obtiveron escano nas
Cortes constituíntes de Madrid; e naceu o
Partido Galeguista: na asemblea constituínte
unhas 700 persoas fixemos unha Declaración
de principios: autodeterminación,
federalismo, igualdade de dereitos para a
muller, reforma tributaria, cooficialidade do
galego e castelán, reforma agraria,
recoñecemento dos dereitos sindicais...
1 0 0
A dirección do P.G recaería nos catro secretarios. Eu asumín a
Secretaría de Organización e o
Partido converteuse na miña preocupación máxima, fun o seu
“motor de explosión”, segundo
Castelao. Levamos o noso programa á sociedade para lograr un partido
ben implantado e unha
organización eficaz: obstineime en
aumentar o número de afiliados de
todas as capas sociais: chegamos a ser
case 3000, ademais dos militantes e grupos na emigración. Promovín a creación das Mocidades Galeguistas. A Nosa Terra converteuse no boletín do Partido; preocupeime
do seu mantemento económico e da súa liña editorial.
1 1 1
Traballamos enerxicamente polo Estatuto de Autonomía: sería o instrumento vertebrador dunha Galiza que
mostraba vitalidade económica, social e cultural; debía adaptarse á Constitución de 1931 e así o 3 de xuño do 1932, a asemblea de Concellos de
Galiza acometeu o labor definitivo: nove
relatores refundimos os anteproxectos
estatutarios presentados, divulgando o
resultado entre a cidadanía, someténdoo á crítica, abríndoo ás achegas. En decembro foi
aprobado o texto definitivo nunha nova
asemblea: o 77% dos delegados dos concellos –
representantes dun 84,7% dos galegos-
aprobaron o texto.
1 2 2
No 1934 –no Bienio Negro-, unha disposición administrativa enviounos f
óra da Galiza
aos que liderabamos o P.G: Castelao a Badaxoz e eu a Cádiz. Co Partido Radical aliado
coa dereitista CEDA no goberno, pecharon A Nosa Terra
e os nacionalistas pasamos a
sufrir represalias. Xurdiron problemas no P.G: apareceu un manifesto de
escisión, nacendo o partido Dereita
Galeguista. No 35 conseguín o traslado a
Madrid, onde había un activo grupo
galeguista; alí foime máis doado
traballar polo Partido e con Azaña
procuramos alianzas electorais favorábeis
aos galeguistas. Regresei ao país en
outubro do 35.
1 3 3
En xaneiro do 36 celebrouse a II Asemblea Extraordinaria do P.G; acordouse que o
Partido participaría nos comicios formando parte da progresista Fronte Popular. O P.G contribuíu a sufragar a campaña. Eu matinaba en máis proxectos: editar unha obra sobre a economía galega, criar o Banco de Galiza (que sería clave na nosa organización fiscal e financeira). Triunfou a Fronte Popular, o que posibilitaría o referendo do Estatuto de Autonomía: os galeguistas
fixemos campaña con mitins, con
carteis de Castelao, Seoane, Maside..., coa radiodifusión e o cinema, e por primeira
vez con megafonía nos vehículos.
1 4 4
O 28 de xuño do 36 vótase o Estatuto galego: de 1.343.135 electores votaron a favor 993.351. O Estatuto, dixo Castelao, “obriga a organizar o réxime local de
Galiza con arreglo ás realidades vivas do país, recoñecendo xuridicamente a
personalidade da parroquia rural e respetando a plena autonomía dos municipios”. Galiza tería presidente por sufraxio universal, garantiríase a
cooficialidade do galego, a vixencia do Dereito civil
galego e as competencias da Comunidade
segundo a Constitución. Foi presentado ás Cortes da República o 15 de xullo do 1936, tres días antes da
sublevación militar fascista.
1 5 5
Boa parte do exército español
conspiraba contra a II
República xunto a empresarios,
políticos dereitistas e a
Falanxe española; na Galiza
funcionaba un equipo con
centro na Coruña. Cando se
sublevaron os militares en
Marrocos no 1936, controlaban
os acuartelamentos galegos os
golpistas. Reuninme co
gobernador civil de
Pontevedra tentando impedir a
sublevación, pero os militares leváronnos ao cuartel; o día 20 de xullo, cando s
e
estendeu o alzamento militar en Galiza, metéronme na cadea. Grupos de
resistencia fuxiron aos montes, dando lugar á guerril
la antifranquista galega que
resistiría ata 1954.
1 6 6
Sometéronme a xuízo militar: tiven
testemuñas favorábeis que falaron da natureza
legal do Estatuto e da miña actuación política. Permitíuseme falar dez minutos, aínda que non en galego: rexeitei as falsas acusacións. Familiares
e amigos tentaron o recurso sen resultados. Despedinme dos meus e pasei a derradeira noite
lendo a Rosalía e escribindo cartas; deseñei a miña lápida: a cruz, o meu nome, a data da morte e a estrela de cinco puntas. Pedín ser enterrado coa bandeira galega. O 17 de agosto recibín un tiro ao corazón; nesa data os exiliados galegos de Bos Aires decidiron fixar o Día da Galiza Mártir.
1 7 7
“Ao primeiro que fusilaron foi a Alexandre Bóveda. Eu non coñecín un mozo máis austero na conducta, nen con máis finura no cerebro, nen máis profundo na tenrura. Cando se lle ouvía, un se impresionaba forzosamente e non polas cousas que dicía, case sempre fondas; porque saían das súas proprias nobles entrañas, como el non as dicía ninguén.”
Basilio Álvarez
Textos
1 8 8
A miña sa de a nda quixo visitar
devotamente os moitos cemiterios de Galiza
onde durmen os derradeiros m rtires da
Liberdade en n mero incontable A miña
imaxinaci n viu unha fogueira en cada
cemiterio como outros tantos clamores de
xusticia Pero no de Pontevedra viu unha
labarada que chegaba at o ceo Era o lume
do esprito de B veda que non figura na Santa
Compaña dos inmortaes porque non
perteñece Historia sen n Tradici n en
arume de lenda B veda ter de ser nun mañ
pr isimo ou lonxano a bandeira da nosa
Redenci n
1 9 9
Edita: Asociación Xuvenil Amencer Praza D. Bosco, 1 - baixo 32003 - Ourense Tfno. e fax: 988 218 123 Correo-e: [email protected] Web: www.amencer.org
“A miña Patria natural é Galicia. Ámoa fervorosamente, xamáis a traizoaría, inda que me concedesen séculos de vida. Adóroa ata máis alá da miña morte. Se entende o Tribunal que por este amor entrañábel, debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis por ela. Fixen canto puiden por Galicia e faría máis se puidera. Se non podo ata me gustaría morrer pola miña Patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado, si o Tribunal, en conciencia, xulga que debo selo. E este „agarimo‟ –permítaseme a única palabra galega que emprego no único idioma que sempre falei- que lle teño á Terra sagrada na que tiven a dita de nacer, non me obriga a sentir ningún odio a España, á que, por dereito, pertenzo. Só combatín os seus erros e ás veces as súas crueldades políticas para coa miña Galiza idolatrada.” Alexandre Bóveda durante o xuízo ao que foi sometido o 13 de agosto do 1936.
Director: Xulio César Iglesias Mesa de Redacción: Comisión Xalgarete Corrección Lingüística: Maria Xesús Sanchez García Textos: Maria Xesús Sanchez García, baseados no libro de CARBALLO, F.: Alexandre Bóveda, A Nosa Terra, Vigo, 1999. Debuxos: Álvaro Muñoz Maquetación: Adrián Rodríguez Impresión: Gráficas Olympia Colabora:
Bóveda contado á xente nova
Cadeno Xalgarete Nº1 Ano 2008 2ª edición