Atila en galiza

Post on 25-Jul-2015

57 views 0 download

Transcript of Atila en galiza

Castelao mantivo o seu compromiso antifascista durante a Guerra civil desde a especificidade galega. Foi quen de conxugar o seu compromiso democrático, republicano e antifascista coas súas conviccións de nacionalista galego que aspira a que o seu pobo poida desenvolver o seu futuro en paz e liberdade. As atrocidades cometidas polos insurrectos fascistas en Galiza, dan pé ás estarrecedoras imaxes dos álbums Atila en Galicia, Galicia mártir e Milicianos, coas que Castelao foi embaixador da causa republicana ante o mundo (URSS, EUA, Cuba, Arxentina...).

O paraiso feixista

Castigo menor

Todo pol-a Patria, a relixión e afamilia!

No fondo do mar

Os mártires serán santos

Pra que ergan o puño!...

Matáronlle un fillo

Algunha vez chegan tarde

Denantes morta que aldraxada

Evasión

O significado dos Álbumes de Guerra, por Isaac Díaz Pardo (1995)

Algúns quixeron facernos ver que Castelao era só un artista. Cando morreu, os que decidían dictaron orde á prensa que falescera un humorista, para adicarlle somentes catro liñas.

Penso que Castelao foi quen primeiro soubo entender a historia malfadada do nosso povo, cun rigor na estrutura que aínda non se entende ben hoxe. Castelao propoñía recuperar o que nunhas circunstancias desfavorables nun longo período da historia tiñamos perdido, mais non dun xeito utópico senón posible. El viu que o actual norde de Portugal e a Galiza foron unha mesma nación, no intre en que se formou o nosso carácter, continuando a Gallaecia, e que intereses alleos nos teñen partido polo Miño, nos que tomamos vieiros diverxentes, deturpado o noso pola presión de Castela.

O significado dos Álbumes de Guerra, por Isaac Díaz Pardo (1995)

Castelao, ademais de saber transmitir ideas coas palabras, sábeas expresar tamén con imaxes gráficas. Pero as súas ideas gráficas non tentan ser esteticistas; todo o que dibuxa ten unha orientación: traballar por causas xustas nas que vai a causa de Galiza, da recuperación da nosa personalidade política.Os tres álbumes de guerra teñen un antecedente: o Álbum Nós, no que Castelao loita por unha forma constructiva da Galiza en tempos en que non hai guerra pero persiste a opresión caciquil sobre o noso povo. Os tres álbumes de guerra continúan a mesma liña ideolóxica que o Álbum Nós; a súa diferencia con este é que están feitos nun tempo diferente, cunha confrontación coa violencia desatada polos nemigos de Galiza, ou cando menos polos nemigos da restauración do dereito natural da personalidade histórica da nosa terra.

Aínda que a publicación do álbum Milicianos se fixo en América, un ano despois de saír Castelao da península, non ten dúbida que os orixinais foron feitos en Valencia ou Barcelona apoiando a loita a favor da República.Ten poucas dúbidas que Castelao, dende o ponto de vista plástico, móstrase até o ano 36 como un modernista expresionista, o estilo do tempo no que se tiña formado. Este carácter vai ficar aínda presente no seu primeiro álbum de guerra, Galiza Mártir, destacando, por mor do tema, o expresionismo sobre o modernismo. Mais os outros dous álbumes, Atila en Galiza e, sobre todo, Milicianos, despréndese do modernismo, no que o tema fica mergullado no espacio compositivo.

O significado dos Álbumes de Guerra, por Isaac Díaz Pardo (1995)

FONTES

• Álbumes de guerra: estampas por Castelao (Material obtido nun curso online organizado pola CIG-ensino e pola AS-PG en decembro 2014)