6 Mai 2010 - Nº 12

16
Número: 12 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 6 de maio de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta [10.000 exemplares directos ás súas mans] BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 21 de maio . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 Atletismo: O Ourense Atletismo Academia Postal xogarase a permanencia en División de Honra na próxima xornada páx. 7-8 O Cidade de As Burgas xógase o play off de ascenso contra o Combarro FÚTBOL SALA páx.4 ARTIGO páx. 14 BALONCESTO páx.6 O Carmelitas perde os tres partidos do play out e descende a Liga Nacional A satisfacción persoal no deporte de base, por Alfonso Vilachá Francisco Arcilla, do Acade- mia Postal, primeiro nos 5.000 metros nas pistas de Monte- rrei. /RAMSÉS. CD Ourense xogará a promoción de ascenso a Segunda B

description

Atletismo: O Carmelitas perde os tres partidos do play out e descende a Liga Nacional A satisfacción persoal no deporte de base, por Alfonso Vilachá BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 21 de maio . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190 [10.000 exemplares directos ás súas mans] Francisco Arcilla, do Acade- mia Postal, primeiro nos 5.000 metros nas pistas de Monte- rrei. / RAMSÉS. páx. 7-8

Transcript of 6 Mai 2010 - Nº 12

Page 1: 6 Mai 2010 - Nº 12

Número: 12 - Ano: II - Depósito Legal: OU 185-2009 - 6 de maio de 2010 - Periódico quincenal de distribución gratuíta

[10.000 exemplares directos ás súas mans]

BARRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 21 de maio . Se quere anunciarse consulte no 685 800 190

Atletismo:O Ourense Atletismo Academia Postal xogarase a permanencia en División de Honra na próxima xornada páx. 7-8

O Cidade de As Burgas xógase o play off de ascenso contra o Combarro

FÚTBOL SALA páx.4 ARTIGO páx. 14BALONCESTO páx.6

O Carmelitas perde os tres partidos do play out e descende a Liga Nacional

A satisfacción persoal no deporte de base, por Alfonso Vilachá

Francisco Arcilla, do Acade-mia Postal, primeiro nos 5.000 metros nas pistas de Monte-rrei. /RAMSÉS.

CD Ourense xogará a promoción de ascenso a Segunda B

Page 2: 6 Mai 2010 - Nº 12

2 BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010

FÚTBOL

Os aboados do club poderán retirar dúas invitacións para o último partido Os menores de idade terán o acceso libre ao estadio do Couto

Segundo intento de C. D. Ourense para regresar a Segunda División B4 C.D. Ourense tentará por segundo ano consecutivo ascender despois de entrar na promo-ción de ascenso.R. Torres

O pasado domingo en Lalín, C.D. Ourense re-frendou a súa presenza na promoción de ascenso á Se-gunda División B do fútbol tras vencer por 1-2 ao equi-po da vila pontevedresa. A falta dunha xornada para o remate da liga regular, o equipo capitalino xa ten o billete para a promoción pero aínda non sabe en que posición rematará a com-petición doméstica, xa que

pode quedar de segundo, terceiro ou incluso cuarto. A falta desta derradeira xornada, os ourensáns son terceiros a dous puntos dos segundos e dous máis cos cuartos. Os de Fonsi Val-verde reciben o domingo, 9 de maio, a partir das 18 horas ao Narón que é quin-to e xa non se xoga nada; o Cerceda, segundo, visita ao Ordes, sétimpo; e o Co-ruxo desprázase ata o José Arjiz para disputar o en-contro contra o Verín.

Domingo 9 de maio, 18.00

horas, C.D. Ourense - Narón

O Ourense pode rematar a liga segundo, terceiro ou cuarto

Segunda prazaSe os de Fonsi Valverde

conseguen a segunda praza ao final da liga, ademais de xogar a promoción de as-censo, terán a recompensa de xogar a próxima edición da Copa do Rei.

Último encontroOs aboados do club pode-

rán retirar dúas invitacións para o último partido. Os menores de idade terán o acceso libre ao estadio.

Por outra banda, o C.D. Ourense e a Asociación de Comerciantes O Couto van colaborar neste derradei-ro encontro da fase regu-lar. Debido a que o barrio estará en festas durante a disputa do último encon-tro de liga, o club entrega aos asociados do Centro Comercial Aberto Couto entradas coas que estes poderán agasallar aos seus clientes e así ter un am-biente festivo nas gradas do estadio en consonancia

co barrio e ir quecendo o ambiente de cara á promo-ción de ascenso na que o equipo necesitará do apoio da afección.

Verín C.F.Por abaixo, na última po-

sición, o Verín soamente está esperando que remate dunha vez a liga e dedicarse a planificar a próxima tem-pada na Rexional Preferen-te galega.

O domingo 9 disputa-rán o último encontro dos de Tonino na Terceira Di-visión, polo que quererán despedirse da súa afección por esta tempada, alomenos con bo sabor de boca.

Rexional PreferenteOs equipos ourensáns

que militan na Rexional Preferente sur, se achegan ao final de campionato con sorte dispar. Así, o Barba-dás, a falta de tres xornadas, ten posibilidades, aínda que remotas, de xogar a pro-moción á Terceira División como terceiro e incluso como cuarto. O Arenteiro está na 10ª posición sen xo-garse nada nestas tres xor-nadas. O Sporting Celanova é 16º, cinco puntos por riba do descenso, mentres que o Covadonga e Nogueira de Ramuín están en postos de descenso sen opcións de salvar a categoría.

Ocasión de C.D.Ourense contra o Bergantiños no último partido disputado en O Couto. /RAMSÉS

O equipo ourensán tivo numerosas ocasións no seu parti-do contra o Bergantiños. /RAMSÉS

Page 3: 6 Mai 2010 - Nº 12

BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010

�HOQUEI

O Xacobeo mantén a cuarta posición

R. Torres

O equipo ourensán de ho-quei herba feminino Xaca-beo Deporte Galego sacou

unha importante vitoria contra o San Fernando polo que, a falta de tres xornadas para rematar a liga aínda ten opcións de ascenso. O pri-meiro posto xa está adxu-dicado para o Sardineron desde fai varias semanas polo que as ourensás terán que loitar pola segundo po-

sición xunto con Tenis e Jo-laseta. O Xacobeo é cuarto con 17 puntos a dous do se-gundo, o Tenis. Na terceira posición atópase o Jolaseta con 18 puntos.

Nesta xornada de liga, máis emoción non se pode pedir xa que as de Tito Pi-ñeiro reciben ao Jolaseta en

Mariñamansa, o venres, 9 de maio, a partir das 12 ho-ras. No outro partido para o ascenso, o Tenis ten que visitar o campo do líder, Sardinero. Se os resultados lle son propicios ao equipo ourensán, poden rematar a xornada empatados na se-gunda posición co Tenis, con quen xogará na seguin-te xornada.

Caldaria BarrocásO Caldaria Barrocás se-

gue na súa loita por non descender, e na pasada xornada conseguíu unha importante vitoria ao ven-cer por dous goles a un ao Egara, rival directo na loita pola permanencia. Con este resultado, o equipo barroco está tres puntos por enri-ba dos postos de descenso cando faltan tres xornadas (descenden dosu equipos a primeira nacional).

Na seguinte xornada, Caldaria Barrocás visita o

4CLASIFICACIÓN División Honra B1.- Vallés 25 2.- Benalmadena 2� �.- Junior 20 4.- Pedralbes 15 5.- Valencia 15 6.- R. Sociedad 15 7.-Caldaria Barrocás 12 8.- Egara 10 9.- C. Sardinero 9 10.- Natació-Linia 6

1ª División Feminina1.- C. Sardinero 28 2.- Tenis 19 �.- Jolaseta 18 4.-Xacobeo Galicia 17 5.- Xaloc 15 6.- Olimpia 14 7.- C. de Campo 1� 8.- San Fernando 10 9.- Pozuelo 9 10.- Covadonga 7

1ª División Masculina1.- Apóstol 28 2.- Albor 26 �.- Pabellón 20 4.- Caldaria Barrocás 19 5.- Atl. Caixanova 12 6.- Cidade de Ourense 11 7.- Calor y Fuego Cudeiro 6 8.- Atl. Coruña 4 9.- P. Leonés 2

4 Próximos encontros de hoquei herba en MariñamansaSábado 8 de maio- 16.00h. Albor - Apóstol- 18.00h. Caldaria Barrocás - Calor y fuego CudeiroDomingo 9 de maio - 12.00h. Xocabeo Deporte Galego - JolasetaSábado 15 de maio- 16.00h. Cidade de Ourense - Atl. Coruña- 18.00h. Calor y fuego Cudeiro - At. Caixa-nova- 20.00h. Apóstol - Caldaria BarrocásDomingo 16 de maio- 12.00h. Caldaria Barrocás - Sardinero

campo do colista, Natació - Linia. Unha vitoria faría que o equipo ourensán tive-ra practicamente asegurada a súa presenza na División de Honra B a próxima tem-pada. O próximo partido en Mariñamansa será o domin-go 16 de maio, ás 12 horas contra o Sardinero, penúlti-mo, e pecha a liga en terras catalás contra o líder, Vallés Esportiu.

Primeira nacionalNo grupo III da Primeira

Nacional masculina, as cou-sas xa están claras desde fai varias semanas, e Apóstol e Albor xogarán a fase de as-censo á División de Honra B como primeiro e segundo respectivamente. O Apóstol xogará en Mariñamansa a primeira liguilla para o as-censo os días 28, 29 e �0 de maio, mentres que o Albor o fará noutra sede aínda por determinar. Para ascender a honra B teñen que quedar

O domingo, 9 e maio, ás 12.00 horas en Mariñamansa, Xacobeo Deporte Galego - Jolaseta

4 Despois de gañar por 0-1 ao San Fernando.

Encontro en Mariñmansa entre o Caldaria Barrocás e o Egara. /RAMSÉS

entre os dous primeiros da súa liguilla de ascenso, e fa-cer o propio nunha segunda liguilla que se xogaría os días 4, 5 e 6 de xuño.

Page 4: 6 Mai 2010 - Nº 12

4 BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010

FÚTBOL SALA

4CLASIFICACIÓNEquipo Puntos 1.- Alcorcón 49 2.- Cidade As Burgas 48 �.- Majadahonda 484.- Ateneo Combarro 46 5.- Leis �� 6.- Unami �� 7.- C. Villalba �1 8.- Leganés 28 9.- Chiloeches 28 10.- Casarrubios 19 11.- U. de Salamanca 10 12.- Road House 0

O Cidade As Burgas recibe na última xornada ao Ateneo Combarro, o sábado 8 de maio, ás 18.30 horas, no pavillón dos Remedios.De gañar xogarían o play off de ascenso a División de Honra do fútbol sala feminino

4CLASIFICACIÓNEquipo Puntos1.- Córdoba 66 2.- Elche 65 �.- Móstoles 5� 4.- Murcia 5� 5.- Rioja 48 6.- Navalcarnero 45 7.- Burela 4�8.- Valladolid 41 9.- Gironella �8 10.- Zaragoza �5 11- Ponte Ourense 34 12.- Logroño 21 1�.- Campillos 20 14.- Telde 19 15.- Soto del Real 19 16.- Torrejón 11 17.-Castelldefels 11

Todo se decidirá no último partido da tempada4 O Cidade As Burgas ten complicada a primeira posición do grupo IV da división de prata do fútbol sala feminino pero pode entrar no play off de ascenso como un dos dous mello-res segundos dos catro grupos de prata.

Ponte Ourense sen aliciente nesta liga4 En terra de ninguén están á espera de que remate a liga.R. Torres

Ponte Ourense non lle encontra aliciente a este tramo final de liga, no que se encontra en terra de ninguén, sen opción por arriba e prácticamen-te salvadas (a 15 puntos do descenso), polo que os partidos que restan ata fi-nais de tempada son case que de puro trámite.

As de Isidro Grela per-deron os dous últimos en-contros, fóra contra o Tel-de (9-�) e en casa contra o UCAM Murcia (1-4). O partido contra o Telde, non tivo maior historia e as ourensás sairan goleadas das islas. A motivación que lle faltou ao Ponte en-controuse nas xogadoras canarias que están xogán-dose a permanecia un ano máis na máxima categoría do fútbol sala feminino. As ourensás mativeron a raia ao equipo local ata o minuto seis de encontro, cando Bea facía o empa-te a dous tanto, pero tres minutos máis tarde, as isleñas adiantábanse no-vamente no marcador e os goles ían caendo en con-tra das pontinas. Ao final, duro correccional ás pu-pilas de Isidro Grela que non souberon frear a san-gría goleadora do Telde.

No partido anterior dis-putado nos Remedios, o Ponte Ourense perdeu os tres puntos contra o equi-po murciano do UCAM; e iso que na primeira parte o dominio do xogo foi total e absoluto das ourensás con tres balóns aos paos. Este

dominio sen goles barrunta-ba o que pasou despois e é que no primeiro minuto da segunda metade o UCAM adiantábase no marcador. As pontinas non se amilna-ron pero, unha nova tarxeta amarela de Laura deixaba ao Ponte cunha xogado-ra menos sobre a cancha, aproveitándoo o Murcia para poñer o dous a cero no luminoso. Bea recorta-ría distancias. Isidro Grela apostou por cinco de cam-po pero non deu o resultado esperado e o Murcia mar-caría dous tantos máis. Ao remate dos corenta minu-tos, 1-4 que non reflectíu o visto na cancha central dos Remedios.

Próximo partidoO próximo encontro do

Ponte Ourense será nos Re-medios, o sábado 8 de maio, ás 16:�0 horas, no derbi ga-lego da división de honra de fútbol sala feminino, contra o Burela Pescados Rubén.

R. Torres

Despois da pasada xorna-da na que o cadro ourensán descansou, o Cidade As Burgas cedeu o seu primei-ro posto no grupo IV da División de Prata do fútbol sala feminino, en detrimen-to do Cidade de Alcorcón quen venceu por un gol a catro ao Collado Villalba. Con este resultado, e a falta dunha xornada, a primeira posición é para o Alcorcón con 49 puntos, seguido do Cidade As Burgas e Ma-jadahonda con 48 e Ate-neo Combarro, 46 puntos. Nesta última e apaixoante xornada, as de Manolo Co-deso reciben o sábado, 8 de maio, ao Ateneo Combarro, ás 18.�0 horas, no pavillón dos Remedios.

O cadro ourensán ten difícil chegar á primeira posición xa que o líder, Al-corcón, xoga contra o Road House, único equipo que non puntuou en toda a liga; pero ao que sí pode aspirar é á segunda praza e ser un dos dous mellores segun-dos dos catro grupos e loi-tar no play off polo ascenso á Divisón de Hhonra. Este ano o ascenso cambiou e non suben os campións dos catro grupos, senón que se xogará unha eliminatoria entre os catro primeiros e os dous mellores segundos, o gañador de cada elimina-toria ascenderá, polo que

este ano haberá soamente tres ascensos e descenderán catro de honra para que a liga 2010-2011 sexa de 16 equipos e non de 17 como nesta campaña.

O equipo capitalino, de gañar o seu encontro fronte o Combarro estará seguro no play off. Para ser un dos mellores segundos, se divi-den os puntos obtidos entre os partidos xogados, posto que os catro grupos non teñen os mesmos equipos. Deste xeito, o Orvina do grupo I e as propias ouren-sás son as que xogarían fase de ascenso de gañar os seus respectivos encontros. Pero as pontevedresas non llelo porán nada fácil ao Cida-

de, xa que o equipo ades-trado por Morenín tamén ten, aínda que moi remotas, opcións de acceder ao play off.

O partido do sábado será dunha grande emoción, propia do final de campaña de calqueira liga, no que as ourensás tentarán vin-garse, deportivamente por suposto, da encerrona que sufriron no ùltimo partido da primeira volta en Com-barro.

Cidade de As Burgas contra o Unami. /RAMSÉS

Page 5: 6 Mai 2010 - Nº 12

BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010

5BALONCESTO

A historia de sempreEsta directiva leva tem-po mareando a perdiz cun tema xa sabido por todos dende fai tempo. Un equi-po ourensán esgotou o seu presuposto e chama as por-tas das institucións para cubrir ese desfase. Qué o diferenza doutras directi-

vas anteriores? Nada. Nestes tempos de crise onde todos xestiona-mos os nosos ingresos ao máximo non pode haber manga ancha no deporte por razóns de repercusión ou de en-cher as canchas. Se o COB ten un presuposto X é de bo xestor chegar ao final de tempada sen empeñarse e en vez de convencer a xente e as institucións de que lle dean máis cartos sería máis sinxelo conven-celos de que cos car-tos que ten vai quedar cuarto ou quinto pola cola pero sen crear débeda, convencer á xente de que apoie a o equipo dunha manei-ra desinteresada, sen crear falsas expectati-vas, e que co tempo e unha boa plantilla se poida dar o salto. Creo que se debe por fin a esta pescadilla que se morde a cola. Se lle damos agora o que pide e algo máis porque nos van levar a ACB, cando estean en ACB haberá que darlle moito máis para que se manteñan, e cando o fagan porque tamén

poden ser campións.... onde está o límite? Cremos que na capacidade en cada momento de acadar finan-ciación privada para satis-facer a maioría dos gastos cun apoio das institucións na súa xusta medida e na que eles dexesen.Os seareiros cobistas en-tenderán esta situación e seguro que separarán o tema económico do depor-tivo, que ben poden cami-ñar separados, porque está demostrado nesta cidade que meter cartos nos equi-pos non asegura o éxito.

[email protected]

4EDITORIALPosponse para dentro de oito días4 O alcalde de Ourense escoitou a proposta da directiva do Club Ourense Ba-loncesto e darase un plazo de oito días para decidir sobre o proxecto que lle plantexou o actual presidente do club. O presidente da Deputación apoia en todo a Jorge Bermello. A Xunta, que non foi invitada á reunión por parte do COB, non se sabe de que maneira axudará ao equipo ourensán.

R. Torres

Lugar: Alcal-día do Concello de Ourense. Día: o pasado mér-cores 5 de maio. Hora: 9.15 horas. O triángulo, esca-leno por suposto, estaba formado polo presidente da Deputación de Ourense, o Con-cello de Ourense co alcalde, tenente de alcalde e con-celleiro de Depor-tes, e a directiva do COB con Jorge Bermello como cabeza visible. O actual presidente do COB, expuso durante unha hora e media o seu plan (ás outras dúas partes do trián-gulo escaleno) de futuro para o club e como afrontar as débedas desta e doutras campañas que recordemos ascenden ao mi-llón de euros.

Despois de dita reunión, nada en claro; palabras de agradecemento ao Concello e a De-putación “por sentarse a escoitarnos” pero sen dar declaracións de ca-les son as pautas para que o proxecto sexa viable para o presidente cobista. O que sí deixou entrever era algo xa sabido por todos, “hai unha parte - Deputación - que apoia en todo á actual xunta directiva e outra parte - Concello - que se vai tomar oito días para deicidir en que medida apoia ao club.

O 15 de xuño haberá unha asamblea extraor-dinaria da entidade na que se saberá se conti-núa Bermello ou se pola contra dimite do seu cargo.

Jorge Bermello facendo declaracións despois da reunión co alcalde, tenente de alcalde, concelleiro de Deportes e presidente da Deputación. /RAMSÉS

O futuro do equipoJorge Bermello xa anun-

ciou que o seu principal pa-trocinador, Augas de Sousas, deixa o club se non continúa a mesma directiva; máis do mesmo ocurre co adestrador Paco García, quen sempre condicionou a súa continui-dade coa de Bermello.

No tocante á plantilla, gustaríalle á actual xunta directiva renovar a algúns dos xogadores e moitos deles querrían seguir como Lucho Fernández, “non me importaría seguir no club pero que non pase como noutros anos que non se pa-gaba aos xogadores”, expli-caba o ala-pívot despois do último encontro de liga.

Page 6: 6 Mai 2010 - Nº 12

6 BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010

BALONCESTO

Codigalco Carmelitas certifica o descenso

R. Torres

Finalizada a fase regular cunha nova derrota en casa contra o universitario Ferrol (60-70), o equipo dirixido por Tito Fernández acudía a Huelva coa experanza de facer algo grande e con-servar a categoría en Liga Feminina 2. Os seus rivais, Marsol Conquero e Chaje-ba 04 do grupo A da Liga Feminina 2 e o Iberconsul-ting Cáceres da propia liga das ourensás.

Na primeira xornada des-

ta fase pola permanencia, o primeiros encontro das colexialas enfrontábaas ao equipo gaditano do Chajeba 04, o equipo, a priori máis asequible dos tres cos que se enfrontarián, pero non puido ser e o cadro ouren-sán chegaría a empatar a contienda no descanso do encontro (�0-�0). A partir dese momento e a pesar de que estiveron por diante no terceiro cuarto, o Codigal-co non puido parar as em-bestidas do equipo andaluz e rematarían o encontro perdendo por 12 puntos de diferenza (61-7�). Unha vez máis, a rebelde Renee Taylor foi a máis destacada das ourensás con 17 pun-tos e 25 de valoración. No outro partido da xornada, o Cáceres gañaba ás anfi-trionas do Conquero por un axustada 7�-71.

Na segunda xornada desta

fase, o Carmelitas xogába-se o todo polo todo contra o equipo local, Conquero, para ter na última xornada opcións de permanecer un ano máis na Liga Feminina 2, pero volveu saír cruz, e perderon por oito puntos de diferenza (59-67) o que as condeaba ao descenso a Liga Nacional. Durante todo o partido tiveron cla-ras opcións de vencer pero de novo a sorte non lles so-rríu e perderon o encontro e con el o manterse na ca-tegoría un ano máis. Neste partido Pamela Benavent foi a máis destacada con �1 puntos e �0 de valoración. No encontro entre o Chaje-ba e o Cáceres, as extreme-ñas gañaban o seu segundo partido salvando a catego-ría e demostrando que era o conxunto máis forte desta fase.

Con todo decidido para

as ourensás, chegaba á úl-tima xornada na que xoga-ban contra o Cáceres, que a pesar de salvar a categoría non tiveron compaixón do Codigalco e gañaron por 20 puntos de diferenza (75-55). No descanso, as de Tito Fernández dominaban por cinco puntos de diferenza (�2-�7), pero nun terceiro

cuarto para olvidar das no-sas, as extremeñas déronlle a volta ao electrónico cun parcial nese cuarto de 25-8. Xa no último cuarto a ren-da aumentou ata os 75-55 final.

Agora, ao Codigalco tó-calle pedir praza en Liga Feminina 2 para o vindei-ro ano por se algún equipo desaparece e ter unha pra-za que non gañou na pista, senón haberá que loitar a próxima tempada para vol-ver a recuperar a categoría que este ano, posiblemente por ser novas na LF2 paga-ron a novatada co descen-so.

Pabellón OurenseO Pabellón fai varias

semanas que está de vaca-cións, concretamente desde que certificaron a permane-cia na LF2. Así que o últi-mo encontro da fase regu-lar levounas ata León para xogar contra o Bembibre. O encontro estivo igualado e incluso as ourensás esti-

veron dominando o mar-cador, empezando o último cuarto cunha vantaxe de catro puntos, pero ao rema-te do encontro o marcador deixou un definitivo (76-7�) e con el as vacacións para os dous conxuntos. O Pabellón rematou a liga en novena posición con nove vitorias e 19 derrotas.

O equipo ourensán xa empeza a planificar a próxi-ma tempada e para iso van continuar con Lisardo Ro-dríguez ao fronte do pri-meiro equipo. A directiva pretende seguir coa maioría das xogadoras desta tempa-da, e o primeiro obxectivo é manter ás de casa. Tamén tentarán renovar ás dúas americanas, Jennifer e Liz (sobre todo a segunda), tarefa algo complicada xa que a intención das dúas é regresar a Estados Unidos. Outras xogadoras xa non contan para a próxima cam-paña, como Miriam Muñoz, pero a estas alturas non hai nada pechado.

O Codigalco Carmelitas pedirá praza en Liga Feminina 2 por se algún equipo desaparece senón xogará en primeira nacional para o ano

Mar Ahijado no chan cunha forte dor no xeonllo no partido contra o U. Ferrol. /RAMSÉS

Partido do Pabellón Ourense nos Remedios. /RAMSÉS

4 As colexia-las perderon os tres encon-tros da fase pola perma-nencia.

Page 7: 6 Mai 2010 - Nº 12

BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010

7POLIDEPORTIVO

CB Pabellón, campión da Copa Delegación4 Un golazo de Pablo Vara no último segundo da prórroga deu a vitoria aos ourensáns.Redacción

O Club Balonmán Pabe-llón proclamouse campión da Copa Delegación de 2ª Autonómica este pasado domingo, na cancha central do Polideportivo Municipal de Lalín.

Mal comezaron as cousas para os ourensáns, que non souberon parar o vendaval santiagués en defensa, e que en ataque se mostraron bastante fallóns. As sensa-cións eran que os pabello-nistas nada poderían facer ante un Conxo que vencía no minuto quince por un 10-2 contundente.

Os pabellonistas serená-ronse, e xa sen os nervios do finalista, comezaron a facer o seu xogo habitual

que tan bo resultado lle deu esta tempada, recortando a distancia a tres goles soa-mente ao descanso.

O equipo de Zarra logrou impoñer o seu xogo tamén no segundo tempo, con vantaxes dun e dous go-

les. A falta de dez minutos, unha pequena tangana por un lance do xogo, supuxo a expulsión de dous xoga-dores, un por cada bando, o que permitíu aos santia-gueses empatar o encontro e forzar a prórroga.

Xa na prórroga, os ourensáns foron en todo momento por diante, pero un penalti e a seguinte exclusión dun xogador pabellonista, complica-ron as cousas nun final de infarto. Na última xoga-da e con empate a 26 no marcador, Pablo Vara (10 goles) anotou o mellor gol do partido no último segundo, desatando a ale-gría do medio cento de seguidores pabellonistas desprazados ata Lalín.

Un final de tempada espléndido para o Club Balonmán Pabellón, que a pesar de non poder ascen-der de categoría, deu mos-tras de estar cos mellores, e o refrendaron con este peche de competición.O CB Pabellón campión da copa Delegación. /CBP

A esperar unha me-llor oportunidade4 O equipo masculino e fe-minino terán que loitar pola permanencia na división de honra de atletismo.Redacción

Nin os homes nin as mulleres do Ourense At-letismo Academia Postal puideron lograr a perma-nencia na primeira xorna-

da do Campeonato de Espa-ña de Clubs de División de Honra, quedando cuartos os dous, e polo tanta terán que loitar pola permanencia

Yioser Toledo na proba de lanzamento de peso. /RAMSÉS

[SEGUE NA PÁX.SEGUINTE]

Page 8: 6 Mai 2010 - Nº 12

8 BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010

ATLETISMO

na segunda xornada que de non lograr o obxectivo te-rían outra oportunidade na terceira e última xornada.

A pesar de conseguir sete triunfos (máis que os outros tres equipos), os homes do Academia Postal non puide-ron conseguir a salvación, e iso que a competición tivo lugar na pista de atletismo do complexo deportivo de Monterrei. A mala sorte ce-bouse no cadro masculino e ás baixas de última hora sumáronse sete lesionados durante a competición. Os triunfos do Academia Pos-tal foron de José Alfonso Palomanes que dominou a lonxitude e o triple salto; Hassan Lekhili os �000 me-tros; Francisco Arcilla os 5 quilómetros marcha; Javier Fidalgo os 400 valados; Yioser Toledo o peso; e Ig-nacio Calderón en martillo.

Sociedad Gimnástica foi o primeiro equipo segui-do de UBU Caja Burgos,

[VÉN DA PÁX. ANTERIOR]Universidad de Oviedo e o Ourense Academia Pos-tal.

Categoría femininaEn canto as mulleres,

máis do mesmo, baixas e lesións durante a compe-tición lastraron as opcións de permanencia e loitar polo título das académicas e relegándoas ao cuarto posto na xornada que dis-putaron en Madrid. Leti-cia Fernández, primeira no 1.500 metros e Lorena Luaces, segunda nos 5 quilómetros marcha, fo-ron as máis destacadas do cadro ourensán.

Próxima citaA segunda xornada do

campionato celebrarase o 16 de maio, en Jaén os homes e en Asturias as mulleres. Nela os atletas do Academia Postal terán a penúltima oportunidade de manter a categoría na División de Honra.

R. Torres

Unha semana antes das festas do Couto, o domin-go 9 de maio, terá lugar a terceira edición da carreira popular Festas do Couto 2010. A carreira constará de varias categorías, aber-tas a todo o mundo, sen-do a primeira delas a dos benxamíns e alevíns ás 11.�0 horas e na que terán que dar unha volta a un circuíto urbán polas rúas do citado barrio de 1.500 metros. Ás 11.50 horas turno dos infantís e cade-tes que darán dúas voltas ao circuíto, percorrendo �.000 metros. E para as 12.15 horas, os da carrei-ra absoluta (engloban a xuvenís, júnior, promesa, sénior, veteráns A, B e C) terán que dar catro voltas para completar unha dis-tancia de 6.000 metros. Os máis cativos tamén te-rán a súa proba en torno ás 1�.15 horas, e percorrerán uns 250 metros aproxi-madamente, ademais, ao finalizar a súa carreira recibirán todos eles unha medalla conmemorativa e un agasallo pola súa par-ticipación, polo que esta carreira pode ser unha boa excusa para correr en fa-milia polas rúas dun dos barrios da nosa cidade.

As inscrición póden-se realizar na web www.championchipnorte.com ata o venres 7 de maio ás 20 horas, na tenda ProlS-port ou na secretaría da competición ata media hora antes de cada pro-

A carreira do Couto chega a súa terceira edición4 Con esta popular dase o pistoletazo as festas.

ba. Os dorsais retiraranse na liña de meta (R/ Vila Real) desde as 10 da mañá. Os inscritos nesta carrei-ra están automaticamente preinscritos nas próximas carreiras da cidade, que son a da Ponte (en xullo) e a da Carballeira (outubro).

Francisco Arcilla nos 5 quilómetros marcha. /RAMSÉS

4 Circuito urbán de carreiras popularesMoita polémica suscitou entre os corredores galegos a incursión destas carreiras

(Couto, Ponte e Carballeira), no panorama das carreiras populares galegas, por mor de que coinciden, a do Couto e a de Carballeira, con outra carreiras importantes de Galicia. Quizáis puxeron o grito no ceo sen reparar en que é unha proba para poder empezar a rodar un posible circuíto ourensán de cara á tempada que vén e que intentan pulir os erros que puideran cometer. Por suposto que as datas está mal elixidas (a da Carballeira está a tempo de ser modificada), pero se un vai estar en Ourense o domingo 9 de maio, non hai motivo para non acudir ao evento.

Esta claro que desde a organización (polo motivo que sexa) fixeron as cousas dunha maneira moi apresurada e iso notarase no número de participantes, pero pódese dar un voto de confianza e esperar enmendar o erro en vindeiras citas, e poder organizar un circuito ourensán do nivel do que se fai en Lugo coa “Corre con Nós”, que xunta en cada carreira a unha media de 1.�00 corredores de todas as idades e todos os niveis, facendo de cada carreira unha festa. Dende a miña opinión, penso que haberá que ter reunións entre a xente do Consello Municipal de Deportes con xente do mundo do atletismo ourensán para unir experiencias e chegar a un fin común e poder meterse no calenda-rio de carreiras populares de Galicia sen coincidir con algunha carreira, das chamadas importantes da comunidade, e chegar a ser un referente importante neste mundo do atletismo popular. Demos tempo ao tempo.

PremiosHaberá premios para os

primeiros clasificados de cada categoría tanto en ho-mes como mulleres ,ade-mais dos cinco primeiros clasificados da categoría absoluta na que participan xuvenís, júniors, promesas,

sénior, veteráns, tanto ho-mes como mulleres.

O domingo 9, ás 11.30 horas, comenzará a III carreira Festas de O Couto

Presentación no pavillón municipal de Deportes da carreiras Festas do Couto. /RAMSÉS

Page 9: 6 Mai 2010 - Nº 12

BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010

9PUBLICIDADE

Page 10: 6 Mai 2010 - Nº 12

10 BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010

NATACIÓN

Unha nova xornada do zonal nos Remedios

Redacción

Este sabado 24 celebrouse a �ª xornada da liga alevin e a 6ª xornada dos infantís na piscina olimpica Rosario Dueñas do Pavillón dos Re-medios, coa participacion de máis de 50 nadadores dos clubs Natación Mon-forte e Pavillón Ourense.

Nela conseguíronse ex-celentes marcas por parte dos alevíns, con 11 míni-mas e todos melloraron as súas marcas persoais. Mentres que nos infantís conseguíronse dúas marcas mínimas para o campionato absoluto de verán e cinco mínimas para os galegos infantil, xunto a varias me-

llores marcas persoais.As marcas mínimas para

o campionato absoluto lo-gráronas Adrián Blanco Pérez en 100 libres, Esther Álvarez en 100 libres. En canto para os galegos de verán, Iago Rodríguez en 400 libres e Esther Álvarez en 800 libres acadaron ás mínimas.

En categoría alevín os ourensáns que consegui-ron mínimas para o galego foron: Miguel Pimentel e Martín Rodríguez en 1.500 libres, Paula Blanco, An-drea Sabuz, Mara Velez, Claudia Álvarez, Ana Kari-na e Uxía Gómez nos 400 libres, Miguel Pimentel e Andrea Belo nos 200 esti-

los e Paula Blanco, Andrea Sabuz, Ana Karina e Uxía Gómez nos 4 x 100 estilos.

As próximas competi-cións para os pabellonistas terán lugar o día 8 de maio, día no que se celebrará a 4ª xornada aprazada dos Ale-vín en Monforte e o cam-pionato escolar na piscina do Pavillón.

Iria ÁlvarezIria Álvarez Liz está

convocada pola Selección Española de Natación para participar na Copa Latina que se celebrará en Arxen-tina do 20 ao 22 de maio como resultado da súa boa actuación no Open de Espa-ña, onde obtivo a clasifica-ción para a Copa, nas pro-bas de 100 e 200 bolboreta.

Tamén a nadadora Laura Pimentel Pérez, que se ato-pa no stage de preparación en Serra Nevada, que se

prolongará ata o día 17 de maio, foi convocada pola Federación Española como nadadora do equipo nacio-nal de augas abertas.

Open absoluto de Má-laga

Os nadadores do CN Pabellón que acudiron ao Open absoluto de Málaga finalizaron a súa participa-ción con boas sensacións. Así, Alberto Taboada Vila foi 16º en 200 costas; Laura Pimentel Pérez en 800 li-bres quedou de 11ª, baixan-do o seu tempo a 9:01,50, e facendo mellor marca pro-vincial de 17 anos en pisci-na longa; Iria Álvarez Liz en 200 bolboreta foi 8ª cun tempo de 2:17,71, sendo mellor marca provincial e mellor marca galega de 17 anos; Iria Álvarez liz pasou á semifinal de 100 bolboreta onde realizou un tempo de

1:04,�4, rebaixando a súa marca da mañá e facendo marca galega de 17 anos, aínda que quedou fóra da fi-nal, logrou un meritorio 12º posto, en 400 estilos quedou 18ª cun tempo de 5:12,24; Laura Pimentel Pérez que-dou 26ª en 200 libres cun tempo de 2:09,�2 e na mes-ma proba, Isabel Raña Ruíz clasificouse 31ª cun tempo de 2:11,18; Laura Pimentel Pérez en 1500 libres fixo un tempo de 17:1�,�4, mellor marca galega de 17 anos e quedando en 11ª posición.

Pola súa banda, Alberto Taboada Vila en 100 costas con 1:00,10 quedou de 25ª, e foi 9º na final A de 200 estilos, realizando unha ex-

4 Máis de 50 nadadores ale-vín e infantís participaron no evento.

celente actuación cun tem-po de 2:11,�7. (na mesma final que nadou o plusmar-quista español Alen Cabe-llo que fíxose co primeiro posto); Laura Pimentel Pérez foi 1�ª en 400 libres (4:28,26); Iria Álvarez Liz en 200 estilos chegou 24ª con 2:25,85 e Isabel Raña Ruíz en 200 estilos �0ª con 2:29,20.

O sábado 8 de maio, a piscina Rosario Dueñas acolle o campionato escolar

Nadadores nos seus caixóns. /RAMSÉS

Page 11: 6 Mai 2010 - Nº 12

BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010

11POLIDEPORTIVO

A canteira do tenis de mesa da provincia citouse no pazito4 22 equipos de colexios participaron nesta fase provincial.Redacción

O sábado 1 de maio, tivo lugar no “Paco Paz” a Fase Provincial dos campionatos escolares de Tenis de Mesa para a que se clasificaran un total de 22 equipos dos dis-tintos colexios da provincia.Houbo un gran ambiente, e os rapaces e rapazas par-

ticipantes pasaron un día deportivo desfrutando do ping-pong e demostrando que hai canteira neste de-porte para conseguir gran-des cousas para esta provin-cia. Os campións finais por categorías foron en benxa-mín mixto, C. Arenal; en alevín mixto, CEIP Beariz; en infantil masculino, Club

ADAS O Barco; en infan-til feminino, Cisneros; en cadete masculino, Galmé-dico e en cadete femini-no, Club ADAS O Barco. Proximamente celebrarase en Pontevedra a Fase Auto-nómica na que participarán todos os clasificados das distintas fases provinciais de infantil e cadete.

4 Trofeo “Miguel Ángel”

O vindeiro 10 de maio terá lugar o último adestra-mento para os gardametas inscritos na XIV Edición do Trofeo “Miguel Án-gel”. A sesión de adestra-mento será ás 15:45 horas no campo dos Carrís, en A Valenzá, e estará dirixida polo coordinador depor-tivo do trofeo, Roberto González, gardamenta da U.D. Barbadás, que con-tará coa colaboración de Manuel Sotelo Bernardez, segundo adestrador do Celta de Vigo “B” e res-ponsable da preparación de porteiros da base do Celta.

Con esta sesión remata a edición desta tempada deste torneo, dous días an-tes da entrega do galardón, que será o 12 de maio, ás 20:�0 horas, nun acto no Centro Sociocultural de Caixa Galicia. A gala de entrega do trofeo comeza-rá cunha charla-coloquio

sobre “O entrenamento do porteiro no fútbol base”, na que participarán como ponentes Dani Aranzubia (gardamenta do Deportivo), José Sambade (preparador de porteiros do Deportivo), e Miguel Ángel González, ex-gardamenta e presidente de honra do trofeo.

4Copa Deputación xuvenil

17 equipos de categoría xuvenil de toda a provincia disputarán a Copa Deputa-ción que comenza esta fin de semana. Catro grupos de catro equipos (menos o gru-po A que ten cinco equipos) disputan unha liguilla a unha soa volta para decidir quen é o primeiro do grupo. Os catro primeiros entrarán no sorteo para os empare-llamentos de semifinais.

4 Fundación Oira Futuro

A Fundación Oira Futuro convida a todos os ouren-sáns á charla que dará Juán José García Cota, xefe de

FÚTBOL

Traumatoloxía da Selec-ción Nacional Absoluta de Fútbol, xefe dos Servizos Médicos do Real Clube Celta de Vigo, profesor da Universidade Europea de Madrid e membro de varias sociedades vinculadas ca medicina e o deporte.

A cita será o mércores 12 de maio, a partir das 20.15 horas, no Auditorio. Nela falará dos bos hábitos de alimentación deportiva e comentará as anécdotas vi-vidas cos xogadores máis importantes do fútbol es-pañol.

4Seleccións ourensás

As seleccións ourensás de fútbol 7 alevín, sub-15 e sub-17 xogaron contra as seleccións de Vigo para pasar á final do Torneo de Seleccións comarcais, sen sorte para ningún dos tres equipos. Os alevíns perde-ron 0-�, os sub-15 1-� e os sub 17 quedaron 1-1 (co re-sultado adverso da xornada anterior).

Un dos partidos de tenis mesa disputados este 1 de maio./RAMSÉS.

Page 12: 6 Mai 2010 - Nº 12

12 BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010

MOTOR

A élite do Enduro mundial chega a Ourense4 Os días 14, 15 e 16 de maio celébrase o “Enduro Coles-A Peroxa”.Redacción

O Campionato de España de Enduro, que conta coa participación de primeiras figuras mundiais, chegará á provincia de Ourense os días 14, 15 e 16 de maio con motivo da celebración do “Enduro Coles-A Peroxa”, unha cita de dúas xorna-das na que pilotos da talla do español Iván Cervantes (cinco veces campión do mundo), o finés Juha Salmi-nen (catorce veces campión do mundo) ou os miembros do Equipo Junior de Espa-

ña (campeón do mundo por equipos), ademais de pilo-tos da talla de Oriol Mena, Cristobal Guerrero, Lorenzo Santolino, Marko Takkala, Xavi Puigdemont... e un longo listado de participan-tes, encontraránse nunha das comarcas máis recoñecidas a nivel internacional para a práctica do motociclismo verde.

HorariosA proba, organizada polo

“Motoclube A Peroxa”, dará comenzo o venres 14 de maio coas verificacións

O Ralli de Clásicos de Ourense quenta motores4 O Ralli de Clásicos de Ourense, que neste ano chega a súa 16ª edición, comenza a que-cer motores. A cita, que se combinará co VII Ralli de Ourense de Automóbiles Antigos, terá lugar os días 12 e 13 de xuño.Redacción

A 16ª edición do Ralli de Clásicos disputarase os días 11 e 12 de xuño. A cita cos clásicos dará comezo coas verificacións administrativas e técnicas dos equipos participantes o venres 11 de xuño no Centro Comercial Ponte Vella, para o sábado to-mar a saída os participan-tes desde a Plaza Maior de Ourense ás 10:�0 horas, cun percorrido entre a ca-pital da provincia e a vila

de Celanova, de 140 qui-lómetros, para regresar de novo á cidade de Ourense ás 14:�0. Ás 16:00 horas, de novo o primeiro par-ticipante tomará a saída para realizar un trazado de 165 quilómetros po-las localidades de Esgos, Vilamarín, Luintra e Os Peares, para regresar de novo á capital, poñendo fin á proba ao redor das 20 horas.

Automóbiles antigosMentres, os participan-

técnicas e administrativas no Concello de A Peroxa. Na xornada do sábado 15 de maio, ás dez da mañá, terá lugar a saída do pri-meiro dos participante para realizar un completo percorrido que conta con cinco trialeiras, dúas cro-nos e un tramo e que re-matarán os pilotos contra as catro da tarde.

Na xornada do domin-go, que volve comenzar ás dez da mañá, repetirase o horario e o trazado, facén-dose a entrega de premios sobre as catro da tarde.

tes no VII Ralli de Ouren-se de Automóbiles Antigos concentraranse o sábado 12 de xuño ás 17 horas na pra-za Eduardo Barreiros para partir cara á comarca do Ri-beiro, con visita ás adegas.

O domingo 1� de xuño, ás 10:�0 horas, os pilotos de ambas probas, partirán da praza Maior para rea-lizar un percorrido de 40 quilómetros entre Ourense e o Pazo de Vilamarín, se-guindo o Camiño de San-tiago pola Vía da Prata e o Camiño Mozárabe.

Un piloto nunha das probas organizadas polo Moto Clube A Peroza. /MC A PEROXA

Ponte Vella volverá a ser o centro neurálxico do Ralli de Clásicos de Ourense. /ARQUIVO

Page 13: 6 Mai 2010 - Nº 12

BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010

1�POLIDEPORTIVO

Redacción

O Team Mayador do pi-loto José María Magdaleno comenzou a súa andadura no campionato de España de Montaña na �1ª Subida a Falperra, celebrado na loca-lidade portuguesa de Braga, que ademais é puntuable para os certames portugués e europeo. José Manuel Magdaleno co seu Renault Sport Mègane Trophy aca-dou a 17ª posición na clasi-ficación xeral, a segunda no seu grupo (Grupo A2-SP) e a terceira praza da súa clase (clase 15), tanto na primeira

José María Magdaleno pecha con éxito a subida a Falperra4 Foi segundo no seu grupo e tercei-ro na súa clase.

como na segundo xornada da proba, sumando así os primeiros puntos da tempada.

O piloto da es-cudería ourensá mostrábase satis-feito do traballo realizado “foi unha boa carreira” despois de levar desde a pasada tempada sen co-rrer e considerou que “o resultado entre dentro dos obxectivos mar-cados para este ano”.

Doma clasica en Paderne4 O concurso terá lugar os días 8 e 9 de maio. Redacción

O Centro ecuestre Vila de Paderne acollerá un concur-so de Doma Clásica os días 8 e 9 de maio, puntuable para o campionato galego.

O concurso está desti-nado para a equitación de base, é dicir, para nenos de entre 7 e 18 anos de toda Galicia. Cóntase que entre os dous días haberá 50 saí-das á pista.

Con eventos como este, preténdese promocionar aos mozos de Galicia para que cheguen a ser grandes xinetes a nivel nacional. Para esta empresa, o centro ecuestre de Paderne conta nas súas filas con Manuel Cid y Damas, xínete olím-pico por España nos Xo-

gos Olímpicos de 1.984 en Los Ángeles que é o actual director da escola do Centro Ecuestre de Pa-derne.

Carreiras en Sandiás

O pasado 1 de maio, no hipó-dromo de Antela vivíuse unha xor-nada de carreiras que congregou a �.000 espectado-res. A próxima xornada no hipó-dromo de Antelas será o 12 de outu-bro, xa que a que ía ser este mes suspendeuse.

Jorge Vázquez, Antonio Espinosa, Manuel Cid e José M. Díaz na presentación. /RAMSÉS

Deportes nas Festas de VistahermosaRedacción

Polas festas de Vistahermosa, o barrio organizou numerosas actividades depor-tivas durante a fin de semana das festas, como o clásico maratón de fútbol sala que se celebra cada ano na cancha do colexio, un master cicloturista con saída e chegada en Vistahermosa e as carrilanas que con-gregaron a centos de persoas na subida ao Seminario.

Un participante nas carrilanas a “tumba aberta” na baixada do Seminario. /RAMSÉS

Redacción

No duodé-cimo campio-nato de Espa-ña de Katas, exhibición de m o v e m e n -tos técnicos de Judo e Jiu Jitsu, o dúo ourensán formado por Barreiros e

Estévez, lograron unha me-ritoria oitava praza na mo-dalidade Kodokan Goshin Jitsu No Kata.

O dúo ourensán rematou no posto oitavo, cun total de 52,91 puntos, moi lonxe dos 82,6� do dúo gañador, pertencente a Asturias.

Este campionato “sérvelles para pulir defectos e mellorar de cara á próxima edición”. explicaba o seu adestrador, Manuel Montero.

Barreiros e Estevez adestrando. /MARBEL

JUDO

Barreiros e Estévez, do Marbel, oitavo posto no Nacional de Katas

Page 14: 6 Mai 2010 - Nº 12

14 BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010

POLIDEPORTIVO

4O RINCÓN DO MESTRE

A satisfacción persoal no deporte base

ConsideraciónsA satisfacción persoal

está estreitamente ligada cunha boa autoestima. É un sentimento inherente ao noso espírito, que se desborda de satisfacción sempre que te sintas a gusto e realizado co que fas. O optimismo que nos proporciona satisfacción, é un compoñente impor-tantísimo dentro do de-porte de base.

Deporte de base. O de-porte de base reúne as condicións necesarias para xerar a satisfac-ción persoal, tales como o educadores-ensinantes, o ocio, a escala de valo-res (dedicación, esforzo, solidariedade, compromi-so, diálogo, convivencia, etc.).

Deportista. O novo de-portista que se refuxia só no aspecto deportivo, está a xerar no seu interior un gran baleiro. É necesario e imprescindible traba-llar, adestrar, pero é moito máis importante atopar satisfacción, sentirche ilu-sionado e optimista pola túa dedicación a este.

Necesario e fundamen-tal. Por tal motivo, é ne-cesario e fundamental, que dende as temperás idades, as novas promesas traballen nun ambiente de

alegría, satisfacción, e que se sintan realizados co que fan.

O optimismo nos ades-tramentos e nos partidos

Para traballar con op-timismo son necesarios os seguintes pasos:

- Has de aceptar o teu pa-pel tanto nos adestramentos coma nos partidos.

- Has de desempeñar o teu papel ao límite das túas capacidades mentais e físi-cas.

- Has de pensar colec-tivamente e traballar en equipo, a unión fai a forza.

- Gran confianza e segu-ridade en ti mesmo e nos demais compañeiros.

- Desexo de triunfo.- Aceptar os erros e alti-

baixos, adoita ser boas lec-cións didácticas.

- Valórate a ti mesmo, re-coñécete unha persoa forte, valorosa e capaz.

- Ser amable e cordial cos teus compañeiros e amigos. - Non te compares con nin-guén.

- Aprende a escoitar.- Pensa no que tes e non

no que necesitas.“Canto máis posúes, me-

nos te posúes a ti mesmo”.Alfonso Vilachá,

profesor de Educación Física e entrenador nacional

de fútbol

En maio, o Torques 2010Redacción

Ourense acollerá a Oita-va Concentración Moteira As Burgas e a Terceira Concentración Internacio-nal de Trikes, do 14 ao 16 de maio, onde centos de motoristas de toda a Pe-nínsula farán ruxir as súas motos. Durante estes tres días todos os que se ins-criban na concentración poderán disfrutar de con-certos, show-bikes, rutas, excursións, xogos colecti-vos, e outras moitas acti-vidades. Hai que destacar o chamativo desfile das antorchas que terá lugar o sábado 15 de maio, ás 22 horas, polas rúas da cida-de. O prezo da inscrición é �0 euros anticipada e �5 en taquilla.

[Máis información: [email protected].]

O organizador das Rutas Culturais, José García “Willy”, o vicerreitor do campus de Ourense, Juan Francisco Gálvez, e o responsable do Servizo de Deportes do campus, Rodrigo Alberte. /PAULA LODEIRO.

Paula Lodeiro

A realización do Ca-miño pola Vía da Prata desde Ourense a Santiago suporá o punto e final das Rutas Culturais que orga-nizou este curso o campus de Ourense. En tres etapas (os días 15, 16 e 17 de maio) uns 40 camiñantes percorrerán os preto de cen quilómetros que se-paran a capital ourensá de Compostela. Farano só aquelas persoas que participaron en alomenos seis das once rutas cultu-rais realizadas este curso. “Ten a súa razón de ser, evítase o camiñante con baixas condicións físicas”, explica o motivo desta se-lección o organizador das rutas, José García Calvo “Willy”, recordando que os peregríns levarán ás súas costas unha media de

40 camiñantes realizarán a Ruta da Prata ata Santiago4 Con esta ruta os días 15, 16 e 17 de maio, o campus pecha as Rutas Culturais deste curso.

200 quilómetros andados ao longo dos últimos meses.

A primeira das etapas partirá da ponte Romana e rematará en Castro Dozón. Son 40 quilómetros que se prevén realizar en 10 horas e cunha dificultade alta. “Comézase coa Costa de Canedo cunha dureza e extrema e logo continúa subindo”, sinala “Willy”. A segunda etapa, entre Dozón e Bandeira, de �5 quilóme-tros, é de dificultade baixa, e a terceira e última etapa, entre Bandeira e a capital santiaguesa, engade outros �5 quilómetros cunha di-ficultade media. Os cami-ñantes farán en tres etapas o percorrido que habitual-mente os peregríns fan en catro días, pero para restar-lle dificultade á proba irán acompañados dun vehículo de apio no que levar as mo-chilas grandes e a comida.

As ceas e as pernotacións serán en hoteis de Lalín e Bandeira.

Partido solidarioPor outra banda, o Ser-

vizo de Deportes do Cam-pus de Ourense organiza o vindeiro 1� de maio o partido solidario “Un euro por Haiti”. Por terceiro ano consecutivo, profeso-res e estudantes enfron-taranse nun encontro que ten por obxectivo recadar fondos para os proxectos que Unicef desenvolve en Haití.

Como novidade, agár-dase contar con varios ex-xogadores de Primeira División, entre eles varios do Deportivo, polo que o encontro disputarase na modalidade de triangular. A cita é ás 19 horas no pavillón universitario e a entrada custa un euro.

Kick boxing en OurenseRedacción

Os días 8 e 9 de maio (sábado e domingo), o Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense acolle o campionato de España de Kick Boxing oriental. Du-rante a tarde do sábado, en torno ás 16 horas darán comezo as eliminatorias para dilucidar aos finalis-tas que loitarán polo títu-lo o domingo a partir das 10.�0 horas.

As probas do campio-nato, que está organizado pola Federación Española de Kick Boxing, son as de Low Kick, Oriental Style, Keshiki e Thai Boxing.

Page 15: 6 Mai 2010 - Nº 12

BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010

15

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-�2.�2�.925. Depósito Legal: OU 185-2009. Redacción: r/ Valle Inclán 25 2º Of. 15 - �2004 Ourense. Tel: 988 2�9 6�4 - 988 549 717. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: PublicacionesTameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco. Fotografía: Ramsés Torres, Paula Lodeiro, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Alfonso Vilachá.

Nº12 - Ano: II - 6 de maio 2010 - Difusión: 10.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 2�9 6�4.

A PREGUNTA DO MES

Francisco Vázquez:“En parte paréceme

mal porque hai máis ne-cesidades públicas que o deporte. Que o Conce-llo e a Deputación non gasten tanto diñeiro no COB e no C.D. Ourense porque tamén é noso”.

Que che parece que as administracións subvencionen ás entidades deportivas?

Breogán Rodríguez:“Que se lle dea diñeiro

ao COB e o C.D. Ourense pero que o xestionen ben e que favorezan e apoien ao deporte base e a can-teira. Para financiarse que busquen patrocinador ou publicidade...”

Covadonga Fer-nández:

“Igual que se sub-venciona o cine que tamén subvencionen o deporte”.

Rodrigo Álvarez:“Estou dacordo en

que se lle dea diñeiro pero que non se lles subvencione case o 100 %. Que busquen ingresos”.

Óscar Devesa:“Que destinen ese di-

ñeiro a instalacións e centros deportivos”.

Diego De Manuel:“Paréceme boa

idea. Son equipos da cidade e hai que apoialos”.

José Fernández:“Que os apoien algo

pero non moito, na súa xusta medida”.

David Villarino:“Paréceme ben pero

que repartan as cantida-des entre todos os depor-tes. Por exemplo a Xunta este ano deu �9.000 euros para todos os rallis e para esgrima e pin-pon 50.000 euros para cada un. Non me parece xusto”.

Page 16: 6 Mai 2010 - Nº 12

[10.000 exemplares directos ás súas mans]BARRIOS DEPORTIVO6 de maio de 2010