A herba luísa

12
A HERBA LUÍSA Iria Ferreiro Serantes IES Francisco Asorey, xaneiro 2014

Transcript of A herba luísa

Page 1: A herba luísa

A HERBA LUÍSA

Iria Ferreiro SerantesIES Francisco Asorey, xaneiro 2014

Page 2: A herba luísa

Nomes

CIENTIFICO: Aloysa citriodoraGALEGO: herba luísaCASTELÀN: hierba luísa, cedrónCATALÁN : marialluïsaINGLÉS:  lemon beebrushFRANCÉS: verveine citronnellePORTUGUÉS: Lúcia-lima, bela-LuísaALEMÁN:  zitronenstrauch

Page 3: A herba luísa

A HERBA LUÍSA é unha especie da familia Verbenaceae. Caracterízase por un olor semellante ó limón. Pode chegar a medir entre 3 e 7 metros. É orixinaria de Sudamérica, onde medra silvestre (Colombia, Chile, Arxentina, Paraguai, Uruguai, Bolivia, Perú, Brasil e México).

Page 4: A herba luísa

TaloSubleñosos ou leñosos na parte superior.

Page 5: A herba luísa

Follas

Verticiladas, simples, de forma lanceolada, apicada, de ata 7 cm de lonxitude, coa beira lisa ou dentada e o peciolo moi curto. Son de cor verde clara pola cara co envés marcado por unhas glándulas visibles que son as que soltan o olor parecido ó do limón

Page 6: A herba luísa

FloresPequenas, agrupadas en en espigas de ata 10 cm de longo.O cálice ten dous labios laterais; a corola é acampanada, con catro pétalos de cor branca ou lila.

Page 7: A herba luísa

FroitosPequenas drupas que se dividen en dúas núculas, cunha semente cada unha.

Page 8: A herba luísa

HábitatPrefire un clima cálido constante e exposición soleada. Non resiste ben ás xeadas.

Page 9: A herba luísa

Ciclo de vidaÉ plurianual é dicir vive máis de dous anos. É un arbusto de folla caduca. Caenlle as follas no inverno debido ó frío. Florece no verán.

Page 10: A herba luísa

UtilidadeOrnamentalUtilízase nos xardíns coma planta ornamental.

GastronomíaAs follas secas e picadas empréganse en prebes para darlle un arrecendo cítrico ás comidas. Elabóranse con ela tamén un sorbete.CosméticaPerfume, xabóns, aceites esenciais...

Page 11: A herba luísa

MedicinalA súa infusión utilízase como dixestiva carminativa e antiespasmódica, para casos de dispepsia ou dores de estómago. Consúmese tamén como sedante lixeiro. Posúe unha importante cantidade de melatonina, substancia que se usa como relaxante natural e que favorece o sono nocturno.

Os elementos usados en infusión recóllense dúas veces ao ano, a finais da primavera e comezos do outono. Empréganse as follas tenras e os remates floridos.

Page 12: A herba luísa

CuriosidadesA heba luísa é unha das sete herbas máxicas de San Xoán. Era considerada boa para os amoríos. Tamén se asocia coas troulas e festas nocturnas.