A vida na prehistoria
-
Upload
rosacidgalante -
Category
Education
-
view
265 -
download
7
description
Transcript of A vida na prehistoria
A VIDA NA PREHISTORIA
TEMA 7
UN GRAN DESCUBRIMENTO• Os Australopitecus viviron nas
sabanas africanas hai uns 4,2 millóns de anos. Un esqueleto descuberto en 1974 chamado Lucy, confirmou que pertencían ao grupo dos homínidos e estaban na liña evolutiva que, tras moitas ramificacións, conduciría ao ser humano.
• Lucy daría lugar ao primeiro Homo.
• Lucy sabía gabear ás árbores, pero adoptaba ounha forma de camiñar bípede. O bipedismo supuxo un gran logo na evolución, xa que grazas a esta capacidade o desenvolvemento do cerebro foi importante o e rápido
1.-A PREHISTORIA E AS SÚAS ETAPAS. 1.1. A ciencia histórica
• A Historia é a ciencia que estuda o pasado da humanidade, é dicir, os aspectos políticos, económicos, sociais, culturais e artísticos das civilizacións.
• Os historiadores pregúntanse as causas e as consecuencias dos feitos do pasado para comprender mellor á sociedade.
• A HISTORIA DIVÍDESE EN DÚAS ETAPAS: PREHISTORIA E A HISTORIA PROPIAMENTE DITA.
1.-A PREHISTORIA E AS SÚAS ETAPAS. 1.2. As etapas da prehistoria
• A prehistoria abarca dende a aparición dos primeiros homínidos: hai 4,4 millóns de anos e a invención da escritura cara o 3250 antes de Cristo.
• PALEOLÍTICO
• NEOLÍTICO
• IDADE DOS METAIS
1.-A PREHISTORIA E AS SÚAS ETAPAS. 1.3. As escavacións arqueolóxicas
• Na Prehistoria non existen documentos escritos, polo tanto para coñecer os feitos deste período, os historiadores utilizan como fontes os restos materiais.
• Para sacalos á luz hai que facer ESCAVACIÓNS ARQUEOLÓXICAS
2.ORIXE E EVOLUCIÓN DA HUMANIDADE. 2.1.-Orixe do Ser Humano
• O ser humano é unha evolución dos primates, unha serie de mamíferos que apareceron hai uns 65 millóns de anos.
• A partir dos primates diferenciáronse:– Os grandes simios como o chimpancé, o
orangután e o gorila.– Os homínidos: que inclúen o ser humano actual
e os seus antepasados
2.-ORIXE E EVOLUCIÓN DA HUMANIDADE. 2.2.- Diferenzas entre os
homínidos e os simios• Os homínidos
diferéncianse dos simios nos trazos seguintes:– Bipedismo e a posición
ergueita.
– Polgar separado da man que permitiu coller instrumentos
– Aumento do tamaño do cerebro e o cranio e incrementou a súa intelixencia.
• http://www.youtube.com/watch?v=g9GWtQ5iaZc
2.-ORIXE E EVOLUCIÓN DA HUMANIDADE. 2.3.-O proceso de hominización
O proceso de hominización comezou en Africa hai uns 5-8 millóns de anos.
A causa puido ser un cambio climático que provocou o paso dun medio tropical húmido con bosque a outro de sabana máis seco e desarbolado. Isto obrigaría a certos primates, que ata entón vivían nas árbores e se alimentaban sobre todo de vexetais, a descender ao chan e buscar novos alimentos.
3.-MODO DE VIDA NO PALEOLÍTICO
• O paleolítico abarca dende os primeiros homínidos, hai 4,4 millóns de anos ata o descubrimento da agricultura, no 10000 a. C.
• Os primeiros humanos habitaron en África en zona cálida, pero ao extenderse por Europa e Asia, tiveron que adaptarse ao clima máis frío.
• Alimentación: baseábase na recolleita de froitos, pesca e caza de animais. Era unha economía depredadora.
• Os instrumentos eran de pedra. Esta tallábase mallándoa con outra pedra para fabricar machadas bifaces, puntas de frecha e coitelos.
• O lume, descuberto hai 1,5 millóns de anos, foi un dos principais inventos.• A sociedade estaba formada por tribos de 20 a 30 persoas.• Vivían de forma nómade.• Habitaban en covas ou chozas construídas con troncos e ramas ou tendas fabricadas de
peles.• As crenzas relixiosas centráronse na adoración das forzas da nautreza, os ritos máxicos
para favorecer a caza e a fecundidade e o culto aos mortos.• As primeiras manifestacións artísticas consisten en obxectos transportables, como as
estatuas femininas chamadas Venus, bastóns de mando, adornos…E pinturas rupestres realizadas sobre paredes e os teitos rochosos.
4.-O PALEOLÍTICO EN ESPAÑA E EN GALICIA
A presenza humana en España é a máis antiga de Europa, como demostran os restos do Homo Antecessor, atopado en Atapuerca (Burgos), pertence ao Homo Erectus. Máis tarde foi habitado polos neandertales e sapiens.
En Galicia entraron pola depresión de Lemos e tomaron dúas direccións: polos Ancares e o Xistral e outra polos vales do Sil e Baixo Miño.
• As pinturas rupestres localízanse en dúas zonas:
– ZONA CANTÁBRICA: as pinturas realizáronse nos recunchos de máis difícil acceso e cunha posible función de santuario. Representan animais illados. Cores: vermella, negra e ocre.
– ZONA LEVANTINA: a pintura fixéronse en abrigos rochosos. Representan escenas de caza, guerra e rituais, pintadas de forma esquemática. Cores: vermella e negra.
5.-MODO DE VIDA NO NEOLÍTICO• O Neolítico apareceu cara ao 10000 antes de C., co inicio da agricultura e a gandería e
finalizou no 4500 antes de cristo co comezo do traballo do metal.
• Xurdiu no chamado Crecente Fértil, unha rexión que se estende entre os ríos Tigre e Éufrates ata o Nilo. Dende alí difundiuse cara Europa, China e india.
• Xurdiu a agricultura e a gandería, e con iso a economía pasou a ser produtora.
• A agricultura naceu ao observar que as sementes que caían aochan orixinaba, co tempo, unha nova planta , e baseouse, sobre todo, no cultivo de cereais como trigo e arroz.
• A gandería xurdiu do costume de encerrar animais en cercados, apra telos como reserva de carne por se escaseaba a caza.
• Estes cambios coñecéronse como revolución neolítica.
• Os instrumentos seguiron sendo na súa maioría de pedra, aínd que para darlles forma utilizouse o pulido.
• A sociedade aumentou o número dos seus membros ao mellorar a alimentación.• A vida fíxose sedentaria. Así xurdiron aldeas e poboados.
• Produciuse unha especialización no traballo, é dicir, cada membro dedicábase a unha tarefa. Aumentaron as desigualdades sociais.
• As crenzas relixiosas centráronse no culto aos astros; á deusa nai que aseguraba a fertilidade das colleitas e do gando; e os mortos.
• A manifestación máis importante foi a cerámica, pulida.
6.-O MODO DE VIDA NA IDADE DOS METAIS
• Iniciuse cara o 4500 antes de C. co descubrimento da metalurxia ou técnica do traballo dos metais e durou ata os primeiros séculos do primeiro milenio.
• A metalurxia do cobre foi a primeira ténica e xurdiu nas sociedades do Crecente Fértil que fabricaban obxectos de adorno.
• Logo o bronce e finalmente o ferro.• A agricultura e a gandería seguiron sendo a base da economía. Inventous e o
arado.• O traballo do metal proporcionou unha grande variedade de útiles agrícolas
como sachos e fouces, armas e utensilios domésticos.
• As técnicas do traballo do metal eran:– Traballo en frío – Despois utilizouse a forxa na que o metal se quentaba no lume e logo se mallaba.– Usouse a fundición.
• A artesanía segiu fabricando tecidos de liño e la para os vestidos e elaboraron cerámica co invento do torno.
• O comercio desenvolveuse debido á necesidade de obter metais.• Outros dous inventos foron a roda e a vela.
7.-O MODO DE VIDA NA IDADE DOS METAIS
• A sociedade continuou aumentando e os poboados medraron e convertéronse en pequenas cidades.
• Agudizáronse as diferenzas sociais entre os distintos grupos.
• A finais do neolítico xurdiron as primeiras manifestacións arquitectónicas. Coñécense co nome de MONUMENTOS MEGALÍTICOS.
MENHIR
• A súa función descoñécese.
• Hipóteses– Puido erguerse para
fixar as almas dos mortos.
– Rendir culto ao sol– Marcar un territorio
• Ás veces dispúñanse en aliñamentos.
CROMLECH
• Son varios menhires dispostos en círculo.
• Hipótese:– Puido empregarse
como santuario para algún culto agrario ou solar.32
DOLMEN
• É unha cámara construída por grandes pedras verticais cubertas por outras horizontais.
• Empregouse como enterramento colectivo.
• Algúns teñen corredor.