9. POESÍA DE POSGUERRA II O TEATRO DE POSGUERRA. A... · describe a exuberante paisaxe tropical, o...
Transcript of 9. POESÍA DE POSGUERRA II O TEATRO DE POSGUERRA. A... · describe a exuberante paisaxe tropical, o...
A Xeración das Festas Minerivais
• Autores nacidos entre 1930 e 1940 que comezaron a publicar
na década do cincuenta e renovaron a poesía galega.
• A maioría ten formación universitaria e participan nas Festas
Minervais (concursos literarios da Universidade de Santiago)
• Manteñen un compromiso político conta a ditadura franquista.
• Autores: Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, Manuel María,
Xohana Torres, Avilés de Taramancos, López Casanova,
Bernardino Graña…
9. POESÍA DE POSGUERRA II
O TEATRO DE POSGUERRA
UXÍO NOVONEYRA
O Courel 1930-1999
• Pasa a infancia no Courel. Estudou e traballou na radio etelevisión en Madrid, alí contacta co grupo poético Brais Pinto.Regresou ao Courel en1966 e trasladase a Compostela en 1983.
• Destaca pola poesía paisaxística que presenta as montañas doCourel: serras e cumes, lobos e aguias, ríos sonoros, neve enéboas, a vexetación… unha natureza grandiosa ante a que o serhumano se sente pequeno e coa que se fusiona.
• Na súa poesía destacan os efectos fónicos (aliteracións,onomatopeas, fonosimbolismo…), a brevidade e condensacióndos seus versos.
• Ademais cultivou a poesía social, a intimista e a amorosa.
• Obras: Os eidos (1955), Elexías do Courel e outros poemas(1966), Poemas caligráficos (1979), Muller para lonxe (1986)...
Uxío Novoneyra
MANUEL MARÍA (Outeiro de Rei, 1930 - A Coruña, 2004)
• Nace na Terra Chá, espazo principal da súa poesía. EstudouFilosofía e Letras en Santiago. Despois de vivir moitos anos enMonforte como procurador dos tribunais, trasladouse á Coruña.
• Como poeta combina tres liñas temáticas: a paisaxística,centrada na Terra Chá; a poesía social, na que amosa o seucompromiso nacionalista desde a sátira e a ironía; e a intimistae amorosa.
• Entre as máis de corenta obras destacan: Muiñeiro debrétemas (1950), Advento (1954), Terra Chá (1954),Documentos persoaes (1958), Os soños na gaiola (1968),Versos do lume e o vagalume (1982); Ritual para unha tribocapital de concello (1986), A primavera de Venus (1993)….
Manuel María
BERNARDINO GRAÑA
Cangas do Morrazo, 1932
• Estudou Filosofía e Letras en Santiago, Salamanca e Madrid.
En Madrid entrou en contacto co Grupo Brais Pinto. Exerceu a
docencia en varias cidades, ata o seu regreso a Cangas, onde
vive na actualidade.
• Na súa poesía hai dous grandes temas: a natureza e o mar.
Trata da vida mariñeira e emprega termos e xiros da lingua viva
do Morrazo. Tamén denuncia a deshumanización do mundo
actual e os problemas ambientais (contaminación, incencios…)
• Obras: Profecía do mar (1966), Non vexo vigo nin Cangas
(1975), Se o noso amor e os peixes (1980), Himno verde
(1992), ….
Bernardino Graña
• Dúas etapas na súa poesía: a anterior á súa emigración a
Colombia, onde pasou vinte anos, e a que se inicia tras o regreso.
Nesta etapa recolle a súa experiencia vital da viaxe (coma Ulises),
describe a exuberante paisaxe tropical, o retorno…
• Obras: As moradías do vento (1954), O tempo no espello (1982),
Cantos caucanos (1985), As torres no ar (1989)…
Avilés de Taramancos (Noia, 1935- 1992)
• A súa poesía trata temas intimistas (a angustia, a soidade, o paso
do tempo, a fugacidade das cousas, a memoria..) e sociais (a
preocupación por Galicia).
• Obras: Do sulco (1959), Estacións ao mar (1980), Tempo de ría
(1992).
Xohana Torres (Santiago, 1931)
MÉNDEZ
FERRÍNOurense, 1939
• Como poeta iníciase con libro na liña existencial da Escola da
Tebra que dá paso nos seguintes a unha poesía civil e
reivindicativa publicada baixo o pseudónimo Heriberto Bens.
• A súa obra Con pólvora e magnolias inicia unha nova etapa na
poesía galega que rompe cos tendencia social-realista dos
seguidores de Celso Emilio Ferreiro.
• A nivel formal destaca o ton épico-lírico, a riqueza das imaxes e
símbolos, e a variedade métrica
• Obras: Voce na néboa (1957), Con pólvora e magnolias (1976),
Poesía enteira de Heriberto Bens (1980), Estirpe (1994)…
Médez Ferrín
O TEATRO DE POSGUERRA
• Na posguerra paralizase a actividade teatral. A falta de liberdade e a
censura supoñen a paralización da actividade teatral, que só vai
continuar no exilio americano, especialmente en Bos Aires.
• Coa creación da editorial Galaxia retómase a publicación de textos
teatrais orientados máis á lectura que á representación.
• Desde mediados dos 60, diversos grupos emprenden a recuperación:
Teatro Circo, O Facho, Teatro Popular Galego….
• Nos anos 70 aparecen novos grupos: Ditea, Antroido, Troula…. A
partir de 1973 a Mostra de Teatro de Ribadavia serve de encontro e
proxección de autores e grupos.
• Autores: Blanco Amor, Luís Seoane, Vidal Bolaño, Carballo Calero,
Daniel Cortezón, Manuel María….