Post on 18-Jul-2015
Música: Unchained Melode-MantovaniPresentación: B.Areskurrinaga HCEuskaraD.Amundarain
8 marzo 20153 ºCoresma B
XoánXoán 2, 13-25 2, 13-25
José Antonio Pagola
Un Templo Novo
Os catro evanxelistas fanse
eco do xesto provocativo de
Xesús expulsando do templo a
«vendedores» de animais e
«cambiadores» de diñeiro.
Non pode soportar ver a casa de seu
Pai chea de xentes que viven do culto.
A Deus non se merca con
«sacrificios».
Pero Xoán, o último evanxelista, engade un diálogo cos xudeus no que Xesús afirma de maneira solemne que, tras a destrución do
templo, El «erguerao en tres días». Ninguén pode entender o que di.
Por iso, o evanxelista engade: «Xesús falaba do templo do seu corpo».
Non esquezamos que Xoán está escribindo o seu evanxeo cando o templo de Xerusalén leva vinte
ou trinta anos destruído. Moitos xudeus séntense orfos.
O templo era o corazón da súa relixión. Como poderán sobrevivir sen a presenza de Deus
no medio do pobo?
OO evanxevanxelista recelista recoorda rda aaos seguidores de os seguidores de XesúsXesús que el que elees s nononn han de sentir nostal han de sentir nostalxxiaia do do vevellllo templo. o templo.
XesúsXesús, «destru, «destruíído» polas autoridades relido» polas autoridades relixxiosas, pero iosas, pero «resucitado» po«resucitado» polo Pailo Pai,, é o é o ««nnoovo templovo templo». ».
NoNon é unha n é unha metáfora atrevida. metáfora atrevida. É unha É unha realidadrealidadee que ha de marcar para sempre que ha de marcar para sempre a a
relación dos cristirelación dos cristiááns con ns con DeusDeus..
Para os que ven en Xesús o novo templo onde habita Deus,
todo é diferente. Para encontrarse con Deus,
non abonda entrar nunha igrexa.
É necesario achegarse a Xesús, entrar no seu proxecto, seguir os seus pasos, vivir co
seu espírito..
Neste novo templo que é Xesús, para adorar a Deus non abonda o incenso, as aclamacións nin as liturxias solemnes.
Os verdadeiros adoradores son aqueles que viven ante Deus
«en espírito e en verdade».
A verdadeira adoración
consiste en vivir co
«Espírito» de Xesús
na «Verdade»
do evanxeo. Sen isto, o
culto é «adoración baleira».
As portas deste novo templo que é As portas deste novo templo que é Xesús están abertas a todos. Xesús están abertas a todos.
Ninguén está excluído. Ninguén está excluído. poden entrar nel os pecadores,poden entrar nel os pecadores,
os impuros e, incluso, os pagáns.os impuros e, incluso, os pagáns.
O Deus que habita en Xesús é de todos e para todos. O Deus que habita en Xesús é de todos e para todos. Neste templo non se fai discriminación ningunha. Neste templo non se fai discriminación ningunha.
Non hai espazos diferentes para homesNon hai espazos diferentes para homes e para mulleres. e para mulleres.
En Cristo xa «non hai varón e muller». En Cristo xa «non hai varón e muller». Non hai razas elixidas nin pobos excluídos.Non hai razas elixidas nin pobos excluídos.
Os únicos preferidos son os necesitados de Os únicos preferidos son os necesitados de amor e de vida. amor e de vida.
Necesitamos igrexas e templos para Necesitamos igrexas e templos para celebrar a Xesús como Señor, pero El é o celebrar a Xesús como Señor, pero El é o
noso verdadeiro templo.noso verdadeiro templo.
8 marzo 20153 ºCoresma B Xoán 2, 13-25
UN TEMPLO NOVO
Os catro evanxelistas fanse eco do xesto provocativo de Xesús expulsando do templo a «vendedores» de animais e «cambiadores» de diñeiro. Non pode soportar ver a casa de seu Pai chea de xentes que viven do culto. A Deus non se merca con «sacrificios».
Pero Xoán, o último evanxelista, engade un diálogo cos xudeus no que Xesús afirma de maneira solemne que, tras a destrución do templo, El «erguerao en tres días». Ninguén pode entender o que di. Por iso, o evanxelista engade: «Xesús falaba do templo do seu corpo».
Non esquezamos que Xoán está escribindo o seu evanxeo cando o templo de Xerusalén leva vinte ou trinta anos destruído. Moitos xudeus séntense orfos. O templo era o corazón da súa relixión. Como poderán sobrevivir sen a presenza de Deus no medio do pobo?
O evanxelista recorda aos seguidores de Xesús que eles non han de sentir nostalxia do vello templo. Xesús, «destruído» polas autoridades relixiosas, pero «resucitado» polo Pai, é o «novo templo». Non é unha metáfora atrevida. É unha realidade que ha de marcar para sempre a relación dos cristiáns con Deus.
Para os que ven en Xesús o novo templo onde habita Deus, todo é diferente. Para encontrarse con Deus, non abonda entrar nunha igrexa. É necesario achegarse a Xesús, entrar no seu proxecto, seguir os seus pasos, vivir co seu espírito.
Neste novo templo que é Xesús, para adorar a Deus non abonda o incienso, as aclamacións nin as liturxias solemnes. Os verdadeiros adoradores son aqueles que viven ante Deus «en espírito e en verdade». A verdadeira adoración consiste en vivir co «Espírito» de Xesús na «Verdade» do evanxeo. Sen isto, o culto é «adoración baleira».
As portas deste novo templo, que é Xesús, están abertas a todos. Ninguén está excluído. Poden entrar nel os pecadores, os impuros e, incluso, os pagáns. O Deus que habita en Xesús é de todos e para todos. Neste templo non se fai discriminación ningunha. Non hai espazos diferentes para homes e para mulleres. En Cristo xa «non hai varón e muller». Non hai razas elixidas nin pobos excluídos. Os únicos preferidos son os necesitados de amor e de vida. Necesitamos igrexas e templos para celebrar a Xesús como Señor, pero El é o noso verdadeiro templo.
José Antonio Pagola