A cociña de Toto Murube
-
Upload
kalandrakacom -
Category
Documents
-
view
236 -
download
8
description
Transcript of A cociña de Toto Murube
JOSÉ A. RAMÍREZ LOZANO PABLO OTERO
MURUBE
A cociña de
A cociña de
JOSÉ A. RAMÍREZ LOZANO
PABLO OTERO
A cociña de
A letra con polo entra ...................................7
Escritor de receitas ......................................11
Lapis e papel .................................................14
Impo fritido ...................................................18
Piquero ............................................................22
Bigote ao gusto .............................................26
Toto Murube, restaurante creativo ..........29
Menús especiais ............................................34
Toto contra a fame ........................................38
Comida rápida ..............................................42
A fotocomida .................................................45
Don Pablo ......................................................50
Receita en verso para facer receitas .........54
Índice
7
Toto Murube sempre estaba nunha nube.
Toto era un mendigo ambicioso que soñaba con ser cociñei-
ro algún día e elaborar os mellores pratos. Facíaselle auga na
boca cando miraba as tortas nos escaparates e cheiraba o
fume picante das cociñas dos bares.
Toto pasaba o verán na rúa, á sombra dunha acacia en flor.
E o inverno, baixo os soportais do Banco do Negocio, toda a
noite a durmir nunha caixa de cartón enorme, igual ca un fri-
gorífico.
–Toto, a túa vida está na aldea –dicíanlle os outros mendi-
gos–. Marcha de volta a Medina, Toto. Aquí has de conxe-
larte.
Toto era de Medina del Puerto, unha aldea da serra. A Toto
xa non lle quedaba frío no corpo. O seu pai fora carboeiro, e
Toto pasara na serra todo o frío da súa vida.
A letra con polo entra
8
–Toto, marcha de volta.
–Que non –respondíalles con rabia–. Eu, a Medina, xamais.
A ver se entendes dunha vez: quero ser cociñeiro en Madrid.
–Cociñeiro? Ti? Se non sabes nin ler. Como te vas amañar
para faceres unha sopa de letras?
Iso era verdade. Toto nunca fora á escola de pequeno e agora
non o admitían en ningún curso de cociña por iso: por anal-
fabeto. Así que pasaba o día pola rúa cun gorro vello de coci-
ñeiro que lle regalara don Pablo Sanz, dono do restaurante
Los Gallos.
Don Pablo Sanz era o home máis informado do mundo: lía
seis xornais cada día mentres os camareiros servían as mesas.
Cando pechaban, don Pablo sempre lle daba a Toto un
anaco de polo ou un filete de peixe espada envolvido nun
papel de periódico que acababa de ler. Toto agarrábao coas
mans sucias e as letras das noticias pegábanselle ao filete,
cheo de aceite. De xeito que Toto non paraba de comer letras
todos os días. E tantas e tantas letras foron as que tragou coa
peituga de polo e o peixe espada que acabou facendo a dixes-
tión do abecedario.
E mesmo o alimentou.
Aos poucos meses, Toto decatouse de que podía ler sen
esforzo, e entón acudiu a don Pablo.
–Don Pablo, sabe vostede que xa sei ler?
–Ler? Ti? –estrañouse o dono de Los Gallos–. Seica fuches
á escola nocturna, rapaz?
9
–Non, foi cousa dos xornais, as letras dos xornais que voste-
de me daba co polo, que as fun papando, e coñécese que me
alimentaron.
–Non o podo crer. A ver, le aquí.
Don Pablo púxolle un xornal diante. Toto apuntou co índice
sobre a liña e comezou a ler.
–«Hoxe chegaron ás praias das Canarias dúas pateras con
máis de sesenta e dous inmigrantes subsaharianos, dous
deles rapaces...»
Don Pablo quedou asombrado e a partir daquela mesma
noite meteuno a traballar de pinche na cociña do bar.
11
Ao principio a cociña entusiasmouno. Por fin podía comer
quente. E amasar as croquetas coas propias mans. E empanar
as peitugas. E enrolar os flamenquines de queixo, co que lle
gustaban.
–Toto, dúas de luras! –Metíalle présa Periquín o camareiro.
–Marchando. –E pasáballas.
E pouco despois, Periquín outra vez.
–Toto, dúas de gambas con allo!
E outra:
–Peituguiña á prancha, unha!
E outra:
–Neno, media de croquetiñas!
E así un día e outro día. Ata que se fartou. Aquelas receitas
aborrecíano. Eran as receitas de sempre, feitas a correr e sen
gusto. Toto soñaba con receitas novas, receitas coma as dos
Escritor de receitas
12
grandes cociñeiros que vira na tele. Máis, aínda máis. Toto
quería facer receitas máxicas e creativas que mudasen a vida
tan tediosa dos restaurantes de todo Madrid.
–Marcho –dixo quitando de repente o mandil e o gorro.
–Como que marchas? –Levantou os ollos do xornal don
Pablo–. E logo, meu, que vas facer sen traballo?
–Vou escribir.
–Vas escribir? Cata que de escribir non se come, Toto.
–Vou escribir receitas de cociña –respondeulle todo conven-
cido.
Entón don Pablo cerrou o xornal e quedou a mirar para el
pensativo.
–Mira, como es un rapaz espelido –díxolle–, vouche dar
outra oportunidade. Tráeme un par desas receitas túas. Se
temos éxito con elas, douche parte no negocio do bar. Que
che parece?
–Hei de traerllas. Prométollo.
Colección SETELEGUAS
Título orixinal: La cocina de Toto Murube
© do texto: José A. Ramírez Lozano, 2012
© das ilustracións: Pablo Otero, 2012
© das tradución: Carlos Acevedo, 2012
© desta edición: Kalandraka Editora, 2012
Italia, 37 - 36162 PontevedraTelf.: 986 860 [email protected]
Deseño dos logotipos da colección: Óscar Villán
Impreso en Gráficas Anduriña, PoioPrimeira edición: maio, 2012ISBN: 978-84-8464-788-1DL: PO 182-2012Reservados todos os dereitos
Toto Murube non tivo sorte na vida; de condición humilde,
non puido estudar, nin sequera aprendeu a ler. Quizais por iso
Toto Murube era un mendigo máis a vagar pola gran cidade.
Algunhas noites, mentres durmía no chan do caixeiro dun banco,
Toto Murube soñaba que a súa sorte cambiaría e que chegaría
a comer o mundo. Que inxenuo, verdade?
Aínda que… ás veces, a realidade
supera ata os mesmos soños.