A arte paleocristiá
-
Upload
profesor-historia -
Category
Education
-
view
1.099 -
download
4
description
Transcript of A arte paleocristiá
A ARTE PALEOCRISTIÁ
A PRIMEIRA ARTE CRISTIÁ
O CONTEXTO HISTÓRICO
O Cristianismo desenvólvese nos últimos séculos de historiado Imperio Romano (s. IV-VI)
Até o 311
• Enfrontamentos co Estado romano por Se negar a recoñecer o culto imperial e o carácter divino do Emperador • Persecucións decretadas por varios Empreradores
Desenvólvese unha arte clandestina,cunha linguaxe sinxela e simbólica.
É unha arte pobre dende o punto de vistatécnico e material.
Fórxase a iconografía cristiá
EDITO DE MILÁN (311)Liberdade relixiosa
Tolerancia do culto cristián(A Paz da Igrexa)
Ano 391 O cristianismo convértese
na relixión oficial do Imperio PROHIBICIÓN DOS CULTOS
PAGÁNS
Reforzamento do poder da Igrexae fin da clandestinidade
A ARTE PALEOCRISTIÁ
ARQUITECTURA ARTES PLÁSTICAS
NATUREZA DA ARTE PALEOCRISTIÁ
• A primeira arte cristiá é unha ponte entre dúas culturas: a clásica da antigüidade e a cristiá medieval
– O seu fin era estritamente relixioso
• Trátase dunha linguaxe ao servizo da liturxia e a verdade revelada. Por iso, a representación da verdade espiritual predomina en detrimento de a verdade física. Por esta razón, a arte paleocristiá é unha arte anticlásica: sublíñase o seu sentido simbólico e expresivo
• A arte plástica será unha narración clara e concisa, cun forte carácter didáctico e pedagóxico. Esteticamente segue a liña marcada pola arte romana baixo-imperial: tendencia á esquematización conceptual
A ARTE PALEOCRISTIÁ: A ARQUITECTURA.
Cando a fins do s. IV (313, Edito de Milán) se autoriza o culto cristián, comeza a construción das primeiras igrexas, xa de dimensións considerables
Escóllese o modelo da BASÍLICA ROMANA (antes tribunal de xustiza e sede do mercado)
Pola súa concepción espacial Capacidade de acollida de grandes multitudes
Porque nunca fora recinto de culto doutras relixións
• Adáptase ás necesidades litúrxicas
Basílica de Santa María a Maior, Roma. Ano 432
RECONSTRUCIÓN DA PRIMITIVA BASÍLICA DE SAN PEDRO EN ROMA (ANO 323)
Interior da primitiva basílica paleocristiá de
San Pedro en Roma
O espazo interior distribúese:• Nunha planta rectangular dividida en varias naves (3 o 5) paralelas, separadas por filas de columnas ou piares sobre os que se apoian arcos ou dinteis
• No extremo da nave central, que é máis alta e ancha cás laterais, sitúase a ábsida, semicircular ou cadrada
• Contaban orixinariamente cun adro porticado que precedía ao nártex (vestíbulo transversal aberto ao edificio en columnatas ou portas; era un espazo reservado aos catecúmenos)
• A través del accedíase á sala principal, de tres ou cinco naves, destinada aos fieis
Planta da Basílicade San Pedro (Roma)
• A diferenza de altura permite situar unha fila de xanelas que ilumina o interior
• Na cabeceira sitúase o presbiterio (reservado aos sacerdotes) co altar, lugar principal do templo, dende onde se oficia a misa. Adoita ter forma de ábsida ou de exedra final e vén precedido por un arco de medio punto que remata a nave central, verdadeiro arco triunfal que nos lembra os arcos conmemorativos romanos e que se erixe en clara alusión ao triunfo da Igrexa
Alzado y sección de una Basílica
Basílica de Santa Sabina (Roma)EXTERIOR DA BASÍLICA
•A sobriedade técnica é a nota característica•Emprégase o morteiro para as paredes, que se recubren con ladrillo•Os muros exteriores son lisos e sen ornamentos. A apariencia xeral é a dun conxunto de bloques cúbicos unidos•A cuberta: é de madeira a dúas augas na nave central e sinxela nas laterais (cun armazón de vigas de madeira no interior que soen ocultar con taboleiros horizontais lisos ou casetonados)• Os elementos clásicos empréganse sen criterio arquitectónico• A grande diferenza coa basílica romana é a desaparición da bóveda (que non volverá a utilizarse até o ano 1000)
BASÍLICA DE SANTA SABINA (ROMA) VISTA INTERIOR
A igrexa desenvólvese arredor dun eixe lonxitudinal, dende a entrada até o altar. Así, a “acción humana” dos edificios
romanos identifícase co “camiño cara a Deus”
Mausoleo de Santa Constanza (Roma) ano 350
Erixido polo emperador Constantino para albergar os restos da súa filla Constanza. Responde ao modelo de edificio centralizado, alternativo á basílica, que foi utilizado para baptisterios, mausoleos, martyria (restos sepulcrais de mártires), e que debían as súas plantas circulares ou poligonais á necesidade de facer accesible o obxecto ou persoa venerada
Mausoleo de Santa Constanza (Roma) ano 350
O edificio estruturábase en 3 círculos concéntricos: •Unha columnata exterior (desaparecida)•Un segundo círculo, delimitado por un macizo muro cuxo paramento se ve alixeirado polos numerosos nichos abertos nel, cuberto por bóveda de canón e separado do terceiro por unha dobre columnata•Un terceiro círculo, presidido por unha cúpula, que acollía no centro o luxoso sarcófago da princesaO edificio está pensado coma unha rotonda, responde a unha concepción espacial diferente da do Panteón romano. Se a cúpula deste descansaba sobre un cilindro macizo, a de Santa Constanza eríxese sobre un anel de columnas que parece buscar a ingravidez, tan do gusto oriental
Os elementos clásicos mantéñense en detalles como os fragmentos do entablamento que rematan as columnas (seguramente expoliados de calquera outro edificio imperial)
Mosaico da vendima
O papa Sixto III foi o impulsor da construción de obras sobre formas anteriores, como ocorre neste baptisterioEstá levantado sobre unha antiga estrutura octogonal de tempos de ConstantinoÉ de planta centralizada e está rodeado por un deambulatorio abovedado que lembra a Santa ConstanzaConstitúe un dos mellores exemplos de planta centralizada do s. V
Baptisterio de San Xoán de Letrán (Roma)
S. V
A ARTE PALEOCRISTIÁ: AS ARTES PLÁSTICAS
As catacumbas de San Calixto
Ao principio, os cristiáns utilizan como lugar de
reunión o TITULUS, a casa dun patricio acomodado Paralelamente xorde o CEMITERIO PÚBLICO situado nas calzadas de
acceso á cidade: A CATACUMBA
As catacumbas conteñen as manifestacións máis
primitivas da plástica cristiá. Trátase de pinturas que
decoraban os teitos e paredes con temas alusivos
á fe cristiá
Catacumba de San Calixto (Roma)
A catacumba é un recinto subterráneo (os cristiáns teñen prohibida a exhibición dos seus símbolos relixiosos) organizado a partir de galerías (ambulacrum), en cuxas paredes se atopan os lóculos rectangulares para os cadáveres que, ás veces, acollen baixo un arco semicircular (arcosolium). Ao exterior disponse a cella memoriae, a modo de templete
Catacumba paleocristiá
Capela da catacumba de Santa Priscila en Roma
En canto ao estilo, estas pinturas levan a marca da tradición grecorromana. Esta figura (esquerda), que no aspecto artístico non parece moi impresionante, resulta, a pesar de todo, profundamente conmovedora como imaxe de fe. Posúe unha carga segreda de convición que compensa calquera incompetencia técnica
orante
AS ARTES PLÁSTICAS: A Iconografía paleocristiá
(o ciclo de imaxes que representan os contidos dogmáticos da fe cristiana)
pintura da catacumba de Priscila
“A pintura pode ser para os iletrados o mesmo que a escrita para os que saben ler” (Gregorio o Grande)
A ICONOGRAFÍA PALEOCRISTIÁ
Responde ás directrices da xerarquía cristiá. Os ciclos de imaxes evocaban a providencia de Deus para cos homes, a salvación ou os sacramentos
SÍMBOLOS: a Pomba (o bautismo e a pureza), o Peixe (Cristo), o Año (o año pascual), Pavo real (a inmortalidade), Alfa e Omega (Principio e Fin), Crismón (anagrama de Cristo)TEMAS: o Bo Pastor, Adán e Eva no paraíso, Nai con Neno, Orante Xesús, etc.TEMAS DO ANTIGO TESTAMENTO: sacrificio de Abraham, Xonás e a balea, a resurrección de Lázaro, etc.TEMAS PAGÁNS: amorcillos, vitorias aladas, vides, etc.
símbolos cristiáns
Cristo sedente S. IV
Museo das Termas de Romamármore
Cristo aparece aquí representado como mestre, co rolo da lei na man dereita ao modo dos antigos filósofos gregos. Aparece imberbe e co cabelo longo, sentado sobre unha cadeira curul, o que lle outorga o poder de xuiz entre os romanos
O bo pastor
Un dos motivos máis coñecidos e populares da arte paleocristiá é o do Bo
Pastor, representado como un pastor vestido con túnica, que carga unha
ovella.Este tema simboliza a Cristo como salvador do seu rabaño. En tempos
do cristianismo primitivo, a imaxe do Bo Pastor usouse para decorar lápidas, sarcófagos e escultura funeraria, co fin de mostrar a salvación da alma.
Este tema tamén serviu para ornamentar outros obxectos, como as lampadas de arxila que se prendían
con aceite e que iluminaban os corredores das catacumbas
Relevo do Bo PastorS. III , catacumba de
Pretestato, Roma.
OS SARCÓFAGOS PALEOCRISTIÁNS
Os cristiáns que podían facer sarcófagos de mármore pedían que labrasen neles símbolos e episodios tomados do Antigo e do Novo Testamento
O común denominador que expresa o significado destas obras artísticas é o da certeza da salvación a través da Fe en Deus
Fragmento da tapa dun sarcófago do s. IV, onde se aprecia o motivo da “nave mística”. Os nomes
gravados cerca de cada un dos personaxes explican quen son: IESUS, quen leva o temón, e os remeiros:
MARCUS, LVCAS e (IO)ANES. Esta escena que simboliza a Igrexa como a nave da que Cristo é o
temonel e a cal guían os evanxelistas
sarcófago de Strigylos co tema do Bo Pastor
Os sarcófagos paleocristiáns
Sarcófago dos ApóstolosFRONTAL EN FORMA DE FRISO CONTINUO
Nos sarcófagos advírtese unha evolución: 1. Só se decora a súa fronte con modulras sinuosas e cóncavas (Strigylos)2. Organización do frontal en forma de friso ou acubillando as figuras e escenas baixo arcadas
Escenas do sarcófago de Toledo procedente de LayosTitulo: Adán e Eva e a adoración dos Magos, S. IV
Museo: Museo Marés de BarcelonaRelevo
SARCÓFAGO CO FRONTAL EN FORMA DE FRISO CONTINUO
Sarcófago do Bo PastorTitulo: Sarcófago do Bo Pastor, S. IV
Museos Vaticanosrelevo
Sarcófago paleocristián con escenas da paixón de Cristo S. IV
Museos Vaticanos relevo
FRONTAL ORGANIZADO EN ESCENAS BAIXO ARCADAS
sarcófago de Xunio Basso
Lápidas cristiás
Nas catacumbas atopáronse múltiples símbolos e historias do cristianismo gravados en lápidas. Aquí temos unha lápida onde se representou a
existencia terreal como unha viaxe perigosa que chega á meta final que ilumina a luz do faro, unha alegoría da Fe cristiá
Lápida con inscrición funeraria de Firmia Victoria. Mármore branco. S. III
EN CONCLUSIÓN
• A arte paleocristiá evoluciona dende o primitivo aniconismo até o descubrimento da utilidade das imaxes
• A claridade e a sinxeleza son o eixe da linguaxe plástica e dos programas iconográficos. Importa o seu significado, o seu valor conceptual
• Os artistas, educados nos métodos descritivos romanos, fóronse concentrando progresivamente no ensencial
• Coma relixión libertadora e salvadara, o cristianismo recorre á representación visual para adoutrinar os fieles
• Máis ca pefección plástica, recorre a símbolos, ou a temas da mitoloxía clásica, pero dotándoos dun significado cristián. A simboloxía e a iconografía cristiá comezará, en consecuencia, por unificar dúas tendencias: a realista romana e a abstracta oriental