Aristóteles (384-322 a.C.)

Post on 13-Jun-2015

1.398 views 4 download

Transcript of Aristóteles (384-322 a.C.)

ARISTÓTELES (384-322)

ARISTÓTELES (384-322)

0. Introducción1. Contexto histórico2. Biografía3. Obra4. Influencias: semellanzas e

diferencias con Platón5. Pensamento6. Textos7. Glosario8. Bibliografía9. Páxinas web recomendadas10. Exames de selectividade11. Recursos audiovisuais

ARISTÓTELES (384-322)

0. Introdución

0. IntroduciónAristóteles (384-322 a.C.) ofrécenos un dos sistemas filosóficos máis completos e profundos do pensamiento antigo. A súa reflexión ocupouse de tódalas áreas principais da filosofía (metafísica, filosofía da natureza, teoría do coñecemento, lóxica, antropoloxía, ética, política, estética...) e en tódolos eidos, anque influido polo seu mestrePlatón, fixo aportacións orixinais.

0. IntroduciónA filosofía de Aristóteles (e a súaexpresión cristián na filosofía de Tomé de Aquino) dominará o pensamento occidental, tanto filosófico como científico, ata a aparición dos novos sistemas no Renacemento (Galileo) e a IdadeModerna (racionalismo, empirismo, Kant), sen que estas novas filosofías, sen embargo supoñan a desaparición completa da idea do mundo e dos conceptos básicos propostos 2.000 anos antes por Aristóteles. Platón e Aristóteles

segundo Rafael

ARISTÓTELES (384-322)

1. Contexto histórico

1. Contexto histórico

Aristóteles vive no mesmo marco histórico que o seu mestrePlatón, pois 43 anos os separan. Aristóteles vive a época de esplendor e decadencia da pólis ateniense.

O Partenón, símbolodo esplendor da pólis

ateniense

1. Contexto histórico

Mais Atenas caerá dentro do dominio da pólis macedónica de Alexandre Magno, ao igual que o resto das pólis que compoñían a Hélade. Aristóteles fora mestre de Alexandre. A morte do reimacedónico marca o tránsito entre a época clásica á época helenística, onde aparecen outros valores políticos, sociais e culturais.

Alexandre Magno(353-323)

ARISTÓTELES (384-322)

2. Biografía

ARISTÓTELES (384-322)

ARISTÓTELES (384-322)

384. Nace en Estaxira, fillo de Nicómaco. O seu pai era o médico oficial da corte macedonia en Pela.

ARISTÓTELES (384-322)

367. Viaxa a Atenas e ingresa naAcademia platónica, onde permanecerávinte anos.

A Academia de Platón

ARISTÓTELES (384-322)

347. Morre Platón. Marcha de Atenas para Asos e funda alí unha escolacoa axuda do tirano Hermias. Logo vai a Mitilene, na illa de Lesbos, onde realiza estudios sobre a natureza con Teofrasto.

Teofrasto, sucesor de Aristóteles na

escola peripatética

ARISTÓTELES (384-322)

343. Reclamado polo rei macedonio FilipoII para ser preceptor do seu filloAlexandre, futuro Alexandre Magno.

Alexandre Magno

ARISTÓTELES (384-322)

335. Volta a Atenas e funda o Liceo, escola que se convertirá na grande rival da Academia platónica. A costume de impartir as clases dando un paseo polo redor dos xardíns fará que os seus membros sexancoñecidos como peripatéticos (de paseo).

ARISTÓTELES (384-322)

323. Trala morte de Alexandre Magno, prodúcese unha revoltaantimacedónica en Atenas. Aristóteles éacusado de impiedade.

Aristóteles dando clase a Alexandre. Os seus contacto

coa corte de Macedoniafoi vital na súa acusación

ARISTÓTELES (384-322)

322. Morre en Calcis, a onde marchara desde Atenas. A dirección do Liceo recaeu en Teofrasto.

Teofrasto

ARISTÓTELES (384-322)

3. Obra

OBRA ARISTOTÉLICA

Os seus escritos divídense en dousgrandes grupos:

1. ESCRITOS EXOTÉRICOS.

2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.

OBRA ARISTOTÉLICA

1. ESCRITOS EXOTÉRICOS.Escritas durante os 20 anos que pasou naAcademia platónica, presentan unha enorme débeda co seu mestre tanto na forma coma no contido.Na forma: trátase de DIÁLOGOS.No contido: defenden a teoría eidética do mestreen maior ou menor medida, así como a súaconcepción do saber.

OBRA ARISTOTÉLICA

1. ESCRITOS EXOTÉRICOS.NON OS CONSERVAMOS (apenas fragmentos e títulos das obras) e estaban destiñados ao gran PÚBLICO.Son: Grillo ou da retórica, Eudemo ou da alma, Protéptico e da filosofía, Verbo das Ideas, Verbo da Filosofía.

OBRA ARISTOTÉLICA

2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.SON OS QUE CONSERVAMOS; constitúen a base da actividade didáctica de Aristóteles, e polo tanto estaban destiñados a úso interno da escola.Chegaron ata nós a maior parte das obras da escola que versan sobre toda a problemática filosófica e sobre algunhas pónlas das ciencias.

OBRA ARISTOTÉLICA

2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.A clasificación destas obras debémola a Andrónico de Rodas, daquela o director do Liceo (s. I a. C.), que as englobou por temas e os publicou.

OBRA ARISTOTÉLICA

2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.Así, temos:

1.Uns tratados sobre lóxica, o ORGANON, composto polas obras: Categorías, Tópicos, Refutación Sofísticas, Verbo a interpretación, Analíticos Primeiros, Analíticos Segundos.

OBRA ARISTOTÉLICA

2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.2.Uns tratados sobre Física e Bioloxía:

Física, Verbo do Ceo, Verbo da xeración e a corrupción, Metereoloxía, Historia dos animais,Verbo da Alma.

3. Un tratado de Metafísica ou FilosofíaPrimeira: Metafísica.

OBRA ARISTOTÉLICA

2. ESCRITOS ESOTÉRICOS.4.Uns tratados sobre Ética e Política: Ética a

Eudemo, Ética a Nicómaco, Política.5. Uns tratados sobre Teoría da Arte:

Poética, Retórica.

ARISTÓTELES (384-322)

4. Influencias: semellanzas e diferencias con Platón

3. Semellanzas e diferencias con Platón

Diferencias coa concepción platónica:1. Aristóteles abandonou o ELEMENTO MÍSTICO-RELIXIOSO- ESCATOLÓXICO para proceder a un DISCURSO FILOSÓFICO máis RIGUROSO.2. Platón interesouse polas CIENCIAS MATEMÁTICAS(como os pitagóricos), pero non polas empíricas (agás a medicina). Aristóteles mostrou un interese moi vivo por case tódalas CIENCIAS EMPÍRICAS (e escaso aprecio polas matemáticas) e polos fenómenos en canto tales.

3. Semellanzas e diferencias con Platón

Diferencias coa concepción platónica:3. Os diálogos platónicos son APORÉTICOS, a filosofía enténdese como unha busca sen pausa. Aristóteles emprende unha orgánica SISTEMATIZACIÓN das diversas aportacións, cunha clara distinción entre TEMAS e PROBLEMAS.4. Rexeita a DIALÉCTICA platónica por considerar que non é un proceder do necesario, senón do posible. Aboga pola DEMOSTRACIÓN que ten como esquema o SILOXISMO.

3. Semellanzas e diferencias con Platón

Diferencias coa concepción platónica:5. Manteñen unha distinta concepción e valoración da phýsis: se os sofistas relegan a natureza como centro de atención da filosofía, Platón faina ocupar un segundo plano na realidade, por debaixo do MUNDO DAS IDEAS na que radica o Ser, a realidade plena. Con Aristóteles a natureza volta a ter un papel central no pensamento e prodúcese unha nova definición do que se entende por tal.

3. Semellanzas e diferencias con Platón

Diferencias coa concepción platónica:6. Rexeitamento da teoría das ideas:Rexeita que as ideas estén separadas das cousas (sexan tanscendentes a istas).Platón non consigue explicar nin a relación das ideas coas cousassensibles, nin a xénese delas.Rexeita a teoría polo tipo de ideas que hai: Se para cada cousa ten que haber unha idea correspondente tamén existirán as Ideas de Relación (logo pérdese a unicidade da solución platónica); terá que haber ideas do positivo e do negativo. Polo tanto duplícanse os problemas a resolver.Aristóteles sostén que O SER DAS COUSAS, A SÚA ESENCIA, non estánas Ideas, nun mundo transcendente, senón NESTE MUNDO, NO MUNDO FÍSICO, SENSIBLE; e o SER por excelencia, a auténtica realidade, éconcebida como SUSTANCIA, que se vai concretar na noción clave da súafilosofía.

3. Semellanzas e diferencias con Platón

Semellanzas coa concepción platónica:1. Comparten a CONCEPCIÓN DO COÑECEMENTO como COÑECEMENTO DO UNIVERSAL, e a identificación deste universal como principio das cousas.2. Céntrase no MUNDO DAS “COUSAS” INDIVIDUAIS (non da totalidade), e trata de explicar en QUE RESIDE O SER DESTAS, A SÚA ESENCIA (Sócrates: definicións universais; Platón: Ideas; Aristóteles: a forma).3. A transcendencia e INMORTALIDADE do entendemento axente.4. A superioridade da VIDA CONTEMPLATIVA.5. A superioridade da METAFÍSICA sobre a física.6. O vínculo da ÉTICA COA POLÍTICA.

ARISTÓTELES (384-322)

4.Clasificación das

ciencias

4. Clasificación das ciencias

A CIENCIA é o saber do UNIVERSAL e o NECESARIO. Clasifícaas en:

Ciencias do Necesario (son as ciencias en senso pleno)

Teóricas (describen a esenciadas cousas)

MatemáticasFísica ou Filosofía Natural Filosofía 1ª (Metafísica)

Prácticas (tratan da conducta humana e das súasaccións)

Ética e Política

Poéticas (de “poiesis”, facer; tratan do relacionado coaproducción)

Poesía, retórica, gramática, arquitectura, medicina, zapatería,...

Ciencias do Posible (tratan de aquel tipo de obxectosque poden darse ou non)

A LÓXICA é anterior a todas

ARISTÓTELES (384-322)

5. Lóxica

5. A LÓXICA

A Lóxica non é propiamente unha ciencia (non aparece na clasificación destas), senón un instrumento (organon) racional ao servicio das demais ciencias. A lóxica aristotélica non épuramente formal, é dicir,non é un estudio das formas do pensar con independencia da realidade, pois non está separada daMetafísica:describe ao mesmo tempo as estructuras do razoamento correcto e as estructuras da realidade.

5. A LÓXICA

Aristóteles é o fundador da lóxica como disciplina, como estudio sistemático do razoamento.

5. A LÓXICA

A Lóxica aristotélica comprende:1.Unha teoría dos enunciados, na que explica de que xeito construímos as nosas expresiónslingüísticas.2. Unha teoría dos razoamentos na que di en que forma podemos asegurar a corrección das nosas deduccións e induccións: os siloxismos.3. Unha teoría das categorías, que estudia os diversos significados da noción do ser, facendounha clasificación dos seres en función dos xéneros supremos.

5. A LÓXICA

1. Unha teoría dos enunciados:Aristóteles estudia os enunciados en Verbo da interpretación. O obxecto deste tratado é o discurso apofántico ou declarativo, é dicir, aquela forma de discurso que desvea, que amosa ás claras algunha faceta ou modo de ser da cousa de que se fala.Mostrar abertamente, en toques de ocultar: este é o sentido do verbo apophaínein. A apóphansis consiste en mostrar algo como algo. Isto é o que fan os enunciados declarativos.

5. A LÓXICA

1. Unha teoría dos enunciados:O discurso apofántico, o enunciado, pode ser afirmativo ou negativo, universal ou particular. Logo esta clasificación dá lugar a catro tipos de enunciados:

1) Universais Afirmativos.2) Universais Negativos.3) Particulares Afirmativos.4) Particulares Negativos.

5. A LÓXICA

1. Unha teoría dos enunciados:A ”Todo A é B”----contrarias--------------E “Ningún A é B”

(universal afirmativo) (universal negativo)(Todo home é honrado) (Ningún home é honrado)

subalternas contradictorias subalternas

I “Algún A é B”------subcontrarias---------O “Algún A non é B”

(particular afirmativo) (particular negativo)(Algún home é honrado) (Algún home non é honrado)

5. A LÓXICA

1. Unha teoría dos enunciados:Relaciónanse loxicamente:Entre (A) e (O) e entre (E) e (I) hai CONTRADICCIÓN.Unha é a

simple negación da outra; se unha é verdadeira, a outra é falsa e viceversa.

Entre (A) e (E) hai CONTRARIEDADE. Non poden ser á vez verdadeiras, pero poden ser á vez falsas.

Entre (I) e (O) SUBCONTRARIEDADE. Non poden ser falsas á vez, pero si poden ser simultaneamente verdadeiras.

Entre (A) a (I), e de (E) a (O) SUBALTERNIDADE. Se a universal éverdadeira, tamén é o a particular; se a particular é falsa, tamén éo a universal, pero non ao revés.

5. A LÓXICA

2. Unha teoría dos razoamentos:Na terminoloxía aristotélica “razoar” dise

syllogízesthai e “razoamento” disesyllogismós, ou sexa, siloxismo. O siloxismoou razoamento é “un discurso no cal, unha vez postas certas cousas, necesariamente resulta, a través de cousas establecidas, algo que édistinto das cousas establecidas”. As cousas“postas” son as premisas, e o que resulta necesariamente a conclusión.

5. A LÓXICA

2. Unha teoría dos razoamentos:Un exemplo:

Tódolos vexetais son vivintes ePremisas Tódolos pinos son vexetais,Conclusión Tódolos pinos son vivintes

Tanto as dúas premisas como a conclusión son proposicións ou enunciados. As proposicións están, a súa vez, compostas de termos: “vexetal”, “vivinte” e “pino”.

5. A LÓXICA

2. Unha teoría dos razoamentos:En todo siloxismo hai tres termos:

1. O suxeito.2. O predicado da conclusión.3. O termo medio. A función do termo medio é a que determina as figuras

do siloxismo.No exemplo anterior:

Tódolos vexetais son vivintes e M é PPremisas Tódolos pinos son vexetais, S é MConclusión Tódolos pinos son vivintes S é P

Este é o modelo da PRIMEIRA FIGURA

5. A LÓXICA

2. Unha teoría dos razoamentos:Aristóteles distingue tres figuras:

Primeira figura Segunda figura Terceira figuraM é P P é M M é PS é M S é M M é SS é P S é P S é P

5. A LÓXICA

2. Unha teoría dos razoamentos:Ademais das figuras do siloxismo constrúe unha teoría do razoamento válido cos

distintos modos posibles do mesmo atendendo á cantidade (universal, particular) e á cualidade (afirmativo, negativo) dos enunciados que se utilicen.Os lóxicosmedievais resumiron os modos válidos coas seguintes regras mnemotécnicas:

PRIMEIRA FIGURA SEGUNDA FIGURA TERCEIRA FIGURABarbara Cesare DaraptiCelarent Camestres FelaptonDarii Festino DisamisFerio Baroco Datisi

BocardoFerison

4 + 4 + 6 = 14 modos válidos

5. A LÓXICA

2. Unha teoría dos razoamentos:Unha teoría formal do razoamento que, no esencial, permanecerá inalterada e insuperada durante séculos, ate o desenrolo contemporáneo da lóxica a partir do s. XIX.

5. A LÓXICA

3. Unha teoría das categorías:A proposición non é unha locución simple. Posúe unha estructura complexa consistente na combinación de doustermos ou locucións simples: así, o enunciado “os vexetais son vivintes”resulta da unión dos termos “vexetal” e “vivinte”.

5. A LÓXICA

3. Unha teoría das categorías:Ao estudio dos termos ou locucións simples está adicado o libro Categorías. Aristóteles clasifica os termos en dez xéneros ou grandes grupos: entidade (sustancia, ousía), cantidade, cualidade,relación, lugar, tempo, posición en que algo se atopa, estado no que algo está, acción e paixón.

5. A LÓXICA

3. Unha teoría das categorías:CategoríasSubstancia (suxeito) Accidentes ou atributos (predicados)(exemplo: Sócrates, Cantidade (exemplo: de dous metros)unha mesa) Calidade (exemplo: branco, bo, belo)

Relación (exemplo: dobre, medio, maior,...)Lugar (exemplo: na casa, na ágora,...)Tempo (exemplo: onte, hoxe, nunca,...)Situación (exemplo: ergueito, deitado,...)Posesión ou condición (exemplo: estar armado,...)Acción (exemplo: “cortar”, “queimar”,...)Paixón (exemplo: “ser cortado”, “ser quemado”)

5. A LÓXICA

3. Unha teoría das categorías:Aristóteles concede unha prioridade absoluta ácategoría primeira, a da entidade ou sustancia (ousía). As entidades son o eixe sobre o que xira a linguaxe, o núcleo ao que se orienta e remite o discurso. Cando o suxeito é unha entidade primeira, un individuo, só os predicados pertencentes á categoría de entidade dinou amosan qué é o suxeito. Tratándose deste tipo de suxeito, os predicados da categoría primeira exhiben aspectos esenciais do seu ser, amosan a súa esencia. Pola contra, os predicados pertencentes a tódalasdemais categorías exhiben rasgos non esenciais, exhiben os seus accidentes.

ARISTÓTELES (384-322)

6. FÍSICA

ARISTÓTELES (384-322)

6. FÍSICA6.1 A NOCIÓN

ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS

6.2 A COSMOLOXÍA6.3 A SICOLOXÍA6.4 O COÑECEMENTO E

AS CIENCIAS

6. A FÍSICA6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS

Se para Platón o estudio da natureza foi un tema secundario, por non tratarse da verdadeira realidade, para Aristóteles é un tema central. Neste aspecto é continuador dos presocráticos.Aristóteles define a natureza (phýsis) como principio interno do movemento que se dá nos seres naturais. Comprender, pois, a naturezaconsiste en explicar o cambio e o movemento.

6. A FÍSICA6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS

Aristóteles distingue tres clases de seres:1. SERES NATURAIS2. SERES ARTIFICIAIS3. SERES AZAROSOS

6. A FÍSICA6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS

Os seres naturais teñenespontaneidade e finalidade.Espontaneidade porque teñen un principio interno de movemento e de repouso, que recibe o nome de natureza(phýsis).A finalidade refírese a que tales seres obran por fins(télos) e non por azar, debido á teleoloxía inmanente, que fai que tales seres se movanpara acadar a súa perfección.

6.1 a noción aristotélica de phýsis

Os seres artificiais teñenfinalidade pero non espontaneidade.Son os artefactos producidos pola técnica humana.A finalidade é introducida neles por un axenteexterior. Para Aristóteles a arte e a técnica han de imitar a natureza, que ofrece modelos perfectos.

6.1 A noción aristotélica de phýsis

Os seres azarosos teñenespontaneidade, pero nonfinalidade e son fallos da natureza cando non logra acadar aos seus fins. A natureza tende a obrar sempre“de forma sabia”, pero ásveces fracasa e aparecen, por exemplo, seres monstruosos, productos do puro azar. A xeración fortuíta de monstrosdébese a unha materia defectuosa, incapaz de plasmar a forma.

6. A FÍSICA6.1 A NOCIÓN ARISTOTÉLICA DE PHÝSIS

Pois ben, a idea de naturezadetermina un ámbito da realidade, o ámbito dos seresnaturais, o das cousas que existen “por natureza”(phýsei), en oposición a aquelas outras que non existen por natureza, senónpor arte (artefactos), ou por abstracción (obxectosmatemáticos): é o ámbito dos corpos suxeitos amovemento. De aí que aofísico corresponda esencialmente e prioritariamente o estudio do movemento.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO

Estudiemos pois o movemento. O problema do movemento era especialmente importante no pensamentogrego, porque o movementonon era entendido só como movemento no espacio, senóncomo calquera modificación que podía sufrir unha cousa.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO

De onde parte Aristóteles?Heráclito consideraba que todo cambiaba.Parménides afirmaba que todo permanece.Platón duplicaba a realidadeseparando o mundo sensible (cambiante) do intelixible(permanente).Ningunha destas opciónsconvence a Aristóteles.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO

Retomemos o argumento do eléata: Parménides concluiu a imposibilidade racional do movemento. Partindo do axioma “o que é, é (e non pode non ser) e o que non é, non é (e non pode ser)”, concluía que a noción mesma de movemento era de seucontradictoria: calquera cambio comportaría ou ben que algo que non é veña a ser e sexa, ou benque algo que é veña a non ser e non sexa. O movemento esixiría o cambio de non ser a ser ou de ser a non ser.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO

Aristóteles dálle a razónao eléata en canto o movemento non pode orixinarse nin a partir do que é, do ser, nin a partir do que non é, do non ser, se ámbolos dous termos tómanse de modo absoluto e sen ulteriores matizacións. Pero éposible facermatizacións.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO

O movemento parte do non ser, p. ex. de non ser sabio a ser sabio: parte da privación que é unha maneira de non ser. Pero non parte do non ser, da privación en si, senónda privación en canto algo dáse nalgo que é, no suxeito. Logo o movemento parte do ser, dalgo que é: o suxeito, o home que chega a ser sabio. Pero non parte del en tanto que é, senón en tanto que non é sabio, é dicir, en canto afectado pola privación, polo non ser.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO

Para explicalo apoiase en dous conceptos: potencia(dýnamis) e acto (enérgeia, entelécheia). Parménides tomou a noción de ser univocamente, sin distinguir diversos modos de ser e de non ser.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO

Ser en potencia significa posibilidade oucapacidade de ser. Unhasemente non é unhaárbore, pero pode chegara selo. Unha pedra non o é, nin pode selo. Unhapedra non é unhaestatua, pero pode chegar a selo. Unhasemente non, e non pode chegar a selo.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO

Ser en acto significa realización, termo, oucumprimento dun proceso. Por iso, o acto recibe tamén o nome de entelequia, que denota a fin dun proceso. Así, cando a semente crece temosunha árbore en acto. Cando o arquitecto produce un edificio dunhas pedras, este, unha vez finalizado, é xa un ser en acto.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO

Malia que o ser en potencia sexa temporalmente anterior ao ser en acto, o acto, por ser máis perfecto, ten prioridadeconceptual. Ámbalas dúasnocións son correlativas: un ser está en potencia con respecto a un estado e en acto con respecto a outro. A realización destaspotencialidades é o movemento.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO

Aristóteles define o movemento como o paso da potencia ao acto, édicir, como a actualización ourealización das posibilidades oucapacidades que ten o ser.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. O MOVEMENTO

Tódolos seres da natureza, por seren móbiles oucambiantes, están compostosde acto e de potencia.Só a materia primeira, o ser máis imperfecto, é pura potencia.Só Deus, o ser máis perfecto, é acto puro sen potencia.Tódolos seres forman unhaescala ascendente por graos de perfección desde a materia primeira ata Deus.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio

Aristóteles distingue 4 tipos de cambio:

1. CAMBIOS SUSTANCIAIS2. CAMBIOS CUALITATIVOS3. CAMBIOS CUANTITATIVOS CAMBIOS4. CAMBIOS LOCAIS ACCIDENTAIS

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio

O CAMBIO SUSTANCIALcorresponde á categoría da entidade ou ousía, e é aquel no cal se producen, ou bense destrúen, entidades ousustancias (xeración oucorrupción). O nacemento e a morte dos seres vivos ou a asimilación dos alimentos son exemplos de cambio sustancial.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio

O CAMBIO CUALITATIVO é un cambio accidental (porque cambia un accidente ou propiedadesecundaria dun ser). Prodúcese cando cambia o accidentecalidade, por exemplo a cor ao madurar as uvas.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio

O CAMBIO CUANTITATIVO é un cambio accidental no que cambia o accidente cantidade. Por exemplo, como medra 3 centímetros unha piña de uvas.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio

O CAMBIO LOCATIVO é un cambio accidental, onde o ser cambia de lugar.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. Tipos de cambio

Nos cambios accidentais(cualitativos, cuantitativos, locativos) non se xeran oudestrúen sustancias, senónque a sustancia afectada modifícase nas súasdeterminacións accidentais. Pois ben, só estes tres, soamente os cambios accidentais son movementosen senso estricto.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo

A teoría hilemórfica xurdiu dunha reflexión sobre o problema dos cambios substanciais ou entitativos, que son os máis importantes.A palabra hilemorfismo procede dos termos gregoshyle (materia) e morphé (forma).A teoría hilemórfica afirma que tódalas substanciasou cousas sensibles, sexan seres naturais ouartificiais, compóñense de dous principios: a materia e a forma.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo

A MATERIA é aquilo de que estáfeito unha cousa, os elementos que compoñen un determinado ser. Por exemplo a pedra nestaobra, a madeira nunha mesa,...A materia pode ser de doustipos: segunda e primeira.Materia segunda é a que estáligada a unha forma determinada.A materia primeira é unharealidade metafísica, que se caracteriza por ser amorfa (non estar unida a unha forma), indeterminada e ser mera potencia.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo

A MATERIA PRIMEIRA pode ser tódalas cousas, pero non éningunha en acto. É un substrato eterno e común a tódalasmaterias segundas, presupostoúltimo dos cambios substanciais.É moi similar ao que os filósofos presocráticos chamaron arché, édicir, o material do que está feito o mundo, unha especie de fondo orixinario e primixenio de ondetodo sae e a onde todo volve.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo

A FORMA é aquel principio que fai que unha substancia sexa un determinado ser e non outro. Por iso a forma é o que propiamente dá o ser, e equivale á esencia (eidos) ou natureza (physis) de algo. A forma denota a estructura esencial ou as propiedades esenciais que definen un ser.Por exemplo,a pesar dos distintos materiais que teñenestas sillas, e de que unhasteñan patas e outras rodas, a forma nola permite recoñecercomo tales, e non como mesas.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo

A FORMA é o principio que identifica a unhapluralidade de individuos dentro da mesma especie ou clase. A forma esencial (morphé ou eidos) da silla identifica a tódalas sillas individuais e a forma ouesencia humana (a alma ou psyché) a tódolosindividuos humanos.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo

A materia é o principio de individuación, o que faidiferentes aos individuos dentro da mesma especie.A forma é o elemento universal que se corresponde coa idea platónica, pero agora non estáseparada, senón unida á materia en cada ser individual.O dualismo ontolóxico de Platón tansformouse no hilemorfismo de Aristóteles.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo

A forma intelixible estáunida sempre á materia sensible, agás no caso da materia primeira, que épura metria sen forma, e de Deus, que é forma pura sen materia.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A composición das sustancias: hilemorfismo

Finalmente, o estaxiritacorrelaciona o par de conceptos potencia/acto co par materia/forma, de xeito que a materia equivale ao ser en potencia e a forma ao ser en acto.Logo, a afirmación de que os seres están compostos de materia e forma equivale áafirmación de que son compostos de potencia e acto, precisamente por tratarse de seres cambiantes e por tanto imperfectos.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS

Se a ciencia é un coñecemento por causas (aitía), será misión da ciencia física, que estudia os seres en canto móbiles, averiguar cales son as causas do cambio.Hai 4 CAUSAS (aitías):1. CAUSA MATERIAL2. CAUSA FORMAL3. CAUSA EFICIENTE4. CAUSA FINAL

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS

1. CAUSA MATERIAL: é a materia da que está feita a cousa. A pel no caso no sillón é a súa causa material.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS

2. CAUSA FORMAL: é a forma ou esencia da que falamos na teoría hilemórfica. A esencia que fai que isto sexa un sillón.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS

3. CAUSA EFICIENTE: é a que orixina o proceso oumovemento: o artesán é a causa do sillón, o pai écausa do fillo.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS

4. CAUSA FINAL: é o fin (télos) ou o para que dunha producción. Sentarse no caso citado do sillón.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS

Nos seres arificiaisdistínguense as catrocausas.Nos seres naturais só se identifican tres: a causa eficiente, a formal (nos seres vivos é a alma) e a final.

6.1 O CONCEPTO ARISTOTÉLICO DE PHÝSIS. A TEORÍA DAS CAUSAS

Aristóteles prioriza a causa final sobre o resto, de aíque se considere que a súa é unha interpretación teleolóxica ou finalista da natureza, fronte a concepción atomista naque primaba o azar.

6. A física

6.2 ACOSMOLOXÍA

6. A FÍSICA6.2 A COSMOLOXÍA

Aristóteles concibe o mundo como un conxunto de esferas concéntricas, que van desde a esfera da terra, que está en repouso no centro do sistema, áesfera das estrelas fixas naperiferia. Dentro del distingue dúas rexións:

a) o mundo infralunar, que é imperfecto, eb) o mundo supralunar, máis perfecto.

6. A FÍSICA6.2 A COSMOLOXÍA

0 mundo infralunar é imperfecto porque nel danse a xeración e a corrupción. Os corpos desta rexiónestán compostos dos catroelementos, terra, auga, aire e lume, e están sometidos a movementosrectilíneos ascendentes oudescendentes. Os corpos compostosde terra e auga son pesados por natureza e tenden a baixar para residir na esfera que lle é propia, que é o seu lugar natural, mentres que os compostos de aire ou lume son lixeiros e tenden por natureza a subir para situase na súa esfera.

6. A FÍSICA6.2 A COSMOLOXÍA

0 mundo supralunar vai desde a esfera da lúa á das estrelas fixas. Éo mundo dos astros, que están formados por un quinto elemento, chamado éter. Aquí non hai xeraciónnin corrupción e os corpos celestes teñen un movemento circular, uniforme e, por tanto, perfecto. Os astros está suxeitos a esferas que son movidas por intelixenciasmotoras. O mecanismo das esferas é movido polo primeiro motor inmóbil, Deus como foco de atracción ou causa final de todo movemento. Esta imaxe dun mundo finito e xeocéntrico, dividido en dúasrexións diferentes, perdurará ata o Renacemento.

6. A física

6.3 A PSICOLOXÍA

6. A física6.3 A PsicoloxíaAristóteles presenta a natureza xerarquicamenteordenada como unha escala ascendente que vai desde os seres inanimados aos seres animados e, dentro destes, das plantas aos animais e destes ao ser humano, que como ser racional sitúase no cumio dos seres vivos.

6. A física6.3 A Psicoloxía

A psicoloxía (tratado sobre a alma) aristotélica está en realidade integrada dentro da física e do que hoxechamamos bioloxía, pois a alma (psyché) é o principiode vida que explica as actividades e movementospropios dos seres vivos. Se hai seres vivos é porque teñen alma.

6. A física6.3 A Psicoloxía

No seu tratado Sobre a alma, Aristóteles define a alma como a «entelequia primeira dun corponatural que ten a vida en potencia, é dicir, dun corpoorganizado». Se consideramos o ser vivo desde a teoría hilemórfica, o corpo identifícasecoa materia e a alma coa forma. O corpo sóten a vida en potencia, sendo a alma o principio que pon a vida en acto.

6. A física6.3 A Psicoloxía

Aristóteles distingue tres tipos de almas coas respectivas funcións: a) a alma vexetativa, propia das plantas, que ten as funcións da nutrición, o crecemento e a reproducción;b) a alma sensitiva, propia dos

animais, que asume as funciónsdo apetito, a sensación, a imaxinación, a memoria e a locomoción no espacio;c) a alma intelectiva ouracional, propia do ser humano, polas que este fala, pensa e razoa.

6. A física6.3 A Psicoloxía

Aristóteles aplica a súa teoría hilemórfica ao ser humano. Este, como toda substancia natural, consta de materia e forma. O corpoidentifícase coa materia e co ser en potencia, e a alma coa forma ouesencia e co ser en acto. Contra o dualismo pitagórico e platónico, corpoe alma non son dúas substanciascontrarias, senón dous elementos que constitúen unha única substancia.

6. A física6.3 A Psicoloxía

A alma racional contén as funcións anímicas inferiores, tanto as sensitivas como as vexetativas. Estas tres funcións anímicas son tres graos xerarquizados de desenvolvemento ascendente da vida humana, que acada a súaplenitude coa función racional.

6. A física6.3 A Psicoloxía

Entre corpo e alma hai unha unión esencial e natural, non meramente accidental, como afirmaba Platón. É a mesma unión que hai entre materia e forma ou entre potencia e acto. Por tanto a alma non éunha realidade separable do corpo. O intelixible non existe separado do sensible.

6. A física6.3 A Psicoloxía

Aristóteles explica o ser humano desde a perspectiva científica dunbiólogo e renuncia aos elementos místico-relixiosos que Platón tomara dos pitagóricos. Nega, así, as teses platónicas da inmortalidade, da preexistencia e da reencarnación das almas. Se o individuo morre, é porque desaparece o seu principio vital e o corpo convértese nun ser inanimado, sen alma.

6. A física6.3 A Psicoloxía

De todos modos, na antropoloxíaaristotélica quedan restos de platonismo, pois, despois de afirmar que a alma individual (psyché ou forma do corpo) émortal, afirma que o chamado entendemento axente é separable do composto, inmortal e eterno. Como Aristóteles non aclarou esta cuestión, os intérpretes posteriores discutirán se se trata de algo propio de cada individuo oude algo común a todos os seres humanos.

6. A física

6.4 ocoñecemento

e asciencias

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

Aristóteles distingue, como Platón, dous tipos de coñecemento: O sensible, propio dos sentidos, eO intelectual, propio do entendemento. Pero o seu enfoque biolóxicolévao a valorar a experiencia sensible, que Platón desprezaba por influxo das matemáticas.

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

Entre o coñecementosensible e o intelectual haiunha íntima unión, poistamén aquí, como naontoloxía e naantropoloxía, o intelixiblenon pode separarse do sensible.

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

O coñecemento sensible ten por obxecto as substancias individuaisque captamos a través da sensación. Por exemplo, vexoesta mesa material.

O coñecemento intelectual recae sobre o universal ou a esencia intelixible, inmaterial. Por exemplo, coñezo a mesa abstracta e universal, é dicir, a esencia de todas as mesas.

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

ABSTRACCIÓN

O paso dos sentidos, que captan o individual, ao entendemento, que capta o universal, dáse por medio dunhafacultade intermedia chamada fantasía ou imaxinación, que ten por obxecto as imaxes das cousas antes percibidas. O coñecemento é un proceso que parte da sensación, pasa pola imaxinación e remata no entendemento.Todo este proceso recibe o nome de abstracción, pois o entendemento actúa sobre as imaxes separando todo o que hai nelas de particular e concreto para formar o concepto universal e abstracto.

Sentidos: sensacións(individuais)

Imaxinación: imaxe do percibido

Entendemento: concepto universal

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

Sentidos: sensacións(individuais)

Imaxinación: imaxe do percibido

Entendemento: concepto universal

ABSTRACCIÓN

Coñecer a esencia dunha cousasensible consiste en asimilar ou captar de forma intencional, non a súamateria, senón a súa forma intelixible, o elemento universal que reside en cada substancia individual, é dicir, a forma que é común para todos os individuos da mesma clase. De maneira análoga aos sentidos, que reciben as calidades sensibles sen a materia, como a cera recibe a impronta do selo sen o ferro, así o entendemento recibe a forma intelixible.

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

Sentidos: sensacións(individuais)

Imaxinación: imaxe do percibido

Entendemento: concepto universal

ABSTRACCIÓN

O coñecemento universal estápotencialmente napercepción individual. Aristóteles refuta a teoría platónica da reminiscencia e do innatismo das ideas, poisa alma ao nacer é como unha «táboa rasa» na que nada hai escrito, e explica o proceso de coñecer como un paso da potencia ao acto.

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

ABSTRACCIÓN

Sentidos: sensacións(individuais)

Imaxinación: imaxe do percibido

Entendemento: concepto universalEntendemento pacente e entendemento axente

Por iso distingue dous entendementos: a) o entendemento paciente que, en

analoxía coa materia (receptáculo universal das formas) é mera potencia de coñecer, e

b) un principio en acto, o entendementoaxente que, como a causa eficiente, pon os intelixibles en acto, abstraendoas formas intelixibles a partir das imaxes. Aristóteles compárao coa luz, que na sensación fai visibles en acto as cores que sen luz son só visibles en potencia. Se para a visión das coresnecesitamos a luz, tamén para a intelección necesitamos o entendemento axente.

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

CCIÓNNo comezo da súa Metafísica afirma

Aristóteles que «todos os seres humanos desexan por naturezasaber» e a continuación estudia os graos de saber ou niveis de coñecemento, que van, en sentidoascendente, desde o máisimperfecto ao máis perfecto: a experiencia ou saber empírico, a técnica ou saber técnico, a prudencia ou sabedoría práctica, a ciencia, a intuición intelectual e a sabedoría teórica.

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

CCIÓNA experiencia (empeiría) é un

saber nacido do hábito, que aplica regras pero sen dar razóns delas. A través da sensibilidade obtemosa experiencia ou coñecementoempírico, que se refire a cousasindividuais e concretas. A través do entendemento obtemoscoñecemento sobre o universal que hai nas cousas individuais. Este coñecemento pode ser práctico ou teórico.

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

CCIÓNDentro do práctico dintínguense dous tipos:

a) un saber técnico (téchne) ou «saber facer»(regras ou destrezas técnicas), que se refire aos medios orientados á fabricación de artefactos útiles (unha cama, un barco) ou á producción de obxectos belos (obras de arte, como unha estatua ou un poema);

b) un saber práctico chamado prudencia(phrónesis), que consiste en «saber actuar» ou saber obrar ben nas situaciónsrelacionadas coa «vida boa», como son a moral ou a política. A prudencia implica deliberar sobre os fins en relación co a écontinxente (sobre o necesario non cabe deliberación).

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

CCIÓNO coñecemento teórico abarca tres graos

sucesivos de saber:a) a ciencia (epistéme), que é un

coñecemento do universal e necesario, baseado na demostración (usa o siloxismo) e na indagación das causas;

b) o coñecemento intuitivo ou intuición(nous) dos principios xerais que dirixenas ciencias, que non son demostrables, senón intuíbles(principio de non contradicción, terceiroexcluso, etc.);

c) a sabedoría teórica (sophía), que inclúeos dous graos anteriores, é o grao máis elevado de saber e culmina nacontemplación das entidades supremas que estudia a metafísica.

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

CCIÓNCando se converten en hábitos

de conducta, os cinco últimos graos de saber dan lugar ásvirtudes chamadasdianoéticas ou intelectuais, que Aristóteles estudia naÉtica.

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

CCIÓNAristóteles distingue tres clases de ciencias, que

se correlacionan con tres tipos de actividades humanas, ordenadas xerarquicamente da máisperfecta á máis imperfecta:

a) As ciencias teóricas, relacionadas coa vida teorética (theoria), que teñen por obxecto a contemplación intelectual, o saber polo saber ou a busca da verdade. Comprenden, por ordexerárquica, a metafísica, a matemática e afísica. A metafísica é a ciencia máis perfecta, porque estudia as realidades supremas, as entidades inmóbiles e separadas da materia: o ser en canto ser e Deus como ente supremo. A matemática, que estudia entidades inmóbilespero non separadas da materia, a diferencia de Platón. A física estudia os entes móbiles unidos e materiais dentro da natureza.

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

CCIÓNb) As ciencias prácticas, ligadas á acción

práctica (praxis), que está guiada polaprudencia ou sabedoría práctica. Comprenden a política, a ética e a economía. A política estudia os principios relacionados coaconvivencia xusta dentro da polis ouEstado. A ética, que é unha parte da política, trata sobre o ben, a vida boa ou feliz. A economía refírese ao ámbito doméstico e privado e ten por obxectoa administración da casa (oikós = casa).

6. FÍSICA6.4 0 COÑECEMENTO E AS CIENCIAS

CCIÓNc) As ciencias productivas, relacionadas

coa actividade técnica ou productiva (poiésis). Entre elas están a retórica e a poética. A retórica versa sobre a forma de persuadir a un auditorio mediante a arte da palabra. A poética versa sobre a producción estética de obras de arte, como traxedias, comedias, poesía, etc.

Nesta clasificación non consta a lóxica, pois, é unha propedéutica, un instrumento metodolóxico para as demais ciencias.

ARISTÓTELES (384-322)

7. Metafísica

7. METAFÍSICAAristóteles nunca empregou a palabra metafísica. Esta denominación procede de Andrónico de Rodas (s. I a. C.), décimo director da escola aristotélica. Ordenando a biblioteca do Liceo, despois dos libros de física colocou os de metafísica, por tratar os asuntos que están máis alá do ámbito físico, é dicir, por estudiar as realidades metaempíricas ou supraempíricas. Os nomes que Aristóteles usou para referirse á metafísica foron os de filosofía primeira e ciencia teolóxicaou teoloxía.

7. METAFÍSICA

Aristóteles considera a metafísica como cienciasuprema e defínea de diferentes maneiras:primeiramente di que «indaga ascausas ou os primeirosprincipios», ou tamén que «indaga o ser en canto ser». Para referirnos a estes aspectos utilizamos hoxe a palabra ontoloxía (= tratado sobre o ser).

7. METAFÍSICA

Posteriormente, defínea como a ciencia que«indaga a substancia», pois a pregunta polo ser redúcese á pregunta pola substancia. Finalmente, afirma que «indaga a Deus e a substancia suprasensible» ou substanciainmaterial.Deste xeito, a ontoloxía transfórmase enteoloxía. Para a concepción do ser e da substancia que trata a ontoloxía, remitímonosao que dixemos antes sobre a teoría das categorías no apartado da lóxica. Convén recordar que lóxica e ontoloxía son inseparables en Aristóteles, pois o estudio do ser está ligado ao estudio da linguaxe.

7. METAFÍSICA

O estudio do movemento na Física, conduciu a Aristóteles a afirmar a existencia de Deus como primeiromotor inmóbil. Se todo ser que se move é movido por outro e este por outro e así sucesivamente, haberá que concluír que debe existir unhasubstancia inmóbil, que mova a todos os seres sen ser ela movida. Para Aristóteles o movemento é eterno, o mesmo que o tempo, que é inseparable del.

7. METAFÍSICA

Este Deus aristotélico é concibido como unhaintelixencia que é forma pura sen materia e acto puro sen potencia, por iso é inmóbil ouinmutable. Deus é tamén a causa final dos movementos dos seres, é dicir, o foco de atracción dos seres inferiores. Os seres móvense para acadar a perfección, e Deusmove os seres como causa final. Usando a metáfora da atracción erótica, Aristóteles afirma, de maneira antropomórfica, que Deusatrae os seres «como se fose amado» por eles. É dicir, todos os seres ansían a perfección divina, que é o repouso eterno.

7. METAFÍSICA

Finalmente, Aristóteles pregúntase polaactividade propia desta substanciaespiritual e responde que consiste naactividade inmaterial de pensar. E como Deus non pode pensar nada inferior a si mesmo, defíneo como «pensamentoautopensante», pensamento que se pensaa si mesmo eternamente. Poderiamos dicirque este Deus goza dun autismo metafísico, pois a contemplación eterna de si mesmo dálle a máxima felicidade.

7. METAFÍSICA

Este Deus é a explicación última do problema do cambio. A física aristotélica está vencellada á metafísica e ten o seufundamento último na teoloxía. O Deus de Aristóteles, que ás veces aparece como trascendente e outras como inmanente aomundo, ignora a existencia do mundo e está moi lonxe da imaxe cristiá dun Deuscreador que planifica e coida do mundo. No horizonte da filosofía grega, a idea de creación é estraña e o mundo é tan eterno coma Deus.

ARISTÓTELES (384-322)

8. Ética

8.ÉTICA

En coherencia coa teleoloxía que domina na natureza en xeral, Aristóteles fai unha interpretación teleolóxica da natureza humana. O ser humano, como todo ser natural, obra por fins, e o fin último ou bensupremo é para el a felicidade, que se caracteriza por ser autosuficiente, édicir, non é un medio para outro fin. Esta teoría recibe o nome de eudemonismo (eudaimonía = felicidade).

8.ÉTICA

Certamente, o ser humano busca moitos fins, como o pracer, a riqueza, a fama, o saber, etc., pero todos estesfins non se buscan por si mesmos, senón como medios para acadar a felicidade. Este fin último consiste no pleno desenvolvemento da propia natureza e na actividade máis acorde conforme á esencia humana, que é aactividade do pensamento e da razón: «o ben, para o ser humano, consiste nunha actividade da alma acorde coavirtude e, en caso de pluralidade de virtudes, acorde coa máis excelente e perfecta delas».

8.ÉTICA

A felicidade identifícase, pois, coavida teorética (bíos theoretikós), coaactividade intelectual, que é a actividade esencial do ser humano, a que máis nos acerca á vida da divindade, que consiste, como vimos, no pensamento. Aristóteles, a diferencia do hedonismo de Epicuro, non identifica a felicidade co pracer. O pracer non é o ben, nin tampouco é un mal. O pracer é só un medio para a vida feliz pero non o fin da mesma.

8.ÉTICA

A dedicación á vida teorética oucontemplación intelectual, propia do sabio ou do filósofo, require, sen embargo, certas condicións materiais, pois a vida anímica non se pode dar separada do corpo e das súasnecesidades. Entre estas condicións, cita Aristóteles: a saúde corporal, unhalonga vida, algunha riqueza ou bensexternos, ocio e sobre todo liberdade.

8.ÉTICA

Desta teoría elitista da felicidadequedan excluídos os escravos e cantos se dedican aos traballos corporais, manuais ou traballo doméstico, todos eles ligados á necesidade de sobrevivir. A liberdade e a vida dedicada ao ocio era privilexio dunha minoría. Aristóteles, como Platón, despreza o traballomaterial e as actividades técnicas como inferiores (nos sofistas hai, pola contra, unha valoración da técnica e do traballocorporal e manual).

8.ÉTICA

Para conseguir a felicidade énecesaria a práctica das virtudes. Contra Sócrates e os estoicos, a felicidade non se identifica coa vida virtuosa. Tamén esta, como o pracer, éun medio e non un fin en si. A virtudenon é unha capacidade innata (ninguénnace virtuoso), senón un hábito adquirido a través do exercicio e da práctica. Unha persoa faise xustapracticando moitos actos de xustiza.

8.ÉTICA

A diferencia das paixóns, a virtude éunha disposición que presupón unhadeliberación voluntaria, pola que podemos elixir libremente entre finscontinxentes. Aristóteles oponse á tese intelectualista socrática de que ninguénelixe o mal se sabe o que é o ben, poisas paixóns inflúen na elección e napráctica do ben. Entre o coñecementodo ben e a práctica do mesmo non hai, pois, conexión necesaria, senóncontinxente.

8.ÉTICA

A virtude defínese como o xusto medio(mesotés) entre dous extremosviciosos, un por defecto e outro porexceso. A virtude ten, pois, algo de equilibrio estético, moi típico da arte clásica grega. Por exemplo, a valentía ou fortaleza é un punto medio entre a covardía e a temeridade; a xenerosidade estaría entre os extremos da avaricia e a prodigalidade; a temperanza (autodominio) sería o punto medio entre a insensibilidade ascética e o desenfreo.

8.ÉTICA

Pero este punto medio non se pode tomar en absoluto, senónen relación a nós, e tampoucosignifica mediocridade nin unhamedia matemática. Para calcular na práctica este xusto medio, Aristóteles propón seguir o modelo dun home prudente: obrar como o faría el seguindo a recta razón e tendo en conta as diversas circunstancias da acción.

8.ÉTICAComo o ser humano é ao mesmo

tempo racional e irracional, Aristóteles distingue dous tipos de virtudes: as dianoéticas ou intelectuais(teóricas) e as éticas ou do carácter (prácticas). As primeiras relaciónanse coa vida teorética e son: a técnica (téchne), a prudencia ou sabedoría práctica (phrónesis), a ciencia (epistéme), a intuición (nous) e a sabedoríateórica (sophía). Nega así a confusión socrática entreprudencia e técnica (entre «saber actuar» e «saber facer» ) e a reducción do saber práctico a saber teórico.

8.ÉTICAPero concorda con Sócrates e Platón afirmando que as virtudes dianoéticas son as máisimportantes, pois pertencen á vida contemplativa, propia do sabio, e son a que dan a verdadeirafelicidade. As virtudes éticas sóproporcionan unha felicidadesecundaria.Entre as virtudes éticas ou do carácter podemos citar: a fortaleza, a temperanza, a amizade, etc

8.ÉTICAPero entre elas destaca pola súa importancia a

xustiza, virtude social e política por antonomasia. Pero a xustiza, entendida como un hábito de proporción que busca o equilibrio (lémbrese a balanza como símbolo), é un termo que ten varios significados. Hai unha xustizaxenérica, a legal, que consiste na observancia das leis. Pero hai ademais tres tipos específicos de xustiza:

a) a distributiva ou xeométrica, que consiste no reparto proporcional de bens de acordo cos méritos;

b) b) a conmutativa ou aritmética, que se refire áigualdade nos intercambios comerciais e

c) c) a retributiva ou reparadora, que é a que practica un xuíz tratando de reparar danos e delictos.

8.ÉTICAFinalmente, hai que sinalar que a ética aristotélica está intimamenterelacionada coa política. Os individuos só poden lograr a felicidade dentro da comunidade política (polis) ou Estado. Non se trata dunha ética individualista no sentido moderno, senón social oucomunitarista, pois os individuos son só partes que están subordinadas aotodo social. O Estado é como un organismo no que o todo ten prioridadesobre as partes, pero ten un fin ético: promover a xustiza e facer felices os cidadáns.

ARISTÓTELES (384-322)

9. Política

9. Política

A filosofía política de Aristóteles renuncia á utopía idealista de Platón e céntrase, de forma moi realista, na análiseempírica. Aristóteles non faiunha deducción a priori dunEstado ideal que non era destemundo, senón que analiza de forma inductiva e realista as diversas constitucións a partir da experiencia das cidadesgregas e da historia doutrospobos.

9. Política

Adoptando unha vez máis un punto de vista teleolóxico, Aristóteles afirma que «o ser humano é por natureza un animal político» (zóonpolitikón), é dicir, que só dentro da polis ou Estado pode realizar plenamente a súa esencia. Quenpretenda vivir illado do Estado, ouben é unha besta ou ben un Deus.A sociabilidade humana non é, pois, convencional ou producto dun pacto entre individuos, como sostiñan os sofistas, senón algo enraizado nanatureza humana.

9. Política

A natureza social do ser humano concorda coa súa natureza racional expresada a través da linguaxe. Que o ser humano é un animal racional (zóon logikón) significa non só que ten razón, senónpalabra (logos significa simultaneamente razón e palabra) e sen a palabra non é posible a vida en comunidade. Os animais teñen voz (foné) e emiten sons, pero non palabras articuladas.

9. Política

Máis alá da comunidade da familia, ligada á reproducción, e da comunidade da aldea, formada por varias familias para atender as necesidades materiais, o Estado-cidade é a comunidade perfecta, autosuficiente, que ten como fin o vivir ben, ou sexa conseguir unhavida feliz. Ética e política son inseparables. O Estado non sóposibilita a vida moral, senóntamén a actividade intelectual, que é a máis acorde coa esencia humana.

9. PolíticaO traballo manual, como o dos escravos, artesáns, comerciantes, agricultores ou o das mulleres no fogar, é degradante e impropio de homes libres. Por iso todos os traballadores manuais quedan excluidos da vida política e da cidadanía. A institución da escravitude ten para Aristóteles un fundamento natural, non social: uns son por natureza libres e outros escravos por natureza, non por causas sociais. «O escravo éun instrumento animado», propiedade do seu amo.

9. PolíticaAristóteles fai unha crítica ao ideal platónico, que aparecía naRepública, dun Estado convertido en sociedade perfecta. A propostaplatónica de loitar contra o egoísmo abolindo a familia e a propiedade privada para a clase media e superior, vai contra a ordenatural, pois tanto a familia como a propiedade derivan da naturezahumana. O mellor remedio contra o egoísmo consiste nunha boa educación pública da cidadaníapara exercer a virtude da xenerosidade.

9. PolíticaTamén abandona a visión aristocrática da sociedadeplatónica. Aristóteles pensa que a base máis sólida para unhacomunidade é que o peso do poder recaia sobre unha clase media, que mire polo ben da comunidade, e que non teñaambicións por falta do básico para vivir, o que daría lugar a revolucións.

9. PolíticaSeguindo unha clasificación xa anticipada por Platón en O Político, Aristóteles diferencia tres formas de goberno que son correctas ou lexítimas, por estar orientadas ao ben común e ao interese público, e tres formas desviadas, por orientarse só aointerese privado dos gobernantes. As formas correctas son a monarquía, a aristocracia e a democracia (politeia). Cal sexa a máis adecuada, depende de cada pobo e das condicións históricas. Aristóteles non propón, como Platón, un único modelo ideal e absoluto. Cada unhadestas tres ten a correspondente forma desviada: a monarquía pode dexenerar en tiranía, a aristocracia en oligarquía e a democracia en demagoxia.

9. PolíticaAristóteles, como meteco de clase media e como filósofo que parte da experiencia e do posible, propugna unha ética e unhapolítica feita a medida dos seres humanos, pero non de todos, xa que defende a orixenatural da escravitude e a inferioridade da muller con respecto ao home. No ámbito doméstico, ao contrario que no ámbito político, non rexe o principio da xustiza ninas relacións entre iguais. Na familia só se impón a autoridade do pai sobre a muller, os fillos e os escravos. Algúns sofistas criticaran, sen embargo, a escravitude en nome da igualdade, e o mesmo Platón avogaba na súa república ideal polaigualdade entre os sexos.

A Filosofía despois de Aristóteles

A filosofía helenística e o fin da filosofía clásica

O HELENISMO

A etapa helenística comprende o período que vai entre a morte de Alexandre Magno(323 a. C.) ata a incorporación de Exiptono Imperio Romano (30 a. C). Filosoficamente é a etapa final da Filosofía antiga, en contacto xa co mundo romano.

O HELENISMO

O helenismo foi o momento da grande expansión política e cultural da civilización grega polas terras de oriente e do Mediterráneo oriental. Alexandre Magno propuxérase a conquista do mundo gregoe a súa expansión polo Imperio Persa.

O HELENISMO

Á súa morte houbo serias loitas entre os seusxenerais para conseguir a herdanza do imperio, que rematarán no reparto deste en tres estados: Macedonia, Siria e Exipto. Estes estados gobernáronse mediante monarquías absolutas, instauradas por dereito de conquista. Istosupuxo a ruptura da polis clásica e polo tanto das formas de organización social e política que viñeran funcionando nos últimos séculos, quedando incluida nun estado territorial maior.

O HELENISMO

Roma foi aproveitando o desmembramento do imperio de Alexandre e pouco a pouco foifacéndose forte en detrimento de Grecia, que foianexionada no 197 a C. Os intereses dos romanos eran fundamentalmente prácticos e non especulativos como foran os dos gregos. A cultura helena empapou así o Imperio Romano nos tempos de Augusto, co cal o pensamentogrego chegou a Roma.

O HELENISMO

Estes acontecementos históricos influíronde xeito decisivo na filosofía. A situación de inestabilidade primeiro, e posteriormente a perda da posibilidadedunha acción política directa como ocorrera nos tempos anteriores levou aospensadores ao abandono das grandes visións sistemáticas anteriores (Platón, Aristóteles).

O HELENISMO

Na época clásica os cidadáns sentíanseprotagonistas, membros do grande individuo que era a polis; só nela se podía conseguir a vida boa. Agora, os filósofos íllanse do mundo e da cidade centrándose principalmente naprocura da liberdade e a felicidade persoal. O importante é o ser humano individual, mentresque a colectividade queda neste momento relegada a un segundo plano. Calquera outrocoñecemento deberá subordinarse á esfera ética.

O HELENISMO

A situación case que estacionaria da filosofía contrasta co enorme desenvolvemento que teñen as ciencias nesta época (xeografía, historia, filoloxía, medicina, matemáticas, astronomía, etc.). Atenas continuará sendo o centro filosófico, mentres que a verdadeiracapital cultural do mundo helenístico pasará a Alexandría. O seu museo e a súa biblioteca constituíron a máis grandiosa reunión do saber antigo ata que César ordena a súa queima no ano 47 a. C. na campaña en Exipto.

O HELENISMO

As escolas de Platón e Aristóteles continuaron neste período a liña dos seus mestres con poucas achegas novas. A Academia perdurouno tempo ata o 529 d. C. e as ideas platónicas sufriron distintas modificacións buscando a harmonía coas novas formas de pensar. Polasúa banda, á morte de Aristóteles, Teofrasto fíxose cargo do Liceo, continuando a tendencia empirista da escola. As principais formulaciónsfilosóficas do momento virán da man do epicureísmo, o estoicismo e o escepticismo.

O EPICUREÍSMO

O iniciador desta escola foi Epicuro de Samos (341-270 a.C.), que no 306 a C. funda o Xardín, onde acolle aos seusdiscípulos e amigos na procura dun ideal de vida: a felicidade, que se conseguelogrando a paz mental ou tranquilidade de ánimo (ataraxia). O maior transmisor da doutrina epicúrea será o romano Lucreciona súa obra De rerum natura.

O EPICUREÍSMO

Como o obxectivo é a consecución da felicidade, a ética converterase nadisciplina fundamental da filosofía. Os epicúreos defenden unha ética hedonista, partindo da idea de que todos os individuos buscan o pracer e tentan evitar a dor. E como hai praceres contrapostos, a cuestión consiste en calcular cal é a máxima cantidade de pracerescompatibles.

O EPICUREÍSMO

Este cálculo desenvólvese como unhaeconomía do pracer, de xeito que o máximo pracer se consegue moderando os impulsos pracenteiros, renunciando a algún deles para acadar outros maiores. Para iso, deben levar á práctica os seusdesexos.

O EPICUREÍSMO

Existen desexos naturais, como a necesidadede comer para calmar a fame, pero algúnsindividuos abandónanse á procura de praceresque non son tan necesarios: a busca de riquezas, a ansia de gloria... A consecución destes desexos non proporciona a anhelada felicidade, pois non levan á tranquilidade do corpo nin da mente. A moderación e o autodominio deben guiar a elección dos praceres, pois só así conseguiremos a paz interior.

O EPICUREÍSMO

Para completar os asuntos éticos, os epicúreos botan man da física, pois só coñecendo a natureza poden esvaerse os temores que afectan a vida e impiden lograr a ataraxia. Epicuro acepta a física atomista para explicar a natureza. Existen átomos que se moven no baleiro e que caen polo seu peso verticalmente. Ás veces, e dun xeito imprevisto, os átomos desvíanse (clinamen) e chocan uns con outrosformando corpos. Como consecuencia, non debemos temer ao destino, pois todo nanatureza é puro azar.

O EPICUREÍSMO

Tampouco ten sentido temer aos Deuses, pois eles non se entremeten en ningún asunto humano ou natural. Epicuro enfróntase así á relixión tradicional grega. Os deuses existen pero viven nunha total felicidade, co cal non necesitan ocuparse das cousas do mundo.

O EPICUREÍSMO

A física demostra tamén que é absurdo terllemedo á morte. Como todos os seres, a almaestá composta de átomos materiais e polo tanto é mortal. Non existe nada logo da morte e, de feito, nese momento, tampouco existiremos nós: cando a morte estea, nós xa non estaremos, e se nós estamos, ela aínda non. Tampouco haique temer a dor, porque aínda que non se poidaevitar, é fácil de soportar. Co cal nada hai que temer.

O EPICUREÍSMO

A filosofía complétase coa canónica (lóxica), que nos permite comprobar que o noso coñecemento é seguro, xa que se ocupa de atopar un criterio de verdade. Epicuro atópao nas sensacións: os datos que nos ofrecen os sentidos son sempreverdadeiros e o erro só pode aparecer nos xuízos que facemos a partir dos datos sensibles.

O ESTOICISMO

O estoicismo nace nos pórticos de Atenas (na Stoa) da man de Zenón de Citio (335-263 a.C.). A escola pasoupor varias etapas e acadou o seu máximo esplendor no ámbito romano.Froito da época na que nace, o obxectivo do individuoestoico é a consecución da felicidade. Os estoicos recollen o intelectualismo moral socrático-platónico e identifican virtude e sabedoría. A virtude é o único ben e o vicio o mal. Só o sabio pode ser virtuoso, lograr o dominio das súas paixóns e vivir conforme á natureza e á razón. Isto implica amosarse indiferente ás emocións(apatía) para salvagardar a propia vida.

O ESTOICISMO

A ética estoica atopa a súa xustificación na física. Os estoicos afirman que o mundo é un grande organismocon vida, dotado dun principio racional que é razón seminal de todo o que existe e que rexe o mundo. Este principio, semellante ao lume de Heráclito, é o pneuma. Nun período de 300 séculos todo se disolve e todo se rexenera no lume divino. Este ciclo cósmico é o ciclo do eterno retorno, e polo tanto, o Universo está sometido ásleis da necesidade. Isto é o que coñece o sabio, que se recoñece impotente para modificar o transcurso dos acontecementos.

O ESTOICISMO

. Para salvarse, os individuos -o sabio- deben actuar en conformidade coa orde necesaria do mundo. Por iso o estoico propugna cumprir co deber, ou sexa, levar a cabo aquelas accións que a razón amosa como conformes ánatureza. A alma humana é inmortal, pois é un anaco desprendido do pneuma universal e por iso a razón pode coñecer a estructura do universo.

O ESTOICISMO

Os estoicos son os creadores da lóxica proposicional. A lóxica estoica dividíase en retórica e dialéctica, e ocupábase do coñecemento e o recto argumentar. Para os estoicos as impresións sensibles non poden constituíro criterio de verdade, pois o coñecemento existe cando rexeitamos ou aceptamos esas sensacións logo da meditación. O criterio de verdade está no asentimentoconsciente da razón ao recoñecer a relación entre as imaxes mentais creadas a partir da sensación e os obxectos fóra de nós.

O ESTOICISMO

O estoicismo en Roma continúa coa busca davida boa, con Séneca (4 a. C.- 65 d. C.), Epícteto (50-125 d. C.) e Marco Aurelio (121-180 d. C.) como figuras principais. Acentúase o sentido cosmopolita que xa aparecía no mundo grego, ao sentir que existe un vínculo entre todos os seres humanos. Ocuparanse tamén de cuestións teolóxicas, co que influirán no cristianismo.

O ESCÉPTICISMO

0 escepticismo nace como doutrina elaborada con Pirrón de Elis (365-275 a.C.) foi continuado polos últimos seguidores da Academia platónica, Arcesilao e Carnéades, e no mundo romano foidefendido por Sexto Empíricofundamentalmente. Aparece cun tinte moral, aínda que pronto se estenderá ao ámbito do coñecemento. Os escépticos atacaron todo tipo de dogmatismo, especialmente o dogmatismo especulativo dos estoicos.

O ESCÉPTICISMO

O escepticismo parte da idea de que non podemos coñecer a realidade. Esta actitude é a consecuencia que se desprende do decurso da Academia á morte de Platón. O mundo das ideas xa non ten valor, e só queda o mundo sensible. Como é unha realidade cambiante, só podemos atopar nel un coñecemento particular e subxectivo. De feito Platón necesitara do mundo das ideas para cimentar un coñecemento universal e necesario. Caído este mundo, derrúbase tamén a posibilidade de epistéme.

O ESCÉPTICISMO

O sabio escéptico ve imposible expresar a verdade (afasia) e debe suspender os seus xuízos (epojé) sobre o mundo. Isto que vale para o coñecemento teórico é imposible navida cotiá, onde debemos decidir continuamente que facer. Así, os valores éticos recoñécense como individuais e subxectivos pero son necesarios pan vivir en paz.

O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA

En sentido estricto, a filosofía antiga remata co peche da Academia no 529 d C., co emperador Xustiniano, o que supón a implantación definitiva do cristianismo e o pensamento cristián. Mais xa desde había varios séculosa filosofía grega pasara ao mundo romano e o cristianismo convivía co pensamento racional. Esta convivencia supuxo o encontro das tradicións helénicas e xudías no mundo romano, o que impulsou unharevalorización das filosofías pitagóricas e platónicas, cercana ás concepcións místicas.

O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA

No século III a. C. fúndase a Escola de Alexandría, que pretende traducir o Antigo Testamento ao grego. Dousséculos máis tarde, Filón de Alexandría tenta establecer unha síntese entre o platonismo, o estoicismo e a fe xudía.

O FINAL DA FILOSOFÍA ANTIGA

No ámbito máis estrictamente filosófico cómpre destacar para rematar a filosofía antiga, o rexurdimento que no século III d. C. teráo platonismo. Ammonio Sakka funda o neoplatonismo, que acadaráo seu esplendor con Plotino. Este afirma que Un trascende a natureza, e a partir del, por medio dun proceso de emanación, derívase toda a realidade en tres niveis: cando o Un reflexiona sobre si mesmo xera intelecto; deste emana a alma do mundo e dela o mundo corpóreo. O ser humano practicando o ben e buscando a verdade pode fundirse no Un co goce do éxtase.

ARISTÓTELES (384-322)

6. Textos

6. Textos: comentario de texto obrigatorio

3º comentario de texto obrigatorio:“Entón, o ceo e a natureza depende dun principio de tal natureza. E esa vida que tamén para nós é a máisexcelente, pero que só nos é concedida por breve tempo, el vívea sempre, pois para el, a súa actividade é taméngozo. O acto intelectual, que é por si mesmo, ten por obxecto o óptimo por si mesmo; o intelecto pénsase a si mesmo trocándose en intelixible, pois se fai intelixible no contacto e na intelixencia de si mesmo, por iso se identifican o intelecto e o intelixible […]. por iso, a actividade máis doce e máis excelente é a contemplación. E como o acto de comprender é vida, e el é acto, así, o acto puro Por si mesmo é óptima e eterna vida del. Por iso, dicimos que Deus é vivente, eterno, óptimo. Pois istoé Deus. Pero é evidente, tamén, que é impasible e inalterable.”ARISTÓTELES: Metafísica, XII, 9, pp. 1074-5.

6. Textos

OS PRECEDENTES DA TEORÍA DAS CAUSAS“Estes [os filósofos anteriores], por conseguinte, só tocaron esta causa

[la causa material]; e outros, aquela de onde procede o principio do movemento [a causa eficiente] (por exemplo, os que poñen como principio a Amizade e o Odio ou o Entendemento ou o Amor). Pero a esencia e a substancia [causa formal] ninguén as enunciou claramente, sendo os que máis se aproximan os partidarios das Especies (pois nin consideran as Especies como materia para as cousas sensibles nin o Un como materia para as Especies, nin o principio do movemento como procedente delas -pois din que máis ben son causas de inmobilidade e de quietude-, senónque aducen as Especies como a esencia de cada unha das demáiscousas, e o Un, como a esencia das Especies). E aquelo a causa do cal se realizan as accións e os cambios e os movementos [causa final], o chaman en certo modo causa, pero non o chaman expresamente causa nin din que sexa causa no sentido en que por natureza o é. En efecto, os que mencionan o Entendemento ou a Amizade, presentan como un benestas causas, pero non din que algún dos entes sexa ou se faga a causa delas, senón que delas proceden os movementos. E, así mesmo, taménos que afirman que o Un ou o Ente son tal natureza, aseguran que son causa da substancia, pero non que a causa deles sexa ou se faga; de sorte que, en certo modo, ocúrrelles que din e non din que o Ben é causa; pois non o din en sentido absoluto, senón accidental.

ARISTÓTELES, Metafísica, I 7, 988 a - 988 b

6. Textos

O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL:DEUS

Hai tamén algo que move eternamente, e como hai tres clases de seres, o que é movido, o que move, e o termo medio entre o que é movido e o que move, é un ser que move sen ser movido, ser eterno, esencia pura, e actualidade pura.

Velaí cómo move. O desexable e o intelixible moven sen ser movidos, e o primeiro desexable é idéntico ao primeirointelixible. Porque o obxecto do desexo é o que parece belo, e o obxecto primeiro da vontade é o que é belo. Nós desexamosunha cousa porque parécenos boa, e non nos parece tal porque a desexamos: o principio aquí é o pensamento. Agoraben; o pensamento é posto en movemento polo intelixible, e a orden do desexable é intelixible en si e por si; e nesta orde a esencia ocupa o primeiro lugar; e entre as esencias, a primeiraé a esencia simple e actual. Pero o un e o simple non son a mesma cousa: o un designa unha medida común a moitosseres; o simple é unha propiedade do mesmo ser.

6. Textos

O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL: DEUSDe esta maneira o belo en si e o desexable en si entran ambos na

orde do intelixible; e o que é primeiro é sempre excelente, xaabsolutamente, xa relativamente. A verdadeira causa final reside nos seres inmóbiles, como o mostra a distinción establecida entre as causas finais, porque hai a causa absoluta e a que non é absoluta. O ser inmóbil move con obxecto do amor, e o que el move imprime o movemento a todo o demáis. Logo en todo ser que se move haiposibilidade de cambio. Se o movemento de traslación é o primeiromovemento, e este movemento existe en acto, o ser que é movido pode mudar, se no en canto á esencia, polo menos en canto ao lugar. Pero desde o momento en que hai un ser que move, permanecendoél inmóbil, aínda cando exista en acto, este ser non é susceptible de ningún cambio. En efecto, o cambio primeiro é o movemento de traslación, e o primeiro dos movementos de traslación é o movemento circular. O ser que imprime este movemento é o motor inmóbil. O motor inmóbil é, pois, un ser necesario, e en tanto que necesario, é o ben, e por conseguinte un principio, porque haivarias acepcións da palabra necesario: hai a necesidade violenta, a que coarta a nosa inclinación natural; despois a necesidade, que é a condición do ben; e por último o necesario, que é o que éabsolutamente de tal maneira e non é susceptible de ser doutra.

6. Textos

O PRIMEIRO MOTOR INMÓBIL:DEUS

(...) É evidente, conforme co que acabamos de dicir, que haiunha esencia eterna, inmóbil e distinta dos obxectossensibles. Queda demostrado igualmente que esta esencia non pode ter ningunha extensión, que non ten partes e éindivisible. Ela move, en efecto, durante un tempo infinito. E nada que sexa finito pode ter unha potencia infinita. Toda extensión é finita ou infinita; por conseguinte, esta esencia non pode ter unha extensión finita; e por outra parte, non ten unha extensión infinita, porque non hai absolutamente extensión infinita. Ademáis, finalmente, ela non admite modificación nin alteración, porque tódolos movementos son posteriores ao movemento no espacio.Aristóteles, Metafísica, Libro Duodécimo, VII

6. Textos

As formas de goberno: (Política, III 5, 1279 a-b)"Posto que réxime e goberno significan o mesmo, e goberno é o

elemento soberano das cidades, necesariamente será soberano ou un só, ou poucos, ou a maioría; cando o un ou a minoría ou a maioría gobernanatendendo ao interese común, eses reximenes serán necesariamente rectos; pero os que exercen o mando atendendo ao interese particular do un ou da minoría ou da masa son desviacións; porque, ou non se debe chamar cidadáns aos que participan no goberno, ou deben participar nasventaxas da comunidade. Dos gobernos unipersonais solemos chamar monarquía á que mira ao interese común; aristocracia ao goberno dunspoucos, pero máis dun, ben porque gobernan os mellores, ou ben porque se propón o mellor para a cidade e para os que pertencen a ela. Cando a maior parte é a que goberna atendendo ao interese común recibe o nomecomún a tódolos rexímenes: república. E é así con razón, pois un só ouuns poucos poden distinguirse pola súa excelencia; pero un número maioré xa difícil que alcance a perfección en toda clase de virtude, pero pode destacar especialmente na virtude guerreira, pois ista dase na masa. Por elo precisamente neste réxime a clase combatente ten o poder supremo e participan nel os que posúen as armas. As desviacións dos réximesmencionados son: a tiranía da monarquía, a oligarquía da aristocracia e a democracia da república. A tiranía é unha monarquía que atende aointerese do monarca, a oligarquía ao interese dos ricos e a democracia aointerese dos pobres; pero ningún deles atende ao proveito da comunidade“.

ARISTÓTELES (384-322)

7. Glosario

7. Glosario

AccidentesO que lle corresponde a algo continxentemente por non estar comprendido na súa esencia, aqueloque lle pertence a un ser de tal xeitoque o pode perder sen chegar a aniquilarse.

7. Glosario

ActoO ser actual, a realidade do ser.

Acto PuroDeus.

7. Glosario

AlmaPrincipio de vida nos seres vivos.

Alma IntelectivaParte máis elevada da alma humana.

Alma SensitivaPresente nos animais e os homes, a alma sensitiva permite o coñecemento inferior ou sensible (a percepción), o apetito inferior (odesexos e apetitos que teñen que ver co corpo como o desexo sexuaou as gañas de comer) e movemento local.

Alma VexetativaPresente nas prantas, os animais e os homes, permite as actividadesvitais máis básicas como a reproducción, o crecemento e a nutrición.

7. Glosario

CausaFactor ou principio do que depende unhacousa.

CienciaEn grego “epistéme”. É o saber das relacións necesarias existentes entre as cousas. A diferencia do Noûs, é un saber discursivo ou demostrativo.

7. Glosario

Entendemento AxenteOu intelecto axente. Parte da alma grazas á cal é posible alcanzar a ciencia.EsenciaO que teñen os seres concretos de estable e intelixible; a natureza ourasgos que fan de algo o que é e non outra cousa.

7. Glosario

EudemonismoEnténdese por "eudemonismo" toda teoría ética que identifica a felicidadeco Sumo Ben.

FormaConxunto de rasgos característicos dun obxecto.

7. Glosario

MateriaA realidade da que está feita uhna cousa.

Materia Prima o primeiraOu materia primeira. Materia sen forma algunha. Non é perceptible polos sentidos e é o substrato último do cambio sustancial.

Materia SegundaMateria con forma determinada (por exemplo, o mármore dunha estatua de mármore).

7. Glosario

MovementoCalquera tipo de cambio ou modificación que poda sufrir unha sustancia.

PotenciaPoder para exercer unha transformación nun obxecto ou disposición para poder chegar a ser algo.

7. Glosario

Primeiro MotorDeus

SubstanciaOu sustancia. O ser independente do cal se predican osatributos.

Substancias PrimeirasAs sustancias primeiras son os suxeitos individuais, suxeitos compostos de materia e forma.

Substancias SegundasOu os xéneros e as especies.

7. Glosario

TeleoloxíaDoutrina que considera indispensable para a comprensión da realidade a referencia aos fins ou motivos polos que ocurre algo.

Teoría HilemórficaTeoría aristotélica segundo a cal tódolos seres sensibles ouperceptibles (tanto os naturais como os artificiais) compóñensede materia (hylé) e forma (morphé).

VirtudeHábito selectivo que consiste nun termo medio relativo a nós, determinado pola razón e por aquela pola cal decidiría o homeprudente. En latín “virtus”, en grego “areté”. Para Aristóteles a virtude é unha "excelencia engadida a algo como perfección".

ARISTÓTELES (384-322)

8. Bibliografía

8. Bibliografía

Bibliografía de Aristóteles recomendada:-Aristóteles, Ética nicomaquea, Editorial Gredos, Madrid, 2003.-Aristóteles, Política, Editorial Gredos, Madrid, 1995.

8. Bibliografía

Bibliografía secundaria recomendada:-Montoya, J.; Conill, J., Aristóteles: Sabiduría y Felicidad, Ediciones Pedagógicas, Madrid, 1985.-Soto, Luis G., Aristóteles, Baía edicións, A Coruña, 2003.

ARISTÓTELES (384-322)

9. Páxinas webrecomendadas

9. Páxinas web recomendadas

Para ampliar información sobre Aristóteles, e realizar exercicios, test e cazatesoros: http://gl.wikipedia.org/wiki/Arist%C3%B3teleshttp://www.e-torredebabel.com/Historia-de-la-filosofia/Filosofiagriega/Aristoteles/Principal-Aristoteles.htmhttp://www.cibernous.com/autores/aristoteles/http://www.webdianoia.com/aristoteles/aristoteles.htmhttp://recursos.cnice.mec.es/filosofia/f2ruta1.php?id_ruta=17&id_etapa=101&id_autor=2http://www.boulesis.com/

ARISTÓTELES (384-322)

10. Exames de selectividade

10. Exames de selectividade

10. Exames de selectividade

10. Exames de selectividade

10. Exames de selectividade

ARISTÓTELES (384-322)

11. Recursos audiovisuais

11. Recursos audiovisuais

Título: Alejandro Magno. Dirixida por Oliver Stone, 2004.