Post on 28-May-2020
Conto educativo
para colorear
De 5 a 8 anos
imp
reso
en
pa
pe
l re
cicla
do
O envase churrusqueiroO envase churrusqueiro
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTEE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Depósito Legal: CO-1236/2003Autor: Francisco J. ValverdeDebuxos: Fernando García Herrera Imprime: Argos ImpresoresO envase churrusqueiro v.1.2
Edita:Iniciativas Medio Ambientales, Ciclo Verde, S.L.Av. De la Torrecilla 3914005 CórdobaT: 957 760053 | F:957 434266Www.cicloverde.com | cicloverde@cicloverde.com
O envase churrusqueiroO envase churrusqueiro
Ola, amigas e amigos! Vouvos contar algo moi importante, así que abride ben
as orellas súper, superliiiiiimpas e relucentes… Xa están ben abertas? Pois
escoitade moi atentas e atentos!
Ah, xa se me esquecía… hai algunhas palabras e frases bastante rariñas, a
esas ímoslles poñer debaixo unha raíña porque quizais non saibamos ben o que
queren dicir.
Cunha pouquiña de axuda dos máis vellos e co noso propio traballo imos
pescudar o seu significado.
Ben… xa estades listaaaaaas e listoooooos? Pois cóntovos:
No noso planeta, como ben sabedes, hai moitas cousas: árbores e ríos,
persoas, testos, elefantes, nubes, pedras, gorrións, calcetíns e están,
tamén, os envases. Adiviña que son eu?.
Mirádeme ben… son un envase! Un envase, ademais, moi bonito e elegante!
Quizais un elefante? Tal vez unha nube? Ou… credes que son un testo?
E as cores... as cores si que son divertidas: amarelas, verdes, vermellas,
azuis, brancas… empregamos todas as cores do arco da vella. Viches algunha
vez o arco da vella?
Hai moitísimos, millóns e millóns de envases con formas diferentes…
Algunhos moi raros: somos rectangulares, circulares, co bico curto ou longo,
altos, gordos… fracos…
Todos os envases somos bastante guapiños aínda que na realidade … Oi! Oi!...
case ningún tan guapo coma min…
Ai! Paréceme que son un pouquiño vaidoso.
Tamén temos no peito e no lombo palabras escritas dicindo como nos
chamamos e o que levamos dentro da nosa barriga: zume, auga, xabón,
colonia, leite… e moitas cousas máis.
TLEI ETLEI E
Ah! Xa me esquecía: os que levamos dentro alimento temos escritas con
letras pequeniñas unha cousa importante que debemos ler sempre, sempre e
non esquecer xamais, a DATA DE CADUCIDADE! tamén debemos ter moito
coidado cos que teñen o SÍMBOLO DE PERIGO!
Pero, ai! amigas e amigos, temos un problema que hai que solucionar.
Cando se acaba o que gardamos dentro da barriga, zas! tírannos ao lixo e
mestúrannos con restos de comida, con botellas de vidro, con papeis sucios...
debedes saber que cada un vai a un contedor diferente!
Pero agora centrémonos nos envases. Nós non queremos ser lixo, nós
queremos, queremos… a ver se me sae… sen me enganar: queremos ser
reciclados e… así poderemos servir de novo.
Escoitastes algunha vez a palabra reciclar? Explícovola un pouquiño? Pois alá
vou… Esta palabra ten algo máxica. Reciclar é volver a empregar unha cousa
que cremos que xa non serve para nada e tiramos ao lixo.
Vóuvolo contar moi a modiño! Escoitade con moita atención! Nas nosas rúas
hai uns contedores de cor amarela que son para botar envases.
Logo tírannos nese contedor especial, un camión lévanos a unha fábrica e con
todos nós fan cousas novas, bonitas e elegantes…
así deixaremos de ser lixo e poderemos ser usados de novo, e… ao ser
reciclados podemos converternos nun balón, nuns zapatos ou nun
escorregadoiro ben grandote e divertido.
Pero temos un problema. Sabedes cal? Que … nós soíños non podemos chegar
ata o contedor.
Teñen que ser as nenas e os nenos, as avoas e os avós, as mamás e os papás, as
mestras e os mestres, as fontaneiras e os fontaneiros, as ministras e os
ministros..
…todas, todas as persoas teñen que botarnos nunha bolsa só para envases e
levarnos ao noso contedor especial da tapa amarela onde nos xuntaremos con
todos os nosos amiguiños.
Algunhas persoas non saben isto de RECICLAR e mestúrannos con
outras cousas. Nós protestamos, pero como a nosa voz non é coma a
dos humanos non nos escoitan.
Hai envases de plástico con cara de pau que, cando os queren mesturar co
lixo, anóxanse tanto que intentan con todas as súas forzas arrear couces nas
canelas.
Os máis pequenos intentan escapar para poñerse na súa bolsa, agáchanse
debaixo do lavabo, detrás da bombona de gas butano… e os máis pequeniños
de todo, no vertedoiro, debaixo dos pratos.
Así que, sen couces e sen berros, pedímosvos que cando nos vexades na
cociña, na neveira ou en calquera outro sitio lembredes sempre que, se nos
reciclades, podemos servir de novo.
Así axudamos ao noso planeta Terra para que estea máis forte e máis san…
sen lixo e sendo o máis fermoso de universo universal, e todo grazas a esta
cousa máxica que aprendemos: RECICLAR.
Que é o noso amiguiño o envase churrusqueiro?
Úneo cunha frecha.
Lata
Testo
Elefante
Nube
1
3
22
Colorea, segundo os números, o noso caldeiro
reciclón e cunha frecha leva cada
cousa ao seu sitio correspondente.
1= AMARELO 2 = VERDE3 = GRIS
Mazá
Brick
Raspa
Lata
Rodea e colorea todas as cousas que deban estar
dentro do contedor de TAPA AMARELA.
Auga
Leite
Lata
Envases
Zume
OGPALTUVA
LMGZTREBV
NGIANSXIT
AUGAETBRA
EGZUMENAR
PABAAFTUS
EEBZAEVAS
VERTSIAUO
SEBQLFOAS
SEROVAPWS
Xabón
Busca os nomes dos nosos amiguiños nesta sopa de
letras ..
EL ITEEL ITE
Conto educativo
para colorear
De 5 a 8 anos
imp
reso
en
pa
pe
l re
cicla
do
O envase churrusqueiroO envase churrusqueiro
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTEE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIA