Bd 97

16
Número: 97- Ano: VI - 25 de abril de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 9 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. Xogadores e corpo técnico falando cun Policía Nacional despois de saír do establecemento que rexenta o presidente do Club De- portivo Ourense, Alejandro Estévez./RAMSÉS. CD OURENSE Páx.9 Páx.10 Entrevista a Marc Ciurana, nadador de CN Pabellón Ourense O CD Ourense languidece

description

O número 97 do Barrios Deportivo saca a portada a crise instalada en CD Ourense logo de que os empregados pediran a dimisión do Consello de Administración mediante un comunicado e estes os denunciaran no xulgado por coaccións.

Transcript of Bd 97

Page 1: Bd 97

Número: 97- Ano: VI - 25 de abril de 2014 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.periodicobarrios.com BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 9 de maio. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

Xogadores e corpo técnico falando cun Policía Nacional despois de saír do establecemento que rexenta o presidente do Club De-portivo Ourense, Alejandro Estévez./RAMSÉS.

CD OURENSE Páx.9

Páx.10

Entrevista a Marc Ciurana,

nadador de CN Pabellón Ourense

O CD Ourenselanguidece

Page 2: Bd 97

� BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014

XIMNASIA

Na Copa Galicia, Yolanda García e Sara Blanco venceron en equilibrio e dinámico

4 Axenda deportivaFútbol- Día �7 de abril. O Couto. CD Ourense - Cultural y Deportiva Leonesa. �ª División B.- Día 4 de maio. Os Carrís. UD Barbadás - Dorneda. 3ª División.- Día 4 de maio. Velle CD Ourense B - Lalín. Rexional Preferente.- Día 4 de maio. O Barco de Valdeorras. Barco - Porto-novo. Rexional Preferente.- Día 4 de maio. Meliás. Meliás - Ribadumia. Rexional Preferente.- Día 4 de maio. Os Carrís. UD Barbadás - Mareo. Se-gunda División Feminina.- Día 11 de maio. O Couto. CD Ourense - SD Logroñés. �ª División B.- Día 11 de maio. Velle CD Ourense B - Mondariz. Rexional Preferente.Baloncesto- Día 3 de maio. Os Remedios -19.00h-. ABO - Narón. Liga EBA.Fútbol sala - Día �6 de abril - Os Remedios -17.00h- Cidade As Burgas - Gironella. 1ª División.- Día 3 de maio. Os Remedios -17.00h- Ponte Ourense - Rioja. 1ª División.Atletismo- Día �7 de abril. Ourense -1�.00h - IV Circuíto de ca-rreiras populares “Correndo x Ourense”. Barrio do �1.- Día 3 de maio. Baños de Molgas -16.00h - I Medio Maratón Concello de Baños de Molgas.- Día 6 de maio -O Barco de Valdeorras- VI Xornada XXXI Copa Deputacion en pista.Natación- Días 3 e 4 de maio. Piscina Rosario Dueñas (Ourense). Segunda xornada da Copa Galega de Natación.Tiro- Días 3 e 4 de maio. Club de tiro Eiroás. XXVI Copa Deputación de Ourense. Pistola e carabina neumática.Tenis de mesa- Día �6 de abril -10.30h- Paco Paz. Galmédica Ourense TM - A.D. Ferretería Vincios. 3ª Nacional.Balonmán- Día �7 de abril. Os Remedios. Pabellón Balonmano - Balonmán Caselas. 1ª Galega.Ximnasia- Día 1 de maio. Ribadavia. Copa Deputación de xim-nasia.- Día 10 de maio. Os Remedios. Torneo Primaver Pabe-llón de ximnasia.Andaina- Día 3 de maio. Ourense -�1 horas-. Andaina nocturna por parellas.- Día 18 de maio. Ourense, praza Don Bosco - 1� horas- Andaina solidaria campamentos urbanos

[Máis información en www.periodicobarrios.com]Dúas ximnastas durante o seu exercicio./I.OSORIO

Redacción

O Club Burgas de Ourense foi o gran prota-gonista da Copa Galicia internacional de ximnasia acrobática e do Campio-nato galego, celebrados en Ourense os pasados 5 e 6 de abril.

Copa Galicia Interna-cional

O sábado 5 de abril ce-lebrouse a Copa Galicia internacional de ximnasia acrobática no pavillón de Oira con excelentes resul-tados para o Club Burgas de Ourense. Destacou o primeiro posto en xu-venil de Yolanda García e Sara Blanco nos seus dous exercicios, tanto equilibrio como dinámi-co, por diante de impor-tantes grupos de Portugal e España. Este resultado failles coller moral para o Campionato do Mundo de

ximnasia acrobática que se celebrará en París no mes de xullo.

Pola súa banda en júnior, Raquel Ordiales e Lara Colmenero foron segundas e Sara Mei Barroso e Antía Varela, terceiras. O trío ca-detes de Iris Branco, Sara Soria e Raquel Ordiales fo-ron quintas; competían con �6 tríos de gran nivel.

Campionato GalegoAo día seguinte, domin-

go 6, celebrábase con gran participación o Campionato galego da mesma modali-dade ximnástica.

O Burgas destacou so-bradamente na categoría alevín onde conseguiu to-dos os primeiros postos da competición: por equipos, primeiras as irmás Nerea e Tania Barreda en parellas e primeiras Analía Branco, Elena Igrexas e Eyén Díaz en tríos.

En categoría infantil ta-mén foron primeiras Iria do Nascimento e Cecilia García, así como terceiras Claudia Branco e Florencia García que ademais conse-guiron o subcampionato por equipos.

En cadete logrouse o se-

4 O pavillón de Oira acolleu a Copa Galicia internacional e o Campionato galego os pasados días 5 e 6 de abril.

Gran espectáculo de ximnasia acrobática

gundo posto por parte de Iris Branco, Sara Soria e

Ana Ordiales xunto co ter-ceiro por equipos. Para fi-nalizar, en júnior, primeiro posto para Raquel Ordiales con Lara Colmenero, e se-gundo para Sara Mei Ba-rroso e Antía Varela, que ademais conseguiron que o Burgas fose terceiro por equipos en categoría abso-luta.

E todo isto sen contar na provincia con material axei-tado para adestrar nunhas condicións óptimas para mellorar o nivel, xa de seu excepcional, que posúen.

No Galego, o Burgas logrou todos os primeiros postos na categoría alevín

Page 3: Bd 97

BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014

3XIMNASIA

Daniel Pérez proclamouse subcampión de Europa abso-luto en dobre mini-tramp.

Na cita europea España sumou catro podios, dos cales tres corresponderon a deportistas ourensáns

Redacción

A ximnaisa ourensá vén de facer historia no XXIV Campionato de Europa de Ximnasia de Trampolín, celebrado en Guimaraes do 8 ao 13 de abril.

Galicia levaba unha am-pla representación dentro da numerosa delegación española, e foron precisa-mente os ximnastas ouren-sáns os que conseguiron un maior número de podios.

O deportista do Club

Ximnasia As Burgas Daniel Pérez proclamouse sub-campión de Europa absolu-to en dobre min-tramp e a súa compañeira Yael Cam-pelo, terceira de Europa só detrás de dúas ximnastas rusas, tamén en dobre mini-tramp en categoría júnior individual.

A estes dous grandes re-sultados hai que engadir ta-mén o do ourensán do Club Ximnasia Pabellón Eduar-do Novelle, que se fixo coa medalla de prata en dobre

minitramp, acadada xunto cos seus compañeiros de Madrid e Valladolid (equipo júnior). Ademais, foi preci-samente o noso ximnasta o que obtivo a mellor nota do equipo, moi preto da nota dos rusos (equipo gañador) e por riba dos británicos. Así mesmo, Novelle tamén logrou a medalla de bron-ce en sincronismo, xunto ao seu compañeiro Víctor Torres (do Club Gredos de Madrid), nun exercicio so-bre o trampolín que esper-tou moitas expectativas. O podio completárono bielo-rrusos e daneses.

Na cita europea, España tamén obtivo o subcampio-nato júnior masculino en dobre mini-tramp, co que foron catro, en total, im-portantes resultados para o noso pais.

Camiño de dificultadesEstes resultados son moi

importantes para a motiva-ción dos nosos deportistas e adestradores que levan loi-tando pola ximnasia galega desde hai moitos anos con importantes resultados e con moitos problemas pola carencia de instalacións axeitadas en Galicia para este deporte. Ximnastas e técnicos teñen que viaxar a miúdo a outras provincias fóra da nosa comunidade para adestrar en concentra-

Ourense fai historia no Europeo de trampolín4 Daniel Pérez, Yael Campelo e Eduardo No-velle subiron ao podio.

cións co gasto económico que iso supón.

Desde o Club Burgas quixeron “agradecer o es-forzo da Federación Gale-ga de Ximnasia con estes ximnastas, que a pesar dos recortes económicos que sufriu, soubo sacar de onde non hai para axudar aos de-

portistas, e a todas aquelas persoas do deporte nacio-nal, autonómico e provin-cial que nos felicitaron po-los grandes resultados, pero sen deixar de reclamar ins-talacións e máis apoio para poder seguir traballando e aportando grandes deportis-tas”.

O ourensán Eduardo Novelle (á esquerda) xunto aos seus compañeiros do equipo júnior español de dobre mini-tramp.

Yael Campelo foi terceira de Europa na categoría júnior indiviual de dobre mini-tramp, só por detrás de dúas ximnastas rusas.

Page 4: Bd 97

4 BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014

FÚTBOL SALA

Primeira División FSF - 25ª xornada

Posto Equipo Puntos1º At. Madrid 66 �º Burela 64 3º Alcorcón 564º Alicante 475º Roldán 466º Rioja 417º Ponte Ourense 37 8º Gironella 379º Poio 3410º Cidade As Burgas 30 11º Amarelle �5 1�º Móstoles �413º Orvina �314º Soto del Real �1 15º Ferrol �0 16º Vallirana 3

4 Xornada 26 - 26 de abrilAt. de Madrid - AmarelleCidade As Burgas - GironellaRioja - MóstolesSoto del Real -AlcorcónBurela - RoldánAlicante - PoioFerrol - OrvinaVallirana - Ponte Ourense

4 Xornada 27 - 3 de maioOrvina - Cidade As BurgasGironella - AlicantePonte Ourense - RiojaMóstoles- At. de MadridAlcorcón - FerrolPoio - BurelaRoldán - ValliranaAmarelle - Soto del Real

R. Torres

Remotas. Esas son as po-sibilidades que ten o Ponte Ourense de participar na próxima edición da Copa de España. Desde semanas levamos apuntando que o equipo non comezou ben a tempada perdendo moitos puntos; e que, desde que está Óscar Vivián dirixindo o equipo vese outro estilo, aínda que tamén se perde-ron puntos importantes que fan que a falta de cinco xor-nadas por disputar (15 pun-tos) as pontinas teñan case que imposible a súa partici-pación na Copa este ano.

Un ano en que desde a

Unha Copa moi lonxana4 O Ponte Ourense perdeu case que toda opción de meterse na próxima edi-ción da Copa de España.

Federación decidiron re-ducir o número de parti-cipantes de oito a catro, o que fará que equipos como Gironella, Ponte, Rioja e Roldán ou Unversidad de Alicante queden fora da competición copeira. Isto supón que moitos equipos cheguen ás últimas xor-nadas sen nada que xogar e teñan unha certa relaxa-ción, que pode producir re-sultados difíciles de ver se se estiveran xogando algo. Unhas circunstancias que poden axudar a que equi-pos da zona baixa gañen puntos contra equipos, a priori, superiores pero que non se xogan nada.

O máis arriba posibleO que lle queda ao Ponte

é ir partido a partido para rematar a tempada o máis arriba posible na clasica-ción. O primeiro dos esco-llos a superar é o desta xor-nada, a número �6, na que as ourensás enfróntanse ao pechacancelas, Vallirana. O conxunto catalán é un equi-po recén ascendido, que este ano non estivo á altura da competición en Primeira División, e desde fai varias xornadas está descendido. Un equipo moi frouxo que tan só suma unha vitoria (contra o Ferrol na tercei-ra xornada por 3-�) nas �5 xornadas disputadas.

No partido da primeira volta contra o Ponte caeron con contundencia (10-1). Levan unha pobre bagaxe de 38 goles a favor por 166 en contra; e para ver a súa máxima goleadora hai que baixar moito na clasifica-ción ata atopar a dúas xo-gadoras, Domi e Cani, con oito tantos cada unha.

Despois do periplo por terras catalanas restarán catro xornadas nas que o Ponte xogará contra Rioja, Atlético de Madrid, Mósto-les e Amarelle.

Ponte - BurelaParte das opcións perdi-

das para entrar na Copa fo-ron a causa da derrota contra o Burela da última xornada disputada. As lucenses che-gaban a Ourense coa men-te posta na vitoria e seguir loitando por un campionato que están a disputar contra o Atlético de Madrid.

Malia que as locais domi-

naban o encontro foron as visitantes as que encontra-ron portaría primeiro. Mai-te aos sete minutos adian-taba ás laranxas (que nesta ocasión vestían de amare-lo). Pero uns segundos máis tarde, Laura devolvía as tá-boas ao marcador. No ecua-dor da primeira metade, Bea Mateos, tras roubo de

balón, adiantaba de novo ás segundas clasificadas.

Tralo descanso, xurdiu a figura da número 7, Peque, quen deu unha clase maxis-tral de fútbol sala e cargou o seu equipo ás costas. Dela foi o terceiro gol para o Bu-rela que abría unha brecha no electrónico. E ela man-tivo a raia os ataques pon-

tinos cunha gran defensa sempre ben colocada.

O Ponte, pola súa con-tra non baixaba os brazos, e dous balóns ao pao im-pediron a remontada. No 33, Bea Mateos ampliaba a renda a 1-4. Antes do fi-nal, Drica puña o definitivo �-4, que mantiña vivas ás lucenses na loita polo tí-tulo, pero que despedía ás ourensás do soño por entrar na Copa.

Raquel de Souza controlando o balón presionada por Pe-que e baixo a atenta mirada de Jozi no partido contra o Burela Pescados Rubén. /RAMSÉS

O Ponte visita nesta xornada ao pechacancelas, Vallirana

Bea e Marta buscan o remate á portaría do Burela. /RAMSÉS

Page 5: Bd 97

BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014

5FÚTBOL SALA

R. Torres

O Cidade As Burgas bus-cará esta xornada (a núme-ro �6) unha vitoria que lle asegure a permanencia na Primeira División do fútbol

Unha vitoria para a salvación4 O Cidade As Burgas xoga este sábado con-tra o Gironella nos Remedios.

sala nacional. As ourensás enfróntanse ao Gironella (sábado �7 de abril ás 17 horas na central dos Reme-dios) coa intención de aca-dar esa vitoria.

O conxunto catalán do

Gironella é un gran equipo que perde enteiros cando xoga coma visitante. As ca-talanas son oitavas con 37 puntos (os mesmos que o Ponte Ourense e sete máis que o Cidade) e xa queda-ron fóra da loita por entrar na Copa (están a 10 puntos da cuarta posición cando restan por disputar 15).

Equipo competitivoMalia que teñen lonxe as

primeira posicións, o Giro-nella é un equipo que sem-pre ronda os primeiros pos-tos e acostumaba coarse na Copa de España cando nes-ta estaban os oito mellores equipos (este ano pasarán a disputar a Copa de oito a catro equipos).

Nas filas franxivermellas están xogadoras de grande nivel como a porteira Ra-quel e as xogadoras Anna Riera, Celia, Claudia Pons,

e sobre todo, Berta Velasco, unha das mellores xogado-ras da competición. Velasco realizou grandes encontros na cancha central dos Re-medios tanto contra o Pon-te Ourense coma o Cidade As Burgas. A súa máxima realizadora na competición doméstica é Vieite con 1� tantos.

PoioFai dúas semanas o Cida-

de deu un paso de xigante de cara a acadar a perma-nencia grazas ao seu triunfo

na cancha do Poio por un gol a dous. Iria Saeta adian-tou ás franxiverdes no pri-meiro minutos de encontro. No 15 da primeira metade, Claudia facía o empate, pero nada máis sacar de medio campo Vanessa So-telo adiantaba novamente ás ourensás. Na segunda metade o Poio presionaría máis; non obstante a férrea defensa das de Codeso fixo que trouxeran os tres puntos para Ourense. Vitoria que supón a salvación virtual, pero que deberán certificar

A vitoria contra o Gironella suporía a salvación virtual do Cidade

Sonia Pacios no encontro contra o Roldán. /RAMSÉS

matematicamente nas vin-deiras xornadas.

CodesoO adestrador do Cidade

As Burgas vén de ser ope-rado de menisco esta sema-na, o que non lle impedirá dirixir as súas xogadoras no partido contra o Gironella.

Vanessa Sotelo tenta levarse o balón ante unha xogadora rival. /RAMSÉS

Page 6: Bd 97

6 BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014 POLIDEPORTIVO

Redacción

O equipo sub18 do Campus Ourense Rugby, adestrado por Ernesto Barbosa, proclamouse campión da Liga Galega ao impoñerse ao Ponte-vedra por �-0 nas instala-cións do campus univer-sitario de Ourense.

Campionato NacionalA fin de semana do

3 e 4 de maio, os sub18 desprazaranse ata Va-lladolid para disputar o Campionato nacional re-presentando a Galicia ao proclamarse campións da

Liga galega. Por este moti-vo teñen que adiantar o seu encontro contra o Lalín na primeira xornada da Copa Xunta, celebrándose o mesmo o día �6 de abril na localidade pontevedresa.

Equipo femininoO equipo feminino do

Campus Ourense Rugby acadou o subcampionato na Liga galega. Na final enfrontouse ao Vigo caen-do derrotadas por �5-15. A pesar da derrota, as ouren-sáns lograron, cun equipo novo, realizar unha gran campaña o que as levou ata a final.

O Campus Ourense proclámase campión galego sub184 O equipo feminino foi sub-campión.

O Campus Ourense festexando a súa vitoria.

P.L.

O Club Cernadiñas No-vas de Pontevedra foi sede, o pasado domingo �0 de abril, do Campionato gale-go de carabina 3x40, no que resultou vencedor o tirador ourensán Jorge Encinas, quen ademais conseguiu nova marca galega, con 1.133 puntos.

Encinas superou en oito puntos o anterior récord da modalidade, que tamén estaba na súa posesión, gra-zas a unha puntuación equi-librada nas tres posicións que compoñen o 3x40 (373 puntos en xeonllo, 39� pun-tos en tendido e 368 puntos en pé).

O subcampionato foi para o coruñés Jesús Parada (1.094 puntos), ocupando a terceira posición o lugués Francisco Vilas (1.086 pun-tos).

Subcampión de tendidoNo outro campionato

galego celebrado este mes en Cernadiñas Novas, o de carabina match, o tirador ourensán quedou segun-do, a apenas 8 décimas do pontevedrés Luis Iglesias (conseguiron �0� e �01,� puntos na final).

Copa do Rei e Campio-nato de España

Unha pequena represen-tación ourensá participou na segunda cita do ano da Copa do Rei, celebrada entre o 11

Gañadores do Trofeo San Sebastián cos seus trofeos na cea anual que organiza o Club de Tiro Eiroás, celebrada o pasado 5 de abril.

O novo récord galego de 3x40 sitúase en 1.133 puntos

Jorge Encinas, novo récord galego

de carabina 3x404 O tirador ourensán proclamouse campión galego desta modalidade de tiro olímpico en Pontevedra.

e o 13 de abril en Mollet del Vallés (Barcelona). As tira-doras Nuria Mera e Paula Fernández quedaron de 13ª e de 19ª, respectivamente, na proba de pistola de aire comprimido donas, con 358 e 347 puntos. Mera tamén foi 9ª en pistola deportiva, con 555 puntos. Mentres, Jorge Encinas quedou 10º en carabina tres posicións con 1.106 puntos, e 18º en carabina tendido, con 607 puntos. Esta competición continuará no mes de xullo coa fase final en Granada.

Granada tamén acollerá no mes de maio (entre os días 15 e 18) o próximo reto para os nosos deportistas: o Campionato de España.

Encinas, nunha tirada anterior de 3x40, preparando un disparo na posición de xeonllo. /ARQUIVO.

4 Tirada de prato

Este domingo �7 de abril as instalacións do club de tiro Eiroás aco-llen a tirada de prato “XV Escopeta D’ Ouro”, unha competición de carácter social que dará comezo ás 11 da mañá e que consistirá no disparo a 50 pratos na modalida-de de foso universal.

Este tirada de carácter non oficial ten entre os seus principais atractivos os premios aos gañado-res, proporcionados por unha vintena de casas colaboradoras; entre eles unha escopeta de ouro.

Page 7: Bd 97

BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014

7POLIDEPORTIVO

Iván Feijoo logrou remontar pese a que sufriu unha caída no inicio

O podio da categoría alevín feminino estivo ocupado por Nayali Cavez, Noela Saa e Aida González.

Redacción

O �0 de abril celebrouse en Maceda a final provincial de duatlón escolar, clasifi-catoria para a final galega. Organizada polo Club Ma-ceda-Escola JA Hermida e a Federacion Galega de triatlón e pentatlón, nesta proba os corredores debían cubrir un primeiro tramo de carreira a pé, un segundo en bicicleta e finalizar de novo con carreira a pé.

Finalmente, o vencedor da proba na categoría de ca-detes foi o corredor do club macedán Abel Franco, que percorreu os � km a pé, 8 en bicicleta e 1 km máis a pé en 31 minutos e 58 segundos. Detrás del chegaron a meta os seus compañeiros de club Román Saa e Yago Cruz.

Pola súa banda, Andrea Marquina da Escola Triatlón Maside liderou ás féminas desta categoría, cun tempo total de 40’59”.

Outros gañadoresNa categoría infantil

venceron José Benito Silva (Escola Triatlon Maside) e Carmen Bello (Triatlon Porriño).

En alevín, lograron a primeira praza dous atletas da Escola Triatlón Maside: Alexandre Álvarez e Na-yali Cavez. Completaron o podio feminino as de-portistas do CC Maceda-Escola JA Hermida Noela Saa e Aida González.

Por último, na categoría benxamín masculino des-tacaron Xian Domínguez (Escola Triatlon Maside) e Mauro Pedras (CC Ma-ceda-Escola JA Hermida), que remataron no primeiro e segundo posto, respecti-vamente. Así como Sarela Conde e Uxía Lage (ambas do CC Maceda-Escola JA Hermida), que ocuparon as dúas primeiras prazas da clasificación feminina.

O mellor duatlón escolar tomou a vila de Maceda4 Na final provincial.

Redacción

O Actyon-Academia Postal-Merida segue co-lleitando éxitos alí onde se presentan os seus deportis-tas. Tal e como demostra o sexto posto de Iván Feijoo

na categoría cadete do Open de España BTT de Jerez, mentres que Raúl González foi sexto na Transgalaica de Tui, entre os júniors.

Open de EspañaEn Jerez de la Frontera

disputouse a segunda proba puntuable para o Open de España Cofidis de BTT XC, e en Tui, a Transgalaica.

O cadete Iván Feijoo re-matou na sexta posición na súa primeira participación a nivel estatal. Feijoo rea-lizou unha extraordinaria carreira a pesares de caer cando apenas levaba 100 metros percorridos, o que fixo que quedara rezagado. Non obstante, volta a volta foi remontando ata rematar na sexta posición, moi preto do podio. Na proba crono fi-nalizou sétimo.

En mulleres, Eva Álvarez,

era sétima na proba crono e 15ª na de rali. Saúl López era �9º na crono e 35º en rali; o ourensán foi perden-do posicións debido á forte calor cando estaba entre os �0 primeiros.

TransgalaicaNa Transgalaica celebrada

en Tui, o júnior Raúl Gon-zález Carracedo vencía con autoridade.

Iván Feijoo, sexto en cadetes no Open de España BTT de Jerez4 Asemade, o júnior Raúl Gon-zález venceu na Transgalaica.

Iván Feijoo cruzando a meta no Open de España.

Page 8: Bd 97

8 BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014

BALONCESTO

R.T.

O Pabellón Ourense, de Liga Feminina �, venceu na penúltima xornada con-tra o Portomar Cortegada (58-54) e con este resulta-do salvou a categoría.

Tivo que pasar máis dunha volta para que o conxunto ourensán do Pa-bellón Feminino lograra a terceira vitoria da tempa-da, o que o levará a manter a categoría un ano máis no segundo chanzo do balon-cesto nacional.

O partido chegaba no peor momento. Oliva, Ál-varez e Mallou lesionadas, e Stacy Zamroz que se deu “á fuga” horas antes do encontro, polo que Benxa-mín Rodríguez (como en moitas fases da competi-ción) tivo que contar cun plantel de circunstancias. Seis xogadoras na rota-ción para afrontar un en-

O ABO, na recta final da Liga EBA

Redacción

O conxunto ourensán do ABO de Liga EBA ocupa a antepenúltima posición da clasificación, aínda que empatado co último e co penúltimo clasificado, Rosalía de Castro e Puer-talia respectivamente.

Os homes dirixidos por Juan Norat xogan contra o Betanzos, oitavo clasi-ficado, con tres vitorias máis que os ourensáns e coa salvación no peto. O ABO pecha a tempada en casa contra o Narón (sá-bado 3 de maios ás 19, pavillón dos Remedios). Os coruñeses son sextos con 1� vitorias.

Rosalía e PuertaliaOs rivais do ABO de

cara á salvación teñen os seguintes encontros nas dúas xornadas que restan: xogan entre eles en León (cancha do Puertalia) nes-ta xornada, e na derradeira Chantada - Puertalia e Ro-salía - Marca de Garantía Chorizo Zamorano.

contro trascendental para a permanencia das ourensás na Liga Feminina �. Das seis xogadoras, tres júnior.

E nestas que o Pabellón fixo un partido moi com-pleto con Laura Patao, Eli-zabeth Glen, Nerea Nieto, Mar Ahijado e Olga Fariñas facendo o mellor partido da tempada, moi ben secun-dadas por Sara García que daba relevo ás súas compa-ñeiras.

A circunstancia de non ter a unha xogadora refe-rente puido facer que todas arrimaran o ombreiro neste partido e lograran o triunfo ante a ledicia de xogadoras e afeccionados. Ledicia que sería dobre uns minutos máis tarde ao enterarse que o Valladolid perdía co Arxil por un punto (56-57). Un broche de ouro a unha mal-dita tempada.

O ano que vén volve-remos gozar dun equipo

Coa vitoria chegou a salvación4 O Pabellón Ourense mantén a categoría.

ourensán na Liga Femini-na �.

Final de tempadaCos deberes feitos, as de

Benjamín Rodríguez des-prazábanse ata Avilés para xogar contra o ADBA na última xornada da Liga. As asturianas xogábanse o participar no play off de ascenso a LF, mentres que as ourensás tan só acudían para cumprir co trámite. E iso notouse no encontro que remataría 107-44 para as locais.

Agora tocar reflexionar sobre os erros e afianzar un proxecto para a tempa-da que vén, que, agarda-mos, non teña os proble-mas desta campaña.

A súa terceira vitoria da tempada foi contra o Cortegada

No partido contra o Cortegada as xogadoras máis novas foron chave./R.T.

Rubén Pernas entrando a canastra./R.T.

Aposta pola continuidade4Previsiblemente o COB re-novará ao seu técnico e a al-gúns xogadores.Redacción

O Club Ourense Balon-cesto, tras lograr a perma-nencia na LEB Ouro unha tempada máis, xa comeza a perfilar o seu banco de cara ao próximo curso, e o máis característico destes primei-ros pasos é a súa aposta pola continuidade, que tanto pro-clamou a directiva do club.

Ademais do base Pedro Rivero (único xogador con cotrato en vigor), a próxima tempada os afeccionados do COB verán outras ca-ras coñecidas. A primeira delas será a do adestrador, Gonzalo García de Vitoria, que con gran probabilida-de continuará dirixindo ao equipo (aínda que de mo-mento non asinou a súa re-novación). Xunto a eles, a directiva desexa renovar a

Ryan Zamroz, Iván Gar-cía e Edu Martínez, apos-tando polas súas grandes posibilidades.

FixachesA primeira das novas

fichaxes do club ourensán podería ser o escolta Sergi Pino, procedente do Meli-lla e que o COB xa tentou conseguir o pasado verán.

Con capacidade para desenvolverse tamén como alero alto e versati-lidade para destacar tanto en ataque como en defen-sa, Pino é a día de hoxe un dos xogadores máis de-sexados da categoría.

O equipo ourensán está interesado na fichaxe do escolta Sergi Pino

Gonzalo García de Vitoria, previsiblemente, continuará como adestrador do COB a vindeira tempada./R.T.

Page 9: Bd 97

BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014

9FÚTBOL

Redacción

O conxunto con sede no estadio dos Carrís deu unha alegría aos seus seareiros ao vencer ao terceiro clasifica-do, o Boiro. 3-� foi o resul-tado dun encontro que fai que os azulóns manteñan a 10ª posición con 49 pun-tos. Sen nada que xogarse, os de Jorge Regal buscarán estar o máis arriba posible ao final da tempada.

FichaxesPara a vindeira tempada

o Barbadás terá catro ca-ras novas: tres xogadores do Pabellón Xuvenil de División de Honra (Diego, Sergio, Boan e Guille) e un xogador do Cartelle, Isma.

O que será baixa segura é o central César, que decidiu colgar as botas ao final desta campaña.

Barbadás FemininoO Barbadás Feminino aín-

da non certificou a perma-nencia na Segunda División Nacional. Restan dous parti-dos por finalizar a tempada e as ourensás están catro pun-tos por enriba do descenso. Dous empates ou unha vi-toria serían suficientes para conseguir a permanencia. Os encontros que lles restan ás pupilas de Fifo son contra o Bértola e o Mareo.

Redacción

O tramo final de liga na Rexional Preferente está deparando que os conxun-tos ourensáns teñan com-plicada a súa salvación.

MeliasO Melias, a pesar de estar

descendido, segue compe-tindo xornada a xornada, e xa leva dúas vitorias con-secutivas (contra Caselas e O Grove). Na vindeira cita xogará na casa do Céltiga.

Os franxiverdes son pe-chacancelas con �4 puntos a máis de 1� da salvación, os que faltan por disputar.

CD Ourense BO filial rojillo está a atra-

vesar unha mala racha que

O Barbadás sorprende ao Boiro4 Venceu por 3 goles a 2.

o levou a ocupar a 17ª posi-ción con 41 puntos. A oito puntos do descenso directo, o problema do Ourense B se-rán os arrastres dos descen-didos que veñan da Terceira División, polo que teñen complicada a súa permanen-cia na categoría. Pontevedra - Ourense B será o partido desta xornada.

CD BarcoO conxunto ourensán que

está en mellor posición é o CD Barco. É 13º con 47 pun-tos. Pero nestas catro xorna-das non se pode relaxar se non quere tirar de calculado-ra para saber se os arrastres de Terceira o levan ao des-censo.

O Barco visita ao Ribadu-mia esta fin de semana.

Complicada Rexional Preferente

O Barbadás Feminino aínda non está salvado

R. Torres

Un novo capítulo (o ené-simo) da desunión entre empregados do club con-tra os directivos do CD Ourense chega en modo de comunicado por parte dos primeiros e denuncia nos xulgados por parte dos se-gundos.

Nesta ocasión esixen a dimisión do Consello de Adiministración co obxec-tivo, segundo o comunica-do, de “atopar unhas míni-mas opcións de viabilidade, e que CD Ourense non se vexa avocado á desapari-ción e poida saír a competir a próxima tempada”.

Plantilla, corpo técnico e traballadores explican as causas polas que solicitan a renuncia sendo dous os motivos, amén do citado un pouco máis arriba. Consi-deran que a planificación e administración da tempada “está a ser nefasta pagán-dose unicamente tres men-sualidades desde o inicio da mesma, póndose de mani-festo a súa ineptitude como xestores”. O outro motivo que describen é o abando-no por parte do Consello aos xogadores “negándose mesmo a dar explicacións despois de requirirlles en numerosas ocasións para que acudan ao noso cha-mamento, as últimas, esta semana”.

Un comunicado que

amosa que a ruptura entre plantilla e directivos é total e irreversible, xustificándoa os empregados polo “trato inferido esta tempada no que se nos mentiu sistema-ticamente”. Mesmo dubi-dan de que os seus intereses (os da directiva) sexan “ho-nestos e limpos”.

Denuncia nos xulgadosOs xogadores percorreron

(este xoves) os negocios dos directivos para facerlles chegar a carta na que piden a dimisión. Tres foron os negocios nos que entraron, permanecendo no do presi-dente ata que este pechou, xa que non apareceu; unha vez chegada a hora do pe-che do negocio os deportis-tas saíron do local.

O xogador Yosu xustifi-cou a sentada no establece-

CD Ourense: capítulo...4 Os xogadores do Ourense piden a dimisión do Consello de Administración e este denunciounos por coaccións.

mento para “facerlle chegar a carta na que pedimos a di-misión deles”. Ao non apa-recer, o capitán asegurou que “seguirán intentando farcerlla chegar en persoa”. Polo que é máis que proba-ble que continúen con estas medidas.

Medidas que motivaron que á última hora da tarde, Alejandro Estévez e José Ramón Fernández Morgade presentaran unha denuncia por coaccións no xulgado de garda de Ourense.

Ruptura totalEste é un desencontro

máis que xa fai imposible a

reconciliación. Complica-da circunstancia para uns xogadores que teñen catro nóminas (camiño de cin-co) sen cobrar.

Difícil situación para un Consello de Administra-ción que cando chegou ao club e levantou as alfom-bras descubriron un burato económico ao que tiveron que facer fronte (Facenda reclama agora a débeda contraída durante anos) e que agora non lle dan as contas. E difícil situación para un club con 6� anos de historia que pode estar escribindo as súas últimas liñas.

A actual directiva atopou unha elevada débeda económica con Facenda cando chegou ao club

Os xogadores acusan á directiva de mentirlles “sistematicamente”, e mesmo dubidan de que os seus intereses sexan “honestos e limpos”

Os xogadores do Ourense percorreron este xoves 24 de abril os negocios dos directivos do club para facerlles chegar a carta na que reclaman a súa dimisión./RAMSÉS

Page 10: Bd 97

10 BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014

NATACIÓN

Marc Ciurana saíndo da piscina Rosario Dueñas do pa-villón dos Remedios durante un adestramento./RAMSÉS

ENTREVISTA A MARC CIURANA, NADADOR DE CNPO

“Adestro unhas seis horas ao día; nunha semana podo facer 70 ou

80 quilómetros nadando”4 O nadador catalán está afincado en Ourense onde adestra na piscina Rosario Dueñas nas filas do Club Natación Pabellón Ourense e cursa estudos no campus universitario.

R. Torres

Marc Ciurana Roca é un mozo nadador que deixou o seu Reus natal para pri-meiro adestrar en Sabadell -xunto con Mireia Belmon-te- e máis tarde aterrar en Ourense.

Coma un nadador ca-talá chega a defender as cores do Club Natación Pabellón Ourense?

Marc Ciurana: “Prin-cipalmente polos estudios. Comecei unha carreira en Barcelona pero a matrícu-la da universidade era moi cara e a vida alí tamén; todo alí é moi complicado. Deu-se a situación de que podía continuar aquí en Ourense con algo semellante que ademais tamén me gustaba, iso unido a que coñezo a bastante xente no club, de-cidín vir”.

Levas máis dun ano en Ourense, como te encon-tras?

M.C.: “Eu son de Reus (Tarragona) e parécense bastante, polo que me sinto case que como en casa”.

Aínda que o clima non é o mesmo.

M.C.: “O clima aquí é terrible. Paseino algo mal este inverno sen ver o sol en tres meses (risas)”.

Como comezaches nisto da natación?

M.C.: “A miña nai é dun pobo da montaña. Alí a xente ten balsas para regar os campos; e eu xa desde os tres anos andaba só pola zona e os meus pais por medo a que me caera nunha deles apuntoume a natación; diso naceu a miña afección pola natación”.

E xa con récord galego?M.C.: “En realidade teño

o mesmo récord pero dúas veces -en piscina de �5 e de 50 metros- en 400 metros estilos”.

Como é o día a día dun nadador coma ti?

M.C.: “Algúns días le-vantámonos ás 5.15 horas para adestrar antes de ir a clases, logo vamos á univer-sidade. Ao remate das clases voltamos á piscina, para re-matar sobre as sete da tarde. Adestro unhas seis horas ao día; nunha semana podo facer 70 ou 80 quilómetros nadando”.

Segues unha dieta?M.C.: “Estando nunha

residencia como estou é im-posible manter unha dieta, pero si que intento cumprir o das cinco pezas de froita diarias, comer froitos secos, estar ben hidratado,...”.

Cales son os teus obxec-

tivos o curto prazo?M.C.: “En xuño dispúta-

se o Campionato de España de longa distancia en augas abertas onde espero estar entre os mellores. A miña especialidade é probas de fondo en augas abertas”.

E a longo prazo que me-tas te pos?

M.C.: “Loitarei para cla-sificarme para o Mundial que se disputa en Rusia, evi-dentemente na especialidade de augas abertas”.

Un Mundial ou uns Xo-gos Olímpicos serían a cul-minación da túa carreira?

M.C.: “Posiblemente. Es-tar nunha cita importante -Mundial ou Xogos- é o soño de todo deportista. Loitarei para estar en Río �016. Pero as poucas axudas económi-cas son un problema enga-dido”.

Gustaríache que se apostara máis polo depor-te para poder traballar de cara a estar nos Xogos?

M.C.: “Sería xenial que nos botaran unha man. Re-matar a carreira e poder es-tar dous anos centrado na natación”.

Antes de vir a Ourense adestraches coa grandísi-ma nadadora Mireia Bel-monte.

M.C.: “Estiven dous

anos no CN Sabadell onde concidín con Mireia. Como anécdota direiche que era terrible, sempre gañábanos nos adestramentos a todos. Xa apuntaba maneiras”.

Como é ela na curta dis-tancia?

M.C.: “Ten uns obxecti-vos claros e non se distrae nada noutras cousas. Cen-trada no seu”.

E Marc Ciurana está centrado no seu?

M.C.: “Marc Ciurana está centrado en todo. Ten que estar nos estudos e na nata-ción”.

Falanos un pouco máis

de ti. Que che gusta comer e que afeccións tes?

M.C.: “A pasta é superior para min; as froitas de ve-rán son as me máis me gus-

Ciurana posúe o récord galego de 400 estilos en piscina de 25 e de 50 metros

Adestrou con Mireia Belmonte no CN Sabadell onde xa apuntaba maneiras

“Estar nunha cita importante -Mundial ou Xogos- é o soño de todo deportista”

ta (sandías, melóns,...). En canto á afeccións

decántome pola lectura e o cine, sobre todo de ac-ción”.

Boas sensacións en Palma de Mallorca4 Os tres nadadores do CNPO estiveron a un bo nivel.Redacción

A mediados do mes de abril disputouse en Mallor-ca o XV Campionato de España Open de Privame-ra P50. A representación ourensá foi a cargo dos na-dadores Alberto Taboada,

Marc Ciurana e Laura Pi-mente, amais do adestrador Santi Escudero.

Tanto Ciurana coma Pi-mentel lograron a oitava posición na proba de 1.500 libres, na que a ourensá compartíu serie coa meda-llista olímpica Mireia Bel-

monte, quen logrou batir o récord de España da distan-cia.

Asemade, en 800 libres, Laura foi 10ª, mentres que Marc Ciurana rematou en undécima posición nos 400 e 800 libres. Pola súa parte, Alberto Taboada finalizou ��º en 100 braza.

Copa GalegaO próximo evento para

o CNPO será a Copa Ga-licia que se disputará en dúas xornadas; a primeira en Santiagao e a última en Ourense (3 e 4 de maio).

Page 11: Bd 97

BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014

11NATACIÓN

Para os nadadores máster resta unha xornada de Liga, o Campionato Galego de verán e dúas citas nacionais

Redacción

O club Salvour, de Ourense, rematou sexto na primeira xornada da Liga Galega de categoría sénior. Abraham Rey e Noé Martí-nez foron segundo e tercei-ro na proba de bandeiras.

A praia de Rodeira, Can-gas, foi o escenario da primeira xornada da Liga galega de salvamento de-portivo en augas abertas, onde participaron máis de 300 deportistas de 10 clubs.

O equipo sénior do Sal-vour contou co segundo posto de Abraham Rey e o terceiro de Noé Martínez, nunha final apretada. Á serie final chegaron tamén Mauro Rodríguez e David González mentres que Ale-jandro López foi eliminado en roldas previas.

O sénior feminino acadou, nas probas de area, a cuarta posición de María Estrada e a novena de Andrea Gonzá-lez en bandeiras. Ademais o equipo de relevos sprint composto por Celia, María,

Redacción

Celebrouse en Cam-polongo (Pontevedra) a cuarta xornada galega de natación máster. Por par-te do Club Natación Pa-bellón Ourense asistiron un total de 11 nadadores (cinco homes e seis mu-lleres), que nadaron �1

Andrea e Ángela logrou o terceiro posto.

En categoría júnior, Án-gela Dopereiro foi quinta en bandeiras, e Lucía Se-rrano, segunda na final B de sprint en categoría ca-dete.

Próxima citaA próxima cita, segun-

probas individuais e dous relevos.

Os ourensáns acadaron boas marcas nunha boa xornada de natación.

Recta finalPara a Liga galega tan só

resta a última xornada que se celebrará en Lugo o 4 de maio e o Campionato Ga-

Recta final da tempada máster4 En Campolongo (Ponte-vedra) celebrouse a cuarta xornada galega de natación máster.

lego de verán, a disputar en Ponteareas (1 de xuño).

O colofón final desta tempada máster serán os Campionatos de España de verán, que terán lugar en Jerez, do �7 ao �9 de xuño.

Á cita nacional acudirán os irmáns Colomo, Manuel e María Cristina, á espera de que algún outro repre-sentante participe.

O Salvour, sexto na primeira xornada da Liga galega4 Abraham Rey e Noé Martínez, segundo e terceiro na proba de bandeiras.

da xornada da Liga en praias, será en Malpica o �6 de abril. As probas que se disputarán serán a de sprint de praia individual, nadar-surf, ocean e o re-levo de rescate con táboa. Os integrantes do Salvou intentarán mellorar a sex-ta posición da primeira xornada.

Equipo Salvour que compite na Liga galega. Conxunto de nadadores máster do Club Natación Pabellón Ourense.

Page 12: Bd 97

1� BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014 ARTES MARCIAIS

Redacción

O club ourensán Artai acadou un total de 40 me-dallas no Campionato na-cional de clubs de kuoshu (artes marciais chinas) ce-lebrado en Valdeiglesias (Madrid) os días 5 e 6 de abril. Preto de �00 com-petidores do País Vasco, Cataluña, Canarias, Valen-cia, Andalucía, Asturias, Madrid, Castilla la Mancha e Galicia participaron no evento. O club ourensán Artai estivo representado por 30 competidores, 10 de combate (todos en catego-ría sénior) e �0 de formas (categorías infantil A, ata 11 anos, infantil B, 1�-15 anos, xuvenil 16-18 anos e sénior + 18 anos).

Semisanda e sanda11 foron os metais logra-

dos polos ourensáns nestas disciplinas. Brais Novoa, bronce en sanda e bronce en semi-sanda, 60kg; Jaime Álvarez, prata en semi-san-da e bronce en sanda 70kg; Gabriel Cabezas, prata en sanda 70kg; Ngagne Faye, ouro en semi-sanda e bron-ce en sanda 70kg; Diego González, prata en sanda 75kg.; Adán Nieto, bronce en sanda 75kg. e Saúl Ro-dríguez, ouro en semi-san-da e bronce en sanda 80kg.

Taolu contemporáneoEn Taolu contemporá-

neo lograron un total de �9 metais. Carmen Caderno Rivera foi bronce en man vacía de norte; Diego Álva-rez Lorenzo, prata en arma curta e bronce en arma lon-ga; Gabriel Vázquez Rodrí-guez, ouro en arma curta e ouro en man baleira de norte; Jesús Souto Bóveda,

40 medallas para o Artai4 No Nacional de clubs de kuoshu.

Sergio Parga facendo un exercicio de talou.

bronce en man baleira de norte; Jacobo Rodríguez Naviera, bronce en arma curta e prata en man baleira de norte; Andreina Álvarez Escobino, ouro en arma curta, ouro en arma loga e ouro en man baleira de nor-te; Lucía Conde Rodríguez, bronce en arma curta; Zaira Ferradas Iglesias, prata en man baleira de norte; Lo-rena González Albarellos bronce en man baleira de norte; Aarón Martínez Gar-cía, bronce en arma longa; Andrea Álvarez Fernández, ouro en arma longa; Adria-na Rial Justo, ouro en arma curta e ouro en arma longa; Emmanuel Álvarez Escobi-

no, prata en arma curta e prata en arma longa; Ser-gio Dos Santos Fernán-dez, bronce en arma curta e bronce en arma longa; Sergio Parga Nores, ouro en arma curta, ouro en arma longa e ouro en man baleira de norte, Andrés Piñeiro Fernández, bronce en arma curta; Sara Ál-varez Vázquez, prata en arma curta; prata en arma longa, prata en man balei-ra de norte.

O Campionato de Eu-ropa de Kuoshu que se celebrará en Rusia, en novembro ou decembro, é o próximo obxectivo dos ourensáns.

Redacción

O judoka Alejandro Montero é o líder da Copa Deputación de judo en ca-tegoría absoluta, tras dispu-tarse a segunda xornada.

O pasado 1� de abril celebrouse no Pazo dos Deportes Paco Paz a se-gunda xornada da Copa

Redacción

O pavillón municipal de deportes da Raña (en Ma-rín) acolleu o 5 de abril a fase sur do Campionato escolar de judo na cate-goría infantil e cadete de ambos os sexos.

Nesta competición, organizada pola Federa-ción galega, participaron seis judokas ourensáns do Ximnasio Marbel, co obxectivo de gañar a cla-sifación para a fase final, que reunirá os mellores do norte e sur galego o �6 de abril en Arteixo (A Coruña). O pleno estivo preto de lograrse, pero Iago Fernández non pui-do completar o cadro na categoría infantil -50 qui-los.

Non obstante, na cate-goría cadete si lograron o

Cinco judokas do Marbel clasifícanse para o Campionato escolar de judo4 Celebrarase o 26 de abril en Arteixo.

obxectivo Mauro Prada e Pablo Valcárcel, ambos en -73 quilos, rematando res-pectivamente nos postos terceiro e cuarto.

Pola súa banda, en infan-til, Iria Oleiro gañou con

todo dereito nos -57 quilos tras rematar primeira na fase previa, mentres que Pablo Dopazo (en -50 qui-los) e Rubén Córdoba (en -66) superaron o corte con senllos cuartos postos.

Alejandro Montero, líder da Copa Deputación4 Trala segunda xornada.

Deputación de judo. Máis de 60 deportistas de toda a provincia participaron nes-ta xornada.

Os judokas competiron entre as categorías benxa-mín e senior, a categoría open, aberta a competidores de ambos sexos, e a catego-ría ne-waza, onde a loita li-mitpuse ao chan, apta para

veteranos.Nas categorías máis des-

tacadas, Alejandro Montero é o líder absoluto en judo; Herminio Rodríguez é o primeiro en ne-waza -75kg; Leví Caballero, en ne-waza +75kg e Tamara Silva, pri-meira no open especial ne-waza.

Catro xornadas e ran-dori

A Copa Deputación cons-ta de catro xornadas -polo que restan dúas por reali-zar-, máis unha quinta de aspecto lúdico e rexional, restrinxida á categoría in-fantil e denominada rando-ri.

Equipo do Judo Club Ourense Marbel.

Page 13: Bd 97

BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014

13ATLESTISMO

Presentación da XI andaina Cidade de Ourense por parte de Cándido Gómez, xerente do CMD; Marta Míguez, coordinadora da andaina; Agustín Férnandez, alcalde de Ourense e Alfonso Vilachá, concelleiro de deportes de Ourense.

O número máximo de participantes será de 500

R.T.

Esta semana presentá-base a XI andaina Cidade de Ourense, que terá lu-gar o próximo domingo 11 de maio. O período de inscrición xa está aberto e prolongarase ata o vin-deiro 9 de maio. O custo da inscrición é de 7 euros e poderase facer efectivo a través da páxina web www.deportesourense.com; tamén, de xeito extraordinario poderase realizar no pavillón dos Remedios en horario de oficina.

O número máximo de participantes será de 500 para asegurar unha boa organización, que leva a

Aberta a inscrición para a andaina Cidade de Ourense4 Terá lugar o 11 de maio.

cabo o Concello de Ouren-se e o Consello Municipal de Deportes.

SaídaA saída terá lugar no pa-

villón dos Remedios ás 9 da mañá e contará cun per-corrido de 30 quilómetros cunha dificultade media

por sendeiro periurbano. Cubriranse localizacións como Santomé, o encoro de Castadón ou mesmo o Cumial. O remate da proba será no pavillón dos Reme-dios. A organización puxo un tempo máximo para realizar o percorrido, de sete horas.

Os participantes debe-rán recoller antes da proba unha pulseira identificativa para participar na andaina.

Ao longo do percorrido haberá catro avituallamen-tos de líquido e/ou sólido.

HomologaciónDesde a organización es-

tase a traballar estes días para que a andaina Cidade de Ourense se homologue dentro dos sendeiros nacio-nais. Contan con poder ter devandita homologación para o día da proba.

Redacción

O circuíto de carreiras populares “Correndo por Ourense”, que organiza o Consello Municipal de Deportes, comezará este domingo, �7 de abril, coa primeira proba, que perco-rrerá o barrio do Vinteún. No momento de peche de inscricións (o mércores �3 ás 20 horas) figuraban 865 persoas apuntadas a esta ca-rreira, que contou cun prezo de 7 euros (para as catego-rías junior, promesa, sénior e veteráns), que xa inclúe a participación en todas as demais probas.

Para figurar na clasifica-ción xeral final é preciso participar, como mínimo, en cinco das seis carreiras,

as cales se desenvolverán dende este mes ata outu-bro.

Unha parte da inscrición será destinada a algunha organización social da ci-dade.

Carreira do VinteúnA proba deste domin-

go, coma as restantes, estará dividida en catro circuítos, con catro saídas diferenciadas. O circuíto pitufos (100-�00 m.), o benxamín/alevín (1.000-1.500 m.), o infantil/ca-dete (�.400-3.�00 m.) e o xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos (5.600 a 6.400 m.).

A seguinte cita será a do barrio do Couto, o 31 de maio.

O “Correndo por Ourense” comeza no Vinteún4 A carreira do 27 de abril conta con 865 inscritos.

Page 14: Bd 97

14 BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014

ACTUALIDADE

143.531 euros foi a cantidade que os seis equipos ourensáns que percibiron deste convenio coa Fundación Deporte Galego da Xunta de GaliciaO CD Ourense queda sen a axuda por segundo ano consecutivo

R. Torres

A Fundación Deporte Galego da Xunta de Gali-cia firma seis convenios de colaboración con equipos ourensáns. O CD Ourense queda, un ano máis, fóra destas axudas.

En Ourense, os seis equi-pos beneficiarios deste con-venio son Club Ourense Ba-loncesto S.A.D. (36.�71,�8 euros), Club Baloncesto Femenino Pabellón Ouren-

A Fundación Deporte Galego firma seis convenios con equipos ourensáns4 Un ano máis CD Ourense queda fóra destas axudas.

se (�4.795,73 euros), U.D. Barbadás (13.514,36 euros), Ponte Ourense C.F. SAD (30.096,6� euros), Cida-de das Burgas Fútbol Sala (�1.863,73 euros) e Club Hokey Barrocás (16.990,0� euros). En total, a Xunta destina 143.531,74 euros aos seis equipos de alta competición de Ourense.

Os seis clubs contan con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas

nas que a competición de máximo nivel se desenvol-ve na categoría absoluta en sistema de liga regular, á que se accede por clasifi-cación, con ascensos e des-censos de categoría, e cun volume de desprazamentos frecuente.

CD OurenseO Ourense é o único

equipo dos 78 que optan a esta axuda en toda Galicia que non recibe estas axudas

ao non ter os certificados pertinentes de Hacienda. Este é o segundo ano que o equipo con sede no estadio do Couto queda sen firmar o convenio da Fundación Deporte Galego da Xunta de Galicia.

Representantes dos seis equipos ourensáns que firmaron o convenio xunto co secretario xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete Lasa./RAMSÉS

Redacción

O pasado 15 de abril ce-lebrouse entre o pavillón municipal de Oira e o da Universidade un torneo 4x4 de voleibol.

Participaron un total de 11 equipos saíndo vencedor o Dani 7. Por detrás deste, e copando o podio, remata-ron Manuel 9 e Damián 8,

Voleibol 4x4 en Ourense4 O equipo Dani 7 foi o vencedor.

segundo e terceiro respec-tivamente.

Esta xornada foi de con-vivencia para os amantes deste deporte, onde se re-uniron entre as dúas sedes deportistas de 5 a 30 anos. Os maiores ensinaron aos máis pequenos o traballo en equipo e a colabora-ción cos demais.

Enfrontamento entre dous dos conxuntos participantes no torneo 4x4 de voleibol.

Redacción

Os días 3 e 4 de maio terá lugar na Gudiña o I Cam-pionato Galego Rallymix; proba que conxuga terra con asfalto. Unha nova pro-ba para o calendario galego da Federación de Automo-bilismo (FGA).

Este primeiro Rallymix terá un trazado secreto de preto de 1� quilómetros en terras da Gudiña. Constará de cinco pasadas, das que tres se farán o sábado 3 e

MOTOR

Terra e asfalto no I Rallymix da Gudiña4 Terá lugar o 3 e 4 de maio.

dúas o domingo 4.Poderán participar ve-

hículos autorizados pola Federación Galega de Automobilismo: carcross, vehículos de autocross, rali de asfalto, rali de terra, tur-bos etc. Estes competirán en cinco agrupacións: unha para vehículos de carcross e as outras catro para vehí-culos carrozados repartidos por cilindradas (ata 600cc, de 1.600cc a �.000cc, de �.000cc a 3.000cc e máis de 3.000cc).

Custo da inscriciónEste campionato será

low cost xa que a inscri-ción custará �50 euros.

PilotosSon moitos os pilotos

interesados en participar nesta primeira edición. O que é seguro é que os pi-lotos Óscar Pereiro e Luis Penido trazarán as curvas do trazado no coche 0 que abrirá a proba.

Xunto a eles participará Tino Iglesias, que liderará o equipo que leva o seu nome e que contará con 10 pilotos. Tamén acudi-rán a este evento os vas-cos Iñaki Alberdi e Xabier Lujúa; ademais de Roberto Méndez co equipo bercia-no RMC, e outros coma Surhayén Pernía e Alberto

O trazado da proba, duns 12 quilómetros, será secreto e realizaranse cinco pasadas

Meira (ambos con Fiesta R�); do preparador gale-go AR Vidal participará Amador Vidal, con su Mitsubishi N1 e moitas xóvenes promesas do mundo do motor. Pilo-tos de auto cross e car cross tamén estarán pre-sentes, destacando entre eles Álvaro Muñiz Mora. A organización mantén contactos con escuderías portuguesas para contar con presenza internacio-nal neste primeiro rali mixto.

Page 15: Bd 97

BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014

15

4O RINCÓN DO MESTRE

Capítulo 33. Deberes dos mozos deportistas.

O tempo das nosas vi-das é unha realidade, é un tesouro de valor incalcula-ble; a satisfacción persoal, o rumbo de ser ou non ser está directamente relacio-nado co tempo.

O tempo é irrecupera-ble, non se pode recuperar. Realmente, un nunca perde o tempo cando fai o que debe. O tempo hai que pro-gramalo para que non te perdas a ti mesmo. Para iso habemos de pór en ruta os seguintes deberes:

1º.- Ser puntuais no co-lexio, casa, adestramentos, partidos e desprazamentos co equipo.

2º.- Colaborar, axudar e apoiar a todos os seus com-pañeiros de equipo, do co-lexio e da escola deportiva.

3º.- Respectar ao árbitro, aos adversarios, aos seus técnicos-educadores, aos seus compañeiros e á afec-ción.

4º.- Asistir ás activida-des competitivas, encontros do primeiro equipo ao que pertencen, aos do seu equi-po.

5º.- Mostrar en todo momento unha educación deportiva exquisita, educa-ción que ha de facer exten-siva tamén a todos os de-mais aspectos da súa vida.

6º.- Estudar de acordo a

un plan de horario e go-zar adestrando.

7º.- Sentirse orgullosos da escola deportiva á que pertences.

8º.- Estar agradecidos aos seus técnicos-educa-dores.

9º.- Deber de mostrar en todo momento un espí-rito encomiable de supe-ración.

10º.- Rexeitar en todo momento a paixón e su-perprotección paternalis-ta.

12º.- Gozar durante a semana para sentirte pro-tagonista o domingo.

13º.- Defender a escola deportiva contra vento e marea.

14.- Aceptar o deporte como un medio, non como un fin.

15º.- Evitar as présas, son malas conselleiras.

16º.- A paciencia e tranquilidade achegaran-vos plenas satisfaccións.

Alfonso Vilachá, concelleiro de Deportes de

Ourense e entrenador

Deporte e realidade

ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Bedoya, 7, 1º, of. 6 - 3�004 Ourense. Tel: 988 04 53 5� / 685 969 546. Correo-e: [email protected]. Distribúe: Orixe. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Silvia Nieto, Miguel Rejo. Colabo-racións: Alfonso Vilachá, José A. Santos, José Mª Arribas

Nº97- Ano: VI - �5 de abril de �014 - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 04 53 5� / 685 969 546.

EN BREVE

Cando fomos deuses (XI)

24ª Xornada. C.D. Ourense 3 – 0 Alon-dras C.F.

Lolín, Guitián e Con-de suplen as ausencias de Pataco, Seara e Ángel, e de resultas destas modifi-cacións o xogo no céspe-de resulta malo, sendo o peor partido da tempada dos locais con diferenza, que superan positivamen-te grazas á falla de ambi-ción do Alondras e dereon sacado adiante o partido sen complicacións. Dous goles de Carballeda, un deles de penalti, e o ter-ceiro de Guitián, todos na segunda parte, certifican o novo triunfo.

25ª Xornada. Turista 0 – 5 C.D. Ourense

Novamente o Ourense logra marcar cinco tantos, nesta ocasión fronte a un vello rival e cunha exhibi-ción de fútbol. Tanto Seara como Carballeda fan dous goles cadanseu, comple-tando a conta Pataco.

26ª Xornada. Arsenal C.F. 0 – 3 C.D. Ourense

Na cidade departamen-tal Carballeda logra no-vamente facer tres goles nun novo triunfo cómodo do equipo onde o equipo local amosa unha infe-rioridade total fronte ao líder.

O Ourense levaba ga-ñados todos os partidos de liga pero o seu éxito non tiña repercusión na-cional. A boa tempada facilita que o adestrador, Bouso, que proviña do Atl. de Madrid, consiga pechar un amigable entre semana fronte aos colcho-neiros. Fernando, nado en Madrid de pais ouren-sáns, xogara nas catego-rías inferiores do Atlético.

Foron os contactos que seguía a manter cos de Madrid e o interese des-tes por acadar fichaxes a baixo custo o que facilitou o encontro. Os madrile-ños querían comprobar a calidade dese equipo que semellaba invencible. E lográrono.

No primeiro minu-to de xogo unha xoga-da desgraciada supón o un a cero para o Atleti. Posteriormente Pataco empata. E nun centro de Tunez prodúcese un gol en propia porta dos col-choneiros e a admiración da grada polos rojillos. Posteriormente o propio Túnez materializa o defi-nitivo un a tres.

A expectación modera-da deste partido troca ao remate do mesmo e sitúa aos seus xogadores no punto de mira dos gran-des clubs. Barcelona, Valencia e o propio At-leti pugnan polas figuras ourensáns. Os nomes que máis soan son Carballe-da, Pataco e Túnez. Fi-nalmente o Atleti fichou a Pataco, que resultou non ser tan boa compra como pensaban. Realmente o único que se pode con-siderar un triunfador é Cortés, que estivo varias tempadas en Primeira no Deportivo da Coruña. [Undécima entrega sobre a historia do CD Ourense na

tempada 67/68]José A. Santos

4TRIBUNA ABERTA

Non existe deportista que non busque mellorar, superarse e bater as súas marcas. E non hai mellor maneira de aumentar o rendemento deportivo que cun plan de adestra-mento no que se aplique o principio máis importan-te dunha planificación: o descanso e a supercom-pensación.

A aplicación de cargas de traballo unidas me-diante correctos períodos de descanso é o que nos permite aumentar o ren-demento. Nin demasiado breve, nin excesivamente longo, o tempo de descan-so debe ser o adecuado para permitir a recupera-ción do organismo tras o esforzo e o posterior au-mento do rendemento por enriba do nivel inicial. É neste momento cando de-bemos aplicar a seguinte carga de adestramento. O período de fatiga que se produce tras o ades-tramento produce unha diminución do rendemen-to, polo que, aínda que se poida pensar o contrario, o adestramento como tal non mellora o rendemento senón que o diminúe. Tras a fatiga hai unha fase de recuperación muscular e enerxética, e por último acontece a fase de super-compensación, na cal se aumenta a nosa capacida-de respecto do nivel pre-vio. Ao final desta etapa debemos volver realizar o noso adestramento.

Se a frecuencia dos estímulos é demasiado frecuente e por tanto o tempo de descanso é cur-to, diminúe o rendemento, acrecentando o empeo-ramento canto máis se

prolongue esta situación, podendo chegar ao sobre-entrenamento. Se o tempo entre adestramentos é de-masiado longo e o seguinte estimulo aplícase cando o efecto da supercompen-sación desapareceu, tam-pouco se conseguirá ningún tipo de mellora. No mellor dos casos mantense a for-ma, sendo interesante para determinados momentos da tempada.

Como sei cando debo volver adestrar? O mellor indicador é o propio corpo, se notamos síntomas de fa-tiga, pequenas molestias... é mellor descansar ata que desaparezan. Xeralmente os tempos de recuperación son de entre 8 e 24 horas para os exercicios de velocidade, entre 10 e 24 horas para os exercicios aeróbicos lixei-ros, entre 24 e 36h horas para os aeróbicos medios e entre 48 e 72 horas para os exercicios anaeróbicos e de forza máxima.

Conseguir a óptima com-binación entre adestramen-tos e descansos é a mellor maneira de aumentar o noso rendemento; sen des-cansos de pouco serve o adestramento.

Jose Mª Arribas Moreno, licenciado CCAFD,

entrenador persoal en ximnasio Trabazos

4PRACTICANDO SAÚDEDescanso e

supercompensación

“A aplicación de cargas de traballo unidas mediante correctos períodos de descanso é o que nos permite aumentar o rendemento”

“Respectar ao árbitro, aos adversarios, aos técnicos-educadores, aos compañeiros e á afección”

“A boa tempada facilita que o adestrador consiga pechar un amigable co Atl. de Madrid”

4 HoqueiO CH Barrocás finalmen-

te descendeu de categoría e o ano que vén participará na División de Honra B do hoquei herba. Aos pupilos de Roberto Oliveira résta-lles unha xornada, contra

Taburiente, para rematar a tempada.

4 BalonmánO Balonmán Pabellón

finalizou a Liga con dous empates e cero vitorias. Agora toca a Copa Depu-tación.

Page 16: Bd 97

BARRIOS DEPORTIVO�5 de abril de �014