Miguel Anxo. O pintor e a súa obra

Post on 24-May-2015

704 views 2 download

description

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega ás principais características da obra pictórica de Miguel Anxo Buonarroti

Transcript of Miguel Anxo. O pintor e a súa obra

MIGUEL ANXO BUONARROTI

PINTOR

A SAGRADA FAMILIA CON SAN XÓAN

BAUTISTA ( Tondo Doni)

c. 1506Témpera sobre panel,

diámetro 120 cmGalleria degli Uffizi,

Florencia

A Capela Sixtina foi levantada durante o pontificado de Sixto IV (1471-1484), de onde recebe o nomeTiña dúas funcións: Relixiosa, coma Capela PalatinaDefensiva, coma posto avanzado fortificado do conxunto dos edificios colocados arredor do patio do Papagaio, que constiturían o núcleo máis antigo dos palacios apostólicosFoi erixida no lugar que se levantaba a "Capela Magna" do palacio construído por Nicolás III

CAPELA SIXTINAinterior

1475-83, 1508-12, 1535-41

A capela ten planta rectangular, sen ábsida, medindo 40'94 m. de longo por 13'41 m. de ancho sendo a súa altura de 20'70 m.; está cuberta por unha bóveda de canón truncada con bovedillas laterais que corresponden ás ventás que iluminan a estanzaA decoración orixinal constaba dunha bóveda cuberta por un ceo estrelado decorada por Piero Matteo d'Amelia, mentres nas paredes laterais se situarían frescos dos mestres máis importantes da época. Na década de 1480 chamaríase a Perugino para decorar a parede tras o altar - perdida hoxe pola situación do Xuízo Final -; máis tarde foron chegando Botticelli, Ghirlandaio, Signorelli e Cosimo Rosselli cos seus respectivos talleres para executar os frescos dedicados a Cristo e Moisés

Foi Xulio II quen, ao acceder ao papado (1503) decidiu enriquecer a decoración da bóveda, encargándolle en 1509 a Miguel AnxoMiguel Anxo empregou tres anos na súa realizaciónBuonarroti elaborou en tres períodos os seus frescos:Xaneiro-setembro 1509Setembro 1509-setembro 1510Xaneiro-agosto 1511

Traballou só, sen ningunha colaboración de axudantes, mesmo sen permitir o acceso aos traballos durante a súa realización

BOCETOS PARA A CAPELA SIXTINA

A bóveda, realizada entre 1508 E 1512, presenta unha distribución arquitectónica na que son adaptados os diferentes personaxes da composición. Tema: Parece ser que Xulio II pensara nunha serie de doce Apóstolos como tema da bóveda, mais foi cambiada para representar diversos temas do Antigo Testamento, xunto unha serie de sibilas e profetas que falaron da chegada de CristoNos lunetos sobre as xanelas e nos triángulos por riba deste, situaríanse os antepasados de Cristo, mentres que nas pechinas narraríanse catro historias da salvación do pobo de Israel

Ao facer unha exposición cronolóxica dos feitos:En primeiro termo vemos a Deus separando a luz das tebras, A creación do Sol e dos astros, A separación de terras e augas, A creación de Adán, A creación de Eva, O pecado orixinal e A expulsión do Paraíso terreal, o Sacrificio de Noé, O diluvio universal e A ebriedade de NoéTodas estas escenas atópanse arrodeadas por diferentes figuras espidas (ignudis), profetas e sibilasAs diferentes escenas, que van de parede a parede da bóveda, están distribuídas nunha decoración arquitectónica de pilastras e entablamentos finxida

Programa iconográfico:Foi consensuado entre o pontífice e o artista, asesorado por algunha autoridade teolóxica, sendo sometida de novo á aprobación definitiva do Papa

O resultado é unha das obras mestras da pintura, recentemente restaurada para ofrecer aos espectadores a marabilla e a forza da cor da obra de Miguel Anxo, sen esquecer a admiración pola anatomía humana espida, presente en todo o proxecto

A tensión e a forza dos seus personaxes caracteriza a pintura de Buonarroti, un convencido escultor que se dedica á pintura por capricho do Papa Xulio II, especulándose con que o artífice indirecto deste cambio de actividade foron Bramante e Rafael os que, celosos do éxito que estaba a obter Miguel Anxo, recomendaron ao pontífice que Buonarroti realizara unha decoración ao fresco, pensando que o resultado ía ser o fracasoOs dous artistas saíron perdendo co seu reto ao afianzar Miguel Ángel a súa fama na corte papal debido ao seu éxito na Sixtina.

LA CREACIÓN DE ADÁN

A Creación de Adán marcou a mirada do home dende o momento en que se pintou ata os nosos díasEsta imaxe foi determinante na formación da arte tal e como hoxe o entendemos, e é considerada a alegoría máis suxestiva e poética da orixe do ser humano como ser que participa na divindade, sexa cual sexa esta

• A Creación de Adán segue o mesmo método de representación que a Creación de Eva, finxindo dous planos de realidade, uns dos cales é a mesma realidade do espectador.

• Deus, tras crear luz e auga, lume e terra, a todos os animais e seres vivos, decide crear un ser á súa imaxe e semellanza, crearse de novo a si mesmo. Deus chega á terra nunha nube arrebatada, rodeado de anxos e envolvido en turbulencias que crea o seu mesmo poder irresistible.

En terra, a figura de Adán xa está modelada, esperando ser insuflada de vida. Adán está totalmente pegado á terra, como xurdindo dela. A súa man levántase debilmente, sen forza propia, sen obxectivo. E nese punto o dedo de Deus concentra toda a forza terrible da creación para transmitila á súa criatura e convertela no que éO detalle illado das dúas mans resume en si mesmo o misterio da creación, da vida humana.É unha interpretación conmovedora de Miguel Anxo, que fixo desta imaxe un auténtico patrimonio da humanidade

– O PROFETA ISAÍAS

Isaías, profeta da Paixón, interrompe a lectura do libro - que mantén aberto coa man dereita - ao ser solicitada a súa atención por un anxo situado tras el, que lle iluminando o futuroEste xesto provoca un acentuado escorzo na figura do profeta, aínda que os seus ollos non se dirixan ao seu obxectivo, contrastando a tensión do seu corpo coa súa relaxación interiorComo todos os seus compañeiros, aparece sentado nun trono de mármore, desafiando a lei da gravidade ao dotar Miguel Anxo de soberbia volumetría a todos os seus personaxes, considerando o espectador que en calquera momento poden descender ao chanA potente estrutura anatómica queda cuberta con pesados e pregados panos de brillante colorido que intentan cinguirse ao máximo para ofrecernos a masa muscular e ósea da figura como observamos no xesto de cruzar as pernas

– A SIBILA DE DELFOS

As sibilas eran personaxes da Antigüidade, das relixións pagás previas ao cristianismo. O seu papel na civilización grega foi de importancia transcendental e chegaron a influír nas guerras e os gobernos das "polis". A máis famosa de todas elas foi a Sibila de Delfos, ou Sibila Délfica, situada no embigo do mundo, que se consideraba Delfos. O papel das sibilas era semellante ao dos profetas do Antigo Testamento. Considerábase que posuían poderes divinatorios e entre elas se estendeu unha crenza na fin do mundo e na chegada dun salvador, que os cristiáns rapidamente adaptaron ao seu Mesías, estendendo os anuncios da súa vinda mesmo ao mundo da Antigüidade grecorromana

AS SIBILAS

A SIBILA ERITREA

Miguel Anxo formárase na Florencia neoplatónica que pretendía reunir os conceptos da filosofía grega de Platón coas crenzas cristiás, nun intento de facer racional e comprensible ao entendemento a relixiónMiguel Anxo tiña tremendas dificultades para pintar figuras femininas, posto que adoitaba simplemente debuxar o corpo musculoso dun atleta e pegarlle dous peitos femininos

OS NÚS

OS IGNUDI

Os especialistas consideran que esta figura núa que se sitúa sobre a Sibila Pérsica, dentro do compartimento dedicado á Creación do mundo, é o máis dinámico do conxunto ao reforzar o escorzo coas posturas disparadas dos seus membrosFontes: Grupo helenístico procedente da escola de Rodas do Laoconte e no Torso Belvedere Estudos anatómicos sobre cadáveres no mosteiro de San Lorenzo de Florencia, aínda que iso estaba penado pola igrexa e era práctica prohibida.

LUNETO DOS PAPAS

Detalle da decoración do muro

A EXPULSIÓN DO PARAÍSO

AS PINTURAS DOS LUNETOSJUDIT COA CABEZA DE HOLOFERNES, 570 x 970 cm

LUNETOS COS ANCESTROS DE CRISTO

O XUÍZO FINAL1537- 41Fresco,

1370 x 1220 cmCapela Sixtina, Vaticano

Na parte frontal da Capela, na parede do altar, encóntrase a representación do Xuízo Final, obra que Miguel Anxo realizou entre 1536 e 1545,unha vez rematada a decoración da bóvedaA escena está dominada por Cristo, que se atopa en actitude de xulgar co seu brazo levantadoTodos os personaxes da obra parecen estar envolvido por un ambiente apocalíptico, que é penetrado polo dramatismo da morte e a vida

Miguel Anxo autorretrátase nesta pel

Xuízo Final. Detalles do lado esquerdo (a ascensión ao ceo)

Xuízo Final. Detalles do lado dereito (o descenso ao inferno)