22º domingo toc 2016 bene pagola

14
28 de agosto de 2016 22º Tempo ordinario – C (Lucas 14, 1.7-14) José Antonio Pagola Presentación:B.Areskurri naga HC Euskaraz: D. Amundarain Música: Haendel Adagio Sen esperar nada a cambio

Transcript of 22º domingo toc 2016 bene pagola

Page 1: 22º domingo toc  2016 bene pagola

28 de agosto de 201622º Tempo ordinario – C

(Lucas 14, 1.7-14)

José Antonio Pagola

Presentación:B.Areskurrinaga HCEuskaraz: D. AmundarainMúsica: Haendel Adagio

Sen esperar nada a cambio

Page 2: 22º domingo toc  2016 bene pagola

Xesús está comendo

invitado por un dos principais

fariseos da rexión. Lucas

indícanos que os fariseos non

deixan de espialo.

Page 3: 22º domingo toc  2016 bene pagola

Xesús, con todo, séntese libre Xesús, con todo, séntese libre para criticar os invitados que para criticar os invitados que buscan os primeiros postos e, buscan os primeiros postos e, incluso, para suxerir ao que o incluso, para suxerir ao que o

convidou a quen ten que invitar convidou a quen ten que invitar en adiante.en adiante.

Page 4: 22º domingo toc  2016 bene pagola

É esta interpelación ao anfitrión a que nos deixa desconcertados.

Con palabras claras e sinxelas, Xesús indícalle como ten que actuar:

«Non«Non invites os teus amigos nin os teus irmáns nin invites os teus amigos nin os teus irmáns nin os teus parentes nin os veciños ricosos teus parentes nin os veciños ricos».».

Page 5: 22º domingo toc  2016 bene pagola

Pero, hai algo máis lexítimo e natural

que estreitar lazos coas persoas que nos queren ben?

Non fixo Xesús o mesmo con Lázaro, Marta e María, os seus amigos

de Betania?

Page 6: 22º domingo toc  2016 bene pagola

Dos eivados, coxos e cegos, nada se pode esperar.

Por iso, non os invita ninguén. Non é isto algo normal e inevitable?

Ao mesmo tempo, Xesús sinálalle enAo mesmo tempo, Xesús sinálalle en quen ha de pensar: quen ha de pensar:

««Invita os pobres, eivados, coxos e cegosInvita os pobres, eivados, coxos e cegos». ». Os pobres non teñen medios para corresponder á Os pobres non teñen medios para corresponder á

invitación.invitación.

Page 7: 22º domingo toc  2016 bene pagola

Xesús non rexeita o amor familiar nin as relacións amigables.

O que non acepta é que elas sexan sempre as relacións prioritarias, privilexiadas e exclusivas.

Page 8: 22º domingo toc  2016 bene pagola

Aos que entran na dinámica do reino de Deus buscando un mundo máis humano e fraterno, Xesús lémbralles que a acollida aos pobres e

desamparados ten que ser anterior ás relacións interesadas e aos convencionalismos sociais.

Page 9: 22º domingo toc  2016 bene pagola

É posible vivir de maneira desinteresada? É posible vivir de maneira desinteresada? Pódese amar sen esperar nada a cambio?Pódese amar sen esperar nada a cambio?

Estamos tan lonxe do Espírito de Xesús que,Estamos tan lonxe do Espírito de Xesús que, ás veces, ata a amizade e o amor familiar ás veces, ata a amizade e o amor familiar

están mediatizados polo interese. están mediatizados polo interese. Non temos que enganarnos. Non temos que enganarnos.

Page 10: 22º domingo toc  2016 bene pagola

O camiño da gratuidade é case sempre duro e difícil.

É necesario aprender cousas como estas: dar sen esperar moito, perdoar sen apenas esixir, ser máis pacientes

coas persoas pouco agradables, axudar pensando só no ben do outro.

Page 11: 22º domingo toc  2016 bene pagola

Sempre é posible recortar un pouco os nosos Sempre é posible recortar un pouco os nosos intereses, renunciar de vez en cando a intereses, renunciar de vez en cando a

pequenas vantaxes, poñer alegría na vida do pequenas vantaxes, poñer alegría na vida do que vive necesitado, regalar algo do noso que vive necesitado, regalar algo do noso

tempo sen reservalo sempre para nós, tempo sen reservalo sempre para nós, colaborar en pequenos servizos gratuítos.colaborar en pequenos servizos gratuítos.

Page 12: 22º domingo toc  2016 bene pagola

Xesús atrévese a dicir ao fariseofariseo que o invitou:

«Ditoso ti se non poden pagarche». Esta benaventuranza quedou tan esquecida

que moitos cristiáns non oíron falar nunca dela.

Page 13: 22º domingo toc  2016 bene pagola

Non obstante, contén unha mensaxe moi querida para

Xesús: «Ditosos os que viven para os

demais sen recibir recompensa. O Pai do ceo ha recompensalos».

Page 14: 22º domingo toc  2016 bene pagola

SEN ESPERAR NADA A CAMBIO 

Xesús está comendo invitado por un dos principais fariseos da rexión. Lucas indícanos que os fariseos non deixan de espialo. Xesús, con todo, séntese libre para criticar os invitados que buscan os primeiros postos e, incluso, para suxerir oa que o convidou a quen ten que invitar en adiante.

É esta interpelación ao anfitrión a que nos deixa desconcertados. Con palabras claras e sinxelas, Xesús indícalle como ten que actuar: «Non invites os tus amigos nin os teus irmáns nin os teus parentes nin os veciños ricos». Pero, hai algo máis lexítimo e natural que estreitar lazos coas persoas que nos queren ben? Non fixo Xesús o mesmo con Lázaro, Marta e María, os seus amigos de Betania?

Ao mesmo tempo, Xesús sinálalle en quen ten que pensar: «Invita os pobres, eivados, coxos e cegos». Os pobres non teñen medios para corresponder á invitación. Dos eivados, coxos e cegos, nada se pode esperar. Por iso, non os invita ninguén. Non é isto algo normal e inevitable?

Xesús non rexeita o amor familiar nin as relacións amigables. O que non acepta é que elas sexan sempre as relacións prioritarias, privilexiadas e exclusivas. Aos que entran na dinámica do reino de Deus buscando un mundo máis humano e fraterno, Xesús lémbralles que a acollida aos pobres e desamparados ten que ser anterior ás relacións interesadas e aos convencionalismos sociais.

É posible vivir de maneira desinteresada? Pódese amar sen esperar nada a cambio? Estamos tan lonxe do Espírito de Xesús que, ás veces, ata a amizade e o amor familiar están mediatizados polo interese. Non temos que enganarnos. O camiño da gratuidade é case sempre duro e difícil. É necesario aprender cousas como estas: dar sen esperar moito, perdoar sen apenas esixir, ser máis pacientes coas persoas pouco agradables, axudar pensando só no ben do outro.

Sempre é posible recortar un pouco os nosos intereses, renunciar de vez en cando a pequenas vantaxes, poñer alegría na vida do que vive necesitado, regalar algo do noso tempo sen reservalo sempre para nós, colaborar en pequenos servizos gratuítos.

Xesús atrévese a dicir ao fariseo que o invitou: «Ditoso ti se non poden pagarche». Esta benaventuranza quedou tan esquecida que moitos cristiáns non oíron falar nunca dela. Non obstante, contén unha mensaxe moi querida para Xesús: «Ditosos os que viven para os demais sen recibir recompensa. O Pai do ceo ha recompensalos». 

José Antonio Pagola