Río Tambre

Post on 26-Jul-2015

94 views 9 download

Transcript of Río Tambre

SUPERFICIE DA CUNCA 1530 km2

LONXITUDE: 124,5 km

CONCELLOS: Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame.

O Tambre en Negreira

CLIMA: Atlántico

Val do Tambre en Negreira

RÉXIME: Pluvial. Presenta augas altas de decembro a marzo e estiaxe en agosto.

CAUDAL: 54,1 m3/s

NACEMENTO: Serra do Bocelo (Porta-Sobredo)Cabeceiras: Caxide, Rodelo-Lagoa de Sobrado.

SOBRADO

Lagoa deSobrado

O Tambre en Vilasantar

Cabalar

Nace no monte Enxameado (Curtis) e xúntase co Tambre en Mezonzo (Vilasantar).

O Tambre en Vilasantar

O Tambre en Ponte Castro (entre Boimorto e Mesía)

O Tambre en A Presa (Brates-Frades)

Noa

PONTE CARREIRA

Maruzo

O Tambre en Aiazo

O Tambre en Aiazo

Mera

Samo

Arderís(Oroso)

O Tambre en Cárdama (Oroso)

O Refuxio (Sigüeiro) SIGÜEIRO

Lengüelle

O Lengüelle en Sigüeiro

O Lengüelle en Queixas (Cerceda) Encoro de Vilasenín (Cerceda)

Nace no Mesón do Vento e xúntase co Tambre en Sigüeiro.

Encoro de Vilagudín no Paradela (Lengüelle) O Lengüelle en Numide

Sionlla

O Tambre en Chaián (entre Trazo e Santiago de Compostela)

BB

O Tambre en Chaián (entre Trazo e Santiago de Compostela)

Chonia O Tambre en Ponte Alvar (entre Trazo e Santiago de Compostela)

O Tambre No Pantalán (Portomouro)

PORTOMOURO

DubraNace no Monte Castelo e xúntase co Tambre en Portomouro.

O Tambre en As Areas (A Baña)

O Tambre en

O Tambre en Fixón (A Baña)

O Tambre en Troitosende (A Baña)

O Tambre en Fiopáns (A Baña)

Portalaxe

O Tambre na Baña

O Tambre en Tapia (Ames)

PONTEMACEIRA

O Tambre entre Ames e Negreira

Pontemaceira (Negreira)

Barcala

O Barcala en Negreira

Río Albariñas (Barcala)

Nace no monte do Castro e xúntase ao Tambre en Negreira, no encoro Barrié de la Maza.

PONTEMACEIRA

O Tambre en

Encoro Barrié de la Maza, entre Negreira e Brión.

Corzán

O Tambre en Lueiro

O Tambre na Devesa de Nimo

O Tambre na Devesa de Nimo

O Tambre na Devesa de Nimo Quarenza

O Tambre na Devesa de Nimo

Esteiro do Tambre

Esteiro do Tambre

Illa de Meán

Esteiro do Tambre

Donas

PONTENAFONSO

DESEMBOCADURA: Ría de Muros e Noia (Océano Atlántico)

XEOLOXÍADespois de nacer na Serra do Bocelo o Tambre discorre mainamente no seu curso alto para encaixarse lixeiramente no seu curso medio e ir fondamente encaixado no tramo final do seu percorrido, pouco antes da desembocadura onde forma un amplo esteiro.Nalgúns dos seus afluentes abondan as fervenzas: Corzán, Dubra, Lengüelle, Chavielos, Cabalar…

Canón do Tambre entre Noia e Outes.

Fervenza de Portociños no río Viladabade (Lengüelle)

Picho do Castrón (Dubra)

Río Chavielos en Ons (Brión)

Río Corzán (Negreira)

Río Corzán (Negreira) Rego na Devesa de Nimo (entre Brión e Noia)

FLORAAo longo do curso do Tambre e os seus afluentes consérvanse bosques de ribeira con amieiras, salgueiros, freixos, bidueiros, abelairas, sabugueiros, sanguiños, carballos...

Devesa de Nimo, un dos bosques mellor conservados, no último tramo do Tambre antes do encoro de Barrié de la Maza.

Crballos en Chaián (Santiago de Compostela)

Amieiras en Frades

Carballo en Fixón

Freixos

Nas beiras do río hai unha rica representación de especies que gostan da auga e das zonas húmidas: fentos (dentabrú, blechno, fento macho, fento femia...), brións, molinia, espadainas, xuncos, salgueiriño, amenta de auga, amarelle, ranúnculos, oucas, pé de boi, reina, adelfiña, herba centella, espiga de auga...

Pé de boi e ranúnculos Dentabrú ou palla real

Molinia, fentos e salgueiros

Ambroíños e trebo de auga na lagoa de Sobrado. O trevo de auga (Menyanthes trifoliata). É unha planta pouco común en Galicia que se atopa na lagoa de Sobrado.

FAUNAA fauna do río é moi variada. Podemos atopar peixes (troita, espiñento, vermella, escalo, anguía...), réptis (cobra sapeira, cobra de colar...), anfibios (ras, limpafontes, salamántiga galega...), mamíferos (lontra, rata de auga, aguaneiro...), insectos (gaiteiros, libeliñas, zapateiros, percebellas, mosquitos, frigáneas, barqueiros...), arañas, caracois de auga, e numerosos seres microscópicos.

Mexillón de río (Margatifera margaritifera). Un bivalbo que pode acadar máis de 10 cm de lonxitude e que só se atopa nos ríos con augas limpas.

Nas beiras viven aves de ribeira (merlo rieiro, picapeixes, lavandeira) e de bosque (ferreiriños, papuxa...), lesmas, sapos, insectos...O Tambre é un dos poucos ríos galegos onde se atopa a Macromia splendens, un cabalo do demo en perigo de extinción en toda Europa.

Femia e cria de papuxa das amorias (Sylvia atricapilla). Vive en zonas de vexetación espesa onde se alimenta de insectos e froitas.

Cabalo do demo

ESPAZOS PROTEXIDOSO curso do Tambre está protexido parcialmente como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e LIC en dous espazos: “Esteiro do Tambre” e “Río Tambre”.

O LIC “Río Tambre”: protexe parte do curso do río Tambre (desde o cruce co Sionlla en Trazo ata Oroso) e parte do curso dos seus afluentes: Lengüelle (cos seus afluentes Mercurín e Cabron), Samo, Maruzo (co seu afluente o Gaiteiro), o Mera e o Sionlla.

Carrizal no esteiro do Tambre

Lagoa de Sobrado. Os monxes de Sobrado represaron nunha lagoa, arredor do 1500, os regos Caxide e Rodel que baixan da serra do Bocelo. Aquí comeza o seu camiño o río Tambre. Ten unha gran importancia a nivel botánico e faunístico. Acolle unha importante poboación de aves acuáticas invernantes, sobre todo anátidas.Destaca a presenza de dúas especies de interese europeo: Isoetes velatum e a alga Nitella flexilis (única cita en España), polo que está considerada Zona Húmida de Importancia Europea).

APROVEITAMENTOSubministro de auga para as poboacións, a agricultura e a industria; pesca; lecer; enerxía hidroeléctrica.

O Tambre ten cinco encoros, Fecha (Santiago de Compostela), Mezonzo (Vilasantar), Tambre (Brión), Tambre I e II (Noia). Ademais hai varias centrais nos seus afluentes.

Presa de Mezonzo

Central Barrié de la Maza en Brión

Río Tambre (Portomouro)

MUÍÑOS

Río Tapia (Ames)

Río Portalaxe

Río Tambre (Pontemaceira)

Río Tambre (Pontemaceira)

Batán en Trazo, no río da Chonia, afluente do Tambre. Os batáns eran utilizados para mazar e amolecer os tecidos.

DATOS HISTÓRICOSToda a cunca do Tambre estivo poboada desde tempos moi antigos e conserva importantes restos históricos e etnográficos: castros, mámoas, mosteiros, igrexas, núcleos históricos, pontes, muíños, batáns…

Mosteiro de Sobrado, no

curso alto do Tambre.

PONTES

Río Albariñas (A Baña)

Río Portalaxe Río Tambre (Pontemaceira)

Río Samo (Arderís-Oroso) Río Donas (Outes)

Pontenafonso (entre Noia e Outes)

Na década de 1920 construíuse en Noia a primeira gran central hidroeléctrica galega, promovida pola Sociedad Gallega de Electricidad, cun edificio deseñado por Antonio Palacios.

TRADICIÓNS

Pasei a Ponte Maceiracon unha vela encendidaagora tomei amorespara toda a miña vida (cantiga popular)

Pasei a Ponte Nafonsopaseina de pedra en pedracoas bágoas dos meus ollosfixen medrar a marea. (cantiga popular)

CURIOSIDADESNoutros tempos no Tambre había lampreas e salmóns, pero desapareceron despois da construción de encoros entre Negreira e a desembocadura.

Na Devesa de Nimo consérvanse rodeiras (pozos rodeados con pedras para capturar as lampreas e os salmóns) e pesqueiras (onde se colocaban redes de pesca de lamprea).

PROBLEMASContaminación, encoros, especies invasoras...

Acacias, mimosas, eucaliptos…

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta