A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anxo Angueira

5
Non temos un exército, non temos unha posición xeo-estratéxica relevante, non temos petróleo nin diamantes, non somos unha potencia demográfica… E aínda así temos unha lingua e unha cultura milenarias que, desde Sarmiento, intentan recuperar non só a súa dignidade, senón que tamén todo o vigor necesario para para viviren e camiñaren –paso adiante, paso atrás– cara ós horizontes, distantes pero sempre presentes, de independencia e liberdade. E ben, preséntase hoxe aquí na Coruña ártabra, como un brillante e poderoso Cervo na Torre, un dos froitos máis portentosos que a nosa cultura e a nosa lingua nos regalaron desde Marcos da Portela. Porque esta anosada Comedia, de Dante non, xa de Darío Xohán Cabana, é un exército, a posición, o petróleo e mailo ouro, potencia descomunal capaz de racha-las peneiras visibles e invisibles da subalternidade, unha das conquistas literarias máis grandes que coñezo. Se a este traballo lle sumamos a anterior IV / 141 523 A DIVINA COMEDIA DE DANTE ALIGHIERI. TRADUCIÓN DE DARÍO XOHÁN CABANA Anxo Angueira

Transcript of A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anxo Angueira

Page 1: A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anxo Angueira

Non temos un exército, non temos unha posición xeo-estratéxica relevante, non temospetróleo nin diamantes, non somos unha potencia demográfica… E aínda así temos unhalingua e unha cultura milenarias que, desde Sarmiento, intentan recuperar non só a súadignidade, senón que tamén todo o vigor necesario para para viviren e camiñaren –pasoadiante, paso atrás– cara ós horizontes, distantes pero sempre presentes, de independenciae liberdade. E ben, preséntase hoxe aquí na Coruña ártabra, como un brillante e poderosoCervo na Torre, un dos froitos máis portentosos que a nosa cultura e a nosa lingua nosregalaron desde Marcos da Portela. Porque esta anosada Comedia, de Dante non, xa deDarío Xohán Cabana, é un exército, a posición, o petróleo e mailo ouro, potenciadescomunal capaz de racha-las peneiras visibles e invisibles da subalternidade, unha dasconquistas literarias máis grandes que coñezo. Se a este traballo lle sumamos a anterior

IV / 141 523

A DIVINA COMEDIADE DANTE ALIGHIERI.TRADUCIÓN DE DARÍO

XOHÁN CABANA

Anxo Angueira

A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 141

Page 2: A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anxo Angueira

tradución da Comedia, as dúas do Cancioneiro de Petrarca, a da Vita nova, a dasFloriñas de San Francisco, a dos stilnovisti –e eu engadiría tamén a dos Trobadores deOccitania–, o esforzo de Darío Xohán Cabana é de tal magnitude que non hai espelloque nolo poida reflectir.

Os que ficamos asombrados coa primeira entrega desta colección «A nosa vozentenden», aquela requintada e eruditísima d’Os Trobadores, non temos case alento ninpalabras para facer salutación desta obra monumental onde o talento, a erudición e aplenitude literarias de Darío responden, en galego e polo tanto desde a nosa lingua edesde a nosa cultura, o desafío universal, arquitectónico e literario, dun escritor únicocoma Dante e dun texto que é considerado talvez o máis grandioso, un texto sobre aaventura de vivir, sobre a aventura humana, sobre a aventura de escribir.

Citando a autoridade do propio Dante e do seu Convivio, dicíanos Giulia Lanciani noprólogo da primeira versión que fixo Darío da Comedia en 1990 que:

A imposibilidade de traduci-la poesía na integridade das súas valencias pon o traductor nanecesidade de «desafiar» o orixinal a unha especie de partida dobre, tomando en consideración perdase vantaxes a nivel do que Baudelaire –nos Projets de Préface– chama rétorique profonde: é dicir,tratará de compensa-la perda, ou mellor a destrucción, de figuras cardinais coa creación de figurasequivalentes, mantendo ou recuperando o equilibrio dinámico entre son e sentido, que está na base detodo discurso poético.

Son e sentido, si. Porque aínda que con Dante e Petrarca a música na poesía deixoude ser o que viña sendo e o poeta deixou de ser trobador, nunca a poesía deixou de sermúsica –aínda era canción–, só que a musicalidade continuou na poesía por outrosmedios. Ese é o primeiro gran desafío que asume esta tradución para quen entenda quetraducir poesía é traducir para poesía, que un hendecasílabo non son once sílabas, ninmoitísimo menos, e que os tercetos encadeados non son unha estrofa xogoral, candopoden converterse, co fío ben aguzado, en auténticas francadas. Houbo algún estúpidoque a propósito da tradución da Vita nova lle deu ó veo coas rimas imperfectas dasvogais medias. Esta tradución tápalle a boca a aquel repunante e a quen mesmo ande conese tipo de requeñeques. A música nunha catedral coma esta é tan importante ou máiscós nervios das bóvedas e os arcos das fiestras.

Na lúcida ponderación da Lanciani, e en parágrafos posteriores ó aquí lido, explícase,e moito mellor do que eu o podería facer aquí, as dificultades do traballo de Darío encanto ás complexidades lingüísticas, estilísticas, retóricas, sintácticas, rimáticas, etcétera,asociadas á tradución dun mosaico de admirable harmonía coma o texto de Dante. O quepasa é que, desde o noso punto de vista, todas esas dificultades son superadas grazas aque Darío non é só un gran poeta, un poeta capaz de estar á altura dos horrores daCommedia. Ademais Darío coñece a ferramenta necesaria para levar adiante o seu labor,sabe traballar cada unha das súas pezas e ten a extraordinaria paciencia de facelo sendescanso, coma un artesán, ata que o resultado satisfai a súa obsesión perfeccionista…non, a súa obsesión global pola beleza, polo amor, pola plenitude. Hai un enormeesforzo, pero tamén un talento tamaño. E a ferramenta é, porque así pasa sempre enliteratura, a lingua. Darío habilita a nosa lingua para recoller todas esas complexidadesque mencionaba Giuilia Lanciani. Darío traduce tamén toda esa variedade lingüística que

IV / 142 524

Anxo Angueira A divina comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana

A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 142

Page 3: A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anxo Angueira

eran, desde a lingua de Dante, sicilianismos, provenzalismos, latinismos, voces vulgares,arcaísmos… Porque Darío non só coñece a fondo o toscano de Dante, o italiano e osseus dialectos, tamén coñece moi a fondo, e pódeno comprobar n’Os trobadores, a linguaoccitana, como coñece a fondo a nosa prosa medieval, a Crónica troiana e as cantigasrelixiosas e profanas, como coñece coma poucos a lingua de toda a historia da literaturagalega contemporánea. E esas ferramentas, todo ese repertorio armamentístico, tamañotesouro que garda Darío, é indispensable para enfrontarse á Commedia e máis á súalonza, ás súas múltiples e variadas lonzas. Polo tanto Darío, con grandioso esforzo e oseu senlleiro talento, como xa o fixera, aínda que noutros parámetros, con Morte de Rei,acaba creando un galego extraordinario. Porque ten que responder a unha obra literaria,e lingüisticamente tamén, extraordinaria.

Como é posible que a tradución de 1990, gabada por Giulia Lanciani, premiada coamedalla de ouro do Florencia e chufada por Giuseppe Tavani, non satisfaga a este«tradutor afeccionado»? Porque Darío entendeu que de 1990 para acó tiña máis e mellorferramenta coa que enfrontarse ó que xa non era pantera. En vinte anos entendera queoutra música e bóvedas e fiestras, que outra catedral era posible e necesaria. Darío nonerra coa retórica o discurso de seus anos, Darío, se erra e está insatisfeito, corrixe comaun bo carpinteiro de lei. Pero, que había que corrixir? Que hai agora que non houbeseen 1990. Vexamos dous exemplos. Comecemos polo inicio do texto, o seu primeiroterceto:

Orixinal: Nel mezzo del cammin di nostra vita / mi ritrovai per una selva oscura, / ché la dirittavia era smarrita.

Versión 1990: No medio do camiño desta vida / vinme por unha selva tan escura / que a rectavía estaba confundida.

Versión 2014: No medio do camiño desta vida / acheime dentro dunha selva escura / que a rectavía fora confundida.

A variación fundamental está no segundo verso. A versión que hoxe nos ofrece Daríomellora en varios aspectos a que fixera vinte e catro anos antes. En primeiro lugar, afidelidade ó ritmo, reforzando notabelmente o acento na cuarta. En segundo lugar porqueeste acento recae nunha palabra forza (dentro) que responde a unha lectura moito máisperfilada do per orixinal e que se acompaña doutra escolla moito máis intensificadoraque vinme. A distancia entre vinme por e acheime dentro, ademais de dotar a versión demoita máis intensidade, ten outra importante implicación. Na primeira escolla aintensidade facíase xirar cara a escura con un tan que implicaba que o que co que seinicia o terceiro verso fose causal e comparativo. Isto non estaba no orixinal e asmelloras feitas nesta nova versión implican non só maior fidelidade co orixinal. Ese queagora é explicativo e tamén permite unha nova variación, aparentemente irrelevante, perotamén cargada de matices. Referímonos á substitución de estaba confundida por foraconfundida. Desde o noso punto de vista, a perda e o extravío, con esta elección, nondependen tanto da recta vía, personalízanse moito máis, hai un axente que perde ocamiño. Ademais, a perfectividade de fora fronte a estaba, sitúanos nun incipit moitomáis activo do proceso.

A divina comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana

IV / 143 525

Anxo Angueira

A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 143

Page 4: A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anxo Angueira

Por ilustrar con exemplos doutra índole, vaiamos ó verso noventa do Canto terceirodo Inferno.

Orixinal: Ma poi che vide ch’io non mi partiva, / disse: «Per altra via, per altri porti /verrai a piaggia, non qui, per passare: / più lieve legno convien che ti porti».

Versión 1990: Pero despois, en vendo que eu non me iba, / Dixo: «Por outros portos e outra vía /debes ir, non por estes pra cruzar: / pra ti cómpre unha nave máis esguía».

Versión 2014: E logo dixo, vendo que eu non me iba: / «Por outros portos e por outra parte / tes que buscar a vía pra cruzar: /mais leve leño cómpre pra levarte».

No primeiro dos versos a nova versión sacrifica unha expresión enxebre (en vendoque) para poder dispor de dúas sílabas máis no seguinte, o cal lle permite ser fiel árepetición paralela (por outros, por outra) do orixinal. O cambio de rima obrigadoorixina unha nova formulación do cuarto dos versos aquí citados. Xa non é posible esanave esguía, tamén enxebre pero que non estaba no orixinal. Darío auto-corríxese, oumellor, mellórase a si mesmo e introduce na nova versión unha nova fidelidade aoorixinal: a aliteración do leve leño, que o noso autor aínda intensifica co levarte queclausura o terceto e grazas á cal tamén se recupera a música dos acentos orixinais ensegunda e cuarta. En resumo, desde o noso punto de vista, hai maior fidelidade coorixinal, mesmo na música, maior precisión, maior intensidade.

Por outro lado, esta edición engade a respecto da de 1990, ademais de todas estascorreccións e perfeccionamentos, unha edición crítica do texto orixinal. Darío xa fixeraedición crítica, e ademais especialmente personalizada ó propor novas soluciónortográficas c’Os trobadores. Agora utiliza como referencia a edición de GiorgioPetrocchi, aínda que lle fai algunhas apostilas, todas perfectamente referenciadas exustificadas (páx. 23-24).

A edición do orixinal e mais a tradución veñen acompañadas dunhas moi valiosas eeruditísimas notas sobre o texto, pero tamén sobre a súa historia crítica. Trátase dun textoque desde logo precisa notas, dun texto moi complexo. Darío, ademais das explicacións,regálanos numerosísimos datos e escollida literatura sobre a Commedia.

Esta entrega aínda nos achega outro engado ao final das súas páxinas. Trátase dunhasección moi interesante que leva por título «Vocabulario». Globalmente pode entendersecomo unha xustificación explicativa das propias escollas léxicas, pero tamén ten outrosvalores, como o de apostilar e emendar o corpus e os xeitos do Dicionario da RealAcademia Galega. En todo caso, Darío remítenos ó seu propio coñecemento da lingua (eda súa historia) e á autoridade, pomos por caso, de Pondal (constreito), á de Aquilino(afoularse), á das Cantigas de Santa María (ancela), á de Pintos (amaro), etcétera. Apropósito de desmo, e sirva como mostra, remítenos o autor a Díaz Castro. Faino destexeito:

O mesmo dá décimo, no sentido de tributo, pero mellor. E por que nos parece mellor? Pois porqueé a forma realmente presente na fala e porque non é castelanismo nin invención, pois xa aparece benclariño na escrita medieval: dezmo ou desmo, evolución perfectamente normal de dézemo ou désemo. Etoda cousa ha de pagar seu «desmo», lembraríanos Díaz Castro se aínda estivera entre nós.

IV / 144 526

Anxo Angueira A divina comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana

A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 144

Page 5: A Divina Comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana. Por Anxo Angueira

Considera desde un punto de vista sistémico, esta obra e todo o admirábel conxuntode traducións que Darío Xohán Cabana vén realizando de Dante, de Petrarca ou dosstilnovisti representa un novo selo na relación entre Italia e Galicia. Desde polo menosprecisamente Dante, Galicia, Santiago e o seu Camiño están presentes na literaturaitaliana. Estano na Vita nova e tamén ca Commedia, no canto XXV do Paraíso: «e la miadonna, piena di letizia, / mi disse: «Mira, mira: ecco il barone / per cui là giù si vicitaGalizia». Os cancioneiros medievais galegos «refuxiáronse» en Italia e algúns dos máisgrandes críticos e estudosos dos mesmos son italianos, coma o mestre Giuseppe Tavani.Agora ben, na literatura galega contemporánea hai una obra fundamental, e precisamentedecisiva desde o punto de vista sistémico, que nos relaciona moi directamente con Dantee con Italia. O divino sainete (1888) de Curros, ademais de ser obra claramente inspiradana Divina comedia, desde o título e seguindo, aínda que con outra intención, varios dosseus modelos, é en boa medida todo un canto a Italia, á Italia liberal e republicana doRisorgimento, vencedor da monarquía e dos estados pontificios: «–¡Salve, de entusiamocheo / escramei– patria sagrada / do Dante e do Galileo!», coma «¡Sol de Italia, sol deamore…!», en Rosalía de Castro. Porque o modelo de Manzini, Garibaldi e os masónscarbonarios era a base tamén do noso Rexurdimento: «Ouh, patria das patrias tempro, /quen do teu mal adoeza / cúrese co teu exemplo!». E ese é o modelo que lle serve dealicerce a Murguía como principal ideólogo do nacionalismo galego. Por isoprecisamente é polo que inclúe entre os seus Los precursores (1885), xunto a Faraldo,Pondal, Avendaño, Vicetto, Rosalía… a Leonardo Sánchez Deus, compostelán quebuscou en Italia e á beira de Garibaldi o camiño da loita pola liberdade.

Naqueles tempos en que Murguía reflexionaba sobre a súa xeración, chegou Curros eescolleu por Virxilio a Francisco Añón, poeta morto de fame e frío; por excelsoshendecasílabos encadeados, tríades de cantares do pobo; por Comedia a entroidada sociale política do seu tempo. E todo para nos indicar que fronte ó vigor daquela Italia, Galiciaera unha vella tolleita… Pero camiña. E con pasos adiante e pasos atrás fomosavanzando. Hoxe preséntase unha tradución da Comedia que non se atreverían nin asoñar nin Curros nin ningún dos nosos mencionados mestres. Velaquí pois a nosafortaleza para continuar: o disciplinado exército, a intelixente xeo-estratexia, osmillonarios recursos auríferos… En definitiva, a potencia descomunal do traballo dunpatriota e artesán coma Darío Xohán Cabana.

A divina comedia de Dante Alighieri. Tradución de Darío Xohán Cabana

IV / 145 527

Anxo Angueira

A Trabe de Ouro 100_v3.qxp_A trabe 98 03/03/15 11:45 Página 145