Post on 07-Jul-2020
Memoria final do departamento de DEBUXO
IES A Xunqueira II.
Pontevedra.
Asdo. A xefatura de departamento.
Dª. Margarita Esteban Muñecas
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 1 de 16
886.15.098
Índice1. Modificacións introducidas durante o curso na programación didáctica feita ao principio de curso e as súas motivacións...........................................................................................................................................................................3
2. Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos en relación cos cursos anteriores....................................................4
3. Propostas para a revisión de:............................................................................................................................................6
a. Na programación didáctica para o curso seguinte.........................................................................................................6
b. Na concreción curricular................................................................................................................................................6
4. Composición do departamento.........................................................................................................................................6
5. Funcionamento do mesmo..............................................................................................................................................7
6. Temas máis importantes tratados nas reunións................................................................................................................7
a. Setembro.......................................................................................................................................................................7
b. Outubro.........................................................................................................................................................................7
c. Novembro......................................................................................................................................................................7
d. Decembro.....................................................................................................................................................................7
e. Xaneiro..........................................................................................................................................................................8
f. Febreiro..........................................................................................................................................................................8
g. Marzo............................................................................................................................................................................8
h. Abril..............................................................................................................................................................................8
i. Maio...............................................................................................................................................................................8
j. Xuño...............................................................................................................................................................................8
7. Informe de actividades complementarias, extraescolares e colaborativas.......................................................................8
8. Valoración do traballo feito para a integración das TIC na práctica docente, fomento da lectura e desenvolvemento das competencias clave.............................................................................................................................................................12
9. Libros de texto................................................................................................................................................................13
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 2 de 16
1. Modificacións introducidas durante o curso na programación didáctica feita ao principio de curso e as súas motivacións.
Debido á excepcionalidade do curso escolar, todas as modificacións foron recollidas nos
documentos solicitados pola administración e que quedaron publicamente expostos na páxina
web do centro.
Os estándares programados para a 3ª avaliación que non puideron traballarse por mor
do estado de alarma, especifícanse nos informes individualizados do alumnado. No caso de 1º de
ESO eses estándares non se poderán recuperar posto que EPVA non tén continuidade en 2º. A día
de hoxe, ao seren materias optativas, non sabemos qué alumnado de 3º ESO ou de 1º de
Bacharelato collerá EPVA en 4º ou Debuxo Artístico II en 2º polo que non pode quedar reflectido
no informe individualizado ningún plan de recuperación dos estándares correspondentes ao 3º
trimestre.
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 3 de 16
2. Análise dos resultados das avaliacións dos alumnos en relación cos cursos anteriores.
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 4 de 16
Trala avaliación ordinaria de xuño, a análise que o departamento fai dos resultados obtidos é a
seguinte:
– Durante o periodo presencial, nos grupos de 1º de ESO advertiuse unha lixeira melloría con
respecto ao curso anterior. A dinámica do grupo C e a coincidencia de actividades
complementarias con sesións de E. Plástica condicionou a selección das producións para avaliar o
2º trimestre. As instruccións da Consellería, coñecidas polo alumnado, incitaron a parte do mesmo
a que, sabendo que a súa cualificación final non podería ser inferior á media das cualificacións da
1ª e 2ª avaliación, se desvencellaran da materia durante o 3º trimestre. Case o 35 % do alumnado
fixo todas ou case todas as producións de repaso, reforzo e ampliación dos saberes anteriores. Ao
redor do 29% do alumnado non fixo nada ou practicamente nada durante o periodo de
confinamento, a pesar do contacto con titorías e as familias. En torno ao 36% fixo algo ou pouco.
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 5 de 16
A valoración que facemos destes datos é que queda demostrado que a día de hoxe e cos medios
dispoñibles, é imposible sustituír as clases presenciais por atención virtual, moi particularmente en
niveis tan baixos onde o alumnado, dada a súa inmadurez e nivel de autonomía, necesita dun
control de actividades, unha esixencia no rigor da execución e unha fixación de datos, datas e
prazos que é imposible controlar a distancia coa ratio de alumnado/profesor existente.
Como vimos sinalando outros anos, volvemos deixar constancia de que, aínda que a ratio se
axuste á lei e que a mesma non considera o desdobramento en EPVA, o elevado número de
rapaces e rapazas por aula obriga a un ensino máis técnico, limitando o número de propostas que
promoven o desenvolvemento da creatividade, posto que este tipo de actividades esixen un
seguemento moito máis individualizado.
– Éxito de resultados en 3º e 4º cun 100% de aprobados. En 4º de ESO, insistiremos unha vez máis, en
que a materia está plantexada para grupos máis ben reducidos pois esixe unha atención
personalizada; calquera agrupamento de máis de 15 alumnas/os xenerará dinámicas que
empobrecerán o rendemento do alumnado máis vocacional.
– En Debuxo Artístico I priorizouse a participación e colaboración en dirferentes Programas e
Proxectos sobre a secuenciación da programación. O alumnado implicouse activa e
solidariamente incluso no difícil periodo de confinamento. Dos 21 alumnos/as que conformaban o
grupo, 4 tiñan unha media de 1ª e 2ª avaliación suspensa. Estes suspensos obedecían a unha falta
significativa de asistencia a clase nalgún caso xustificable, pero que non conlevaba unha
preocupación simultánea polo desenvolvemento da disciplina artística. Estableceuse un plan de
recuperación durante o 3º trimestre cuns resultados magníficos. Finalmente só 1 alumno non
acadou os estándares imprescindibles, pero non por amosar dificuldade algunha senón por
desvencellarse por completo da materia.
– Excelentes resultados nos grupos de Debuxo Técnico I e Debuxo Técnico II onde superaron os
estándares o 100% do alumnado.
– En canto aos 11 alumnas/os de 2º de ESO con EPVA de 1º ESO pendente, superaron a materia 3,
os/as outros/as 8 non amosaron interese ningún nin durante os trimestres presenciais, nin durante o
confinamento. Facilitóuselles ao longo do curso posibilidades para presentar uns mínimos cos que
xustificar a superación da materia pero, a pesar da implicación do Departamento e dos
respectivos titores/as, non foron quen de aproveitar a ocasión. Dos 3 aprobados/as, 1 alumna
acadou os estándares entregando o boletín de producións durante o periodo presencial. O 100%
dos que debían presentarse á proba parcial de xaneiro non o fixo. Os/as outros/as 2 alumnos/as
entregaron a proba ordinaria de maio/xuño. O 72,73% deberá presentarse á proba extraordinaria
de setembro.
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 6 de 16
3. Propostas para a revisión de:
Tendo en conta a experiencia deste curso, habería que reflectir nos documentos do
departamento e do centro como se levaría a cabo o seguimento das materias no caso dunha volta á
atención telemática do alumnado.
a. Na programación didáctica para o curso seguinte.
Ademáis do anterior, habería que:
- Deixar claramente indicado en tódolos niveis, que aquelas producións entregadas fóra
de prazo sen xustificación ningunha, no caso de ser recollidas, terán penalización.
- Dadas as características do debuxo artístico, debería concretarse qué tipo de proba se
fará ao alumnado que non supere a materia en cada avaliación.
b. Na concreción curricular.
En canto á concreción curricular como elemento de cohesión, de reflexión e de
unificación dos departamentos, consideramos que haberá que valorar se o documento
de avaliación das competencias clave que se aprobou para este curso é un intrumento
válido e útil.
Como sinalamos máis arriba, e á vista dos resultados da práctica docente durante
o periodo de confinamento, faise necesario unha reflexión e a elaboración dun
documento onde se determine un plan co que o profesorado de cada grupo, de
maneira coordinada, poda levar a cabo o seguimento do alumnado.
4. Composición do departamento.
O Departamento de Debuxo contou coa incorporación do profesor José María Casal
Dorado con destino definitivo no Centro por concurso de taslados. Para o vindeiro curso 2020/21 a
profesora Margarita Esteban Muñecas cesará como Xefa do Departamento, asumindo o cargo o
dito profesor. Nos meses de xaneiro, febreiro e marzo formou parte do departamento, como
profesora en prácticas, Sara López Gómez, alumna do Mestrado de Secundaria.
5. Funcionamento do mesmo.
Durante o periodo presencial, os compoñentes do departamento estiveron coordinados
mantendo contacto sempre que foi necesario, celebrando mensualmente as pertinentes reunións
e deixando constancia dos acordos tomados nas actas correspondentes. Comentáronse con
puntualidade os temas tratados nas comisións de coordinación pedagóxica e atendéronse
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 7 de 16
pormenorizadamente os asuntos relativos ao alumnado. Valorouse a evolución e compromiso do
alumnado de materias pendentes. Avaliouse o desenvolvemento da práctica docente e a nosa
participación nos diferentes programas de innovación educativa así como a nosa colaboración
nos proxectos desenvolvidos no centro. Acordouse a compra de material e a organización e
distribución dos espazos para que na aula no interferisen os materiais dos diferentes grupos.
Tratáronse semanalmente as cuestións da dinámica do centro que nos puidese afectar.
No difícil periodo de confinamento urxía unha coordinación e un contacto constante
para levar a cabo tanto o seguimento do alumnado como o cumprimento dos documentos que
solicitaba a Administración. A través da plataforma Cisco Webex realizáronse tantas
videoconferencias como foron necesarias e mantívose contacto case diario vía mail, whatsapp e
telefóno.
6. Temas máis importantes tratados nas reunións.
Dos temas tratados e dos acordos tomados quedou constancia nas actas levantadas
mensualmente nas reunións ordinarias e extraordinarias levadas a cabo. De entre tódolos asuntos,
salientamos, ademaís da información da CCP mensual, os seguintes:
a. Setembro.
Configurouse o Departamento: membros, horas asignadas e distribución de niveis / grupos.
Envío dun escrito á Dirección solicitando que, dado que o alumnado cambia de opinión entre
a elección de optativa na preinscripción e na matrícula, non se eliminen optativas no sobre
posto que en maio estase condenando xa a non impartición de materias que poderían formar
grupo en setembro.
b. Outubro.
Acordouse:
- solicitar a participación no plan proxecta 2019/20, no programa Educación patrimonial, modalidade memoria da industria, memoria do mar.
- Solicitar unha mochila viaxeira de banda deseñada para deixar na aula de deb. artístico.
- Propoñer, dentro do clube de lectura da biblioteca, un clube de álbum ilustrado.
c. Novembro.
Valorouse a exposición “Máis plástica, menos plástico” co gallo do Samaín e Magosto.
Na aula de debuxo artístico, púxose a disposición do alumnado os exemplres da maleta viaxeira de
banda deseñada.
Fomos admitidos no Plan Proxecta “Educación Patrimonial: Memoria do mar”.
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 8 de 16
Comentouse a evolución da participación nos diferentes proxectos do Centro: Semana da Ciencia,
TEI, Piteas Aula Maker, Steam.
Iniciouse o Clube de Álbum ilustrado na biblioteca.
d. Decembro.
Decidiuse participar co alumnado de 1º BTO/ Art na actividades “Obradoiro das imaxes:
novas olladas a través da arte e o feminismo”, e co de 3º ESO no “Obradoiro de banda
deseñada” con Kiko da Silva. Actividades coordinadas pola profesora Mar Abilleira, dentro do
plan proxecta “Por 365 días de respecto e igualdade”.
Acordouse volver presentar a materia optativa “Papelmodelismo. Uso creativo do papel”, pero
para 1º de BTO.
e. Xaneiro.
Comentouse o seguimento. resultados e a nula presentación ás probas parciais de Pendentes.
f. Febreiro.
Incorporación ao departamento de Iria Becerril, profesora sustituta do profesor José Mª Casal,
de baixa por accidente laboral, e de Sara López, alumna do Mestrado de Secundaria.
g. Marzo.
O venres 13 fíxose unha reunión extraordinaria para plantexar, á espera de indicacións da
Consellería, un plan de atención ao alumnado.
h. Abril.
Convocouse e realizouse por videoconferencia a reunión mensual para tratar sobre a
addenda á programación por mor do COVID-19. De igual modo, falouse da atención e
seguimento ao alumnado no periodo de confinamento, o tipo de proba para recuperar a materia
para o alumnado de pendentes e, á espera de disposicións definitivas da Consellería, decidimos o
criterio para a avaliación do terceiro trimestre.
i. Maio.
Convocouse e realizouse por videoconferencia a reunión mensual onde se tratou:
- a atención ao alumnado de pendentes.
- A detección de alumnado que nesas datas non se tiña posto, nunca, en contacto co profesorado.
- O seguimento ao alumnado de bacharelato que suspendeu a materia na 1ª e 2ª avaliación.
- A fin das prácticas externas da alumna de Mestrado de Secundaria.
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 9 de 16
Houbo de realizarse 2 reunións extraordinarias para dar novos redactados ás adaptacións á
programación solicitadas desde inspección.
j. Xuño.
Convocouse e realizouse por videoconferencia a reunión mensual onde se trataron:
- os resultados do alumnado de pendentes,
- os resultados do alumnado de 2º BTO,
- memorias do clube de lectura, do plan proxecta e da alumna de prácticas.
- redactado dos informes individualizados.
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 10 de 16
7. Informe de actividades complementarias, extraescolares e colaborativas.
1º Trimestre
Formación Club de lectura Álbum ilustrado
Instalación Samaín/Magosto. Alumnado de1º, 3º e 4º ESO. Instalación alumnado de 1º BTO/ Técnico
Instalación “Máis Plástica e menos plástico”.
Participación na Semana da Ciencia.
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 11 de 16
Instalación Estrelas poligonais de Nadal. Alumnado 3º ESO Deseño da guía de nadal. Dinamización de biblioteca.
Proxecto colaborativo con TEI. Agamografías. Alumnado de 1º e 3º de ESO
Cartel para concurso de enxeño. Dinamización biblioteca.
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 12 de 16
2º Trimestre
Proxecto deseño de tapas das persianas aula Música. Colaboración Plan Proxecta: “por 365 días de respecto e igualdade”. Alumnado de 4º ESO e 1º BTO/Art
Colaboración co Programa de Igualdade : Pos-ti, Post-it. Alumnado de 4º de ESO.
Obradoiro Cetmar e Marine Instruments.Proxecto Europeo MATES, V Regata Solar. Espazo Maker. Obradoiro carpintería de ribera en Marín.
“Mon personnage collage disproportionné”. Produción colaborativa co Departamento de Francés. Actividade desenvolvida polo alumnado de 1º ESO
Deseño do cartel para concurso de fotografía. Dinamización de biblioteca.
Produción colaborativa co Dpto. Matemáticas: Tangram. Alumnado 1º ESO
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 13 de 16
3º Trimestre
Plan Proxecta: Educación patrimonial. “Debuxar para conservar. A imaxe das industrias vencelladas ao mar”. Alumnado de 1º BTO/Art
“Ce qu´il a vu”. Produción colaborativa co Departamento de Francés. Actividade desenvolvida polo alumnado de 1º ESO
Colaboración Cetmar e Marine Instruments.Proxecto Europeo MATES, V Regata Solar. Espazo Maker. Reunións on-line
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 14 de 16
8. Valoración do traballo feito para a integración das TIC na práctica docente, fomento da lectura e desenvolvemento das competencias clave.
Tendo en conta que parte do 2º trimestre e todo o 3º foi non presencial, a valoración que
se fai do traballo realizado coas TICs é moi positivo en canto a que facilitou o achegamento da
aula á casa, xa que a actividade docente/discente non podía desenvolverse doutro xeito. Sen
embargo hai que dicir que a Tecnoloxía é un instrumento máis, moi útil, iso non é discutible, pero
que non debe ser o único posto que os resultados, no seu conxunto, non son mellores cos
resultados obtidos con instrumentos “analóxicos” ou manuais.
Salientar o traballo inxente desenvolvido polo profesorado do departamento para
propoñer actividades de recuperación ao alumnado suspenso á vez que se elaboraban
presentacións atractivas e producións interesantes de reforzo e ampliación ao alumnado coa
materia aprobada. Fíxose uso da plataforma E-dixgal para 1º de ESO e da Aula Virtual para o
resto de niveis. O alumnado de 3º e 4º, durante os tres trimestes, xestionou un blog de seu onde
subían as súas producións. Impartiuse docencia por videoconferencia cos niveles de
bacharelato. Establecéronse videoconferencias co grupo de titoría. Mantívose atención cos
pais/ nais do alumnado a través da Aula Virtual e do correo corporativo. Intercambiouse
información coas titorías a través da Aula Virtual, do correo corporativo e Whatsapp.
Celebráronse as reunións de departamento por videoconferencia. Mantívose coordinación
departamental vía telefónica, por videoconferencia e whatsapp practicamente a diario.
En canto ao fomento da lectura, o Departamento colaborou no plan lector da biblioteca
participando semanalmente na hora de ler cos grupos de 1º de ESO. Ao longo dos dous periodos
presenciais solicitouse e renovouse o prazo de empréstito das maletas viaxeiras de banda
deseñada dispoñibles nas bibliotecas escolares. Por outra banda, informouse e animouse ao
alumnado de tódolos niveis para participar e disfrutar de canta actividade organizou a
biblioteca: formación de usuarios, clubes de lectura, concursos de enxeño e de fotografía, día
do libro... Margarita Esteban Muñecas iniciou este curso un clube de Álbum Ilustrado e, dada a
súa aceptación, de ser posible, seguirá propoñéndoo os vindeiros cursos.
O profesor José Mª Casal Dorado participou activamente en Programas vencellados ao
espazo Maker coa finalidade de ir introducindo as súas posibilidades nas materias do
departamento e desenvolver os estándares dos distintos niveis con proxectos executables neste
espazo.
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 15 de 16
9. Libros de texto.
Non se empregan libros de texto en ningún curso, nivel, nin materia. O alumnado traballa sobre
productos elaborados polo profesorado, aplicacións dixitais existentes en internet e coas
ferramentas existentes en Edixgal e Aula Virtual.
Departamento de DEBUXO MD50XD04G Actualización do 23 de xuño de 2020 Páxina 16 de 16