Post on 12-Apr-2017
PIAGET E O XOGO DAS CANICAS
Roberto FernándezIria Aspérez Balboa
BIOGRAFÍA◍ Ginebra (1896-1980). Epistemólogo, psicólogo e biólogo.
◍ Creador da epistemoloxía xenética*. Aportes no estudo da infancia, traballou na teoría construtiva do desenvolvemento da intelixencia.
◍ De neno desenvolveu un interese prematuro pola bioloxía e o mundo natural.
*Epistemoloxía xenética (orixe xenética do coñecemento): teoría do desenvolvemento do coñecemento que trata de descubrir as raíces deste e os distintos tipos, dende as súas formas máis elementais e seguir a súa evolución nos niveis superiores.
BIOGRAFÍA◍ Licenciado e doutorado en ciencias naturais.
◍ No período que pasou na Universidade de Zurich empezou a interesarse polo psicanálise.
◍ Cando traballaba en escolas con nenos interesouse pola psicoloxía destes.
◍ En 1923 contrae matrimonio. Tivo tres fillos ós que estudou dende a súa infancia.
◍ En 1955 creou o Centro Internacional pola Epistemoloxía Xenética de Ginebra, o cal dirixiu ata a súa morte.
O EXPERIMENTO DAS CANICAS
Piaget pretendeu estudar o desenvolvemento da intelixencia humana. Para isto investigou experimentalmente a orixe do criterio moral no neno:◍ Para estudalo empregou o experimento do xogo das
canicas: xogo simple ó que se xogaba dende moi pequeno, rexido por regras flexibles que permiten variantes.
◍ Para estudalo debe distinguirse entre “práctica das regras” (praxis) e “conciencia das regras” (teoría).
O EXPERIMENTO DAS CANICAS
No plano da praxis, Piaget distingue catro estadios sucesivos:
1 Primeiro estadio:◍ Ó principio, o neno manexa as canicas de forma individual. É o
primeiro estadio do desenvolvemento da intelixencia: “sensomotor”, anterior á adquisición da linguaxe. Coordínanse sensacións e movementos.
◍ Estamos na fase da “regra motriz” (apenas ten significado ético para Piaget).
O EXPERIMENTO DAS CANICAS
No plano da praxis, Piaget distingue catro estadios sucesivos:
2 Segundo estadio:◍ Entre os 2 e 5 años, os nenos xogan individualmente. Esta é a fase
“pre-operatoria” do desenvolvemento do pensamento, onde se limitan a asimilar as súas experiencias externas ó modelo do seu mundo interior.
◍ Comeza a desenvolverse a conciencia das regras (non obrigatorias mentres o neno as asimila; cando o fai -cara os 5 anos- a súa percepción teórica cambia).
O EXPERIMENTO DAS CANICAS
No plano da praxis, Piaget distingue catro estadios sucesivos:
3 Terceiro estadio:◍ Ós 7 años, o xogo adquire significado social e iníciase na práctica
do xogo cooperativo. ◍ Os nenos pretenden gañar, pero hai un dominio insuficiente das
regras, as cales non admiten excepcións, e o seu poder obrigatorio ven dunha autoridade externa.
◍ Nesta fase aparece a “regra coercitiva”, relacionada co “realismo moral”.
O EXPERIMENTO DAS CANICAS
No plano da praxis, Piaget distingue catro estadios sucesivos:
4 Cuarto estadio:◍ Última etapa: “codificación das regras” (11 anos). ◍ As partidas son fluídas, as regras están interiorizadas e son
respectadas.◍ Isto non impide que os nenos pacten regras con consentimento
mutuo entre eles e sancións decididas polo colectivo, o que se relaciona coa “conciencia teórica das regras”.
CONCLUSIÓNS◍ Piaget chama “regra racional” á que surxe do respecto
mutuo entre iguais, un respecto “autónomo”, pois parece ser o grupo de xogadores o que se auto-impón as regras.
CONCLUSIÓNS◍ Interprétanse os tres tipos de regras como “continuas
funcionalmente”: cada novo tipo recolle aspectos das anteriores, pero son “estruturalmente distintas”: A regra motriz baséase no costume reiterado e ritualizado. A regra coercitiva, no respecto unilateral á presión externa
(adultos). A regra racional, no respecto mutuo e a cooperación.