04h vocabulario poboacion-urbanizacion
Transcript of 04h vocabulario poboacion-urbanizacion
VOCABULARIOPoboación
Espazos urbanos
Censo de poboación Rexistro xeral e periódico da
poboación dun territorio nun momento dado. Nel inclúense datos diversos de cada cidadán (enderezo, sexo, idade, lugar de nacemento, nivel de instrución...).
Aínda que existen antecedentes a finais do século XVIII (1787, 1797), a súa realización seriada, cada 10 anos, comezou en España en 1857. Entre 1900 e 1970, os censos leváronse a cabo nos primeiros anos de cada década (rematados en 0). Dende 1981 comezaron a realizarse nos rematados en 1.
O organismo responsable da súa elaboración é o Instituto Nacional de Estadística (INE)
Padrón municipal Reconto xeral dos habitantes dun
termo municipal nun momento determinado incluíndo datos semellantes aos do Censo.
Ata 1996 renovábanse cada 5 anos. Dende aquela data, a utilización das novas tecnoloxías, que posibilitan un seguimento continuada das altas e baixas que se producen en cada municipio, permitiu a elaboración dun padrón continuo.
Cada Concello responsabilízase da súa xestión no respectivo termo municipal.
Réxime demográfico Cada unha das diferentes etapas
polas que pasa a evolución da dinámica natural dunha poboación na que natalidade, mortalidade e crecemento natural presentan unhas características homoxéneas.
Así distínguese entre antigo réxime demográfico (alta natalidade, alta mortalidade e lento crecemento natural), propio das sociedades preindustriais, e un réxime demográfico moderno (baixa natalidade, baixa mortalidade e débil crecemento natural), característico das sociedades desenvolvidas actuais. O paso dun a outro recibe o nome de transición demográfica
Natalidade e mortalidade no réxime demográfico antigo
Transición demográfica Modelo explicativo da evolución das
poboacións e o seu crecemento como resultado das mudanzas experimentadas nas súas pautas de natalidade e mortalidade.
A transición entre o réxime demográfico antigo e o moderno caracterizouse, nun primeiro momento, por unha caída rápida das taxas de mortalidade mentres se mantiñan un diminuían lentamente as de natalidade, o que xeraría un crecemento natural elevado. Posteriormente irían reducíndose temén as taxas de natalidade co que o crecemento demográfico se iría ralentizando ata acadaren os niveis característicos do réxime demográfico moderno.
Taxa de fecundidade
Taxa de fecundidade xeral: relación entre o número de nacidos vivos nun ano e o número de mulleres en idade fértil (15-49 anos) nese mesmo ano. Exprésase en tantos por mil (o/oo).
Índice sintético de fecundidade: cálculo do número de fillos que tería unha muller durante toda a súa vida fértil (15-49 anos) se se mantivesen as taxas de fecundidade por idades no momento do cálculo. Exprésase en números absolutos. Polo tanto, se actualmente este índice é de 1'3, isto quere dicir que se calcula que unha muller española nacida este ano tería 1'3 nenos de media ao chegar aos 49 anos.
Taxa de reemprazo: deixando a parte o impacto dos fenómenos migratorios, considérase que cando o índice sintético de fecundidade é superior a 2'1 fica asegurado o reemprazo interxeracional. Isto é, cada muller é quen de reproducirse a si mesma e a súa parella (2) e pode compensar a perda daquelas persoas falecidad antes da idade fértil (0'1).
Esperanza de vida● Cálculo do promedio de anos
que poden vivir os membros dunha xeración (persoas nacidas durante un ano concreto) dende o seu nacemento ata a súa extinción nun territorio determinado. Pode calcularse tamen dende calquera idade exacta ou para grupos específicos definidos por peculiares trazos socioeconómicos.
● Actualmente, a esperanza de vida supera en España os 80 anos (c. 84 no caso das mulleres, c 78 no dos homes)
Saldo migratorio● Diferencia entre el número de
inmigrantes a un lugar determinado e o número de emigrantes saídos dese lugar nun período determinando. Polo tanto, será positivo se a inmigración superase á emigración e negativo no caso contrario.
● É un dos compoñentes do crecemento real dunha poboación. O outro é o crecemento natural, isto é, a diferencia entre nacementos e defuncións.
Poboación activa● Colectivo dunha poboación
que inclúe a tódalas persoas en idade legal de traballar (entre os 16 e os 65 anos) e as que desexan facelo. Polo tanto, abrangue tanto aos que teñen emprego (poboación ocupada) como aos que non o atopan (poboación parada).
● A relación entre a poboación activa e a poboación en idade legal de traballar recibe o nome de taxa de actividade. Esta exprésase xeralmente en porcentaxes.
Áreas suburbanas● Espazos periféricos ás
cidades que sinalan a transición entre as estas e ás áreas rurais. Caracterízanse pola sua uniformidade (tipo de vivendas, composición social dos seus residentes), unhas densidades demográficas comparativamente baixas e un elevado volume de movementos pendulares cara a cidade por causa da vinculación funcional dos seus residentes.
Área metropolitana● Espazo moi urbanizado integrado por
unha cidade central (de certo tamaño e complexidade funcional) e a súa perifería circundante, que pode integrar a municipios contiguos espacialmente.
● Xorde polo dinamismo económico da cidade central que se proxecta sobre toda a área e caracterízase por ser un espazo ben comunicado e de funcións interrelacionadas: a cidade central proporciona emprego e servizos, o resto da área aloxa a unha parte significativa da poboación e proporciona espazo a aquelas actividades que demandan solo abundante e barato. Polo tanto, os desprazamentos diarios entre unha e outra (traballo, estudos, lecer...) son moi frecuentes.
Plan Xeral de Ordenación Urbana
● Instrumento básico para a planificación urbana segundo a lexislación española. Este documento proxecta para varios anos o desenvolvemento da cidade clasificando o solo dispoñible (urbano, urbanizable e non urbanizable), fixando os seus usos e sinalando os equipamentos necesarios e definindo os instrumentos necesarios para a súa realización.
● A súa realización e revisión compete aos Concellos baixo a supervisión das respectivas comunidades autónomas e consonte ao marco establecido polas leis estatais do solo (a actual é de 2007).
● En Galicia, denomínase Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) Folla do PXOM de Lugo
Cualificación do solo● División dun territorio
obxecto de planeamento nos tipos e categorías establecidos pola lexislación española: solo urbano (consolidado e non consolidado), solo urbanizable (delimitado e non delimitado) e solo non urbanizable (baixo diversas categorías de
protección).
Unidade Veciñal de Absorción● Denominación oficial dunha serie de barrios de
vivendas promovidos polo Instituto Nacional da Vivenda (INV) e a Obra Social do Fogar (OSH) para combater o chabolismo nas grandes cidades, nomeadamente Madrid e Barcelona, a raíz da aprobación da Lei do Solo (1957) e do Plan Nacional de Vivenda (1961).
● Constitúen un paradigma da pobreza do planeamento urbano e da política de vivenda pública baixo o franquismo. Foron construídas en localizacións periféricas, lonxe do centro das cidades, mal comunicadas, sobre solos rústicos adquiridos a baixo prezo e incumprindo o planeamento existente.
● Concebidas como asentamentos provisionais (5 anos), remataron por consolidarse e caracterizáronse por unha relativamente baixa densidade poboacional, resultante da tipoloxía edificatoria escollida (bloques de planta baixa e piso en ringleira), unha insuficiente dotación de equipamentos e a baixisima calidade da construción.
Xentrificación● Termo de orixe inglés (gentrification)
utilizado para calificar procesos de transformación urbana polos que a poboación orixinal de certos barrios ou sectores centrais deteriorados e empobrecidos dalgunhas cidades é substituída por grupos sociais de alto poder adquisitivo. Estes procesos, moi intensos a finais do século XX e comezos do actual, estiveron relacionados con operacións de renovación e rehabilitación destes espazos parellas á súa transformación funcional.
● Utilízanse como sinónimos termos como aburguesamento, aristocratización ou elitización