12 Abril 2012 - BD Nº54

24
Número: 54- Ano: IV - 13 de abril de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA- RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 27 de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190. ATLETISMO Páx. 12-13 FÚTBOL SALA Páx. 2-3 Comeza o “II Correndo x Ourense” O derbi de Liga Feminina 2 disputarase o 14 de abril no Vedruna./Ó.BLANCO. O Ponte vence ao Cidade no derbi ourensán de FSF Ourense acollerá o Campionato Nacional de Tiro da Garda Civil [páx. 18]

description

Éste es el número de los derbis. Por un lado, portada y páginas interiores ceden un gran espacio al partido que el 14 de abril enfrentará a nuestros dos representantes en Liga Feminina 2 de baloncesto, Codigalco Carmelitas y Pabellón Ourense; y, por otro, el reciente choque entre Cidade-Ponte de Fútbol Sala Femenino, en el que se proclamó flamente vencedor el segundo de ellos, también es ampliamente analizado. Pero, además, en el BD 54 también se toma buena nota de la segunda edición del circuito de carreras populares "Correndo x Ourense", el próximo Campeonato Nacional de Tiro de la Guardia Civil, el imparable avance del CD Ourense o la lucha de Club Ourense Baloncesto por aferrarse a la segunda posición, entre otros contenidos deportivos.

Transcript of 12 Abril 2012 - BD Nº54

Page 1: 12 Abril 2012 - BD Nº54

Número: 54- Ano: IV - 13 de abril de 2012 - Depósito Legal: OU 185-2009 - Periódico quincenal de distribución gratuíta - www.barriosdeportivo.com BA-RRIOS DEPORTIVO volve repartirse a partir do 27 de abril. Se quere anunciarse consulte no 685 800 190.

ATLETISMO Páx. 12-13FÚTBOL SALA Páx. 2-3

Comeza o “II Correndo x Ourense”

O derbi de Liga Feminina 2 disputarase o 14 de abril no Vedruna./Ó.BLANCO.

O Ponte vence ao Cidade no derbi ourensán de FSF

Ourense acollerá o Campionato

Nacional de Tiro da Garda Civil [páx. 18]

Page 2: 12 Abril 2012 - BD Nº54

� BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

FÚTBOL SALA

4 Axenda deportivaFútbol- Día 15. Os Carrís. 17.30h.-. UD Barbadás - Tomiño.- Día 15. José Arjiz (Verín). 18.00h. Verín - Atios.- Día 15. Estadio M. Ángel. 1�.00h. Pabellón - Celta.- Día ��. O Couto. CD Ourense - Estradense.- Día ��. Ourense. CD Ourense B - Portonovo.- Día ��. O Barco. CD Barco - Arousa.- Día ��. San Rosendo (Celanova). Sporting Celanova - Pontellas.

Baloncesto- Día 14. Polideportivo Vedruna -19.15h.- Codigalco Carmelitas - Pabellón Feminino.- Día 15. Os Remedios -1�.00h.- ABO - Arruabarrena.- Día �0. Paco Paz -�1.00h.- Club Ourense Baloncesto - Fontedoso El Bulevar.- Día �1. Os Remedios -19.00h.- Pabellón Feminino - Arxil.

Fútbol sala feminino- Día 14. Os Remedios -17.00h.- Ponte Ourense - Or-vina.- Día �1. Os Remedios. -17.00h.- Cidade As Burgas - Burela.

Tiro- Do 16 ao �0 de abril. Club de tiro Eiroás. Campionato Nacional de Tiro da Garda Civil.

Atletismo- Día 14. O Barco de Valdeorras. Campionato Galego de clubs aire libre.- Día 14. Maside (pola tarde). Duatlón escolar -XOGA-DE-.

Voleibol- Día 14. Paco Paz (pola mañá). Fases finais das catego-rías de base de voleibol.Tenis de mesa- Día 14. Paco Paz -17.00h.-. Galmédica Tenis de Mesa - Liceo Casino Vilagarcía.

Hoquei (Primeira División Grupo III)- Día 14. Mariñamansa -16.00h.- Pabellón - Atlántico.- Día 14. Mariñamansa -18.00h.- Cudeiro - Albor.- Día 15. Mariñamansa -1�.00h.- Ourense - Covadonga.- Día �1. Mariñamansa -16.00h.- Cidade - Cudeiro.- Día �1. Mariñamansa -18.00h.- Albor - Barrocás.- Día ��. Mariñamansa -13.00h.- Apóstol Ourense - Jo-laseta.

Pádel- Día 15. Club P�1 -16.00h.- Ourenpadel P�1 B - SD Lalín B.- Día ��. Club P�1 -16.00h.- P�1 A - Pontevedra - Cam-polongo.

R. Torres

O Ponte Ourense se-gue en pleno de vitorias nos seus enfrontamentos contra o Cidade As Bur-gas. Nesta ocasión o par-tido presentábase máis insulso que en citas ante-riores, pero aínda así as xogadoras de ambos os equipos deixaron un gran espectáculo na cancha central do pavillón dos Remedios.

Durante a primeira me-tade, as xogadoras locais do Cidade mantiveron baixo control ás do Ponte cunha férrea defensa. O asedio era constante cara á portaría defendida por Ana, pero tanto ela como as defensoras mostrában-se sólidas ante o empuxe das visitantes e repelían cada balón que se dirixía ao marco local. Tanto era a insistencia, que a falta de nove segundos para o bocinazo do descanso, Souza (que reaparacía despois de varias xorna-das lesionadas) abría a

O Ponte impón a súa lei no derbi4 O Cidade As Burgas mantivo baixo control ás actuais campioas até nove segundos antes do descanso.

lata de potente disparo desde fóra da área. 0-1, resultado co que se chegaría ao descanso do encontro e xarro de auga fría para as de Manolo Codeso.

Na continuación, aín-da que as franxiverdes tentáronse quitar a pre-sión, seguía dominando o tempo do partido o Ponte. Froito deste do-minio chegarían tres go-les máis, obra de Ampi, en xogadas moi calca-das: pase á esquina e en parede devolvía a bola ao medio para que a an-daluza batese a Ana; 0-4 e todo resolto. Antes, o Cidade viu como un balón que ía a portaría era sacado coa man por Eva fóra da área e esta viu a amarela, ante as protestas das locais. Os colexiados con-sideraron que o es-férico non ía cara á portaría. Ampi, con estes tres goles, é a máxima realizado-ra da competición con 31 tantos, seguida da xoga-dora do Córdoba Danny, con 18. A máxima goleado-ra do Cidade, é Iria con 14 goles.

Gol da honraNeses intres

as ocasións eran para o Cidade, pero unha gran

Eva detiña todo o que lle chegaba, salvo un lan-zamento no minuto 37 de Peke, que se coaría na portaría visitante. O gol viña demasiado tar-de para os intereses das de Codeso, e o marcador non se movería até o fi-nal do encontro. Con esta vitoria, o Ponte segue a oito puntos do líder, Futsi Na-valcarnero; mentres que o Cidade continúa na undécima posición,

A pesar do resultado, o Cidade mostrou a súa valía ante un Ponte que é na actualidade dos mellores conxuntos da Primeira División de FSF

Page 3: 12 Abril 2012 - BD Nº54

BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

3FÚTBOL SALA

Drica e Sonia disputando o balón./RAMSÉS

María Arias tirando a portería do Ponte sen que Chiqui o dea evitado./RAMSÉS

Primeira División FSF 14ª xornadaPosto Equipo Puntos1º At. Madrid - 58�º Ponte Ourense - 503º Móstoles - 484º Burela - 475º Córdoba -466º Gironella - 457º Femesala Elche - 398º U. de Alacante - 339º Orvina - 3010ºCidade As Burgas-�7 11º Soto del Real -�41�º Valladolid -�113º Zaragoza - 1814º Logroño - 1815º Rubí - 1416º Majadahonda - 10

4 Xornada 24 - 14 de abrilU. de Alacante - RubiMóstoles - ValladolidSoto del Real - Diamante LogroñoPonte Ourense - Lacturale OrvinaDeportivo Córdoba - Cidade As BurgasBurela - Futsi NavalcarneroZaragoza - Femesala ElcheGironella - Majadahonda

4 Xornada 25 - 21 de abrilMajadahonda - U. de AlacanteRubi - MóstolesValladolid - Soto del RealDiamante Logroño - Ponte OurenseLacturale Orvina - Deportivo CórdobaCidade As Burgas - BurelaFutsi Navalcarnero - ZaragozaFemesala Elche - Gironella

O Ponte impón a súa lei no derbi4 O Cidade As Burgas mantivo baixo control ás actuais campioas até nove segundos antes do descanso.

nove puntos por enriba do descenso.

Vindeiras citasO Cidade das Burgas, malia

estar vir-tua lmen te s a l v a d o , b u s c a r á a sal-v a c i ó n m a t e -m á -t i c a

nas vindeiras xornadas. A próxima cita das ourensás é en Córdoba contra o Ca-jasur. Un encontro difícil no que tentarán dar a sor-presa ante un rival que está perdendo fol nas últimas datas e practicamente dixo adeus á loita polo título.

Unha semana máis tar-de, na xornada �5, o Ci-dade enfróntase ao Bure-la no derbi galego. As de Pardeiro están dando unha moi boa sensación na se-gunda volta do campiona-to marchando cuartas a 11 puntos do Navalcarnero.

Pero será na seguinte xornada cando as da vella Auria disputen un parti-do da súa liga; será como visitantes contra o Zara-goza que está flirteando cos postos de descenso. Unha vitoria das ourensás deixaríaas definitivamente a vindeira tempada na eli-te do fútbol sala feminino.

Partido en casaPola súa banda, o Pon-

te Ourense ten un partido fácil contra o Orvina, nos Remedios o sábado 14 de abril, a partir das cinco da tarde. Esta xornada é cha-ve para que as de Óscar Vivián aínda poidan soñar coa liga. E é que o líder, Futsi Navalcarnero, visi-ta a cancha de Vistalegre para enfrontarse ao Bu-rela. A derrota das madri-leñas reduciría a vantaxe aos cinco puntos, sempre e cando as pontinas saquen o seu partido adiante.

O 14 de abril o Ponte recibirá ao Orvina ás 17 horas nos Remedios, mentres o Cidade visitará a cancha do Córdoba

Page 4: 12 Abril 2012 - BD Nº54

4 BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

FÚTBOL

O Ourense visita ao Bergantiños sen Noguerol, sancionado por acumulación de tarxetas

Noguerol controlando o balón fronte a un xogador do Bouzas. /RAMSÉS.

R. Torres

O CD Ourense recupera o liderato ao vencer por �-1 ao Rápido de Bouzas nun partido con moita emoción ata o final.

O equipo dirixido por Luisito xa sabía do resul-tado do Alondras contra As Pontes (empate a un), polo que con vencer en casa diante do club vigués volta-ría recuperar a primeira po-sición da Terceira División.

Incomprensiblemente os xogadores ourensáns saíron durmidos ao terreo de xogo, sen apenas trenzar xoga-da algunha e moito menos crear ocasións de gol. Desta apatía aproveitouse o Rápi-do de Bouzas, que se adian-tou no marcador antes de chegar ao descanso.

Os afeccionados mos-traron o seu malestar antes do descanso con asubíos nalgunha das xogadas do equipo local.

Durante o descanso o téc-nico tivo que lerlles a carti-lla no vestiario para que mu-daran a actitude. Sanginés e Quintairos quedaban na ducha, e no seu lugar saían Noguerol e Amilton. Os cambios non lle puideron saír mellor aos ‘rojillos’. Os recén entrados no terreo de xogo fixéronse acredores das xogadas máis claras de gol para o Ourense. A com-

Imparable BarbadásRedacción

A UD Barbadás leva unha racha imparable na Rexional Preferente, con máis dunha volta de com-petición sen coñecer a derrota. A última vítima, o cadro da terra dos poe-tas, o Spórting Celanova, quen se viu desbordado no estadio de San Rosen-do polos pupilos de Jorge Regal. 0-3 foi o resulta-do final e o Barbadás xa suma 69 puntos, dez máis que o terceiro clasificado. O segundo clasificado e que tamén ascendería nes-tes intres xunto co equipo ourensán, é o Choco, que ten seis puntos menos, 63.

En canto aos equipos ourensáns, o Celanova e 13º con 35 puntos; o Bar-co, oitavo con 51; o Ve-rín 15º, con 34, e pecha a táboa o Ourense B con 16 puntos. O Ourense B é equipo de Primeira Rexio-nal, e o Barco está salva-do. O Celanova e o Verín teñen que sumar puntos e escalar posicións para non descender nin dunha ma-neira directa nin por posi-bles arrastres da Terceira División.

O Ourense recupera o liderato a falta de cinco xornadas4 Sácalle dous puntos ao segundo, Alondras.

binación entre eles dous fixo que Jaime Noguerol encarara por dúas ocasións ao porteiro visitante sen que subira ningunha das accións ao marcador. A diferenza coa primeira parte era pal-pable e o público comezou a animar con máis insisten-cia ao seu equipo, que tiña a oportunidade de regresar á primeira posición. Aos dous dianteiros uníronse-lles na festa atacante Yebra e Mouriño con sendas oca-sións que non farían mover o resultado, pero si barrun-taba que pronto chegaría o gol do Ourense. Para que o gol fixera acto de presenza Isma tívose que lesionar; no seu lugar entrou o galés Matt Crowe que levaba cin-co xornadas sen estar con-vocado.

RemontadaFoi o galés, no minuto

8�, o que desde a frontal da área facía o primeiro gol despois de zafarse do seu par. Un tiro axustado ao poste que fixo inútil a esti-rada do cancerbeiro visitan-te. 1-0 e empezábase a crer na remontada, malia os oito minutos máis o desconto que faltaban para rema-tar o encontro. Despois do gol, os locais recuperaron novos folgos para buscar o segundo. Noguerol, que estaba xogando lesionado

desde facía algúns minutos, voltaría ter nas súas botas unha nova oportunidade. Pero tivo que ser no des-conto (cando máis prestan a remontadas) cando, unha internada de Amilton pola banda dereita con posterior centro, é desviado por un defensa coa mala fortuna que se cola na rede da súa portería. �-1 e loucura de-satada no campo e nas ban-cadas. O Ourense regresaba ao liderato con tan só cinco xornadas por disputar.

Despois do encontro, Luisito amosábase feliz co resultado e resaltaba que a segunda parte “era como unha promoción”, pero tamén advertiu que os pri-meiro 45 minutos “foron de descenso”. Un toque de atención que levaron os

xogadores para este tramo final de liga regular e para a promoción, na que para Luisito “unha falta de con-centración pode facer que perdas a eliminatoria”.

Vindeira xornadaO Ourense visita na xor-

nada 34 ao Bergantiños coa baixa segura de Noguerol, quen foi sancionado por acumulación de tarxetas. O equipo de Carballo é 13º con 37 puntos, tan só ca-tro por enriba do descenso e busca certificar o antes posible a súa salvación. Con estes datos o partido preséntase difícil para os de Luisito. Os ourensáns teñen que pensar en sumar os tres puntos para ter máis preto a primeira posición ao finalizar a liga. Ordes reci-

be ao Alondras cos debe-res feitos, polo que non se xogan nada nesta xornada, xa que están salvados. O Pontevedra visita Vilalba para xogar contra o Vilal-bés; o cadro lucense está a tres puntos da promo-ción e a catro dos do Lé-rez. O cuarto clasificado, Cerceda, desplázase ata Sanxenxo para enfrontar-se ao equipo local, pecha-cancelas e virtualmente descendido a Rexional Preferente.

O Barbadás suma 69 puntos, dez máis que o segundo clasificado

Page 5: 12 Abril 2012 - BD Nº54

BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

5BALONCESTO

O sábado 14 o COB visitará ao Leyma Natura, na penúltima xornada Xogador do ABO.

R. Torres

Leyma Natura Coruña fóra e Fontedoso Carrefour no Paco Paz son os encon-tros que lle restan ao COB para rematar a liga LEB Pra-ta. Este sábado 14 de abril os de Rafa Sanz viaxan ata A Coruña para xogar contra o Leyma Natura.

Os herculinos son séti-mos con 1� vitorias e 10 derrotas, polo que o partido fronte aos da vella Auria é vital para os seus intereres de rematar o máis arriba posible na clasificación e poder optar na primeira eli-minatoria de play off a ter o factor cancha a favor. Para iso tería que gañar ao COB e ao Lan Mobel.

Para Rafa Sanz, o equipo coruñés é un dos favoritos para o ascenso a LEB Ouro,

Redacción

Dous encontros son os que ten que afrontar o Ourense Capital Termal para dar por finalizada esta tempada. O equipo co que se enfrontará nesta elimi-natoria, a ida e volta, é o cadro biscaíño do Arrua-barrena co que se medirá para saber en que posición final remata ao xuntar os dous grupos de Liga EBA. O partido de ida xogarase nos Remedios, este do-mingo 15 de abril, ás 1� horas. O conxunto dirixi-do por Chema Royo foi de menos a máis na competi-ción deixando un bo sabor de boca nos últimos en-contros. O adestrador non poderá contar con Juan Blanco, pero si estará Ro-drigues, despois de dous meses lesionado.

Dous partidos para que chegue o importante

e coa chegada do base Ser-gio Alonso as súas filas aínda o é máis por que “é o que precisaba o Coruña”. O técnico cordobés considera que “eles xóganse moito neste encontro” e por elo “irán ao 100% desde o co-mezo”. Sanz cre que para poder dobregalos teñen que xogar un partido moi serio, duro e ter ambición para sa-calo adiante.

O Coruña pode ser un dos rivais do COB no play off, por ese motivo poderían chegar a este partido gar-dando algunha estratexia na manga de cara á promoción de ascenso, aínda que o adestrador asegura que irán ata A Coruña “a peito des-cuberto” e “con ambición para gañar”, sentenciaba Sanz.

O equipo estará arroupa-

do alomenos por medio mi-llar de seareiros que se des-prazarán nun autobús posto polo club.

O prezo da viaxe e a en-trada é de �0 euros. Sairase desde o parque de San Lá-zaro ás 16 horas e voltarase ao concluir o encontro.

As combinacións do COB

Distintas son as contas que bota o Ourense. Co factor cancha garantizado na primeira ronda, terá que agardar para saber se final-mente é segundo ou queda nun posto máis retrasado, polo que perdería a vantaxe da cancha na segunda ou terceira ronda. Unha vito-ria e que Aurteneche non quede nas cinco primeiras posicións é o que precisa o COB para asegurar a se-

O ABO despide a tempada

gunda praza e ter en todas as eliminatorias a cancha ao seu favor.

Incluso perdendo os dous partidos podería rematar en segunda posición, pero nes-te caso as posibilidades dis-minuirían e dependerían de máis dun equipo. Contando que alomenos un dos parti-dos que falta por concluir a liga o gañase, estaría a mer-ced do Aurteneche, que por vencer na Copa ten dereito a segunda praza sempre e cando remate entre os cin-co primeiros clasificados, o que faría que subira á segunda posición e o resto baixara un posto.

Ao Aurteneche réstalle un partido, contra o Fon-tedoso Carrefour, que terá que gañar para aspirar a esa segunda posición se o Ley-ma Coruña ou o Lan Mobel

non vencen os dous en-contros que teñen por dis-putar. Así, unha derrota do COB na Coruña podería ser unha boa nova para os intereses cobistas de cara á ansiada segunda praza.

Abonos para o play off

O presidente do Club Ourense Baloncesto, Jor-ge Bermello, presentou a campaña dos prezos para os abonos do play off. Para os socios do club,o custe do abono é de �0 euros e dá dereito a ver todos os partidos que xogue o equipo na casa. Pola súa banda, os socios júniors pagarán 10 euros polo abono. O público en xeral que queira adquirir un abono terá que pagar 40 euros, mentres que os júnior pagarán �0 euros.

Os que opten por mer-car as entradas en cada partido terán os seguintes prezos: para a primeira ronda o prezo para os so-cios é de 3 euros, para os non socios 10 e para os júnior 5. Para as segunda e terceira ronda os prezos serán de 5 euros para os socios, 1� para o público e 6 euros para os júnior.

O primeiro partido de play off será o martes �4 de abril a partir das �1 horas, no Paco Paz ante un rival aínda por deter-minar.

4 Club Ourense Baloncesto ten dous partidos para rematar a liga regular.

Page 6: 12 Abril 2012 - BD Nº54

6 BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01� BALONCESTO

Pallardó desfacéndose de Oliva no último derbi./RAMSÉS

S.N.

Cando dous equipos da mesma cidade militan na mesma categoría dun de-porte xa están máis que acostumados a verse as caras dúas veces ao ano, pero se, ademais, ningún deles se xoga xa nin a per-manencia nin o ascenso, a cita, lonxe de perder ali-ciente, tórnase, se é posi-ble, máis emocionante, xa que non caben as axudas ao veciño, nin as excusas pola falta de motivación. Un derbi é un derbi, e a honra ante os seareiros ten un único prezo, o de pro-clamarse vencedor.

Con este panorama é co que o vindeiro sábado 14 de abril Codigalco Carme-litas e Pabellón Ourense se enfrontarán no partido de volta da Liga Feminina � de baloncesto, que con-gregará a partir das 19:15 horas no polideportivo Vedruna ás afeccións de ambos equipos na procu-

O prezo do orgullo4 Codigalco e Pabellón enfróntanse o 14 de abril sen xogarse nada na liga, salvo a súa honra.

ra dunha vitoria, buscada como sempre, pero sabo-rosa como nunca.

O localO Codigalco Carmelitas

será o anfitrión desta cita, á que chega coa enerxía que outorga ter estado loi-tando pola cuarta praza (a derradeira que permite a participación no play off de ascenso) ata a pasada xornada, a súa mellor po-sición clasificatoria (ocupa a sexta praza, fronte á oi-tava do visitante), as súas tres vitorias máis e a súa compenetrada plantilla. Todo son vantaxes para o conxunto colexial que, ademais, está na obriga de compensar o lamentable partido disputado nos Re-medios durante a ida.

Así mesmo, esta vitoria, aínda que non as achega-ría ao quinto clasificado (o Ferrol, que suma 16 vitorias, tres máis que as de Juan Rodríguez), si lle permitiría afincarse na

sexta posición que hoxe ocupa e que tanto ansía o Tenerife (igualado en par-tidos gañados). E ante a imposibilidade matemáti-ca de gozar da experiencia dunha loita polo ascenso rematar unha gran tempa-da na mellor posición po-sible debe ser hoxe a meta do conxunto colexial.

O visitanteO Pabellón Ourense pi-

sará o Vedruna por detrás do Codigalco na clasifi-cación, pero co empurre que lle ocasionou a vito-ria desta última xornada contra o Aros León, a cal lle deparou o ascenso ata a oitava posición da xeral e a salvación matemática (a falta de confirmación da existencia de descensos esta tempada).

Ademais, o bo papel realizado no partido de ida fronte ás colexialas (ás que venceron por 57 a 45) demostra que nos derbis entre estes dous equipos

non hai nada escrito e que as de Lisardo Rodríguez sempre chegan a estas ci-tas coas mesmas gañas de vitoria.

Novidades nas filas pa-villonistas

Salvo hecatombe, o Codigalco chegará ao derbi co seu banco ao completo, mentres que o Pabellón,

Lisardo Rodríguez, adestrador do Pabellón

“Non nos xogamos nada, pero un derbi sempre é un derbi. No partido da primeira volta, cando elas querían loitar pola cuarta praza, a derrota contra nós foi un paso atrás, polo que quererán resarcirse nes-te encontro diante da súa afección”.

4 Así o ven os técnicos

Juan Rodríguez, ades-trador do Codigalco

“Queremos gañar na casa o derbi para quitarnos a sensación que nos deixou o partido da primeira volta. Intentaremos vencer, pero sen esquecernos de que é un partido máis. O impor-tante para nós é o conxunto global da tempada, que foi moi boa. O derbi é chama-tivo para a afección, que de seguro encherá o Vedruna,

pero eu considéroo un par-tido máis”.

pola contra, contará con tres baixas nas súa filas. “Chegamos ao derbi coa ausencia de Brittney Scott, que abandonou o equipo por motivos persoais, e as de María Álvarez e Nuria Ramiro, por lesión. En efectivos andamos curtos,

Codigalco e Pabellón veranse as caras o sábado 14 de abril a partir das 19:15 horas no Vedruna

pero de moral estamos bastante ben”, adelantou o técnico pavillonista.

Así, as previsións fan agardar que o “triángulo máxico” colexial (com-posto por Simmnos, Atíes e Oliva) será o máis te-mido polas pavillonistas, ao tempo que as de Juan Rodríguez deberán frear as grandes actuacións ás que nos teñen acostuma-dos Bolonio, Pallardó e Geehan por parte do Pa-bellón.

De esquerda a dereita: Bolonio, Atíes, Pallardó, Simmons e Bolívar. Cinco das xogadoras chave do derbi de LF2./R.T.

Page 7: 12 Abril 2012 - BD Nº54

BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

7BALONCESTO

A colexiala Verónica Blanco sorteando a unha rival./R.T.

S.N.

Distinta sorte correron as nosas dúas representantes en Liga Feminina � a pasada xornada. O Pabellón gañou e o Codigalco perdeu. Un celebrou a salvación e o outro tivo que lamentar o seu alonxamento definitivo do play off. Para un continúa o soño da LF� e para o outro remata o do ascenso.

Pabellón 83-78 ArosOs conxuntos que mili-

tan en LF� aínda non saben con seguridade se a final de

O Pabellón sálvase e o Codigalco esquécese do play off4 O Pabellón vén de vencer ao Aros León, mentres o Codigal-co foi derrotado con contundencia polo Coelbi Bembibre.

tempada haberá descensos a Primeira División, pero sexa como sexa, o Pabellón Ourense decidiu facer os de-beres contra o Aros León e conseguir matematicamente a súa permanencia na ca-tegoría de cara ao vindeiro ano. Así, por fin as de Lisar-do Rodríguez se despiden do sufrimento e poderán permi-tirse disputar as tres últimas xornadas coa tranquilidade que a salvación outorga.

Para iso o pasado 4 de abril o conxunto pavillonis-ta recibiu nos Remedios ao Aros León, nun encontro

que durante a primeira me-tade (que rematou �9-40) foi dominado polas visitantes -dirixidas maxistralmente por Ginés-. Nembargantes, o Pabellón soubo darlle a volta ao casilleiro no ter-ceiro período, cun parcial 30-15, que lle proporcionou a vantaxe suficiente para decantar a balanza ao seu favor. 83-78 foi o resultado que o luminoso marcaba no minuto corenta e que lle permitiu ao Pabellón non só manterse na categoría senón tamén ascender ata a oitava posición da xeral, unha pra-za que agarda, incluso, me-llorar ao longo das tres citas que aínda quedan.

“Partiamos nesta tem-pada cun proxecto novo e que a falta de tres xornadas esteamos salvados significa que cumplimos con creces as expectativas. Nós somos un club modesto, coas nosas limitacións, e aínda así com-petimos con case todos os equipos, gañando o noso si-tio pouco a pouco. Contra o Aros, despois dunha nefasta primeira metade, fixemos unha gran segunda metade e vencemos con solvencia”, explicou o adestrador pavi-llonista despois do choque nos Remedios.

Bembibre 71-37 Carme-litas

Se a algo xa non nos tiña

acostumados o Codigalco era a perder un encontro por máis de 30 puntos de diferencia, pero a súa falta de acerto e que o rival sexa o líder da categoría fixeron que as de Juan Rodríguez parecesen dar un salto ao pasado na última xornada e viviran unha das súas peores derrotas da tempada. 71-37 foi o resultado final dun en-contro no que, en absoluto, houbo tanta diferenza entre os equipos. Aínda que é cer-to que o Bembibre sempre dominou a cita e se manti-vo por diante, as colexialas plantáronlle cara en todo momento na procura de, como mínimo, dar a mellor das imaxes, pero a sorte, esta vez, non quixo moverse da cidade das Burgas.

Así, as leonesas rema-taron xa o primeiro cuarto marcando distancias (19-9), o segundo demostrando o que saben facer (39-�1), o terceiro evidenciando por que son líderes (47-30) e o cuarto deixando claro que baloncesto se escribe con “b” de Bembibre. O Co-digalco non tivo nada de sorte, mentres o Coelbi des-pregou o seu mellor xogo. “Pelexamos ben durante o partido e tivemos boa ac-titude, pero estivemos moi desacertados de cara ao aro contrario. Ademais, o Bembibre é un gran equipo

e fixo un moi bo partido”, recoñeceu o adestrador co-lexial tralo encontro.

Con esta derrota, o Car-melitas mantense sexto, polo que cos tres encontros que restan xa non optaría á cuarta praza (que a ocupa o Ensino, con catro partidos gañados máis que as ouren-sás).

As últimas xornadasEn xeral, aínda que non

o pareza, todo son boas no-vas, os dous equipos ouren-sáns seguirán na categoría a próxima tempada e, como consecuencia, deberán vol-ver verse as caras na loita pola mellor posición, como acontecerá a vindeira xor-nada, xa que o 14 de abril Carmelitas e Pabellón en-frontaranse no Vedruna na procura dunha das tres úl-timas vitorias ás que poden

aspirar este curso. Logo do derbi, dispares

emparellamentos lles agar-dan a ambos conxuntos. Por unha banda, o Codigalco vi-sitará o �1 de abril ao Corte-gada (3º clasificado) e o 28 recibirá ao Tenerife (7º). Por outra, o Pabellón recibirá nos Remedios o �1 ao Ar-xil (10º) e o pechará o curso visitando ao Aguere (1�º) a finais de mes.

En definitiva, semella máis probable que rematen o que queda de tempada sumando máis vitorias as pavillonistas, pero como xa se sabe no deporte non hai nada escrito, e o sino é capaz de voltar co n só un xiro o sinxelo imposible e o imposible sinxelo, así que tocará agardar a que o balón comece a botar e el mesmo decida o remate de curso de Carmelitas e Pabellón.

Noelia Cacheiro buscando un complicado pase./R.T.

Page 8: 12 Abril 2012 - BD Nº54

8 BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

PITCH&PUTT

O domingo 8 de abril es-treouse no Campo de Pazo da Touza un novo sistema de competición denomi-nado Ráting System Mat-ch-Play P&P. Este sistema ideado por un ex xogador profesional de xadrez ho-landés, de nome Bas Van Roosmalen, determina un coeficiente de nivel do xogador (ráting) o cal de-termina unha puntuación en cada un dos enfronta-mentos que se realicen. Os torneos dispútanse a 4 rol-das de 6 foxos EPPA, e o dinamismo da modalidade fai que sexa todo un éxito

Pozo do Lago acolle o II Campionato Galego por Categorías os días 14 e 15 de abril. Esta competición xógase baixo normativa in-ternacional (� paus+putt e 90 metros de máximo por foxo) e definirá os cam-pións galegos nas seguintes categorías: sénior, femini-na, xuvenil, segunda e ter-ceira.

En categoría sénior o gran favorito é Antonio Salgado, que terá un duro escollo co

5Máxima igualdade a falta dunha xornada da liga Aquabella, Surribas e Peter Mervin en ab-soluto e Silva, Rubén, Sergio e Manuel Bardelás en hándicap optan polos títulos.

Axenda Pitch&Putt- 14 e15 de marzo- Cam-

pionato Galego Catego-rías Strokeplay - Pozo do Lago - 17 de abril - Match-

Play dos Martes- Pozo do Lago - �0 e �1 de abril - 10ª xornada Liga Aquabella-Cadavid - Pazo da Tou-za - �4 de abril - Match-

Play dos Martes - Pazo da Touza

Ránking provincial 2012

ABSOLUTO1º-J.C Surribas �61�º- Peter Mervin �463º- Jorge Sarmiento �404º- Antonio Salgado �3�5º- J.E. Villarino ���6º- Jose L Arceiz ��17º- Jaime Janeiro �158º- Efrén Rodríguez �159º- Siso de Anta �1410º- JA Carvajales �11 Manuel Silva �11 Victor Rodríguez �11

SÉNIOR1º- Antonio Salgado �3��º- J.E. Villarino ���3º- Jose L Arceiz ��1

XUVENIL1º-Efrén Rodríguez �15�º-Pedro Botana 1773º-Manuel Bardelás 154

FEMININO1º- Maria Escudero 134�º- Fátima Gomez 1303º- Carmen Casar 130

HÁNDICAP1º- Manuel Silva �61�º- Manuel Bardelás �593º- Sergio Fdez �574º- Ruben Dguez �555º- J.C Surribas �54

nos países onde se está xo-gando.

O torneo disputado esta semana foi gañado con autoridade en primeira ca-tegoría por Marcos López, seguido de Jose Luís Ar-ceiz. En segunda a igual-dade foi maior, e Moisés Iriarte impúxose a Jose A Escudeiro e Chus Penedo.

Ráting System, a nova forma de xogar en Match-Play

Marcos López e Moisés Iriarte, vencedores do pri-meiro torneo Ráting System.

actual líder do ránking ga-lego Benigno Suárez. Par-ten con serias opcións Jose Luís Arceiz, Ramón García, Manuel Branco e Jose E Vi-llarino.

Entre as damas Fátima Gómez, Carmen Casar e Maria Escudero serán tres das candidatas a tentar arrebatarlle o campionato á gran favorita, a sarriá Ma-tilde López.

Efrén Rodríguez parte con vantaxe ante o seu rival

Campionato Galego de categorías en Pozo do Lago

Jaime Janeiro estudando o green para efectuar o seu golpe de “putt”.

5O campo galego de Tambre Pitch&Putt opta a organizar o Campionato do Mundo Individual de Pitch&Putt �013.

4Juan Carlos Iglesias Surribas “xogador da quincena”. Igualou o resultado de Amador López de -5 na 8ª xornada da liga de inverno Aquabella-Cadavid en Pazo da Touza.

O torneo foi gañado por

Marcos López e Moisés Iriarte, en 1ª e 2ª categoría

máis directo para facerse co título este ano, o xogador de Tambre pero de orixe en Cortegada Pepe de Francis-co.

En segunda Pedro Botana e Manuel Bardelás teñen serias opcións nunha cate-goría moi aberta, mentres que en terceira Jose A Escu-dero tentará estar ao nivel de xogadores como Anto-nio Román ou Jose Manuel Naviera.

Page 9: 12 Abril 2012 - BD Nº54

BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

9ATLETISMO

Redacción

Este 14 de abril os clubs de atletismo máis represen-tativos de Galicia participa-rán no Campionato Galego de Clubs, que se celebrará no Barco de Valdeorras. Pre-súmese un gran campionato, xa que a el acuden nove equipos de categoría nacio-nal, que en dúas semanas iniciarán ás súas respectivas Ligas de Clubs �01�.

Dos nove clubs, tres están na máxima categoría (Di-

R.T.

O ano pasado o ultra-fondista ourensán Antonio Madriñán comezou cunha serie de retos solidarios por toda a xeografía es-pañola. Este ano pretende repetir iniciativa, e os días 14 e 15 de abril fará o seu primeiro reto solidario do �01�.

Madriñán deprazarase ata Carrión de Calatrava, Ciudad Real, para reali-zar o II Reto Solidario �4 horas pola discapacidade, que correrá baixo o lema

R.T.

Os representantes galegos da �7 edición do Maratón das Areas xa superaron as etapas maís esixentes desta proba de autosuficiencia.

José García Calvo “Willy”, Ana Guede e Antonio Moli-na, que conforman o equipo Universidade de Vigo, están facendo unha boa carreira no deserto do Sáhara. Con

Willy, Guede e Molina, a piques de rematar o Maratón das Areas4 Xa superaron o máis esixente da proba.

188,8 quilómetros nas súas pernas e costas (teñen que levar todo o necesario para estes días nunha mochila), os tres atletas xa levas gas-tadas as catro primeiras eta-pas dun total de seis. As tres primeiras etapas tiveron un percorrido que oscilou entre os 33 e os 39 quilómetros. A cuarta xornada era a etapa raíña, e os tres decidiron ir xuntos durante os 81,5 quiló-

metros que tiña preparada a organización da carreira para esta xornada de dous días de duración. Máis de 18 horas e media foi o que tardaron en percorrer a distancia.

Antonio molina e Willy todo os días foron xuntos, tirando un do outro. Molina ocupa o posto 439 con 36 horas 41 minutos e �7 segun-dos. Willy vai de 440 con 36 horas 41 minutos e �9 segun-

dos. Guede na clasificación xeral está de 53� con 39 horas 54 minutos e 4� se-gundos.

Faltan dúas xornadasAgora só lles restan dúas

xornadas para rematar esta �7ª edición da proba de au-tosuficiencia máis dura do planeta. A próxima etapa rondará a distancia de mara-tón -4� kms- e a derradeira desta edición de �01� será unha etapa curta, rondará os 15, para goce de todos os valentes que rematen a proba. 103� participantes comezaron esta carreira, que xa ten 43 abandonos por diversos motivos, sobre todo por problemas nos pes coas temidas vinchocas.

O Ourense Academia Postal buscará o seu cuarto título no Galego de clubs4 O campionato disputarase o sábado 14 no Barco de Valdeorras.

visión de Honra): os equi-pos masculinos do Ourense Academia Postal e a Socie-dad Ximnástica de Ponte-vedra, e o Ría de Ferrol en mulleres; o resto participan este ano en Primeira Divi-sión: en categoría feminina o Ourense Academia Pos-tal, o Atletismo Feminino Celta e o Atletismo Lucus; e en masculina os clubs Real Club Celta, Atletismo Na-rón e o anfitrión desta proba, o ADAS do Barco.

En total son sete equipos

masculinos e oito femininos os que daranse cita no Auto-nómico. En homes partici-parán o Ourense, Gimnás-tica, ADAS, Celta, Narón, Lucus e Vila de Cangas; e en mulleres participarán o Ourense, Ría, ADAS, Celta, Gimnástica, Narón, Lucus e Vila de Cangas.

Academia PostalO Ourense Atletismo

Academia Postal chega á cita como un dos favoritos, e tentará lograr os éxitos de

edicións anteriores. Nos oito anos que se

leva celebrando, o equipo ourensán nunca se baixou do podio, polo que ten-tarán repetir resultado, sobre todo o dos tres últi-mos anos, no que o equipo masculino acadou o título, mentres que o feminino foi subcampión.

Pero para logralo os ho-mes do académico terán na Sociedad Gimnástica ao seu máximo rival. Así mesmo, o ADAS ao xo-gar na casa, tamén terá algo que decir. Pola súa banda, o equipo feminino loitará pola segunda praza xunto co Celta e Lucus. O primeiro posto está case asegurado para o Ría de Ferrol.

A competición durará todo o sábado en xornada matinal e vespertina, e ini-ciarase co lanzamento de martillo feminino.

Comezan os retos solidarios para Antonio Madriñán

“no tiendas muros, tien-de manos”. Os recadado será destinado á asociación ACREAR (Asociación de Ciudad Real de Artritis Reumatoide). Ao corredor do equipo “where is the limit?” o acampoñará na aventura o seu incombus-tible compañeiro Demetrio Álvarez, ademais de Pablo Rago (atleta discapacitado), así como centos de persoas que xa se interesaron en participar na iniciativa. O ourensán xa está organizan-do o segundo reto solidario de Ourense.

Madriñán disputando un dos anteriores retos solidarios.

Page 10: 12 Abril 2012 - BD Nº54

10 BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01� PUBLICIDADE

Page 11: 12 Abril 2012 - BD Nº54

BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

11ATLETISMO

Haberá andaina de 17 km, carreira de trail de 21 km e de btt de 44 km

Redacción

O 1 de abril celebrouse a segunda edición da andai-na e a carreira de monte do “Pozo do Demo” que orga-nizan o Concello de Verín e a Asociación de Senderis-mo “Ruta das Augas”.

O primaveral día do que gozaron os numerosos participantes, víu como as 09,30 horas partía a an-daina dende o pavillón de deportes con 610 inscritos para percorrer a novedo-sa ruta de 18 quilómetros que dispuxo a organización para coñecer máis a fon-do o Pozo do Demo pola baixada da fraga. Antes, a proba adentrárase polo monte Montemaior arriba para rodealo e chegar ao punto de avituallamento de froita, barritas enerxéticas, refrescos e auga no pobo da Veiga das Meás.

Os sendeiristas conta-ron coa especial compañía do equipo da Universida-de de Vigo, capitaneado por “Willy”, que fixo toda a ruta correndo coas súas mochilas de supervivencia para adestrarse para o Ma-ratón das Areas no que xa están participando.

Mentres os camiñantes discorrían por retorcidas veredas e contemplaban as impresionantes paisaxes do val de Monterrei dende a cima do Pozo do Demo, na zona do pavillón celebrá-

Redacción

Xa está aberta a inscri-ción para participar no San Mamede Desafio So-lidario �01�. A proba está organizada pola Asocia-ción Cultural e Deportiva Vía XVIII e Cruz Verme-lla Maceda e é de caracter solidario. A saída e meta estarán ubicadas en Cas-tro de Escuadro.

Na proba pódese parti-cipar dunha das tres for-mas que a organización ten previsto: andaina (con saída ás nove da mañá), trail ou btt (sairán ás 10 horas). A andaina terá un percorrido duns 17 qui-lómetros, a carreira trail sobre os �1 quilómetros e a btt 44.

InscriciónsA inscrición está aberta

ata o 16 de abril e ten un custe de 16 euros. Do re-cadado, 10 euros irán para gastos ocasionados pola organización da proba, e 6 euros destinados ao fin solidario do evento. Este ano o fin solidario é a re-poboación forestal da Se-rra de San Mamede, a raíz da catastrofe sufrida polos incendios, acontecidos du-rante o mes de outubro de �011. As inscricións reali-zaranse online a través da

O II Pozo do Demo de Verín achegouse ao millar de participantes4 Entre as probas de carreira, andainas e as escolares.

Inscricións abertas para o San Mamede Desafío Solidario4 A proba terá lugar o 20 de maio.

web: www.turinisport.com.A cuota de inscrición

dará dereito a participar na proba, seguro de acciden-tes, bolsa do corredor, avi-tuallamentos, gardarroupa, duchas, comida postcarrei-ra e cantos regalos consiga a organización.

Poderán participar as per-soas que o desexen, maio-res de 18 anos no momento de realizar a inscrición na proba.

Dado o carácter solida-rio do evento, soamente se outorgará un trofeo con-memorativo aos gañadores absolutos de cada unha das modalidades deportivas que comprende este evento soli-dario (carreira e btt), salvo na modalidade andaina por non ter carácter competiti-vo.

A organización deste evento advirte da dureza da proba. Todas as persoas interesadas en participar deberán ser coñecedores das súas limitacións para poder afrontar as diferentes probas sin poñer en risco a súa saúde.

banse varias carreiras esco-lares. A carreira benxamín, de 700 metros, tivo como gañadores a Pablo Pazos, na categoría masculina, e a An-tía Castro, na feminina. Na mesma distancia, os alevíns máis rápidos foron Manuel Prieto e Miriam Cerdeiriña. Xa na distancia de �.000 metros, os vencedores in-fantís foron José Carlos Castro e MartaEspiritosanto e remataron impóndose nos cadetes os corredores Iván Gómez e Ana Justo. Nas animadas carreiras escolares participaron un total de 1�8 nenos procedentes dos cen-tros educativos da vila do

Támega, cunha ampla maio-ría do Mª Inmaculada, xunto con algúns representantes da A.D. Limiactiva de Xinzo e outros poucos de Ourense capital e arredores.

Carreira de montañaFinalmente, ás 11:30 ho-

ras, partíu dende o incom-parable marco do Balneario de Cabreiroá, a carreira de monte para atletas xuvenís en adiante, cun traxecto de 11,37 quilómetros. O nú-mero de participantes incre-mentouse nun �5% respec-to ao ano pasado, ata chegar aos ��5 atletas.

A organización retocou

os últimos 3 quilómetros respecto do ano pasado para adentrar aos corre-dores polos bosques de Cabreiroá, o que lle deu unha espectacularidade e dinamismo a proba, que foi moi aplaudida polos participantes.

Marcial Rodríguez Rey, do Deportes Marcial do Porriño entrou na meta como vencedor, cun tem-po de 45.3�, por diante de Elpidio Gómez, vencedor da edición anterior. A ven-cedora en mulleres foi So-nia Teijeiro, do Veteranos Pabellón Ourense, cun tempo de 58.55.

Un dos participantes na proba de carreira do II Pozo do Demo.

Page 12: 12 Abril 2012 - BD Nº54

1� BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01� ATLETISMO

A primeira edición contou cunha media de 200 corredores por proba

O concelleiro de Deportes, Fernando Varela, presentou no Concello a segunda edición do circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense”./RAMSÉS

R. Torres

Todo listo para que por segundo ano conse-cutivo Ourense acolla o seu circuíto de carreiras

populares

Volta o circuíto Correndo por Ourense4 Este ano contará cunha proba máis, a do barrio do Vinteún, que será a primeira que se dispute.

“Correndo x Ourense”. Na primeira edición, unha media de �00 atle-tas participaban en cada unha das carreiras entre todas as categorías que van desde os máis cativos (pitufos) ata os de máis idade (veteráns).

CarreirasAs carreiras

terán lugar desde abril

ata outubro, agás no mes de agosto

que non haberá carrei-ra. Todas serán a última fin de semana do mes, menos a primeira (barrio do Vinteún), que será na penúltima de abril. En total, seis carreiras per-correndo os barrios da cidade das Burgas.

A carreira do Vinteún será o domingo �� de

abril; a do Couto, o sá-bado �6 de maio; a noc-turna (parque Barbaña), o sábado 30 de xuño; a da Ponte, o venres �7 de xuño; a da zona univer-sitaria, o domingo 30 de setembro e finalizará o circuíto na Carballeira, o domingo �8 de outubro.

As probas que teñan lugar en sábado comeza-rán a partir das �1 horas coa proba dos pitufos. Ás �1.10h. serán os benxa-míns e alevíns os que corran. Ás �1.15 horas,

turno para os infantís e cadetes. E rema-

tarán os xuvenís, júniors, prome-

sas, sénior e veteráns que co-rrerán ás � 1 . 3 0

horas.

A s do do-

mingo, darán comezo ás 1� horas.

Benxamíns, e alevíns, ás 1�.10 horas. Ás 1�.15 horas, infantís e cadetes. E a última proba, a dos xuvenís, júniors, prome-sas, sénior e veteráns, ás 1�.30 horas.

DistanciaOs pitufos percorre-

rán unha distancia de uns poucos centos de metros. Os benxamíns

e alevíns variarán entre os 900 e os 1500 metros. Os infantís e cadetes percorre-rán distancias comprendi-das entre o 1750 e os 3�00 metros. Para a categoría absoluta, a distancia a per-correr estará entre os 5�50 da máis curta (A Ponte) e os 6990 da máis longa (a nocturna polo parque do Barbaña).

InscriciónAs inscricións, informa-

cións e resultados pode-ranse consultar nas webs championchipnorte.com ou en ourense.es.

A inscrición para a pri-meira proba está aberta ata o 19 de abril. Unha vez feito este trámite, automa-ticamente estarase inscrito para todo o circuíto, e así evitarse facer a mesma operación en cada proba.

Para os que só queiran participar nunha carreira, estará aberto o período de inscrición uns días antes de cada unha. Os pitufos po-deranse inscribir en cada proba ata media hora antes ou nas webs citadas.

O dorsal será o mesmo para todas as carreiras, polo que haberá que con-servalo. Quen o perda, an-tes da carreira deberá pedir un novo no stand que a organización porá na saída de cada proba.

O custo para participar no circuíto é de balde, salvo os que non teñan chip amare-lo que terán que abonar 10 euros en concepto aluguei-ro. Ao finalizar o circuíto, a quen devolva o chip devol-veráselle seis euros. Tamén hai a opción de quedar co chip para a terceira edición de “Correndo x Ourense”,

e mesmo para outras citas cronometradas por cham-pionchipnorte ao longo da xeografía galega.

PremiosPara optar aos premios

do circuíto é preciso par-ticipar en cinco carreiras para entrar na clasificación xeral ou, en caso de parti-cipar en todas, desestima-rase o peor resultado. A puntuación en cada carrei-ra correspóndese co posto alcanzado, de maneira que os que teñan menos puntos serán os primeiros clasifi-cados/as. A participación

Page 13: 12 Abril 2012 - BD Nº54

BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

13ATLETISMO

Percorrido da carreira do barrio do 21, que terá lugar o próximo 22 de abril.

está aberta tanto a atletas federados como a non fe-derados. Todos os que par-ticipen en alomenos cinco probas terán agasallos, e os tres primeiros de cada categoría obterán un tro-feo. A entrega de trofeos e agasallos terá lugar o sábado 17 de novembro (o día antes da San Mar-

4 O Vinteún estréase no Correndo por Ourense

Por primeira vez o barrio do Vinteún contará coa súa propia proba dentro do circuíto de carreiras ourensán, a cal inaugurará esta segunda edición o domingo �� de abril ás �1 horas.

Abrirase o lume coa carreira de pitufos, para seguir coa benxamíns e alevíns (1�.10h.) sobre 1.500 metros, e a infantil e cadete (1�.15h.) será de �.400 metros. Coa proba absoluta, que dará comezo ás 1�.30 horas, darase por finalizada esta primeira cita atlética. Esta proba constará duns 7.000 metros, e os participantes darán tres voltas a un circuíto que pasará polas rúas Madre Soledad, Av. Santiago, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Río Mao, Río Cobas, Río Camba, Av. Santia-go, Rúa do Vinteún, Río Corzos, Rúa Madre Soledad.

As duchas estarán dispoñibles nos vestiarios do Co-lexio Divino Maestro.

A concelleira de Lim-peza, Susana Bayo, pre-sentou para a ocasión uns paneis para recubrir os contenedores de lixo. Os paneis cubriranos para que sexan máis vi-sibles e que sirva para concienciar á xente de manter limpa a cidade. Servirán para depositar envases e materia or-gánica. Os paneis, ade-mais de indicar que se deposite o lixo, teñen dúas mensaxes de áni-mo para todos os depor-tistas que están reali-zando a proba.

Esta iniciativa, pio-neira en Galicia, será utilizada en todas as probas atléticas que se celebren na nosa cida-de.

Un circuíto que apoia o medio ambente

Susana Bayo xunto a un dos novos paneis./RAMSÉS

tiño) na cancha central dos Remedios, os trofeos repartiranse ás 16 horas e os agasallos poderanse re-coller entre as 10 e as �� horas.

O recadado, para unha ONG

No circuíto do ano pa-sado recadáronse un total

de 55� euros pola venta de chips. Como mostra da solidariedade da orga-nización eses cartos foron entregados ao Comité Ci-dadán Antisida. Este ano, o diñeiro que se recade tamén será donado a outra Orgnaización Non Guber-namental, aínda por deter-minar.

Os colaboradoresPara que tanto a pri-

meira como a segunda edición fosen posibles o circuíto de carreiras populares “Correndo x Ourense”, organizado polo Consello Municipal de Deportes, está a con-tar cunha serie de fieis colaboradores, entre os que se atopan o Centro Promotor de Actividade Física, o club Esprintes Ourense, a Federación Galega de Atletismo, o Ourense Atletismo Aca-demia Postal, o Colexio Divino Maestro, o Club Deportivo Aurum e a Asociación de Veciños Carlasca.

Page 14: 12 Abril 2012 - BD Nº54

14 BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

PÁDEL

Un golpeo de dereita, significa que golpeamos a pelota no lado “bo” do noso corpo

Diego Formoso

4O RECUNCHO DO PÁDEL

Cómpre lembrar en pri-meiro lugar que nos depor-tes de raqueta, se nos referi-mos a un golpeo de dereita, significa que golpeamos a pelota no lado “bo” do noso corpo; por exemplo, para un zurdo, golpear de dereita é golpear polo lado esquerdo do seu corpo.

Xa vimos que a posición de espera antes dun golpe era de fronte á rede, pos-to que non sabemos cara onde nos van mandar a pelota.

Preparación do golpeoPrimeiramente soltamos

a pala da man que nos fai de apoio, para suxeita-la só coa man dereita (ou esquerda para zurdos), o mesmo tempo que a leva-mos lixeiramente atrás e nos xiramos cara o lado polo que golpeamos.

A pala debe mirar lixei-ramente cara arriba, e apuntar cara á parede de fondo.

GolpeoCo corpo e a pala colo-

cados, é momento de des-prazarnos cara o lugar onde golpearemos a pelo-ta, tratando de axustar os pés con pasos curtos.

Antes do golpe debemos deternos, pois senón é po-sible que golpeemos dema-siado forte debido á inercia que levamos co corpo.

A man esquerda debe si-nalar cara á pelota, para axudarnos a conseguir a correcta orientación do corpo.

Movemos entón o brazo dereito (ou esquerdo) cara adiante, para impactar a pelota diante do corpo, á altura do pe adiantado, ao tempo botamos o noso peso cara adiante.

TerminaciónRematamos detendo a

pala adiante e arriba, coa axuda da man que si-nalaba a bola, e co peso do corpo adiante, de xeito que o noso pé traseiro está apoiado na punta, e co ta-lón elevado.

Tralo golpeo, voltamos á posición de espera.

Diego Formoso Pato, licen-ciado en Educación Física e entrenador de pádel nivel I

Golpeo de dereita4 Comezamos o percorrido polos golpeos de pádel explicando o golpeo de dereita.

Redacción

Tralo parón de Semana Santa, retómase a Liga Rías Baixas de pádel na que participan os dous clubs ourensáns do Pádel Club P�1.

No partido correspon-dente á décima xornada da segunda masculina grupo II, o P�1 B recibe este domingo 15 de abril en casa ao Lalín B, nun partido que se disputará ás 16 horas.

Pola súa banda, no gru-po I da segunda masculi-na, o P�1 A visita Caldas

para enfrontarse ao Conde-sa Sport B. O encontro dis-putarse o mesmo domingo en horario de mañá.

ClasificaciónsNestes momentos, o P�1

A sitúase no 5º posto da clasificación da súa liga con tres puntos, logo de vencer ao Club de Campo de Vigo B na pasada xornada por �-1.

O mesmo posto (5º) ocú-pao o P�1 B, que suma catro puntos. Na última xornada, antes de Semana Santa, per-deu contra o Condesa Sport 3-0.

Retómanse as ligas de pádel4 O P21 B recibe en casa ao Lalín.

Preparación do golpeo.

Golpeo.

Terminación.

Page 15: 12 Abril 2012 - BD Nº54

BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

15POLIDEPORTIVO

R.T.

Ao Pabellón Balonmán réstalle un partido para re-matar a excelente tempada feita polos pupilos de Ale-jandro Arias “Zarra”, no ano no que lograron o as-censo á Primeira División Autonómica despois de

Redacción

O Campus Ourense caeu derrotado no estadio univer-sitario fronte ao Lalín nun partido moi espeso e onde a igualdade foi a nota domi-nante, co cal, ademais, con-cluíu a liga galega de rugbi.

Foron os locais os que dominaron o encontro nos primeiro intres cun ensaio de Anxo, tras recuperación de balón de Licenciado, o que lle permitía coller van-taxe no marcador. Pero os numerosos golpes de castigo dos ourensáns fixeron que os visitantes lograran darlle a volta ao tanteo, grazas ao pateador lalinés deixando un 8-9 ao descanso.

Na segunda metade o pa-norama non variou con res-pecto á primeira. Xogo des-organizado e lento polo dous conxuntos. Os ourensáns aproveitaron a maior pose-sión e conseguiron pousar o balón noutra ocasión por medio de Didi con axuda de Fito, pero a falta de acerto das transformacións non permi-tía aos ourensáns escaparse no marcador. Nembargantes, outros dous golpes de casti-go transformados polo Lalín déronlle ao final a vitoria por un axustado 13-15.

ClasificaciónCon este partido remataba

a liga regular e o Campus Ourense facíao na quinta

BALONMÁN

Puro trámite4 Réstalle un partido ao Pabellón Balonmán para finiquitar unha excelente tempada.

dúas décadas tentándoo. O partido, sen trascen-

dencia, será este sábado 14 de abril na casa do equipo vigués de Las Cinco Jotas Lavadores. Os olívicos, con 1� puntos, xa non poden optar ao ascenso, polo que o encontro non ten un ali-ciente claro para os locais.

O Pabellón, ascendido des-de fai semanas, o único que tentará será continuar coa marcha triunfal que o acom-pañou ao longo da tempada, na que só perderon un par-tido, xa que cederon o en-contro en casa do Moaña (34-30), polo que tentarán deixar un rexistro difícil

de igualar, no que todos os partidos cóntanse por vito-rias, agás unha derrota.

Moaña - CulleredoO equipo que derrotou ao

Pabellón, o Moaña, aínda está na loita polo ascenso xunto co Culleredo e Porri-ño. Nesta última xornada xogarán Moaña - Culleredo un partido vital en casa dos pontevedreses. Os locais son terceiros con 15 pun-tos, mentres que os coru-ñeses teñen un punto máis, 16. O equipo vencedor lo-grará a segunda posición

que dá dereito ao ascenso, o terceiro terá que xogar un play off cun equipo da Primeira División para as-cender. En caso de empa-te, o Culleredo lograría 17 puntos, o que lle permitiría acadar a segunda posición -e ascenso directo- sempre e cando o Porriño non gañe no seu enfrontamente con-tra o Acaluba de Lugo. Se empatan Moaña e Cullere-do e vence o Porriño, estes últimos acompañarían ao Pabellón Balonmán á Pri-meira División Galega a tempada que vén.

RUGBI

Derrota axustada4 O Campus Ourense perde 13-15 fronte ao Lalín.

posición. O campión foi o Vigo B, seguido de Zalaeta (segundo), Lalín (terceiro) e Mareantes (cuarto).

Copa FederaciónO Campus Ourense está

encadrado no grupo tercei-ro da Copa da Federación Galega xunto co Bierzo e o Pontevedra. O �� de abril xogará no estadio universi-tario contra o Pontevedra. O primeiro de cada grupo, dun total de catro, pasará ás semifinais que disputa-ranse a ida de volta, sendo o primeiro partido o seis de maio, e a volta o 13 do mes-mo mes. A final terá lugar o tres de xuño.

En caso de chegar a semi-finais, o Campus Ourense enfrontaríase ao vencedor do grupo cuarto, composto por Vigo B, Crat B e Fen-detestas.

Mostra da intensidade do partido Ourense-Lalín.

Un xogador do Pabellón.

Page 16: 12 Abril 2012 - BD Nº54

16 BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01� MOTOR

Simmnos nun partido no Vedruna./RAMSÉS

Defendendo as nosas cores4A nosa seguinte “mundourensá” é a impresionante pívot norteamericana do Carmelitas Ne-colia Simmons, quen veu ao equipo colexial cun claro obxectivo: lograr que disputase o play off de ascenso.

4 Máis persoal- Necolia Christine Simmons naceu o 1 de

abril de 1987 en Michigan (EE.UU.), onde dende moi pequena comezou a xogar ao ba-loncesto.

- Antes de ser a número 8 do Codigalco mi-litou no Cáceres e, previamente, destacou na liga portuguesa.

- Simmnos confesa que a súa comida favori-ta é a pizza, a súa bebida a fanta de laranxa e a súa cor o gris; e que agora mesmo escaparía sen pensalo a China ou a Italia.

R.T./S.N.

Sensible, doce, cercana e simpática, aínda que moi-tos se sorprendan, así é a un metro de distancia unha das pívots máis temidas da LF�, Necolia Simmons, á que coñecemos máis de preto grazas á inestimable labor de tradución de Zu-leira Atíes. Compañeiras no Carmelitas, pero amigas fóra del, Simmnos confesa que foi precisamente poder xogar man a man coa cuba-na o que a motivou a vir a Ourense.

Caracterizada pola súa forza e agresividade na cancha, Necolia é unha das máximas reboteadoras da liga, título que conseguiu por méritos propios grazas á súa inigualable disciplina, pero a pesar diso ten un, confesable e emotivo, talón

de Aquiles, o amor que sen-te pola súa nai.

Que te motivou a acep-tar a oferta do Carmeli-tas?

Necolia Simmons: “O principal motivo foi que Zuleira xogaba neste equi-po. Vina o ano pasado can-do eu estaba no Cáceres e plantexeime como meta conseguir xogar xuntas para situarnos entre os catro me-llores equipos da liga”.

Que opinión tiñas do equipo antes de vir?

N.S.: “Non tiña ningunha referenza sobre o Carmeli-tas, soupen que Juan estaba interesado en min porque mo comentou o meu ades-trador do Cáceres. E como eu quería seguir xogando en España para darme a co-ñecer aceptei a proposta”.

Que cambios observa-ches nel ao longo desta

tempada?N.S.: “Creo que houbo

moitas melloras neste ano, pero aínda así algo que segue a resultarnos moi complicado é a defensa en zona, non somos capaces de chegar con contundencia ao aro contrario se o rival opta por esta técnica, e o que debemos facer cando xor-de unha complicación así é traballar para correxila”.

Cal é o obxectivo que se marca o Carmelitas nestas tres xornadas que quedan?

N.S.: “Temos que esque-cer o que pasou ata agora e centrarnos nestes tres en-contros como se fosen os tres primeiros da tempada. Hai que xogar unidas e de-fender forte”.

E o teu particular?N.S.: “Quero conse-

guir moitos rebotes (rise), defender moi moi forte e buscar espazo para tirar a canastra”.

Está claro que estás a ser unha peza chave no Carmelitas, como te sin-tes?

N.S.: “Sempre tiven cla-ro que xogase onde xogase quería que o meu equipo chegase ata o play off de ascenso. Nembargantes, o meu primordial obxectivo é ir progresando día a día como xogadora e sinto que acá o estou facendo, o que tamén axuda ao club. Eu cando volvo a casa sempre penso os erros que cometín para tratar sempre de co-rrixilos”.

En numerosas ocasións lograches proclamarte MVP e a día de hoxe es a

segunda máxima rebotea-dora do voso grupo, que significan para ti este tipo de estadísticas?

N.S.: “As estatísticas dan-me igual, o meu obxectivo era que o Carmelitas estive-se entre os catro primeiros e as miñas estatísticas non me valeron para iso”.

Cal é a túa meta dentro do baloncesto?

N.S.: “Xogar na WNBA é o meu soño, pero é un pouco difícil porque en Es-tados Unidos para logralo hai que cubrir unha serie de etapas”.

Pero aínda é posible que o logres?

N.S.: “Si, é posible.”Cando?N.S.: “Para min sería per-

fecto logralo en dous anos. Eu creo que estarei dúas tempadas máis acá e de se-guido gustaríame entrar na WNBA”.

Como ves o baloncesto en Ourense?

N.S.: “Está moi ben, acá

adéstrase forte e faise o que hai que facer”.

E a afección?N.S.: “É impresionante,

páranme pola rúa. Agora creo que xa teño máis fans que Zule (rise)”.

Que é o mellor e o peor de ter vido a España?

N.S.: “O mellor é que fixen moitas amistades no-vas e iso encántame. Ade-mais, vounos a extrañar moito cando teña que mar-

char. E o peor é que boto moito de menos a miña familia, principalmente a miña nai, que é o máis im-portante para min na vida”.

Que foi o que máis te sorprendeu de Ourense á túa chegada?

N.S.: “A verdade é que Ourense recordoume moito a San Francisco polas cos-tas e os edificios están moi pegados”.

Necolia Simmons destaca pola súa envexable condición física./RAMSÉS

Page 17: 12 Abril 2012 - BD Nº54

BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

17HOQUEI HERBA

R.T.

O pasado domingo 1 de abril, disputábase no cam-po de Mariñamansa o derbi ourensán da División de Honra de hoquei herba, en-tre o Apóstol Ourense e o Caldaria Barrocás.

O encontro como en case

O Caldaria Barrocás faise co derbi4 Vencendo por 1-2 ao Apóstol Ourense.

todos os derbis estivo moi igualado con alternancias de perigo nas dúas portas. As urxencias estaban do lado local, xa que a situación na táboa clasificatoria esíxelle fallar o menos posible de aquí ata final de tempada, se quere manter a categoría. Por iso as imprecisións eran

máis notables no cadro lo-cal. Pola contra, o Caldaria Barrocás xogaba sen pre-sión, grazas a súa situación na clasificación, coa perma-nencia asegurada.

O Apóstol o intentaba, pero a defensa visitante era un muro infranqueable. A primeira metade remataría

con empate a cero goles. Na reanudación, os barro-cos lograban marcar dunha xogada ben trenzada polo medio do seu capitán Oli-veira. Ante o gol, o Apóstol tentou por todos os medios buscar o empate, pero un penalti corner en contra faría a que a vantaxe am-pliarase ata o 0-�. Ante este xarro de auga fría, os locais so podían buscar un impo-sible, que non chegou. Nos intres finais maquillaron o resultado para deixalo no 1-2 final, insuficiente para os intereses do Apóstol.

Tralo partido de Mariña-mansa, o Apóstol Ouren-sé é o pechacancelas con cinco puntos, dous menos que o seguinte clasificado, o San Vicente. Noutro lado da moeda está o Barrocás, asentado na zona tranqui-la, ocupa a quinta posición con 15 puntos, alonxado da zona de perigo e coa perma-nencia, un ano máis, asegu-rada na División de Honra B do hoquei herba.

Ourense H.C.O equipo feminino do

Ourense H.C. que milita na Primeira División, con 14

xornadas disputadas mar-cha quinto (metade da tá-boa) con 13 puntos.

Este domingo 15 de abril, o Ourense recibe en Mari-ñamansa ao Covadonga, a partir das 1� horas. As as-turianas son sétimas a catro puntos das ourensás.

Primeira DivisiónO grupo terceiro (grupo

galego) da Primeira Divi-sión está encabezada de forma destacada polo Albor con 16 puntos. A catro dos líderes encóntrase o Pabe-

llón con 1� puntos, e de ter-ceiros, o filial do Barrocás con 10 puntos. O Atlántico de Vigo é cuarto con nove puntos, un máis que Coru-ña. Pechan a táboa o Cidade con catro puntos e o Cudei-ro con un.

A vindeira xornada en-frontará ao Pabellón contra o Atlántico (sábado 14 ás 16 horas en Mariñamansa), e ao Cudeiro fronte o Albor a partir das seis da tarde deste sábado 14. O Cidade visita A Coruña para medir-se ao equipo herculino.

Momento do emcocionante partido entre Apostol Ourense e Caldaria Barrocás./RAMSÉS

Xogadores do Caldaria celebrando o segundo gol./R.T.

Page 18: 12 Abril 2012 - BD Nº54

18 BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01� TIRO

Jorge Encinas no Campionato Galego de Carabina tendido en Pontevedra./P.L.

P.Lodeiro

As instalación do Club de Tiro Eiroás serán o es-cenario a semana próxima, entre o 16 e o �0 de abril, do Campionato Nacional de Tiro da Garda Civil. Por primeira vez o club ouren-sán acollerá esta competi-ción itinerante que orga-niza a Benemérita, e que reunirá na cidade a uns 80 gardas civís, así como unha vintena de tiradores invita-dos das Policías Nacional e Autonómica, da Armada e do propio club.

O acto de inauguración terá lugar o luns 16, ás 19 horas, no Auditorio. A com-peticiónl desenvolverase en tres xornadas, os días 17, 18 e 19, con preto de cen ti-radores en cada unha delas.

O Campionato Nacional de Tiro da Garda Civil, en Ourense4 Entre o 16 e o 20 de abril, as instalación do Club de Tiro Eiroás serán a sede desta competi-ción de tiro policial que atraerá á cidade máis de 100 axentes de toda España.

Constará de 13 exercicios de tiro policial, realizados con pistola, fusil e escopeta, para os que se empregará a totalidade do novo campo ubicado no antigo vertedo-iro de Eiroás. A clausura do campionato volverá ser no Auditorio na mañá do venres �0.

Competicións de IPSCNo que respecta ás com-

peticións de IPSC (tiro práctico), deportistas ouren-sáns participaron no último mes en tres competicións, resultando David Davite gañador da primeira fase do Open Galaico Astur, ter-ceiro clasificado no Trofeo Norte Portugal e en 11ª po-sición na Copa Presidente Segovia, estas dúas últimas probas de carácter interna-

cional. A próxima cita co tiro

práctico para Davite será o Gran Premio Internacional Comunidad de Madrid e a segunda fase da Copa Pre-sidente en Canarias. A com-petición de IPSC non regre-sará a Eiroás ata o 4 e 5 de maio, datas previstas para a segunda fase do Open Ga-laico Astur.

Campionatos galegosNas últimas semanas té-

ñense celebrado varios cam-pionatos galegos de distin-tas modalidades de tiro, con participación ourensá. No de minifoso (tiro ao prato), o ourensán José Antonio Palomanes foi o primeiro clasificado na 3ª categoría. No de pistola velocidade, Miguel Á. de la Cruz que-

Os gardas civís deberán realizar 13 exercicios de tiro policial nas instalacións do antigo vertedoiro de Eiroás. /ARQUIVO.

David Davite, gañador da 1ª fase do Open Galaico Astur de IPSC. /ARQUIVO.

Nuria Mera, que competirá en pistola damas na 1ª fase da Copa do Rei./ARQUIVO.

dou terceiro clasificado en categoría sénior, con 476 puntos, mentres que Arturo Rodríguez e José M. igle-sias foron segundo e ter-ceiro, respectivamente, en categoría veteráns A (con 490 e 438 puntos).

Pola súa banda, o tirador ourensán Jorge Encinas re-matou en segunda posición no Campionato Galego de Carabina Match disputado o pasado 8 de abril en Pon-tevedra, nunha competición na que participaron 13 tira-dores, entre séniors e vete-ráns. Encinas sumou 586 puntos, quedando a cinco do primeiro clasificado, o pontevedrés Luis Iglesias, polo que non tivo opción de arrebatarlle o posto na final a 10 disparos.

Participación ourensá na Copa do Rei

O tirador ourensán terá

unha nova competición esta fin de semana en Mollet del Vallés (Barcelona) coa pri-meira fase da Copa do Rei de armas olímpicas. Parti-cipará nas tres modalidades nas que compite: carabina de aire comprimido, cara-bina match e 3x40. Non será o único tirador da nosa cidade que acudirá a Bar-celona, xa que tamén está inscrita Nuria Mera, nas modalidades de pistola aire e pistola damas.

Dous tiradores ourensáns, Nuria Mera e Jorge Encinas, participan na 1ª fase da Copa de Rei de armas olímpicas

Page 19: 12 Abril 2012 - BD Nº54

BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

19DEPORTES ACUÁTICOS

Ramsés Torres

O CN Pabellón Ourense de categoría feminina rema-tou a XVII Copa de España de Clubes de Segunda Divi-són, disputado durante a Se-mana Santa nas instalacións Río Esgueva de Valladolid, nun meritorio terceiro pos-to, o que lle permite conti-nuar na categoría por un ano máis. Diante das nadadoras ourensás colocáronse as do CN Churriana e as do CDU Granada. As primeiras lo-graron 864,0 puntos, as se-gundas 747,5 e as ourensás 660,5.

Equipo masculinoPola súa banda, os nada-

dores masculinos do Pabe-llón rematon con 536,5 na oitava posición, polo que terán que esperar para ver

Redacción

O río Lérez, ao seu paso pola cidade de Pon-tevedra, acolleu a segun-da regata da XVII Copa Galega Promoción en ca-tegoría infatil, puntuable para o campionato gale-go da especialidade.

O piragüista do Barco, Adrián Prado, rematou na segunda posición en categoría infantil.

A regata tivo un per-corrido de 3.000 metros en embarcacións indivi-duais.

Á cita acudiron �64 piragüistas (181 homes e 83 mulleres) procedentes de toda a xeografía gale-

NATACIóN

O CN Pabellón Ourense finaliza terceiro na Copa de España4 E logra seis podios no VII Trofeo Promesas do Lérez.

PIRAGüISMO

Adrián Prado, segundo na Copa Galega de Promoción4 O piragüista do Barco foi segundo en infantís.

ga que competiron ante a atenta mirada de máis de 700 persoas que abarrota-ban as beiras do río Lérez. o conxunto gañador ao fi-nal do día foi a escola de piragüismo cidade de Pon-tevedra.

No que se refire aos equipos ourensáns, o club piragüismo Fluvial de Allariz rematou na ��ª po-sición, mentres que o club piragüismo fluvial de O Barco foi 26º na clasifica-ción final por clubs. A ni-vel individual, Adrián Pra-da (O Barco) foi segundo; Santiago Álvarez (Alla-riz), 16º; Ángel Pereira (Allariz), 17º e Sergio Ga-vilanes (Allariz), 34º.

se os puntos acadados son suficientes para manter a ca-tegoría.

VII Promesas do LérezNo CD Rías do Sur ce-

lebrouse o VII Trofeo Pro-mesas do Lérez, organiza-do polo C.N. Galaico. Dos 300 nadadores, 17 foron os

representantes do CN Pa-bellón Ourense, que acre-ditaron unha boa actuación, logrando os benxamíns ourensáns a quinta posición por clubs, dun total de nove. As probas celebrados foron as de 50 metros en categoría benxamín, e as de 100, �00 e 400 para los alevíns.

Os nadadores do Pabe-llón lograron seis podios, ademais de lograr mínimas para o galego os nadado-res alevíns. Un ouro, unha prata, catro bronces e 11 finalistas foi a bagaxe do CN Pabellón Ourense en terras pontevedresas neste trofeo promesas.

Equipo masculino 4x100 estilos do CN Pabellón.

Page 20: 12 Abril 2012 - BD Nº54

�0 BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01� DEPORTE BASE

O ourensán Miguel Puga Sánchez durante unha partida.

Redacción

Entre o 31 de marzo e 6 de abril disputáronse en Padrón os campionatos galegos in-dividuais das diferentes ca-tegorías, cunha nutridísima participación ourensá, que se fixo con numerosos éxi-tos deportivos.

Na categoría absoluta des-tacou o sexto lugar acadado por David Gómez Diéguez (Xadrez Ourense) nunha cita na que participaron 71 xadrecistas galegos, máis de 50 deles con ránking inter-nacional.

En categoría sub-16 houbo que lamentar a importante baixa de Martín Arellano (Xadrez Ourense). Nembar-gantes, os seus compañeiros David Vázquez e Miguel Ferreiro lograron grandes resultados, rematando em-patados no oitavo lugar.

Pero a maior alegría para o xadrez ourensán veu da man dos deportistas da categoría sub-1�, xa que dous xóve-nes ourensáns convertíronse en campión e subcampión galego dos alevíns, e ambos conquistaron 7 dos 8 puntos en litixio. Tratouse de Mi-guel Puga Sánchez (Casa da Xuventude), que finalizou en primeiro lugar, e de Ga-briel Roma Barge (Club Xa-drez Ourense), que se pro-

Ramsés Torres

O sábado 14 de abril ce-lebraranse os provinciais de voleibol pola mañá no Pazo Paco Paz e de dua-thlon pola tarde en Masi-de.

Unha xornada máis de actividades para os es-colares trae o programa XOGADE da Xunta de Galicia para esta fin de semana.

Durante a xornada ma-tinal, o Paco Paz acollerá desde as 9.30 horas as fi-nais provinciais de volei-bol nas categorías benxa-mín mixto, alevín mixto e infantil femenino. A elas chegan tras competir ó longo do ano en diferentes eventos.

A devanditas finais

Ourense segue a mellorar o seu xaque mate4 Os xadrecistas ourensáns lograron catro medallas nos Cam-pionatos Galegos individuais.

clamou subcampión galego. Tamén hai que salientar o cuarto lugar colleitado por Alberto Iglesias Feijoo, que rematou con 6,5 puntos, e a actuación de Xiana García Arcos (Casa da Xuventude), que obtivo o segundo posto dentro da categoría femini-na, con 4,5 puntos.

Entre os sub-10 o xoven-císimo xadrecista do Club Casa da Xuventude Martín Fernández Carballal acadou o bronce galego, conseguin-do 6,5 puntos dos 8 posibles.

Xa en categoría sub-8 des-tacou o papel realizado por César Pérez Dapoza (Club Xadrez Ourense) que malia liderar a clasificación du-rante parte da competición caeu derrotado na última xornada e somentes pudo acadar a medalla de prata, conseguindo 6 puntos. Pola súa banda, a xogadora Ceci-lia González López do Club Xadrez Ben Cho Shey de Pereiro de Aguiar, rematou primeira clasificada femini-na con 4 puntos.

O segundo mellor clubCon todos estes grandes

resultados o Club Xadrez Ourense foi o segundo (por detrás do poderoso Fonte-carmoa de Vilagarcía) que máis deportistas e éxitos acadou nesta cita autonómi-

ca, na que participaron 50 xadrecistas ourensáns proce-dentes de seis clubs distintos (Xadrez Ourense, Casa da Xuventude, Ben cho Shey, Xadrez Loureiro, Liceo Academia Postal, Carmeli-tas Ourense), os cales, en to-tal, lograron subir ao podio, nada menos, que catro veces para recoller unha medalla de ouro e tres de prata.

Gran potencial do xa-drez ourensán

Se a estos campionatos galegos individuais dispu-tados en Semana Santa lle

unimos os que tiveron lu-gar durante o pasado mes de febreiro (Categorías sub-18 e sub-14, nos que os irmáns David e Adrián Gómez Diéguez acadaron ouro e prata, respectiva-mente), o xadrez ourensán demostra, un ano máis, o seu potencial dentro do panorama autonómico, cunha participación total que superou a cincuentena de xadrecistas e con 6 me-dallas dentro das clasifica-cións xerais, ademais de dous postos de honra nas categorías femininas.

XOGADE trae a Ourense voleibol e duatlón4 Será o 14 de abril.

chegarán deportistas de diferentes entidades como o CD A Purísima, EDM O Barco de Valdeorras, EMOU Dompa Gestión, EDM San Martiño, CPI de Mende, Guillelme Brown, e Manuel Respino da Rúa.

Por outra banda o duat-lón, que combina a carreira a pé e a bicicleta, celebrara-se nun entorno espectacular, nas proximidades das pisci-nas municipais da Rañoa, en Maside. As probas darán comezo ás 16:30 horas e a partires das tres da tarde entregarase a documenta-ción aos equipos (dorsais, plano, etc).

O Clube Ciclista Maceda e o Clube Triatlon Beariz son as entidades mais re-presentativas nesta moda-lidade.

Partido de voleibol disputado no Pacito./RAMSÉS

Page 21: 12 Abril 2012 - BD Nº54

BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

�1

O equipo Sekia proclamouse vencedor do Torneo 3x3

NOVAS

Redacción

A Asociación Xuvenil Amencer organizou para a Semana Santa un torneo de baloncesto 3x3, que tivo lugar, como é habitual, no colexio Salesianos.

Ademais do torneo 3x3 tamén realizouse un con-curso de triples, todo elo organizado pola comisión de deportes - sección de baloncesto - de Amencer en colaboración coa Agrupa-ción Deportiva Salesianos.

En total foron 10 os equi-pos participantes no 3x3, sendo algún deles equipos mixtos de mozos e mozas. Os 10 equipos dividíronse en dous grupos de cinco equipos cada un, que fixe-ron unha liguiña entre eles. Os dous primeiros de cada grupo accedía ás semifinais, e de eles saían os finalistas. Á final chegaron os equi-pos Bombarderos e Sekia, rematando como vencedor este último.

R.T.

Na Primeira División da Liga Intercultural de fútbol sala o vencedor foi o Bar Xavou con 41 puntos, seguido do Club Momento con 36 e en terceira posición o Afiadores con 35. Pola parte baixa, Karlaska foi o derradeiro con cinco puntos e A Cha-pa foi penúltimo con 10.

Segunda DivisiónEn Segunda Divi-

sión, o 5 Pontes foi o campión con 30 pun-tos, os mesmos que lo-grou sumar o segundo clasificado, o Cabeza de Vaca. Pola súa ban-da, o Estrella Rosa foi terceiro, con �3 pun-tos.

Na parte baixa, Os Derradeiros fixeron honra ao seu nome e remataron de pecha-cancelas nesta catego-ría.

Baloncesto en Amencer4 A Asociación Xuvenil organizou un torneo 3x3 e un concurso de triples.

Concurso de triplesO concurso de triples con-

sistía en facer 15 lanzamen-tos na primeira ronda. Un total de nove concursantes tivo este concurso, de entre os cales saíron os dous me-llores, que pasaron á final.

Deles Álex Mazaira resul-tou ser o vencedor.

Redacción

O vindeiro sábado �1 de abril, Ourense, Bar-badás e Arnoia serán as sedes da fase previa de balonmán benxamín, na que os grupos xogarán todos contra todos.

En Aronia participarán os equipos de Ribadavia, O Carballiño e Arnoia.

En Barbadás xogará o Coles A, Coles B, O Couto e Barbadás.

E en Ourense enfron-taranse o Manuel Suei-ro, o Otero Pedraio, o Vistahermosa e Mariña-mansa.

Á fase final pasarán os primeiros de cada grupo e o mellor dos segundos dos grupos conformados por catro equipos.

Chega a previa de balonmán benxamín

Rematou a Liga Intercultural de fútbol sala

Integrantes do equipo Sekia: Cándido, Óscar, Félix e Pablo.

Redacción

José Luis Abadín co-meza esta fin de semana a súa segunda tempada na Fórmula �. O circuíto de Silverstone acolle as dúas primeiras probas dun calendario que está

Abadín competirá na Fórmula 2

composto por un total de 16 en oito circuítos europeos, celebrándose dúas probas en cada un deles.

No �011 o piloto de Ce-lanova non puido partici-par en todas as probas do campionato por motivos económicos. Este ano ten-

tará lograr mellores marcas para poder demostrar o seu potencial. O ano pasado en Brands Hatch tivo o seu mellor resultado ao rematar na 10ª posición.

O piloto ourensán estrenarase na súa segunda tempada en F2 en Silverstone, o 14 e 15 de abril

Abadín o ano pasado na Fórmula 2.

Page 22: 12 Abril 2012 - BD Nº54

�� BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01� NOVAS

Danos a túa opinión no noso Facebook (mundourense.com)

ou na web www.mundourense.

com

4A PREGUNTA

4Cres que foi un acerto a volta de Rafa Sanz como adestrador do Club Ourense Baloncesto?

SIO Club Ourense Balon-

cesto antes da chegada de Rafa Sanz era un equipo pouco fiable. Coa direc-ción do cordobés virou a tendencia, e agora é un dos equipos máis compactos da competición. Sen opción de alcanzar o primeiro posto, Sanz está levando ao equipo ata a segunda praza (factor cancha no play off a favor), e o que é máis importante, o COB comeza a ser un equi-po que comeza a dar sínto-mas que participará no play off con garantías de dispu-tar con calqueira a praza de LEB Ouro en xogo.

NONO COB non necesita-

ba cambiar de adestrador nunha liga de 13 equipos, na que ascende un direc-tamente, e os equipos que quedan da segunda á nove-na posición xogan o play

Rafa Sanz foi tamén adestrador do COB nos últimos meses da tempada anterior./RAMSÉS

off polo ascenso.Calquera que adestrara

a este equipo, coa calida-de destes xogadores para a LEB Prata podería rematar na liga regular entre os nove primeiros. Xa no play off, o factor sorte non depende de quen esté no banco.

Ata o momento o resultado da enquisa é

o seguinte:- O 50% dos votan-

tes cren que sí foi un acerto a volta de Rafa

Sanz.- Mentres a outra

metade pensa que non.

Redacción

A concelleira de Cultura e Turismo, Isabel Pérez, os pilotos ourensáns de Rali Clásico, Ricardo González e José Luís González, e a presidenta da Asociación Aixiña, Olga Cuña, veñen de presentar a campaña so-lidaria “Kilómetros de ilu-sión”, unha iniciativa que busca financiar a compra dun vehículo adaptado para o transporte de per-soas dependentes.

Ricardo González e José Luís González son os únicos pilotos galegos que compiten na Copa de España de Regularidade Sport (composta por oitos probas distintas repartidas por toda a xeografía es-pañola) aos mandos dun Ford Escort RS �000 dos anos setenta. A campaña consistirá na doazón de 1 euro por cada quilómetro percorrido polos pilotos á

“Kilómetros de ilusión”4 A participación de Ricardo e J.Luis González na Copa de España de Regularidade Sport recadará fondos para Aixiña.

Asociación Aixiña para a merca do citado vehículo.

Promoción de OurenseA presentación de “Kiló-

metros de Ilusión” na ex-planada das Burgas onde, ademais, se deu a coñecer o vehículo que representa-rá a Galicia nesta proba e que promocionará o nome de “Ourense, capital ter-mal” por toda España.

Isabel Pérez, amosou a súa satisfación por colabo-rar nun proxecto que “ser-virá para promocionar tu-risticamente a nosa cidade e tamén para levar a cabo un importante proxecto social cunha asociación como Aixiña, que traballa a prol de persoas con dis-capacidade física, parálise cerebral e da terceira idade e que son un dos sectores máis prexudicados pola crise económica”.

A presidenta de Aixiña, Olga Cuña, así mesmo,

agradeceulle a Ricardo González e a José Luís González, da escudería GG Clasic Club, a súa co-laboración para adquirir un vehículo que “é unha necesidade nun momen-to no que os recortes nos

investimentos públicos e no gasto social están de-crecendo”.

Pilotos solidariosOs pilotos, pola súa

banda, resaltaron o seu compromiso social e a necesidade de que o de-porte se implique con este tipo de proxectos “nun momento no que cómpre que fagamos todo o posible por quen máis ten risco de sufrir coa crise. Trátase pois dun xesto solidario e de xustiza social”.

Os irmáns González.

Momento da presentación da campaña “Kilómetros de ilusión”.

O diñeiro recadado polos pilotos galegos adicarase á merca dun vehículo adaptado a persoas dependentes

Page 23: 12 Abril 2012 - BD Nº54

BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�

�3ACTUALIDADE

Edita: Letras a la Carta S.L. CIF: B-3�.3�3.9�5. Depósito Legal: OU 185-�009. Redacción: r/ Valle Inclán �5 �º Of. 15 - 3�004 Ourense. Tel: 988 �39 634. Correo-e: [email protected]. Distribúe: J Publicidad. Imprime: Publicaciones Tameiga.Director: Ramsés Torres. Director comercial: Miguel Rejo. Redacción e fotografía: Paula Lodeiro, Ramsés Torres, Óscar Blanco, Alberto Del Río. Colaboracións: Saudeter, Diego Formoso, Alfonso Vilachá.

Nº54- Ano: IV - 13 de abril de �01� - Difusión: 5.000 exemplaresEste periódico non pode ser reproducido nin total nin parcialmente, sen autorización previa da empresa editora Letras a la Carta S.L. Impreso en papel 100% reciclado.Se ten algún problema co reparto, pregámoslle que nolo comunique no teléfono 988 �39 634.

4O BLOG DE SAUDETER

4SABÍAS QUE... é e como tratar unha contusión muscular?

4DESDE O MEU RECUNCHO

O deporte e a saúde (IV): O valor educativo do xogoO xogo, como activida-

de lúdica, posúe uns valo-res físicos, cognoscitivos, sociais, terapéuticos e culturais. Todos eles gar-dan unha estreita relación entre si e o seu nivel de interrelación é máximo, incluso levando sempre un proceso paralelo. Os xogos poden proporcio-nar os medios para levar a cabo moitas das tarefas importantes para o neno (Edgren e Gruber, 1971).

O valor educativo do xogo pódese apreciar en perspectivas diferentes:

Desenvolvemento mo-triz:

· Coñecer e dominar o corpo e as súas posibili-dades.

· Saber moverse no es-pazo e o tempo.

· Desenvolver e mello-rar as capacidades físi-cas e calidades motrices básicas e específicas.

· Mellorar o funciona-mento xeral do organis-mo (sistemas, aparellos, órganos), o que leva unha mellora e calidade da saúde.

· Iniciarse e mellorar o aspecto deportivo.

· Aprender a respirar e relaxarse.

Desenvolvemento in-telectual:

· Coñecerse a si mes-mo.

· Desenvolver e mello-rar a capacidade de ob-servación, a imaxinación, a creatividade, a esponta-neidade, a iniciativa per-soal.

· Evolucionar e mellorar o pensamento nas súas di-ferentes etapas.

· Fortalecer a confianza e seguridade.

· Aprender a sentirse in-dependente do adulto.

· Aprender a valerse en por si e expresarse libre-mente.

· Axudar a agudizar a atención.

· Fortalecer a vontade e aumentar a responsabi-lidade.

· Enriquecer a linguaxe

mediante o diálogo no xogo.

· Aprender, coñecer e adaptarse á contorna.

Desenvolvemento social: · Maior equilibrio emo-

cional (control de impul-sos).

· Aprender os valores im-portantes da vida: o esfor-zo, o sacrificio, a colabo-ración, a participación, a solidariedade, o respecto.

· Integrarse no grupo e aprender a comunicarse, convivir e relacionarse cos demais.

· Mellorar o espírito de superación.

· Interpretar e respectar as normas.

· Aprender a respectar os dereitos dos demais.

· Aumentar a capacidade de apoio e axuda ao com-pañeiro.

· Adquirir un concepto de si mesmo tanto físico como social e moral.

· Afacerse a gañar e per-der sen rancor.

Desenvolvemento tera-péutico:

· Evadirse e desconectar dos problemas e situacións tristes e desagradables da vida.

Desenvolvemento cultu-ral:

· Manifestar a través de-les os costumes e formas dos pobos.

Situacións a evitar No desenvolvemento dos

xogos debemos ter en con-tas certas decisións que van

en detrimento do neno:- Eliminación: Apartar

do xogo ao neno con menos capacidade, limítalle o seu desenvolvemento.

- Monotonía: As excesi-vas repeticións provocan no neno aburrimento.

- Discriminación xené-tica: Fomentar o xogo sen ningún tipo de discrimina-ción (sexo, raza...).

- Dirección autoritaria: O xogo ha de ser demo-crático. Dar ao alumno a posibilidade para dirixir o xogo, que senta protago-nista.

- Diferenciación por idade: Os xogos pódense utilizar en calquera idade, adaptando as normas, as regras, o terreo e o material ao desenvolvemento das calidades motrices básicas e específicas dos alumnos.

ConclusiónSe desde as temperás ida-

des o xogo está presente na vida dos nenos, desenvolve-remos e xeraremos neles os valores mencionados anteriormente, que serán fundamentais e imprescin-dibles para a vida en xeral e para a vida do deportista, especialmente naqueles que co paso do tempo converten un determinado deporte en profesión. Polo contrario, os nenos que de pequenos non xogan ou se lles impi-de xogar libremente, poden ser adultos neuróticos, con problemas de represión.

Alfonso Vilachá

Alfonso Vilachá Rodríguez.

Todos temos a necesi-dade de expresarnos, a través das palabras ou da linguaxe corporal. Poder converter o movemento nunha linguaxe é unha arte ao que todos temos acceso.

A arte do movemento é a danza, unha linguaxe corporal único e persoal. Todos somos diferentes, por tanto cada un de nós exprésase e móvese de forma diferente, temos unha linguaxe corporal único e irrepetible. Todos necesitamos movernos e expresar as nosas ideas, sentimentos, emocións e pensamentos a través da linguaxe verbal ou corpo-ral. Desde pequenos ensí-nannos a falar e escribir ben e cada vez é máis im-portante coñecer e domi-nar distintas linguas co fin de podernos comunicar co resto da humanidade. Durante a etapa escolar, no instituto, na universi-dade, etc. temos diversas materias relacionadas coa linguaxe verbal e a expresión oral e escrita. Pero... que pasa coa lin-guaxe corporal? Non é tan importante como o verbal?

Para moitos, incluídos os que nos gobernan e establecen as leis, como a de educación, parece que non é igual de importante. Se o fose, incorporarían materias obrigatorias re-lacionadas coa expresión corporal e a danza; facili-tarían e promoverían estas actividades en colexios, escolas e concellos; re-gularían os ensinos supe-riores, os espectáculos e a cultura. Pero o certo é

que non é así. Se vostede quere apren-

der a bailar ou quere que o seu fillo ou filla aprenda a dominar a arte do move-mento ou simplemente di-vírtase xunto ás súas ami-gas bailando ou facendo algo de exercicio, ten que buscarse a vida e na maio-ría dos casos acudir a unha escola privada á que non todos teñen o privilexio de acudir.

Afortunadamente, aos poucos a danza, o baile e a expresión corporal están a tomar terreo na nosa so-ciedade. Sexa por moda, sexa por cultura ou con-cienciación, sabemos que estas actividades son moi beneficiosas a nivel físi-co, psíquico e social á vez que divertidas e formati-vas. Desde o psíquico e o social a danza favorece a autoconfianza, a interac-ción grupal, a comunica-ción, o coñecemento propio e dos demais, a cohesión do grupo e o desenvolve-mento de valores como a cooperación, a amizade, o respecto, a tolerancia e a solidariedade, contribuín-do á formación persoal, o que lle dá un importante valor educativo e convér-tea nun excelente medio para complementar o seu desenvolvemento integral, tanto para a súa vida dia-ria, como para o seu des-empeño atlético individual e colectivo.

A danza potencia o con-trol e dominio dos move-mentos corporais do neno, quen pode evolucionar desde a libre expresión do corpo, até a aprendizaxe dalgunhas danzas nun am-biente divertido e variado;

coa súa execución estimú-lase o desenvolvemento das habilidades motrices, das capacidades percep-tivo motrices, e dentro destas o ritmo, a fluidez, a dinámica, a transmisión e a precisión do movemento entre outros, en beneficio da coordinación motriz.

A práctica da danza xera grandes beneficios a calquera idade conver-téndose nunha ferramenta para expresar o que sen-timos, coidar e gozar do noso corpo e descubrir novas habilidades e des-trezas. O movemento non só é fonte de saúde, senón que é unha linguaxe uni-versal, ao que todos te-mos acceso e no que non existen barreiras. Se diso podemos facer unha arte, algo belo, adiante. Danza a vida sexa cal for a túa idade.

Se queres porte en mans de profesionais da actividade física e a saú-de, onde a variedade e a diversión son un dos ali-cerces fundamentais para facerche mover, Saudeter ofrece un amplo abano de actividades relacionadas coa danza, o baile e a ex-presión: bailes de salón, bailes latinos, baile mo-derno, urban dance, zum-ba, aerodance, expresión corporal, teatro, danza...

Nós movémonos onde esteas para que ti te mo-vas.

As contusións ou golpes poden producir dor, debilidade e perda de función. Cando se producen, é aconsellable estirar inmediatamente os músculos da zona para previr o espasmo e aplicar daquela un vendaje de comprensión e bolsas de xeo durante 1 hora para controlar a hemorraxia interna.

É importante acudir a un profesional, pois se o frío non funciona, aplicaranse outros tratamentos como a masaxe ou o baño de burbullas.

29 de abril, Día Internacional da Danza: “Danza a vida”

Estas actividades son moi beneficiosas a nivel físico, psíquico e social

Page 24: 12 Abril 2012 - BD Nº54

�4 BARRIOS DEPORTIVO13 de abril de �01�