Alonso montero

1
LA VOZ DE GALICIA: CULTURAS 5/1/2013 BEATUS QUI LEGIT Xesús Alonso Montero Un monumento aos trobadores Convidado, por La Voz, a falar dun feito valioso ou significativo no acontecer das letras galegas do último decenio, escollo, sen dúbida de ningunha clase (e sen faltarlle ao respecto a outros feitos), un libro titulado Os trobadores de Occitania, que foi publicado por Edicións da Curuxa (Romeán, Lugo) en xaneiro de 2011. Trátase dun volume de 638 páxinas que contén poemas de 87 autores (oito, anónimos) dos 460 trobadores que nos séculos XII e XIII trobaron en provenzal, ou sexa, na lingua de oc, en occitano. A poesía occitana deses dous séculos é un dos capítulos máis gloriosos da lírica de todos os tempos e constitúe o fundamento vivificador da lírica medieval europea sen excluír a galego- portuguesa dos séculos XIII e XIV. O responsable intelectual deste volume é o escritor Darío Xohán Cabana, que, como tradutor, exerce sempre, con xeito, de poeta e de filólogo. Figura á esquerda do texto occitano unha versión galega ad litteram, e á dereita, a poética, co debido rigor métrico e co máximo respecto á concepción literaria dos versos. Para os textos occitanos, Cabana escolle as mellores edicións, que coñece ben, e, nalgúns casos, dialoga con eses editores para propoñer unha nova lección. O noso tradutor leva anos e anos mergullado na caudalosa erudición dos occitanistas como ben pode comprobar quen lea con atención as noventa minuciosas páxinas dedicadas a Biografía e Notas de edición. Ilustran e confortan. Desde hoxe, os candidatos a occitanistas, os profesores de literatura medieval europea e todos aqueles que gusten da poesía provenzal da Idade Media teñen no volume preparado por Darío Xohán Cabana a chave axeitada para entender e saborear os versos de Arnaut Daniel, Marcabrú, Raimbaut de Vaqueiras, Peire Cardenal, Cerverí de Girona e outras grandes voces da poesía europea, algunhas femininas, como a condesa de Día. Xa non será indispensable consultar a magnífica triloxía de Martín de Riquer (Los trovadores, 1975-1982). Desde Galicia viaxaremos ao mapa da vella poesía provenzal aínda con máis garantía.

Transcript of Alonso montero

LA VOZ DE GALICIA: CULTURAS 5/1/2013

BEATUS QUI LEGIT

Xesús Alonso Montero

Un monumento aos trobadores

Convidado, por La Voz, a falar dun feito valioso ou significativo no acontecer das

letras galegas do último decenio, escollo, sen dúbida de ningunha clase (e sen faltarlle ao

respecto a outros feitos), un libro titulado Os trobadores de Occitania, que foi publicado

por Edicións da Curuxa (Romeán, Lugo) en xaneiro de 2011. Trátase dun volume de 638

páxinas que contén poemas de 87 autores (oito, anónimos) dos 460 trobadores que nos

séculos XII e XIII trobaron en provenzal, ou sexa, na lingua de oc, en occitano. A poesía

occitana deses dous séculos é un dos capítulos máis gloriosos da lírica de todos os tempos e

constitúe o fundamento vivificador da lírica medieval europea sen excluír a galego-

portuguesa dos séculos XIII e XIV.

O responsable intelectual deste volume é o escritor Darío Xohán Cabana, que, como

tradutor, exerce sempre, con xeito, de poeta e de filólogo. Figura á esquerda do texto

occitano unha versión galega ad litteram, e á dereita, a poética, co debido rigor métrico e co

máximo respecto á concepción literaria dos versos. Para os textos occitanos, Cabana escolle

as mellores edicións, que coñece ben, e, nalgúns casos, dialoga con eses editores para

propoñer unha nova lección. O noso tradutor leva anos e anos mergullado na caudalosa

erudición dos occitanistas como ben pode comprobar quen lea con atención as noventa

minuciosas páxinas dedicadas a Biografía e Notas de edición. Ilustran e confortan.

Desde hoxe, os candidatos a occitanistas, os profesores de literatura medieval

europea e todos aqueles que gusten da poesía provenzal da Idade Media teñen no volume

preparado por Darío Xohán Cabana a chave axeitada para entender e saborear os versos de

Arnaut Daniel, Marcabrú, Raimbaut de Vaqueiras, Peire Cardenal, Cerverí de Girona e

outras grandes voces da poesía europea, algunhas femininas, como a condesa de Día. Xa

non será indispensable consultar a magnífica triloxía de Martín de Riquer (Los trovadores,

1975-1982).

Desde Galicia viaxaremos ao mapa da vella poesía provenzal aínda con máis garantía.