A orixe dos deuses

2
1 MITOLOXÍA UNIDADE 1. A ORIXE DOS DEUSES Ao comezo de todo, Xea xurdiu do Caos. Ela soa xerou as Montañas, o Ponto (o mar) e a Urano (o ceo) que a cobre. Urano deixou caer sobre Xea unha chuvia fértil e fíxolle producir a herba, as flores e as árbores e os animais adecuados a cada planta. Desta mesma chuvia fluíron os ríos e creáronse os lagos. Xea e Urano tiveron varios fillos: Os Hecatonquiros, uns xigantes que, como o seu nome indica, tiñan cen brazos. Eran tres: Coto, Briareo e Xixes. Os Cíclopes, xigantes cun só ollo. Tamén eran tres: Brontes, Estéropes e Arxes. Foron construtores de grandes muros (ciclópeos) e tamén grandes ferreiros. Habitaban no volcán Etna en espírito, despois de que Apolo os mataou en vinganza pola morte de Asclepio. Ulises topou cos fillos destes no famoso episodio da cova do cíclope, relatado na Odisea de Homero. Os Titáns. Estes eran seis: Océano, Ceo, Crío, Hiperión, Xapeto e Crono. As Titánides. As súas seis irmás: Tía, Rea, Temis, Mnemosine, Febe e Tetis. Urano odiaba a todos estes fillos e obrigábaos a vivir no Tártaro, no máis profundo da Terra, no mundo subterráneo. Pero Xea, indignada por esta situación, convence aos Titáns de que ataquen ao seu pai. Crono, o máis novo deles sorprendeuno ao chegar a noite e castrouno cunha fouce de pedernal que lle facilitara a súa nai. Ao facelo, agarrou os xenitais de Urano coa man esquerda, quedando esta considerada de mal agoiro para sempre, e arrebolounos ao mar. Algunhas das pingas de sangue da ferida caeron sobre a Terra e delas xurdiron as Tres Erinias, vingadoras dos crimes de parricidio, e os Xigantes, que só poden ser matados por un deus e un mortal á vez, e as Ninfas dos Freixos, moi violentas. Das pingas de sangue e seme de urano que caeron ao mar, naceu Afrodita, a deusa do amor.

Transcript of A orixe dos deuses

Page 1: A orixe dos deuses

1

MITOLOXÍA UNIDADE 1. A ORIXE DOS DEUSES

Ao comezo de todo, Xea xurdiu do Caos. Ela soa xerou as Montañas, o Ponto (o

mar) e a Urano (o ceo) que a cobre. Urano deixou caer sobre Xea unha chuvia fértil

e fíxolle producir a herba, as flores e as árbores e os animais adecuados a cada

planta. Desta mesma chuvia fluíron os ríos e creáronse os lagos.

Xea e Urano tiveron varios fillos:

� Os Hecatonquiros, uns xigantes que, como o seu nome indica, tiñan cen

brazos. Eran tres: Coto, Briareo e Xixes.

� Os Cíclopes, xigantes cun só ollo. Tamén eran tres: Brontes, Estéropes e

Arxes. Foron construtores de grandes muros (ciclópeos) e tamén grandes

ferreiros. Habitaban no volcán Etna en espírito, despois de que Apolo os

mataou en vinganza pola morte de Asclepio. Ulises topou cos fillos destes no

famoso episodio da cova do cíclope, relatado na Odisea de Homero.

� Os Titáns. Estes eran seis: Océano, Ceo, Crío, Hiperión, Xapeto e Crono.

� As Titánides. As súas seis irmás: Tía, Rea, Temis, Mnemosine, Febe e Tetis.

Urano odiaba a todos

estes fillos e obrigábaos

a vivir no Tártaro, no

máis profundo da Terra,

no mundo subterráneo.

Pero Xea, indignada por

esta situación, convence

aos Titáns de que

ataquen ao seu pai. Crono, o máis novo deles sorprendeuno ao chegar a noite e

castrouno cunha fouce de pedernal que lle facilitara a súa nai. Ao facelo, agarrou

os xenitais de Urano coa man esquerda, quedando esta considerada de mal agoiro

para sempre, e arrebolounos ao mar.

Algunhas das pingas de sangue da ferida

caeron sobre a Terra e delas xurdiron as

Tres Erinias, vingadoras dos crimes de

parricidio, e os Xigantes, que só poden ser

matados por un deus e un mortal á vez, e

as Ninfas dos Freixos, moi violentas. Das

pingas de sangue e seme de urano que

caeron ao mar, naceu Afrodita, a deusa do

amor.

Page 2: A orixe dos deuses

2

CADRO XENEALÓXICO DOS FILLOS DE XEA E URANO